You are on page 1of 140

Bloque II.

Análise da situación
educativa e o proceso de ensinanza-
aprendizaxe
Navarro, J. I. e Martín, C. (coords.) (2010). Psicología de la
educación para docentes (pp. 21-42). Madrid: Pirámide.
Prados, M. M., Pertegal, M. A., Sánchez, V., Reina, M. C.,
Sánchez-Queija, I., … e Mora, J.A. (2014). Manual de
psicología de la educación. Para docentes de Educación
Infantil y Primaria (pp. 19-39). Madrid: Pirámide.
Sampascual, G. (2007). Psicología de la Educación. Tomo I (pp.
71-216). Madrid: UNED.
 Tema 2. Modelos de aprendizaxe condutual.
Aprendizaxe como adquisición de resposta
 Tema 3. Teorías cognitivas da aprendizaxe.
Aprendizaxe como adquisición de coñecemento
 Tema 4. Teorías construtivista e sociocultural.
Aprendizaxe como construción de significado
• Teorías Condutistas (E-R)
• Condicionamento clásico (contigüidade E-R)
• Condicionamento operante (E-R marcada por reforzo)
• Teorías Cognitivistas (E-O-R)
• Aprendizaxe observacional ou vicario (cognitivo social)
• Procesamento da información
• Teoría de Gagné
• Teorías Construtivistas
• Teoría de Vygostky
• Teoría de Bruner
• Teoría de Ausubel
Cambios relativamente estables, non prefixados, no comportamento,
nas capacidades de execución… por efecto das na experiencias que
se viven, nas que a persoa se involucra ou participa dunha ou outra
forma.
Cambio, máis ou menos, permanente na conduta como resultado da
práctica ou a experiencia.
(adquirir información, coñecementos, hábitos, actitudes, valores,
crenzas…)
Non é aprendizaxe: cambios ocasionados pola maduración, unha
enfermidade, a fatiga…
MODELOS DE APRENDIZAXE
CONDUTUAL
• O paradigma condutista.
• A aprendizaxe como asociación E-R.
• Formas básicas de aprendizaxe.
• Sensibilización.
• Habituación.
• Aprendizaxe por contigüidade.
• Condicionamento.
• Condicionamento.
• Clásico.
• Instrumental.
• Aplicación na aula.
 Céntranse na conduta observable. (Calquera acción que se realice
e poida ser observada).
 O comportamento explícase polas experiencias observables, non
por procesos mentais.
 Definen a aprendizaje como os cambios permanentes producidos
no suxeito que poden observarse.
 Fundamento da aprendizaxe: asociacións E-R.
 A conduta pode predecirse.
 Continuidade entre aprendizaxe animal-humano.
• A aprendizaxe enténdese como un cambio relativamente estable no
comportamento (OBSERVABLE) por efecto da experiencia, que se
produce mediante asociación.
• O comportamento explícase en termos de relaciones entre estímulos e
respostas.
• Estudia cambios no comportamento que se producen a partir de
variables directamente observables e medibles.
• Ten un valor importante para a supervivencia. As asociacións que se
establecen permiten predicir sucesos importantes a partir de sinais ou
indicios proporcionados con anterioridade.
• Sensibilización
• Habituación
• Apr. por contigüidade
• Condicionamiento:
• Clásico
• Operante o instrumental.
• Aprendizaxe por Sensibilización.

Aumento da capacidade de resposta ante un Estímulo (E)


pola súa presenza reiterada.
• Aprendizaxe por Habituación

Redución ou supresión dunha resposta a un estímulo


persistente (non é por fatiga, é resultado dun proceso de
aprendizaxe).
• Aprendizaxe por contigüidade.

Sempre que dous estímulos ou sensacións van xuntos en


numerosas ocasións, se logo un presenta por separado,
actúa como Estímulo e o outro como Resposta.
• Aprendizaxe por condicionamento:
Aprendizaxe por asociación dun elemento con outro.
• Clásico.
• Instrumental.
• O paradigma condutista.
• A aprendizaxe como asociación E-R.
• Formas básicas de aprendizaxe.
• Sensibilización.
• Habituación.
• Aprendizaxe por contigüidade.
• Condicionamento.
• Condicionamento.
• Clásico.
• Instrumental.
• Aplicación na aula.
• Definición, elementos e proceso.

É aprender a transferir, a dar unha resposta natural a un


estímulo, anteriormente neutro, que non producía no
organismos ningún tipo de resposta previa ao proceso de
condicionamento.
• Elementos e proceso.
Antes do CC: Durante o CC:
EN (campana)-------No R EN (campana) + EI (comida)=RI (salivación)
EI (comida)----------RI (salivar) (en repetidas ocasións)

Despois do CC:
EC (campana) ------------ RC (salivación)

REQUISITOS: 1º. Orde (1ºEN, 2º EI)


2º. Tempo (escaso entre EN-EI)
3º. secuencia repetida
• Lei da Adquisición: emparellamento EN-EI repetidas veces
da R nova.
• Lei da Xeralización: extensión de Rc a situacións semellantes
á que provocou o condicionamento.
• Lei da Extinción: desaparición progresiva da RC por non ir
EC con EI.
• Lei da Discriminación: responder de modo diferente aos Es
parecidos, pero non iguais.
• Lei do Condicionamento de orde superior: Es. que se asocian
a unha situación desagradable poden producir o mesmo efecto
que esa situación.
 Condicionamento clásico

▪ A asociación entre o estímulo e a resposta é independente


das consecuencias
 Condicionamento operante

▪ A asociación entre o estímulo e a resposta depende do


reforzo ou castigo que segue á execución da resposta.
– Lei do efecto
E-R→Consecuencia satisfactoria R↑
E-R→Consecuencia desagradable R↓ ¿?
– Lei do exercicio (uso ou desuso)
E-R →Reforzo+E-R →Reforzo…> conexión E-R
– Lei da disposición
As estruturas nerviosas que interveñen na conexión E-R
están dispostas para establecer dita asociación.
• A maior parte das nosas condutas emítense voluntariamente operando sobre
o ambiente unha determinada consecuencia.
• O comportamento é un instrumento para obter un resultado concreto.

• Conduta operante: resposta voluntaria, espontánea e non reactiva.


 A conduta operante vén determinada por:
▪ Estímulos antecedentes ou discriminativos (que acontece antes de que a
conduta se produza?).
▪ Estímulos consecuentes agradables ou desagradables (reforzador) (que
acontece logo de que se produza a conduta?).
 O que determina a conduta é o ambiente.
 O que ofrece o ambiente (reforzador) é consecuencia da resposta (conduta
operante ).
 Diferenza entre Condicionamento clásico e Condicionamento operante:

▪ No condicionamento clásico a consecuencia dos fenómenos é


independente da resposta, está asociado ao estímulo incondicionado.
▪ No condicionamento operante o REFORZADOR está asociado á resposta
condicionada (aprendida).
▪ No condicionamento operante pode haber estímulos DISCRIMINANTES
(o reforzador só aparece ante un determinado estímulo).
CONSECUENCIAS
– TIPOS
• Reforzo/Castigo
• Positivos/negativos
• Primarios/Secundarios
– PROGRAMAS
• Continuos
• Intermitentes
• Razón fixa
• Razón variable
• Intervalo fixo
• Intervalo variable
REFORZADORES
TIPOS
• Reforzo: Toda consecuencia dunha conduta que incrementa a posibilidade
de que esta se repita.
• Positivo: tras a emisión da conduta operante obtemos algo desexado/agradable.
• Negativo: tras a emisión da conduta operante retírannos algo molesto/desagradable.
• Castigo: Toda consecuencia dunha conduta que diminúe a posibilidade de
que esta se repita.
• Positivo: tras a emisión da conduta operante obtemos algo molesto/desagradable.
• Negativo: tras a emisión da conduta operante retírannos algo desexado/agradable.
REFORZADORES
TIPOS
• Primarios (incondicionados): Son independentes da historia ou
experiencias da persoa.
• Ex: comida, bebida, temperatura...

• Secundarios (condicionados): A súa capacidade reforzante depende


das vivencias da persoa. Estímulos neutros que a través da
aprendizaxe adquiren a capacidade de reforzar a conduta.
• Ex: cartos, sorrisos…
Labrador, 2010
CONDICIONAMENTO OPERANTE
 Que estímulos empregar como reforzadores?
Principio de Premack

Unha conduta con alta frecuencia de aparición (xogar no ordenador) pode


ser empregada para reforzar unha conduta con baixa frecuencia de
aparición (facer os exercicios).

 Para aplicar o principio de premack é importante observar que condutas


realiza o alumnado con maior frecuencia e entusiasmo.
REFORZADORES
– PROGRAMAS CONTINUOS
– PROGRAMAS INTERMITENTES
• Razón fixa: A recompensa ou reforzador adminístrase tras a realización dun determinado
número de respostas operantes FIXAS.
• Razón variable: A recompensa ou reforzador adminístrase tras a realización dun
determinado número de respostas operantes VARIABLES, en torno a un valor medio.
• Intervalo fixo: A recompensa ou reforzador adminístrase tras a un tempo determinado
FIXO, independentemente da resposta.
• Intervalo variable: A recompensa ou reforzador adminístrase tras a un tempo
determinado VARIABLE, independentemente da resposta e en torno a un valor medio.
Labrador, 2010
• O paradigma condutista.
• A aprendizaxe como asociación E-R.
• Formas básicas de aprendizaxe.
• Sensibilización.
• Habituación.
• Aprendizaxe por contigüidade.
• Condicionamento.
• Condicionamento.
• Clásico.
• Instrumental.
• Aplicación na aula.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
Obxectivos:
- Conseguir que o alumnado aprenda ou incremente as condutas desexadas.
- Conseguir que o alumnado debilite ou elimine as condutas non desexadas.
Procedemento xeral:
• Definir o obxectivo. Determinar a conduta OBSERVABLE que se quere modificar,
en termos de respostas operativas e medibles. (Ex: ser bo estudante?)
• Establecer a liña base. Observar e rexistra a conduta para establecer a liña base
(frecuencia e duración coa que se presenta na aula).
Establecer liña base…

Labrador, 2010
Establecer liña base…

Labrador, 2010
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
Obxectivos:
- Conseguir que o alumnado aprenda ou incremente as condutas desexadas.
- Conseguir que o alumnado debilite ou elimine as condutas non desexadas.
Procedemento xeral:
• Definir o obxectivo. Determinar a conduta OBSERVABLE que se quere modificar, en
termos de respostas operativas e medibles. (Ex: ser bo estudante?)
• Establecer a liña base. Observar e rexistra a conduta para establecer a liña base
(frecuencia e duración coa que se presenta na aula).
• Planificar a intervención e determinar as técnicas que se van empregar. Quen vai
reforzar? Onde, cando e como intervir? Que técnicas seleccionar? Que reforzadores
empregar?
• Avaliación dos resultados. Comparar as medidas obtidas ao longo do proceso de
intervención coas reflectidas na liña base.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Técnicas para incrementar as condutas desexadas
– Reforzamento positivo
• Atención d@ mestr@
• Moldeamento
• Economía de fichas
• Contratos de contixencia
– Reforzamento negativo
• Técnicas para reducir ou suprimir as condutas non desexadas
– Extinción
– Reforzamento de condutas incompatibles
– Castigo
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Técnicas para incrementar as condutas desexadas
– Reforzamento positivo

• Atención d@ mestr@: Para o control da disciplina na aula


recoméndase eloxiar ou premiar as condutas desexadas (estar
sentad@s) e ignorar as non desexadas (estar de pé). Debe ir
acompañada de outras técnicas.
– Non esquecer que o eloxio debe administrarse de maneira
continxente.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Técnicas para incrementar as condutas desexadas
– Reforzamento positivo
• Moldeamento ou método de aproximacións sucesivas.
• Aplícase cando se queren conseguir respostas que non están no repertorio do
alumnado.
• Exemplo: aprender a escribir.
• Requírese a fragmentación da conduta obxecto.
• Definición da conduta final.
• Definición da conduta inicial.
• Definición das condutas intermedias.
• Determinar o tamaño de cada paso e o tempo de permanenza nel.
• A medida que se van reforzando as novas condutas, vanse extinguido as
anteriores.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Ténicas para incrementar as condutas desexadas
– Reforzamento positivo
• Economía de fichas
• Problema: Ás veces a administración na aula de reforzadores é difícil de realizar. Xa que
é complexo atender a todo o alumnado; e o abuso de reforzadores pode saturar ao
alumnado e perden o seu valor.
• Para evitar este problema:
• Os reforzadores son puntos ou fichas que poden cambiarse por obxectos ou
recompensas (como se fosen cartos).
• Explicítanse as condutas que serán reforzadas.
• Establécese un procedemento para que a consecución da ficha sexa continxente á
conduta desexada.
• Delimítanse as normas que regulan o intercambio de fichas por recompensas.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Técnicas para incrementar as condutas desexadas
– Reforzamento positivo
• Contrato de continxencia é un contrato por escrito (ou verbais) aceptado por dúas persoas,
polo cal unha delas comprométese a actuar dunha determinada maneira durante un tempo
prefixado, e a outra persoa comprométese a recompensar a esa persoa do modo acordado.
• Pode ser un contrato grupal ou individual.
• A súa redacción debe facerse conxuntamente e debe incluír:
• Descrición clara e precisa da conduta ou actividade a cumprir.
• Fixar o nivel de eficacia co que se debe executar e o período de tempo que abarca.
• Especificar a recompensa en caso de cumprir o contrato.
• Incluír algunha pequena consecuencia negativa para o caso no que o alumnado non
cumpra o contrato.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Técnicas para incrementar as condutas desexadas
– Reforzamento negativo
– Incremento dunha conduta pola desaparición ou a non aparición de
estimulación aversiva.
– Ex. Conduta desexada: ler en voz alta en clases.
Conduta aversiva: facer un exame ao final da semana.
Si o alumnado lee en voz alta un texto, non leva deberes para
casa.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Técnicas para reducir ou suprimir as condutas non desexadas
– Extinción
– Suprimir o reforzamento dunha conduta previamente reforzada.
Ex: non prestar atención ao alumnado ante un pataleta.
– Para aplicar esta técnica:
– Identificar o reforzador ou reforzadores que manteñen a conduta.
– Poder manipular (controlar/retirar) eses reforzadores.
– Ter presente que ao comezo vaise producir un incremento da taxa
da conduta non desexada. Logo de desaparecer pode producirse
unha recuperación espontánea.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Técnicas para reducir ou suprimir as condutas non desexadas
– Castigo
– Redución ou eliminación dunha conduta pola desaparición ou a non
aparición de estimulación agradable.
– Ex. Conduta non desexada: cometer faltas de ortografía.
Negativo → Estímulo agradable: eliminar recreo.
Positivo → Estímulo desagradable: facer tarefas extras.
MODIFICACIÓN DA CONDUTA NA AULA
• Ténicas para reducir ou suprimir as condutas non desexadas
– Reforzamento de condutas incompatibles (Reforzamento diferencial)
– Reforzar unha ou varias condutas diferentes á conduta que se quere
reducir.
– Para aplicar esta técnica:
– Identificar condutas incompatibles.
– Aplicar o reforzador de forma continxente e consistente.
– Primeiro de forma continua e logo intermitente.
• Aplicación na aula (aprendendo relación entre eventos)

– Condicionamento clásico

• Moitas respostas emocionais son aprendidas a través do


condicionamento clásico.
• É posible axudar ao alumnado a sentirse ben ante situacións
académicas ameazantes (facer exames, falar ante a aula…).
• Aplicación na aula (Aprendendo as consecuencias da nosa conduta)
– Condicionamento operante
• Adquisición de condutas desexadas (prestar atención, facer os deberes,
terminar as tarefas, recoñecer as letras, escribir números…).
• Eliminación de condutas non desexadas (falar moito, erguerse do pupitre,
pegar, ter desordenado o material, insultar, non compartir…).
– Hai que ter en conta que…
• Recompensa mellor que castigo.
• Aplicación inmediata de reforzadores.
• Contidos organizados para conducir á resposta final desexada, sendo
recompensadas as sucesivas aproximacións realizadas.
• Frecuencia adecuada de reforzadores.
Aplicación na aula dos reforzos e castigos
– O reforzador e o castigo deben aplicarse de forma continxente e clara.
– O reforzador e o castigo deben ser o máis específicos posibles para cada
alumno/a.
– O castigo pode ser contraproducente cando se aplica de forma suave.
– O castigo pode provocar efectos secundarios non desexados: agresividade ou
reducir respostas non problemáticas.
– O castigo debe aplicarse sempre que aparece a conduta non desexada.
– A conduta que se castiga non debe ser reforzada por outras persoas.
– O castigo só indica o que está mal.
– Dispor de condutas alternativas ao castigo. Reforzar condutas incompatibles.
– O castigo pode ser un reforzador para o profesorado.
 Tema 2. Modelos de aprendizaxe condutual.
Aprendizaxe como adquisición de resposta
 Tema 3. Teorías cognitivas da aprendizaxe.
Aprendizaxe como adquisición de coñecemento
 Tema 4. Teorías construtivista e sociocultural.
Aprendizaxe como construción de significado
• Teorías Condutistas (E-R)
• Condicionamento clásico (contigüidade E-R)
• Condicionamento operante (E-R marcada por reforzo)
• Teorías Cognitivistas (E-O-R)
• Aprendizaxe observacional ou vicario (cognitivo social)
• Procesamento da información
• Teoría de Gagné
• Teorías Construtivistas
• Teoría de Vygostky
• Teoría de Bruner
• Teoría de Ausubel
TEORÍAS COGNITIVAS DE
APRENDIZAXE
• O paradigma cognitivo.
• A aprendizaxe observacional.
• Procesamento da información.
• Teoría de Gagné.
• Aplicación na aula.
– A aprendizaxe enténdese como un cambio (interno) relativamente estable
nas capacidades de execución (Conduta INFERIBLE) que lle permite
responder adecuadamente a unha situación concreta, por efecto da
experiencia.
– A aprendizaxe é entendida como adquisición e almacenamento de
información ou coñecementos.
– O protagonismo recae sobre a cognición e non a conduta.
– Teorías E-O-R
– Centrase no estudio de diferentes procesos mentais como a atención, a
memoria, as estratexias de aprendizaxe….
• O paradigma cognitivo.
• A aprendizaxe observacional.
• Procesamento da información.
• Teoría de Gagné.
• Aplicación na aula.
– Aprendizaxe observacional/vicaria/cognitivo social/imitación
• A aprendizaxe acontece como resultado da observación,
independentemente de que se reciba ou non reforzamento.
• Aprendemos ao ver as consecuencias da conduta observada.
(reforzo vicario/castigo vicario)
• Están implicadas dúas persoas: observador/a e o/a modelo.

– Como se produce a aprendizaxe vicaria?


Atención, Retención, Reprodución motórica, Motivación/Reforzamento
– Cales son as capacidades necesarias para a aprendizaxe observacional?
Simbólica, de Previsión, Vicaria, Autorregulatoria, Autorreflexión
– Como se produce a aprendizaxe vicaria?
• Atención. Para que unha conduta sexa adquirida debe ser percibida correctamente.
Atendemos á conduta do/a modelo dependendo de…
– As características do/a modelo:
• É atractivo/a? prestixioso/a? con poder social?...
– As características e o valor funcional da conduta:
• A conduta é relevante? As consecuencias da conduta son favorables para o/a modelo?....
– As características do/a observador/a:
• Capacidade de observación? Experiencias anteriores? Sentimentos, actitudes, intereses?....
• Retención. O/a observador/a constrúe unha representación mental da conduta do/a
modelo que poderán ser recuperados máis adiante.
– A retención realízase sen a execución da conduta.
– A repetición mental favorece a internalización da conduta.
– Como se produce a aprendizaxe vicaria?
• Reprodución motórica/Execución. O/a observador/a transforma a
representación mental da conduta observada en accións apropiadas. A
conduta será reproducida sempre en cando:
– É aceptada polo/a observador/a.
– As consecuencias que se derivan son satisfactorias.
– Ás veces é precisa a práctica para executar correctamente a conduta.

• Motivación/Reforzamento. A execución da conduta produce unhas


consecuencias, positivas ou negativas. Se a conduta é reforzada volverá
repetirse.
– O que fortalece a emisión da conduta son as expectativas do/a observador/a.
– Cales son as capacidades necesarias para a aprendizaxe
observacional?
• Capacidade simbólica.
Representar a información a través de símbolos.
• Capacidade de previsión.
Establecer relación entre acontecementos. Poder anticipar as
consecuencias futuras dos actos propios e alleos.
• Capacidade vicaria.
Aprender observando aos demais.
• Capacidade autorregulatoria.
Pensar antes de actuar e, polo tanto, modificar, se así se desexa, o
comportamento futuro.
• Capacidade de autorreflexión.
Reflexionar sobre os procesos mentais dun/ha mesmo/a.
• O paradigma cognitivo.
• A aprendizaxe observacional.
• Procesamento da información.
• Teoría de Gagné.
• Aplicación na aula.
• O suxeito é estudado como un procesador da información:
input (estímulo)-organismo (procesos mentais)- output
(resposta).
E-O-R
• A actividade da mente durante o proceso de aprendizaxe
consiste en: procesar, almacenar, representar, organizar,
relacionar, recuperar e usar a información cando se precise.
• A memoria é o proceso mental principal implicado no
procesamento da información.
• A memoria implica unha serie de fases, a través das cales ten
lugar o fluxo e o procesamento da información sufrindo
distintas modificacións ou recodificacións en cada unha delas.
• Modelos estruturais ou multialmacén.
▪ Memoria sensorial.
▪ Memoria a curto prazo.
▪ Memoria a longo prazo.
• Modelos estruturais ou multialmacén
En termos xerais, todos estes modelos falan de que o fluxo de información
pasa por tres estruturas ou memorias onde ten lugar unha determinada
elaboración das mensaxes.
• Memoria ou rexistro sensorial.
Os estímulos procedentes do exterior activan os receptores dos órganos
sensoriais e a información é almacenada durante un breve espazo de
tempo nesta memoria.
- Memoria sensorial icónica: a información é visual.
- Memoria sensorial ecoica: a información é auditiva.
Os procesos cognitivos de atención e percepción teñen unha gran
relevancia durante esta fase.
Atención
Proceso que permite orientarnos de forma activa cara estímulos
relevantes e centrarnos neles.
Percepción
Proceso que permite captar, procesar e dar sentido de forma
activa á información que provén dos nosos sentidos (modulado
pola experiencia y as expectativas das persoas).
• Modelos estruturais ou multialmacén.

• …
• Memoria a curto prazo (memoria primaria, memoria de traballo).
Despois de que os estímulos son interpretados polo suxeito pasan á
memoria a curto prazo.
-Retense un curto número de elementos (sete ± 2 elementos).
-Retense durante un breve período de tempo (30 segundos).
Acó é onde se retén a información coa que traballamos mentalmente.
Ex. É imprescindible para poder ler.
• …
• Modelos estruturais ou multialmacén.
• ...
• Memoria a longo prazo (memoria secundaria).
Os contidos da memoria a longo prazo, que é ilimitada, constitúen todo o acervo de
coñecementos que unha persoa adquire ao longo de toda a súa vida.
A información organízase en:
- Redes semánticas. Conxunto de unidades de información asociadas significativamente e
organizada xerarquicamente.
- Esquemas. Estrutura de datos para representar conceptos xenéricos. Interveñen na
selección, abstracción e interpretación e integración da información procedente da memoria
a curto prazo.
Tres tipos de memoria a longo prazo:
- Memoria episódica. Feitos, acontecementos ou experiencias persoais.
- Memoria semántica. Feitos e conceptos relacionados coa linguaxe.
- Memoria procedimental ou motórica. Habilidades motoras por práctica.
• O paradigma cognitivo.
• A aprendizaxe observacional.
• Procesamento da información.
• Teoría de Gagné.
• Aplicación na aula.
• Explica as diferentes etapas e procesos internos básicos de aprendizaxe e os
sucesos externos que deben acompañar á instrución.
• Etapas/fases que se distinguen en cada acto de aprendizaxe:
Motivación, Aprehensión, Adquisición, Retención, Recordo, Xeralización, Execución e
Retroalimentación.
• Procesos internos que operan mentres dura o acto de aprendizaxe:
Expectativas, Atención e percepción selectiva, Cifrado, Almacenamento na memoria, Recuperación,
Transferencia, Resposta, Fortalecemento.
• Sucesos externos para que se produza a aprendizaxe (condicións da
instrución):
Activar a atención, Informar do obxectivo da aprendizaxe, Evocar coñecementos previos, Presentar
os contidos, Proveer guía na aprendizaxe, Provocar o desempeño, Proveer retroalimentación, Avaliar
o desempeño, Mellorar a retención e transferencia.

• As fases correspóndense cos procesos internos e os sucesos externos.


• Etapas/fases da aprendizaxe relevantes para a instrución, ordenados
secuencialmente.
• Fase de Motivación (Expectativas)
• Para que se inicie o proceso de aprendizaxe previamente é imprescindible que o
alumnado estea motivado..
• Fase de Aprehensión/Compresión (Atención e percepción selectiva)
• Para aprender hai que prestar atención e percibir adecuadamente os elementos
pertinentes para o obxectivo da aprendizaxe.
• Fase de Adquisición (Codificación e entrada)
• Para aprender hai que cifrar a información na memoria a curto prazo e despois na
memoria a longo prazo.
• Prodúcese unha transformación da realidade percibida.
• O que se almacena non é unha representación exacta do observado ou escoitado.
• Etapas/fases de aprendizaxe relevantes para a instrución, ordenados
secuencialmente.
• Fase de Retención (Almacenamento)
• Para que se produza aprendizaxe ten que haber retención.
• Ter presente:
• O que se aprende pode almacenarse dunha maneira permanente.
• Algúns contidos que se aprenden poden sufrir un desvanecemento gradual.
• O almacenamento na memoria pode verse suxeito a interferencia.
• Fase de Recordo (Recuperación)
• A información aprendida pode ser recordada e exhibida.
• Etapas/fases de aprendizaxe relevantes para a instrución, ordenados
secuencialmente.
• Fase de Xeralización (Transferencia)
• Ao aprender nova información debemos ser capaces de transferila á vida real, fóra
do contexto escolar.
• Fase de Execución/Actuación (Emisión da resposta)
• Constátase que se producíu o acto de aprendizaxe se somos quen de executar ou
desempeñar novas actividades vinculadas á adquisición deses contidos.
• Se non se modificou a conduta non se produciu aprendizaxe.
• Fase de Retroalimentación (Reforzo, fortalecemento)
• O acto de aprendizaxe complétase cando a actuación é correcta e se conseguiu o
obxectivo proposto.
• Resultados de aprendizaxe que xorden do acto de aprendizaxe.

Son as habilidades e coñecementos que alcanza o alumnado como froito das


súas aprendizaxes e son as que lle capacitan para distintas actividades.
• Información verbal: Coñecemento teórico. Aprendizaxe de nomes, de feitos
illados, de coñecementos.
• Habilidades intelectuais: Coñecemento práctico.
• Discrimacións, Conceptos, Regras, Regras de orde superior.
• Estratexias cognitivas: Habilidades que capacitan ao alumnado para
controlar os seus propios procesos de aprendizaxe.
• Actitudes: Estado interno adquirido que exerce influencia sobre a elección
da acción persoa cara algunha clase de cousa, persoas o situacións.
• Habilidades motoras: Destrezas para mover parte dos nosos corpos.
• O paradigma cognitivo.
• A aprendizaxe observacional.
• Procesamento da información.
• Teoría de Gagné.
• Aplicación na aula.
• Aprendendo as consecuencias da conduta
– A imitación e a observación son fonte da maior parte das nosas aprendizaxes.
– A maioría de condutas prosociais e antisociais son aprendidas mediante a
imitación de modelos.
– A aprendizaxe por observación é tremendamente eficaz e abrevia o proceso
de aprendizaxe.
– Como docentes debemos ser conscientes que somos modelos relevantes para
o alumnado.
– Os modelos son multifacéticos xa que apréndese do que fan, do que din e do
que interpretamos que queren facer.
– Como docente é preciso ser coherente entre o que se di que se debe facer e
o que se fai.
• Sucesos externos para que se produza a aprendizaxe
• Activar a atención.
• É preciso capturar a atención do alumnado.
• Ex. Presentar un feito chamativo ou interesante.
• Informar do obxectivo da aprendizaxe.
• O alumnado debe coñecer os obxectivos de aprendizaxe.
• Que será capaz de facer unha vez finalizado o tema?
• Permítenos establecer os criterios de avaliación.
• Evocar coñecementos previos.
• Asociar a nova información co coñecemento previo.
• Promove a codificación e o almacenamento na memoria a longo prazo.
• Ex. Preguntas acerca das experiencias do alumnado.
• Sucesos externos para que se produza a aprendizaxe.
• Presentar os contidos.
• O contido debe ser desagregado e organizado significativamente.
• Recoméndase empregar diferentes tipo de materiais (textos, vídeos…).
• Proveer guía na aprendizaxe.
• Para adquirir as capacidades precisas para alcanzar o obxectivo marcado
é preciso proporcionar axuda adicional.
• Ex. Contraexemplos, casos de estudos, analoxías (as letras son as palabras como as túas pezas de
encaixables ao teu castelo)….

• Provocar o desempeño.
• Pór en práctica a nova habilidade.
• Confírmase á aprendizaxe e increméntase a probabilidade de retención.
• Sucesos externos para que se produza a aprendizaxe.
• Proveer retroalimentación.
• Proporcionar información sobre o desempeño do alumnado.
• Non só reforzo social.
• Avaliar o desempeño.
• En función do establecido nos obxectivos.
• Mellorar a retención e transferencia.
• Empregar o coñecemento e as habilidades adquiridas en contextos amplos.
 Tema 2. Modelos de aprendizaxe condutual.
Aprendizaxe como adquisición de resposta
 Tema 3. Teorías cognitivas da aprendizaxe.
Aprendizaxe como adquisición de coñecemento
 Tema 4. Teorías construtivista e sociocultural.
Aprendizaxe como construción de significado
• Teorías Condutistas (E-R)
• Condicionamento clásico (contigüidade E-R)
• Condicionamento operante (E-R marcada por reforzo)
• Teorías Cognitivistas (E-O-R)
• Aprendizaxe observacional ou vicario (cognitivo social)
• Procesamento da información
• Teoría de Gagné
• Teorías Construtivistas
• Teoría de Vygostky
• Teoría de Bruner
• Teoría de Ausubel
Teorías construtivista e sociocultural
• O paradigma construtivista.
• Teoría de Ausubel.
• Teoría de Bruner.
• Teoría de Vygostky
• Aplicación na aula.
 Ensaio-Erro?
 Comprendemos o mundo e aprendemos.
• Piaget
– Aprendemos para adaptarnos ao medio ambiente.
– O coñecemento é construído polo ser humano como resultado da
interacción da persoa co ambiente.
– Prodúcese unha interacción entre os nosos esquemas mentais e a
realidade.
– Os esquemas son representacións mentais dos obxectos e accións do
noso mundo exterior.
• Adaptámonos mediante o proceso de equilibración: Asimilación e
Acomodación
• Asimilación.
• Incorporación da información provinte do medio ás estruturas
conceptuais ou esquemas.

• Implica entender algo, encaixalo e relacionalo con algo que xa se sabe.

• Condición necesaria: Debe existir unha estrutura interna na que poida


asentarse ou relacionarse a nova información.
• Acomodación (conflito cognitivo).
• Proceso de axuste ou modificación das estruturas internas, ás
características particulares dos elementos que se asimilan.
• Os nosos esquemas ou estruturas cognitivas adáptanse ás
características dos novos coñecementos ou informacións procedentes
do mundo exterior para facer posible a súa asimilación.
• O obxecto é coñecido mediante a posta en relación cos marcos
interpretativos do suxeito.

• A aprendizaxe e o coñecemento non son o resultado da lectura


directa da experiencia, senón unha actividade construtiva ou
interpretación sobre a mesma.

• O coñecemento e a aprendizaxe son o resultado dunha dinámica


na que as aportacións do suxeito xogan un papel decisivo.
• A aprendizaxe concíbese como un proceso de construción do
coñecemento que, a súa vez, depende do coñecemento
anteriormente adquirido y que está moi axustado á situación na
que se leva a cabo.

• A aprendizaxe prodúcese como resultado dunha actividade


mental construtiva na cal lemos e interpretamos dita
experiencia á luz dos nosos coñecementos e experiencias
previas.
• Papel activo do profesorado e activo do alumnado.
• Que acontece na aula cando o alumnado aprende? Que condicións
require para que se produza? Que resultados se obteñen? Como se
avalían eses resultados?
• Contrutivismo
– Cognitivo
– Ausubel
– Bruner
– Social
– Vygotski
TIPOS DE APRENDIZAXE NA AULA

Segundo adquisición de coñecemento Segundo método de instrución

Aprendizaxe Aprendizaxe Aprendizaxe por Aprendizaxe por


significativa repetitiva descubrimento recepción

Os contidos por A nova información O contido por O contido


aprender relaciónanse relaciónase de aprender ten que preséntase de
de modo substantivo maneira arbitraria coa ser descuberto polo forma acabada ao
cos conceptos que o estrutura cognitiva do alumnado. alumnado.
alumnado xa posúe. alumnado.
Ten que organizar o Só ten que
Ten que ter unha material antes de comprendelo e
actitude activa e asimilalo. asimilalo.
favorable cara a
tarefa. Guiado Autónomo
• O paradigma construtivista.
• Teoría de Ausubel.
• Teoría de Bruner.
• Teoría de Vygostky
• Aplicación na aula.
TEORÍA DA APRENDIZAXE VERBAL SIGNIFICATIVA
APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA POR RECEPCIÓN

Interesante para a aprendizaxe de

CONCEPTOS
– O profesorado ten que establecer pontes entre a aprendizaxe e o
pensamento.
• O procedemento de actuación do profesorado é dedutivo.
– Guía ao alumnado para que vaia dende o xeral ao particular.
– A súa labor é a de promover que o alumnado aprenda a aprender.
• Modelo de ensinanza por exposición: Primeiro, digamos ao
alumnado o que imos ensinar, logo ensinémolo e despois repitamos o
que xa lle ensinamos.
– O profesorado debe orientar, guiar, organizando o material e creando
experiencias adecuadas á estrutura cognitiva do alumnado e o
coñecemento previo que posúa.
REQUISITOS DA APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA

o material novo o alumnado

Significado lóxico Significado psicolóxico Disposición para aprender

Posúe unha estrutura e Existen conceptos relevantes Disposición favorable


organización internas. na estrutura cognitiva que para a aprendizaxe por
ancoran a nova información. parte do alumnado.
denominados
Potencialmente
significativo
Inclusores

INTERACCIÓN E ASIMILACIÓN
INTERACCIÓN E
ASIMILACIÓN
• Estrutura psicolóxica.
• Representación do coñecemento na memoria, redes de
conceptos organizados xerarquicamente.
• Xerarquía conceptual que segue unha orde descendente.
• A secuenciación dos contidos debería reflectir a estrutura
psicolóxica do coñecemento.
Material novo Inclusores

Coñecemento novo
INTERACCIÓN E ASIMILACIÓN

PROCESOS DE INTERACCIÓN E ASIMILACIÓN

Inclusión Diferenciación Reconciliación

A nova información Os conceptos na Cáptanse similitudes e


asimílase de tal modo estrutura cognitiva do diferenzas entre os
que pode ser alumnado vanse conceptos. Relación entre
recordada con precisando en función conceptos para producir
palabras diferentes. da nova información novos significados.
recibida.

Aprendizaxe Procesos provocados por


subordinada Aprendizaxe Aprendizaxe
“Esquecemento” supraordinada combinatoria
INTERACCIÓN E ASIMILACIÓN

Tipos de aprendizaxe asociados aos procesos de asimilación

Aprendizaxe Aprendizaxe Aprendizaxe


subordinada supraordinada combinatoria

A nova información (cun Os novos conceptos son Os novos conceptos teñen


nivel de xeneralidade máis xenerais que os o mesmo nivel de
menor) subordínase aos inclusores existentes na xerarquía que os
inclusores máis xenerais estrutura cognitiva. inclusores existentes na
existentes na estrutura estrutura cognitiva.
cognitiva.
A teoría de Ausubel da aprendizaxe significativa
REQUISITOS DA APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA

o material novo o alumnado

Significado lóxico Significado psicolóxico Disposición para aprender

Posúe unha estrutura e Existen conceptos relevantes Disposición favorable


organización internas. na estrutura cognitiva que para a aprendizaxe por
ancoran a nova información. parte do alumnado.

denominados
Potencialmente
significativo Inclusores

ORGANIZADORES
PREVIOS

Expositivos Comparativos
ORGANIZADORES PREVIOS

• Presentacións que fai o profesorado para que o alumnado estableza relacións entre
o coñecemento novo e o que xa posúe.
• Contidos introdutorios de maior nivel de xeneralidade que o novo material de
aprendizaxe.
• Teñen que indicar relacións entre conceptos e termos básicos, expresados de forma
familiar e sinxela.
• Tenden unha ponte entre o coñecemento que se posúe e o que se precisa para
aprender.
• Activan ou crean o inclusor pertinente.
• Poden ser de dous tipos: expositivo e/ou comparativo

Novos coñecementos Activan coñecementos existentes


• O paradigma construtivista.
• Teoría de Ausubel.
• Teoría de Bruner.
• Teoría de Vygostky
• Aplicación na aula.
APRENDIZAXE POR DESCUBRIMENTO
APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA POR DESCUBRIMENTO

Interesante para a aprendizaxe de

PROCEDEMENTOS
• O profesorado ten que establecer pontes entre a aprendizaxe e o
pensamento.
– O procedemento de actuación do profesorado é indutivo.
• Guía ao alumnado para que vaia dende o próximo ao distante (do
específico ao xeral).
• O profesorado ten que establecer pontes entre a aprendizaxe e o
pensamento.
…..

• O alumnado ten que aprender a descubrir por si mesmo.


• Ten que desenvolver a capacidade de aprender e pensar.

• O currículo debe organizarse de modo que promova o desenvolvemento de


destrezas de solución de problemas.
Procesamento e representación: O coñecemento pode ser procesado e
representado de tres formas diferentes, de menor a maior complexidade:
• Enactivo.
– O coñecemento represéntase en accións.

• Icónico.
– A acción represéntase en imaxes ou esquemas espaciais.

• Simbólico.
– As experiencias represéntanse en palabras.
Principios (A aprendizaxe significativa desenvólvese optimamente se):
• Motivación.
– O alumnado está motivado.
• Estrutura.
– O material a ensinar está estruturado.
• Organización e secuenciación.
– Os coñecementos preséntanse tendo en conta o modo en que o
alumnado representa o coñecemento.
• Reforzamento.
– A aprendizaxe é reforzada. Dáse retroalimentación.
 MOTIVACIÓN
 É a condición básica que predispón cara a aprendizaxe.
 Os motivos que impulsan ás crianzas a aprender son:
▪ A curiosidade.
▪ Ante un dilema con distintas respostas as persoas buscan información para resolver o
problema.
▪ A necesidade de desenvolver as súas competencias.
▪ As crianzas teñen a necesidade de controlar o entorno. Traballan naquelas actividades nas
que se senten capaces e teñen éxito.
▪ A reciprocidade.
▪ As crianzas teñen a necesidade de traballar de forma cooperativa cos seus semellantes.
 ESTRUTURA
 Para comprender unha materia e poder relacionala con outros contidos o
alumnado debe adquirir a estrutura fundamental do material a aprender.
 O alumnado debe percibir as ideas esenciais da materia como un todo
organizado e significativo.
 A adquisición da estrutura debe ser un obxectivo central porque:
▪ A aprendizaxe é máis accesible.
▪ A retención dos contidos é máis sinxela e duradeira.
▪ Permite unha transferencia adecuada e efectiva.
▪ É un requisito para a súa aplicabilidade para resolver problemas fóra
e dentro da aula.
 ORGANIZACIÓN E SECUENCIA
 Para comprender unha materia é importante presentala de xeito sinxelo
e estruturada.
 Os coñecementos deben ser organizados e presentados atendendo ao
modo en que o alumnado representa o coñecemento.
 Os contidos deben presentarse secuencialmente tendo en contaos tres
modos complementarios de coñecer a realidade:
▪ Comezar cunha representación enactiva, continuar cunha
representación icónica e finalizar cunha representación simbólica.
 REFORZAMENTO
 Para chegar a dominar un problema a retroalimentación é precisa.
• O paradigma construtivista.
• Teoría de Ausubel.
• Teoría de Bruner.
• Teoría de Vygostky
• Aplicación na aula.
CONSTRUTIVISMO SOCIAL

XENÉTICA DO DESENVOLVEMENTO CULTURAL

Interesante para a aprendizaxe de


ACTITUDES
As persoas non aprendemos soas, aprendemos das nosas semellantes.

Os procesos mentais desenvólvense nun medio social.

As relación sociais determinan a estrutura e o desenvolvemento psicolóxico


das persoas.
 As crianzas aprenden a pensar dunha maneira que está directamente
relacionada co contexto cultural no que viven.

 A aprendizaxe é social en dous sentidos:


 Os contidos que se aprenden foron construídos socialmente por outras
persoas.
 Aprendemos en interacción con outras persoas.

 As funcións mentais aparecen primeiro no plano social e logo son


internalizadas e poden ser realizadas por un só.
 Procesos cognitivos que nos permiten levar a cabo calquera tarefa. Ex.
Atención, percepción, memoria, linguaxe….
DS. BIOLÓXICO  DS. SOCIOCULTURAL
Funcións mentais Mediación Funcións mentais
Elementais superiores
cultural
Ferramentas
simbólicas Internalización: do
interpersonal ao
intraindividual
Interacións sociais
Proceso que, a partir dunha base psicobiolóxica, consiste na
adquisición progresiva dos instrumentos e competencias
culturais do grupo humano ao que pertence o individuo.
 A aprendizaxe abre o camiño do desenvolvemento.

 O alumnado ten dous niveis de capacidades:


• O límite do que el pode facer só
▪ Nivel de desenvolvemento real (NDR).
• O límite do que pode facer con axuda
▪ Nivel de desenvolvemento potencial (NDP).

 A distancia entre o NDR e o NDP é a


• Zona de desenvolvemento próximo (ZDP).
▪ Nivel que pode alcanzar unha persoa coa axuda d@s outr@s.
É onde debe situarse o proceso de ensinanza aprendizaxe, onde se desencadea
o proceso de construción de coñecemento do alumnado.
Esta teoría subliña a importancia da cooperación e do
intercambio social.

“Non entendes realmente algo a menos que


sexas capaz de explicarllo a túa avoa”
(Einstein, citado en Alberca, 2011)
Intervención na Zona de Desenvolvemento Próximo:

 A través do proceso de Andamiaxe:


• O/a docente crea situacións de ensinanza que facilitan a internalización
dos contidos a aprender.

 Características do proceso de andamiaxe:


• Axustable: debe axustarse ao nivel de competencia de cada suxeito e os
progresos que se produzan.
• Temporal: non pode rutinizarse.
• O alumnado debe ser consciente de que é axudado, para facilitar o seu
avance cara a autonomía.
• O paradigma construtivista.
• Teoría de Ausubel.
• Teoría de Bruner.
• Teoría de Vygostky
• Aplicación na aula.
Aplicación na aula (Ensinar a aprender)
• Presentar as ideas máis xerais dun ámbito de coñecemento (introdución).
• Actúan como organizadores previos.
• Activan os inclusores do alumnado.
• Captar o interese do alumnado.
• Pór as condicións para a construción do coñecemento (en ocasións
provocando desequilibrios).
• Ofrecer os contidos tomando en conta os coñecementos previos.
• Presentar secuencialmente o material (do máis xeral ao máis específico) e
empregar definicións claras e precisas.
• Pór as condicións para a construción do coñecemento (en ocasións
provocando desequilibrios).

• Formular de modo explícito as relacións existentes entre os conceptos
presentados.
• Propiciar experiencias que permitan ao alumnado contrastar contidos.
• Empregar exemplos.
• Pedir ao alumnado que reformule coas súas propias palabras a nova información.
• Ofrecer axuda axustada ao proceso de construción.
• Rematar repasando as ideas principais.
Non esquecer que o alumnado non comprenderá o material novo se:
• Non dispón do coñecemento base.
• Coñecementos previos.
• Descoñécense as habilidades e estratexias precisas para que se produza a
aprendizaxe significativa.
• O profesorado e o alumnado interpretan a tarefa de modo diferente.
• Falta motivación para aprender.
• Existe unha actitude negativa cara o proceso de aprendizaxe.
• O autoconcepto que ten o alumnado está deteriorado.
Aplicación na aula (Secuencia para aplicar o método por
descubrimento):
• Ao alumnado debe formulárselle preguntas desconcertantes ou
problemas que resolver (non facer preguntas fácticas).
– O alumnado debe ser capaz por si mesmo de descubrir o principio ou
lei xeral. O contido debe ser accesible ao alumnado.
• O profesorado debe axudar ou dirixir o proceso de
descubrimento, proporcionando pistas oportunas, estimulando a
que observen...
• O profesorado debe ofrecer retroalimentación para que o
alumnado saiba cando adquiriu o concepto.
• O profesorado debe enfrontar ao alumnado a novos problemas.
RESULTADOS DA
MODELO APRENDIZAXE ENSINANZA FOCO INSTRUCIONAL
APRENDIZAXE

Centra no currículum (condutas Cuantitativo


Condutismo Adquisión de resposta Ofrecer feedback
correctas) (forza da asociación)

Adquisión de Centrada no currículum Cuantitativo


Cognitivimo Transmitir información
coñecemento (información apropiada) (cantidade de información)

Construción de Centrada no alumnado Cualitativo


Construtivismo Guiar o proceso
coñecemento (procesamento útil) (estrutura do coñecemento)
 Compara o proceso de ensinanza-aprendizaxe segundo as teorías
condutista, cognitivista e construtivista.
 Cal é o esquema básico do condicionamento clásico? Cales son os
seus elementos principais?
 Cal é o esquema do condicionamento operante? Cales son os seus
elementos principais?
 Como explican os teóricos condutistas o proceso de ensinanza-
aprendizaxe? En que caso promoverías este tipo de aprendizaxe?
Como ensinarías ese coñecemento?
• Explica a teoría de Bandura? Cales son os procesos fundamentais
da aprendizaxe observacional? No contexto educativo, onde
intentarías ter sempre presente esta teoría? E por que?
• Explica a teoría de Gagné.
• Que é a aprendizaxe significativa e cales son as súas condición?
• Explica que é a aprendizaxe subordinada, que é a aprendizaxe
supraordinada e que é a aprendizaxe combinatoria. Pon un exemplo
de cada unha tomando en consideración o contido curricular da
materia de lingua galega en terceiro de primaria. Con que proceso
de interacción asimilación se relacionan?
 Explica a teoría de Ausubel empregando como guía a adquisición
do contido curricular “funcionamento do sistema reprodutor
humano” da materia de ciencias da natureza, de quinto curso de
primaria. Como procederías como mestr@ para ensinar ese novo
coñecemento?
 De acordo coa teoría de Bruner como se debería ensinar o contido
curricular “igualdade e diferenza entre as persoas” da materia de
ciencias da natureza, de primeiro curso de primaria?
ENFOQUES TEÓRICOS SOBRE O PROCESO
DE APRENDIZAXE -ENSINANZA
Os modelos de ensinanza-aprendizaxe poden organizarse
segundo como se entenda/conciba o proceso de aprendizaxe:

 Adquisición de respostas. M. Conductistas


 Adquisición de coñecementos: M. Cognitivos
 Construción de significados: M. Constructivistas
A aprendizaxe como adquisición de respostas.
Inicialmente somos unha tábula rasa.
A aprendizaxe sempre é iniciada e controlada polo ambiente.
As leis da aprendizaxe son aplicables a tódalas especies.
Só existe unha forma de aprender, a asociación.
Aprender é rexistrar mecanicamente as respostas.
Toda conduta por complexa que poida ser, pode ser reducida
a unha serie de asociacións entre elementos simples
(estímulos e respostas).
O alumnado é un axente pasivo.
O profesorado é un axente experto na materia, que crea e
modela a resposta do alumnado.
O obxectivo que se persegue é a copia da realidade.
O método empregado é o dos premios e castigos.
A natureza da aprendizaxe é asociativa.
A ensinanza ofrece feedback (as respostas exitosas son
reforzadas e as respostas non exitosas son debilitadas).
 O profesorado indica que condutas son boas ou malas e cales
premia ou castiga.
 O alumnado é unha "táboa rasa" que está vacía de contido.
 A aprendizaxe é gradual e continua, cando logras que o
alumnado dea respostas adecuadas en función do estímulo;
consiste nun cambio na forma do comportamento.
A aprendizaxe como adquisición de coñecemento.
Analoxía entre a mente humana e o ordenador.
O suxeito como procesador da información: input (estímulo)-
organismo (procesos mentais)- output (resposta).
A memoria é a estrutura básica do sistema de procesamento.
Interésase pola interacción das variables do suxeito e as
variables da tarefa ou da situación ambiental á que se
enfronta o suxeito.
O alumnado é un axente pasivo.
O profesorado é un axente instrutor, dispensador de
información.
O obxectivo que persegue é a copia da realidade.
O método que se emprega é o da instrución e explicación
directa.
A natureza da aprendizaxe é a do procesamento da
información, asimilación e acomodación da información.
 O alumnado procesa a información.
 Adquiren gran relevancia os procesos mentais: almacenamento,
representación, organización, relación e recuperación da
información.
 O alumnado manipula a información que se lle da (non aprende o
mesmo que se lle ensina). O alumnado selecciona, retén e almacena
o que considera importante desa información.
 O alumnado aprende do que se lle ensina pero tamén da forma de
actuar do profesorado.
 A información almacénase na memoria a longo prazo organizándoa
en esquemas mentais.
 A aprendizaxe como construción de significado (construción do
coñecemento).
 O coñecemento e a aprendizaxe son o resultado dunha dinámica na que as
aportacións dos suxeitos xogan un papel decisivo.
 O obxecto é coñecido mediante a súa posta en relación cos marcos
interpretativos do suxeito.
 No coñecemento, non só contan as características do obxecto senón tamén
e moi especialmente a actividade e os marcos interpretativos do suxeito.
 A aprendizaxe e o coñecemento non son o resultado da lectura directa da
experiencia, senón dunha actividade construtiva ou interpretación sobre a
mesma.
O alumnado é un axente activo, construtor de significados.
O profesorado é un axente mediador, que guía e axuda
(andamiaxe).
O obxectivo que persegue é construír o coñecemento.
O método empregado é o da mediación (descubrimento) e da
negociación (ensinanza recíproca).
A natureza da aprendizaxe é a construción persoal e social.
 Os coñecementos novos constrúense sobre a base dos coñecementos previos.
 Interacción entre os nosos esquemas mentais e a realidade.
 Asimilación
 Acomodación
 Papel activo do profesorado e activo do alumnado.
 Aprendizaxe significativa. Requiere que se dean unhas condicións por parte
do alumnado e do material que se vai aprender para que se produza.
 Por recepción:
▪ Introdución que active os coñecementos previos e activar ao alumnado.
▪ Explicitar as relacións entre entre os coñecementos previos d@ aprendiz
e o contido novo.
▪ Recapitulación das ideas principais.

You might also like