You are on page 1of 2

BATERÍA DE PREGUNTAS CTMA TEMAS 4 E 5

1. Cal é a diferenza entre unha rede e unha cadea trófica? Cita un exemplo de cada unha delas

2. Ante a imaxe que se presenta, contesta ás cuestións seguintes.

2.1. Na rede trófica que se esquematiza, distingue dúas cadeas


tróficas, unha de tres niveis e outra de catro, e indica, razoando a
resposta, cál delas recibe máis enerxía no último elo.

2.2. En que se diferencia un organismo produtor dun consumidor?


Clasifica nun ou outro grupo aos diferentes organismos da rede trófica
que se esquematiza.

2.3. Explica qué consecuencias tería, na rede trófica que se


esquematiza, a desaparición dos produtores. Explica tamén as
consecuencias que tería a desaparición dos carnívoros finais.

3. O número de niveis tróficos dun ecosistema pode ser ilimitado?


Xustifica a túa resposta.

4. Podería existir un ecosistema sen o nivel trófico dos descompoñedores? Razoa a resposta.

5. Nun ecosistema, a produción neta (Pn) dun nivel trófico determinado pode ser superior á produción neta
do nivel trófico anterior? Razoa a resposta.

6. Os datos da seguinte táboa refírense a parámetros tróficos en dous ecosistemas. Observa os seus datos
e contesta as cuestións que se presentan.

6.1. Calcula a produción primaria neta en cada ecosistema.

6.2. Calcula a porcentaxe de gasto respiratorio en cada ecosistema.

6.3. Calcula a taxa de renovación dos dous ecosistemas.

6.4. Por que a produtividade é moito maior na pradería?

7. Observa a seguinte imaxe e contesta as cuestións que se presentan.

7.1. ¿Como se denominan este tipo de gráficas? Por que? Que nome reciben os compartimentos que
aparecen na gráfica?

7.2. Por que hai unha forte diminución da enerxía nos


compartimentos a medida que estes están máis
achegados ó cume? Por que o número de elos é tan
reducido?
7.3. Que ocorre coa enerxía de cada compartimento da gráfica que non é aproveitada polo seguinte?
Razoa a resposta.

7.4. Explica, mediante un exemplo, outro tipo de pirámide trófica diferente á da figura.

8. Que importancia ten a fotosíntese nun ecosistema? Enumera os factores limitantes. Cal é o principal
factor limítante? Por que?

9. Explica brevemente por qué falamos de fluxo para describir a circulación de enerxía dun ecosistema,
mentres que usamos ciclo cando nos referimos á materia que circula por el.

10. Por que procesos naturais se incorpora o carbono desde a biosfera ata a atmosfera?, e á inversa?
Realiza unha breve explicación.

11. Escolle e explica un ciclo bioxeoquímico.

12. Explica por qué é importante a conservación da biodiversidade do Planeta. Sinala dúas actuacións que
eviten a perda de biodiversidade.

13. Explica os conceptos de nicho ecolóxico e hábitat.

14. Diferenciar entre especies r estrategos e k estrategos.

15. Que é a Valencia ecolóxica?

16. Explica as diferencias entre unha especie eurioica e unha estenoica.

17. Que entendes por endemismo?

18. Fai un esquema cos tipos de relacións interespecíficas e as súas consecuencias en cada especie.

19. 19.1. Como se chama e en que consiste o proceso que ilustra a figura?Que sucede coa diversidade ao
longo do proceso, e por que?

19.2. Que dous tipos dese proceso existen, e en que consiste cada un?

19.3. Como se denominaría o proceso inverso, que sucedese na dirección contraria? Menciona dúas
posibles causas antrópicas e dúas causas naturais que puidesen causalo.

You might also like