You are on page 1of 2

OBXECTIVOS e FONTES BIBLIOGRÁFICAS da materia de FISIOLOXÍA DO EXERCICIO I

Nº de Nº de
Contido
módulo práctica
2 2 2.1.3. O encéfalo e os nervios craniais

Unha vez concluídos o traballo previo non presencial e a clase práctica presencial, o alumno
deberá ter adquirido os coñecementos e competencias suficientes para ser capaz de:

1. Definir o encéfalo e localizar as partes principais que o compoñen: tronco encefálico,


cerebelo, diencéfalo e cerebro.
2. Identificar que porcións do encéfalo se corresponden coas vesículas encefálicas primarias
e secundarias.
3. Coñecer a existencia das membranas menínxeas e identificar as tres capas e a súa
disposición: duramadre, aracnoides e piamadre. Prestar especial atención ao espazo
subaracnoideo.
4. Localizar os elementos do sistema ventricular encefálico e explicar a formación,
circulación e drenaxe do líquido cefalorraquídeo.
5. Comprender qué é o tronco encefálico e localizar os elementos o forman: bulbo raquídeo,
protuberancia e mesencéfalo.
6. No bulbo: localizar as pirámides e a súa decusación e explicar a súa relación coas vías
corticoespinais; comprender a presenza de importantes núcleos (substancia gris) para o
control cardiovascular e respiratorio; situar as olivas e comprender a súa relación coas
vías propioceptivas inconscientes; identificar os núcleos grácil e cuneiforme e a súa
relación co tracto dorsal lemniscal (vías propioceptivas conscientes).
7. Na protuberancia ou ponte: identificar los rodetes piramidales y su relación con las vías
piramidales; comprender a presenza de núcleos relacionados coas vías motoras, co
control respiratorio e con diversos nervios craniais.
8. No mesencéfalo: localizar os pedúnculos cerebrais e explicar a súa relación coas vías
corticoespinais; identificar os colículos ou tubérculos cuadrixéminos e comprender a súa
relación coas vías reflexas para mover a cabeza con estímulos visuais ou auditivos;
localizar a substancia negra e entender a súa relación cos nucleos basais e o control da
motricidade subconsciente; situar os núcleos vermellos e comprender a súa relación co
cerebelo e a codia cerebral para a coordinación de movementos musculares.
9. Situar á formación reticular e comprender as súas funcións.
10. Localizar o cerebelo e describir a súa situación e a súa forma; identificar os lóbulos
anterior e posterior e comprender o seu papel no goberno dos movementos
subconscientes; identificar o lóbulo floculonodular e entender a súa intervención no
equilibrio e a postura; explicar a distribución das substancias branca (árbore da vida) e

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física Profesor Manuel A Giráldez García

Universidade da Coruña Alexis Padrón Cabo


gris; localizar os pedúnculos cerebeloso e as porcións do tronco encefálico coas que se
conecta cada un deles.
11. Localizar o diéncefalo e as partes que o forman: tálamo, subtálamo, hipotálamo,
metatálamo e epitálamo. Situar o tálamo, comprender a existencia dos núcleos que o
conforman e o seu papel no procesamento da sensibilidade; localizar o hipotálamo,
entender a súa relación coa glándula hipófise e explicar as súas funcións; identificar, no
epitálamo, a glándula pineal ou epífise, os ganglios da habénula e as funcións de ambos
os dous; situar os tubérculos ou corpos xeniculados (metatálamo) e a súa relación
funcional cos tubérculos cuadrixéminos; delimitar o subtálamo.
12. Identificar e situar os hemisferios cerebrais, os seus lóbulos e sucos. Explicar a
distribución da substancia branca e a existencia e significado funcional dos seus diferentes
tractos de asociación, comisural (corpo caloso) e de proxección (especialmente a cápsula
interna). Describir a distribución da substancia gris na codia e nos núcleos da base
(lenticular e caudado), e o papel destes últimos no control motor. Localizar as
circunvolucións relacionadas coa sensibilidade e a motricidade somáticas.

FONTE BIBLIOGRÁFICA RECOMENDADA

Tortora GJ, Derrickson B. El encéfalo y los nervios craneales. En: Tortora GJ, Derrickson B, editores.
Principios de anatomía y fisiología. 15th ed. Madrid: Médica Panamericana; 2018. p. 477–525. Principios de
Anatomía y Fisiología (medicapanamericana.com)

A maiores desta fonte bibliográfica, é recomendable que os alumnos utilicen algún dos atlas anatómicos
incluidos nas fontes bibliográficas da materia para a preparación dos contidos.

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física Profesor Manuel A Giráldez García

Universidade da Coruña Alexis Padrón Cabo

You might also like