You are on page 1of 12

ANATOMÍA: TEMA 1

1. CARACTERÍSTICAS DA VIDA DO SER HUMANO


- A anatomía e a fisioloxía, son ramas da bioloxía: ciencia quw estuda a vida.
- As características máis importantes do ser humano son:
1. complexidade química: na composición química do corpo humano, atopamos macromoléculas (proteínas ou
ácidos nucléicos)
2. metabolismo e excreción: os seres humanos intercambian materia e enerxía co medio que os rodea para realizar
as funcións vitais e conservar e renovar os seus propios compoñentes. O conxunto de reaccións químicas
mediante as cales o ser humano utiliza a materia incorporada, denomínase: metabolismo; este proceso produce
residuos innecesarios ou nocivos, que son eliminados a través da excreción.
3. sensibilidade: o organismo capta estímulos, ou cambios que se producen no medio externo, co fin de elaborar
unha resposta adecuada. Grazas a isto, as persoas relaciónanse, autoregúlanse e garantizan a súa supervivencia.
4. reproducción: formación de novos descendentes (similares aos proxenitores) para asegurar a conservación dos
indivíduos e dos seres humanos.
5. ciclo vital: sucesoión de etapas que transcorren ordenadas no tempo.

*funcións vitais:
- nutrición: permite o intercambio de materia e enerxía
- relación: permite obter información do medio e elaborar respostas
- reproducción: permite a conservación dos individuos e da espécie
*movemento
- a facultade de moverse, está relacionada ca necesidade de capturar elementos, adquisición de novas destrezas…
- O sistema locomotor permite o movemento
*crecemento
- aumento organizado do tamaño e número das células do individuo, dun órgano ou dunha parte concreta.

2. NIVELES DE ORGANIZACIÓN
1. nivel químico o molecular:
- átomos: partes máis pequenas do organismo
- o corpo humano está composto por diferentes elementos distintos, pero existen 4 que conforman o 99% do
conxunto total. (N,O,H,C)
- os átomos interactúan, formando moléculas e ,as moléculas e os átomos, únense formando macromoléculas.
2. nivel celular
- células: unidades vivas máis abundantes e pequenas do corpo humano.
- posúen unhas estructuras internas denominadas orgánulos, que desempeñan funcións específicas.

3. nivel tisular
- os tecidos está formados por células especializadas na realización de funcións específicas. (ex: tecido
musular→contracción )
4. nivel orgánico
- un órgano, é unha estructura formada por tecidos, que realizan unha función determinada.
(ex: o corazón bombea a través dos vasos sanguíneos)
5. nivel aparato e de sistema
- aparato: formado por órganos con distinto orixe embrionario, unidos e relacionados entre si e que participan na
execución dunha función do organismo. (ex: dixestión→aparato dixestivo)
- sistema: conxunto de órganos semellantes, con mesmo orixe embrionario e tipo de tecido, cuxas funcións se
realizan de forma coordinada… (ex: sistema circulatorio)
6. nivel organismo
- un organismo humano é un conxunto de estructuras interactivas e coordinadas, que consegue sobrevivir e
progresar no ambiente.
3. A CÉLULA
- a célula é a unidade básica da estructura e función no organismo
- o seres humanos estamos compostos por 100 billóns de células, de tamaño microscópico.
- as células presentan unha gran variedade de tamaños e formas, existen 200 tipos de células diferentes.
● neuronas: células nerviosas, especializadas na transmisión de información en forma de señales eléctricas.
● fibroblastos: células que elaboran fibras e sustancia fundamental do tecido conxuntivo
● células musculares cardíacas: células ou fibras musculares, que se contraen xerando forza mecánica e movemento no
corazón.
3.1. A ESTRUCTURA BÁSICA DA CÉLULA
- membrana plasmática: envolve, da forma e separa a célula do medio extracelular. Está composta por unha bicapa de
fosfolípidos, onde se intercalan moléculas de colesterol (que axudan a estabilizar a estructura). Na superficie externa,
interna ou atravesando a bicapa, atópanse unha gran variedade de proteínas. Na superficie externa, oligosacáridos (unidos
ás proteínas e aos fosfolípidos).
- citoplasma: medio interno formado polo citosol (fluído acuoso parecido a un xel), no que se atopan suspendidos cientos
de orgánulos.
- núcleo: unha das estructuras de maior tamaño. Conten o ADN e dirixe as actividades da célula

- envoltura nuclear: estructura de doble


membrana perforada por numerosos poros
- nucleolo: corpúsculo casi esférico que contén o
ADN que controla a síntese do ARN dos
ribosomas
- cromatina: conxunto de fibras de ADN unidas a
unhas proteínas denominadas histonas. Cando se
produce a división celular a cromatina
condénsase e forma cromosomas
- poros nucleares: regulan o intercambio de
moléculas co citoplasma
3.2. OS ORGÁNULOS CELULARES

- R.E.R: sistema de membranas comunicadas entre sí, formado


por sacos aplanados que presentan ribosomas adheridos á
superficie externa das membranas. Sintetiza algunhas das
proteínas da célula
- R.E.L: sistema de membranas comunicadas entre sí, formadas
por tubos de membranas lisas, carecen de ribosomas. Participa
na síntesis dos lípidos da membrana
- MITOCONDRIA: pequeno orgánulo, forma esférica a
elíptica, na que se realizan as reaccións químicas da respiración
celular (produce enerxía)
- CITOESQUELETO: estada tridimensional e flexible formado
por filamentos proteicos que se extenden polo citoplasma.
Regula a forma da célula e o movemento do contido celular
- RIBOSOMA: pequena estructura formada por ARN e
proteínas, interviene na síntese de proteínas
- APARATO DE GOLHI: composto por unha serie de sacos
curvos hocos, uns sobre outros, rodeados de vesículas. Recibe,
modifica e empaqueta as proteínas sintetizadas no R.E.R, para a
súa exportación dende a célula.
- LISOSOMA: pequena vesícula esférica rodeada de membrana
que conteñen enzimas dixestivas. Degrada orgánulos celulares
desgastados e moléculas complexas inxeridas pola célula
- CENTROSOMA: zona próxima ao núcleo que intervén na
organización dos filamentos protéicos do citoesqueleto.
Presentan un par de estructuras cilíndricas cruzadas en ángulo
recto, denominadas centriolos. Patricia na formación do fuso
mitótico, cilios e flaxelos
- PEROXISOMA: vesícula cargada de enzimas, que se atopa no
citoplasma dalgunhas células (hepáticas e renales). Elimina
sustancias tóxicas captadas pola célula.
4. TECIDOS
4.1. TECIDO EPITELIAL
- Está formado por células fortemente unidas entre sí, situadas sobre unha membrana basal delgada, producida polo propio
epitelio e as células do tecido conxuntivo subyacente.
- A sustancia intercelular é escasa ou nula
- Carece de vasos sanguíneos, polo que os nutrientes chegan por medio da difusión, dende os capilares do tecido
conxuntivo
- Existen 2 tipos
1. EPITELIOS DE REVESTIMIENTO
- Tapizan superficies expostas ao exterior, cavidades internas ou vías de paso.
- Funcións: protección física, absorción e recepción de estímulos
- Califícanse según o número de capas que se asientan sobre a membrana basal (simples e estratificados) e a forma
das células que constitúen a cara exposta ao exterior (plano, cúbico e prismático)
● EPITELIOS SIMPLES
- presentan unha sola capa de células sobre a membrana basal
- EPITELIO SIMPLE PLANO: células delgadas e planas. Forma os mesotelios, que revisten
cavidades corporales como o peritoneo ; os endotelios, que revisten o corazón, os vasos sanguíneos e
os alveolos pulmonares
- EPITELIO SIMPLE CÚBICO: células con forma cúbica, alineadas de maneira compacta unhas
xunto a outras e con núcleos centrados. Forman a parede dos conductos biliares e de algunhas
porciones dos túbulos renales.
- EPITELIO SIMPLE PRISMÁTICO: formado por células altas, con núcleos alineados na súa base,
cerca da lámina basal. Reviste as trompas uterinas e o interior do estómago e do intestino delgado.

● EPITELIOS ESTRATIFICADOS
- Formados por unha serie de capas ou estratos de células, onde un deles atópase sobre a membrana basal e é o
encargado da formación dos demáis.
- Diferentes tipos:
1. epitelio estratificado plano:
- células superficiales planas.
- Aparece en lugares de sobrecarga mecánica intensa e nas superficies corporais ao
descuberto (epidermis→ as capas superficiales da célula están mortas e acumulan
queratina).
- Son fortes, impermeables e dise que o epitelio está queratinizado
- Os epitelios mucosos, no queratinizados, recubren as aberturas naturales (boca, recto, ano,
esófago…)
2. EPITELIOS GLANDULARES
- Moitos epitelios conteñen células glandulares especializadas na función de secreción (elaboración de sustancias explusadas
fora das células). Estes tecidos, forman as glándulas, que poden ser:

● EXOCRINAS
- as secrecións pasan ao exterior (glándulas lacrimales, sudoríparas) ou aso tubo digestivo (salivares ou
gástricas), a través de conductos excretores.
● ENDOCRINAS
- carecen de conductos e vierten seus productos, que son moléculas con actividade biolóxica chamadas
hormonas, ao sangue e actúan sobre os órganose tecidos do corpo (tiroides, a hipófisis, os
suprarrenales…)
● MIXTAS
- presentan os dous tipos de secreción. Por exemplo, o pancreas segrega hormonas (insulina) ao sangue
e zume pancreático ao tubo dixestivo.

4.2. TECIDO NERVOSO


- Consta de células nervosas (neuronas), especializadas na función de xerar e transmitir os impulsos eléctricos dende unha
rexión do corpo a outra, apoiadas por vario tipos de células de sostén (as células de neuroglía), que proporcionan ás
neuronas sosten anatómico e funcional.

- corpo celular: contén o núcleo e os principales orgánulos celulares


- dendritas: numerosas extensións citoplasmáticas do corpo celular, curtas e
ramificadas
- axón ou fibra nervosa: extensión citoplasmática única e larga do corpo celular
que conduce impulsos nervosos a outras neuronas ou a células efectoras.
- botones terminales: segregan neurotransmisores nas zonas de contactos cos
efectores
4.3. TECIDO MUSCULAR
- Constituído por células especializadas para producir movementos corporales.
- As células musculares reciben o nome de fibras musculares e posúen un grado de contractilidad (capacidade de alargarse
ou contraerse) maior que calquera outra célula.
- Cada fibra está rodeada por unha fina membrana e contén no citoplasma un elevado número de miofibriñas (formadas
por filamentos proteicos de actina e miosina, responsables da contracción)
- existen diferentes tipos:
● tecido muscular liso:
- formado por fibras musculares curtas, fusiformes e que presentan un so núcleo ovalado en posición
central
- Atópase na parede dos órganos hocos ( estómago) e no dos vasos sanguíneos (arterias e veas)
- Contracción lenta e involuntaria
● tecido muscular esquelético
- formado por fibras musculares moi longas, que presentan moitas estriaciones transversales e
numerosos núcleos desplazados cara a periferia celular por miofibrillas.
- Forma os músculos esqueléticos
- Contracción forte e voluntaria
● tecido muscular cardíaco
- formado por células ramificadas e entrelazadas, con aspecto estriado e un núcleo en posición central
- As células están interconectadas por discos intercalares
- Integra a parede do corazón (miocardio)
- contracción forte e involuntaria

4.4. TECIDOS CONECTIVOS OU DE SOSTÉN

- Son os máis abundantes e están ampliamente distribuídos polo corpo


- Non están expostos a ningún medio que se atope fora do organismo
- Todos os tecidos son bastante diferentes en aspectos e función, todos
constan de:
1. células especializadas de distintos tipos, según o tecido
(adipocitos, células sanguíneas…)
2. matriz intercelular, que adoita ser o compoñente
dominante e determina as propiedades físicas de cada tipo
de tecido. Está fabricada polas células e está formada por
unha matriz de material orgánico (sustancia fundamental)
na que están inmersos diversos tipos de fibras proteicas,
que poden ser de coláxeno, elastina ou reticulares
TECIDO CONXUNTIVO
- Posee diferentes tipos de células, como os fibrocitos, que fabrican a
matriz xelatinosa.
- Proporciona soporte ao organismo no seu conxunto e aos distintos
órganos, como a pleura (rodea os pulmones)
- E compoñe os tendóns, ligamentos e as paredes dalgunhas arterias

TECIDO ADIPOSO
- Formado por adipocitos, células redondeadas especializadas na
acumilación de lípidos.
- Distribúese baixo outros tipos de tecidos e baixo a pel, onde forma
unha capa chamada panículo adiposo
- Actúa como illante térmico, amortigua golpes e protexe os órganos
internos.

TECIDO CARTILAXINOSO
- Posúe unha matriz interelular sólida e flexible
- As súas células, os condrocitos, localízanse en cavidades diminutas da
matriz, chamadas lagunas.
- Forma os cartílagos articulares, costales, traqueales e bronquiales, os
do nariz, do pabellón auricular, dos discos intervertebrales e os
meniscos

TECIDO ÓSEO
- É un tecido conectivo de sostén, que forma os osos.
- A súa matriz intercelular (matriz ósea) é sólida e dura. É rica en:
● sales minerais (aporta dureza e fraxilidade)
● fibras coláxenas (aporta elasticidade)
- As súas células, osteocitos, están encerrados en cavidades da matriz
denominados lagunas óseas

TECIDO SANGUÍNEO
- O sangue é un tecido conectivo atípico, moi especializado e complexo.
- Constituído por unha matriz fluída (o plasma sanguíneo) e por
células de diversos tipos (os eritrocitos e os linfocitos) e por
fragmentos celulares denominados plaquetas.
- A súa función é o transporte de nutrientes, productos de refugallo,
gases (02 e C02), hormonas e outras sustancias.
- Defende ao organismo frente a axentes infecciosos.
- Contribúe á regulación da temperatura corporal.
5. OS SISTEMAS DE ÓRGANOS
- O noso corpo está formado por 11 sistemas orgánicos, interrelacionados, independientes e que realizan as funcións
necesarias para mantener a vida.

SISTEMA ESQUELÉTICO: aporta sostén, protexe SISTEMA MUSCULAR: proporciona sostén, SISTEMA TEGUMENTARIO: protexe contra os
os tecidos, almacena minerais e forma as células do permite a locomoción, mantén a postura peligros ambientais e participa no control da
sangue corporal e produce calor temperatura corporal

SISTEMA NERVOSO: controla e coordina todas as SISTEMA ENDÓCRINO: regula e controla as SISTEMA DIXESTIVO: transforma mecánica e
actividades realizadas por outros sistemas orgánicos funcións de numeroros órganos do corpo a químicamente (dixestión) os alimentos e absorbe os
través das hormonas nutrientes
SISTEMA CIRCULATORIO: transporta SISTEMA RESPIRATORIO: distribúe o aire SISTEMA EXCRETOR: elimina as sustancias de
sustancias disoltas, como nutrientes, gases e cara os lugares onde teñen lugar os intercambios refugallo presentes no sangue, en forma de orina ou
sustancias de refugallo de gases coa sangue circulante suor.

SISTEMA LINFÁTICO: participa no SISTEMA REPRODUCTOR MASCULINO: SISTEMA REPRODUCTOR FEMININO:


funcionamento do sistema inmune (defensa contra produce células sexuais (espermatozoides) e produce células sexuais (óvulos) e hormonas sexuais.
a enfermidade) hormonas sexuais O aparato reproductor feminino asegura o desarollo
e o parto da descendencia
6. ANATOMÍA TOPOGRÁFICA O DE SUPERFICIE
- A anatomía permite a observación minuciosa do corpo humano
- A anatomía microscópica examina as células (citoloxía)
- A anatomía macroscópica estuda as partes do organismo apreciables a simple vista
● A anatomía topográfica ou de superficie analiza a superficie do cuerpo, estuda os órganos según o seu lugar e
divide o corpo en diferentes rexións

POSICIÓN ANATÓMICA
- É a posición de referencia na linguaxe da anatomía, empléase para determinar as partes e
rexións corporais.
- A postura consta dunha persoa que está de pe, coas piernas xuntas e os pes apoiados sobre
o chan. As mans quedan colocadas a ambos lados coas palmas hacia diante.

- Cando o corpo non se atopa nesta posición, utilízanae os términos supino e promo.
- Supino, o corpo tendido coa cara hacia arriba.
- Prono, tendido coa cara hacia abaixo.

DIRECCIÓNS ANATÓMICAS
- Cando se estuda o corpo humano, é conveniente saber onde se localiza un órgano en
relación coas demáis estructuras. Para describir as posicións relativas empleamos
direccións anatómicas
- ANTERIOR E POSTERIOR: superior (cara a cabeza, máis elevado ou encima), inferior
(cara os pés, máis abaixo ou abaixo)
ex: os pulmóns ocupan unha posición superior ao diafragma e o estómago é inferior ao
mesmo
- PROXIMAL E DISTAL: proximal (cercano ao punto de referencia), distal (separado ou
lonxe do punto de referencia)
ex: o húmero é próximo ao radio, as falanges son distantes ao carpo
- MEDIAL E LATERAL: medial (cara a línea media do corpo), lateral (alonxado da línea
media do corpo ou a un lado)
ex: o cúbito está ao lado medial do antebrazo e os pulmones son laterales ao corazón
- SUPERFICIAL E PROFUNDO: superficial (máis cerca da superficie corporal),
profundo (máis alonxado da superficie)
ex: a pel é superficial ás estructuras subyacentes e o oso do muslo é profundo aos músculos
que o rodean
REXIÓNS CORPORAIS:
- O corpo é un todo que pode subdividirse en duas porcións
- A porción axial está ao largo da línea media do corpo (comprende a cabeza, o cuello, o torso e o tronco)
A porción apendicular consta das extremidades superiores e inferiores
● Cada unha destas áreas presenta subdivisións ou rexións corporales distintas (ex: a extremidade inferior: muslo, perna e o pé)

7. ANATOMÍA SECCIONAL
- Planos corporales: superficies imaginarias que dividen o corpo en distintas seccións, dende a posición anatómica
distinguimos tres planos corporales principales:
1. plano saxital: é un plano lonxitudinal que vai de diante cara atrás. Divide o corpo ou calqueira das súas partes en
un lado dereito e esquerdo. Un solo de estos planos divide o corpo en dúas metades máis ou menos simétricas
(denomínase plano medio saxital)
2. plano frontal: é un plano lonxitudinal que vai de un lado a outro. Divide o corpo ou calqueira das súas partes
nunha porción anterior e noutra posterior. Tamén se chama plano coronal
3. Plano transversal: é un plano horizontal, que divide o corpo ou calqueira das súas partes nunha porción
superior e outra inferior. Tamén se chama plano horizontal
7.2. CAVIDADES CORPORALES
- O corpo está formado por cavidades que encerran grupos compactos e órganos internos
- PRINCIPALES CAVIDADES
1. cavidad ventral: parte ventral ou delantera do tronco
- cavidad torácica: cavidad del tórax. Situado encima do diafragma, comprende as cavidades pleurales
(dereita e esquerda), que albergan os pulmóns, e unha parte intermedia denominada mediastino, na
que se localiza a tráquea, os bronquios dereito e esquerdo, o esófago e o timo, entre outros. Tamén
contén a cavidade pericárdica, un pequeno espacio en torno ao corazón
- cavidade abdominopélvica: Situada por debaixo do diafragma, divídese en porción superior: cavidade
abdominal (por encima da pelvis) e unha porción inferior, a cavidade pélvica , na pelvis. A cavidade
abdominal contén o figado, o estómago, o páncreas, a vesícula biliar, o bazo, os riñóns, os iréteres, o
intestino delgado e o groso. A cavidade pélvica contén a vexiga, unha porción do intestimo groso e
algúns órganos reproductores
- cavidade dorsal: atópase na rexión dorsal (espalda). Divídese en cavidade craneal (localízase no
cráneo, e contén o encéfalo) e a cavidade vertebral (se localiza na columna vertebral e contén a médula
espiñal).

You might also like