You are on page 1of 3

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

IES As Lagoas
Cuestionario A EVOLUCIÓN HUMANA Páxina nº 1

1. Que é a HOMINIZACIÓN?

É o longo proceso evolutivo que da lugar aos humanos modernos.


Este proceso recolle adquisición progresiva das características específicas que acabaron diferenciando aos
Homo sapiens do resto dos primates.

2. Hominización: en que continente tivo lugar e con que cambio no entorno está relacionada.

A hominización tivo lugar na rexión oriental do continente africano, tamén coñecida como cuna da humanidade.

Este proceso está relacionado cun cambio do clima orixinado pola formación do Val do Rift Africano, que fixo
que grandes áreas de bosque se transformaran nas extensión de sabana actuáis.

3. Completa a clasificación taxonómica do Homo sapiens:

• Reino: animal
• Filo: cordados
• Clase: mamíferos
• Orde: primates
• Familia: Hominidae
• Xénero: Homo
• Especie: Homo sapiens

4. Que primates actuáis pertencen tamén á familia hominidae?

Orangutáns, gorilas e chimpancés.

5. Que características son propias da Orde PRIMATES.

⎯ Ollos en posición frontal que permiten a visión binocular (3 dimensións)


⎯ Mans con 5 dedos
⎯ Polgar opoñible
⎯ Uñas planas en vez de garras
⎯ Articulación do brazo desenvolvida que permiten trepar (supinación).

6. Que primates actuáis non pertencen á familia hominidae?

Prosimios
Monos do vello mundo e monos do novo mundo.

7. Que significa o término BIPEDISMO.

É a capacidade para camiñar sobre dous pés sen apoiar as palmas das mans nin os cotenos, adoptando unha
postura ergueita.

8. Que modificación estructurais do esqueleto implicou o bipedismo?


Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO
IES As Lagoas
Cuestionario A EVOLUCIÓN HUMANA Páxina nº 2

⎯ Acortamento das extremidades superiores, xa que deixan de ter función locomotora.


⎯ A columna vertebral toma formas de S, con 4 curvaturas, para soportar mellor a postura ergueita
⎯ Foramen magnun, desprazase cara a base do cranio.
⎯ Nas mans, aumento do tamaño do polgar, o que permite agarrar e realizar tarefas de precisión.
⎯ Nos pés, o polgar deixa de ser opoñible e é paralelo aos outros dedos, para formar unha plataforma
adecuada para camiñar.
⎯ Aparece un arco da planta do pé.
⎯ A Pelve é máis corta e ancha.
⎯ Ángulo del fémur coa horizontal maior, o que permite que o pé quede máis cerca da vertical do
centro de gravidade (pelve), para unha correcta marcha bípeda.

9. Que outros cambios se producen durante a hominización?

⎯ Aumento da capacidade cranial. Dende os 500 cm3 aos 1450 cm3


⎯ Desenvolvemento do cerebro e de habilidades cognitivas. Fabricación de ferramentas.
⎯ Achatamento da cara ao reducirse o prognatismo (mandíbula menos prominente).
⎯ Transformación da dentición. Redución dos cairos, diminución dos premolares e molares. Pasamos
de 36 a 32 pezas dentarias.

10. Que vantaxes proporcionou caminar ergueito aos primeiros homínidos bípedes?

⎯ Menor exposición á radiación solar e mellor ventilación.


⎯ Permite ver o horizonte por riba da vexetación (depredadores)
⎯ Deixa libres as mans para transportar comida, crías, pedras, etc.
⎯ A marcha bípeda consome menos enerxía e que permite percorrer grandes distancias.

11. Desvantaxes do bipedismo para Homo sapiens?

⎯ Dor lumbar, polas tensión que ten que soportar a columna vertebral nesa zona.
⎯ Parto máis complexo e doloroso debido aos cambios da pelve que estreitan o canal do parto.
⎯ Redución do periodo de embarazo, os nosos fillos nacen moi inmaduros.

12. Canto temo hai que apareceron os primeiros homínidos bípedes?

A maioría dos expertos en evolución humana coinciden en que apareceron hai uns 6-7 millóns de anos.

13. Clasifícanse como homínidos os humanos modernos e todos os seres que viviron no pasado e empezaron a
camiñar ergueitos sobre as dúas pernas.

Cales son os primeiros homínidos e cantos millóns de años hai que viviron?

⎯ Sahelanthropus? Hai 6-7 m.a.


Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO
IES As Lagoas
Cuestionario A EVOLUCIÓN HUMANA Páxina nº 3

⎯ Orrorin. 6 m.a.
⎯ Ardipithecus. 5,5 m.a.
⎯ Australopithecus. 4,2- 1,2 m.a.

14. Como se chaman os primeiros homínidos que fabrican ferramentas?. Homo hábiles
15. Como se chaman os primeiros homínidos que saen de África? Homo ergaster
16. Que especie de homo se extendeu e diversificou en ásia? Homo erectus.
17. Como se chama a especie de homínido atopada por primeira vez na Serra de Atapuerca. Burgos. Que
antigüidade teñen os restos atopados?
Homo antecessor é un homínido que probablemente se orixinou a partir de homo ergaster e está na línea
evolutiva dos Homo neanderthalensis.
Os restos atopados teñen unha antigüidade de 800 000 anos.

18. Houbo un tempo en que coincidiron vivindo na Terra varias especies humanas. Que especies foron?

⎯ Homo sapiens
⎯ Homo erectus (Ásia)
⎯ Homo neanderthalensis (Europa e Asia)

19. Ordena os seguientes homínidos pola orden na que aparecen no rexistro fósil, dende o máis antigo ata a
actualidade.

Homo ergaster – Ardipithecus- Homo antecessor - Homo sapiens – Homo habilis – Homo neanderthalensis
– Ororrin –– Sahelantropus -Australopithecus

20. Onde aparece a especie Homo sapiens por primeira vez?

En África a partir de Homo rodhesiensis

21. Cal é o resto máis antiguo dun homínido bípede atopado ata agora na península ibérica?

É un fragamento dun dente de leite dun neno duns 10 anos. Foi encontrado no xacemento do Barranco León
en ORCE-GRANADA. Ten unha antigüidade de 1,4 m.a.

22. Os xacementos do Sidrón en Asturias destaca polos restos atopados de: Homo neanderthalensis.

You might also like