You are on page 1of 12

Tema 2

Nutrímonos

1. Unha célula do noso corpo:


O corpo humano é un marabilloso e complexo organismo formado por moitas pezas
chamadas células. Son billóns. Estas diminutas unidades de vida organízanse, coordínanse e
traballan unindo forzas. Con elas constrúense os nosos tecidos, órganos, aparatos e sistemas,
e, en definitiva, o noso corpo.
Por exemplo, unha das moitas células que temos no noso corpo
e forman o sistema nervioso chámase neurona. A nosa neurona forma
parte dun nervio e é especialista en recibir e transmitir información a
As células chamadas neuronas forman
outras neuronas. parte do noso sistema nervioso.

Como xa sabes, as células animais non son capaces de fabricar o


seu propio alimento, así que para mantérense con vida deben obter os
nutrientes da súa contorna. Para alimentar as células do noso corpo e que
poidan realizar as súas funcións correspondentes axeitadamente, temos
As células do noso corpo non que realizar o proceso de nutrición.
teñen clorofila, e polo tanto
non son capaces de fabricar
o seu propio alimento.

2. Dixestión:
Mediante a función de nutrición os seres humanos obtemos a materia e enerxía que
precisamos para mantérmonos con vida. É un proceso complexo que implica a realización da
dixestión, a respiración, a circulación e a excreción.

1. Dixestión 2. Respiración 3. Circulación 4. Excreción

Os animais non podemos realizar a fotosíntese para elaborarmos o noso alimento


senón que nos alimentamos de plantas ou doutros animais. Somos,
por tanto, seres vivos heterótrofos.
Os alimentos están formados por substancias moi complexas
que as nosas células non son quen de empregar directamente. É
Os seres humanos non podemos fabricar o
noso propio alimento e por tanto necesitamos
necesario transformalas noutras máis sinxelas, os nutrientes.
alimentarnos doutros seres vivos.
A dixestión é o proceso polo que os alimentos e as bebidas que tomamos se
descompoñen en nutrientes que o corpo pode usar para obter materia e enerxía. O
encargado de realizar esta tarefa é o aparato dixestivo.

O aparato dixestivo
O aparato dixestivo está formado por:
• O tubo dixestivo. Comeza na boca e remata no ano. O tubo
vaise especializando ao longo do seu percorrido para realizar
diferentes funcións.
• As glándulas anexas. Son órganos que axudan na dixestión do
alimento vertendo ao tubo dixestivo as súas secrecións:
O páncreas é unha glándulas salivares, fígado, vesícula biliar e páncreas.
glándula anexa. Representación do
aparato dixestivo.

Cando inxerimos alimentos, estes pasan ao interior do tubo dixestivo a través da boca.
Iranse desprazando a través del a medida que van sendo dixeridos e se absorben os seus
nutrientes. As substancias que non se poden dixerir serán expulsadas cara ao exterior a
través do ano. Verémolo con detalle a continuación.

Preparándose para a dixestión: a boca


A boca é a primeira parte do tracto dixestivo, onde comeza o proceso de
dixestión. O alimento sométese aquí a unha serie de accións para transformalo no
bolo alimentario.
A mastigación é un proceso que consiste en triturar os alimentos en anacos
máis pequenos para poder tragalos e facilitar a súa dixestión. Este proceso
realízase grazas aos dentes.
Os dentes son órganos duros que se insiren na mandíbula. Existen
diferentes tipos de dentes: incisivos, caninos ou cairos, premolares e molares;
cada un cunha función específica. A boca é a primeira parte do
tracto dixestivo.

▪ Os incisivos son os dentes que normalmente usas para dares


bocados e cortares o alimento.

▪ Os caninos son puntiagudos, polo que permiten esgazar os


alimentos máis duros.

▪ Os premolares e os molares son os encargados de triturar e


esmiúzar a comida.
Os primeiros dentes que aparecen na infancia forman a
dentición de leite. Caracterízanse por ser temporais. Pouco a
pouco estes dentes vanse substituíndo pola dentición
definitiva.
Mentres se mastiga o alimento vaise mesturando coa saliva, un líquido
que segregan as glándulas salivares e que axuda na dixestión. A saliva tamén
ten unha función de defensa, xa que destrúe algunhas bacterias que se atopan
nos alimentos.
A lingua é un órgano musculoso que fai posible cos seus movementos a
mastigación e a mestura dos alimentos coa saliva.

Ao mastigar comezamos
o proceso dixestivo. O sentido do gusto, localizado na lingua,
e o do olfacto, no nariz, permítennos percibir sabores ou
olores desagradable nos alimentos, alertándonos de que
poderían estar en mal estado. Por suposto, tamén nos fan
gozar de sensacións pracenteiras ao comer.
A lingua permítenos distinguir diferentes sabores.

Unha vez que se forma o bolo alimentario tragámolo e pasa a través da farinxe cara
ao esófago. O avance do bolo alimentario polo esófago prodúcese grazas ás contraccións
das capas musculares da súa parede.

Chegada ao estómago
O estómago é o órgano en forma de saco encargado de
acoller o bolo alimentario que permanecerá aí varias horas antes de
pasar ao intestino. Cando isto aconteza, o bolo alimentario terase
transformado en quimo.
O estómago actúa sobre o bolo alimentario de dúas maneiras:
▪ Cos movementos da musculatura das súas paredes, que removen o seu contido.
▪ Producindo no seu interior ácidos e outras substancias, que actúan sobre o bolo alimentario
transformándoo en substancias máis sinxelas.

O intestino e a absorción de nutrientes

Cando a comida semidixerida abandona o


estómago pasa ao primeiro treito do intestino
delgado.
Para que o noso aparato dixestivo funcione
correctamente, debemos de proporcionarlle unha
comida sa e equilibrada, con achegas abundantes de
froitas e verduras.
Neste momento entran en acción:
▪ O páncreas, que é unha glándula alongada e delgada con forma de
folla que se encontra detrás do estómago e debaixo do fígado. Unha
das súas funcións é producir e liberar no intestino delgado o zume
pancreático, un líquido que reduce o quimo procedente do
estómago a substancias máis sinxelas.
▪ O fígado, un órgano que desenvolve centos de funcións
simultáneas, moitas relacionadas coa dixestión. Por exemplo,
produce bile, un líquido que actúa disolvendo as graxas. Almacénase
O páncreas e o fígado verten os seus
na vesícula biliar para despois ser liberada cara ao intestino zumes cara ao intestino delgado,
contribuíndo con eles á dixestión do
delgado. alimento.

O alimento continúa a súa viaxe. Encontrámonos no


intestino delgado. Aquí é impulsado polo movemento da
musculatura propia do dito intestino. Os zumes vertidos
sobre o alimento transformárono nun líquido de aspecto
leitoso que contén nutrientes, o quilo. O noso organismo xa
pode captar os nutrientes.
Para que esta captación sexa máis eficaz, as paredes interiores do intestino delgado
repréganse. Así aumenta moito a súa superficie. Neses repregamentos existe unha extensa
rede de capilares que permite que os nutrientes abandonen o intestino delgado e vaian
pasando ao sangue.

Fin do percorrido
Cando o alimento chega ao intestino groso apenas contén
nutrientes, pero aínda hai substancias que o organismo necesita. No
intestino groso absórbese a auga e outras substancias de pequeno
tamaño. Deste modo vaise formando pouco a pouco unha masa máis
dura que dará lugar ás feces.
As feces conteñen todas aquelas substancias que non puideron
ser aproveitadas polo organismo. Expúlsanse ao exterior a través do
As substancias que non puideron ser
ano. aproveitadas polo organismo
expúlsanse polas feces.

Principais enfermidades do aparato dixestivo


Estas son algunhas enfermidades que poden afectar ao aparato dixestivo:
• Carie: prodúcese pola destrución dos tecidos duros do dente. É unha
enfermidade moi frecuente e de non se tratar pode chegar a destruír o dente.
O cepillado diario dos
dentes é un hábito
imprescindible para
previr a caries.
• Gastroenterite: inflamación do estómago e o intestino pola
acción de microorganismos patóxenos.
• Diarrea: debido ao aumento da actividade dos músculos
intestinais, o contido do intestino pasa moi rápido sen que poida
reabsorber a auga que este contén. Deste modo prodúcense
feces líquidas. Pode ter causas moi variadas, infeccións por virus,
bacterias ou estrés, por exemplo.
• Estrinximento: o contido intestinal pasa moi lentamente polo
colon polo que se absorbe unha cantidade excesiva de auga e as
feces endurécense sendo difíciles de expulsar. Pode estar
Algunhas enfermidades poden
causado por múltiples factores, como unha dieta inadecuada provocar diarrea ou dores
de barriga.
(pobre en fibra vexetal), estrés, uso de certos fármacos...
• Enfermidade celíaca: é unha enfermidade na que o intestino
está afectado pola presencia de gluten, unha proteína
presente na fariña de trigo que lle outorga a este cereal
grande parte do seu valor nutritivo. Maniféstase con diarrea,
perda de peso ou desnutrición.
• Hepatite: existen diferentes tipos de hepatite, pero todas se
caracterizan por afectar ao fígado. Poden estar causadas por
virus, bacterias, parasitos ou uso de certos medicamentos.
Certos alimentos, como os cereais,
conteñen glute, que non debe de ser
inxerido polas persoas celíacas.

2. A respiración:
A través do aparato dixestivo, o organismo obtén nutrientes.
Pero, ademais, as células do noso organismo necesitan osíxeno.
Grazas aos nutrientes e ao osíxeno, a célula pode desenvolver as
súas actividades. Como resultado desta actividade prodúcese
dióxido de carbono e outras substancias de refugallo.
O aparato encargado de realizar a respiración, é dicir, de captar o osíxeno e de
eliminar o dióxido de carbono, é o respiratorio.

O aparato respiratorio
O aparato respiratorio está formado por:
▪ As vías respiratorias: son unha serie de condutos que transportan o
osíxeno ata os pulmóns e o dióxido de carbono ao exterior.
▪ Os pulmóns: son os órganos encargados de realizar o intercambio de
gases entre o aire e o sangue.
O camiño para seguir: as vías respiratorias
As vías respiratorias son as encargadas de transportar o aire:
• O nariz constitúe o punto de entrada do aire. Dentro das
fosas nasais o aire quéntase grazas á calor do noso propio
corpo. Nas fosas nasais contamos ademais con outro
poderoso aliado, o moco. Esta substancia ás veces é
infravalorada, mais cumpre unha importante función:
humedecer e eliminar do aire calquera partícula estraña que
estea no aire, como por exemplo o po. O aire seguirase
quentando, humedecendo e limpando ao longo do resto das
vías respiratorias. Que o aire chegue aos pulmóns quente,
húmido e limpo é importante para o correcto funcionamento O nariz pode ser unha entrada para algúns
virus e xermes que nos enferman. O corpo
do aparato respiratorio. deféndese producindo mucosidade e
esbirros.
• A farinxe é unha zona común ao aparato
respiratorio e dixestivo. De aquí o alimento pasa ao
esófago mentres que o aire vai cara á larinxe.
• A larinxe conta na súa entrada cunha estrutura, a
epiglote, que se pecha cando hai alimento na

Se a epiglote non se pecha axeitadamente cando farinxe, evitando así que este entre nas vías
inxerimos un alimento prodúcese un atragantamento.
respiratorias.
• A traquea é un conduto que descende polo pescozo ata o tórax. Divídese en dúas
vías respiratorias, os bronquios, un por pulmón.

Dentro dos pulmóns, o intercambio de gases


En cada pulmón penetra un bronquio, que se divide
en condutos máis pequenos, os bronquíolos, unha e
outra vez, como se dunha árbore se tratase.
Finalmente, os bronquíolos desembocan nos
alvéolos, unhas diminutas estruturas en forma de saco
intimamente relacionadas con capilares.
Aquí é onde acontece o intercambio de gases:
Coidar dos nosos pulmóns é a nosa responsabilidade.

▪ O osíxeno pasa desde o aire inspirado ao sangue.

▪ O dióxido de carbono pasa desde o sangue ao alvéolo.


Movendo o aire: a ventilación pulmonar
Para mover o aire polas vías respiratorias e os pulmóns realízase a ventilación
pulmonar, que consta de dous movementos:
• A inspiración, que provoca a entrada do aire nos
pulmóns.
• A expiración, que provoca a saída do aire ao exterior.
Estes movementos prodúcense grazas á acción de varios
músculos: o diafragma e os músculos intercostais.

Principais enfermidades do aparato


respiratorio
Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar ao aparato respiratorio:
◦ Arrefriado: é unha enfermidade causada por un virus que provoca
conxestión nasal, secreción de moco e esbirros.
◦ Gripe: os síntomas da gripe teñen similitudes cos do catarro aínda que
esta é unha enfermidade moito máis grave. Tamén está causada por un
virus.
◦ Bronquite: caracterízase pola inflamación dos bronquios, normalmente

A bronquite enche de mucosidade por causa dunha bacteria. Provoca dificultade para respirar, tose e
os condutos pulmonares e dificulta
o intercambio de gases. produción de moco.
◦ Pulmonía: esta enfermidade afecta aos pulmóns e pode ter causas
múltiples: virus, bacterias, inhalación de gases contaminantes... Produce
dificultade para respirar e febre.
◦ Asma: débese a unha diminución temporal do diámetro das vías
respiratorias que fai que chegue menos aire aos pulmóns. Poden
causala factores moi diversos. A presenza de pole, ácaros ou po no aire,
O asma diminúe o tamaño das vías
o exercicio físico intenso ou infeccións, son algúns exemplos. respiratorias e dificulta a respiración.

4. Circulación

A circulación é o movemento que realiza o sangue para


transportar ata as células as substancias que estas necesitan para
cubrir os seus requirimentos e, ao mesmo tempo, recoller as de
refugallo. A circulación no ser humano é completa, dobre e
pechada, tal e como veremos ao longo deste apartado. O encargado
de desenvolver este proceso é o aparato circulatorio.
O aparello circulatorio percorre todo o
noso corpo e é o encargado de achegar
osíxeno a todas as células.
O aparato circulatorio
O aparato circulatorio consta de:
• Sangue: é un líquido de cor vermella que se move
polo interior dos vasos sanguíneos impulsado polo
corazón.
• Corazón: é un órgano musculoso que impulsa o
sangue.
• Vasos sanguíneos: son os condutos polos que se
move o sangue.
Do corazón saen as arterias, as cales se dividen
sucesivamente para formar vasos moi finos, chamados
capilares, que chegan a todos os tecidos do corpo. Os
capilares únense de novo para formar veas, que regresan
ao corazón.
O corazón é un órgano muscular que bombea
sangue osixenada a todo o corpo e sangue
desosixenada aos pulmóns.
O corazón en acción
O corazón é un órgano musculoso que se contrae impulsando o
sangue no seu percorrido polo noso corpo. O corazón sitúase no tórax. Está
lixeiramente inclinado e rotado cara á esquerda. Divídese en catro
cavidades:

• Aurículas: son as cavidades superiores. Nelas desembocan as veas.


• Ventrículos: son as cavidades inferiores. Deles parten as arterias.
Os dous ventrículos están totalmente separados polo tabique
interventricular, polo que o sangue de ambas as cavidades nunca
se mestura.

A metade dereita do corazón contén


sangue cargada con dióxido de carbono
procedente do corpo, mentres que a
esquerda posúe sangue osixenada

O corazón sitúase no tórax,


procedente dos pulmóns. Esta circulación
lixeiramente desprazado
cara o lado esquerdo. denomínase circulación completa.

O corazón, e tamén algúns vasos sanguíneos, dispoñen de válvulas que fan que o sangue se
mova nunha dirección, evitando o seu retroceso.
O corazón é un órgano musculoso, polo que pode contraerse e relaxarse. Isto
permítelle latexar, é dicir, moverse ritmicamente para bombear o sangue. Distínguense dous
tipos de movementos:
Sístole: é un movemento de contracción.
Diástole: é un movemento de relaxación.

O sangue entra polas veas cara ás aurículas, as cales se


contraen e impulsan o sangue cara aos ventrículos. Despois, os
ventrículos contráense e o sangue sae polas arterias. Non pode
retornar ás aurículas porque hai válvulas que llo impiden, como
explicamos anteriormente.
Ao relaxarse a musculatura, as aurículas énchense outra vez
e comeza de novo o proceso.
Movemento do sangue dentro do corazón.

O camiño para percorrer, os vasos sanguíneos


Os vasos sanguíneos marcan a ruta que segue o sangue bombeado polo corazón. No
ser humano a circulación é pechada, porque o sangue nunca abandona os vasos sanguíneos.
Diferéncianse dous circuítos.
• Circulación pulmonar ou menor. O sangue cargado de dióxido
de carbono do ventrículo dereito sae por unha arteria rumbo aos
pulmóns. Alí, nos alvéolos, cárgase de novo de osíxeno e
libérase do dióxido de carbono. Regresa ao corazón a través
dunha vea que desemboca na aurícula esquerda.
• Circulación xeral ou maior. O sangue cargado de osíxeno sae
do corazón desde o ventrículo esquerdo por unha grande arteria
que se ramifica sucesivamente para levar o sangue a todos os
tecidos do corpo. Durante este percorrido, o sangue cédelle
osíxeno e nutrientes ás células e vaise cargando de substancias de refugallo e dióxido
de carbono. Entra de novo no corazón a través de dúas veas que desembocan na
aurícula dereita.

Un medio de transporte líquido, o sangue


O sangue é un tecido líquido de cor vermella formado por
células que flotan nun líquido chamado plasma.
• O plasma sanguíneo é un líquido amarelado formado por
auga que contén substancias disoltas como nutrientes, sales
minerais ou algunhas substancias de refugallo.
• As células sanguíneas teñen diferentes formas e realizan
funcións específicas. Son os glóbulos vermellos, os
glóbulos brancos e as plaquetas.

▪ Glóbulos vermellos: Son as células máis numerosas no sangue. Encárganse de


transportar o osíxeno e o dióxido de carbono. Son as que lle dan a cor vermella ao sangue.
▪ Glóbulos brancos: Son un grupo heteroxéneo de células encargadas de defender o noso
corpo fronte a substancias estrañas e axentes infecciosos.
▪ Plaquetas: Están implicadas na coagulación e reparación de vasos sanguíneos danados.

Principais enfermidades do aparato circulatorio


Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar ao aparato
circulatorio:
▫ Hipertensión: débese a un aumento da presión sanguínea. Pode estar causada
por factores como unha dieta cun elevado contido de sales e graxas ou estrés. A
hipertensión fai que aumente o risco de padecer enfermidades do ril, o corazón o
dos ollos.
▫ Infarto de miocardio: afecta ao corazón, que queda danado ao bloquearse
A acumulación de graxas
nas nosas arterias pode
vasos sanguíneos que o nutren. Maniféstase cunha dor moi intensa no tórax que afectar gravemente á
circulación sanguínea.
se pode estender aos brazos ou ombreiros, especialmente no lado esquerdo.
5. Excreción
A excreción é o proceso polo que se eliminan as substancias de refugallo que producen
as células. Deste modo mantemos o equilibrio na composición do sangue e outros fluídos
corporais.
As substancias de refugallo poden ser de diferentes tipos, polo que cada unha delas
será eliminada por un órgano diferente. Destacan, como órganos excretores:

Pulmóns Glándulas sudoríparas Fígado Riles

Eliminando o dióxido de carbono, os pulmóns en acción

Como xa vimos nesta unidade,


o dióxido de carbono, unha
substancia de refugallo,
é eliminado nos pulmóns.
O aparato circulatorio transporta
sangue cargado en dióxido de carbono ata os alvéolos.
Este gas abandona o sangue e pasa aos alvéolos para
ser eliminado no aire que expiramos.

O fígado
O fígado é un órgano que se sitúa cara ao lado dereito do abdome, por encima do
estómago. Leva a cabo centos de funcións, algunhas relacionadas coa excreción. O fígado
elimina algunhas substancias tóxicas do sangue.

As glándulas sudoríparas
As glándulas sudoríparas sitúanse na pel. Producen suor, un
líquido no que se eliminan algunhas substancias de refugallo e que ademais
serve para regular a temperatura corporal. Cada glándula está formada por un
tubiño que se enrola na parte inferior como se dun nobelo se tratase. O tubo
ascende pola pel, formando o conduto sudoríparo, que desemboca nun poro.
As glándulas sudoríparas son moi abundantes na pel, especialmente na parte frontal da cara,
nas palmas das mans e nas plantas dos pés.

Un filtrado selectivo no ril


O ril é un órgano especializado en
filtrar de modo selectivo o sangue. Xunto
coas vías urinarias (uréteres, vexiga e
uretra), forma o aparato urinario.
Ao ril chegan substancias de
refugallo diluídas no sangue. O ril ten
unha complexa estrutura interna para
realizar un filtrado selectivo do sangue.
Os riles eliminan as sustancias de refugallo do sangue.

As substancias de refugallo que percorren os capilares que hai no


interior do ril abandonan o torrente sanguíneo xunto con auga e
outras substancias, aínda útiles para o organismo. Con todo, o ril ten
un mecanismo que lle permite recuperalas.
Así se van formando os ouriños, recollidos polos uréteres. Pasan á
vexiga, un órgano onde se almacenan ata que se realiza a micción.
Da vexiga parte a uretra, que desemboca no exterior.
A vexiga achéganos información
sobre cando necesitamos eliminar
os ouriños.

Principais enfermidades do aparato excretor urinario

Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar ao aparato excretor urinario:
▪ Insuficiencia renal: causa un defecto na capacidade filtradora do ril. Como consecuencia
acumúlanse produtos tóxicos no sangue e os tecidos ínchanse pola acumulación de líquido.
Esta enfermidade require dun filtrado períodico do sangue a través dun ril artificial
(hemodiálese) ou transplante de ril.
▪ Formación de cálculos renais: pequenas pedras que se forman polo
endurecemento de substancias presentes de forma natural no organismo.
Poden causar unha dor moi intensa na zona do ril xa que rozan as paredes
dos uréteres se son expulsados.
▪ Cistite: está causada por microorganismos que inflaman a parede da
vexiga. A vexiga perde a capacidade de almacenar os ouriños polo que é
preciso eliminalos en pequenas cantidades e moi frecuentemente.

Representación duns cálculos


renais no ril.

You might also like