You are on page 1of 2

Exercicios tema 2 do libro: o sistema nervioso

Realiza os seguintes exercicios consultando o tema 2 do libro de Santillana. Primeiro esbózao no


teu caderno de clase e logo prepara un arquivo electrónico para entregalo como exercicio persoal no
classroom.

1.- Escribe cales son as partes do sistema nervioso central e as do sistema nervioso perférico.

2.- A maioría dos nervios do sistema nervioso periférico saen da médula espiñal, pero hai 12 nervios
(nervios craneais), que saen do encéfalo. Cales son?

3.- Explica brevemente a función das meninxes e as súas partes.

4.- Qué é a hidrocefalia?

5.- Explica brevemente a función da barreira hematoencefálica.

6.- As drogas atravesan a barreira hematoencefálica. Investiga e explica brevemente como ocorre
isto no caso da cocaína.

7.- Fai un debuxo no teu caderno da estrutura dunha neurona e sinala as súas partes.

8.- En 1996 na universidade de Parma (Italia) Rizzolatti, Fogassi e Gallesi descubriron as neuronas
espello. Explica brevemente como funcionan e as consecuencias que se derivan para a psicoloxía.

9.- As neuronas realizan dous tipos de sinápse. Explica brevemente cales son e como funcionan.

10.- Na década de 1950 o científico danés Christian Skuo descubriu a bomba de sodio-potasio e foi
galardonado por ese descobremento co premio nobel de química en 1997. Explica de xeito
simplificado como funciona a bomba de sodio-potasio.

11.- O farmacólogo alemán Otto Loewl (1873-1961) descubriu o primeiro neurotransmisor: a


acetilcolina (premio nobel 1936). Define coas túas palabras que é un neurotransmisor e nomea
algún dos principais neurotransmisores.

12.- O descubrimento dos neurotransmisores tivo importantes repercusións importantes na


farmacoloxía. Explica brevemente cales.

13.- Ao final da páxina 44 do libro de texto hai un texto sobre o marketing farmaceutico. Contesta
as preguntas ao final dese texto.

14.- Explica brevemente en que consiste a plasticidade cerebral.

15.- Que parte do sistema nervioso activa o reflexo rotuliano e o reflexo de retirada (do lume, por
exemplo)?

16.- O encéfalo é a masa nerviosa contida dentro do cráneo. Algúns autores prantexan que se pode
dividir en tres partes (cerebro triun,  Paul MacLean), pero na actualidade considérase máis acertada
a división do encéfalo en 5 partes:
1.-Mielencéfalo ou bulbo raquídeo
2.-Metencéfalo
3.-Mesencéfalo ou cerebro medio
4.-Diencéfalo
5.- Telencéfalo
Describe brevemente as subdivisións de cada unha destas partes e as súas funcións máis
importantes.

17.- A corteza cerebral ou córtex está dividida en dous hemisferios. Indica nunha táboa as funcións
nas que está especializado cada un dos hemisferios cerebrais.

18.-Fai un debuxo no teu caderno dos lóbulos da corteza cerebral ou córtex e sitúa nel as áreas
funcionais da corteza cerebral.

19.- Incluídos no telencéfalo están o sistema límbico e os ganglios basais. Indica as partes destes
sistemas e as súas funcións principais.

You might also like