You are on page 1of 9

- Cada alumno/a deberá responder a 10 preguntas.

- Cada pregunta vale 1 punto.

- A cada alumno/a faránselle dúas preguntas de cada un dos seguintes apartados, sumando así
o total de 10 preguntas:

1- TEST
2- LIBRETA (ESQUEMAS)
3- TÁBOAS
4- ACTIVIDADES DO TEMA
5- PREGUNTAS CURTAS

1- TEST
- Só hai unha resposta correcta por pregunta.
- Neste apartado é importante que saibades xustificar a resposta. A profesora pode
preguntarvos durante o exame por que escolledes unha determinada opción e non outra.

1- Os seres vivos:
a) Están formados por células.
b) Están formados por moléculas orgánicas e moléculas inorgánicas.
c) Realizan as tres funcións vitais.
d) Todas as respostas anteriores son correctas.

2- Os seres vivos que son capaces de fabricar as súas propias substancias orgánicas
chámanse:
a) Heterótrofos
b) Autótrofos
c) Quimiotrofos
d) Protistas

3- As células eucariotas:
a) Son máis primitivas que as procariotas.
b) Son máis pequenas que as procariotas.
c) Son máis grandes que as procariotas.
d) Non teñen orgánulos.
4- As células vexetais diferéncianse das animais porque teñen:
a) Unha grande vacuola central, lisosomas e cloroplastos.
b) Parede celular, lisosomas e cloroplastos.
c) Cloroplastos, unha grande vacuola central e centrosoma.
d) Unha grande vacuola central, parede celular e cloroplastos.

5- As células animais non teñen:


a) Vacuolas
b) Flaxelos
c) Cloroplastos
d) Centrosoma

6- Os lévedos e os mofos forman parte do reino:


a) Protistas
b) Fungos
c) Moneras
d) Plantas

7- A unidade mínima que realiza as tres funcións vitais é:


a) O átomo
b) A célula
c) Os orgánulos celulares
d) As partículas subatómicas (protóns, neutróns e electróns)

8- Na reprodución sexual:
a) Intervén un só proxenitor.
b) Non interveñen gametos.
c) Interveñen gametos masculinos e femininos.
d) Ningunha das respostas anteriores é correcta.

9- Os organismos procariotas:
a) Non teñen orgánulos celulares.
b) Non teñen núcleo.
c) Non teñen ribosomas.
d) Non teñen material xenético.
10- O nome científico da curuxa é Tyto alba. Nesta nomenclatura:
a) O primeiro nome fai referencia ó xénero.
b) O primeiro nome fai referencia á especie.
c) O segundo nome fai referencia ó xénero.
d) Utilízase o sistema uninomial de Linneo.

11- Unha especie é:


a) Un conxunto de individuos de características diferentes que viven xuntos.
b) Un conxunto de individuos que se reproducen entre si e producen descendencia fértil.
c) Un conxunto de individuos de características similares que non poden reproducirse entre si.
d) Ningunha das respostas anteriores é correcta.

12- Os seres vivos están constituídos por:


a) Moléculas orgánicas
b) Moléculas inorgánicas
c) Moléculas orgánicas e inorgánicas
d) Moléculas antropolóxicas

13- ¿Que proceso leva a cabo unha planta para fabricar materia orgánica a partir de materia
inorgánica?
a) Fotosíntese
b) Heterotrofia
c) Quimiotrofia
d) Respiración celular

14- ¿Cal das seguintes afirmacións sobre os niveis de organización dos seres vivos é falsa?
a) Os tecidos forman os órganos.
b) Os órganos forman os aparatos e sistemas.
c) Todos os seres vivos están formados por células, tecidos e órganos.
d) As células forman os tecidos.

15- Os seres vivos con nutrición heterótrofa:


a) Fabrican a súa propia materia orgánica.
b) Consomen a materia orgánica doutros.
c) Son depredadores.
d) Aliméntanse de materia orgánica en descomposición.
16- A reprodución:
a) Pode ser sexual, asexual ou por xemación.
b) É a función vital que permite que os seres vivos teñan descendencia.
c) Ten como característica que nela sempre interveñen dous individuos.
d) É de tipo sexual en todos os animais e de tipo asexual nas plantas.

17- ¿Cales son os reinos de seres vivos?


a) Monera, Protista, Fungi, Plantae e Animalia.
b) Monera, Protista, Vexetal e Animal.
c) Bateria, Archaea e Eukarya.
d) Bacteria, Archaea, Protista, Fungi, Plantae e Animalia.

18- ¿Cal das seguintes afirmacións sobre a función de relación é verdadeira?


a) Os organismos máis simples non responden a estímulos.
b) É a resposta dos seres vivos ante un estímulo.
c) Todos os seres vivos teñen sistema nervioso e órganos dos sentidos.
d) Os seres vivos poden relacionarse entre si, pero non co medio no que viven.

19- ¿Cal das seguintes características non é propia dos fungos?


a) Algúns son de tamaño microscópico e outros visibles a simple vista.
b) Reprodución asexual.
c) Poden ser unicelulares e pluricelulares.
d) Nutrición autótrofa.
e) Tipo de célula eucariota.

20- ¿En que non debemos fixarnos para diferenciar as células eucariotas animais e vexetais?
a) Presencia ou ausencia de centrosoma
b) Presencia ou ausencia de cloroplastos
c) Presencia ou ausencia de núcleo
d) Presencia ou ausencia de parede celular

21- ¿Que fungos son os encargados de producir a fermentación?


a) Lévedos
b) Bacterias
c) Cogomelos
d) Mofos
22- ¿Que característica non teñen as bacterias?
a) Pertencen ó reino monera.
b) Reprodúcense por esporas.
c) Teñen nutrición autótrofa e heterótrofa.
d) Son células procariotas.

23- ¿Que característica non teñen os cogomelos?


a) Adoitan estar formados por un pé e un chapeu.
b) Son fungos unicelulares.
c) Están formados por hifas.
d) Reprodúcense por esporas.

24- ¿Que característica non define ás algas pardas?


a) As súas células son eucariotas vexetais.
b) Son organismos pluricelulares.
c) Viven nas zonas mariñas superficiais.
d) O seu pigmento predominante é a clorofila.

25- ¿Como se chaman os organismos que se alimentan dos restos en descomposición, como
un tronco morto, por exemplo?
a) Quimiotrofos
b) Fototrofos
c) Saprófitos
d) Parasitos

26- ¿Como se chaman as bacterias que teñen unha forma esférica?


a) Cocos
b) Vibrións
c) Bacilos
d) Espirilos

27- ¿Que organismos están formados por células procariotas?


a) Algas
b) Mofos
c) Bacterias
d) Protozoos
28- ¿Cal destes non realiza as tres funcións vitais, polo cal non está incluído nos 5 reinos de
seres vivos?
a) Protozoo
b) Lévedo
c) Bacteria
d) Virus

29- Un exemplo de protozoo é:


a) Anopheles
b) Paramecio
c) Escherichia coli
d) Streptococcus

30- ¿Que é un lique?


a) Un organismo formado por unha simbiose entre bacteria e mofo
b) Un fungo do tipo mofo
c) Un organismo formado por unha simbiose entre alga e fungo
d) Unha alga que pode vivir fóra da auga

2- LIBRETA (ESQUEMAS)
Poderánsevos facer preguntas sobre calquera cousa que vos mandara
copiar na libreta:
- NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS
- CATEGORÍAS TAXONÓMICAS (dominio, reino, filo…)
- REINOS / DOMINIOS
- CLASIFICACIÓN DO SER HUMANO
Non vale saber facer o esquema. Tedes que saber explicalo todo. Podo
facer preguntas do tipo: ¿Que é un tecido? / ¿Cal é o primeiro nivel de
organización con vida? / ¿Cales son os 5 reinos? / ¿Que reinos están
incluídos dentro do dominio Eukarya? / ¿A que filo pertence o ser
humano? / ¿Que especies inclúe o xénero Homo? … Estudiade todo con
detalle.
3- TÁBOAS
Poderásevos facer calquera pregunta sobre as táboas que fixestes na
clase:
- DIFERENCIAS ENTRE CÉLULA PROCARIOTA E CÉLULA EUCARIOTA
- DIFERENCIAS ENTRE CÉLULA ANIMAL E CÉLULA VEXETAL
- CARACTERÍSTICAS DOS 5 REINOS E EXEMPLOS
En ningún caso se vos preguntará unha táboa completa. Faránsevos
preguntas curtas moi concretas do tipo: ¿En que se diferencian células
procariotas e eucariotas con respecto á parede celular? / ¿As células
animais teñen centrosoma? / ¿Que tipo de células teñen os organismos do
reino Monera? / Pon un exemplo de alga unicelular.

4- ACTIVIDADES DO TEMA
Poderásevos preguntar calquera exercicio do tema dos que tivestes que
facer na libreta, incluso os que hai que debuxar. Hai, por exemplo, un
exercicio de debuxar unha bacteria e sinalar con frechas os seus
compoñentes. Aínda que o exame sexa oral, pódovos mandar saír ó
encerado.

5- PREGUNTAS CURTAS

1- Diferencia entre biosfera e ecosfera.


2- ¿Que características fixeron posible a aparición de vida na Terra?
3- ¿Que é o efecto invernadoiro? ¿É beneficioso ou perxudicial? Xustifica a resposta.
4- ¿Que é a capa de ozono?
5- ¿Cal é a idade da Terra?
6- ¿Que é un fósil?
7- ¿Cando apareceu a vida na Terra? Razoa a resposta.
8- ¿Que teorías hai sobre a orixe da vida na Terra?
9- ¿Que é o metabolismo?
10- Tipos de nutrición dos seres vivos. Explícaos.
11- ¿Que significa que a célula é a unidade estrutural (morfolóxica) dos seres vivos?
12- ¿Que significa que a célula é a unidade funcional (fisiolóxica) dos seres vivos?
13- Tipos de organismos según o número de células.
14- Explicar as diferentes partes que teñen en común todas as células: membrana,
citoplasma e material xenético.
15 - ¿Que é o citosol?
16- Diferenciar entre células animal e vexetal. (Ensinaríavos un debuxo e teriades que
dicir que tipo de célula é e por que).
17- ¿Que é a taxonomía?
18- ¿Que é un taxón?
19- ¿Que é unha especie?
20 – Explica o sistema de nomenclatura binomial de Linneo.
21- ¿Por que é importante que as distintas especies teñan un nome científico? ¿En que
idioma está? ¿Como debe escribirse?
22- ¿Que científico dividiu os seres vivos en 5 reinos?
23- ¿Que é a cápsula bacteriana? ¿Posúena todas as bacterias?
24- ¿Que é un flaxelo?
25- Tipos de bacterias segundo a súa forma. Explicar.
26- Tipos de bacterias segundo a súa nutrición. Explicar.
27- ¿Como se reproducen as bacterias? Explicar.
28- Utilidades das bacterias
29- Pon un exemplo de bacteria beneficiosa e un exemplo de bacteria perxudicial.
Explica por que son beneficiosas e perxudiciais as bacterias dos exemplos que
puxeches.
30- Cita tres enfermidades producidas por bacterias.
31- ¿Que son os antibióticos? ¿Quen os descubriu? ¿Cal foi o primeiro antibiótico
descuberto?
32- ¿Que é unha simbiose?
33- ¿Por que as algas viven en zonas superficiais?
34- ¿De que depende a cor dunha alga?
35- Utilidades das algas
36- Utilidades dos fungos
37- Tipos de fungos
38- ¿Como se chaman as enfermidades producidas por fungos?
39- ¿Que son os liques? ¿Onde adoitan vivir?
40- ¿Que significa o termo “biodiversidade”?
41- Define impacto ambiental.
42- ¿Que significa “sobreexplotación dos recursos naturais”?
43- ¿Como afecta a contaminación á biodiversidade?
44- ¿Que é unha especie autóctona? Pon un exemplo.
45- ¿Que é unha especie invasora? Pon un exemplo.
46- ¿Como afectan os incendios forestais á biodiversidade?
47- ¿Que son os monocultivos? ¿Como afectan á biodiversidade?
48- ¿Que é unha especie alóctona? Pon un exemplo.
49- ¿Que é unha especie endémica? Pon un exemplo.
50- ¿Como afecta a perda de biodiversidade ós ecosistemas?

You might also like