You are on page 1of 12

4º ESO C.LLano e A.

Outomuro 1

TEMA 4: ESTÁTICA DE FLUÍDOS

1.- A PRESIÓN. CONCEPTO E UNIDADES.


Xa vimos que as forzas producen diversos efectos sobre os corpos, que dependen
de varios factores, como a súa intensidade, punto de aplicación da forza, etc.,
pero é moi corrente que as forzas se exerzan sobre unha superficie.

De ahí que se defina a presión como a forza exercida sobre a unidade de


superficie:

F
P=
S
A presión é unha magnitude escalar.

A unidade de presión no S.I é o N/m2 que recibe o nome de Pascal (en honor de
Blaise Pascal) e abreviase como Pa.

Un Pascal é a presión que exerce unha forza de 1 N sobre unha superficie de 1


metro cadrado.

O pascal é unha unidade que, na práctica, resulta demasiado pequena, por iso se
utiliza o hectopascal (hPa): 1 hPa = 100 Pa

Unha unidade moi usada para medir a presión (ainda que non é unidade do SI) é
o kg/cm2 ( "kilogramo por centímetro cuadrado"), que é a presión exercida por
unha masa de 1 kg sobre unha superficie de 1 cm2.

1 kg/cm2 = 9,8 N/10−4m2 ≈ 105Pa = 103 hPa

A presión é tanto maior canto maior sexa a forza exercida e menor a superficie
sobre a que se exerce dita forza.

Un esquiador, exerce pouca presión sobre a neve debido a que o seu peso se
distribúe sobre a superficie dos esquís. Deste xeito, o efecto deformador do seu
peso diminúe e non se afunde na neve.

Utilízanse outras unidades de presión, sobre todo cando traballamos con gases, que
veremos mais adiante.

2.- INCOMPRESIBILIDADE DOS LÍQUIDOS. PRINCIPIO DE PASCAL


Os líquidos e os gases compórtanse de maneira distinta cando se encontran
sometidos a unha presión.

Os líquidos non modifican o seu volume cuando actúa unha presión sobre eles, son
incompresibles.

Os gases son fácilmente compresibles (cambian o seu volume).


4º ESO C.LLano e A. Outomuro 2

2.1.- Principio de Pascal


No século XVII, Blaise Pascal demostrou que a
presión exercida nun punto dun fluído
incompresible, trasmítese integramente en
todas as direccións.

Ao exercer presión sobre o émbolo, a auga sale por


todos os orificios coa mesma presión.

Neste principio de Pascal está basada a prensa hidráulica, así como os freos e os
gatos hidráulicos.

Aínda que os sólidos tamén son incompresibles hai unha diferencia fundamental
entre o seu comportamento e o dos líquidos: os sólidos transmiten a forza que
se fai sobre eles, non a presión que reciben como fan os líquidos.

2.2.- A Prensa Hidráulica


Unha prensa hidráulica consiste, básicamente, en dous cilindros comunicados entre
sí e provistos de dous émbolos, A e B, de seccións SA e SB respectivamente. Estos
cilindros están cerrados por émbolos de tamaño diferente que están en contacto co
líquido.

Ao exercer unha forza perpendicular, FA, sobre o


émbolo pequeno, a presión é trasmitida
completamente, sen variación, por todos os puntos do
líquido chegando ao émbolo grande:

FA FB
PA = PB ; =
S A SB

Se queremos calcular o valor da forza que recibe o


émbolo B, só temos que despexar da ecuación
anterior:

SB
FB = FA
SA

A prensa hidráulica é un dispositivo que permite multiplicar a acción dunha forza


por un factor que é a relación entre as áreas do émbolo grande e o émbolo
pequeno.

Polo tanto, canto mais grande é a diferencia entre as superficies do émbolo grande
e do pequeno, mais eficaz é a prensa.

3.- FORZAS NO INTERIOR DUN FLUÍDO

3.1.-Concepto de fluído
4º ESO C.LLano e A. Outomuro 3

Un fluído é un tipo de materia na que as forzas de atracción entre as súas


partículas non son moi intensas, polo que poden moverse con certa liberdade. Os
líquidos e os gase son fluídos.

A teoría cinético-molecular explica facilmente este comportamento: nos líquidos e


nos gases, as forzas de atracción entre as partículas que compoñen unha
substancia son menos intensas que no caso dos sólidos, o que lles permite a ditas
partículas moverse unhas respecto das outras.

A materia en estado líquido ou gasoso ten a capacidade de fluir, que podemos


considerar sinónimo de circular por tuberías.

3.2.- Forzas no interior dos fluídos


Para estudar a existencia de forzas no interior de fluídos imos reparar nos seguintes
feitos:

 Experiencia 1

1. Tomamos un tubo de vidro aberto polos dous extremos, acoplámoslle unha placa
de metal unida a un fio para poder cerrar o tubo pola súa parte inferior o tirar do
fio.

2. Introducimos parcialmente o tubo nun recipiente con auga, tendo coidado de que
non entre auga dentro do tubo. Agora soltamos o fio e vemos que a placa non se
desprende do tubo, o que nos suxire a existencia dunha forza perpendicular á súa
superficie

3. Se inclinamos o tubo observamos que a placa tampouco cae.

4. Se agora imos engadindo auga pola parte superior do tubo, o tapón inferior
caerá no momento en que a auga do tubo chegue ao nivel da agua no vaso. O
peso da auga no interior do tubo equilibra a forza que exerce a auga desde o
exterior.

 Experiencia 2

Tomamos un bidón de plástico cheo de auga e


practicamos nel varios orificios a distintas alturas.
Observamos que:

1. Todos os chorros saen perpendiculares á superficie


do bidón.
4º ESO C.LLano e A. Outomuro 4

2. O chorro que sae polo orificio a maior profundidade é o que ten maior alcance

Estas experiencias permítennos sacar as seguintes conclusións:

• A forza que exerce un líquido sobre as paredes do recipiente que o contén é


perpendicular a estas.

• A intensidade da forza aumenta coa profundidade.

4.- PRESIÓN NO INTERIOR DUN FLUÍDO. HIDRÓSTATICA


A Hidrostática é a rama da física que que estuda os fluídos que se encontran
en equilibrio.

4.1.- A presión hidrostática


Como acabamos de ver cos exemplos anteriores, no interior dos líquidos hai forzas,
e polo tanto, presións.

Un líquido en repouso exerce presión sobre as paredes do recipiente, asi como


sobre calquer punto da superficie dun corpo somerxido nel. Esta presión, que actúa
en todas as direccións do fluído, denomínase presión hidrostática.

A causa da presión hidrostática é o peso do propio fluído e a súa axitación


molecular.

4.2- Lei fundamental da hidrostática


Imos calcular a presión que exerce un fluído nun punto do seu interior .

Consideramos unha columna de líquido de altura h, igual á profundidade do punto


considerado, e a súa base ten unha área S.

• O volume de líquido é V=S.h

• A masa do líquido, m, está relacionada co seu volume, V, e


a súa densidade, d: m= V.dl

• A forza que exerce o líquido na base da columna será o peso, P, do


líquido contido nela.

F Peso m . g V .d l . g S .h.d l . g
• P= ; P= = l = = , polo que
S Superficie S S S

P = d l . g.h
Da ecuación anterior dedúcese que a presión nun punto do interior dun líquido:
 É maior canto maior sexa a profundidade (h)
 É maior canto maior é a densidade do líquido (dl)
4º ESO C.LLano e A. Outomuro 5

 Non depende da forma nin da superficie do recipiente.

Para determinar a ecuación que relaciona a presión nun punto B respecto a


outro punto A, aplicamos a expresión anterior aos dous puntos:

A presión en A é:

PA = dl .g.hA

A presión en B é:

PB = dl .g.hB

A diferencia de presión entre os dous puntos será:

PA - PB = dl.g.( hA - hB )

∆P = dl.g.hA-B

Sendo hA-B a distancia entre os puntos A e B. Esta expresión é a ecuación


fundamental da hidrostática, e o seu enunciado constitue a lei fundamental da
hidrostática:

Entre dous puntos dun fluído homoxéneo e incompresible existe unha diferencia
de presión, ∆P, igual ao produto da densidade do fluído pola gravidade e pola
diferencia de altura entre eles.

4.3- Vasos comunicantes


Os recipientes que teñen as bases comunicadas chámanse vasos comunicantes

Imos estudar dúas situacións de equilibrio según que nos vasos comunicantes haxa
un líquido ou dous líquidos inmiscibles entre si.

• Un só líquido

Cando diversos recipientes con distinta forma, abertos pola parte superior, se
poñen en comunicación entre si e se enchen con un mesmo líquido, observase que
este chega á mesma altura en todos sin que inflúa a forma dos recipientes.
Para que o líquido alcance o equilibrio é necesario que todas as superficies libres
estean á mesma altura.
A presión nos tres puntos A,B,C, que se encontran á mesma profundidade, sería a
mesma, xa que a presión só dependería da altura dado que d (densidade) e g
(gravidade) non varían:
4º ESO C.LLano e A. Outomuro 6

PA= PB = PC = dL. g. h

Unha das aplicacións mais importantes dos vasos comunicantes é o


abastecemento da auga ás cidades.

• Dous líquidos inmiscibles entre si

Se botamos nun recipiente auga, aceite e mercurio, colocaranse: abaixo o


mercurio, a continuación a auga e arriba o aceite, é dicir do máis denso ao menos
denso. As superficies de separación entre os líquidos son planas e horizontais.

Se poñemos nun tubo en forma de U auga e aceite, as superficies libres son planas
e horizontais, pero a altura de cada brazo do tubo é distinta.

Cando os líquidos son inmiscibles entre sí, observase que o equilibrio se alcanza
cando as alturas de ambos líquidos respecto á superficie de contacto son
inversamente proporcionais ás súas densidades.

Imos determinar a presión existente en dous


puntos A e B que se encontran na horizontal como
se ve no debuxo:

PA = dA. g. hA ; PB = dB. g. hB

Como a presión en dous puntos da mesma horizontal ten


que ser igual para que o líquido estea en repouso:

PA = PB polo tanto dA. g. hA = dB. g. hB e entón

hA d B
= É decir, as alturas son inversamente
hB d A
proporcionais ás súas respectivas densidades.

5- PRESIÓN NOS GASES


A característica principal dos gases é que as súas moléculas están moi separadas e
móvense con moita liberdade. Cando chocan contra as paredes do recipiente que
ocupan, exercen unha forza.

Da mesma forma que un líquido exerce unha presión sobre os corpos somerxidos
no seu interior, o aire que nos rodea tamén.

5.1.- A presión atmosférica

A atmosfera é a capa gasosa que envolve a


Terra. Está formada por unha mestura de gases
(aire). A composición media nas capas baixas, é
a que se mostra no gráfico.
4º ESO C.LLano e A. Outomuro 7

A presión atmosférica é a presión que exerce a atmosfera sobre os corpos


situados no seu interior. Maniféstase en todas as direccións.

O primeiro experimento que demostrou a existencia da presión atmosférica e que


permitiu, ademáis, medila, realizouno en 1643 o científico italiano Evangelista
Torricelli (1608-1647).

• Torricelli encheu de mercurio un tubo fino de vidro de 1 metro de lonxitude,


aproximadamente e de 1 cm2 de sección, cerrado por un dos extremos.
• Cerrou o orificio do extremo libre co dedo, invertiuno e introduciuno nuha
cubeta chea de mercurio.
• Cando retirou o dedo, o nivel do mercurio do tubo descendeu ata quedar a
unha altura de 760 mm por encima da superficie do mercurio da cubeta. O
extremo superior do tubo quedou baleiro.

A explicación de Torricelli a este fenómeno foi a seguinte: como o sistema tubo-


cubeta está en equilibrio, a presión que exerce a columna de mercurio debe ser
igual á que exerce a atmosfera en calquera punto da superficie libre do mercurio.

Polo tanto, a altura do mercurio no tubo é unha medida da presión que exerce o
aire que está encima da cubeta, é unha medida da presión atmosférica. O valor de
760 mmHg corresponde ao que chamamos presión atmosférica normal.

Outras unidades de presión:

• Atmósfera, atm. É a presión que exerce unha columna de mercurio de 76 cm de


altura e 1 cm2 de sección á temperatura de OºC.
1 atm = 760 mmHg
• Milibar,mb. É unha unidade antes empregada polos meteorólogos.
1 atm = 1O13 mb

Actualmente utilizan o hectopascal, hPa, sendo 1 mb = 1 hPa

1 atm = 760 mm Hg = 101300 Pa = 1013 hPa

5.2.- Instrumentos para medir a presión

Clasifícanse en barómetros e manómetros, según se utilicen para medir a presión


atmosférica ou a presión dun gas encerrado nun recipiente.
4º ESO C.LLano e A. Outomuro 8

1. Barómetros

A presión atmosférica midese cun aparato chamado barómetro, que pode ser de
mercurio ou metálico (aneroides). Os metálicos son menos precisos que os de
mercurio, pero teñen a vantaxe de que se poden transportar con máis facilidade

Os barómetros de mercurio (fundaméntanse na experiencia de Torricelli) poden


ser:

Barómetros de Cubeta: son, en esencia, parecidos


ao aparato utilizado por Torricelli para facer o seu
experimento, pero estos levan incorporada una
escala.

Barómetros de Sifón: consisten nun tubo de vidro


en forma de J, o lado corto aberto e o largo cerrado.
A rama cerrada funciona de maneira análoga ao
tubo de Torricelli e a aberta fai de cubeta.

Barómetros aneroides: están baseados nas


deformacións que experimenta unha caixa metálica
de paredes delgadas e elásticas, na que se fixo o
baleiro, ao cambiar a presión.

A presión atmosférica tende a deformar a caixa metálica o que


provoca un desprazamento dunha agulla indicadora que se
move sobre unha escala de presións previamente graduada.

2. Manómetros

Utilízanse para medir a presión que exerce un gas sobre


as paredes do recipiente que o contén.

Os máis utilizados son os manómetros abertos, que


consisten nun tubo en U que contén un líquido no seu interior e que está aberto por
unha das ramas; a outra rama ponse en comunicación co
recipiente onde se encontra o gas do cal queremos medir
a presión.

Interpretación da lectura dun manómetro

O gas do recipiente empuxa a columna de mercurio ata


que se equilibra a presión en ambas ramas, é dicir, ata
que a presión nos puntos A e B sexa a mesma.

Se, por exemplo, a altura da columna de mercurio sobre


o punto B é de 120 mm teremos que:

• A presión do Punto A é a presión do gas

• A presión do Punto B será igual á presión atmosférica


mais 120 que é o que marca a escala.
4º ESO C.LLano e A. Outomuro 9

Sabendo que a presión atmosférica é 760 mmHg e substituindo queda:

En resumo: Para saber a presión do gas hai que sumarlle á presión atmosférica a
que indica a escala de mercurio, cando o nivel da rama aberta é máis alto, ou
restarlla se o nivel da rama aberta é máis baixo que o da rama conectada ao
recipiente co gas.

5.3.- Relación entre a presión atmosférica e a altitude


A presión atmosférica varía coa altitude, diminúe a medida que aumenta a
altitude.
A altura da columna de mercurio depende do lugar en que se faga o experimento.
A medida que ascendemos hai menos aire por enriba de nós, é dicir, a presión
atmosférica é menor polo tanto a altura da columna de mercurio diminúe.
Observa que a medida que se gaña altura, é necesario subir máis metros para
conseguir unha variación de presión determinada. Por exemplo, a nivel do mar é
necesario subir 8 metros en altura para que a presión baixe 1hPa; a 5.000 metros
de altura é necesario subir 20 metros para obter a mesma variación de presión.
Isto é porque a densidade do aire non se mantén constante coa altitude.

Un altímetro é un instrumento de medida que permite saber a altura a partir de


diferencias de presión, non é mais que un barómetro metálico, que transforma
valores de presión atmosférica en alturas.

6.- FORZAS DE EMPUXE NO INTERIOR DUN FLUÍDO. PRINCIPIO DE


ARQUÍMEDES

6.1.- A forza de empuxe nos líquidos


A experiencia diaria mostranos que cando somerxemos un corpo nun líquido parece
diminuir de peso. Este peso menor, peso aparente, débese a que o líquido
empuxa o corpo cara arriba.

Supoñamos que introducimos en auga un obxecto de forma cúbica, cando está


somerxido, o corpo vese sometido á presión que exerce o líquido, que se traduce
nunha forza sobre as súas caras.

As forzas sobre as caras laterais anúlanse entre sí, porque son iguais en módulo e
dirección, pero de sentidos opostos. Non ocorre o mesmo nas caras inferior e
superior, por estar a primeira a maior profundidade, isto fai que a forza que actúa
sobre a cara inferior sexa maior que a que actúa sobre a superior.

Fcara inferior > Fcara suoerior

A resultante destas forzas, denominada empuxe, E, actúa verticalmente cara


arriba.
4º ESO C.LLano e A. Outomuro 10

6.2.- O principio de Arquímedes


Medimos o peso, P, dun obxecto cun dinamómetro; agora se o introducimos en
auga (ou noutro líquido) o dinamómetro marca un valor menor, que se denomina
peso aparente.

A explicación deste fenómeno débese a que sobre


un corpo que está somerxido total ou parcialmente
no interior dun fluido actúa unha nova forza: o
empuxe

Preal - Paparente = Empuxe

Arquímedes (sabio grego) observou que:

- Todo corpo somerxido nun fluído recibe un


empuxe vertical e dirixido cara arriba.

- O empuxe que recibe o corpo é igual ao peso do


fluído desaloxado.

- O empuxe non depende do material do que estea feito o corpo, pero sí do volume
do corpo somerxido.

Todo isto resúmese no Principio de Arquímedes:

Todo corpo somerxido nun fluído experimenta un empuxe vertical cara arriba igual
ao peso do fluído desaloxado

Polo tanto, o peso aparente Pa dun sólido somerxido nun fluído será igual ao peso
do sólido, P, menos o empuxe E:

Según o principio de Arquímedes:

Empuxe = peso do líquido desaloxado ; E = mliquido desaloxado.g

Tendo en conta o concepto de densidade: mliquido desaloxado = dliquído . Vliquido desaloxado

E substituindo: E= dliquído .g.Vliquido desaloxado

Como o volume do líquido desaloxado depende do volume do sólido somerxido, se


o corpo está totalmente somerxido o volume de líquido desaloxado e igual ao
volume do corpo.

Da mesma forma podemos expresar o peso do corpo:

P= m.g = dcorpo.Vcorpo.g

6.3.- Determinación de densidades


A maior parte dos métodos empregados para determinar a densidade dun sólido
irregular ou dun líquido están baseados no principio de Arquímedes:

1. Medimos cun dinamómetro o peso real (no aire) do sólido, P.


4º ESO C.LLano e A. Outomuro 11

2. Somerxemos totalmente o sólido no líquido e medimos o seu peso aparente, Pa .

3. A diferencia entre o peso real e o peso aparente é o empuxe, que nos permite
calcular:

• A densidade do líquido xa que E= dliquído .g.Vliquido desaloxado


• A densidade do corpo, xa que conocemos a súa masa e o seu volume.

6.4-Flotabilidade dos corpos


Seguro que xa observaches que algúns sólidos, ao mergullalos nun líquido, flotan e
outros, polo contrario, afondan. Cal é a causa deste distinto comportamento?

Cando un sólido se somerxe nun líquido, está sometido a dúas forzas da mesma
dirección (vertical) pero de sentidos opostos: o peso e o empuxe.

Dependendo de cal predomine, poden darse tres situacións diferentes:

Se o peso é maior que o empuxe, o corpo


somérxese completamente, afonda (por
exemplo, unha bóla de ferro en agua).

Peso corpo> Empuxe

Se o peso é igual ao empuxe, o corpo


somérxese no líquido sen chegar ao fondo, é
decir está en equilibrio no seo do líquido
(por exemplo un globo cheo de auga somerxido
en auga)

Peso corpo= Empuxe

Se o peso é menor que o empuxe, o corpo


somérxese parcialmente (flota emerxido), e
alcanzará o equilibrio cando o empuxe iguale ao
peso do corpo (por exemplo cortiza, ou madeira
en auga)

Peso corpo < Empuxe

Flotabilidade en función da densidade

Imos expresar as condicións de flotabilidade en función da densidade do corpo e da


densidade do líquido no que se somerxe.

E= dliquído .g.Vliquido desaloxado ; Pcorpo = m.g =d corpoVcorpo.g

Como Vcorpo = Vliquido desaloxado

1. Se afonda Peso > Empuxe dcorpo> dliquído


4º ESO C.LLano e A. Outomuro 12

2. Se está en equilibrio Peso corpo= Empuxe dcorpo= dliquído

3. Se flota Peso corpo < Empuxe dcorpo< dliquído

É importante sinalar que o empuxe non só actúa sobre corpos somerxidos en


líquidos, tamén actúa sobre os corpos somerxidos na atmosfera. Por exemplo, un
globo cheo de helio ascende porque o empuxe que fai o aire sobre el é maior que o
seu peso, e o mesmo ocorre cos globos aerostáticos. E, por extrano que pareza,
tamén actúa sobre as persoas e todas as cousas que nos arrodean.

Equilibrio na flotación

Cando un corpo flota emerxido nun líquido está en equilibrio, polo que Pcorpo = E.

Pero un corpo que flota non está totalmente somerxido no líquido polo que
Vcorpo ≠ Vliquido desaloxado xa que hai unha parte do corpo fóra do líquido e que, polo
tanto, non está desaloxando líquido.

Neste caso non coinciden o punto de aplicación do peso (centro de gravidade, G) e


o do empuxe (centro de flotación, F).

G
Empuxe
Empuxe

G F Peso

F
Peso

Cando un obxecto está flotando e en equilibrio, o centro de gravidade e o centro de


flotación están na mesma liña vertical (figura 1).

Se o corpo que flota se inclina, o CG e o CF deixan de estar na mesma liña e


convértense nun par de forzas que fan rotar ao corpo.

Nos barcos é moi importante que o centro de gravidade (G) estea situado por
debaixo do centro de flotación (F) porque neste caso a rotación producida polo par
de forzas (P e E) devolve o barco á posición inicial (figura 2). Pola contra, se o
centro de flotación está por baixo do centro de gravidade a rotación producida polo
par de forzas (P e E) fai que o barco volque.

You might also like