You are on page 1of 11

4º ESO 1

TEMA 5: ESTUDO DO MOVEMENTO (I)

DESCRICIÓN DO MOVEMENTO. CINEMÁTICA

1.- O MOVEMENTO DOS CORPOS


Afirmamos que un obxecto se move cando vemos que cambia de posición con
respecto a outro. Esoutro obxecto considérase que está en repouso e denomínase
sistema de referencia.

Para estudar un movemento pódese escoller calquera sistema de referencia, en


cada caso haberá que buscar o máis axeitado para o movemento que estamos a
estudiar. Por exemplo, para estudiar o movemento dos planetas arredor do Sol é
máis cómodo situar o SR no Sol en lugar de situalo na Terra.

Na maioría dos movementos que imos estudiar tomamos como sistema de


referencia puntos da Terra, aínda que moitas veces non se fai explícito.

2.- DESCRICIÓN DO MOVEMENTO.


2.1.- A POSICIÓN

Movemento é, pois, o cambio de posición dun


corpo ao longo do tempo respecto dun SR. Ao
corpo do que se estudia o seu movemento
chamámoslle móbil. Habitualmente o móbil ímolo
representar mediante un punto.

Traxectoria é o conxunto de puntos polos que


sucesivamente pasou ou pasará un móbil. A traxectoria dun coche é a estrada pola
que se está desprazando e nós representaremos o coche mediante un punto. Case
sempre se indica o sentido do movemento mediante unha frecha fóra da
traxectoria, apuntando no sentido en que se realiza o movemento (observa a
figura).

Segundo a súa traxectoria os movementos poden ser: curvilíneos ou rectilíneos.

A posición do móbil fíxase mediante un vector de posición. A variación do vector


de posición denomínase vector desprazamento.

Espazo percorrido ou espazo é a distancia realmente percorrida polo móbil


seguindo a traxectoria entre dous instantes de tempo.

a) Movementos rectilíneos.
O sistema de referencia é un punto
ao que se refiren as medidas para o S.R.
estudio do movemento.
Cando a traxectoria é rectilínea é máis
cómodo situalo nalgún punto desta
traxectoria.
4º ESO 2

r
Definimos vector desprazamento entre ∆ r
dous puntos ou dous instantes de tempo 1
como a diferencia de vectores de posición
r r r 2
∆r = r2 − r1 e será o vector que une eses dous
puntos, tendo a súa orixe no punto polo que pasa
primeiro, e o seu extremo no punto posterior.
O vector desprazamento representarémolo
r 3
sempre por ∆r .

O espazo percorrido representarémolo mediante a expresión ∆s, 4


onde o símbolo ∆ que hai antes do s lése sempre como “cambio de”, “incremento
de” ou “variación de”.

Nos movementos rectilíneos só coincidirá o espazo percorrido ∆s co módulo do


vector desprazamento, ∆r (a lonxitude do vector desprazamento), cando non haxa
ningún cambio de sentido, é dicir, cando o móbil non retroceda.

1
b) Movementos curvilíneos.
∆s
A lonxitude (módulo) do vector desprazamento
e o espazo percorrido polo corpo ∆s non teñen r
o mesmo valor: ∆r ≠ ∆s ∆r

c) Táboas posición-tempo (x-t) 2


Posto que moverse significa cambiar de posición co tempo, necesitamos dous tipos
de medidas: o tempo e as distintas posicións polas que vai pasando o móbil.

As posicións determinarémolas mediante a distancia desde os puntos da traxectoria


até un punto prefixado e que consideramos quieto ao que chamamos sistema de
referencia (S.R.). 6s
Na figura tes representada
unha traxectoria rectilínea onde 3s
se fixou un punto como
sistema de referencia. 2s
S. R.
Os outros puntos que están 1s
representados son puntos da 5m 8m 23 m
traxectoria alcanzados nos 4m
instantes de tempo 1, 2, 3 e 6
segundos respectivamente.

Isto quere dicir que no instante de tempo 3 segundos o móbil está a 8 m do


sistema de referencia, no instante de tempo 6 s o móbil está a 23 m de distancia do
sistema de referencia. Fíxate ademáis que a posición pode ter signo negativo, isto
quere dicir que nós eliximos como positiva a medida cara un lado, sendo negativa
toda medida cara ao outro lado.
4º ESO 3

En moitas ocasións, en lugar de darnos un diagrama como o anterior


preséntansenos os dados mediante unha táboa:

t (s) 1 2 3 6

x (m) -4 5 8 23

Como podes observar sempre podemos calcular o espazo percorrido restando entre
sí as distancias ao sistema de referencia (tendo en conta o seu signo).

Así, no exemplo anterior o móbil recorreu 15 m entre os instantes de tempo


comprendidos entre 3 e 6 segundos ou 12 m entre os instantes de tempo
comprendidos entre 1 e 3 segundos.

Do mesmo xeito un cambio de tempo representarémolo por ∆t.

Volvendo ao noso exemplo, podes observar como no primeiro segundo de


movemento o móbil recorreu 9 m, mentras no segundo segundo recorreu só 3
metros. Evidentemente moveuse máis apuradamente no primeiro segundo que no
segundo segundo.

2.2.- A VELOCIDADE

a) Velocidade media.

Tanto o vector de posición como o vector desprazamento cambian a medida que se


vai movendo o móbil, son polo tanto función do tempo. Defínese o vector
velocidade media entre dous instantes de tempo como o vector que resulta de
dividir o vector desprazamento entre eses puntos e o tempo transcorrido entre esas
dúas posicións.
r
r ∆r
vm =
∆t
O vector velocidade media ten sempre a mesma dirección e sentido que o vector
desprazamento. O seu módulo (valor da velocidade media) calcúlase dividindo o
módulo do vector desprazamento entre o intervalo de tempo correspondente:
∆r
vm =v m =
∆t
Nun movemento rectilíneo no que non haxa cambios de dirección nin de
sentido, coinciden, como xa vimos, o espazo percorrido e o módulo do vector
desprazamento ∆r = ∆s polo que o vector velocidade media terá de lonxitude o
cociente entre o espazo percorrido e a diferencia de tempo. Polo tanto, nese caso,
o seu módulo podémolo expresar mediante:

r ∆ r ∆s
vm = vm = =
∆t ∆t
Posto que dividimos unha distancia entre un tempo, as unidades para a velocidade
media serán metros partido por segundo, que a representaremos como m/s.
4º ESO 4

b) Velocidade instantánea.

Que o móbil teña unha velocidade media dada nun intervalo de tempo non significa
que en todo este tempo tivera esta velocidade. Isto podes velo máis intuitivamente
no movemento dun coche. Imaxina que no traxecto Xinzo-Ourense tardou 30
minutos en percorrer 30 quilómetros; o valor da velocidade media non nos dí nada
sobre o movemento do corpo en zonas concretas da súa traxectoria. Por exemplo,
nunha subida ou detrás dun camión iría moi lento, nunha baixada ou nunha recta
iría máis apresa. Sen embargo, se tomamos un intervalo de tempo moi pequeno e
calculamos a velocidade media, é máis probable que este número sexa case igual á
velocidade que leve o móbil no punto considerado.

Por isto imos definir a velocidade instantánea como a velocidade que ten un móbil
nun instante concreto da súa traxectoria.

A velocidade instantánea calcúlase igual que a velocidade media, só que tomando


un intervalo de tempo moi pequeno, de case cero. O cálculo matemático da
velocidade instantánea faise igual que o cálculo da derivada dunha función nun
punto, que estudarás o próximo curso.

O vector velocidade instantánea ten a mesma dirección que a traxectoria en cada


punto, é dicir, é sempre tanxente á traxectoria en cada punto.

2.3.- A ACELERACIÓN

a) Aceleración media.

A aceleración é unha magnitude que nos permite medir como cambia a velocidade
instantánea co tempo.

Imaxinando un móbil que no instante de tempo t1 ten unha velocidade v1


(velocidade instantánea) , e despois dun rato en que o tempo vale t2 a velocidade
ten outro valor v2. No intervalo de tempo comprendido entre t1 e t2 a velocidade
cambiou de v1 a v2, é dicir na cantidade v2 – v1. A aceleración mide o cambio da
velocidade co tempo:
∆v v2 − v1
am = =
∆t t2 − t1
Aceleración media é o cociente entre o cambio de velocidade e o cambio de
tempo.

Posto que dividimos un cambio de velocidade (que se expresa en m/s) entre un


cambio de tempo (medido en s), a unidade para a aceleración media será m/s2.

b) Aceleración instantánea.

Aceleración instantánea é o valor da aceleración que ten un móbil nun punto


concreto da súa traxectoria. O seu cálculo faise a partir da expresión da aceleración
media, calculada para unha variación de tempo moi pequena.

Nos movementos rectilíneos, a dirección do vector aceleración instantánea é


a da traxectoria, é dicir está situado sobre a recta na que se move o móbil, e o seu
4º ESO 5

r r r
sentido coincide co do vector ∆v = v 2 − v1 , é dicir, cando a velocidade aumenta o
vector aceleración ten o mesmo sentido que o vector velocidade, pero cando a
velocidade diminúe o vector aceleración ten sentido contrario ao vector velocidade.

v2 v2

2
2
v1
v1
a a
1
1

3.- ESTUDO DOS DISTINTOS TIPOS DE MOVEMENTOS

3.1.- MOVEMENTO RECTILÍNEO UNIFORMEMENTE ACELERADO.

A súa característica é que a aceleración ten sempre o mesmo valor, é dicir, a


velocidade varia sempre do mesmo xeito (aumenta ou diminúe sempre o mesmo
cada segundo).

Podemos calcular o valor da aceleración calculando a aceleración media xa que, ao


ter a aceleración sempre o mesmo valor, a aceleración media é sempre igual e
coincide en valor coa aceleración instantánea en calquera punto:
v − v0
am = a = = constante
∆t
v(m/s)
Gráficas v-t 40

A seguinte táboa v-t, corresponde a


un movemento uniformemente 30
acelerado:
20

v (m/s) 5 15 25 35 45 10
t (s) 0 1 2 3 4
1 2 3 4 t (s)

Se facemos a representación gráfica


da velocidade en función do tempo obteremos a recta da figura.

Fíxate que se trata dunha liña recta inclinada, de xeito que a velocidade vai
aumentando linealmente conforme pasa o tempo.

Sempre que ocorra isto o movemento é uniformemente acelerado.

Ecuación da velocidade

Se calculas matematicamente a pendente da recta da representación anterior,


4º ESO 6

dache o valor da aceleración instantánea:

35 − 5
am = = 10m / s 2 Polo tanto a ecuación desta recta terá a forma:
3−0
v = 5 + 10 t

E, en xeral, a ecuación que relaciona a velocidade co tempo para un movemento


uniformemente acelerado vén dada pola expresión:

v = vo + at
Onde vo é a velocidade cando o tempo vale cero, tamén chamada velocidade inicial,
v é a velocidade no instante de tempo t e a é o valor da aceleración. Esta ecuación
permítenos calcular a velocidade instantánea, é dicir, a velocidade en calquera
instante t.

Ecuación do desprazamento

Como a velocidade vai cambiando v(m/s)


continuamente, para calcular a posición
en que está o móbil nun momento
determinado teríamos que ir calculando v
E D
os desprazamentos que fai en
intervalos de tempo moi pequenos,
infinitesimais, (para que a velocidade
non cambie nese tempo v0 B
apreciablemente) e despois sumalos C
todos. Matemáticamente esta suma se
calcula como unha integral. O A
0 t t(s)
Malia que non sabemos integrar,
podemos facer ese cálculo a partir da gráfica v-t, xa que o valor do desprazamento
∆x realizado entre o instante inicial e o instante t, calcúlase como a área
determinada pola recta, os dous instantes de tempo e o eixo de abscisas, é dicir
como a área da figura AODC (esta é unha propiedade das integrais que estudiarás
en cursos superiores).

Para o cálculo desta área debemos ter en conta que está formada por un rectángulo
(OABC) de lados OA = t e OC = v0 e un triángulo (BCD) que ten como base BC = t
e como altura BD = v – v0:

∆x = área OADC = área OABC + área BCD = OA.OC + 1/2(CB.BD) e substituindo

∆x = vi.t + 1/2 (v – v0).t ; como v = v0 + a t , segundo vimos antes, entón

v – v0=a.t e podemos escribir ∆x = v0.t + 1/2 a.t.t, é dicir

1
∆x = v0t + at 2
2
Esta é a ecuación que nos da o valor (módulo) do vector desprazamento entre o
momento inicial (t=0) e o instante t. Lembra que esta ecuación vainos permitir
calcular tamén a distancia percorrida ∆s nese mesmo tempo sempre que non
4º ESO 7

haxa cambio de sentido no movemento, é dicir, sempre que o móbil non


retroceda nese intervalo de tempo.

Finalmente, se xo , é a posición do móbil cando empezamos a contar o tempo,


obtemos como expresión para a posición en calquer momento a seguinte:
1 2
x = x0 + v0t + at
2
Na maioría das ocasións, e tamén cando non se indica outra cousa, o valor de x0
tomarémolo como cero, isto é, supoñemos que no instante inicial o móbil está na
orixe do sistema de referencia (orixe de coordenadas).

Se volvemos ao noso exemplo de partida, a ecuación da posición en función do


tempo quedaría completa se poñemos os valores de a e v0:

1
x = 5t + 10t 2 = 5t + 5t 2
2
Gráficas x-t

A partir desta ecuación construimos a táboa de valores correspondentes á posición


en distintos tempos:

x (m) 0 10 30 60 100

t (s) 0 1 2 3 4

Como podes observar, neste movemento o espazo


percorrido non ten o mesmo valor cando tomamos x
os mesmos intervalos de tempo, canto máis (m)
adiante, máis espazo percorre no mesmo tempo.
Isto é lóxico, xa que a velocidade cada vez vai
aumentando máis.

A representación gráfica x-t, feita cos valores


da táboa anterior será:

Fíxate que esta representación dá unha parábola


(o que corresponde a unha ecuación de segundo grao).
t(s)

Sempre que teñamos unha representación x-t con forma de parábola, o


movemento é uniformemente acelerado.

3.2.- MOVEMENTO POR EFECTO DA GRAVIDADE TERRESTRE

Como xa sabemos, todos os corpos nas proximidades da Terra, ou doutro planeta


calquera, son atraídos cara á súa superfície pola acción da forza gravitatoria. Isto
provoca que os corpos que non están suxeitos ou apoiados dalgún xeito se vexan
acelerados cara á Terra cunha aceleración constante á que chamamos aceleración
da gravidade (en realidade chámase intensidade do campo gravitatorio). O valor
desta aceleración debida á gravidade terrestre é ‒9,8 m/s2 e como xa indicamos é
4º ESO 8

sempre vertical cara abaixo.

Segundo o anterior o movemento dos corpos por efecto da atracción gravitatoria é


sempre un movemento uniformemente acelerado pero vertical e as ecuacións a
aplicar son as mesmas que xa estudiamos para o MRUA. Nestes movementos
consideraremos positivas as velocidades cara arriba e negativas as que vaian cara
abaixo.

Nas ecuacións destes movementos soemos escribir "-g" en lugar de "a" porque
sempre coñecemos o valor da aceleración: é a aceleración da gravidade que se
representa sempre por un vector vertical dirixido cara abaixo.

Tamén soemos escribir "y" en lugar de "x" porque as distancias percorridas son
verticais. Nestes movementos imos situar o sistema de referencia no chan.

Imos considerar dúas situacións moi frecuentes:

1- Caída libre

Prodúcese cando un obxecto cae desde unha determinada altura h polo seu propio
peso (ninguén o lanza cara abaixo). Neste caso no instante inicial (t=0) a
velocidade vale cero porque o obxecto está parado (vo=0) e a posición coincide coa
altura á que estea (yo=h).

A ecuación da velocidade durante a caída será: v=vo-gt e substituindo v = ‒gt


(1)

O tempo que dura a caída (tempo que tarda en chegar ao chan) podémolo calcular
tendo en conta que cando chegue ao chan está na orixe do sistema de referencia
polo que y=0, é dicir, o tempo que tarda en chegar ao chan é o que tarda en pasar
da posición inicial y0=h á posición final y=0. Como

1 2 1 1 2
y = y 0 + v0t − gt ; 0 = h + 0.t − gt 2 ; 0=h− gt e despexando resulta
2 2 2

t = 2h g
Se queremos calcular a velocidade coa que chega ao chan, só hai que substituir
este valor do tempo na ecuación (1) da velocidade.

2- Lanzamento vertical cara arriba

Prodúcese cando comunicamos a un obxecto unha velocidade (v0≠0) cara arriba


para que suba. Evidentemente a aceleración da gravidade vaino freando e chegará
un momento no que o pare (v = 0), nese instante alcanza a súa altura máxima.

O tempo que dura esta subida depende da velocidade de lanzamento:

0=v0‒gt e t = v0/g.

Unha vez que alcanzou a altura máxima, como a aceleración da gravidade segue a
actuar, empezará a caer de novo e, como nese momento está parado, o
movemento é unha caída libre desde a altura máxima que alcanzou.
4º ESO 9

Como vai percorrer a mesma distancia que cando subíu e está sometido á mesma
aceleración, chegará abaixo coa mesma velocidade coa que foi lanzado pero de
sentido contrario e tardará o mesmo tempo en caer que o que tardou en subir.

3.3.- MOVEMENTO RECTILÍNEO UNIFORME

Caracterízase porque a velocidade ten sempre o mesmo valor, non cambia. Isto
r
significa que non ten aceleración: a = 0

A ecuación da velocidade será entón v = vo + at e como a= 0, v = v0

Como a velocidade non varía, coincidirá o valor da velocidade media co da


velocidade instantánea. v (m/s)
Se facemos a representación
gráfica da velocidade en función do
tempo, obteremos a que ves á
dereita, xa que para distintos V0
instantes de tempo a velocidade
instantánea ten o mesmo valor.
Por isto a representación v-t para
un movemento uniforme dá
sempre unha línea recta 5 10 15 20 t (s)
horizontal. x(m)

Para calcular a posición, ao ser a=0 resulta:

1 2 x
x = x0 + v0t + at = x 0 + v 0 t
2
xo
Se facemos a representación gráfica do
espazo percorrido en función do tempo
obteremos a gráfica que tes agora á dereita
que é unha recta en lugar dunha parábola
porque desapareceu da ecuación o término de 0 t
t2. t(s)

Cando nunha representación gráfica x-t resulta unha recta inclinada, trátase dun
movemento uniforme.

Se calculas matematicamente a pendente da recta da representación anterior, dá o


valor da velocidade media que obtiveches antes.

Esta pendente pódese calcular tomando dous puntos da recta, e dividindo a


diferencia de ordenadas deses puntos entre a diferencia de abscisas.

3.4.- MOVEMENTOS CIRCULARES.

a) Compoñentes intrínsecas do vector aceleración.

Nos movementos circulares o vector velocidade está cambiando de dirección


4º ESO 10

continuamente.

Sempre que hai cambio no vector velocidade haberá aceleración. O vector


velocidade varía porque cambia de dirección e, ademais, tamén pode cambiar o
seu valor (módulo).

Podemos considerar o vector aceleración como


o resultado de sumar dous vectores perpendicu-
r
lares entre sí, é dicir, podemos descompoñer o aN r
vector aceleración instantánea e considerar os seus aT
r r r
vectores compoñentes: a = aT + a N
r
No debuxo pode observarse que: a =a = a T2 + a N2 a

Un dos vectores compoñentes, chamado aceleración tanxencial


mide o cambio do módulo (do valor) do vector velocidade.

Este vector é sempre tanxente á traxectoria. Ten o mesmo sentido do vector


velocidade cando o módulo (valor) desta aumenta e sentido contrario ao vector
velocidade cando o valor da velocidade diminúe.

Sempre que nun movemento circular cambie o valor da velocidade haberá


aceleración tanxencial.

O outro vector compoñente chámase aceleración normal ou centrípeta. A súa


dirección é perpendicular á tanxente no punto considerado, polo tanto ten sempre
a dirección do raio da curva, é dicir, vai sempre dirixido cara ao centro da curva.
Mide o cambio da dirección do vector velocidade.
v2
O seu módulo (valor) ven dado pola expresión: a N = onde R é o radio da
R
curva, e v é o módulo do vector velocidade no punto considerado.

En todos os movementos circulares haberá aceleración normal, dirixida cara ao


centro da circunferencia, na dirección do raio, porque o vector velocidade está
continuamente cambiando de dirección.

b) Ángulo xirado e velocidade angular

Pensa nas aspas dun ventilador xirando, non todos os puntos das aspas teñen o
mesmo valor (módulo) do vector velocidade porque os que están máis próximos ao
eixo de xiro describen circunferencias máis pequenas que os máis alonxados polo
que percorren menos espazo no mesmo tempo.

Por esta razón, para describir os movementos circulares resulta máis cómodo
utilizar magnitudes angulares: ángulo xirado (medido en radiáns) represéntase
por θ, velocidade angular (medida en rad/s) que se representa por ω e
aceleración angular (medida en rad/s2), representada por α.

Movemento circular uniforme

É o que ten calquera obxecto que describe unha circunferencia con velocidade
angular constante.
4º ESO 11

A velocidade angular, defínese como o


ángulo abarcado por unidade de tempo:
θ
θ −θ0
ω= = constante θ0
t O

O ángulo mídese sempre en radiáns (180º equivalen a π


radiáns).

A unidade que corresponde á velocidade angular será polo tanto rad/s.

Definida así a velocidade angular, se a coñecemos podemos utilizala para o cálculo


de calquera ángulo que abarque o raio onde está o móbil nun tempo calquera:
θ = θ 0 + ω.t

Por outra parte chamamos T ao período, é dicir, ao tempo que tarda en dar unha
volta á circunferencia, (é dicir, o tempo que tarda en abarcar un ángulo de 2π
radiáns).

Polo tanto podemos expresar a velocidade angular en función do período;


∆θ 2π
ω= =
t T
Se r é o raio da circunferencia e situamos o SR no centro, o espazo percorrido (s)
nunha volta completa sería s = 2πr e a velocidade pódese calcular como:

2π .r
v= = ω.r e, polo tanto, a velocidade ten sempre o mesmo valor.
T
Utilízase tamén moito a frecuencia, f, definida como o número de voltas
(revolucións) que da o móbil por unidade de tempo. No Sistema Internacional a
unidade de frecuencia é o Hertz (Hz) que equivale a 1 rev/s. En moitos casos
soe darse a frecuencia en rpm (rev/min). É obvio que T=1/f xa que se un móbil ten
unha frecuencia de, por exemplo, 2 rev/s (Hz) tardará 0,5 s en dar unha revolución
(volta).

Coñecida a frecuencia podemos calcular a velocidade angular tendo en conta que


cada revolución (volta) corresponde a un ángulo de 360o=2π rad polo que

ω = 2π . f e v = ω.r = 2π . f .r

Fíxate que o movemento circular uniforme ten sempre r


aN
aceleración porque aínda que a velocidade non cambia de
valor, e polo tanto non hai aceleración tanxencial, si que
hai acleración normal por ser un movemento curvilíneo e v
vale sempre o mesmo:

v2
aN = = constante
R

You might also like