You are on page 1of 4

Anatomía, fisioloxía e patoloxía do sistema endocrino

O Sistema Endocrino é o conxunto de órganos que liberan un tipo de sustancias


chamado hormonas. Os órganos endocrinos tamén se denominan glándulas
endocrinas, debido a que verten o seu contenido directamente ó interior do organismo
a través do sangue. As hormonas secretadas polas glándulas endocrinas regulan o
crecemento, desenvolvemento e as funcións de moitos tecidos, e coordinan os
procesos metabólicos do organismo.

Os órganos que conforman o sistema endocrino son:

 HIPÓFISIS: Está localizada na base do cerebro, libera hormonas que estimulan a


outras glándulas. Por exemplo: a hormona TSH que estimula á tiroides para que
libere as hormonas tiroideas.
 TIROIDES: Situada por debaixo da farinxe e por diante e a ambos lados da
traquea. Segrega as hormonas tiroideas; que regulan procesos biolóxicos como
o crecimento de tecidos, producen un aumento do metabolismo e o estado de
alerta físico e mental.
 PARATIROIDES: Son unhas pequenas glándulas localizadas no cuello. Regulan os
niveis de calcio e fósforo na sangue.
 SUPRARRENAIS: Dúas pequenas glándulas situadas encima dos riles e
compostas de dúas partes. Segregan hormonas como os estróxenos,
proxesterona, adrenalina, dopamina e cortisol. Interveñen en procesos
biolóxicos como frecuencia cardiaca, elevación de TA, contracción e relajación
de músculos ou elevación de glucosa en sangue.

 PÁNCREAS: Segrega insulina e glucagón, reducen e elevan os niveis de azucre


en sangue, respectivamente.
• A insulina determina a rápida captación, o almacenamento e o uso da
glucosa por case todos os tecidos do organismo. A secreción da insulina
dependerá dos niveis de glucosa no sangue
• O glucagón posúe funcións opostas a insulina, xa que aumenta a
concentración de glucosa no sangue .
 OVARIOS: glándulas femeninas localizadas a ambos lados do útero, segregan
os estróxenos e proxesterona. Son necesarias para o desenvolvemento dos
órganos reproductores femeninos e responsables de caracteres secunsarios como
o vello púbico, axilar e crecemento de mamas.
 TESTÍCULOS: glándulas masculinas situadas debaixo do pene, producen a
testosterona, que estimula os caracteres sexuais secundarios no home. Ademási
producen os espermatozoides.
ENFERMEDADES DO SISTEMA ENDOCRINO

DIABETES
A diabetes é unha enfermidade debida a insuficiente dispoñibilidade
de insulina. Hormona segregada polo páncreas e responsable do control
da glicosa en sangue.
En xeral a diabetes caracterízase por 3 síntomas:

- POLIDIPSIA: moita sede.


- POLIURIA: moitos ouriños.
- POLIFAXIA: moita fame.

Outros: Fatiga, desorientación, nerviosismo, acidose, fame, visión borrosa


etc

Existen diferentes tipos de diabetes:


- Diabetes Mellitus insulinodependente (TIPO I):a este tipo de pacientes
débeselles administrar insulina de forma exógena, xa que a que produce
non funciona ou a produce en cifras insuficientes.
- Diabetes Mellitus non insulinodependente (TIPO II):o usuario ten un
déficit relativo de insulina, pois hai unha incapacidade para que a insulina
chegue ao sangue e
sexa transportada ao lugar onde é requirida para regular o metabolismo e
aproveitamento da glicosa.
- Diabetes asociada a certas situacións ou síndromes: obsérvase en
individuos que desarrollan altos niveis de glicosa como consecuencia
doutras enfermidades ou como consecuencia de tratamentos
medicamentosos, por exemplo, algunhas clases de diuréticos
(medicamentos que facilitan e incrementan a eliminación dos ouriños) ou
tratamentos de cortisona.
- Diabetes Mellitus xestacional: comeza no embarazo pero, ás veces,
persiste unha vez concluido o período xestacional.

O tratamento da diabetes dependerá do tipo de diabetes e na evolución


da mesma pero en xeral os pilares nos que se basa son:
- Dieta
- Exercicio
- Farmacoterapia
- Insulina

O importante da diabetes e manter uns bos niveis de glucemia, xa que así


evitaremos as complicacións que poden xurdir.
As complicacións a curto prazo serían a hipoglicemia e hiperglicemia.
As complicacións a longo prazo son varias: nefropatía diabética, dano
cardiovascular, neuropatía diabética, problemas oculares e incluso
cegueira, pé diabético, etc

Síntomas para detectar Hipoglucemia:


- Palidez
- Debilidade
- Taquicardia
- Fame
- Visión borrosa
- Irritabilidade
- Dor de cabeza
- Sudoración
- Temblor
- Cansancio, debilidade

Síntomas para detectar Hiperglucemia:


 Boca seca
 Sede extrema
 Micción frecuente
 Debilidade xeral
 Alento con olor afrutado
 Nauseas, vómitos
 Dor abdominal
 Respiración profunda e rápida
 Pulso rápido
 Somnolencia, confusión
VALORES DE GLUCOSA NO SANGUE

You might also like