You are on page 1of 5

EXERCICIOS DOS ANIMAIS

1. Indica se as sequintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.


Os vertebrados teñen esqueleto con columna vertebral.
As aves teñen ósos ocos.
O esqueleto dos vertebrados está formado por ósos ou cartilaxe.
O esqueleto dos anfibios está formado por espiñas.
O esqueleto determina a forma do corpo do animal.

Algúns mamíferos teñen aletas.


As aves teñen patas.
Os anfibios teñen ás.
Algúns peixes teñen patas.
Algúns réptiles non teñen extremidades.

Despois de nacer os mamíferos aliméntanse de leite.


As aves poden ser herbívoras, carnívoras ou omnívoras.
Todos os peixes son herbívoros.
Os anfibios adultos poden ser herbívoros, carnívoros ou omnívoros.
Todos os réptiles son carnívoros.

Os mamíferos teñen beizos e dentes.


O tipo de dentes dos mamíferos e o peteiro das aves está adaptado á súa
dieta.
Os anfibios son sempre herbívoros.
Os ruminantes son mamíferos.
Todos os réptiles son omnívoros.

2. Indica que grupos de animais vertebrados hai.

3. Relaciona.
Mamíferos
Aves
Peixes e réptiles
Anfibios
Pel recuberta por esccamas.
Pel núa
Pel recuberta por plumas.
Pel recuberta por pelos.

4. Completa as seguintes oracións.


As ________ posúen sacos aéreos.
Os _________ teñen vexiga natatoria.
As larvas de anfibios respiran por _________.
Os mamíferos respiran por __________.
As aves respiran por ________.
Os peixes respiran por __________.

5. Indica se teñen fecundación interna ou externa e rodea os que sexan


ovíparos.
Mamíferos
Aves
Peixes
Anfibios
Réptiles
6. Sinala se os seguintes animais regulan a temperatura do seu corpo ou
se a temperatura do seu corpo depende do medio.
Morcego
Cegoña
Sardiña
Ra
Tartaruga

7. Indica a que grupo de vertebrados pertencen os seguintes animais.


Píntega
Balea
Morcego
Corvo
Troita
Atún
Iguana
Ra
Picapeixe
Víbora

8. Indica se os seguintes animais teñen plumas ou escamas e o tipo de


fecundación que teñen.
Lagarto
Salmón
Píntega
Aguia
9. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.
Algúns invertebrados teñen esqueleto interno.
Os invertebrados teñen corpo brando.
A maioría dos animais da Terra son invertebrados.
Os invertebrados teñen todos corpos asimétricos.
Os invertebrados son vivíparos.

Os crustáceos e os arácnidos pertencen ao grupo dos artrópodos.


Os moluscos e os miriápodos pertencen ao grupo dos artrópodos.
Os insectos e os miriápodos pertencen ao grupo dos artrópodos.
Os celentéreos e os gasterópodos pertencen ao grupo dos moluscos.
Os gasterópodos e os cefalópodos pertencen ao grupo dos moluscos.

As eirugas son vermes.


Algúns vermes son parasitos.
Todos os artrópodos son terrestres.
Os cefalópodos e os celentéreos teñen tentáculos.

Os artrópodos teñen patas articuladas. Algúns ademais, ás e antenas.


Os moluscos teñen o corpo brando. Algúns teñen cunchas.
Os vermes teñen o corpo alongado e duro.
Os poríferos teñen poros e poden madar.
Os equinodermos teñen unha protección formada por pezas duras.
Os celentéreos poden ser terrestres.

10. Dos seguintes grupos de animais sinala os que son invertebrados.


Réptiles, artrópodos, moluscos, anfibios, insectos, peixes e medusas.

11. Relaciona.
Artrópodos
Vermes
Celentéreos
Poríferos
Teñen tentáculos.
Teñen poros.
Teñen o corpo articulado.
Teñen o corpo alongado.

12. Dos seguintes animais invertebrados, indica cales poden ter o corpo
protexido por cunchas.
Bivalvos, vermes, gasterópodos, crustáceos, celentéreos.

13. Completa as seguintes oracións.


Os __________ teñen o corpo articulado e oito patas.
As __________ teñen un colrpo brando en forma de saco cun só orificio
rodeado de tentáculos. Poden nadar.
As estrelas e os ourizos de mar son ____________.
Os __________ teñen un corpo brando con poros.
Os _________ teñen o corpo articulado, seis patas, dous pares de ás e
antenas.
Algúns _________ poden ser parásitos.

14. Cal é o grupo de invertebrados máis numeroso do planeta?

15. Completa coa opción correcta.


Algúns __________ poden voar. (cefalópodos, miriápodos, insectos).
Os ___________ teñen oito patas. (arácnidos, crustáceos, miriápodos).
_____________ son terrestres. (os crustáceos, os equinodemos, os
miriápodos).
Os __________ son mariños. (arácnidos, cefalópodos, insectos).
______________ teñen a pel dura. (os vermes, os crustáceos, os bivalvos).

16. Sinala os grupos de animais que non teñen ningún tipo de protección
no seu corpo.
Vermes
Arácnidos
Bivalvos
Celentéreos

17. Indica se os seguintes animais teñen patas articuladas, cales teñen


ás e cales son mariños.
Estrela de mar
Abella
Miñoca
Cempés

18. Clasifica os seguintes invertebrados.


Libélula
Lapa
Araña
Miñoca
Samesuga
Mosquito
Langostino
Escorpión
Estrela de mar
Lura
19. Indica se os seguintes animais teñen cuncha, cales son mariños e
cales teñen tentáculos.
Lesma
Navalla
Caracol
Anémona

You might also like