You are on page 1of 5

BOLETÍNS ABAU

7. ORGÁNULOS CELULARES I

ABAU 2015 – XUÑO OPCIÓN B

2 No interior celular pódense atopar os seguintes orgánulos: núcleo, ribosomas, aparato de Golgi, retículo
endoplásmico liso, lisosomas, cloroplastos e mitocondrias. Indique a función principal de cada un dos
orgánulos citados. Cales deles se corresponderían cos orgánulos presentes na Figura 2?.

A B C

ABAU 2014 – SETEMBRO OPCIÓN A

2 Explique brevemente que é un ribosoma indicando a súa composición, estrutura e función. En que lugares se
atopan os ribosomas? Que é un polisoma?

ABAU 2014 – SETEMBRO OPCIÓN B

2 Identifique a estrutura representada na Figura 2 e indique a súa función biolóxica. Todas as células presentan
esta estrutura? Razoe a resposta

PAU 2007 – XUÑO PREGUNTA OBRIGATORIA

1-No citoplasma dunha célula eucariota, di os compoñentes do citoesqueleto indicando a composición química
e a función de cada un deles. Que é o citosol? Cal é a súa composición?;

Explica o proceso metabólico da glicólise indicando o composto inicial de partida e o que se obtén ao remate
deste proceso Con que outros procesos metabólicos está relacionada a glicólise?
PAU 2009 - XUÑO BLOQUE I

2. a) Describe a estrutura e a función dun ribosoma eucariótica b) En que lugares se atopan os ribosomas?
c) Que é un polisoma?

XUÑO 2011 OPCIÓN A

1. Respecto ao citoplasma celular, explique que é un medio hipotónico e un medio hipertónico. Cando se
produce plasmólise e cando turxencia? Indique tres propiedades físico-químicas da auga e relacióneas coas súas
funcións biolóxicas.

PAU 2008 – SETEMBRO PREGUNTA OBRIGATORIA

a) Estrutura do retículo endoplásmico e do aparato de Golgi.

b) Sinala cales son as súas principais funcións e explica a relación que existe entre estes orgánulos en canto á
súa estrutura e función.

c) Represéntao mediante un debuxo.

PAU 2003 – XUÑO BLOQUE I

3. Que papel xogan os lisosomas nos mecanismos de defensa celulares? Que son os anticorpos?

PAU 2004 – SETEMBRO BLOQUE I

4. Características do Retículo endoplásmico. Diferenzas en estrutura e función entre o Retículo endoplámico


liso e o rugoso. Que relación ten o Retículo endoplásmico co Aparato de Golgi? E coa envolta nuclear?

PAU 2005 – XUÑO BLOQUE I

5 a) No proceso de secreción das proteínas, que orgánulos citoplasmáticos interveñen?


b) En cal deles se inicia a síntese de proteínas?
c) Que é un lisosoma?
d) Indica cal é a sua función.

PAU 2006 - XUÑO BLOQUE I

1. Na célula eucariota relaciona o retículo endoplasmático rugoso, aparato de Golgi, vesículas de secreción e
lisosomas. Explica a función que realiza cada un deles.

PAU 2007 – XUÑO BLOQUE I


4.Que son e qué función desempeñan os lisosomas na célula? Cómo se forman? Lisosomas primarios
e secundarios.
ABAU 2021 - XULLO

Pregunta 3. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR.


Observe a figura 3 e responda:
a) Identifique os orgánulos e as estruturas sinaladas con números
b) explique a relación funcional que existe entre os orgánulos e as estruturas 1, 3, 7 e 8.

Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados.

-ribosomas, ARN, proteínas Xuño 2001

- citoesqueleto, microtúbulos, microfilamentos Xuño 2002

- microtúbulos, huso, mitótico Set 2002

- ribosomas, ARN ribosómico, proteínas Set 2003

- fuso, mitótico, microtúbulos Set 2005

- ribosomas, traducción, ARN mensaxeiro Xuño 2008

- fuso, acromático, microtúbulos Xuño 2008

- hialoplasma, filamentos, citoesqueleto Set 2008

- síntese, proteínas, ribosomas Xuño 2010

- centriolos, exclusivos, células Xuño 2011

- lisosomas, enzimas, hidrolíticos Xuño 2000

- aparato de Golgi, vesículas, cisternas Set 2001

- lisosomas, orgánulos, enzimas hidrolíticos Xuño 2002

- retículos endoplasmático, ribosomas, rugoso Xuño 2002

- lisosomas, hidrolasas, ácidas Set 2002

- síntese, lípidos, retículo endoplasmático liso Xuño 2003


- lisosomas, orgánulos, dixestión celular Set 2004

- lisosomas, dixestión, celular Set 2005

- dictiosomas, cisternas, vesículas Xuño 2006

- lisosomas, vesículas, enzimas hidrolíticos Set 2006

- síntese, lípidos, retículo endoplasmático liso Set 2007

- peroxisomas, catalasas, oxidasas Xuño 2008

- lisosomas, enzimas, hidrolíticos Xuño 2009

- lisosomas, dictiosomas, Aparato de Golgi Xuño 2011

- lisosomas, enzimas, hidrolíticos Xuño 2013

Preguntas V/F

O citosol é a fracción soluble do citoplasma. V Set 2000

O fuso mitótico está formado por microfilamentos F Xuño 2001

Os ribosomas son exclusivos das células eucariotas F Xuño 2001

Os microtúbulos son un tipo de estruturas do citoesqueleto. V Xuño 2002

Os cilios e os flaxelos diferéncianse basicamente na lonxitude V Set 2002

Os ácidos graxos almacénanse no citosol en forma de triglicéridos V Set 2002

A actina e a miosina son constituíntes dos microtúbulos F Set 2003

Nos ribosomas prodúcese a transcrición F Xuño 2005

Os ribosomas son orgánulos que están rodeados por membrana F Set 2005

Os ribosomas son orgánulos formados por proteínas e ADN F Xuño 2006

Os centriolos son orgánulos cilíndricos característicos das células vexetais F Xuño 2006

Centriolos, cilios e flaxelos están formados por microfilamentos F Xuño 2006

Os ribosomas atópanse tanto en procariotas como en eucariotas V Xuño 2006

Os ribosomas son orgánulos membranosos F Xuño 2007

Os ribosomas son orgánulos implicados na transcrición F Xuño 2007

Os microfilamentos de actina organízanse formando microtúbulos F Set 2007

O proceso de transcrición do ARN mensaxeiro realizase no citoplasma F Xuño 2008

As células vexetais posúen centríolos mentres que as células animais non os teñen F Xuño 2008

A actina é unha proteína globular que forma parte dos microfilamentos do citoesqueleto F Set 2008
Os centríolos atópanse no centrosoma das células vexetais. F Xuño 2009

Os cilios e os flaxelos diferéncianse básicamente na lonxitude V Xuño 2011

A orixe das 2 unidades ribosomais é no nucléolo V Set 2011

Os ribosomas son orgánulos sen membrana V Set 2011

Os microtúbulos son un tipo de estruturas do citoesqueleto V Set 2011

Os polirribosomas son varios ribosomas unidos a unha molécula de ARN mensaxeiro V Xuño 2012

Os ribosomas son orgánulos encargados de reparar o ADN F Set 2012

Os centriolos interveñen no proceso da mitose V Xuño 2013

Os lisosomas xéranse ao lisarse o soma celular F Set 2000

Os lisosomas son orgánulos onde se realiza a dixestión celular V Set 2001

O aparato de Golgi está formado por un conxunto de unidades chamadas dictiosomas V Xuño 2003

Os peroxisomas interveñen na detoxificación de diversas substancias V Xuño 2003

As cisternas do aparato de Golgi poden presentar ribosomas adheridos F Set 2003

O Aparello de Golgi está implicado na formación de membranas celulares V Set 2005

A glicólise ocorre no retículo endoplasmático liso F Xuño 2007

As vesículas de secreción fórmanse no Aparello de Golgi V Set 2007

Os peroxisomas son orgánulos rodeados de membrana que conteñen enzimas oxidativos V Set 2008

Un dictiosoma é un grupo de sacos do aparato de Golgi V Set 2009

O aparato de Golgi está formado por dictiosomas V Xuño 2010

O retículo endoplasmático liso intervén na síntese de proteínas F Set 2010

Os peroxisomas almacenan encimas que participan na oxidación de substancias V Xuño 2011

Os lisosomas son orgánulos onde se realiza a dixestión celular V Set 2011

Os peroxisomas almacenan enzimas que interveñen na oxidación de substancias V Set 2012

O retículo endoplasmático rugoso está implicado na obtención de enerxía F Xuño 2013

You might also like