You are on page 1of 23

EJERCICIOS 1ª EVALUACIÓN 2º BACHILLERATO.

1.-Por que hai bioelementos que son indispensables pese a haber só trazas deles?.
2.-Corrixe o seguinte texto:
O. C, O, H e N son oligoelementos de baixo peso atómico, o que lles impide formar
enlaces covalentes. Son elementos escasos nas capas más externas da Terra e os
compostos químicos que forman non se disolven ben na auga.
3.-Por que a tª ambiente a auga é un líquido sendo o SO2 un gas?.
4.-Por que a auga ten un elevado calor específico, un elevado calor de vaporización e
unha elevada constante dieléctrica?.
5.-Por que a auga é un gran disolvente?
6.-Que pasaría si o medio interno dos organismos non fora unha disolución tampón?.
Como actúa o tampón bicarbonato fronte a una subida ou unha baixada de pH?.
7.-Diferencias entre ósmosis e diálisis.
8.-Por que una forma de conservar os alimentos é cubrilos de sal, como se fai co
bacallao, as anchoas, o xamón etc...?
9.-Por que as follas de leituga se poñen turxentes cando se deixan en auga, e logo ao
aliñar a ensalada enrrúganse?.
10.-Por que as solucións que se administran por vía introvenosa deben ser isotónicas
para os glóbulos vermellos? ¿Qué podería ocurrir si non fora así?.
11.-Pódese deducir si a D-Eritrosa é levóxira ou dextrógira?.
12.-Sinala que C da glucosa é simétrico na forma lineal e asimétrico na cíclica?.
13.-Que nome recibe un glúcido con fórmula empírica C6H12O6.?
14.-Por que a trioleína é un aceite e l triestearina é un sebo a tª ambiente?.
15.-Cal é a razón de que ls animais utilicen lípidos como reserva enerxética e os
vexetais utilicen con máis frecuencia glúcidos para o mesmo fin?.
16.-Cales son os compoñentes dunha cadea polipeptídica e que enlace os une?.
17.-Cantos C asimétricos posúen os aminoácidos?
18.-Que significa que un aminoácido é anfótero?.
19.-Que enlaces manteñen estables as distintas estruturas das proteínas?
20.-Que enlaces se rompen ao someter unha molécula proteica a unha tª elevada?. Como
se denomina este proceso? .Que repercusións ten na funcionalidade da proteína?.
21.-Por que si os animais non producen vitaminas poden servir como fonte vitamínica?.
22.-En que tecidos animais se atopan as vitaminas liposolubles?. Por que?. De que
vitaminas se coñece o seu mecanismo como coenzimas?.Que vitaminas poden producir
perxuicios por hipervitaminosis?.
23.-Nun ADN bicatenario topouse que no total de bases nitroxenadas hai un 23% de A.
Cales son os porcentaxes das demais bases?.
24.-Cal é a secuencia de ADN complementaria de
5`.... T A C C T C A C T.....3´.
25.- Nun ácido nucleico atopouse o seguinte porcentaxe de bases nitroxenadas A (22%),
G (19%), C (26%) y U (33%). Trátase dun ADN ou ARN?. É de unha sola hebra ou de
dobre hebra?
26.-Que é a desnaturalización do ADN?. A qué tª aproximada prodúcese este
fenómeno?. Que é a renaturalización do ADN?. A que tª aproximada se produce?.
27.-Relaciona mediante frechas os seguintes elementos minerais co papel que realizan:
Ferro Deposítase nos osos
Fluor Compoñente da molécula de hemoglobina.
Fósforo Localízase nos osos e nos dentes
Calcio Necesario para a tiroides
Iodo Fonte de enerxía e necesario para o ADN.
28.-¿Por qué a auga é un dipolo?. Sinala unha das súas propiedades físico-químicas e
indica as funciones biolóxicas que llle permiten realizar.
29.-¿Qué ocorrería si se colocaran en auga mariña glóbulos vermellos do sanguere?. ¿E
si se colocan células vexetais?.
30.-¿Por qué as cetosas forman menor nº de estereoisómeros que as aldosas de igual
número de átomos de C?
31.-Explica o significado dos seguintes símbolos D y L; b) (+) y (-);
32.-Que sucedería si as aves migratorias almacenasen enerxía en forma de glucóxeno en
lugar de facelo en forma de triglicéridos. Supón unha ventaxa evolutiva o
almacenamento de triglicéridos en lugar do de glúcidos nalgunhas semente? Por qué?

33.-Nomea o polisacárido máis abundante das paredes das células vexetais.


Xustifica a diferencia en valor nutritivo para as persoas entre o amidón e dito
polisacárido.
34.-Que hai na estructura dos fosfolípidos que os fai idóneos para formar membranas.
35.-Responde precisa e brevemente as seguientes cuestións:
a) En que consiste un enlace peptídico?. En que macromoléculas o atopamos?.
b) E o enlace fosfodiéster en que macromoléculas o atopamos
c) Como se forma un disacárido?
d) En que se diferencian os ácidos grasos saturados dos insaturados.

36-Identifica as siguientes moléculas: A que grupo de compostos pertenece cada unha


delas.
37.-Temos un tubo e U no que os dous
brazos están separadas por unha mba
semipermeable. No brazo A engádense
50 ml. Dunha solución de 1 gr. por l. de
glucosa, o mismo tempo no brazo B
engádese 50 ml dunha solución de 25
gr. Por l. de glucosa. Indica que ocurrirá
no tubo o cabo do tempo. ¿Chegarase a
situación indicada na figura 2, a
situación indicada na figura 3, ou
permanecerá como na figura 1?. Razona
a resposta.
38.--A velociade de reacción dunha enzima aumenta coa tª, ata un máximo,e logo
disminue rapidamente. A que se debe esta disminución?
Indica outros 2 factores que infúan na velocidade de reacción dunha enzima.
Na parte superior da figura representase esquematicamente unha enzima, o sustrato e
dous inhibidores diferentes ( 1 e 2). Na parte inferior móstrase o acoplamento E-S e
ausencia do inhibidor e o efecto do inhibior 1. Como se chama o tipo de inhibición
producida polo inhibidor 1. Propón unha hipótese sobre o tipo de inhbición que produce
o inhibidor 2 e explícao de forma esquemática.
39.--Como definirías un glícido? Cales son as unidades que forman os glúcidos. Indica
as funcións biolóxicas que realizan ós glícidos e pon un exemplo concreto para cada un
deles.
40.--Como se denominan as unidades estructurais das proteínas?. Que características
comúns posúen estas unidades.
41.-Nomea as funcións biolóxicas máis importantes das proteínas.
42.--Que significa que os fosfolípidos sexan moléculas anfipáticas.
43.-Representa mediante un esquema a molécula un fosfolípido sinalando nela o seu
carácter anfipático.
44.-Establece as diferencias máis significativas entre o glucóxeno e a celulosa.
45.--Respecto as biomoléculas .Cal é o constituinte básico das proteínas. Identifícao no
debuxo. Mediante que enlace se une para formalas.
Que é unha base nitroxenada?. Identifícaa no
debuxo. Que tipos coñeces?. Cales forman
parte do ADN.Que é un ácido graso.
Identifícao no debuxo. Que diferencia existe
entre ácido graso saturado e insaturado?
-Que é o colesterol?. A que tipo de
macromoléculas pertenece. Hai colesterol bo
emalo?. Razona a resposta.
46.--Describe un triacilglicérido. Explica dúas propiedades e unha función.
47.-En relación ca figura adxunta responde as
siguientes cuestións:
Nomea o tipo de molécula da que se trata. Como se
chaman os seus monómeros e cal é a súa
composición?. Considerando a molécula en sentido
lonxitudina as notacións 3’ e 5’ sitúanse en
posicións opostas. Explica que significa este feito.

48.--En relación a imaxe adxunta:


Que tipo de biomoléculas están representadas na primeira parte da ecuación. Cales son
as súas principais características?. Que representan R1 e R2. Que nome recibe o enlace
que se produce? Indica de onde proceden os átomos de H e O da molécula de auga que
se libera na reacción.
-Que nome recibe a molécula resultante no esquema?. Que nome reciben as molécula
formadas por unha gran cantidade de monómeros unidos por enlaces deste tipo?.

49.--Algunhas prendas de vestir teñen unha orixe vexetale están feitasde algodón que
contén celulosa, outras como a seda, son de orixe animal. A seda está formada por unha
proteína que forma láminas  con cadeas que repiten unha secuencian de glicina-serina-
glicina-alanina-glicina-alanina.
50.-Que é a celulosa? Que función ten no vexetal de orixe? De que estructura forma
parte?
Que é unha lámina ?
Que tipo de enlace unirá a glicina ca serina.
51.--Un fragmento dun ácido nucleico bicatenario dunha célula está constituido por un
30 % de adenina.
a) Cales son as porcentaxes de guanina, citosina, timina e uracilo?
b) A que tipo de ácido nucleico corresponde o frgmento?
c) Por qué tipo de pentosa está formado?
d) En que lugar da célula se localiza?
52.-Identifica a que tipo de biomolécula pertenece a
siguiente. Basándote na súa estructura comenta as
súas propiefisicoquímicas e biolóxicas.

53.-Fai un breve comentario sobre os polisacáridos indicando natureza, estructura


molecular e solubilidade. Idica dous polisacáridos presentes no reino animal e outros
tantos do vexetal, indicando en cada caso as súas respectivas funcións.
54.-Cal é o constituinte fundamental das proteínas?.
Identifícao.

55.-Diferencias entre un un nucleósido e un


nucleótido. Cal dos dous aparece no debuxo?.
Que é o colesterol? Identifícao no debuxo.
56.-Relaciona as siguientes biomoléculas coa súa función biolóxica, indicando en cda
caso as súas unidades estructurais básicas e a súa localización celular.
a) Fosfolípidos
b) Ácido desoxirribonucleico
c) Glucóxeno
d) Triglicéridos
e) ATPasas.
57.-Na figura móstranse tres biomoléculas identificadas con un nº:
a)Que biomoléculas se representan
b)Que tipo de enlace característico aparece na 1 e na 3?
c)Como se comportaría a molécula 2 nun medio acuoso.
d)Que niveis de estructura poden establecerse nas moléculas tipo 1. Nomeas.

58-Define. Bioelemento e oligoelemento


59.-Cita as principais funcións biolóxicas das sales minerais.
60.-Define que é un sistema tampón e pon un exemplo
61.-Na figura represéntase unha molécula de auga:
a) Describe a estructura da molécula de auga. Enumera catro propidades
fisicoquímicas da auga e relacionaas coas súas funcións biolóxicas.
b) Que vantaxes pode supor para un ser vivo dispoñer de sistemas tampón no seu
medio interno? Razona a resposta.
c) As células vexetais son capaces de soportar maiores variacións na P. Osmótica
do medio cas animais. Xustifica esta afirmación.
d) Que lle ocurriría a un glóbulo vermello si o poñemos nunha disolución
hipotónica. Razona a resposta.
62.-A que se debe a polaridade da molécula de auga? Que tipo de enlace se establece
entre estas moléculas? ¿Qué propiedade da agua posibilita a vida en augas xeadas?.
63.-Poderías decir a vista destas fórmulas si estos compostos son dextróxiros o
levóxiros?. Razona a resposta.
64.- Explica por que os disacáridos perden o manteñen o poder reductor.
65.-Como explicas a formación de bicapas e micelas ao colocar ácidos grasos nun
medio acuoso?
66.-Dos dipéptidos distintos poden ter a misma masa molecular?. Razónao
67.-Que enlaces manteñen estable a estructura terciaria dunha proteína? Diferencias
entre conformación globular e filamentosa dunha proteína.
68.-Qué diferencias existen entre os nucleótidos do ADN e os do ARN? Define:
nucleósido e nucleótido.
69.-Nomea os tipos de ARN que coñezas e indica a función de cada un deles.
70.-Que e o centro activo dunha enzima?. Que función ou funcións desempeña?
71.-Por que as enzimas actúan específicamente sobre un sustrato?
72.-Como inflúe a variación de tª na actividade enzimática?
73.-Si unha célula que tuvera un pH de 7 baixase este a 2 Que ocurriría coas súas
enzimas?. Razona a resposta.
74.-En que consiste a inhibición competitiva duhna enzima?
75.-Que quere decir que a enzima está saturada polo sustrato?
76.-Que papel desempeñan as vitaminas na actividade das enzimas?
77.-Que é o NAD+ e cal é a súa importancia biolóxica?. A qué clase de enzimas
pertenecen aquelas que teñen como coenzima o NAD+?
78.-Un efector alostérico pode disminuir a unión do sustrato ao centro activo; un
inhibidor competitivo tamén. Pódese decir que a inhibición alostérica e a inhibición
competitiva débense a mesma causa? Razonar a resposta.
79.-A ilustración representa un nucleótido moi importante nos seres vivos. de que
molécula se trata?. Que función desempeña nos seres vivos?
80.-Cita tres factores que regulen a actividade enzimática.
81.-Concepto de enzima. Influencia do pH e da tª na actividade enzimática.
-Nun ensaio no que se determina a actividade dunha enzima a distintos pH e frente ao
mesmo sustrato, obtúvese o resultado que mostra a gráfica. Razonar o comportamento
da enzima neste ensaio.

82.-Un sistema de conservación de alimentos moi usado desde antigo consiste en


engadir unha considerable cantidade de sal ao alimento (salazón) para preservalo do
ataque de microorganismos que poidan alteralo. Explica de forma razoada este feito.
83.-Nas zonas polares, onde as temperaturas son moi baixas, como é posible que os
ecosistemas mariños se manteñan con vida nas épocas con temperaturas por debaixo de
cero grados?. Razoa a resposta.
84-Explica:
-Que é un codón?. E un anticodón? En que proceso interaccionan?. En que estructura
prodúcese a interacción?. Cal é a finalidade da interacción?.
85.-Representa esquematicamente a modificación que ten lugar nas células vexetais en
función da concentración salina do medio externo. Indica moi brevemente porque se
produce dita modificación.
88.-Indique esquematicamente unha diferenza en estrutura e unha diferenza en función
entre o amidón e a celulosa.
89.-A denominación dos extremos dunha molécula de RNA (3’ e 5’) está relacionada
coa presencia de ribosa nesta molécula. Explica mediante un esquema a razón desta
denominación.

90.-A asociación de enfermos cardiovasculares sinalou que a prevalencia en Canarias


de colesterol en sangue e do 31%, sete puntos por encima da media nacional.
a)) A que tipo de biomoléculas pertence o colesterol.?
b) Cál é a característica común de todas as moléculas orgánicas que pertencen a este
grupo de biomoléculas.?
c) Cómo afecta a temperatura a este grupo de biomoléculas?.
d) Onde se atopa maioritariamente o colesterol na célula?.
91.--Os ácidos nucleicos son un dos compoñentes máis importantes da célula, xa que
son os encargados de transmitir a información xenética garantido a perpetuación da
vida:
a) Cal é a composición dun nucleótido.
b) A nivel dos compoñentes dun nucleótido, cal é a diferencia entre os nucleótidos do
ADN e do ARN?
c) É o ATP un nucleótido?
d) Qué tipos de ácidos nucleicos conteñen as células
procariotas
92.-Explique a composición e estrutura dos triglicéridos e dos fosfolípidos e indique o
nome dos enlaces que se establecen entre os seus compoñentes. Explique por que son
saponificables. Indique que propiedade dos fosfolípidios lle permite formar a estrutura
básica das membranas celulares.
93.-. O coláxeno é unha proteína de aspecto blanquecino que forma parte de estruturas
como os tendóns. Cando se ferve o coláxeno obtense unha sustancia blanquecina moi
blanda. Explica razoadamente a causa deste cambio.
94.-Define os seguintes termos: aldosa, cetosa, enlace glucídico, enlace peptídico,
enlace fosfodiéster.
95.-Como se pode explicar que unha célula típica do noso corpo, teña unhas 10.000
clases de proteínas diferentes si o número de aninoácidos distintos e só de 20?.
98.-Que teñen en común glucóxeno, celulosa e amidón. En que se diferencian dende o
punto de vista estructural.
99.- Este esquema representa a estrutura dunha molécula denominada lisozima:
Que tipo de molécula é?. Como se denominan as unidades representadas por círculos?
Describe o tipo de enlace que une ditas unidades.
Como se chaman os grupos químicos terminais sinalados por unha frecha?

100.- O leite é un dos alimentos máis completos, xa que ten ademais de auga e s.
Minerais os tres grandes tipos de principios inmediatos orgánicos. A seguinte figura
corresponde a un destes compostos da leite:
-Nomea os tres grupos de P.I. orgánicos mencionando a súa estrutura básica
-A que tipo de biomolécula pertence a representada?. E a que subtipo?
-Mediante que tipo de enlace se unen as unidades?. Ë unha sustancia reductora?

101.-Intermón Oxfam recordou con motivo do “Día Internacional da Auga” , que hai
mais de 1000 millóns de persoas, aproximadamente o 18% do total da poboación, sin
acceso a auga potable:
-En base a solubilidade deste líquido, as sustancias clasifícanse en hidrófilas e
hidrófobas. Define cada un destes termos
-Indica en que consiste a ósmose.
Que sucedería si metemos un peixe mariño en auga doce.
102.-O aceite de oliva, considerado como o ouro líquido da dieta mediterránea, presenta
un alto contido de ácido oleico.
-En reposta a reacción de saponificación. A que tipo de lípido correspondería o que
conteña ácido oleico?
-Que significa que un ácido graso é insaturado?
-Existen hormonas e vitaminas de natureza lipídica?-
103.-As proteínas son biomoléculas imprecindibles en todo ser vivo:
-Define en que consiste a estrutura primaria dunha proteína.
-Como se chama o proceso polo que unha proteína perde a súa estrutura terciaria?
-Que consecuencias ten a perda de dita estrutura?
-Cita unha causa que desencadee a perda da E. Terciaria das proteínas.
104.-Con respecto as biomoléculas:
-Identifique a estrutura do debuxo. Que tipo de molécula se uniría a rexión B?.
-Que é unha base nitroxenada?. Cite os tipos existentes.
- Que tipo de enlace (letra C) mantén esta estrutura?. Como se forma?

105.-Os polisacáridos e as proteínas son polímeros que desempeñan numerosas funcións


biolóxicas. Partindo desta premisa, indique;
Cales son os monómeros estruturais de ambos tipos de biomoléculas?
Que tipos de enlace unen dita monómeros.?
Que funcións biolóxicas cumpren na célula a celulosa, o glucóxeno e a amidón.?
Que función desempeñan a insulina, a hemoglobina, e o coláxeno.
106.- define: Centro activo, coenzima, inhibidor e enerxía de activación.
107.-Enumera as propiedades da auga e explica a súa importancia para os seres vivos,
describindo as súas funcións nos mesmos.
108.- As proteínas son biopolímeros constituidos pola combinación de unidades
chamadas aminoácidos:
A figura mostra a estrutura dun aminoácido. O grupo R é para alanina –CH3, glicina H e
serina –CH2OH. Escribe a fórmula do tripéptido, ten en conta que a alanina é o extremo
amino do tripéptido.
As proteínas pode clasificarse en holoproteínas e heteroproteínas. Cales son os
constituintes de cada tipo?
De que nivel estrutural depende a función biolóxica dunha proteína?
Indica cal da seguintes funcións non ñoden ser desempeñadas por unha protreína:
Constituinte das membranas biolóxicas, almacenamento da información xenética,
catálisis das reaccións metabólicas, transporte de sustancias a través das membranas.
109.-Como ten lugar a desnaturalización do ADN? É reversible o proceso?. Cita un
axente físico e outro químico que desnaturalicen o ADN.
110.-Explique o significado de:
Complexo enzima-sustrato , centro activo dunha enzima, cofactor e inhibición
competitiva.
Interprete estas gráficas e comente outro factor que afecte a actividade dunha enzima.

-
111.-Debuxa a estructura dunha molécula de auga
112.-Explica brevemente tres propiedades da auga ca fan idónea para o desarrollo da
vida.

113.-Explica brevemente si a proposición que sigue é V ou F.


Todas as células viven nun medio acuoso, excepto as dos reptis, que prefiren un
ambiente seco.
114.- Que importancia teñen as sales minerais na regulación do pH do medio interno.
115.- A concentración de cloruro sódico no sangue é de 0,9g /100ml. Explica
razonadamente qué ocurriría si se colocaran hematíes humanos en:
a) Auga destilada
b) Unha solución salina (9 g / 100 ml)
c) Pon algún ejemplo de sales minerais en estado sólido presentes nos seres vivos,
indicando a súa función.
116.-Observa o composto seguinte e contesta as seguintes preguntas:

a) Que tipo de molécula é?


b) Ten C asimétricos? Cántos?. Sinalaos
c) Cáles son os seus compoñentes?. Mediante qué enlace se unen? Ten poder
reductor?. Razoa as contestacións.
d) Ten algún interés comercial?.
e) A celulosa está presente nas dietas de adelgazamento. Non obstante, as vacas ganan
moito peso cando pastan. Cómo se explica?.
117.- As dúas gráficas da figura corresponden a dous enzimas que actúan sobre o
mesmo sustrato. Indica razoadamente cál delas posúe maior afinidade polo sustrato.
117.-Que nome reciben os elementos químicos que se atopan formando parte dos seres
vivos?. Clasifica os seguintes elementos químicos nos grupos que coñeces:
C, P, Ca; Fe, Mg, Na, S, H, O.
¿A que chamamos oligoelementos? ¿Qué funcións biolóxicas podemos destacar deles?.
118.- Comenta brevemente a importancia da auga para os seres vivos.
Que propiedades da auga son responsables de dita importancia?. Razoa a resposta.
119.- Nomea as formas en que poden atoparse as sales minerais nos seres vivos.
Nomea as funcións de cada unha delas.
120.-Identifica as moléculas do debuxo e sinala a que grupo de glúcidos pertencen cada
unha delas.

Cales destas moléculas son hidrolizables? . ¿Cales teñen poder reductor?.


Que é un C asimétrico? ¿Cales destas moléculas posúen C asimétricos?.
A que se debe a isomería D/L dun monosacárido? E a isomería α / ß ?.
Que tipo de enlace une dous monosacáridos entre si? ¿Cómo se forma?.
Cales son as funcións máis importantes que desempeñan os glúcidos nos seres vivos?.
121.-En relación cos lípidos representados nas figuras A e B, responde as seguintes
cuestións:

A que tipo de lípido pertence o A e o B?. Xustifica as túas respostas.


Son lípidos saponificables? Son moléculas anfipáticas?. Xustifica as túas respostas. Cal
deles é un lípido de membrana?. Cal deles ten función enerxética?.
122.- ¿Qué tipo de composto é o seguinte?.

Si o punto isoeléctrico de dito composto é 6,02 en que forma se atopa nunha disolución.
Explica o comportamento químico de dito composto.
Dito composto é un monómero que unido a outros forma uns polímeros de gran
importancia biolóxica. ¿Cómo se chaman os polímeros? .Nomea os diferentes niveis
estruturais destes polímeros así como os enlaces que os manteñen estables.
En que condicións se poden perder ditas estruturas?.
123.-Considerando un proceso catalizado por unha enzima, contesta as seguintes
cuestións;
Define a velocidade dun proceso enzimático.
Define o concepto de Km.
Representa mediante unha gráfica como varía a velocidade do proceso catalítico cá
adición de cantidades crecentes de sustrato. Razoa a resposta.
A pH 7,5 a actividade dunha enzima alcanza o seu valor óptimo. Si modificamos o pH
ata un valor de 6,4 Que lle ocorrerá a velocidade do proceso?. Qué lle ocorrerá o centro
activo nestas condicións?. Razoa a resposta.
124.-Reescibe este texto cambiando as 11 palabras erróneas que contén por outras
verdadeiras:
En 1953 James Watson e Francis Crick elaboraron o modelo da dobre hélice de ADN,
segundo o que, a molécula de ADN consiste en dúas longas cadeas de polinucleósidos,
complementarias, paralelas e enroladas ó redor dun mesmo eixo imaxinario, formando
unha dobre hélice levóxira. As bases nitroxenadas están dirixidas ó exterior da dobre
hélice mentres que as unidades de fosfato e de ribosa sitúanse no interior. As dúas
cadeas mantéñense unidas por enlaces covalentes entre as bases complementarias. Así,
a adenina sempre se une a guanina por dous enlaces covalentes e a timina a citosina
por tres.
125.-Observa os modelos seguintes e responde:
¿A que moléculas corresponden? ¿Cales son os monómeros que as forman? ¿Que
moléculas constitúen estes monómeros?.

126.- Agrupa de 3 en 3 os seguintes termos e relaciónaos con unha frase:


Amidón, auga, lípidos saponificables, terpenos, ARNt, hidrólise, calor de vaporización,
fosfolípidos, vitamina A, aminoácidos, maltosa, regulador térmico, lípidos de
membrana, lípidos, ribosomas.
127.-Responde si as frases seguintes son V ou F:
1.-As moléculas de enzima destrúense cando acaba a reacción
2.-Tódolos aminoácidos son anfipáticos.
3.-O amidón é un polisacárido de reserva animal.
4.-Unha ponte de H é un tipo de enlace covalente.
5.-O colesterol é o precursor dalgunhas hormonas.
6.-O enlace fosfodiéster establécese entre dous hidroxilos de dous monosacáridos.
7.-Na turxencia as células ínchanse.
8.-A auga é unha molécula polar con carga eléctrica.
9.-As dispersións coloidais poden presentarse en estado de sol ou estado de xel.
10.-Os sistemas tampón regulan só o pH do medio intracelular.
11.-A D-glucosa é un composto dextróxiro.
12.-A sacarosa é un polisacárido sen poder redutor.
13.-A celulosa non serve de alimento a especie humana
14.-Amidón e glucóxeno son polisacáridos estruturais.
15.-Os ácidos graxos son compostos anfipáticos.
16.-O punto de fusión dos ácidos graxos varía co tipo de enlace.
17.-Cando un composto pode comportarse como ácido ou como base chámase anfótero.
18.-Os inhibidores reversibles chámanse venenos.
19.-O ß -Caroteno é un precursor da vitamina A.
20.-As ribozimas so ARN con función enzimática.
128.-Por qué algúns disacáridos perden o poder redutor si tódolos monosacáridos o
teñen?.
De que están compostos os triacilglicéridos? ¿Cal é a súa función biolóxica? ¿Que tipo
de enlace posúen?.
Explica o que significa a frase seguinte: Os fosfolípidos son compostos anfipáticos.
Qué tipos de lípidos insaponoficables coñeces?. Noméaos. Por qué non son
saponificables?.
As proteínas con estrutura terciaria poden ter dúas conformacións distintas. Cales son?
En que se diferencian?.
Qué lle ocorrería a unha proteína si a sometemos a temperaturas de ebullición?.
Qué significa que os aminoácidos sexan compostos anfóteros?.
Explica razoadamente si a frase seguinte é V ou F: O ADN é unha molécula bicatenaria
circular, que se atopa sempre no núcleo das células, estando as dúas cadeas unidas por
enlaces fortes de pontes de H.
Qué tipo de compostos son o ATP e o NADP?. Nomea as súas funcións biolóxicas
129.-Qué representa o esquema seguinte:

Qué tipo de enzima é a E1?.


Cómo inflúe o produto D e o sustrato A sobre ela?
130.-Agrupa de 3 en 3 os seguintes términos relacionándoos con uunha frase:
Vitamina, lactosa, polisacárido, leite, reserva, glucóxeno, coenzima, disacárido,
hidrosoluble.

131.-En relación coa figura adxunta responde as seguintes cuestións:


Nomea o tipo de molécula da que se trata.
Como se chaman os seus monómeros e cal é a súa composición?.
Considerando a molécula en sentido lonxitudinal as notacións 3’ e 5’ sitúanse en
posicións opostas. Explica que significa este feito.
Na figura represéntase a estrutura desta mólecula : Quenes propuxeron dita estrutura.
Como se chama. Descríbea brevemente.

132.- A qué grupo de biomoléculas pertencen as estructuras X,Y,Z.


Indica en cada caso os compoñentes moleculares que as forman.
Explica o tipo de enlace que se establece entre ditos compoñentes.
Comenta algunha das funcións celulares de cada unha desas biomoléculas.
133.-En qué consiste a desnaturalización dunha proteína e cales son as súas
consecuencias biolóxicas?
Qué axentes poden causar a desnaturalización?
Diferencias entre:

Lípido saponificable e lípido insaponificable


Ácido graxo saturado e ácido graxo insaturado.
Antipático e anfótero.

134.-Indica cinco diferencias entre a ADN e o ARN. Ademáis do núcleo .En qué outro
lugar da célula eucariota hai ADN
135.- A D-glucosa é unha aldohexosa. Explica:
Qué significa este térmo?
Qué diferencia existe entre D y L glucosa e entre α e ß glucosa?
136.-Por que a auga se considera o disolvente universal?.Razoa a resposta.
Qué funcións biolóxicas realiza a auga nos seres vivos, relacionadas con esta
propiedade.
Resume brevemente o papel que levan a cabo as enzimas alostéricas.
137.-Agrupa de tres en tres os seguintes térmos e relacionaos cunha frase
ADN e ARN, celulosa, enzima, péptido, polímeros, parede celular, reacción, hidrólise,
nucleótidos, vexetal, enerxía de activación, aminoácidos.
138.- Indica si son V ou F as frases seguintes: Unha frase mal anula unha ben
-A plasmólise prodúcese cando as células animais se atopan nun medio hipertónico.
-Moléculas anfóteras son as que teñen unha parte hidrófila e outra hidrófoba.
-Na doble hélice de ADN, a A sempre está enfrentada o U, e a C a G.
-Os bioelementos son elementos químicos que forman parte dos seres vivos.
-Os isómeros teñen idéntica composición química e idéntica estructura molecular.
-Os esteroides poden ser precursores de vitaminas e hormonas.
-O colesterol transpórtase no sangue unido a lipoproteínas.
-C asimétrico e aquel que ten as catro valencias unidas a radicais diferentes.
-Centro activo é o lugar do sustrato por onde se une a enzima.
-Os encimas hidrolíticos catalizan a rotura da molécula da auga.
-Os lípidos son solubles en disolventes órganicos como o cloroformo
-Todos os aminoácidos teñen C asimétricos.
-As vitaminas liposolubles elimínanse pola orina.
-A vitamina A é un terpeno.
-A retroinhibición é unha forma de regulación enzimática.
-Define enzima. Que é o centro activo dunha enzima e que relación existe entre o
mesmo e a especificidade enzimática?. Que son os inhibidores enzimáticos?. En que se
diferencia a inhibición reversible da irreversible?
-Nas zonas polares, onde as temperaturas son moi baixas Como é posible que os
ecosistemas mariños se manteñan con vida nas épocas con temperaturas por debaixo de
cedro grados?. Razoa a resposta.

You might also like