You are on page 1of 17

Tema 7: Anatomía e fisioloxía dos receptores sensoriais

A FUNCIÓN DE RELACIÓN NO SER HUMANO

A función de relación é aquela mediante a cal os seres vivos perciben e interpretan


os cambios ou estímulos que ocorren no seu medio interno e no seu contorno, para
responder de forma adecuada a eles.

Grazas á función de relación, cada ser vivo consegue:

• A adaptación aos cambios do seu medio, tanto externo como interno.


• funcionamento coordinado do conxunto de todos os órganos, aparatos e
sistemas do seu corpo, logrando así que actúen como unha unidade.

Na función de relación participan os receptores sensoriais, o sistema nervioso, o


sistema endócrino e o aparato locomotor. Estes son os elementos implicados:

• Estímulos: excitan os receptores sensoriais.


• Receptores sensoriais: cantan os estímulos e xeran impulsos nerviosos cara ao
sistema nervioso central.
• Nervios aferentes: conducen os sinais desde os receptores sensoriais ata o
sistema nervioso central.
• Sistema nervioso central: procesa e interpreta a información procedente dos
receptores sensoriais e elabora unha resposta que se transmite en forma de
impulsos nerviosos cara aos órganos efectores.
• Nervios eferentes: conducen os sinais nerviosos desde o sistema nervioso
central ata os órganos efectores.
• Órganos efectores: executan a resposta. Poden ser músculos ou glándulas.

OS ESTÍMULOS. OS RECEPTORES SENSORIAIS

Os estímulos son factores externos ou internos capaces de provocar algún tipo de


resposta nun organismo.

Grazas aos estímulos, os seres vivos interactúan co seu medio ambiente e co seu
medio interno, e adáptanse ás variacións que nestes se producen. Esta capacidade
de interactuar co medio débese aos receptores sensoriais, e resulta indispensable
para a supervivencia do organismo e o mantemento do se equilibrio interno,
concepto coñecido como homeostase.

Os receptores sensoriais son estruturas especializadas na captación de estímulos.


O OÍDO. A AUDICIÓN E O EQUILIBRIO

No oído residen os receptores sensoriais da audición e do equilibrio. Nel


diferéncianse tres partes: oído externo, oído medio e oído interno.

• Conduto auditivo: é un conduto con pelos e glándulas secretoras de cerume


para protexer o oído medio do paso de líquidos e partículas. Dirixe as ondas
sonoras ata o tímpano.
• Tímpano: é a membrana situada ao final do conduto auditivo. Vibra ao
incidir nela as ondas sonoras.
• Trompa de Eustaquio: é o conduto que comunica o oído medio coa farinxe, o
que permite equilibrar as diferenzas de presión entre aquel e o exterior.
• Cadea de ósos finos: está formada por tres ósos finos articulados entre si:
martelo, bigornia e estribo. Comunica o tímpano co oído interno a través da
ventá oval do vestíbulo.
• Vestíbulo: está formado por dúas dilatacións, o utrículo e o sáculo, dispostas
perpendicularmente unha respecto á outra. Comunícase co estribo de oído
medio a través dunha membrana chamada ventá oval.
• Canles semicirculares: son tres condutos orientados nas tres direccións do
espazo, responsables, xunto co vestíbulo, do sentido do equilibrio.

AUDICIÓN

1- O pavillón auditivo do oído externo recolle as ondas sonoras e condúceas a


través do conduto auditivo ata o timpano.
2- As ondas sonoras fan que o timpano vibre.
3- Os ósos finos da cadea do oído medio transmiten as vibracións do tímpano
cara a venta oval do oido interno e amplificaas.
4- As vibracións da ventá oval transmítense á endolinfa do caracol.
5- Os desprazamentos da endolinfa estimulan as células ciliadas do órgano de
Corti. Como consecuencia, nelas xéranse impulsos nerviosos que son
conducidos a través da rama coclear do nervio auditivo ata o encéfalo, onde
se transforman en sons.

EQUILIBRIO

O sentido do equilibrio permite o control postural nunha situación de repouso


(equilibrio estático)
e durante o desprazamento (equilibrio dinámico).

A endolinfa das canles semicirculares e do vestíbulo contén partículas de


carbonato de calcio denominadas otólitos.

Cando a cabeza se move, os otólitos desprázanse e isto provoca, á súa vez, o


desprazamento da endolinfa.

Estes desprazamentos estimulan as células sensoriais ciliadas. Como consecuencia,


nelas xéranse impulsos nerviosos que son conducidos ao encéfalo a través da rama
vestibular do nervio auditivo.

A PEL. O TACTO

A pel é un órgano que recobre a superficie do corpo. Alberga diferentes tipos de


mecanorreceptores que no seu conxunto conforman o sentido do tacto. Na pel
distinguense tres capas: epiderme, derme e hipoderme.

O OLLO

A VISTA
O ollo alberga o sentido da vista. Está formado polos órganos anexos e o globo
ocular.

Os organos anexos protexen o globo ocular. Son as cellas, as pestanas, as pálpebras e


as glándulas lacrimais.

O globo ocular é unha estrutura esférica aloxada nunha cavidade do cranio, a


órbita. Nel distínguese a parede do globo ocular e as cavidades internas.

Tunica externa

1. Esclerótica: é unha capa branca e opaca.


2. Córnea: é unha capa transparente, situada na parte anterior do globo
ocular.

Túnica media

1. Iris: é un músculo circular, plano e coloreado. Atópase detrás da córnea. No


seu centro hai unha abertura, a pupila, que regula a cantidade de luz que
entra no ollo.
2. Cristalino: é unha lente situada detrás do iris.
3. Coroide: é unha capa rica en vasos sanguíneos. Proporciona nutrientes ás
células do ollo.

Túnica interna

6. Retina: é unha capa en que se localizan as células fotorreceptoras, que son:


• Os conos, responsables da vision diurna das cores.
• Os bastóns, responsables da visión nocturna en escala de grises.
7. Nervio óptico: o nervio óptico parte do fondo do globo ocular, dunha zona
da retina denominada punto cego, xa que é insensible á luz, ao carecer de
conos e bastons.

Camara anterior

Sitúase entre a córnea e o iris. Contén un fluido transparente, denominado humor


acuoso.

Cámara posterior

Localizase entre o iris e o cristalino. Contén o mesmo humor acuoso da cavidade


anterior. As cámaras anterior e posterior comunícanse a través da pupila.

Camara vítrea
Localizanse detrás do cristalino. Ocupa a maior parte do ollo e contén un fluído
xelatinoso e transparente, denominado humor vítreo.

A VISIÓN

A visión é un proceso mediante o cal os fotorreceptores (conos e bastóns) do ollo


recollen os estimulos luminosos que proceden dos obxectos e os transforman e
impulsos nerviosos.

O nervio óptico conduce estes impulsos ata o cerebro, onde se transforman en


imaxes.

O proceso da visión realízase en catro fases: percepción, transformación,


transmisión e interpretación.

A ADAPTACIÓN E A ACOMODACIÓN

• Adaptación. O iris regula a cantidade de luz que chega á retina.


Se hai moita luz, o iris contrãese e a pupila diminúe o seu diámetro.
Se a luz é escasa, o iris reláxase e a pupila aumenta o seu diámetro.
• Acomodación. É o proceso de enfoque. Permite que as imaxes se proxecten
sobre a retina.
Para iso, o cristalino funciona como unha lente biconvexa e modifica o seu
grosor en función da distancia á que se atopa o obxecto.
O NARIZ. O OLFACTO

As fosas nasais están tapizadas na súa parte superior por unha mucosa chamada
pituitaria amarela.

Nela localizanse as células sensoriais olfactivas ciliadas, quimiorreceptores que, tras


ser estimulados por substancias químicas volátiles presentes no aire inspirado,
orixinan impulsos nerviosos.

Estes impulsos nerviosos son conducidos polas fibras nerviosas olfactivas o bulbo
olfactivo, do que parte o nervio olfactivo, que se prolonga ata o cerebro.

A LINGUA. O GUSTO

A lingua alberga o sentido do gusto. É un órgano muscular e móbil situado no


interior da boca, en cuxa superficie dorsal están as papilas gustativas, que conteñen
os quimiorreceptores sensoriais do gusto.

As papilas son bulbos carnosos de tamaño milimétrico. No se interior localízanse


numerosos botóns gustativos formados por células sensoriais ciliadas.
As substancias químicas que proveñen dos alimentos e que están disolvidas na saliva
estimulan as células sensoriais. Orixínanse, así, impulsos nerviosos que chegan ata o
cerebro a través das fibras nerviosas gustativas. No cerebro, esta información
tradúcese nun sabor concreto.

Coñécense cinco sabores básicos: doce, salgado, amargo, ácido e umami, cuxa
percepción se distribúe de manera uniforme pola superficie da lingua.
Tema 8: Anatomía e fisioloxia dos sistemas nervioso e
endócrino

O sistema nervioso

O TECIDO NERVIOSO

O tecido nervioso está integrado por dous tipos celulares básicos: as neuronas e a
neuroglía.

As neuronas son células altamente especializadas na xeración e na transmisión do


impulso nervioso, que perderon a capacidade de división. Constan das seguintes
partes: dendritas, soma e axón.

Dendritas: Son prolongacións celulares curtas, ramificadas e numerosas, que parten


do soma. Por elas entra o impulso nervioso.
Soma: É o corpo celular da neurona. Nel localizanse o núcleo e o resto de orgánulos
celulares.
Axón: É unha prolongación longa que parte do soma e está ramificada no seu
extremo. Polo axón sae o impulso nervioso.

A neuroglía está integrada por un conxunto de células intercaladas entre as


neuronas e responsables da súa protección e nutrición. Existen varios tipos de
células de neuroglía, entre as que destacan os astrocitos, os oligodendrocitos e as
células de Schwann.

• Astrocitos: Interveñen nos procesos de nutrición das neuronas


• Oligodendrocitos: Forman a vaina de mielina que se encontra arredor dos
axóns das neuronas do sistema nervioso central.
• Células de Schwann: Forman a vaíña de mielina localizada arredor dos
axóns das neuronas do sistema nervoso periférico.

O IMPULSO NERVIOSO E A SINAPSE

As neuronas excitanse ao recibir un estímulo; como resultado, xérase un impulso


nervioso que se transmite ao longo da neurona como unha corrente elétrica
unidireccional: iníciase nas dendritas e sae polo axón.

As neuronas contiguas comunícanse entre si mediante unhas conexions


denominadas sinapses.

A sinapse química é a que se realiza con maior frecuencia e nela interveñen uns
mediadores quimicos: os neurotransmisores.
Elementos da sinapse química:

• Zona presináptica: É a zona terminal do axón da neurona previa á sinapse


(neurona presináptica). Contén vesículas sinápticas cargadas de
neurotransmisores, que son moléculas mediadoras na transmisión do impulso
nervioso entre as neuronas contiguas.
• Espazo sináptico: É un pequeno espazo que separa as dúas neuronas que
están implicadas na sinapse.
• Zona possináptica: Corresponde ás dendritas da neurona posterior á sinapse
(neurona postsináptica).

Na sinapse elétrica, o impulso nervioso pasa dunha neurona a outra en forma de


corrente elétrica.

Proceso da sinapse

1- Cando o impulso nervioso alcanza a zona presináptica, libéranse no espazo


sináptico os neurotransmisores que hai nas vesículas sinápticas.
2- Os neurotransmisores atravesan o espazo sináptico ata unirse a receptores
específicos da membrana da zona postsináptica.
3- Esta unión xera na neurona postsináptica un novo impulso nervioso que se
propaga por ela ata o extremo do seu axón.

O SISTEMA NERVIOSO CENTRAL

No sistema nervioso central residen as funcións cognitivas superiores do ser


humano. Ademais, encárgase da coordinación e integración xeral.
Desde un punto de vista histolóxico, no sistema nervoso central distínguense a
substancia gris, formada polos somas e dendritas das neuronas, e a substancia
branca, constituída polos axóns mielinizados das neuronas.

O sistema nervioso central está integrado polo encéfalo e a medula espiñal, que se
encontran protexidos polo cranio, a columna vertebral e as meninxes.

As meninxes
Son tres membranas protectoras que rodean o encéfalo e a medula espinal. De fóra
cara a dentro reciben o nome de duramáter, aracnoide e piamater.

Entre a aracnoide e a piamáter circula o líquido cefalorraquídeo, que amortece os


efectos de posibles contusións.

O encéfalo
O encéfalo atópase aloxado e protexido no interior do cranio. Distínguense nel tres
rexións: o cerebro, o cerebelo e o tronco encefálico.

O cerebro

Esta formado por dous hemisferios cerebrais, separados por un suco central, a
fisura interhemisférica.

Cortex cerebral
É a parte externa dos hemisferios cerebrais.
Constitúea a substancia gris. A súa superficie está pregada e forma as
circunvolucións cerebrais.
É responsable:
o Da interpretación da información procedente dos organos dos sentidos.
o Da elaboración das respostas motrices voluntarias.
o Das funcións intelectuais (pensamentos conscientes, memoria, intelixencia...).

Corpo caloso
Sitúase na base dos hemisferios cerebrais. Está formado por substancia branca.
Comunica ambos os hemisferios.
Sistema límbico
Localizase baixo o corpo caloso.
Destacan dúas rexións:
• O hipotálamo, que é o centro regulador da fame, da sede e do sistema
endócrino, a través da glándula hipófise.
• A amígdala, onde residen as funcións relacionadas co comportamento
emocional.

O cerebelo
Encóntrase na parte posterior do encéfalo.
O córtex cerebeloso encárgase:
• Da coordinación dos movementos.
• Do equilibrio, grazas ao cal temos noción da nosa posición no espazo.

O tronco encefálico
É unha rexión situada na base do encéfalo, e está integrada pola protuberancia e o
bulbo raquídeo.
• A protuberancia: Localizase a continuación do sistema límbico. É unha zona
onde se cruzan as vías nerviosas que conectan o encéfalo coa medula
espinal.
• O bulbo raquídeo: Sitúase a continuación da protuberancia e prolongase coa
medula espiñal. Na parte externa localizase a substancia branca, e no seu
interior, a gris.
Encárgase de regular as funcións viscerais autónomas que nos manteñen con
vida, como o latexo cardíaco, os movementos respiratorios ou a presión
sanguínea.

A medula espiñal
A medula espiñal é un cordón nervioso que parte do bulbo raquídeo e discorre pola
zona dorsal do corpo, no interior da canle medular da columna vertebral. Igual que
o encéfalo, a medula espiñal está envolta e protexida polas meninxes e o líquido
cefalorraquídeo.

A medula espiñal desempeña dúas funcións:


• Función condutora. Conduce as correntes sensitivas desde os receptores
sensoriais ata as áreas correspondentes do encéfalo, así como as respostas
motrices elaboradas no encéfalo ata
os órganos efectores.
• Función reflexa. Elabora as respostas motrices involuntarias ou actos
reflexos, que se realizan de forma automática ante situación de perigo.
O SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO

O sistema nervoso periférico está formado polos nervios e os ganglios nerviosos.

• Nervio: É a agrupación de axóns (ás veces, dendritas) illados pola súa vaiña
de mielina e asociados en paquetes por medio de tecido conectivo.
• Ganglio nervioso: É a agrupación de corpos neuronais que aparece ao longo
do percorrido dos nervios.
Nervios craneais
Parten do encéfalo.
• Sensitivos: Son nervios aferentes, pois conducen a información que procede
dos receptores sensoriais.
• Motores. Son nervios eferentes, dado que conducen a información aos
órganos efectores.
• Mixtos. Conteñen fibras aferentes e eferentes, polo que transmiten ambos os
tipos de informacións.

Nervios raquídeos ou espiñais


Parten da medula espinal. Son sempre mixtos.

O SISTEMA NERVISO SOMÁTICO

O sistema nervoso somático está integrado por aqueles nervios que conectan o
sistema nervoso central cos músculos esqueléticos, responsables das respostas
motrices.
Encárgase do control dos actos voluntarios e dos actos reflexos.

Os actos voluntarios

1- A información procedente dos receptores sensoriais entra na medula espiñal


polas súas hastas posteriores, mediante a neurona sensitiva do nervio raquídeo.
2- Desde a medula é conducida á área información, correspondente do córtex
cerebral, onde é procesada e se elabora a resposta adecuada.
3- A resposta baixa pola medula espiñal e sae dela polas súas hastas anteriores, a
través da neurona motriz do nervio raquídeo, ata o órgano efector.
Os actos reflexos
Son respostas involuntarias que orden de manera inconsciente na medula espiñal,
sen intervención do encéfalo, ante situación de perigo que requiren unha resposta
rápida.
Nestes actos intervén un sistema de tres neuronas (sensitiva, de asociación e
motriz), denominado
arco reflexo.

1- Neurona sensitiva
Conduce a información desde os receptores sensoriais ata as hastas posteriores da
medula espiñal.

2- Neurona de asociación
Está situada na substancia gris da medula e conecta a neurona sensitiva coa
neurona motriz.

3- Neurona motriz
Conduce a resposta reflexa desde as hastas
anteriores da medula espiñal ata o órgano efector.
O SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO OU VEXETATIVO

O sistema nervioso autónomo está integrado polos nervios que conectan o sistema
nervioso central coa musculatura lisa das vísceras, co músculo cardíaco e coas
glandulas endócrinas. Regula as actividades involuntarias vexetativas (latexo
cardíaco, secreción das glándulas, funcións respiratoria, dixestiva..) que nos
manteñen con vida.

Sistema nervioso simpático


Prepara o organismo para situacións de emerxencia ou tensión, polo que aumenta o
gasto de enerxía.

Sistema nervioso parasimpático


Relacionase co repouso e coas situacións de calma, polo que diminúe o gasto de
enerxía.

O sistema endócrino

O sistema endócrino intégrano as glándulas endócrinas e as súas hormonas.

As glándulas endócrinas son estruturas que, ante certos estímulos, tanto externos
como internos, segregan substancias químicas, as hormonas, e as verten ao sangue
para que sexan transportadas ata os seus órganos diana, sobre os que actúan. As
hormonas encárganse de regular no organismo funcións como o crecemento, o
metabolismo ou o estado de ánimo.

AS GLÁNDULAS ENDÓCRINAS E AS SÚAS HORMONAS

Hipófise: Produce hormonas hipofisarias: vasopresina, oxitocina, prolactina.

Tiroide: Produce tiroxina e calcitonina. A tiroxina estimula o metabolismo e o


desenvolvemento. A calcitonina produce a calcificación ósea.

Paratiroide: Segrega parathormona, que libera calcio dos ósos cara ao sangue.

Epífise: Produce melatonina, que regula o ciclo da vixilia e o sono.

Glándulas suprarrenais: Ten dúas localizacións: o córtex suprarrenal externo, que


segrega os corticoides, hormonas de efecto antiinflamatorio que regulan o
metabolismo, e a medula suprarrenal interna, que segrega neurotransmisores de
activación simpática, como a adrenalina.
Páncreas: Produce insulina e glicagón. A insulina reduce a concentración de glicosa
en sangue (glicemia). O glicagón é antagónico da insulina, pois incrementa os niveis
de glicosa en sangue.

Ovarios: Producen estróxenos e proxesterona. Os estróxenos son responsables dos


caracteres sexuais femininos e da regulación do ciclo menstrual. A proxesterona
prepara o útero para o embarazo.

Testículos: Producen testosterona, hormona responsable dos caracteres sexuais


masculinos.

A INTEGRACIÓN NEUROENDÓCRINA

1- O hipotálamo, cando é estimulado, produce os factores liberadores, que inducen


a secreción das hormonas hipofisarias.
2- As hormonas hipofisarias actúan sobre os seus órganos diana, que e moitos casos
son glándulas endócrinas que responden liberando, á súa vez, outras hormonas.

3- Cando estas últimas hormonas alcanzan concentracións adecuadas, actúan


sobre o hipotálamo e a hipófise, e inhiben a secreción das súas respectivas
hormonas. Isto detén o torrente de liberación hormonal.

You might also like