You are on page 1of 11

TEMA 1: As magnitudes e a súa medida

Historia da Bechamel: éxito asegurado


- Non tiña medidas exactas
- Experiencia, falta de referentes

Magnitude: calquera característica dos corpos que se pode expresar en cantidades.


As magnitudes poden cuantificar (dar un valor) e poden compararse entre elas. Por
exemplo: a altura de dúas persoas se pode comparar.
Exemplos de magnitudes: volumen (capacidade), lonxitude, superficie, masa e o peso,
tempo, temperatura, presión, enerxía, densidade, peso e as unidades monetarias.
*As subrayadas son as que se traballan en Primaria, as que recolle o currículo. A
velocidade ao final vaise traballando cando tocamos o tempo nalgunhas situacións e
relacionaremola coa lonxitude. Na mesma liña, a densidade vese de forma mais oculara
cando se traballa o peso e o volume.
Medir: determinar a lonxitude, a superficie, o volume ou a intensidade de (algo ou
alguén) comparándoo coa unidade que se toma como padrón
Medida: cada unha das dimensións dun corpo, que se coñecen ao medilas.

UN POUCO DE HISTORIA

TIPOS DE MAGNITUDES
 Extensivas: que se poden sumar
 Intensivas: as que non se poden sumar. Por exemplo a densidade

 Magnitudes escalares: son as que dan igual a colocacion. Por exemplo a


superficie
 Magnitudes vectoriales: son as que necesitan dirección e sentido. Por exemplo:
a velocidade ou a forza.

 Magnitudes continuas: pode medir calquera valor, sempre vas a atopar unha
unidade mais pequena, a podes dividir en dous. Por exemplo: podemos medir
menos de un cm.
 Magnitudes discretas: algo que pode tomar calquera valor, medir o que sexa.
Por exemplo as cantidades de canicas que podes repartir entre x personas.

 Magnitudes fundamentais: non necesitan magnitudes previas. Por exemplo:


lonxitude, masa, temperatura, tempo
 Magnitudes derivadas: é unha magnitude que deriva en función de magnitude
fundamental, defínense a partir das fundamentais. Por exemplo: volumen,
densidade, velocidade.

CANTIDADE DE MAGNITUDE
É o grado ou intensidade coa que unha magnitude se atopa nun obxecto.
Comparación segundo unha magnitide
Acción froito da comparación: clasificar, ordenar.
A clasificación en función da igualdade respecto a unha magnitude da
lugar a idea de cantidade de magnitude; é decir, se temos un rotulafor,
representa todos os obxectos con esa lonxitude, entón todos os obxectos
con esa lonxitude teñen a mesma magnitude.

Para comprender unha magnitude, o primeiro que facemos e comparar, ordenar e


identificar en obxectos concretos.
A conservación e transitividade son termos difíciles de asimilar para os nenos de
primaria
- Conservación: quere decir que unha magnitude non varía fronte a determinadas
transformacions. Por exemplo se temos o rotulador, o movemos, o gardamos, o
poñemos enriba da mesa, non vai variar a súa lonxitude. A lonxitude do reloxo
de man (a correa), da igual que persoa a poña (coa moneca mais ou menos
grosa) a lonxitude non varía.
- Transitividade: ser capaces de empregar obxectos intermedios para comparar,
tendo en conta a conservación. Por exemplo: temos tres amigos Lucía, Candela
y Marcos y sabemos que Lucía es mas alta que Marcos; y que Marcos es más
alto que Candela. La pregunta es ¿Es Lucía más alta que Candela? Al ser
capaces de contestar a la pregunta estamos aplicando la transitividad.
Esto se aprende co paso do tempo, e os nenos va a terminar adquirindo estas
capacidades

DE CANTIDADE DE MAGNITUDE Á MEDIDA


Recordemos que unha magnitude pode cuantificarse.
Imos empezar facendo estimacións sensoriais e logo comparar, por último a
comprobación a través de un patrón.
1. Identificamos a magnitude e estimamos a cantidade en
termos absolutos: a tartaruga é moi lenta, o elefante é moi
grande
2. Comparación
a. Os obxectos poden clasificarse empregando a
comparación
b. Os obxectos poden ordenarse empregando a
comparación
3. Aritmetización: medir, dar un número, é dicir, ver cantas
veces colle un obxecto dentro de outro que usamos como
patrón.
O fundamental para medir é ter ben a conservación
adquirida
Exemplos dos seus fillos: ponlle un exercicio contextualizado no que teñen que
dicir canto é a altura do unicornio. A filla faino cos dedos e o fillo colle as
regletas. A diferencia é que no caso do fillo esta adquirida a conservación, xa
que se da conta que ao poñer unha regleta enriba doutra, fai unha lonxitude
maior.
4. Comunicación
a. Tomamos un obxecto cunha cantidade de magnitude fixa
b. Dámoslle unha estrutura matemática compatible coa resolución de
problemas

PROCESO DE MEDIDA
UNIDADES DE MEDIDA
As unidades de medidas nos serven para comparar indirectamente magnitudes,
comunicar cantidades de magnitudes, acertadas para a realización de problemas de
medidas.
Deben ser universais (todos deben coñecelas), de manexo doade, e axeitadas para a
realización de operacións.
Como evolucionan os sistemas de unidades
Nun principio eran bastante arbitrarios, no sentido de que casa un usaba o seu, eran
bastante informais, antropomorfas, é dicir que usaban partes do corpo. Ademais
dependían do emisor e receptor.
Máis adiante, había que comunicarse un pouco mellor, polo que aparecen as unidades de
medida tradicionais, que son a pequena escala (locais) que sirven para comunicarse
entre a xente. Por exemplo: un ferrado, que se trata de unidade de volumen
aproximadamente 500 m2 entre 12 e 20 kg, 60x30x20 cm3. Un cerrado en Pontedeume
mide 548m2 e outro en Santiago de Compostela 629m2.
*Asterix y Cleopatra, pode ser un recurso, xa que en una de las aventuras que les
sucede, está relacionada con medidas, las medidas de Exipto, que miden unha distancia
en pisadas e non lle cadra, xaque a pisada non é a mesma dun que doutro, o que fai que
expliquen as relacións das medidas.
Estes sistemas de medidas tradicionais, nos dificultan a comunicación, e chegu un
momento no que a ciencia evolucionou, e comezou a haber mais comunicación
científica en Europa, por un lado, e en Reino Unido por outro (había moita rivalidade
científica), entón apareceron dous sietmas de unidades de medida diferentes.
- Sistema métrico decimal: se basea no metro. Trátase dunha cantidade arbitraria
e a partir do metro definíronse outras cantidades.
Por exemplo: un kilogramo é o peso dun dm cúbico de auga, definiuse a partir
do metro (1dm de auga é un litro).
O tempo, ángulos non se miden en base 10, se mide en base 60 (sexaxesimal).
Para ter un minuto necesitas 60 segundos.
- Sistema Internacional (SI): derivado de SND, é o que se emprega actualmente
dentro da ciencia.
As unidades de medida, son aceptadas por consenso pola comunidade científica.
En total hai 7 unidades fundamentais, o resto son derivadas.
ADQUISICIÓN E ENSINO-APRENDIZAXE DA MEDIDA
Primeiro nos damos conta de que existe a magnitude, despois somos conscientes de que
podemos comparar os corpos con esa magnitude, despois comparamos eses corpos a
través dun patrón.
Estadios Piagetianos da adquisición da medida
1. Comparación perceptiva directa (termina aos 6 anos)
Vai a ser como nos chegen os nenos dende infantil, vanse comportar desta
maneira. Estaríamos na etapa das operacións concretas
Para entender ben esta comparativa directa temos que comprender cal é o seu
historial evolutivo.
Evolutivamente os nenos aos 6 anos son moi egocéntricas, soamente aceptan o
que están vendo aquí e agora. Se lle preguntamos que rotulador é máis alto vai a
depender de como os coloquemos e de como os vexan...
Non hai conservación de cantidade. Os rotuladores son iguales, pero se ven que
os colocamos nun sobre e un sobresae mais, pensan que un é mais grande que
outro.
Non establecen relacións entre distintas magnitudes (altura e anchura)

2. Desprazamento de obxectos (ata os 6-7 anos)


Desprazan os obxectos para comparar, os manipulan, non se fían so dos seus
sentidos.
Evolutivamente aquí os nenos comezan coa conservación e a transitividade, pero
non hai relacións parte/todo.
Move, sopesa, transvasa, observa direfentes variables (correcta ou
incorrectamente), busca referentes para comparar e emprega obxectos
intermedios, dificultade nas relacións parte/todo (sumar, descompoñer e
compoñer...)

3. Unidades obxectais (7-8 anos)


Xa estamos empregando obxectos intermedios e unidades de medida.
Evolutivamente os nenos teñen unha idea intuitiva de medida, pero non hai
relacións parte/todo.
Pode contar cantas veces colle un obxecto dentro doutro e relaciónao coa
cantidade de magnitude, pero non comprende as relación parte/todo (non suma
nin comprende as subdivisións)

4. Unidades de medida estándar, convencionais (ata os 8-9 anos)


Son capaces de operar correctamente, e teñen suficiente capacidade de
abstracción. Xa non dependen dos sentidos.
A medida xa é adulta, comezan a comprender a partición da unidade e a
empregar as relacións parte-todo de forma significativa. Por exemplo, se lle
pedimos que calculen a superficie dunha figura, son capaces de dividila en dous
e calculala por separado.
A conservación está completamente adquirida polo que son capaces de distinguir
os cambio que si implican cambio de magnitude. Comezan a facer estimacións
con operacións.
A medida pasa do manipulativo ao numérico

Observacións a Piaget
FASES DE ADQUISICIÓN DAS MAGNITUDES E A MEDIDA
É un modelo didáctico baseado no modelo evolutivo de Piaget.
1. Percepción de magnitude
O primeiro é darnos conta de que existe para poder traballar con ela. As crianzas
nesta fase e cando empregan un vocabulario cuantitativo e en termos absolutos
(1 curso, é o que sucede normalmente en infantil).
Falan de grande e pequeno. Unha montaña é grande, pero non son capaces de
saber que é mais grande a montaña ou o elefante.
2. Comparación e ordenación
Comeza a aparecer a idea de cantidade de magnitude, ainda que non lle damos
un número, pero sabemos que as cousas non son tan absolutas
Seguimos tendo estimacións sensoriais, pero non totalmente.
Emprego cualitativo de termos relativos. Comezan a empregar termos
comparativos (maior que, menor que...) pero non imos cuantificar (soamente
falamos de aspectos sensoriais). 1-2 de primaria, en 2 xa estaría superada esta
fase. Un exemplo pode ser a actividade que fixemos dos recipientes.

3. Conservación da magnitude
Un obxecto que sofre unha determinada transformación, por exemplo, con
plastilina.
Non temos que facer tarefas que consisten en adiviñar. Nun primeiro momento
mostrámoslle os dous exemplo e que vexan que son iguais, e logo e cando
modificamos un e teñen que dicir se son iguales ou non. A superficie pódese
traballar co tangram.
Aínda no aparecen as relacións parte-todo, é dicir, as operacións non se realizan
correctamente. Si que van a comparar achegando obxectos e van a ser
conscientes de que para estimar, por exemplo a capacidade dun recipiente si que
van a ter en conta a altura e a anchura, é dicir, teñen en conta distintas
variables.
Ademais aparece a transitividade, que é a propiedade que nos permite usar
obxectos intermedios para comparar.
Comprenden a conservación pero non son capaces de aplicalo, na seguinte fase
si. (2-3 curso)
4. Uso de referentes
Emprego de obxectos intermedios para comparar
Afianzamento da conservación e as relacións parte-todo,
Aparece a idea de unidade de medida. Por exemplo: unha rapaza que non sabe
canto é unha hora e se lle di que é o que dura un partido de fútbol, está
empregando referentes. (3-4º primaria)

5. Aritmetización
Unidades non convencionais e unidades convencionais
Emprego de instrumentos e resolución de problemas.
Empezamos a medir tal e como coñecemos a medida, o primeiro que fan e
empregar correctamente unidades de medidas non convencionais. (4-6 curso)

SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE PARA AS FASES


- Identificación
o Recoñecemento: obxectos nos que a magnitude a traballar sexa
predominante. Para recoñecer a magnitude vamos a comezar
manipulando obxectos.
o Vocabulario relativo á magnitude (longo, curto, pesado, lento...)
o Conservación: emprego de cintas inextensibles (gomas non valen),
realización de trasvases, composición e descomposición (a podemos
traballar con plastilina)
o Non teñen a idea de cantidade. Se temos unha bola de plastilina e a
separamos en dous non son conscientes de que é a mesma cantidade
- Comparación directa
o Comparacións e estimacións sensoriais
o Vocabulario e traballo metacognitivo (e tan grande como, cabe mais aqui
que alí...)
o Comprobación mediante o achegamento, o trasvase, a balanza...
o Traballo de conservación (o que fixemos nas interactivas)
- Comparación indirecta
o Ordenación de tres ou mais elementos segundo unha magnitude. (para
eso empregamos a transitividade) e decir cando fixemos o exercicios de
comparar os vasos de café, primeiro comparabamos dous e o que mais
pesase de ese dous o comparabamos co seguinte…
o Ampliación do vocabulario e traballo metacognitivo
 Neste tipo de actividades comeza a traballarse a transitividade
- Referentes
o Comparación e estimacións empregando o propio corpo como referente
o Comparacións e estimacións empregando obxectos intermedios
coñecidos
o Ampliación do vocabulario e traballo metacognitivo
- Unidade de medida arbitrarias
o Medición de obxectos para resolver problemas. Cálculos sinxelos
o Construción de obxectos cunha medida dada
o Emprego de instrumentos de medida (arbitrarios)
- Unidades de medida estándar
o Medición de obxectos para resolver problemas. Cálculos sinxelos
o Construción de obxectos cunha medida dada
o Emprego de instrumentos de medida
- Equivalencias de medidas
o Resolución aritmética de problemas de medida
o Estudo do erro e a precisión nas medidas
- Estimación mediante cálculo
o Resolución aritmética de problemas de medida
o Relacións aritméticas entre variables

MAGNITUDES NA AULA
Lonxitude

Superficie

Sabemos que é unha magnitude derivada, polo que podemos traballar a superficie,
calculando dúas lonxitudes.
A superficie é o que ocupa un obxecto e para coñecela podemos empregar medidas no
convencionais: a través de cuadrícula, procedementos unidimensionais ou dimensionais

Capacidade

É necesario que manipulen, xa que a través de un libro non poden saber que obxecto ten
mais capacidade.
É interesante que empreguemos diferentes recipientes, xa que hai algúns que aun tendo
unha forma completamente diferente, teñen a mesma capacidade.

Masa

Tempo

Pódense empregar unidades de medidas diferentes, como un reloxo de area, medir en


palmadas canto tarda en chegar unha persoa...
Hai diferencia con respecto a outras magnitudes nas que usamos un sistema decimal, no
tempo se emprega o sexaxesimal. Non sempre é así, xa que un día ten 24 h e unha
semana 7 días. O tempo é un sistema irregular.

Diñeiro

Pódese traballar con bloques multibase, xa que é moi fácil de visualizar. Temos o cubo,
a barra, a placa e o bloque.
Se a placa lle damos o valor dun euro, o neno si que pode ver que un céntimo, que sería
o cubo, estaría contida 100 veces nun euro.

You might also like