You are on page 1of 25

Aprendizaxe

TEMA 4

Condicionamento en suxeitos
humanos

Prof. Castor Méndez


Outubro 2019
Bloque 2: Contidos da aprendizaxe I

Tema 4. Condicionamento en Suxeitos Humanos.


• Aprendizaxe predictiva vs. Aprendizaxe emocional e avaliativa.
• O papel da conciencia.

Tema 5. Aprendizaxe de Continxencias e Causalidade.


• Tarefas e modelos explicativos.
• Asociacións, regras e modelos

Tema 6. Aprendizaxe de Conceptos e Categorías.


• Descubrimento de conceptos e contrastación de hipóteses.
• Categorías difusas.
• Modelos de prototipos e de memoria de exemplares.
• O papel do coñecemento previo.
• Conceptos e teorías.
Actividades interactivas
Bloque 2

6. Práctica 1: Aprendizaxe de continxencias:


O sesgo de densidade
• Realización da tarefa experimental
• Elaboración do informe sobre a práctica

7. Práctica 2: Aprendizaxe de categorías I:


Descubrimento de conceptos
• Realización da tarefa experimental
• Elaboración do informe sobre a práctica

8. Práctica 3: Aprendizaxe de categorías II:


Prototipos vs.Exemplares
Guión
Tema 4
1. Os resultados do condicionamento.
1.1. Aprendizaxe predictiva de relacións entre sucesos.
1.1.1. Condicionamento clásico: Relacións entre estímulos
1.1.2. Condicionamento instrumental: Relacións resposta - resultado.
1.1.3. Aprendizaxe de relacións de continxencia e causalidade.
1.2. Aprendizaxe reactiva e/ou avaliativa
2. Condicionamento clásico en humanos.
2.1. Preparacións experimentais máis utilizadas.
2.2. O papel da conciencia no condicionamento.
2.2.1 A conciencia como condición para a adquisición (Dawson & Shell, 1987)
2.2.2. A expresión non consciente do aprendido (Corteen & Wood, 1972)
2.2.3. A adquisición non consciente de medos preparados (Öhman & Soares,
1993)
2.2.4. A conciencia no condicionamento palpebral (Clark, Manns & Squire, 2002)
2.2.4.1. Expectativas vs. Asociación (Perruchet, 1985; Clark et al., 2001)
2.2.5. A adquisición non consciente de reaccións emocionais ante estímulos non
preparados e a súa base neural (Knight, Waters & Bandettini, 2009)
3. Aprendizaxe avaliativa: Gústame pero non sei por que
3.1. Procedemento.
3.2. Resultados.
4. Condicionamento instrumental en humanos.
4.1. Preparacións experimentais.
4.2. Resultados: conducta moldeada polas continxencias vs.
conducta gobernada por regras.
5. Condicionamento en suxeitos humanos: Conclusións
Lecturas recomendadas

Benjumea, S. (1993). Condicionamiento instrumental


humano. En J.I. Navarro (Ed.) Aprendizaje y Memoria
Humana: Aspectos básicos y evolutivos (pp.441-479).
Madrid: McGraw Hill.
Huertas, E. (1989). Procesos cognitivos y condicionamiento
humano. En En J. Mayor y J.L. Pinillos (Eds.) Tratado
de Psicología General, vol. 2. Aprendizaje y
Condicionamiento. (pp. 361-388). Madrid: Alhambra.
Huertas, E. (1992). El Aprendizaje no Verbal en los
Humanos. Madrid: Pirámide.
Capítulo 3: Condicionamiento Humano.
Froufe,M. & Sierra, B. (1998). Condicionamiento clásico de
las preferencias. Implicaciones para la publicidad.
Revista de Psicología General y Aplicada, 51, 85-104
1. Os resultados do condicionamento (1)
1.1. Aprendizaxe predictiva de relacións entre sucesos.

1.1.1. Condicionamento clásico: Relacións entre estímulos.


Aprender a:
• predecir o que vai suceder no medio
• prepararnos para o que predecimos que vai suceder

E inicialmente neutro (EC) – E relevante para o organismo (EI)

1.1.2. Condicionamento instrumental: Relacións resposta - resultado.


Aprender a:
• anticipar o resultado
• actuar sobre o medio para conseguir o resultado

(Ed) - R – E relevante para o organismo


1. Os resultados do condicionamento (2)
• ¿Como se avalía a aprendizaxe no condicionamento?
Polos cambios na conducta do organismo:
• RC
• R instrumental

1.1.3. Aprendizaxe de relacións de continxencia e causalidade.

E1 E2

R E2

• ¿Cómo se avalía a aprendizaxe?


Por medio de xuizos (de continxencia ou causalidade)

1.2. Aprendizaxe reactiva e/ou avaliativa


2. Condicionamento clásico en humanos (1)
2.1. Preparacións experimentais máis utilizadas
– Condicionamento do sistema nervioso autónomo:
• O EC (habitualmente un son ou unha luz)vai seguido dun EI (xeralmente
aversivo)
• A RC avalíase habitualmente por medio da resposta electrodérmica (RED).
– Condicionamiento palpebral.
• O EC (habitualmente un son) vai seguido dun soplo de aire sobre
un ollo.
• A RC é a resposta de pechar o párpado.
– Condicionamiento semántico.
• Unha palabra (inicialmente neutra) vai seguida de outras (con significado
apetitivo/aversivo) ou de outros estímulos significativos.
• Avalíase a palabra usada como EC en escalas do Diferencial Semántico.
2. Condicionamento clásico en humanos (2)
2.2. O papel da conciencia no condicionamento (1)
Brewer (1974) “Non hai evidencia convincente de
condicionamento operante ou clásico en humanos
adultos”
• Emparexamento informado >> aumento RC
electrodérmica.
• Desemparexamento informado >>descenso RC
electrodérmica
• Condicionamento instruído: RC a petición.
• Non condicionamento instruído: Non RC a
petición.
• Enmascaramento da relación: só os suxeitos que
se fan conscientes da relación manifestan RC.
2. Condicionamento clásico en humanos (3)

2.2. O papel da conciencia no condicionamento (2)


2.2.1 A conciencia como condición para a adquisición (Dawson &
Shell, 1987)
-Disposición experimental
EC+ (tono) – EI (descarga eléctrica)
RC = resposta electrodérmica (RED)
Enmascaramento da relación por medio das instruccións:
-tarefa de discriminación perceptiva entre varios tonos
-analizar o efecto das descargas (EI) sobre a sensibilidade auditiva
dos suxeitos
-Resultados:
-Conciencia da relación à condicionamento da RED
-Non conciencia da relación à non condicionamento da RED
-Mecanismos
A conciencia como “condición de entrada” necesaria, pero non
suficiente
2. Condicionamento clásico en humanos (4)
2.2. O papel da conciencia no condicionamento (3)
2.2.2. A expresión non consciente do aprendido (Corteen & Wood, 1972)
1ª fase
-Disposición experimental
EC+ (nomes de cidades) – EI (descarga eléctrica)
RC = resposta electrodérmica (RED)
-Resultados:
Conciencia da relación à condicionamento da RED
2ª fase
-Disposición experimental
Repetición dun texto presentado por un oído, ignorando as palabras
presentadas de vez en cando polo outro oído.
-Resultados
-Os suxeitos non recordaban as palabras ás que non atendían
-Manifestaban RED ante as palabras emparelladas coa descarga e
ante as palabras da mesma categoría semántica.
-Mecanismos
A conciencia sería necesaria para a adquisición, pero non para a
expresión do aprendido
Procesamento controlado/procesamento automático (Shiffrin e
Schneider, 1978)
2. Condicionamento clásico en humanos (5)
2.2. O papel da conciencia no condicionamento (4)
2.2.3. A adquisición non consciente de medos preparados (Öhman &
Soares, 1993)
-Disposición experimental
EC+ (serpes ou arañas) – EI (descarga eléctrica)
EC- (serpes ou arañas) –
RC = resposta electrodérmica (RED)
Presentación enmascarada dos ECs
-Resultados:
-Non discriminación consciente da presentación dos EC+ / EC-
(enmascarados) à condicionamento da RED ante os ECs+
-Expectativas de recibir descarga ensaio a ensaio correctas
(“corazonadas”, “presentimentos”)
-Mecanismos
Posibilidade de condicionamento sen conciencia con estímulos
potencialmente fóbicos
2. Condicionamento clásico en humanos (6)
2.2. O papel da conciencia no condicionamento (5)
2.2.4. A conciencia no condicionamento palpebral (Clark, Manns & Squire, 2002)
-Disposición experimental
EC+ (tono) – EI (soplo de aire)
EC- (ruído estable) –
RC = resposta de parpadeo
Cuestionario postexperimental sobre
conciencia da relación EC(+) - EI
-Resultados:
-Conscientes da relación à condicionamento
nas dúas preparacións
-Non conscientes e amnésicos à
só condicionamento na preparación de demora
-Mecanismos
-Condicionamento de demora: cerebelo e tronco do encéfalo
-Condicionamento de huella: cerebelo, tronco do encéfalo, hipocampo e
neocórtex
2. Condicionamento clásico en humanos (7)
2.2. O papel da conciencia no condicionamento (6)
2.2.4.1. Expectativas vs. Asociación (Perruchet, 1985; Clark et al., 2001)
-Disposición experimental
EC+ (tono) – EI (soplo de aire) (50% ensaios) (preparación de demora/huella)
EC+ (tono) - (50% ensaios)
distribuidos aleatoriamente en series 1,2,3 ou 4 ensaios de cada tipo
RC = resposta de parpadeo
Antes de cada ensaio os suxeitos tiñan que estimar nunha escala en que
medida esperaban que o EI aparecera no seguinte ensaio
-Resultados
-Con preparacións de demora:
-Probabilidade da RC maior despois de seríes de ensaio EC-EI
-Expectativa de aparición do EI maior despois de series de ensaios EC-
-Con preparacións de huella:
-A probabilidade da RC era maior cando a expectativa era maior
-Mecanismos
-un mecanismo asociativo automático por contigüidade
-un mecanismo baseado no descubrimento (consciente) de
relacións entre sucesos
2. Condicionamento clásico en humanos (8)
2.2. O papel da conciencia no condicionamento (7)
2.2.5. A adquisición non consciente de reaccións emocionais ante
estímulos non preparados e a súa base neural (Knight, Waters &
Bandettini, 2009)

-Disposición experimental

EC+ / EC- Tono (700 / 1300 Hz – 10 sgs)


EI Ruído (100 dB – 500 ms)
EC EI

10 sgs

Medida do condicionamento:
-Expectativa do EI : Medida de maneira permanente ao longo do
condicionamento sobre unha barra de 0 (seguro que non se vai presentar o EI) a
100 (seguro que se vai presentar o EI) pasando por 50 (non se sabe) por medio
dun joystick
-Resposta Electro-Dérmica (RED)
-Activación diferencial de áreas cerebrais (fMRI)

-Resultados
2. Condicionamento clásico en humanos (9)

Expectativa do EI e datos da RED (Resposta Electro-Dérmica).


a) Só se observan cambios na expectativa do EI non ensaios nos que se percibiu o
EC: Expectativas maiores durante o EC+ en relación co EC- nos ensaios en que
estes eran percibidos, pero non nos ensaios nos que non se percibían.
b) b) Pola contra, hai RED diferencial tanto nos ensaios nos que se perciben os
ECs como nos que non se perciben. O EC+ produciu RED máis amplas que o
EC- tanto nos ensaio nos que era percibido como nos que non.
Os asteriscos indican diferencias significativas (Knight, Waters & Bandettini,
2009).
2. Condicionamento clásico en humanos (10)

Datos fMRI. Obsérvanse cambios no hipocampo só nos ensaios en que se


perciben os ECs. Obsérvase unha activación maior durante o EC+ en relación
co EC- cando son percibidos, mentres que non se observan diferencias en
activación ante o EC+ e o EC- non percibidos. Os asteriscos indican diferencias
significativas. (Knight, Waters & Bandettini, 2009).
2. Condicionamento clásico en humanos (11)

Datos fMRI. Obsérvanse cambios na amígdala tanto nos ensaios nos que se
perciben os ECs como nos que non se perciben. A activación é maior durante o
EC+ que durante o EC- en ambos casos. Os asteriscos indican diferencias
significativas (Knight, Waters & Bandettini, 2009).
2. Condicionamento clásico en humanos (12)
En resume
• Dous resultados do condicionamento
– Aprendizaxe de sinalización do EI polo EC
– Transferencia ao EC da capacidade de inducir algunhas das
reaccións (emocionais e motoras) propias do EI
• Ambas formas de aprendizaxe dependen de condicións e
mecanismos parcialmente distintos
– Aprendizaxe de sinal
• Con intervalos temporais relativamente arbitrarios
• Da lugar a codificación simbólica e consciente da relación
• Implica a participación de estructuras neurais relacionadas co
almacenamento de información declarativa (p.e., hipocampo e
neocórtex)
– Transferencia de reaccións
• Con parámetros temporais máis específicos (p.e., contigüidade
temporal estricta)
• Non require codificación consciente da relación
• Depende dos substratos neurais nos que se asentan orixinariamente
as respostas transferidas (p.e, amígdala ou cerebelo)
3. Aprendizaxe avaliativa: Gústame pero
non sei por que (1)
3.1. Procedemento
1ª Fase: Avaliación dos estímulos
2ª Fase: Adquisición
EC (estímulo neutro) – EI (agradable/desagradable)
3ª Fase: Nova avaliación
RC = cambio na avaliación do EC
-escala de valoración (explícita)
-priming afectivo (implícita)
-Test de Asociación Implícita
4ª Fase: Extinción
EC (solo)
3. Aprendizaxe avaliativa: Gústame pero
non sei por que (2)
3.2. Resultados
(Meta-análise realizada por Hofman, De Houwer, Perugini, Baeyens & Crombez, 2010)

• O CA (Condicionamento Avaliativo) é un fenómeno xenuino


• Non sempre se atopa: depende das condicións
• A relación de continxencia entre o EC e o EI ten pouco efecto sobre o CA
(depende da coocurrencia de ambos)
• Os efectos do CA son maiores con ECs verbais sen significado e con ECs
neutros
• O CA é independente da relación de modalidade ou similaridade do EC e o EI
• Os efectos do CA avaliativo son menores con nenos (poucos estudos)
• Os efectos do CA son maiores para os EIs presentados de maneira
supraliminal; non se ten observado CA con EIs subliminais, pero sí con Ecs
subliminais.
• Os efectos do CA son menores cando se usan medidas implícitas como o Test
de Asociación Implícita ou o priming emocional
• É máis resistente á extinción que outros efectos do condicionamento
• A conciencia da relación EC-EI parece desempeñar un papel fundamental. Non
obstante aínda non está claro que sexa unha condición necesaria para o CA.
3. Aprendizaxe avaliativa: Gústame pero
non sei por que (3)
Desta meta-analise despréndense as seguintes
conclusións:
• O CA está moi influído por procesos proposicionais de
orde superior, pero
• Non se pode descartar que procesos asociativos
automáticos de nivel inferior contribúan tamén ao CA
• Unha explicación en termos de doble proceso sería
capaz de explicar todos o resultados
• Diferentes efectos do CA poden deberse a distintos
procesos
• Trataríase, por tanto, de averiguar cáles son as
condicións específicas nas que é máis probable que
actúe cada un dos procesos
4. Condicionamiento instrumental en
humanos (1)
4.1. Preparacións experimentais
• Condicionamento operante verbal (o efecto Greenspoon)
Reforzo diferencial de palabras dun determinado tipo
• Biofeedback e hipóteses correlacionadas
O experimentador reforza un determinado tipo de respostas, pero o suxeito
regula a súa conducta seguindo regras que (aparentemente) dan lugar ás
respostas que reforza o experimentador
• Pistas falsas para comprobar o efecto do condicionamento
O suxeito realiza unha tarefa na que é reforzado, pero o que se reforza en
realidade non é que se lle dí ao suxeito que se vai reforzar
• Programas de reforzamento
O “festón de intervalo fixo”
• Toma de decisións sesgadas por indicios (non percibidos conscientemente)
que predicen recompensas ou castigos.
Ed (enmascarado) – R (apretar/non apretar) – Resultado (-1$, 0$, +1$)
Medición da aprendizaxe:
-Ganancias
-Avaliación da preferencia para cada Ed (sen máscara)
4. Condicionamiento instrumental en
humanos (2)
4.2. Resultados: conducta moldeada polas continxencias
vs.conducta gobernada por regras

• Resulta difícil distinguir entre conciencia da continxencia real e de


continxencias correlacionadas

• O “festón de intervalo fixo” aparece en animais, en nenos


pequenos, e en adultos baixo condicións de doble tarefa. En
condicións normais en adultos, o patrón depende da interpretación
que cada suxeito fai da situación

• Os suxeitos aprenden a utilizar indicios que non perciben


conscientemente para a toma de decisións. Esta aprendizaxe
estaría mediada pola parte ventral do estriado.
5. Condicionamento en humanos:
Conclusións
• En humanos, as situacións de condicionamento
producen dous tipos de efectos:
• aprendizaxe consciente de regras de continxencia.
• producción de respostas (electrodérmicas, avaliativas,
parpadeo...)
• A investigación que trata de disociar ambos efectos
atópase con moitas dificultades metodolóxicas, dada a
estreita relación que existe entre as condicións que
causan ambos efectos.
• Unha conclusión provisioria podería ser que, se ben
estes dous efectos aparecen normalmente moi
relacionados, non son idénticos, e o segundo non
pode considerarse sempre como un resultado do
primeiro.

You might also like