You are on page 1of 14

AS PLANTAS

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º DE ESO. IES DE OROSO.


Alumnx………………………………………………………………………………………

1-Mira o seguinte vídeo: https://youtu.be/SEe1O6OWPHQ e escribe cinco características


das plantas.

Pluricelulares.
Formadas por células eucariotas (células con núcleo),
As suas células teñen unha parede de celulosa que as fai ríxidas pero limita as suas
posibilidades de desprazamento: Viven fixas ao sustrato.
As suas células teñen cloroplastos( nos que está a clorofila), que lle permiten facer a
fotosíntese (elaborar a súa propia materia orgánica a partir de materia inorgánica do medio e
da luz solar): son autótrofas.
Son un grupo moi diverso ao que pertencen os brións, os fentos, as herbas, as árbores, etc

2-Observa a imaxe e responde ás preguntas:

-Que grupo de plantas xurdiu primeiro?As algas verdes. Cal é o seu hábitat? Acuáticas.
-Que plantas foron as primeiras en colonizar a terra firme? As Escarmentas ou Hepáticas e
os Brións.
-Que grupos de plantas carecen dun sistema vascular ou de condución ?
As Escarmentas ou Hepáticas e os Brións. Tamén as algas.
-Que grupos de plantas teñen un sistema vascular?
Os fentos, as Ximnospermas e as Anxiospermas.
-Cales son as plantas que teñen sementes? As Ximnospermas e as Anxiospermas.
-Cales son as plantas mais evolucionadas? As Anxiospermas.

1
3-DIVERSIDADE DE PLANTAS. Pon sobre cada imaxe o número que a representa

Plantas sen vasos condutores Plantas con vasos condutores


1 Brións 2 Escarmentas 3 Fentos 4 Ximnospermas 5 Anxiospermas
Plantas sen sementes Plantas con sementes

2
4-fai un esquema sobre a clasificación das plantas.

5-Por que non se inclúen os fungos no reino das plantas?


a-Porque os fungos non fan a fotosíntese, e as plantas si.
b-Porque os fungos son heterótrofos e as plantas son autótrofas.
c-Todas as opcións son correctas

3
6-Une os termos das duas columnas:
Brións e escarmentas Plantas con flor, coas sementes en piñas, sen verdadeiro froito.
Fieitos Sen sementes.. Con raiz, talo e follas.Con tecidos condutores
Espermatófitas Ximnospermas Sen sementes. . Sen raiz, talo nen follas. Sen tecidos condutores.
Pluricelulares. Terrestres de ambientes húmidos
Espermatófitas Anxiospermas Plantas con flor e sementes dentro dun froito.

OS BRIÓNS

Mira o seguinte vídeo e fai logo as actividades


https://youtu.be/pFn-ruyJlto:

1-Lectura:
Os Brións son moi importantes nos ecosistemas. Son dos primeiros organismos en aparecer na
superficie do solo e das rochas, e isto axuda a crear as condicións para que poidan establecerse
outras especies.
Entre a importancia dos brións destaca que son grandes reservorios de auga e axudan a regular as
reservas hídricas dos ecosistemas. Tamén protexen o solo da erosión, e sirven de hábitat para
numerosas especies.
2-Apunta 4 razóns polas que os brións son importantes nos ecosistemas:

1-Son dos primeiros organismos en aparecer na superficie do solo e das rochas, e isto axuda a crear
as condicións para que poidan establecerse outras especies.
2- Son grandes reservorios de auga e axudan a regular as reservas hídricas dos ecosistemas
3-Protexen o solo da erosión.
4-Sirven de hábitat para numerosas especies.

4
OS FENTOS

https://youtu.be/YlU4a3RYgwg

Que tipo de planta vemos na imaxe?


UN FENTO
Ten vasos condutores?SI
Ten raiz, talo e follas?SI
Ten flores e sementes?NON
Pon nomes ás partes
1: RAIZ; 2: TALO OU RIZOMA; 3:FOLLAS OU FRONDES; 4: ESPORANXIOS; 5: ESPORAS
Cal é o seu hábitat?LUGARES HÚMIDOS E UMBRÍOS

AS ESPERMATOFITAS: Plantas con sementes

1- Completa:
As plantas con sementes tamén se chaman ESPERMATOFITAS e clasifícanse en dous grupos:
XIMNOSPERMAS ( sen froito) e ANXIOSPERMAS( con froito)

2-Sobre as Ximnospermas (plantas sen froito,coas sementes en piñas) mira o seguinte


vídeo: https://youtu.be/tThiinoiTEA

3-Sobre as Anxiospermas ( plantas con froitos) mira o seguinte vídeo:


https://youtu.be/bFgAupZxHXA

OS ÓRGANOS VEXETATIVOS DAS PLANTAS

Agás os brións e as escarmentas, todas as plantas teñen raiz, talo e follas, que son órganos
vexetativos.

1)Para que lle sirve á planta a raíz? Completa as frases:

Absorbe...auga e sales minerais do chan.


Fixa… a planta ao terreo.
Pode acumular …sustancias de reserva, como a cenoria.

2) Completa sobre as funcións do talo.


Serve de ...soporte da planta e mantena erguida.
Transporta …a savia bruta e a savia elaborada.

Pode acumular ...sustancias de reserva, coma a pataca

5
3)Escribe sobre a función das follas.
Realizan a fotosíntese, por medio da cal fabrican materia orgánica a partir da materia
inorgánica que toman do medio( auga, sustancias minerais e dióxido de carbono).

4)Escribe o nome das partes da raiz e das partes da folla:

Raiz principal Raiz secundaria

pelos absorbentes

cofia

1: Limbo
2: Peciolo
3: Face
4: Envés
5:Nervaduras

6
A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
1-Mira: https://youtu.be/KkLhCknGeKc

As plantas son seres autótrofos: producen os seus propios


2-Lé:

nutrientes.
O proceso de nutrición das plantas ten os seguintes pasos:
1. As plantas toman sustancias minerais do chan (zume bruto).
Tamén toman dióxido de carbono do aire, polas follas.
2. O zume bruto transpórtase cara ás follas polos vasos
condutores.
3. Nas follas sucede a fotosíntese: grazas á luz do sol, as plantas
transforman as sustancias minerais que absorberon do chan e o
dióxido de carbono que toman do aire, en sustancias orgánicas
(zume elaborado).
4. O zume elaborado repártese por toda a planta e emprégase para
-Construir a estrutura da mesma: que a planta medre
-Como fonte de enerxía. Para extraer enerxía dos nutrientes, ao
igual ca os animais, as plantas respiran.

3. Completa o cadro sobre a nutrición das plantas.


1 As plantas toman sustancias minerais do chan (zume bruto). Tamén toman dióxido de carbono do
aire, polas follas.
2 O zume bruto transpórtase cara ás follas polos vasos condutores.

3 Nas follas sucede a fotosíntese: grazas á luz do sol, as plantas transforman as sustancias minerais
que absorberon do chan e o dióxido de carbono que toman do aire, en sustancias orgánicas (zume
elaborado).
4 O zume elaborado repártese por toda a planta e emprégase para
-Construir a estrutura da mesma: que a planta medre
-Como fonte de enerxía. Para extraer enerxía dos nutrientes, ao igual ca os animais, as plantas
respiran.

7
4-Responde as seguintes cuestións.

a) Cales son as substancias que necesitan tomar as plantas do medio para a súa
alimentación?
Do chan toman … auga e sustancias minerais
Do aire toman … dióxido de carbono e osíxeno
b)Que estrutura da planta lle permite absorber as sustancias do chan? A raiz
c)Coas sustancias que toman do medio, as plantas fan a fotosíntese e fabrican materia

d) Na fotosíntese, que gas se absorbe? dióxido de carbono Que gas se libera? Osíxeno
orgánica a partir de materia inorgánica

e)As plantas poden realizar a fotosíntese de noite?Non Por que? Porque precisa luz.

O zume elaborado repártese por toda a planta e emprégase para


f)Para que empregan as plantas as sustancias orgánicas que fabrican na fotosíntese?

-Construir a estrutura da mesma: que a planta medre


-Como fonte de enerxía. Para extraer enerxía dos nutrientes, ao igual ca os animais, as plantas
respiran.

5-Que proceso está realizando a planta?

-A nutrición
-A fotosíntese
-A respiración

6-Completa:

A fotosíntese é o proceso que permite fabricar


compostos orgánicos a partir de compostos
inorgánicos
Na fotosíntese tamén se fabrica osíxeno
Os seres que poden fabricar compostos orgánicos son autótrofos
Os seres que non poden fabricar compostos orgánicos son heterótrofos

7-Que afirmación, relacionada coa fotosíntese, é falsa?


A. Son moitos os seres vivos que dependen do osíxeno que se libera durante a fotosíntese.
B. A través da fotosíntese, as plantas e algas mariñas capturan a enerxía da luz solar para fabricar o
seu alimento e liberar dióxido de carbono a partir do osíxeno e a auga.
C. A fotosíntese é responsable da produción de toda a materia orgánica que coñecemos.
D. A través da fotosíntese, as plantas e algas mariñas usan a enerxía da luz solar para fabricar o seu
alimento e liberar osíxeno a partir do dióxido de carbono e a auga.

8
A RELACIÓN DAS PLANTAS

A función de relación nas plantas é difícil de ver e incluso imaxinar. Os seus movementos son tan
lentos que nós non podemos percibilos, a non ser que se filmen en longos periodos de tempo e logo
se visualicen a cámara rápida.
1-Mira o vídeo; despois fai a actividade:
https://youtu.be/HJi8VFaVqGE
Os seguintes debuxos representan diversas maneiras de realizaren as plantas a función de
relación. Explica en que consiste cada unha.
AUGA D
A B C

A: As raices medran cara as zonas mais húmidas.


B: O talo medra en dirección á luz.
C: A flor abre de día e pecha de noite.
D: As raices medran cara o interior da terra e os talos medran cara arriba.

A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS


https://youtu.be/rxQRhq9OFF0

1-Nas plantas podemos observar dous tipos de reprodución: asexual e sexual.

2-Describe as seguintes formas de reprodución asexual nas plantas:

A planta emite estolóns, que son talos finos que medran


paralelos ao chan. Deles poden xurdir novas plantas que se
fixan ao chan por medio de raices.Ex: os amorodos.

9
Os tubérculos son talos subterraneos que almacenan
sustancias de reserva. A partir dun tubérculo pode xurdir
unha nova planta. Ex: as patacas.

Unha estaca procedente dunha planta, enraiza e orixina outra


planta nova.

3-Que tipo de reprodución está representado na seguinte imaxe? Xustifica a resposta.

Trátase de reprodución sexual porque a nova planta xurde dunha semente, que se produciu
ao unirse unha célula reprodutora feminina masculina (gametos ) .

4-Nas plantas con sementes o órgano relacionado coa reprodución é a Flor.


Escribe os nomes das suas partes:

10
5- Con relación à estrutura da flor, acha a única frase que está ERRADA.
a) Os estames son a parte masculina da flor.
b) O cáliz está constituído por sépalos.
c) O Xineceo ou pistilo é a parte feminina da flor.
d) O conxunto de estames forma o xineceo.

6-As flores posuen como unha das suas funcións atraer polinizadores. Que parte da flor é
responsable desta función?
a) Cáliz.
b) Corola.
c) Pistilo.
d) Estames.

7- Ordena as seguintes fases da reprodución sexual das plantas :


5-Dispersión da semente
4-Formación da semente
3-Fecundación
2-Polinización
6-Xerminación da semente
1-Formación dos gametos (óvulo e espermatozoide)

11
8-Sobre a formación dos gametos...
-Os gametos femininos fórmanse en ..,.

Cáliz Corola Estames Pistilo

-Os gametos masculinos fórmanse en ..,.

Cáliz Corola Estames Pistilo

9-Que é a polinización?

-É o transporte dos grans de polen dende os estames ao pistilo


-É a unión do óvulo e o espermatozoide
10-Que mecanismos usan as plantas para polinizarse?

Os grans de polen son transportados dende os estames dunha


flor ao pistilo de outra, de varias formas:

-Polo vento.
-Por medio de animais, que os levan pegados no seu corpo, como podemos ver na imaxe.

11-Que é a fecundación?

É a unión do óvulo e o espermatozoide


É o transporte dos grans de polen dende os estames ao pistilo

12- O óvulo ao ser fecundado transfórmase en … froito semente ovario tubo polínico

13-As sementes teñen como función:

a) Dar orixe a unha nova planta.


b) Facer a fotosíntese.
c) Almacenar nutrientes.
d) Protexer a planta.

14-Na semente hai tres partes: o embrión, unha reserva de nutrientes(endosperma) e unha
casca protectora.

14.1-Pon os seus nomes na seguinte imaxe :

14.2- Cal das partes da semente dará orixe a unha nova planta?
a) O embrión.
b) A casca.
c) O endosperma.

12
14.3-Cal é a función do endosperma na semente?
a) Dar orixe a unha nova planta.
b) Protexer o embrión contra ataques de animais.
c) Nutrir o embrión.
d) Participar do proceso de fotosíntese.

14.4-Cal é a función da casca na semente?


a) Dar orixe a unha nova planta.
b) Protexer o embrión contra ataques de animais.
c) Nutrir o embrión.
d) Participar do proceso de fotosíntese.

15-despois da fecundación, o ovario pode transformarse en

froito semente ovario tubo polínico

16-Os froitos exercen un papel importante para a planta. Cal?

a) Os froitos atraen polinizadores.


b) Os froitos, alén de protexer a semente, contribúen á dispersión da mesma.
c) Os froitos actuan na dispersión dos graos de polen.

17-A continuación tes duas imaxes. Observa a da esquerda. Na imaxe da dereita , con que
número está sinalada a semente? Con que números están sinaladas as partes do froito?

3: Semente
1,2,4: Froito
4:Endocarpo
2:Mesocarpo
1:Exocarpo

18-Que está representado na seguinte imaxe?

A xerminación da semente na terra.

13
19-Ex 35, páxina171
a)
Caso A
Obxectivo: averiguar como inflúe a temperatura na xerminación
Variable independente: Temperatura(ºC)
Variable dependente: Lonxitude da planta ao cabo dunha semana(mm)
Caso B
Obxectivo: averiguar como inflúe a humidade na xerminación
Variable independente: Humidade do algodón
Variable dependente: Lonxitude da planta ao cabo dunha semana(mm)

c)Poñeríao a unha temperatura de 35ºC e moi húmido.

20- Sobre a importancia das plantas, mira:


https://youtu.be/icLDocXbv5A
https://youtu.be/FHwXJuRi-ZU

14

You might also like