You are on page 1of 8

BIOLOGÍA E XEOLOXÍA:

1. O aparello dixestivo
Transforma os alimentos en nutrientes cun tamaño axeitado para que cheguen ás células e
sexan metabolizados. Está composto de órganos que constitúen o tubo dixestivo e das
glándulas dixestivas ou anexas.

1.1. O tubo dixestivo:

Conduto musculoso constituído por:

a. Boca: cavidade de entrada ao tubo dixestivo que contén:


● Os dentes: trituran os alimentos.
● A lingua: é un órgano muscular que mestura os alimentos e participa na deglutición e na
percepción dos sabores.
● As glándulas salivares.

b. Farinxe: cavidade común ao aparello dixestivo e respiratorio. Por ela pasa o aire cara a
larinxe e o alimento cara o esófago. A epiglote é unha lámina de cartilaxe que evita que o
alimento pase ás vías respiratorias.

c. Esófago: tubo duns 25 cm de lonxitude que une a farinxe co estómago.

d. Estómago: ancheamento do tubo dixestivo localizado na cavidade abdominal. Nas súas


paredes internas hai glándulas que verten zumes gástricos ao interior. Presentan dúas
válvulas que impiden o retorno do alimento: o cardia na entrada e o píloro na saída.

e. Intestino delgado: tubo duns 6 m de lonxitude que se atopa dobrado na cavidade


abdominal. Nas súas paredes teñen pregamentos nos que hai glándulas (glándulas
intestinais) que verten zumes intestinais. Divídese en tres rexións: duodeno, xexuno e íleo.

f. Intestino groso: última porción do tubo dixestivo. Mide 1,5 m e rodea o intestino delgado
dispoñéndose en forma de U invertido. Divídese en tres rexións: cego, colon e recto. Do
cego parte unha prolongación denominada apéndice vermiforme, o colon divídese á súa vez
en colon ascendente, transverso e descendente e o recto ábrese ao exterior a través do
ano.

1.2. As glándulas anexas:

A diferenza das glándulas gástricas e intestinais, sitúanse fóra do tubo dixestivo. Verten ao
tubo dixestivo os zumes dixestivos, conteñen enzimas dixestivos (proteínas implicadas na
degradación do alimento, transformando as moléculas orgánicas complexas dos alimentos
nas súas unidades constituíntes).

As glándulas anexas son:


a. Glándulas salivares: producen saliva e vértena á cavidade bucal. As principais son:

● Glándulas sublinguais: situadas baixo a lingua.


● Glándulas submaxilares: na mandíbula.
● Glándulas parótides: situadas diante das orellas.

b. O páncreas: órgano alongado situado baixo o estómago. Verte zume pancreático (contén
lipases, amilases e peptidades) ao duodeno. Tamén verte ao sangue hormonas (insulina e
glicagón) encargadas do metabolismo dos glícidos.

c. O fígado: realiza moitas actividades entre as que destaca o filtrado do sangue para
eliminar substancias como alcohol e fármacos. Tamén produce a bile, que antes de ser
vertida ao duodeno, almacénase na vesícula biliar. A bile contén sales biliares, que
preparan os lípidos para a súa dixestión e absorción (emulsiona as graxas e iso facilita a
acción das enzimas lipases).

2. Os procesos dixestivos:
Os procesos dixestivos son: Nestes procesos os alimentos transfórmanse en nutrientes
grazas a dous tipos de accións:

● Mecánicas: consisten en cortar, triturar, esmagar e mesturar o alimento para reducir o seu
tamaño e favorecer as accións químicas.
● Químicas: producidas pola acción enzimática dos zumes dixestivos, que rompen as
macromoléculas que forman os alimentos. Inxestión Dixestión (mecánica e química)
Absorción Formación de feces

2.1. Inxestión

Entrada do alimento ao tubo dixestivo a través da boca. Sucédense tres procesos (dixestión
mecánica):

a) Mastigación: trituración do alimento grazas á acción mecánica dos dentes.

b) Insalivación: mestura do alimento coa saliva, grazas á acción da lingua, que dá como
resultado o bolo alimenticio.

c) Deglutición: paso do bolo alimenticio dende a boca á farinxe, grazas a acción da lingua.
A través da farinxe o bolo alimenticio chega ao esófago, onde o músculo que forman as
súas paredes contráese e reláxase producindo un movemento peristáltico, que o impulsa
cara o estómago.

 Deglutición: a epiglote axuda a que o bolo alimenticio pase á farinxe e non á larinxe.

 Movemento peristáltico do esófago: provoca o descenso do bolo alimenticio ata o


estómago.
2.2. Dixestión:

Prodúcese en varios órganos do tubo dixestivo:

● Boca: uns enzimas dixestivos da saliva chamados amilases actúan sobre os glícidos
complexos transformándoos noutros máis simples. Así fórmase o bolo alimenticio que pasa
aos seguintes órganos.

● Estómago: neste órgano ten lugar a dixestión gástrica, que inclúe: – Procesos químicos:
as paredes do estómago segregan zumes gástricos que conteñen ácido clorhídrico e
enzimas dixestivos como a pepsina, que rompe proteínas en cadeas curtas de aminoácidos.
– Procesos mecánicos: os movementos peristálticos mesturan os zumes gástricos co bolo
alimenticio, que se transforma nunha papilla chamada quimo.

● Intestino delgado: no intestino delgado o quimo sofre a acción mecánica dos movementos
peristálticos. O quimo mestúrase coa bile, co zume pancreático e cos zumes intestinais. Os
lipases rompen os lípidos en ácidos graxos e glicerol, os peptidases rompen as proteínas en
aminoácidos e os amilases os glícidos. A acción destes enzimas dixestivos transforma o
quimo no quilo.

2.3. Absorción

É o paso dos nutrientes obtidos na dixestión a través das paredes do tubo dixestivo ata o
sangue, para ser transportados cara as células. Prodúcese no intestino delgado e no
intestino groso, por iso denomínase absorción intestinal.

● Intestino delgado: é o lugar principal de absorción de glícidos simples, de ácidos graxos e


de aminoácidos. Ademais absórbense auga, sales e vitaminas. A superficie de absorción é
enorme grazas a que a as paredes están repregadas formando os pregamentos intestinais.
Os pregamentos intestinais presentan vilosidades intestinais, que están tapizadas por
células que presentan microvilosidades.

● Intestino groso: nel prodúcese a absorción de auga, sales minerais e vitaminas. Ademais,
a flora intestinal produce determinados nutrientes, como a vitamina K, que son absorbidos
polas células do colon.

2.4. Formación de feces

Algúns alimentos que non podemos dixerir convértense en substancias de refugallo que
debemos eliminar. Estes restos chegan ao intestino groso, onde se compactan e perden
auga e sales minerais. Como resultado fórmanse as feces fecais, que se acumulan no
tramo final do intestino groso. Por último, son expulsadas ao exterior mediante a defecación.

3. Principais enfermidades do aparello dixestivo

● Carie: enfermidade infecciosa causada por bacterias que viven na boca e que se
alimentan dos restos de comida que hai nela, especialmente dos glícidos proporcionados
polos alimentos doces. Como resultado, prodúcense ácidos que debilitan o esmalte do
dente, orixinando pequenos buratos que, tras erosionar a dentina, poden chegar ata a
polpa.

● Úlcera péptica: lesión da mucosa do estómago ou do duodeno que pode provocar


hemorraxias e incluso a perforación da parede. A infección pola bacteria Helicobacter pylori,
o alcol, o tabaco e o estrés provocan a súa aparición.

● Gastroenterite: inflamación do estómago e do intestino delgado producida xeralmente por


unha infección debida á inxestión de alimentos ou augas contaminadas, ou po contacto con
outras persoas enfermas. Causa vómitos, diarreas, dor abdominal, febre, dor de cabeza e
calafríos. O seu problema principal é a deshidratación, polo que deben inxerirse abundantes
líquidos.

● Apendicite: inflamación do apéndice vermiforme debida á súa obstrución. Pode


complicarse cunha infección e perforación do apéndice. As súas consecuencias poden ser
moi graves se non hai unha rápida atención médica.

● Estrinximento: as feces están tan secas que son difíciles de evacuar. As súas causas son
variadas, como o estrés, as dietas pobres en fibra vexetal e certos fármacos.

● Hepatite: prodúcese cando o fígado sofre unha inflamación que pode ser orixinada por un
virus, substancias tóxicas, algúns medicamentos ou alcohol.

4. Hábitos saudables asociados ao aparello dixestivo:

● Comer amodo e mastigar ben os alimentos: así facilítase a acción dos enzimas presentes
nos zumes dixestivos.

● Establece un horario regular de comidas e realiza cinco comidas diarias: evítase que o
aparello dixestivo traballe en exceso.

● Come alimentos que conteñan fibra: a fibra non se dixire pero serve para facilitar os
movementos peristálticos e evitar o estrinximento.

●Non consumas alcohol: o seu exceso dana o fígado e o páncreas.

● Bebe suficiente auga.

● Practica algún deporte: serve para previr o estrinximento.

● Evita as caries: cepilla os dentes, non tomes doces antes de durmir e visita ao dentista.

● Lava as mans antes de comer: evitarás a contaminación dos alimentos.

● Toma precaucións ao viaxar: é preferible non comer alimentos frescos ou crús, e beber
auga embotellada

5. O aparello respiratorio

Ademais de nutrientes, as células tamén precisan osíxeno para realizar a respiración


celular (que acontece nas mitocondrias) O osíxeno contido no aire que respiramos
introdúcese no organismo a través do aparello respiratorio desde onde pasa ao sangue. O
aparello respiratorio tamén encárgase de expulsar ao exterior o dióxido de carbono, refugo
procedente da respiración celular. O aparello respiratorio consta das vías respiratorias e dos
pulmóns. As vías respiratorias constan de:

● Fosas nasais: o aire entra polo nariz. Nas fosas nasais o aire quéntase e, grazas ao
moco, humedécese e quedan retidas as partículas de po e moitos dos microorganismos
presentes no aire.

● Farinxe: o aire proveniente das fosas nasais conflúe na farinxe, órgano común do aparello
dixestivo e respiratorio. Cando comemos ou tragamos saliva, a epiglote péchase para
impedir que os alimentos entren nas vías respiratorias.

● Larinxe: tubo curto formado principalmente por cartilaxe. Na farinxe atópanse as cordas
vogais, que vibran cando pasa o aire.

● Traquea: tubo flexible formado por aneis de cartilaxe en forma de C. Conducen o aire
desde a farinxe ata os bronquios. O interior está tapizado por células con cilios, que
producen un fluxo de moco cara a farinxe, con función de limpeza.

● Bronquios e bronquíolos: os bronquios son tubos semellantes á traquea que parten dela e
bifúrcanse dirixíndose a cada pulmón. Alí divídense noutros bronquios e ramifícanse cada
vez en tubos de menor diámetro, os bronquíolos. Estes vanse facendo cada vez máis finos
ata terminar nunhas pequenas saquiños arredondados de paredes finas chamadas alvéolos
pulmonares.

Os pulmóns

Son dous órganos esponxosos que se encontran aloxados na cavidade torácica protexidos
polas costelas. Dispóñense a ambos lados do corazón e presentan certas diferenzas entre
eles:
● Pulmón esquerdo: é máis pequeno e está dividido en dous lóbulos.

● Pulmón dereito: é algo máis grande e divídese en tres lóbulos.

● Os dous pulmóns están recubertos dunha dobre membrana chamada pleura, e no seu
interior encóntrase o líquido pleural, que facilita o movemento dos pulmóns durante a
respiración. A pleura protéxeos do rozamento directo da caixa torácica.

● No interior de cada pulmón, os bronquios e bronquíolos forman a árbore pleural, que


termina nos alvéolos pulmonares. Estes aparecen agrupados en acios ou sacos alveolares,
que confiren o aspecto esponxoso dos pulmóns.
● O sangue pouco osixenado chega aos pulmóns polas arterias pulmonares, e sae
osixenado a través das veas pulmonares.

6. Funcionamento do aparello respiratorio:

Na respiración diferéncianse dúas etapas: a ventilación pulmonar e o intercambio de gases.


A ventilación pulmonar Consiste na entrada e saída de aire dos pulmóns e lévase a cabo
mediante movementos involuntarios consecutivos:

 Inspiración: é o movemento mediante o cal entra aire rico en osíxeno polas vías
respiratorias ata os pulmóns.

● Expiración: saída de aire cargado de dióxido de carbono dende os pulmóns ao exterior.

● Os músculos encargado da ventilación pulmonar son o diafragma (inspiración) e os


músculos intercostais (expiración). Na inspiración os pulmóns ensánchanse e a caixa
torácica ensánchase. Na expiración o aire sae dos pulmóns de forma pasiva ao contraerse
a caixa torácica.

O intercambio de gases

Prodúcese nos alvéolos pulmonares. Estes están rodeados de gran cantidade de capilares
sanguíneos que traen sangue rico en dióxido de carbono e pobre en osíxeno procedente de
todos os órganos do corpo.

Unha vez que o aire inspirado, rico en osíxeno, chega aos alvéolos pulmonares, prodúcese
un intercambio gasoso moi rápido. Isto permite que o sangue que pasa polos capilares
descargue o dióxido de carbono que recolleu nas células dos tecidos e absorba o osíxeno
procedente da respiración, que despois debe levar a esas mesmas células.

O movemento do osíxeno e o CO2 entre o aire e o sangue prodúcese por difusión simple (o
gas pasa dende onde está máis concentrado ata onde está menos concentrado).

Hábitos saudables asociados ao aparello respiratorio:

● Crear na casa un ambiente san (minimizar o uso de produtos químicos, ventilar e limpar
adecuadamente).

● Realizar exercicio moderado de forma regular (aumenta a capacidade respiratoria e


prevén enfermidades).

● Evitar lugares contaminados, pouco ventilados e con moita xente (nestes lugares cómpre
respirar polo nariz).
● Non fumar nin estar preto de persoas que fuman.

O tabaquismo:
No fume dun cigarro hai máis de 4000 substancias químicas, entre as que destacan:

● Nicotina: provoca adicción.

● Monóxido de carbono (CO): únese á hemoglobina sanguínea impedindo o transporte de


osíxeno. Por iso, as persoas fumadoras cánsanse máis.

● Alquitrán: mestura de substancias que se unen ás células ciliadas das vías respiratorias
impedindo a súa acción limpadora. Favorece a aparición da bronquite crónica, enfisema
pulmonar, cancro de boca e aumenta nun 90% a posibilidade de ter cancro de pulmón.

● Como consecuencia os fumadores reducen a súa esperanza de vida unha media de 13


anos.

Tema 4

1. Que refugallos produce o organismo?

As células producen refugallos como resultado do metabolismo celular, que son vertidos ao
sangue para que os leve aos órganos encargados de eliminalos. O proceso de eliminación
destes refugallos procedentes da actividade celular chámase excreción. Órganos que
interveñen na función de excreción:

● Sistema urinario: elimina substancias tóxicas resultantes do metabolismo celular a través


da formación de urina (líquido amarelo, transparente, aínda que se pode volver opaco se
está moi concentrado; componse dun 95% de auga e un 5% de substancias disolvidas
nela).

● Pulmóns: expulsan o CO2 procedente da respiración celular.

● Fígado: depura os residuos procedentes dalgúns fármacos que se excretan coa bile e son
expulsados a través das feces.

● Glándulas sudoríparas: glándulas exócrinas da pel encargadas de expulsar a suor. Este é


un líquido moi semellante á urina pero máis diluído (99% de auga).

A urina ten unha composición similar á do plasma sanguíneo, pero con maior concentración
de susbstancias de refugallo, como a urea.

2. O sistema urinario

Formado polos riles e as vías urinarias:


 Riles: dous órganos con forma de faba duns 12 cm de lonxitude situados a ambos
lados da zona lumbar da columna vertebral. Están recubertos por unha cápsula renal
(capa de tecido conxuntivo). A cada ril chega a arteria renal, con sangue cargada de
refugallos, e sae a vea renal, con sangue limpo de refugallos. Os residuos, xunto con
auga, forman a urina. Interiormente, un ril presenta as seguintes partes:
 Codia: parte máis externa, aspecto granular.
 Medula: parte máis interna, divida en zonas raiadas con forma piramidal chamadas
pirámides de Malpighi.

 ● Vías urinarias: de cada ril sae un conduto, o uréter, que conduce a urina ata a
vexiga, onde se acumula. Cando se acumula suficiente urina expúlsase por un
conduto chamado uretra nun acto denominado micción. Nos varóns, a uretra mide
uns 20 cm e ten a dobre función de expulsar urina e seme. Nas mulleres, mide uns 4
cm e é independente dos condutos xenitais.

Un ril ao microscopio

Nun corte lonxitudinal de ril a grande aumento, vemos que contén máis dun millón
dunhas unidades básicas denominadas NEFRÓNS.

Un NEFRÓN consta de: Cápsula de Bowman: cavidade oca que rodea un nobelo de
capilares sanguíneos (glomérulo) que proceden da arteria renal.

Túbulo repregado (en amarelo na figura) con distintas rexións: túbulo proximal, asa
de Henle e túbulo distal. Os túbulos distais de moitos nefróns desembocan no
TÚBULO ou CONDUTO COLECTOR, e estes desembocan nos uréteres.

A disposición dos nefróns no ril é o que dá aspecto granular á codia e raiado ás


pirámides de Malpighi da medula. A función dos nefróns é filtrar o sangue para
fabricar a urina. O funcionamento do ril é o resultado do traballo realizado por todos
os seus nefróns.

● Ter unha alimentación equilibrada: existe certa relación entre o consumo de calcio
e de proteínas animais e a formación de cálculos renais; polo que se debe consumir
carne con moderación.

● Evitar a automedicación: unha dose inapropiada e un uso demasiado prolongado


dana a función renal.

● Manter a hixiene adecuada dos xenitais externos: evita infeccións como a cistite.

You might also like