You are on page 1of 3

IES San Clemente

Rúa San Clemente s/n, 15705


Santiago de Compostela, A Coruña
881 86 75 01 | ies.sanclemente@edu.xunta.gal

Bioloxía
2º Bacharelato MODELO 2ª Avaliación Data: - Hora: 09:30

Apelidos: E N M A I Ú S C U L A S Nome: E N M A I Ú S C U L A S
Lugar do exame: E N M A I Ú S C U L A S DNI:

GALEGO
Todas as preguntas valen 2,5 puntos.

Cuestión 1: A célula: estrutura e funcións

a) Enumere os principios da teoría celular moderna.


b) Indique catro diferencias entre unha célula eucariota e unha procariota.
c) Identifique o tipo de célula representada. Indique o nome e función das estruturas numeradas
do 1 ao 7.
d) Cita dous orgánulos delimitados por unha dobre membrana e dous por membrana simple,
sinalando en cada caso a súa función.
e) Indique dous orgánulos ou estruturas exclusivos das células eucariotas vexetais e comente as
súas funcións máis importantes.

Cuestión 2: Transporte e división celular

a) Indique dúas diferencias entre o tranporte pasivo e o transporte activo a través da membrana
plasmática.
b) En que consiste o proceso de endocitose?
c) Que representa a seguinte imaxe? Que ocorre na fase S?
d) Explica dúas diferencias entre a mitose e a meiose.
e) Dúas células con dous pares de cromosomas sofren unha mitose, e cada célula filla resultante
sofre unha meiose. Cantas células se forman ao final? Cantos cromosomas terá cada célula
resultante?

Cuestión 3: Catabolismo

a) En que se diferencian as reaccións catabólicas das anabólicas?


b) Na glicolise, cal é o metabolito de partida? E o final?
c) A partir do Acetil-CoA que ingresa no ciclo de Krebs, que moléculas enerxéticas se obteñen?
d) En que consiste a cadea de transporte electrónico e a fosforilación oxidativa? En que lugar da célula ocorre?
e) Que ruta(s) metabólica(s) seguiría a glicosa para transformarse en etanol?

Cuestión 4: Anabolismo

a) O seguinte esquema representa o proceso da fotosíntese. En que órganulo ten lugar este
proceso?
b) Que representan as partes A e B sinaladas no esquema?
c) Escriba a ecuación xeral da fotosíntese.
d) Que función ten a clorofila na fotosíntese?
e) Cal é o papel da auga e do dióxido de carbono na fotosíntese?
IES San Clemente
Rúa San Clemente s/n, 15705
Santiago de Compostela, A Coruña
881 86 75 01 | ies.sanclemente@edu.xunta.gal

SOLUCIÓNS
Cuestión 1
a) Principios da teoría celular:
1. Todos os organismos vivos están formados por células
2. Toda célula procede doutra célula
3. A célula é a unidade estrutural dos seres vivos
4. A célula é a unidade vital que cumpre as tres funcións que caracterizan ao ser vivo

b) Diferenzas entre célula procariota e célula eucariota


PROCARIOTAS EUCARIOTAS
Máis sinxelas Máis complexas
Sen núcleo Con núcleo
Ausencia de compartimentos internos diferenciados Existencia de compartimentos internos diferenciados
por membranas mediante membranas
Presencia de cápsula Ausencia de cápsula

c) Célula eucariota animal


1. Aparello de Golgi.
2. Nucleoplasma.
3. Nucleolo.
4. Poro nuclear.
5. Centrosoma (centriolos).
6. Retículo endoplásmico rugoso.
7. Mitocondria.

d) Dobre membrana: (abonda con poñer 2 orgánulos)


- Núcleo: conter a información xenética , replicación do ADN durante a división e transcrición do ADN en ARN
- Mitocondrias: producir a maior parte do ATP da célula e realizar a maioría das oxidacións celulares
- Cloroplastos: realizar a fotosíntese e producir enerxía química en forma de ATP
Membrana simple: (abonda con poñer 2 orgánulos)
- Retículo endoplásmico liso: síntese de lípidos de membrana e de esteroides, detoxificación
- Retículo endoplásmico rugoso: síntese e glucosilación de proteínas
- Aparello de Golgi: organización da circulación molecular na célula; glucosilación de lípidos e proteínas...
- Lisosomas: dixestión intracelular de macromoléculas

e) Parede celular: é a cuberta externa da célula vexetal, que actúa como exoesqueleto protexendo e dando forma á célula pero
permitindo o seu crecemento
Cloroplastos: son os orgánulos onde ten lugar a fotosíntese. Captan a enerxía luminosa (fase luminosa) e utilízana na síntese de materia
orgánica (fase escura), empregando materia inorgánica (como CO2 e auga).

Cuestión 2
a) O transporte activo realízase en contra de gradiente e implica o consumo de enerxía e nel participan proteínas transportadoras. Este
tipo de transporte úsano principalmente os ións.
O transporte pasivo é un proceso de difusión a favor de gradiente e non require gasto de enerxía. Pode ser difusión simple, na que as
moléculas difunden libremente a través da bicapa lipídica ou facilitada, cando nela participa algunha proteína transmembrana. A
difusión simple é utilizada por gases ou moléculas pequenas de carácter lipofílico. A difusión facilitada é utilizada por moléculas
polares.

b) A endocitose é o proceso polo cal se introducen moléculas grandes ou partículas sólidas no interior da célula por medio da invaxinación
da membrana plasmática que logo se estrangula formando unha vesícula.

c) A imaxe representa o ciclo celular. Na fase S duplícase o ADN.

d) A mitose realiza unha división celular e a meiose dúas seguidas. As células fillas da mitose son xenéticamente iguais á celula nai pero na
as da meiose son diferentes e coa metade de cromosomas. Durante a metafase da mitose os cromosomas homólogos non se
emparellan, pero na metafase I da meiose forman tétradas.

e) Ao final do proceso haberá 16 células con dous cromosomas (n =2).


IES San Clemente
Rúa San Clemente s/n, 15705
Santiago de Compostela, A Coruña
881 86 75 01 | ies.sanclemente@edu.xunta.gal

Cuestión 3
a) O catabolismo consiste na degradación oxidativa de moléculas orgánicas para obtención da enerxía necesaria para as funcións
celulares mentres que o anabolismo consiste na produción de moléculas orgánicas complexas a partir doutras máis sinxelas, orgánicas
ou inorgánicas, para o que requiren enerxía e poder redutor.

b) A glicolise comeza coa glicosa e remata con dúas moléculas de ácido pirúvico.

c) A partir dun Acetil-CoA obtéñense 1 GTP, 3 NADH e 1 FADH2 no ciclo de Krebs.

d) A cadea respiratoria e fosforilación oxidativa consiste no transporte de electróns procedentes do NADH e FADH 2 ata o osíxeno
molecular a través de complexos enzimáticos (cadea respiratoria); este transporte está acoplado á síntese de ATP (fosforilación
oxidativa); ambos procesos teñen lugar nas cristas da membrana interna mitocondrial.

e) Primeiro a glicólise (glicosa → ácido pirúvico) e logo a ruta fermentativa (ácido pirúvico → etanol).

Cuestión 4
a) Cloroplastos

b) A: fase luminosa, B: fase escura

c) 6 CO2 + 6 H2O + luz → C6H12O6 + 6 O2

d) A clorofila é a molécula capaz de captar a enerxía da luz desprendendo electróns e iniciando a cadea de transporte.

e) A auga achega protóns, electróns e osíxeno. Os protóns contribúen á síntese de ATP, os electróns permiten que o fotosistema II volva
ao estado orixinal.
O CO2 é o substrato que se utiliza para sintetizar hidratos de carbono.

You might also like