You are on page 1of 25

A NUTRICIÓN: APARELLOS DIXESTIVO E RESPIRATORIO

1. A función da nutrición
2. Anatomía do aparato digestivo
3. Fases do proceso digestivo
4. A saúde do aparato dixestivo
5. Anatomía do aparato respiratorio
6. O funcionamento da respiración Bioloxía e Xeoloxía
7. A saúde do aparato respiratorio
3º ESO
1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
A nutrición ocorre en todas as células do teu corpo. Para iso, realizan o
metabolismo basal, conxunto de reaccións químicas que producen a materia e
enerxía que a célula necesita para vivir. Para realizala, as células necesitan:
­ Nutrientes: se extraen dos alimentos
­ Osíxeno: se obtén do aire

Nutrientes e
O2

Enerxía Refugallos As mitocondrias da célula producen a enerxía para vivir,


e CO2 usando nutrientes e osíxeno. Na reacción tamén se
produce:
­ Refugallos que se eliminan nos ouriños
­ Dióxido de carbono que se elimina nos pulmóns
A función da nutrición
2. ANATOMÍA DO SISTEMA DIXESTIVO
O aparello dixestivo é un conxunto de órganos que se encargan de realizar a
dixestión: trasnformar os alimentos para obter os nutrientes que conteñen e de
eliminar os restos non dixeridos.

O aparato dixestivo está formado por:


•Un tubo dixestivo, duns 9 metros de
lonxitude, polo que pasan os alimentos.
Esténdese dende a boca ata o ano.
Algunhas partes ensánchanse formando
cavidades.
•Unhas glándulas que verten os seus
zumes no tubo. Algunhas delas atópanse
fóra do tubo, como as glándulas
salivares, o páncreas e o fígado,
mentres que outras se localizan nas
paredes do tubo, como as glándulas
gástricas.
Anatomía do aparato dixestivo

a. Boca
b. Farinxe
c. Esófago
d. Estómago
e. Intestino delgado
f. Intestino groso
A. BOCA: cavidade de entrada ao tubo dixestivo que contén:
● Dentes: trituran os alimentos.

● Lingua: órgano muscular que mestura os alimentos e participa na deglutición e na


percepción dos sabores.
● Glándulas salivares
Estructura dos dentes
B. FARINXE: cavidade común ao aparello dixestivo e respiratorio. Por ela pasa o
aire cara a larinxe e o alimento cara o esófago. A epiglote é unha lámina de
cartilaxe que evita que o alimento pase ás vías respiratorias.
C. ESÓFAGO: tubo duns 25 cm de lonxitude que une a farinxe co estómago. Conduce
bolo ao estómago por peristaltismo.
D. ESTÓMAGO: ancheamento do tubo dixestivo localizado na cavidade
abdominal. Nas súas paredes internas hai glándulas que verten zumes gástricos
ao interior. Presentan dúas válvulas que impiden o retorno do alimento: o cardia
na entrada e o píloro na saída.
E. INTESTINO DELGADO: tubo duns 6 m de lonxitude que se atopa dobrado na
cavidade abdominal. As súas paredes presentan uns dobramentos nos que hai
glándulas (glándulas intestinais) que verten zumes intestinais. Divídese en tres
rexións: duodeno, xexuno e íleo.
F. INTESTINO GROSO: última porción do tubo dixestivo. Mide 1,5 m e rodea o
intestino delgado dispoñéndose en forma de U invertido. Divídese en tres rexións:
cego, colon e recto. Do cego parte unha prolongación denominada apéndice
vermiforme, o colon divídese á súa vez en colon ascendente, transverso e
descendente e o recto ábrese ao exterior a través do ano.
As GLÁNDULAS ANEXAS: a diferenza das glándulas gástricas e intestinais,
sitúanse fóra do tubo dixestivo. Verten ao tubo dixestivo os zumes dixestivos que
conteñen enzimas dixestivos (proteínas que degradan o alimento e transforman
as moléculas orgánicas complexas que forman eses alimentos, nas súas unidades
constituíntes). As glándulas anexas son:
a. Glándulas salivares: producen saliva e vértena á cavidade bucal. As principais
son:
● Glándulas sublinguais: baixo a lingua.
● Glándulas submaxilares: na mandíbula.
● Glándulas parótides: diante das orellas.
b. O páncreas: órgano alongado situado baixo o estómago. Verte zume pancreático
(contén lipases, amilases e peptidades) ao duodeno. Tamén verte ao sangue hormona
(insulina e glicagón) encargadas do metabolismo dos glícidos.
c. O fígado: realiza moitas actividades entre as que destaca o filtrado do sangue
para eliminar substancias como alcohol e fármacos. Tamén produce a bile, que
antes de ser vertida ao duodeno, almacénase na vesícula biliar. A bile contén
sales biliares, que preparan os lípidos para a súa dixestión e absorción (emulsiona
as graxas e iso facilita a acción das enzimas lipases).
3. FASES DO PROCESO DIXESTIVO
Os procesos dixestivos son:

Nestes procesos os alimentos transfórmanse en nutrientes grazas a dous tipos de accións:


● Mecánicas: consisten en cortar, triturar, esmagar e mesturar o alimento para reducir o seu
tamaño e favorecer as accións químicas.
● Químicas: producidas pola acción enzimática dos zumes dixestivos, que rompen as
macromoléculas que forman os alimentos.
Inxestión:
Entrada do alimento ao tubo dixestivo a través da boca. Sucédense tres procesos
(dixestión mecánica):
a) Mastigación: trituración do alimento grazas á acción mecánica dos dentes.

b) Insalivación: mestura do alimento coa saliva, grazas á acción da lingua, que


dá como resultado o bolo alimenticio.

c) Deglutición: paso do bolo alimenticio dende a boca á farinxe, grazas a acción


da lingua. A través da farinxe o bolo alimenticio chega ao esófago, onde os
músculos que forman as súas paredes contráense e reláxanse producindo un
movemento peristáltico, que o impulsa cara o estómago.
Deglutición: a epiglote
axuda a que o bolo
alimenticio pase á farinxe
e non á larinxe.
Movemento peristáltico do
esófago: provoca o descenso do
bolo alimenticio ata o estómago.
Dixestión:
Prodúcese en varios órganos do tubo dixestivo:
● Boca: enzimas dixestivos da saliva chamados amilasas actúan sobre os glícidos
complexos transformándoos noutros máis simples. Fórmase o bolo alimenticio

● Estómago: neste órgano ten lugar a dixestión gástrica, que inclúe:


– Procesos químicos: as paredes do estómago segregan zumes gástricos que
conteñen ácido clorhídrico (HCl) e enzimas dixestivos como a pepsina, que
rompe proteínas en cadeas curtas de aminoácidos.
– Procesos mecánicos: os movementos peristálticos mesturan os zumes gástricos
co bolo alimenticio, que se transforma nunha papa chamada quimo.

● Intestino delgado: no intestino delgado o quimo sofre a acción mecánica dos


movementos peristálticos. O quimo mestúrase coa bile, co zume pancreático e cos
zumes intestinais. Os lipases rompen os lípidos en ácidos graxos e glicerol, os
peptidases rompen as proteínas en aminoácidos e os amilases os glícidos. A
acción destes enzimas dixestivos transforma o quimo no quilo.
Absorción:
É o paso dos nutrientes obtidos na dixestión a través das paredes do tubo
dixestivo ata o sangue, para seren transportados cara as células. Prodúcese no
intestino delgado e no intestino groso, por iso denomínase absorción intestinal.

● Intestino delgado: é o lugar principal de absorción de glícidos simples, de


ácidos graxos e de aminoácidos. Ademais absórbense auga, sales e vitaminas.
A superficie de absorción é enorme grazas a que a as paredes están repregadas
formando os pregamentos intestinais. Os pregamentos intestinais presentan
vilosidades intestinais, que están tapizadas por células que presentan
microvilosidades.

● Intestino groso: nel prodúcese a absorción de auga, sales minerais e vitaminas.


Ademais, a flora intestinal produce determinados nutrientes, como a vitamina K,
que son absorbidos polas células do colon.
Formación de feces:
Algúns alimentos que non podemos dixerir convértense en substancias de
refugallo que debemos eliminar. Estes restos chegan ao intestino groso, onde se
compactan e perden auga e sales minerais.
Como resultado fórmanse as feces fecais, que se acumulan no tramo final do
intestino groso. Por último, son expulsadas ao exterior mediante a defecación
ou exestión.
4. A SAÚDE DO APARATO DIXESTIVO
Principais enfermidades do aparello dixestivo
● Carie: enfermidade infecciosa causada por bacterias que viven na boca e que se
alimentan dos restos de comida que hai nela, especialmente dos glícidos
proporcionados polos alimentos doces. Como resultado, prodúcense ácidos que
debilitan o esmalte do dente, orixinando pequenos buratos que, tras erosionar a
dentina, poden chegar ata a polpa.
● Úlcera péptica: lesión da mucosa do estómago ou do duodeno que pode provocar
hemorraxias e incluso a perforación da parede. A infección pola bacteria
Helicobacter pylori, o alcol, o tabaco e o estrés provocan a súa aparición.
● Gastroenterite: inflamación do estómago e do intestino delgado producida
xeralmente por unha infección debida á inxestión de alimentos ou augas
contaminadas, ou po contacto con outras persoas enfermas. Causa vómitos, diarreas,
dor abdominal, febre, dor de cabeza e calafríos. O seu problema principal é a
deshidratación, polo que deben inxerirse abundantes líquidos.

● Apendicite: inflamación do apéndice vermiforme debida á súa obstrución. Pode


complicarse cunha infección e perforación do apéndice. As súas consecuencias poden
ser moi graves se non hai unha rápida atención médica.

● Estrinximento: as feces están tan secas que son difíciles de evacuar. As súas causas
son variadas, como o estrés, as dietas pobres en fibra vexetal e certos fármacos.

● Hepatite: prodúcese cando o fígado sofre unha inflamación que pode ser orixinada
por un virus, substancias tóxicas, algúns medicamentos ou alcohol.

You might also like