You are on page 1of 14

1

TEMA 6 : O REINO ANIMAL OU METAZOOS. CLASIFICACIÓN

1.- ETAPAS DO DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO DOS ANIMAIS.

Como consecuencia da evolución, tal e como aparecen nas árbores filoxenéticas, foron xurdindo os distintos
seres vivos , entre eles os animais ou metazoos.

As células nun determinado momento asociáronse formando seres pluricelulares, eucariotas e heterófrofos.
Todas estas células proceden dunha célula ovo fecundada inicial (o CIGOTO), que nun corto período de
tempo de poucos días, meses, dará lugar a un novo ser con moitas células distintas que forman os distintos
diferentes órganos, aparatos....… A este proceso de desenvolvemento coñecémolo como
DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO e consta de varias etapas nas que se van a producir numerosas mitoses
e, por último, procesos de diferenciación celular, que conducirán á formación das distintas células e, polo
tanto, dos distintos tecidos.

As etapas iniciais deste proceso embrionario son:


 morulación
 blastulación
 gastrulación

O cigoto desenvólvese mediante sucesivas mitoses, que dan como resultado unha masa de células ou
MÓRULA. O proceso continua e a mórula baléirase, dando lugar á BLÁSTULA. Despois a blástula invaxínase e
constitúe a GÁSTRULA, que ten forma de saco baleiro cunha abertura nun dos seus extremos, chamada
blastoporo.

Cando, como consecuencia do desenvolvemento embrionario, só aparecen dúas capas de células na gástrula,
falamos de ANIMAIS DIBLÁSTICOS, e se son tres capas, de ANIMAIS TRIBLÁSTICOS. Estes últimos, teñen
unha terceira capa que é a mesoderma, situada entre a máis externa, ectoderma e a máis interna,
endoderma. E algo a destacar é o feito de que os triblásticos precisan, dada a súa complexidade, desenvolver
órganos e aparatos moi especializados como o dixestivo, excretor, circulatorio, locomotor…

No proceso de diferenciación celular, as células das capas embrionarias (ectoderma, mesoderma e


endoderma) darán lugar aos distintos tecidos , que se organizarán en órganos, aparatos e sistemas…

A ECTODERMA (capa máis externa): Dará lugar ao tecido nervioso e a epiderme da pel e os
seus órganos anexos como pelos, plumas, glándulas cutáneas, etc.

A MESODERMA(capa intermedia): Dará lugar ao aparato locomotor con ósos, músculos e


tamén ao circulatorio.

A ENDODERMA(capa máis interna): Dará lugar ao dixestivo e glándulas dixestivas. Tamén


revestimento interno do tubo dixestivo e respiratorio e formación da vexiga urinaria.
2

OS ANIMAIS DIBLÁSTICOS SON :


 PORÍFEROS (esponxas)
 CELENTÉREOS (medusas, anémonas , corais…)

OS TRIBLÁSTICOS SON: O resto dos animais como....


 PLATIHELMINTOS (vermes planos)
 NEMÁTODOS (vermes redondos sen segmentar)
 ANÉLIDOS OU VERMES SEGMENTADOS (miñocas de terra e auga, sambesugas)
 MOLUSCOS (lamelibranquios, cefalópodos, gasterópodos)
 ARTRÓPODOS (arácnidos, miriápodos, insectos, crustáceos e os trilobites con representantes
unicamente fósiles)
 EQUINODERMOS (asteroideos, holoturioideos, equinoideos , ofiuroideos , crinoideos)
 CORDADOS (animais cun eixo nervioso dorsal, que é unha estrutura de reforzo cartilaxinosa chamada
notocorda, presente alomenos, en todos os estados larvarios dalgúns animais, e noutros casos
substituído pola columna vertebral ósea nos adultos).

2.- PERO………. COMO CLASIFICAR OS METAZOOS?

En 2 subreinos que son :


 PARAZOOS
 EUMETAZOOS

PARAZOOS: Neste subreino incluímos a animais que carecen de tecidos e de órganos e aparatos. Son
saquiformes con poros para a entrada da auga e partículas como nutrientes. Trátase das esponxas ou
poríferos.

EUMETAZOOS: Neste subreino inclúense animais, xa máis evolucionados con tecidos e con órganos e
sistemas máis ou menos complexos segundo vaiamos ascendendo na escada evolutiva, polo que neste
grupo estarán todos os restantes grupos desde os celentéreos, que aínda son moi simples, pasando
polos platihelmintos, vermes redondos, vermes segmentados, moluscos , etc… ata os máis complexos
como os cordados .

A súa vez, nos EUMETAZOOS podemos falar de:


 ANIMAIS DE SIMETRÍA RADIAL: como os celentéreos e equinodermos.
 ANIMAIS DE SIMETRÍA BILATERAL: como os restantes grupos ( alomenos na etapa larvaria).
3

Outro aspecto de gran interese para ver como evolucionaron os animais é o de distinguir entre animais con
verdadeira CAVIDADE CORPORAL ou CELOMA e os que carecen dela, ou a teñen incompleta. O celoma é
unha cavidade que se orixina dentro da mesoderma en certos animais triblásticos. Así hai tres tipos de
animais que son :

a) ACELOMADOS: sen cavidade corporal ou celoma e unicamente coa cavidade dixestiva. Neste grupo
atopamos celentéreos e platihelmintos (vermes planos).

b) PSEUDOCELOMADOS: con unha cavidade entre mesodermo e endodermo, que por non formarse
dentro da mesoderma, denomínase pseudoceloma. Atopamos neste grupo os nematodos (vermes
redondos sen segmentar).

c) CELOMADOS: con celoma, é dicir, con cavidade corporal que se forma dentro do mesodermo. Neste
caso atópanse os restantes grupos do reino animal como son os anélidos, moluscos, artrópodos,
equinodermos e cordados.

3.- DESCRICIÓN ESQUEMÁTICA DOS DISTINTOS GRUPOS DO REINO ANIMAL.

PORÍFEROS OU ESPONXAS
REOS( CNIDA
Animais acuáticos con forma de saco e sésiles
en estado adulto.
Son diblásticos con endodermo e ectodermo
OS)
entre os que existe unha capa intermedia
xelatinosa.
O corpo está atravesado por numerosos
poros polos que entra a auga con nutrientes
e gases, e un poro de maior tamaño polo que
sae (ósculo).
No seu endodermo existen unhas células
flaxeladas que captan os nutrientes cando a amebocito
auga circula entre elas , son os coanocitos.
As paredes poden ter pezas calcarias e
CELENTÉREOS
silíceas, as espículas, con función
esquelética, que son segregadas por
amebocitos.
4

CELENTÉREOS OU CNIDARIOS

Animais acuáticos, case todos mariños. Son diblásticos e entre as dúas capas corporais teñen unha capa
xelatinosa ou mesoglea ( ao esmagalas sae xelatina). No interior teñen a cavidade gastrovascular.
Presentan dous tipos de organización corporal: PÓLIPO e MEDUSA.

TIPO PÓLIPO:
Viven fixos ao substrato.

Pódense atopar sós ou formando colonias.

Os pólipos teñen forma de saco. No


extremo superior atópase a boca rodeada
de tentáculos.

A boca comunícase cunha cavidade


interna chamada cavidade gastrovascular.

Presenta células urticantes nos tentáculos


e nas paredes do corpo, que producen
substancias tóxicas.

TIPO MEDUSA:

Viven libremente nadando


mediante as contraccións do seu
corpo.
O corpo das medusas ten forma
de paraugas e denomínase
umbrela. Na parte inferior
atópase a boca rodeada de
tentáculos.
A boca comunica coa cavidade
gastrovascular.
Presentan células urticantes nos
tentáculos e nas paredes do
corpo.

Como vemos nos dous tipos, existen células urticantes chamadas cnidoblastos , cunha especie de filamento
no interior, que cando lle toca a un animal, dispárase e sae ao exterior inxectando un veleno , que pode
provocar desde simples urticarias ata casos de alerxias graves.

Os celentéreos forman colonias nas que os individuos se especializan en realizar determinadas funcións. Ex:
os corais forman colonias e teñen esqueleto interno de natureza calcaria.

Clases de celentéreos:
 Hidrozoos: adoitan formar colonias. Hidra de auga doce e carabela portuguesa.
 Escifozoos: a maioría teñen forma de medusa. Aurelia aurita.
 Antozoos: exclusivamente pólipos. Anémonas de mar, corais, madréporas e actinias.
5

Actinia equina Hidra de auga doce

Aurelia aurita Carabela portuquesa (unha colonia)

PLATIHELMINTOS( vermes planos)

Son seres triblásticos acelomados, con simetría bilateral e con cefalización . O dixestivo só ten un orificio
que é a vez boca e ano. Hai representantes tanto de vida libre (planarias), como parasitos como é o caso da
tenia ou solitaria ou as duelas hepáticas (Fasciola hepática). A maioría son hermafroditas.

TENIA OU SOLITARIA: posúe dous hóspedes: o definitivo (onde se desenvolve o animal adulto) e o
intermediario (onde se aloxa a larva). COMENTA COMO SE PODE CONTAXIAR ESTA PATOLOXÍA......................

Detalle do escólex (cabeza) da tenia


6

DUELA HEPÁTICA (Fasciola hepática), aliméntase do sangue e dos


tecidos do hóspede. As estruturas arborescentes constitúen o tubo
dixestivo.

NEMATODOS ( vermes redondos sen segmentar)

Son seres triblásticos pseudocelomados e co dixestivo completo con boca e ano. Viven en todos os medios , e
moitos deles son parasitos como os vermes intestinais , as triquinas e as filarias. Moitos deles causan danos
moi importantes para a nosa saúde.

Os nematodos máis frecuentes son:

 A triquina (Trichinella spiralis):Moi pequeña (1 mm).


Transmítese ao comer carne de porco ou xabarín que
posúe larvas de triquina e non está suficientemente
cocida. As larvas atópanse pechadas nunha cápsula que
se disolve no estómago. Entón quedan libres no intestino
onde se fan adultas, reprodúcense e as súas larvas pasan
ao sangue e aos músculos.
trichinella spiralis en
Trichinella spiralis no músculo humano

 As filarias: parasitos humanos e doutros vertebrados. As filarias adultas poden obstruír a circulación
da linfa e provocar unha enorme inchazón nas extremidades inferiores (elefantiase)

Filarias Elefantiase

 As lombrigas intestinais: teñen de 20 a 30 cm e son parasitas de moitos animais. As femias producen


millóns de ovos, que saen ao exterior coas feces do hóspede.

ANÉLIDOS (vermes redondos segmentados)

Xa se consideran evolucionados e teñen o corpo segmentado (formado por aneis, denominados


METÁMEROS), sendo triblásticos con celoma . Viven en medios acuáticos e terrestres xeralmente dentro de
tubos construídos por eles mesmos. Moitos son parasitos .Poden ou non ter unhas prolongacións corporais
nos segmentos do corpo chamados quetas (utilízanas para a locomoción, están inseridas nunhas
prominencias dos aneis denominadas parápodos.
7

Clases de anélidos

 Poliquetos: Teñen parápodos con numerosas quetas (a maioría mariños) e algún deles desenvolven
unhas branquias espectaculares a modo de penachos que parecen flores no mar ( ver Sabella na
imaxe inferior).

 Oligoquetos: sen quetas ou moi poucas como a miñoca de terra .

 Hirudíneos: sen quetas como as sambesugas que chupan o sangue aos animais .

OS MOLUSCOS ( ANIMAIS DE CORPO BRANDO)

Con representantes tanto de augas doces como salgadas así como terrestres. O corpo brando case sempre
dividido en:
CABEZA ( nos bivalvos non se distingue a cabeza).

MASA VISCERAL, cunha capa externa musculosa, denominada manto, que rodea a masa das
vísceras (en realidade o que se come nun bivalvo é todo, e nun choco o manto, en nun caramuxo e
caracol terrestre todo, manto e masa visceral).

PÉ , é musculoso e úsase para o movemento. (Nos bivalvos ten forma de machada, nos cefalópodos
forma tentáculos con ventosas e nos gasterópodos ten forma de sola de zapato pola que se
arrastran).

Os moluscos teñen ademais unha CUNCHA INTERNA OU EXTERNA (con excepcións como polbo e babosa),
que desempeña unha función de soporte corporal.
Nas especies acuáticas a respiración é por branquias e nas terrestres pulmonar.

COMO CURIOSIDADE: Os caracois son hermafroditas, con fecundación interna cruzada. Nos mexilóns os sexos
están separados, con fecundación externa ( atópanse ao chou os gametos masculinos e femininos). Nos
chocos os sexos están separados e teñen fecundación INTERNA, pois o macho introduce os espermatozoides
no interior da femia, usando para iso un dos tentáculos longos. Logo a femia pon os ovos e nacen as crías.
8

Clases de moluscos

 Gasterópodos: cuncha nunha soa peza.


Caracois, lesmas e as lapas.

 Bivalvos: posúen dúas valvas ou cunchas


articuladas. Ameixas, mexilóns, ostras,
berberechos, etc.

 Cefalópodos: carecen de cuncha ou está


reducida a unha pequena pluma dentro do
manto, como nas luras. Son os polbos, as
luras, as sepias..

esquema dun cefalópodo

OS EQUINODERMOS

Case todos con simetría radial e todos mariños. Hai formas moi predadoras como os ourizos e estrelas e
outros que se alimentan de plancto como as ofiuras.

Todos teñen en común o ter baixo a pel un esqueleto interno formado por placas calcáreas.

Ademais teñen todos eles un aparato formado por canais cheos de auga , o sistema ambulacral, que
participa na locomoción e ademais actúa como sist. circulatorio. Este sistema consta dun conduto circular do
que saen varios condutos radiais. Destes condutos, saen a súa vez, unhas estruturas chamadas pés
ambulacrais, terminados en ventosa que comunica có exterior por un orificio do esqueleto. Así con estas
ventosas únense aos substratos e co seu movemento desprázanse. (ver esquemas inferiores)
9

Clases de Equinodermos:
 Equinoideos: ourizos de mar.
 Asteroideos: estrelas de mar.
 Crinoideos: lirios de mar, sésiles, con pés ambulacrais moi desenvolvidos.
 Holoturoideos: holoturia (pepino de mar)
 Ofiuroideos : as ofiuras que son como estreliñas de brazos cilíndricos e finos.

Holoturia (pepino de mar) Ofiura


10

ARTRÓPODOS
É o grupo con maior nº de representantes do reino animal. Habitan todos os medios terrestres e algúns son
parasitos de plantas e animais.

Teñen o corpo segmentado en cabeza , tórax e abdome. Con apéndices articulados ( por iso se chaman
artrópodos),como por ex. as patas para moverse, antenas como órganos sensoriais e as pezas bucais para
mastigar…

Teñen esqueleto externo de quitina suxeito aos seus músculos. Esta cuberta protéxeos non só dos
depredadores, senón tamén da desecación do medio terrestre. Ademais esta despréndese periodicamente
para así poder medrar.

Neste grupo os órganos sensoriais están moi desenvolvidos, (antenas táctiles, apéndices bucais para mastigar
e detectar sabores, ollos, etc…)

Clasificación:

 Arácnidos : Corpo con cefalotórax e abdome. Do cefalotórax saen 4 pares de patas, un par de quelíceros
e un par de pedipalpos. Carecen de antenas. Ex. as arañas, escorpións e carrachos.

 Insectos: Corpo con cabeza , tórax e abdome. Do tórax parten 3 pares de patas e dous pares de ás que
poden sufrir modificacións dependendo do grupo. Ex. bolboreta, mosca, mosquito, abespa, grilo,
escarabello…

 Miriápodos: Corpo alongado con cabeza que presenta dúas antenas e boca similar á dos insectos. No
resto do corpo numerosos segmentos con 1 ou 2 pares de apéndices por segmento. Ex. cempés e milpés.

 Crustáceos: Corpo con cefalotórax e abdome. Do primeiro saen 2 pares de antenas e en moitos deles
cinco pares de patas. Ex. con abdome repregado sobre o tórax temos a nécora, boi, centola. Ex. con
abdome estendido temos o lagostino, gamba, pulga de auga, bogavante… Todos os crustáceos teñen o
corpo con exoesqueleto de quitina reforzado con carbonato de calcio.
11

OS CORDADOS

Animais nos que incluímos os vertebrados e outros representantes máis primitivos como as Ascidias e os
Anfioxos , que aínda que nos son pouco familiares existen nos mares.

Todos eles teñen en común o ter, nalgún momento do seu ciclo vital ou tamén nos adultos, as seguintes
características :
 Ter unha estrutura dorsal flexible a modo de esqueleto, chamada NOTOCORDA. Nos
vertebrados adultos é substituída pola columna vertebral.
 Tubo nervioso lonxitudinal situado por enriba da notocorda.
 Fendeduras branquiais (farínxeas): Relacionadas coa respiración branquial e coa
alimentación por filtración.

Distinguimos tres grupos:


a) Cefalocordados: os Anfioxos que viven nos fondos mariños semienterrados e con forma
pisciforme.
b) Tunicados : as Ascidias que teñen forma de saco celulósico. Viven pegadas a rochas ou a restos de
arribazón.
c) Vertebrados: animais cun esqueleto interno cun eixo principal chamado columna vertebral.

Anfioxo Ascidias

 OS VERTEBRADOS

Os ósos forman o cranio, a columna vertebral e a caixa torácica.


Poden ser poiquilotermos , se a tª do corpo varía coa ambiental ou homeotermos se esta se mantén
constante.
O corpo está recuberto de pel , e esta pode ter estruturas protectoras como plumas , escamas , pelo…
As extremidades poden ser patas, ás, aletas…
Todos os vertebrados, a excepción dos mamíferos, teñen cloaca, unha cavidade situada ao final do intestino,
na que desembocan o tubo dixestivo, os condutos urinarios e as vías que proceden dos órganos
reprodutores.

A respiración pode ser branquial ou pulmonar e incluso dérmica nos anfibios. Así os pulmóns son sacos que
captan o osíxeno do aire e as branquias son láminas que recollen o osíxeno da auga.
Os vertebrados son ovíparos (ovos) , se o embrión se desenvolve dentro dos ovos da femia; vivíparo se o
embrión se desenvolve dentro do corpo da femia nunha placenta.

O desenvolvemento do embrión é directo se as crías nacen cun aspecto parecido ao dos adultos e é indirecto
se as crías sofren algún proceso de metamorfose para convertirse en adultos.
12

Nos vertebrados incluímos as seguintes clases:


 Peixes
 Anfibios
 Réptiles
 Aves
 Mamíferos

PEIXES
Dentro dos peixes distinguimos:
 OS AGNATOS : Peixes sen mandíbulas , cunha boca a modo de ventosa e dentes raspadores ,
son as lampreas que chupan o sangue doutros peixes como parasitas.

 OS PEIXES CON MANDÍBULA: Dentro dos que distinguimos os Peixes cartilaxinosos como
raias , quenllas e os Peixes óseos , como xurelo , faneca, sardiña , ollomol, bacallao, pescada
, maruca, linguado,etc…

a. Peixes óseos
Teñen a pel cuberta de escamas dispostas como as tellas dun tellado. O esqueleto é óseo. As branquias están
protexidas por unhas placas óseas ou opérculos, que permiten a saída da auga aspirada pola boca. A liña
lateral, que percorre os flancos, serve para recibir información acerca das vibracións da auga.

b. Peixes cartilaxinosos.
Teñen o corpo cuberto por diminutos dentes dérmicos provistos dunha pequena espiña. Por iso, a súa pel é
áspera ao tacto e lembra ao papel de lixa. O esqueleto é de tecido cartilaxinoso e as fendeduras branquiais
ábrense directamente ao exterior. Boca en posición ventral a diferenza dos peixes óseos que a teñen en
posición anterior.
As aletas son carnosas e ríxidas. A aleta caudal está formada por dous lóbulos desiguais. A auga pasa a través
dos espiráculos para que o peixe respire, sen necesidade de manter a boca aberta. Tamén posúen liña lateral
pero non dispoñen de vexiga natatoria.

ANFIBIOS
Son o grupo que supón un paso entre a vida acuática e a terrestre. Necesitan estar cerca da auga para vivir e
os ovos sempre deben estar en zonas húmidas por carecer de cuberta protectora . A súa pel é húmida e
mucosa para respirar por ela (xunto cos pulmóns) . No estado larvario (os cágados) teñen branquias .

Dentro deste grupo falamos de :


13

 Anuros: Teñan o tronco curto e groso, están adaptados ao salto e non teñen cola en estado adulto.
Son as rás e os sapos.

 Urodelos: Teñen cola en estado adulto, o corpo é alongado e as patas son curtas. Son as píntegas e
os tritóns.

RÉPTILES
Animais acuáticos e terrestres , pero sempre dependen do aire para respirar polos pulmóns. Agás as serpes e
cobras todos teñen cabeza , pescozo, tronco e rabo, e catro patas.
O corpo presenta escamas córneas para evitar a desecación. Os órganos dos sentidos como o olfacto e a
vista están moi desenvolvidos. Os ovos están recubertos con cáscara protectora.

Divídense en 4 grupos:

 Ofidios: Carecen de extremidades. A disposición das súas mandíbulas permítelles tragar presas de
gran tamaño. Serpes.

 Quelonios: Carecen de dentes, pero teñen un bico córneo par esmagar o alimento. O seu corpo está
protexido por unha cuncha. Tartarugas terrestres e sapoconchos.

 Saurios: a cabeza é lixeiramente triangular e o tronco e a cola teñen forma alongada. Lagartos,
lagartixas, salamántigas e camaleóns.
 Crocodilos e caimáns: son animais acuáticos, con cabeza alongada e unha gran boca con poderosos e
afiados dentes. As extremidades posteriores teñen membranas interdixitais que facilitan a natación.

AVES

Animais homeotermos , a diferenza dos grupos anteriores que eran


poiquilotermos. Todos, salvo algunha excepción voa . O corpo está
recuberto de plumas para illar a pel e facilitar o voo.
A maioría dos ósos son ocos para alixeirar o peso e posúen sacos aéreos
que comunican cos pulmóns. O esterno está moi desenvolvido,
formando unha especie de coiraza ou armadura para o anclaxe da
musculatura na que se aferran as ás.
Posúen peteiros e carecen de dentes. As extremidades anteriores
diferéncianse en dúas ás e as posteriores en patas (2) recubertas de
escamas córneas.
Son ovíparas ao igual que os grupos anteriores , e neste caso os ovos
están recubertos dunha cáscara illante

COMO CURIOSIDADE : Aves , réptiles e anfibios teñen CLOACA , unha estrutura ensanchada na que
desembocan condutos xenitais, urinarios e ano.
14

MAMÍFEROS

Animais homeotermos recubertos de pelo e as femias con mamas.


Presentan beizos , agás os monotremas , para lamer o leite materno e con larinxe para emitir sons. As
extremidades moi modificadas dependendo do tipo de locomoción ( os morcegos estiraron as extremidades
e as recubriron de pel), tamén dependerá a súa forma dos hábitos ( excavar, nadar, voar…)
O sistema nervioso está moi desenvolvido o que lles permite pautas de conduta moi precisas para a
obtención do alimento e coidar das crías. Hai dúas características exclusivas dos mamíferos que os
diferencian do resto dos vertebrados:
 Cada rama da mandíbula inferior consta dun único óso que se articula directamente có cranio.
 O oído medio posúe tres osiños: martelo, bigornia e estribo.
Os mamíferos dependendo da súa reprodución clasifícanse en:

 MONOTREMAS: Ovíparos, e as femias posúen glándulas mamarias polo abdome do que lamben as
crías. Carecen de útero. Están desprovistos de beizos e dentes e teñen un bico córneo semellante ao
dos patos. Ex. O ornitorrinco e o equidna ou ourizo australiano.

 MARSUPIAIS: Vivíparos , pero con placenta pouco desenvolvida , de modo que as crías nacen
inmaduras e pasan a completar o desenvolvemento dentro dunha bolsa , na que se atopan glándulas
mamarias ( marsupio , dorsal no Koala , e ventral no canguro)

 PLACENTARIOS: Vivíparos, con placenta e as crías xa nacen moi desenvolvidas. Son os restantes
mamíferos.

You might also like