You are on page 1of 3

Sistemas de endomembranas

Tema 11. Sistema lisosomal e vacúolo vexetal


Os lisosomas son orgánulos que conteñen enzimas hidrolíticos que realizan
a dixestión intracelular dos materiais extracelulares endocitados e dos
orgánulos inservibles. O número, tamaño e contido dos lisosomas depende
do tipo e da actividade celular.

Enzimas hidrolíticos: son diversas hidrolases ácidas que son activas no pH


ácido interno do lisosoma (aprox. 5). O pH ácido interno é producido por
bombas de protóns da membrana do lisosoma que importan protóns (H+)
dende o citosol activamente (hidrólise de ATP).

Os lisosomas clasifícanse como: lisosomas primarios (só teñen enzimas) e


lisosomas secundarios (teñen os enzimas e os materiais en dixestión).

COMPOSICIÓN QUÍMICA DOS LISOSOMAS

Conteñen diferentes hidrolases ácidas (non todos os lisosomas conteñen os mesmos enzimas).

• Proteasas: degradan proteínas


• Nucleasas: degradan ADN
• Fosfatasas: hidrolizan substratos que contienen grupos fosfato
• Glicosidasas e lisozima degradan glícidos
• Lipasas: degradan lípidos
• Fosfolipasas: degradan fosfolípidos
• Arilsulfatasas: degradan ésteres sulfato

COMPOSICIÓN QUÍMICA DA MEMBRANA DOS LISOSOMAS

A hemimembrana interna está intensamente glicosilada o que impide a autodixestión polos enzimas
que contén.

• Proteínas de transporte de ións e metabolitos: transportan ións (por exemplo, bomba de H+)
e produtos finais da dixestión (aminoácidos, azúcares e nucleótidos) cara o citosol onde son
empregados pola célula.
• Proteínas de membrana estructurales.
• Proteínas implicadas en el transporte vesicular y fusión de las membranas.
• Enzimas

FUNCIÓNS DOS LISOSOMAS

A súa función é degradar distintos tipos de substratos, pero dependendo da súa orixe, os materiais
seguen distintas rutas ata os lisosomas.

Na endocitose: os endosomas temperáns fusiónanse formando endosomas tardíos. Os endosomas


tardíos fusiónanse cos lisosomas primarios formando lisosomas secundarios (ou endolisosomas).
Antes da fusión, as proteínas da membrana volven á membrana mediante vesículas de transporte a
través dos endosomas de reciclaxe.

1
Na fagocitose: os fagosomas fusiónanse con lisosomas primarios formando lisosomas secundarios
(fagolisosomas).

A autofaxia é o proceso de degradación de compoñentes da


propia célula utilizando os lisosomas.

Tipos de autofaxia: macroautofaxia, microautofaxia e


autofaxia mediada por chaperonas.

Na macroautofaxia: os orgánulos internos e citosol son


rodeados por membrana (fagóforo) que se forma a partir de
pequenas vesículas, que non se sabe de onde veñen, ata
formar un autofagosoma. Os autofagosomas fusiónanse cos
lisosomas primarios formando lisosomas secundarios
(autofagolisosomas).

Na microautofaxia: prodúcese a invaxinación da propia


membrana. Trátase dun proceso aleatorio que tamén ten
lugar en vacúolos.

Na autofaxia mediada por chaperonas: márcanse proteínas


solubles por distintas vías. As chaperonas recoñecen esas
marcaxes e levan estas proteínas aos lisosomas. Serán
introducidas directamente a través dun translocador da
membrana lisosomal.

Completada a dixestión, as moléculas útiles difunden ao citosol (tranportadores de ións e


metabolitos). Se quedan residuos son expulsados fóra da célula por exocitose ou ben permanecen
na célula formando os corpos residuais.

CORPOS MULTIVESICULARES

Liberan o seu contido (exosomas) ao fusionarse coa membrana plasmática. Outros fusiónanse con
lisosomas permitindo a dixestión das proteínas e lípidos da membrana das vesículas.

As proteínas de membrana que se van degradar son marcadas con ubiquitina. Fórmase o corpo
vesicular por invaxinación da membrana dos endosomas temperáns que se fusiona cun lisosoma
degradándose as proteínas e lípidos da membrana e, evidentemente, tamén o contido das vesículas.

FORMACIÓN DOS ENZIMAS LISOSÓMICOS E TRANSPORTE AO LISOSOMA

Fórmanse no RE. Do RE pasan por transporte vesicular á cara cis do Complexo de Golgi onde son
modificadas formándose a manosa-6-fosfato.

Na rede trans, únense a un receptor das súas membranas que recoñece a manosa-6-fosfato. Da rede
trans saen vesículas de clatrina, pérdese a recuberta de clatrina e as vesículas xa se poden fusionar
cos lisosomas. Debido ao pH ácido do lisosoma, os enzimas sepáranse do receptor. Libérase o grupo
fosfato da manosa e xa temos o enzima maduro.

Hai reciclaxe dos receptores da manosa-6-P: mediante vesículas recubertas de retrómeros que saen
do lisosoma e se fusionan coa cara trans do Golgi.

2
VACÚOLOS VEXETAIS

As células vexetais presentan un vacúolo que pode ocupar un terzo do volume celular.
A membrana do vacúolo chámase tonoplasto e contén:
• Bombas de protóns (H+) e outros transportadores.
• Enzimas.
• Proteínas estruturais.
• Proteínas implicadas no transporte vesicular e fusión de membranas.

O interior contén ións, sales, azucres, enzimas e proteínas. Despois dependendo do tipo celular pode
ter:
- Pigmentos que lle dan cor aos pétalos.
- Substancias de reserva.
- Substancias nocivas (para defenderse dos predadores, como insectos e herbívoros...

FUNCIÓNS DO VACÚOLO VEXETAL

• Illamento de material perxudicial para a célula.

• Turxidez celular: a auga, por osmose tende a entrar na célula, no caso das células vexetais ao
vacúolo. Así a parede celular vexetal produce unha presión de turxidez interna que iguala a
presión osmótica impedindo que a auga continúe entrando.

• Regula a concentración de determinados ións e o pH do citosol.

• Dixestión celular: como a célula vexetal non ten lisosomas, o vacúolo vexetal é o que se encarga
desa función. O vacúolo contén hidrolases ácidas, así como a parede celular, sintetizadas no RE.
As hidrolases teñen sinais secuencias peptídicas curtas, non sinais de carbohidratos como nos
lisosomas.

• Expulsa por exocitose substancias non desexadas.

• Acumula substancias de reserva, subprodutos do metabolismo, substancias nocivas, pigmentos...

You might also like