You are on page 1of 36

A NUTRICIÓN I.

DIXESTIÓN, RESPIRACIÓN E
METABOLISMO
INTRODUCIÓN

A nutrición é un proceso complexo, no cal o ser vivo toma materia do medio e utilízaa para realizar as
súas funcións vitais, transformando esta materia e expulsando todo aquilo que non aproveita.

Os animais incorporan materia orgánica, ademais de inorgánica, sendo a súa nutrición heterótrofa.
Utilizan a materia orgánica para crear estruturas corporais que lle permitan medrar, reparar outras xa
formadas e para obter enerxía. Unha vez metabolizadas e degradadas as sustancias adquiridas, son
expulsadas ao exterior en forma de residuos. Neste complexo proceso interveñen os aparellos dixestivo,
respiratorio, circulatorio e excretor. Nos organismos máis sinxelos pode faltar algún destes aparellos.

As nosas células utilizan os


nutrintes para a obtención de
enerxía mediante un proceso
chamado respiración celular,
que se realiza no interior das
mitocondrias de cada célula,
este proceso require ademais
osíxeno e desprende CO2 e
substancias de refugallo, que en
concentracións elevadas son
tóxicas para as células, que
deben ser eliminadas.

ACTIVIDADE: Explica o
esquema da figura adxunta.

1
1. INTRODUCIÓN: DIXESTIÓN E ABSORCIÓN DOS NUTRINTES
A materia e a enerxía que necesitamos obtémola dos alimentos que inxerimos. Pero as células
só poden utilizar moléculas pequenas
(monómeros) que poidan atravesar a parede do
intestino hacia o torrente sanguíneo, estas son
moi escasas na natureza, onde o que abundan
son grandes moléculas (polímeros). A
transformación dos polímeros en monómeros
ten lugar grazas a dixestión. Mediante un
proceso de absorción que ocorre ao longo do
intestino, os nutrientes pasan ao sangue. As
substancias non dixeridas pasan ao intestino
groso, onde ocorren cousas importantes:
Absórbese unha gran cantidade de auga,
aprovéitase parte do non dixerido e fórmanse as feces.

Todos estos procesos teñen lugar no apato dixestivo que é, realmente, un tubo. O alimento
durante o seu percorrido polo mesmo vese sometido a unha serie de accións que o van
transformando.

Esas accións son de dous tipos: unhas


mecánicas, polas que o alimento tritúrase,
amásase, mestúrase, etc. e outras químicas,
grazas a certas substancias, as enzimas
dixestivas (proteínas catalizadoras) que atacan ao alimento descompoñéndoo en moléculas
máis sinxelas.
Estas enzimas dixestivas son segregadas por glándulas dixestivas, situadas na parede do tubo
dixestivo ou fora del, neste caso denomínanse glándulas anexas.

2
Polo tanto, o aparato dixestivo está formado polo tubo dixestivo e as glándulas dixestivas.

ACTIVIDADE: Sinala as diferentes


partes na imaxe.

● TUBO DIXESTIVO

○ boca

○ farinxe

○ esófago

○ estómago

○ intestino delgado

■ duodeno

■ xexuno

■ íleo

○ intestino groso

■ cego

■ colon

■ recto

● GLÁNDULAS ANEXAS

○ glándulas salivares

○ fígado

○ páncreas

1.1. A CAVIDADE BUCAL

A boca é o punto de entrada do alimento no tubo dixestivo. Nela atópanse diferentes estruturas
que o preparan: dentes que fragmentan, glándulas que segregan saliva e a lingua que move e
mestura todo.

Para fragmentar adecuadamente os diferentes tipos de alimento existen distintos tipos de


pezas dentarias: os que cortan, os que desgarran e os que moen. Son 32 nos adultos e 20 nos
nenos, os molares saen só unha vez.
Os dentes están formados por dentina (tecido similar ao óseo), cuberta polo esmalte (na coroa)
e por cemento (na raíz), fortemente mineralizados (fosfatos de calcio), e a pulpa dentaria
(nervios e vasos sanguíneos).

3
A función principal do esmalte é protexer aos dentes das agresións externas. O problema é que
o esmalte mesmo, debido ao seu alto contido en minerais, é vulnerable e un número repetido
de ataques acedos pode ser suficiente para causar a súa desmineralización.

Dase o caso ademais de que mesmo os hábitos de hixiene dental poden ser prexudiciais neste
sentido, así por exemplo, se nos cepillamos os dentes demasiado tempo ou demasiado forte,
tamén favorecemos o desgaste. Cando o dente se desmineraliza, queda sen a súa
protección.O esmalte entón vólvese poroso, con pequenos orificios na súa superficie polos que
as bacterias entran dando lugar a problemas dentais como a formación de carie. Para detectar
se isto está a empezar a ocorrer, debemos fixarnos en se os dentes vólvense máis sensibles e
presentan unha lixeira decoloración que se visualiza como manchas amarelas.

Os especialistas aconsellan facer uso de palliñas para tomar bebidas acedas ou azucradas, o
que evitará que estas contacten co esmalte.

O movemento do alimento na boca realízase pola lingua, órgano musculoso que posúe tamén
o sentido do gusto e intervén na fonación ou emisión de sons.

O alimento mestúrase coa saliva formado o bolo alimenticio. A saliva, fabricada polas
glándulas salivares, contén entre outras substancias unha enzima dixestiva chamada
amilasa que inicia a dixestión dos glícidos (concretemente do amidón).

A saliva tamén ten un efecto bactericida, grazas a unha enzima denominada lisozima,
presenta tamén nas bágoas e mocos.

A deglutición do bolo alimenticio, iníciase pola acción de empuxe da lingua cara á farinxe,
favorecida pola acción lubricante da saliva.

Hai tres glándulas salivares: sublinguales, submaxilares e parótidas, que forman saliva en
cantidade aproximada de 1 litro diario.

4
ACTIVIDADE: Indica os procesos dixestivos que teñen lugar na boca:

1.

2.

3.

4.

1.2. A FARINXE E ESÓFAGO

Desde a boca, o alimento pasa ao


esófago a través da farinxe. A
farinxe é un tramo común das vías
respiratoria e dixestiva, é dicir, é
unha vía de paso tanto do aire
como do alimento. Para evitar que
o alimento vaia ás vías
respiratorias hai unha especie de
tapadeira que pecha estas, cando
pasa, atragantámonos. Esta
cartilaxe é a epiglote.

A continuación da faringe atópase


o esófago, un tubo duns 25 cm de
lonxitude que comunica co estómago mediante un estreitamento muscular, un especie de anel
que pode abrirse e pecharse. Este esfínter denomínase cardias que impide o retroceso do
alimento.

O bolo alimenticio avanza ao longo do esófago e de todo o tubo dixestivo mediante


movementos peristálticos: contraccións dos músculos da parede do tubo dixestivo, que
amasan, mesturan e fan avanzar o bolo alimenticio ao longo do seu traxecto.

ACTIVIDADE: Como pode desprazarse o bolo alimenticio cando comen os astronautas sen
estar sometidos á acción da gravidade?

1.3. O ESTÓMAGO

As paredes do estómago están formadas por varias capas.


Unha delas é moi musculosa, servindo as súas contraccións
para amasar o bolo alimenticio, completando a acción
mecánica e facilitando así a súa mestura cos zumes
dixestivos producidos polas glándulas gástricas da capa
interna, que secretan o zume gástrico. Este é de carácter
ácido debido á presenza de HCl, que ten efecto bactericida
e favorece a acción das proteasas, enzimas que degradan

5
as proteínas.

Ademais hai células caliciformes, que producen mucina, substancia proteica que protexe as
paredes do estómago da autodixestión.
O produto final da dixestión no estómago e unha papa de carácter ácido denominada quimo,
que pasa ao duodeno a través dun esfínter denominado píloro.

1.4. O INTESTINO DELGADO

O intestino delgado mide uns 7m de lonxitude , cunha


capa musculosa responsable do peristaltismo.

Na parede interna do duodeno localízanse as


glándulas intestinais, que producen o zume intestinal
con enzimas dixestivas de tres tipos amilasas,
proteasas, lipasas.

Ao igual que no estómago, tamén hai células


caliciformes, que producen mucina, substancia
proteica que protexe as paredes do estómago da
autodixestión.

Ao duodeno verquen tamén os seus zume o páncreas e o fígado, a través dun conduto común
(colédoco).

O páncreas secreta o zume pancreático: rico amilasas, proteasas e lipasas, ao igual que o
zume intestinal.

ACTIVIDADE. Cal cres que pode ser a causa das


úlceras pépticas? Que factores favorecen este
tipo de lesións?

O fígado secreta a bile, zume sen enzimas, que emulsiona as graxas en pequenas gotas
facilitando a acción das lipasas.

6
No duodeno, grazas á acción conxunta de todas as enzimas producidas neste tramo
complétase a dixestión química de todas as macromóleculas dos alimentos, os glícidos
degrádanse a monosacáridos, os lípidos a acidos graxos (e glicerina) e as proteínas a
aminoácidos. Fórmase así o quilo, papa alcalina resultante da dixestión no intestino rica en
nutrintes que serán absorbidos ao longo do intestino.

ACTIVIDADE. Completa a seguinte táboa:

GLÁNDULA ZUMES MOLÉCULAS MOLÉCULAS TRAMO


ENZIMAS
DIXESTIVA DIXESTIVOS DIXERIDAS RESULTANTES DO TD

O fenómeno da dixestión e da absorción depende en


gran medida do contacto do alimento coas paredes
intestinais, polo que canto maior sexa este e nunha
superficie máis ampla, tanto mellor será a dixestión e
absorción dos alimentos. Isto dános unha das
características morfolóxicas máis importantes do
intestino delgado que son a presenza de numerosos
pregos e prololgacións que amplifican a superficie de
absorción como:

● Pregos da parede intestinal

● Vilosidades intestinais: prolongacións da


parede intestinal con capilares no interior. Cada vilosidade está tapizada polas células
absorbentes, células epiteliais prismáticas.

7
● Microvilosidades do intestino delgado: prolongacións da membrana plasmática das
células absorbentes, que serven para aumentar o contacto da membrana plasmática.

ENFERMIDADE CELÍACA. Vilosidades ao microscopio

8
A absorción dos nutrintes ten lugar a través das células absorbentes das vilosidades intestinais
hacia os capilares do seu interior:
● capilares sanguíneos: auga, sales minerais, vitaminas, aa, monosacáridos

● capilares linfáticos: ácidos graxos

As substancias non dixeridas pasan ao intestino grosos a través da válvula ileocecal.

ACTIVIDADE.Cal é a causa da enfermidade celíaca? Que trastorno produce a nivel intestinal?


Cales son as consecuencias?

ACTIVIDADE: Basándote no cadro anterior explica a dixestión química e a absorción de:

a. lípidos .A dixestión química dos lípidos ten lugar no duodeno, grazas aos zumes dixestivos
secretados polas glándulas ….

b. glícidos

c. proteínas.
1.5. INTESTINO GROSO

O intestino groso iníciase a partir da válvula ileocecal nun


fondo de saco denominado cego , punto de unión co intestino
delgado, e de onde sae o apéndice vermiforme. O apéndice
ten función hematopoyética (renovación células sanguíneas).

A apendicite é unha inflamación do apéndice que se produce


pola obstrución de feces, se chega a perforarse a infección
propágase a cavidade abdominal: peritonite.

A súa lonxitude é variable, entre 120 e 160 centímetros, e o


seu calibre diminúe progresivamente, sendo a porción máis
estreita a rexión onde se une co recto.

Por tanto, a función principal do intestino groso no sistema


dixestivo é a concentración e almacenamento dos refugallos
sólidos non dixeridos transformádoos en feces para ser
excretadas.

9
Ao longo do colón prodúcese a reabsorción de auga e sales, cambiando o seu estado de
líquido a sólido. Tamén se absorben vitaminas como a K ou a B12, resultantes da fermentación
bacteriana dos residuos, levada a cabo pola flora intestinal, este proceso libera gases como o
metano, responsables da flatulencia.

Polo xeral, o alimento pasa máis tempo no colon que en ningún outro sitio do tubo dixestivo,
este tempo pode variar dependendo do tipo de alimento e de cada persoa. No colon pode
permanecer aproximadamente desde nove horas ata varios días.

ACTIVIDADE. Explica a motilidade intestinal no caso do estriñemento e da diarrea. Cal é causa


destes trastornos?

1.6. ALIMENTACION SAUDABLE

A alimentación saudable é aquela que achega a cada individuo todos os alimentos necesarios
para cubrir as súas necesidades nutricionais, nas diferentes etapas da vida, e en situación de
saúde. Cada persoa ten uns requirimentos nutricionais en función da súa idade, sexo, talla,
actividade física que desenvolve e estado de saúde ou enfermidade.

Para manter a saúde e previr a aparición de moitas enfermidades hai que seguir un estilo de
vida saudable; é dicir, hai que elixir unha alimentación equilibrada, realizar actividade física de
forma regular (como mínimo camiñar polo menos 30 minutos ao día) e evitar fumar e tomar
bebidas alcohólicas.

Unha dieta saudable ten que reunir as características seguintes:

- Ten que ser completa: debe achegar todos os nutrientes que necesita o organismo: hidratos
de carbono, graxas, proteínas, vitaminas, minerais e auga.

- Ten que ser equilibrada: os nutrientes deben estar repartidos gardando unha proporción
entre si.

-. Ten que ser suficiente: a cantidade de alimentos ha de ser a adecuada para manter o peso
dentro dos rangos de normalidade e, nos nenos, lograr un crecemento e desenvolvemento
proporcional.

- Ten que ser adaptada á idade, ao sexo, á talla, á actividade física que se realiza, ao traballo
que desenvolve a persoa e ao seu estado de saúde.

10
- Ten que ser variada: debe conter diferentes alimentos de cada un dos grupos (lácteos, froitas,
verduras e hortalizas, cereais, legumes, carnes e aves, peixes, etc.), non só porque con iso
será máis agradable, senón porque, a maior variedade, haberá tamén unha maior seguridade
de garantir todos os nutrientes necesarios

16.1. A RODA DOS ALIMENTOS

Sinala a importancia relativa na nosa dieta dos alimentos pertencentes aos diferentes grupos
mediante o distinto tamaño dos correspondentes sectores. Así mesmo, sinala os alimentos que
deben de consumirse en ocasións esporádicas representándoas cun tamaño máis reducido
respecto dos de consumo frecuente. Tamén indica a función que desempeñarían no organismo
atendendo ao tipo de nutrintes predominantes en cada grupo de alimentos.

A OMS (Organización Mundial da Saúde) estableceu as seguintes proporcións:

● Os glícidos deben achegar polo menos un 55-60% da achega calórico total.

● As lípidos non deben superar o 30% das calorías totais inxeridas.

● As proteínas deben de supoñer o 10-15% restante na dieta.

Na seguinte táboa tes o aporte calórico por cada gramo de nutrinte, para facer os cálculos
correspondentes a túa inxesta:

NUTRINTES Kcal/g

GLÍDIDOS 4

LÍPIDOS 9

PROTEÍNAS 4

11
Aínda que parece fácil de seguir, a dieta das sociedades máis desenvolvidas non cumpren
estas proporcións e a achega de graxas e proteínas é moito maior do que debe.

Ademais de ter en conta cal é a fonte da enerxía inxerida, tamén hai que analizar a orixe dos
distintos tipos de nutrintes, é dicir, de que tipo de alimentos proceden, xa que non todos son
igual de saúdables.

No seguinte decálogo de alimentación saudable aparecen resumidas as principais


recomendacións da OMS.

16.2. DECÁLOGO SAUDABLE: Comer ben, vivir mellor!

1. Comeza o día cun bo almorzo: mellora o rendemento escolar

Saltar o almorzo non é aconsellable, aínda que non hai porque tomalo ao erguerse, podes
deixalo para media mañán. Pero ten en conta que cando almorzamos fora da casa adoita ser
máis enerxético e menos nutritivo. Hai que escapar de produtos procesados como cereais de
paquete, galletas ou bolaría industrial.

2. Non esquezas os vexetais: cereais, legumes, froitas e hortalizas.

Polo menos a metade das calorías da túa dieta debería proceder dos hidratos de carbono: pan,
pasta, arroz, ..mellor integrais, patacas e legumes.

Incrementa o consumo de froitas, verduras e hortalizas, conteñen nutrientes que che axudan a
previr doenzas. Sustitúeas polas patacas fritas máis a miudo.

As legumes (lentellas, garavanzos, fabas) teñen proteínas de boa calidade, igual que as da
carne, ademais aportan fibra , minerais e vitaminas do grupo B. A recomendación é de tres
racións por semana.Aumenta o consumo de graxas insaturadas e reduce as saturadas

O descenso das graxas saturadas axudarache a manter a raia o colesterol os triglicéridos

Ollo á etiqueta!!! Rexeita: Colesterol, graxa vexetal, graxa vexetal parcialmente hidroxenada,
graxas animais, aceite de palma. Elixe: Aceite de xirasol ou de oliva

Á prancha, ao forno, potaxes, etc… Son xeitos tamén rápidos e permiten cociñar con menos
graxas

4.- Prioriza o consumo de peixe e carnes magras

Aumenta o consumo de peixe azul, dúas ou tres racións por semana, contén ácidos graxos
esenciais (omega-3...)

Reduce o consumo de carnes vermellas. As carnes brancas son menos graxas.

5. Reduce o consumo de sal

Imprescindible reducir o consumo de sal para controlar a hipertensión, o inimigo silencioso do


corazón. A achega de sal non debe superar os 3 gr/día

12
6. Reduce o consumo de azucres engadidos:

Estes azucres son de rápida absorción, polo que sacian pouco e favorecen a obesidade,
ademais da diabetes.

A OMS recomenda uns 25g diarios (6 cuchariñas) e non superar os 50g.

7. Escapa do industrial e volta ao artesanal :

Precociñados, repostaría, refrescos e lambetadas. Moi ricos en azucres, sal e graxas


saturadas; nutrintes que favorecen a obesidade e os trastornos asociados como a diabetes,
hipertensión e arterioesclerose.

8. Come con auga, non con refrescos

Os refrescos conteñen moito azucre e ademais acidulantes como o ácido cítrico ou fosfórico
(colas), cunha alta capacidade corrosiva que o converten nun ladrón de minerais (Ca, Fe,
Mg…) polo que producen desmineralización de ósos e dentes.

9. Come regularmente e variado

Fai 4 ou 5 comidas ao día, evitarás atracóns. Ademais o noso corpo necesita dispoñer de
enerxía a cada instante do mesmo modo que os vehículos precisan combustible para moverse.

O noso organismo necesita 40 nutrientes diferentes para manterse san. Ningún alimento os
contén todos. Equilibrio e variedade son as claves na alimentación.

10. Rompe co sedentarismo:


Móvete!

Porque o exercicio físico diario


non só axuda a estar máis áxiles
e a ter máis resistencia, tamén
mellora o teu estado de ánimo.
Ademais, cando iniciamos unha
actividade física, "o noso corpo
libera endorfinas, tamén
chamadas as hormonas da
felicidade, que nos axudan a
combater o mal humor e aliviar os
estados depresivos".

Estas recomendacións
resúmense na pirámide
nutricional e actualmente na
figura proposta pola Escola de
Saúde Pública de Harvard: O teu
plato saudable, que substitue á
pirámide dos alimentos.

13
VOCABULARIO: dixestión, exestión, deglutición, peristaltismo, glándulas dixestivas, zumes
dixestivos, enzimas dixestivas, nutrientes, esfinter, dixestión química, dixestión mecánica,
amilasas, proteasas, lipasas, bile, quimo, quilo, mucina, vilosidades intestinais, células
absorbentes, microvilosidades, úlcera péptica, celiaquía.

2. A RESPIRACIÓN
Os animais necesitamos enerxía para poder realizar todas as nosas actividades. Esta enerxía obtémola a
partir da oxidación de moléculas orgánicas na respiración celular. Este proceso realízase nas
mitocondrias das nosas células e necesita osíxeno para levar a cabo. Á vez, despréndese dióxido de
carbono pola oxidación desas moléculas orgánicas. Estes dous gases intercambiámolos co medio que
nos rodea.

A respiración divídese en tres fases:

● Respiración fisiológica: que consiste en captar osíxeno do exterior e expulsar dióxido de


carbono.

● Intercambio de gases: o osíxeno captado do exterior difunde no líquido interno que baña as
células
do animal e o dióxido de carbono sae ao medio externo.

● Respiración celular: oxidación de materia orgánica utilizando osíxeno e liberando dióxido de


carbono.

14
Para o intercambio de gases os animais desenvolveron superficies respiratorias, nas que se realiza o
intercambio de gases, constituídas por tecido epitelial de revestimento, este tecido tamén recobre a
superficie corporal e as cavidades e condutos internos e está formado por células moi próximas entre si
e con formas xeométricas (planas, cúbicas ou prismáticas), mono ou pluriestratificado.

Ademais do epitelio de revestimento, existe o tecido epitelial glandular, cuxa función é a secreción de
substancias: hormonas, zumes dixestivos, mucosidade, suor….

Todas as superficies respiratorias deben presentar as seguintes características:

● Ser extensas e moi vascularizadas (con moitos vasos sanguíneos), para asegurar que o
intercambio de gases sexa suficiente.
● Manterse húmidas constantemente, para que os gases poidan atarvesar a membrana.

● Ser delgadas, para facilitar o paso dos gases. Están formadas por tecido epitelial plano ou
pavimentoso monoestratificado (nunha soa capa), denominado endotelio, presente en todas
as superficies de intercambio do organismo.

15
O intercambio de gases a través das superficies respiratorias prodúcese por un proceso de difusión
pasiva ou simple.

ACTIVIDADE 6. Como definirías o proceso de difusión simple?

2.1. ANATOMÍA XERAL DO APARATO


RESPIRATORIO

● VÍAS RESPIRATORIAS:

○ fosas nasais, boca

○ farinxe

○ larinxe

○ tráquea

○ bronquios

● PULMÓNS

16
2.2. AS VÍAS RESPIRATORIAS

As vías respiratorias conducen o aire desde o exterior hasta a superficie respiratoria. Ao longo das
mesmas o aire límpase, humedécese e quéntase para facilitar o intercambio.

3.1. AS FOSAS NASAIS

Nas fosas nasais diferéncianse distintas partes:

● Orificios nasais: Permiten a entrada e saída do aire. Teñen pelos para impedir a entrada de párticulas
estranas de gran tamaño.

● Cavidade nasal: Presenta cornetes, estruturas de óso esponxoso recubertos da mucosa nasal ciliada
e moi vascularizada, que impiden as partículas máis grandes que entran co aire cheguen aos pulmóns,
quedando atrapadas no moco secretado a este nivel.

As mucosas son capas de tecido epitelial que tapizan as cavidades do corpo que están en contacto co
exterior, asociadas a células secretoras de moco:células caliciformes. As mucosas presentan, polo
tanto, tecido epitelial de revestimento e glandular.

Na parte superior da cavidade nasal atópase o


bulbo olfactorio, onde se localizan os receptores
que perciben os olores. Estas células sensoriais son
neuronas cuxas terminacións a través do nervio
olfactorio se dirixen hacia o encéfalo.

17
● Senos paranasais: Cavidades cheas de aire tapizadas de mucosa que actúan como cámara de
resonancia na fonación. A súa inflamación recibe o nome de sinusite.

● Padal: Separa a cavidade nasal da bucal.

ACTIVIDADE 6: Por que se limpa, quenta e humedece o aire nas fosas nasais?

2.3. A FARINXE

Localizada na gorxa, é un órgano musculoso


que mide uns 13 cm que se estende, por
diante da columna vertebral, dende a base do
cráneo (limitada polo esfenoides) hasta a
entrada do esófago, á altura da sexta vértebra
cervical.Está tapizada por unha capa mucosa.

Conduce o aire hacia a larinxe e o bolo


alimenticio hacia o esófago durante a
deglución.

A farinxe tamén comunica co oído medio a


través das trompas de Eustaquio

18
2.4. A LARINXE

Órgano tubular constituido por varios cartílagos revestidos de mucosa y movidos por varios músculos.

Movemento epiglote

Desempeña varias funcións:

● Respiración: Conduce o aire desde a farinxe hasta a tráquea.

● Protección: presenta unha estrutura cartilaxinosa, a epiglote que impide o paso dos alimentos
deglutidos e corpos estraños cara ao tracto respiratorio inferior.

● Fonación: Na larinse atópanse as cordas vocais, dous repregos de tecido muscular liso. Os
cambios de tensión e lonxitude nas cordas vocais, debido ao movemento das cartilaxes, provocan
variacións no tono da voz. Isto xunto á disposición dos outros elementos da cavidade oral (beizos,
lingua e boca) permite determinar os diferentes sons que emitimos.

ACTIVIDADE 7. Sinala na imaxe a epiglote e as cordas vocais.

19
2.5. A TRÁQUEA

Órgano tubular, que mide uns 10 cm nunha persoa adulta, que se sitúa por diante do esófago.

Internamente está tapizada por unha capa mucosa de tecido epitelial ciliado e moi vascularizado, que
limpa humedece e quenta o aire.

O epitelio presenta células ciliadas e células caliciformes que producen moco.Os cilios
constantemente impulsan o moco cargado con po e outras partículas hacia a farinxe, impedindo a
obstrución das vías respiratorias. Os vasos sanguíneos humedecen e quentan o aire.

ACTIVIDADE 8: Sinala na seguinte imaxe as células ciliadas e caliciformes.

Externamente a parede está reforzada por aneis cartilaxinosos en forma de ferradura que a manteñen
constantemente aberta, unidos por tecido conxuntivo. En contacto co esófago, a parede está formada por
músculatura lisa, xa que os cartílagos dificultarían a deglución.Ao igual que todos os órganos, está
recuberta por unha capa de tecido conxuntivo.

20
ACTIVIDADE 9. Sinala na sección transversal da tráquea as distintas partes

2.6. OS BRONQUIOS

Os bronquios son a continuación da parte condutora do


aire que van desde a traquea ata os alveólos.

É por este motivo que, en primeiro lugar se ramifica en


dous bronquios principais, un dereito (que se introduce no
pulmón dereito de forma bastante vertical) e outro
esquerdo (cunha penetración no pulmón esquerdo máis
horizontal, xa que hai o corazón neste lado e por tanto non
pode descender tanto).

No interior dos pulmóns os bronquios vanse ramificando en bronquiolos cade vez de menor diámetro que
conducen o aire hasta os sacos alveolares. (Os bronqiolos que dan acceso aos alveolos son decenas de
millóns)

Os bronquios son histolóxicamente moi similares á


traquea, presentan os mesmos tecidos pero con
aneis cartilaxinosos descontinuos. Na imaxe pode
observarse o epitelio ciliado bronquial.

21
ACTIVIDADE 10. Sinala na imaxe da sección bronquial as partes que identifiques.

2.7. OS PULMÓNS
Posuímos dous pulmóns de diferente tamaño que rodean na súa parte inferior e interna ao corazón,
situados dentro da caixa torácica e protexidos polas costelas.

Os pulmóns están formados polos seguintes compoñentes:

● Masa pulmonar: Formada por tecido conxuntivo elástico que une o resto dos elementos.

● Árbore bronquial: Conxunto de bronquiolos, derivados da ramificación dos bronquios, que rematan
cada un nunha vesícula pulmonar formada por un grupo de alveolos.

● Vasos sanguíneos: As arterias pulmonares ramificanse hasta formar capilares que rodean aos
alveolos, e volven a unirse para formar as veas pulmonares por onde sae o sangue osixenado dos
pulmóns.

ACTIVIDADE 11. Indica as partes sinaladas no


esquema anterior

22
● Pleura: Dobre membrana serosa (que fabrica un fluido de apariencia similar á do soro sanguíneo)
que rodea aos púlmóns, formada por dúas capas intimamente unidas:

○ a pleura parietal ou externa, adhírese ao diafragma e á parte interior da caixa torácica, formada
por tecido conxuntivo.

○ a pleura visceral que recubre o exterior dos pulmóns, formada por unha capa epitelial secretora
que produce o líquido pleural que se atopa entre ambas. Este actúa de lubricante, evitando que
os pulmóns rocen directamente coa parede interna da caixa torácica e facilitando os
movementos respiratorios, xa que a pleura mantén os pulmóns unidos a caixa torácica.

2.8. A VENTILACIÓN PULMONAR

A ventilación pulmonar prodúcese


grazas aos movementos respiratorio:
inspiración e expiración, que permiten
a renovación do aire nos pulmóns
necesaria para o intercambio gasoso.

A renovación do aire é debida á


ampliación ou redución da caixa torácica
á que están adheridos os pulmóns
mediante a pleura.

Os movementos da caixa torácica son


debidos a un músculo situado baixo ela
chamado diafragma e aos movementos das costelas polos músculos intercostais.

O diafragma sitúase baixo os pulmóns


separado deles pola pleura, que ten en
repouso forma acampanada. Os músculos
intercostales, sitúanse entre as costelas e
ao contraérense fai que estas ascendan.

Na inspiración o diafragma e músculos


intercostais contráense. O diafragma
descende e as costelas levántanse, co
que aumenta o volume da cavidade
torácica e os pulmóns expándense, ao
estaren adheridos a ela pola pleura, polo
que diminúe a presión nos pulmóns que
fai que o aire penetre.

Na expiración estes músculos reláxanse e o diafragma e as costelas volven á súa posición normal. A
caixa torácica diminúe de volume e os pulmóns retráense, polo que se crea unha presión que fai saír o
aire.Poden realizarse expiracións forzadas para expulsar máis aire que o da posición de repouso. Nelas
interveñen os músculos abdominais que, ao contraerse empuxan as vísceras cara arriba contraendo os
pulmóns.

23
ACTIVIDADE 12. Completa a seguinte táboa sobre os monementos respiratorios:

INSPIRACIÓN EXPIRACIÓN

1º- Diafragma e músculos


intercostais

2º- Volume da caixa torácica

3º-Pulmóns

4º-Presión do aire no pulmóns

5º-Circulación do aire

2.9. RESPIRACIÓN ABDOMINAL E TORÁCICA

- Respiración abdominal ou diafrágmica: baséase no


movemento do diafragma. Recibe tamén o nome de
respiración abdominal pois o diafragma ao baixar na
inspiración empuxa os órganos e avúltase o abdome e na
expiración ao contrario. Enche de aire a zona baixa dos
pulmóns.

-Respiración torácica ou costal: dáse cando enchemos a


zona media dos pulmóns, normalmente ocorre unha vez que
se encheu a zona baixa coa respiración abdominal. Neste
tipo de respiración actúan os músculos intercostais, que
separan as costelas facendo que o aire vaia cara a zona
media.

A respiración normal é mixta. Máis importante a abdominal en repouso e aumenta a torácica en exercicio
intenso.

- Respiración clavicular: É a mais superficial e enche a parte superior dos pulmóns.

24
2.10. RITMO E VOLUME RESPIRATORIO

O ritmo e o volumne respiratorio están axustados para proporcionar o osíxeno suficiente ao corpo e
eliminar o CO2.

O ritmo respiratorio en repouso é dunhas 17 veces por minuto, isto supón que pasan polos nosos
pulmóns uns 14.000 litros de aire diarios. Aínda que o número de inspiracións varían segundo o exercicio,
a idade, o sexo...

A capacidade pulmonar dunha persoa adulta é de 4 a 6 litros. Desta capacidade pulmonar só se


emprega de modo habitual na respiración normal medio litro de aire, as inspiracións e espiracións
forzadas poden aumentar este volume ata uns 3,5 litros. Sempre queda un volume residual que non
pode eliminarse das vías aéreas pois estas teñen unha luz mínima.

5.3. CONTROL DO SISTEMA RESPIRATORIO

O control do ritmo e amplitude dos movementos respiratorios é


de tipo nervioso.

Está controlado polo sistema nervioso central (encéfalo e


médula espiñal). O centro nervioso principal sitúase no bulbo
raquídeo. Este centro recibe información de varios receptores
corporais (captan estímulos) e envía ordes aos músculos para
que se produzan as inspiracións e espiracións.

O ritmo depende de:

● Situación de alarma
● Aumento en sangue de CO2
● Diminución do nivel de osíxeno
● Diminución do pH no sangue
● Os propios músculos respiratorios e bronquios por propioceptores de distensión
● Control voluntario

O control da musculatura lisa de bronquios e bronquiolos é debida ao sistema nervioso autónomo e a


hormonas.

2.11. INTERCAMBIO DE GASES

As paredes dos alvéolos pulmonares son moi delgadas e están rodeadas por unha rede de capilares
sanguíneos.

Nos alvéolos realízase o intercambio de gases (O2 e CO2) entre o aire que hai no interior dos alvéolos e o
sangue que circula polos capilares sanguíneos. O intercambio de gases ocorre mediante un proceso
físico chamado difusión simple, no que as moléculas se desprazan desde a zona de maior á de menor
concentración, polo que o osíxeno pasará dos alveolos aos capilares e o CO2 en dirección contraria.

O osíxeno é transportado no sangue por unha proteína, a hemoglobina, de intensa cor vermella, nela hai
ferro e é a el ao que se une o osíxeno. A hemoglobina está dentro dos glóbulos vermellos ou hematíes.

O dióxido de carbono transpórtase disolto no plasma sanguíneo.

25
ACTIVIDADE 13. Indica que representan as frechas no
seguintes esquema:

2.12. MECANISMOS REFLEXOS RESPIRATORIOS

ESBIRRO: É un mecanismo reflexo beneficioso mediante o que se produce a expulsión do aire pulmonar
a través das fosas nasais e, en ocasións, tamén pola boca. É un mecanismo defensivo que se produce en
resposta a algún factor físico, químico, alérxico ou infeccioso.O aire expulsado por este mecanismo
alcanza velocidades moi altas e na súa saída arrastra as partículas ou xermes que o produciron.

● Iníciase cunha inspiración moi profunda (na que se inhalan da orde de 2,5 litros de aire)

● Enseguida, péchase a epiglote e ténsanse as cordas vocais, para impedir que saia o aire.

● En terceiro lugar, prodúcese unha forte contracción dos músculos abdominais, facendo que a presión
do aire no interior dos pulmóns se eleve notablemente.

● A continuación, ábrense bruscamente a epiglote e as cordas vocais, de forma que o aire a presión
sae violentamente polo nariz.

TOS: É un mecanismo reflexo defensa beneficioso mediante o que se produce unha forte corrente de
aire para manter despexadas as vías respiratorias baixas en resposta a presenza de moco ou dun
corpo estraño (po, fume, alimento...). Os receptores da mucosa da tráquea e bronquios estimúlanse e
envían a información ao cerebro desencadeándose unha forte corrente de aire por un un proceso
similar ao do esbirro que sae pola boca.

26
2.13. ALTERACIÓNS DA FUNCIÓN RESPIRATORIA

O caso máis notable é o do uso do tabaco. Segundo datos da OMS do ano 2014 a epidemia mundial do
tabaquismo mata cada ano a casi 6 millóns de persoas, das cales máis de 600 000 son fumadoras
pasivas.

Outro caso importante é o dos gases produto da combustión de hidrocarburos (gasolinas, gasóleos) en
automóbiles, casas e fábricas. A súa dispersión na atmosfera fai que sexan inhalados e, disoltos no
sangue, cheguen ás células onde poden causar serios danos.

Algúns compoñentes dos gases inhalados, do tabaco ou da industria, son extremadamente daniños,
como é o caso da substancias canceríxenas, as cales, cando alcanzan a dose adecuada, provocan a
transformación dunha célula normal en célula cancerosa coa consecuente aparición dun tumor.

Outras substancias producen alteracións na parede do aparello respiratorio, como a bronquite crónica e o
enfisema pulmonar.

A bronquite crónica é debida a inflamación persistente dos bronquios e acumulación de mucosidade por
destrución dos cilios do epitelio produce expectoración anormal e tos crónica.

O enfisema pulmonar prodúcese pola diminución da elasticidade pulmonar e a destrución das paredes
alveolares, o síntoma principal é a disnea ou falta de aire ao respirar.

Na actualidade a OMS considera obsoletos os termos bronquites crónica e enfisema, quedando


englobados no diagnóstico de EPOC ou enfermidade pulmonar obstructiva crónica caracterizada por un
bloqueo persistente do fluxo de aire. Trátase dunha enfermidade subdiagnosticada e potencialmente
mortal que altera a respiración normal e non é totalmente reversible, xa que a EPOC non se cura e é
esencial deixar de fumar para previr a progresión da enfermidade.

Noutros casos dificúltase o transporte de osíxeno. Así ocorre, por exemplo, co monóxido de carbono
(CO), que se une á hemoglobina e impide a unión do O2.

Ademais destas enfermidades de orixe ambiental, tamén existen enfermidades infecciosas: neumonía,
bronquite, larinxite, tuberculose, sinusite, rinite, catarro, tos ferina, etc.

27
Para a avaliación e seguimento das enfermidades
respiratorias utilizase unha proba denominada
espirometría que permite coñecer a función pulmonar
dunha persoa, medindo o aire que é capaz de inspirar e
expirar. Para esta proba utilízase un dispositivo manual
denominado espirómetro formado por dúas pezas, unha
boquilla e un tubo que se conecta a unha máquina, que
rexistra e mostra os resultados en forma númérica e
graficamente. Pode ser simple, consiste en solicitar ao
paciente que, tras unha inspiración máxima,expulse todo o
aire dos seus pulmónsdurante o tempo que precise, ou
forzada, que expulse o aire no menor tempo posible.

ACTIVIDADE 14: Analiza a gráfica e completa os datos da


táboa acerca do volume do aire nos pulmóns.

PARÁMETRO VALOR DEFINICIÓN

Volume tidal ou
corrente

Volume de
reserva
inspiratoria

Volume de
reserva
expiratoria

Capacidade
vital

Volume
residual

Capacidade
pulmonar total

28
ACTIVIDADE 15. VOCABULARIO.Define os seguintes termos: difusión, mucosa, células caliciformes,
epiglote, pleura, líquido pleural, árbore bronquial, alveolos pulmonares, diafragma, inspiración ,
expiración, esbirro, tos, bronquite, enfisema, EPOC, espirometría.

3. METABOLISMO. CONCEPTOS BÁSICOS


Todos os organismos necesitan materia e enerxía para desenvolverse, medrar e reproducirse.
Os animais utilizan enerxía química asociada á materia orgánica procedente dos alimentos,
que se transformarán en nutrintes mediante a dixestión e transportados polo sangue chegarán
ás células para ser transformados no metabolismo celular.

O metabolismo pode definirse como o conxunto de reaccións químicas que se producen no


interior das células e que conducen á transformación dunhas biomoléculas noutras, coa
finalidade de obter enerxía e moléculas estruturais (coláxeno, actina, miosina, fosfato
cálcico…) ou de reserva (glicóxeno, graxas) necesarias para realizar as funcións vitais.
A meirande parte das reaccións metabólicas atópanse interrrelacionadas constituíndo rutas ou
vías metabólicas, de xeito que o produto da primeira reacción é o substrato da seguinte e así
sucesivamente. Os reactivos nas rutas metabólicas reciben xeralmente o nome de substratos.
Todas as reaccións metabólicas están catalizadas por enzimas específicos, proteínas que
funcionan como biocatalizadores, acelerando a velocidade das reaccións metabólicas.

As rutas metabólicas poden ser lineais, ramificadas ou


cíclicas.

29
3.1. FASES DO METABOLISMO

No metabolismo diferencianse dúas fases: anabolismo e catabolismo.

ACTIVIDADE. Completa a seguinte táboa, analizando a imaxe superior:

DIFERENZAS ANABOLISMO CATABOLISMO

Moléculas iniciais

Moléculas finais

Reacción de
síntese ou
degradación

Reacción
endoergónica ou
exoergónica

Finalidade

Rutas metabólicas

__________________________________________________________________________
En termodinámica a clasificación das reaccións en endoergónicas e exoergónicas faise en función da
variación da enerxía libre de Gibss (∆G), dada pola diferenza entre a entalpía e a entropía.
- Endoergónicas. A variación da enerxía libre é positiva. Consume enerxía. Reacción non
espontánea
- Exoergónicas: A variación da enerxía libre é negativa. Desprende enerxía. Reacción espontánea
A clasificación en reaccións exotérmicas e endotérmicas faise en función da variación da entalpía ( ∆H),
neste caso desprenden ou absorben calor respectivamente.
_______________________________________________________________________________

30
ACTIVIDADE 2. As seguintes reaccións son anabólicas ou catabólicas?

● POLISACÁRIDO ➨ n-MONOSACÁRIDOS

● 6 GLICOSA + 6 O 2 ➨ 6 CO2 + 6 H2O

3.2. O PAPEL DO ATP NO METABOLISMO: TRANSFERENCIA DE ENERXÍA

Cada célula desenvolve miles de reaccións químicas que poden ser catabólicas (con liberación
de enerxía) ou anabólicas (con consumo de enerxía). Polo tanto podemos deducir que:

- As células acoplan as reaccións, é dicir, as reaccións anabólicas lévanse a cabo coa enerxía
liberada polas reaccións catabólicas.

- As células sintetizan moléculas portadoras de enerxía que son capaces de capturar a enerxía
das reaccións catabólicas e transferila ás reaccións anabólicas.

A principal molécula de transferencia da enerxía é o ATP ou adenosín-trifosfato, que presenta a


seguinte fórmula:

31
O ATP actúan como “moeda enerxética” nas células, transferindo enerxía desde as reaccións
catabólicas ás anabólicas. A enerxía atópase nas moléculas de ATP, nos enlaces químicos de
alta enerxía dos fosfatos, son enlaces fosfodiester facilmente hidrolizables, cuxa ruptura da
lugar a produtos cunha enerxía libre (E. Gibss) menor ca dos reactivos.

ACTIVIDADE . Que tipo de molécula é o ATP? Que tipo de enlaces presenta nos grupos
fosfato?

ACTIVIDADE. Por que o ATP pode transferir enerxía das reaccións catabólicas ás anabólicas?

As moléculas de ATP sintetízanse a partir de ADP e Pi (P inorgánico: H 3PO4) coa enerxía


procedente das rutas catabólicas, debido a degradación de moléculas como a glicosa,
procedentes dos alimentos inxeridos. Este ATP é utilizado polas células para a biosíntese de
moléculas nas rutas anabólicas ou para traballo mecánico como a contracción muscular,
movemento de cilios e flaxelos, desprazamento dos cromosomas na división celular…

A glicosa (C6 H12 O6) é o combustible básico para a obtención de enerxía, moitos outros
compostos serven como substrato, pero case todos son transformados a glicosa.

As fibras musculares poden obter enerxía tamén por vía anaerobia, ademais da aerobia.

3.3. VÍAS DE OBTENCIÓN DE ATP

Así, as rutas de obtención de ATP nas fibras musculares son as seguintes:

32
● VÍAS ANAERÓBICAS

Estas vías non precisan osíxeno.Son as que se


utilizan cando o músculo é sometido a esforzos moi
intensos durante un curto período de tempo.

Hai dúas vías deste tipo:

❏ Vía anaeróbica aláctica: a enerxía


inmediata.

Nesta vía utilízase o ATP almacenado no músculo a


partir da fosfocreatina: sistema ATP-PC. A
fosfocreatina é sintetizada sobre todo no fígado, a
partir de certos aminoácidos e logo é transportada
cara ás células musculares a través do torrente
sanguíneo. A fosfocreatina constitúe a principal fonte enerxética nos exercicios explosivos e de
gran intensidade pero de curta duración (carreira de 100 m, levantamento pesas, lanzamentos,
saltos). Se un exercicio destas características se prolonga por máis de 10-20 segundos, o
rendemento diminuirá drástica e rapidamente

ACTIVIDADE. Cal é o papel da fosfocreatina na vía aláctica? Por que recibe este nome esta
vía de obtención de enerxía?

❏ Vía anaeróbica láctica: a enerxía a curto prazo.

O ATP debe resintetizarse continuamente a un


ritmo rápido para poder prolongar un exercicio
intenso durante máis tempo. Obtense mediante
a fermentación láctica, na que o consumo de
glicóxeno é elevado, xa que só se obteñen 2
ATP por cada molécula de glicosa catabolizada
e prodúcese ácido láctico como residuo. Por
esta vía podemos obter enerxía cunha duración
de ata 3 minutos, máis aló deste tempo a
acumulación de ácido láctico bloquearía o noso

33
organismo, xa que esta molécula produce fatiga muscular.

● VÍA AERÓBICA: a enerxía a longo prazo.

Cando unha actividade se prolonga máis de 3 minutos, a vía aeróbica é a principal vía de
obtención de ATP, mediante a respiración celular nas mitocondrias (38 ATPs/glicosa). É a vía
enerxética de maior rendemento e duración, aínda que se pon en marcha máis lentamente,
pode utilizarse durante períodos prolongados de tempo. Ademais orixina como produtos finais,
CO2 e auga, de fácil eliminación.

Hai que ter en conta que ningunha destas vías enerxéticas actúa independentemente
ou unha tras outra, senón en interdependencia, dado que o corpo ten sempre aos seus
músculos en acción e en distinto grao; polo que a obtención de enerxía variará en función do
momento, duración, intensidade, adecuada osixenación e dispoñibilidades metabólicas.

ACTIVIDADE.Que diferenzas hai entre as vías anaeróbica e aérobica na obtención de enerxía?


Cal é a relación entre elas?

34
A vía aeróbica e anaeróbica son utilizadas pola musculatura para a obtención de enerxía
durante a contracción muscular, pero a contracción enérxica e prolongada dun músculo pode
orixinar un estado de fatiga muscular, o músculo perde a súa resposta á estimulación como
consecuencia da hiperactividade. O nervio continúa funcionando adecuadamente, os impulsos
nerviosos atravesan normalmente a unión neuromuscular cara á fibra muscular, e mesmo os
impulsos se propagan polas fibras, pero a contracción debilítase cada vez mais por falta de
ATP nas propias fibras musculares.

Os factores que explican este fenómeno son moi complexos, ademais, a fatiga a curto prazo (a
imposibilidade de levantar unha pesa, facer máis flexións de brazo, etc.) é diferente á fatiga a
longo prazo (unha maratón, carreira ciclista…)

A principal razón da fatiga muscular nun exercicio de alta intensidade, é que a demanda de
osíxeno é maior que o aporte, por dous motivos:

● A contracción intensa destes produce unha diminución do fluxo sanguíneo e por tanto a
dispoñibilidade de osíxeno

● O traballo que fai o músculo é tan intenso que simplemente non hai suficiente osíxeno
para suplir a demanda (por exemplo, nunha carreira á máxima velocidade).

Se non hai O2 dispoñible o músculo vese obrigado a obter ATP doutras fontes. Por exemplo,
no caso de actividades rápidas e moi intensas, úsase a vía anaeróbica.

A pesar da súa utilidade, a contracción anaeróbica pode levar á acumulación de metabolitos


como o ácido láctico, e a un aumento significativo da acidez dentro da célula muscular, o que
pode interferir con moitas das reaccións bioquímicas necesarias para que as fibras de actina
e miosina xeren tracción e poidan deslizarse entre si.

Podemos observar, en forma indirecta, os efectos deste proceso de fatiga, examinando a


amplitude do sinal EMG (electromiografía) durante a contracción muscular.

Cando un deportista sofre fatiga muscular o seu organismo comezará a sufrir esas
modificacións fisiológicas e como consecuencia poderanse detectar os seguintes síntomas:

● Sensación de cansazo mesmo ao realizar as accións máis simples e lixeiras.

● Diminución da forza contráctil

35
● Aumento do tempo de reacción

● Molestias ou dores musculares

● Alteracións no ritmo cardíaco e respiratorio.

● Falta de coordinación nos movementos

O tratamento consiste en:

● Repouso muscular

● Medidas físicas: fisioterapia

● Medidas dietéticas

● Fármacos

Os factores de risco para a aparición da fatiga muscular durante o exercicio físico son:

- Diminución da inxesta de hidratos de carbono que serán almacenados en forma de glucóxeno


no organismo

- Deshidratación pola perda, a través do suor, de auga e electrolitos.

- Mala planificación do entrenamento

ACTIVIDADE 6. Explica as posibles causas da fatiga muscular a nivel metabólico.

VOCABULARIO: metabolismo, anabolismo, catabolismo,enzimas, ATP, respiración celular,


fermentación, ácido láctico, fosfocreatina.

36

You might also like