You are on page 1of 3

SISTEMA NERVIOSO

1. Cales son os 2 sistemas de regulación e coordinación existentes nos animais? Explica as funcións
que realiza cada un deles.
2. Que 2 tipos de respostas se producen nos animais ante un estímulo?
3. Nomea os distintos tipos de neuronas segundo a función que realizan.
4. A gráfica mostra os cambios experimentados no potencial de membrana dunha neurona ao ser
estimulada.
a) Que se entende por potencial de
membrana?
b) Que valor ten o potencial de membrana
cando a neurona está en repouso? A que
se debe?
c) Que é, por que se produce e cal é o valor
máximo do potencial de acción?
d) Cando se inicia a despolarización?

5. Identifica o seguinte debuxo e nomea cada un dos elementos que compoñen esta estrutura.

6. Como se pode transmitir o impulso dunha neurona a outra se non están unidas fisicamente?
Describe o proceso.
7. Onde se localizan e que función realizan as neuronas de asociación? Por que razón se
denominan de asociación?
8. Observa o seguinte esquema.
a) Que representa? Sinala cada un dos
compoñentes.
b) Explica como se desenvolve o proceso
nervioso que representa o debuxo.
c) Que pasaría se por un accidente a medula
espiñal quedara cortada no seu inicio?

9. Completa a seguinte táboa.

10. Por que nas vaina de mielina o impulso nervioso se transmite a maior velocidade?

11. Que son os neurotransmisores?

12. A que chamamos vulgarmente cerebro?

13. Define os seguintes conceptos relacionados co sistema nervioso:


a) Neurona d) Glia
b) Sinapse e) Sistema nervioso simpático
c) Nervio f) bomba de sodio e potasio
14. Si se produce unha lesión nun hemisferio cerebral aparece unha parálise (hemiplexía) do lado
contrario do corpo. Por que?

15. Cal destes sistemas, simpático e parasimpático, cres que actúa nunha situación de perigo e cal
nunha situación de repouso?

16. Cales son as principais funcións do bulbo raquídeo?

17. Debuxa un corte transversal da medula espiñal e nomea as diferentes zonas da mesma.

18. Que tipo de accións controla o sistema somático? E o autónomo? Pon algún exemplo

19. Que actos regula a codia cerebral?

20. Relaciona.

You might also like