You are on page 1of 18

Glosario básico

GRUPOS ARTIFICIAIS DE VEXETAIS


Vexetal: organismo fotosintetizador, uni ou pluricelular, mono ou
policariótico: algas e plantas.

Alga: grupo heteroxéneo de organismos pro- ou eucariotas,


morfoloxicamente moi variables (micro- ou macroscópicos,
uni- ou pluricelulares), mono ou policarióticos,
fotosintetizadores (case sempre), sen verdadeiros tecidos
(talófitas), nin vasos condutores (non vasculares) e que
necesitan da auga para vivir e/ou reproducirse.

Planta: organismo en xeral autótrofo (excepto parásitas), que


presenta verdadeiros tecidos: briófitas, pteridófitas e
espermatófitas.
OUTROS GRUPOS ARTIFICIAIS ESTUDADOS POLA BOTÁNICA

Fungo: organismo pluricelular, heterótrofo, coa parede celular


de quitina, glicóxeno como substancia de reserva e
reprodución sexual mediante esporas gaméticas.

Lique: organismo dual (holobionte), formado por un ou varios


fungos (micobionte) e unha ou varias algas (ficobionte).
ORGANIZACIÓN CELULAR
Protófita: organismos autótrofos unicelulares ou cenobiais.

Talófita ou talosa: vexetal desprovisto de raíces, caule e follas.

Cormófita: planta con raíz, caule e follas.

PROTÓFITOS
Cenobio: agrupación de células idénticas, en xeral rodeadas por
unha capa de mucilaxe, en xeral, procedentes dunha
única célula por mitoses consecutivas, pode ser
catenulado (cadeas) ou palmeloide (estruturas aplanadas).

Cenocítico (= sifonado): talo unicelular e pólicariótico.


TALÓFITOS
Colonia: agrupación de células idénticas morfoloxicamente, pero
non funcionalmente, en xeral rodeadas por unha capa de
mucilaxe, procedentes dunha única célula por mitoses
consecutivas.

Pseudoparenquimático: aspecto de parénquima.

Parénquima: tecido formado por células fotosintetizadoras ou de


reserva, coa parede fina e con grandes vacúolos.

Sifonocladal: talo pluricelular e policariótico ou plurinucleado

Sinapses pit: modificación na parede de células


consecutivas, formado por un poro cunha
lentella proteica (algas vermellas).
CORMÓFITOS (I)
Briófita: planta pre-cormófito, con gametanxios tipo arquegonio,
sen verdadeiras raíces, caules e follas e con incipientes
vasos condutores.

Pteridófita: fento, planta cormófita sen flores.

Ximnosperma: planta produtora de sementes con embrión, sen


froitos.

Anxiosperma: planta produtora de sementes con embrión, con


froitos.
CORMÓFITOS (II)
Arquegoniada: planta con arquegonios.

Espermatófita: planta con sementes.

Antófita: planta con flores.


RAMIFICACIÓN
Dicótomo: ramificado en dúas partes iguais e cada unha delas
noutras dúas e así sucesivamente.

Pinnado: que se ramifica con ramas laterais partindo dunha


central, como unha espiña de pescado.

Verticilado: que se forman 3 ou máis de 3 ramas partindo


dun nó.
CICLOS BIOLÓXICOS
Alternancia de xeracións: nos ciclos biolóxicos que presentan
individuos haploides (n) que mediante gamia dan lugar a
outros diploides (2n), que despois dunha meiose dan
lugar novamente a individuos haploides.
Poden ser morfoloxicamente iguais (isomórficos) ou non
(heteromórficos).

Diplobionte, diplonte: con dúas fases libres no ciclo biolóxico.

Haplobionte, haplonte: organismo cunha única fase libre no seu


ciclo biolóxico (haploide ou diploide).

Diploide (= 2n): que ten dúas series haploides de cromosomas.

Haploide (= n): que ten unha serie de cromosomas.


GAMETÓFITO (I)
Gametófito: vexetal ou planta portadora de gametanxios,
produtores de gametos.

Gameto: célula reprodutora, masculino e feminino, que se


fusionan durante a fecundación ou gamia.

Anterozoide: gameto masculino con flaxelos.

Espermacio: gameto masculino pequeno, sen flaxelos.

Hologameto: toda a célula funciona como gameto.

Oosfera = ovocélula: gametos femininos, fixos, sen flaxelos.

Zoogameto: gameto masculino ou feminino con flaxelos.


GAMETÓFITO (II)
Anteridio: órgano formador de espermatozoides ou gametos
masculinos. Gametanxio masculino.

Oogonio: órgano formador de oosferas. Gametanxio feminino.

Arquegonio: gametanxio feminino pluricelular, no que a ovocélula


(gameto feminino) está dentro dunha célula en forma de
botella (ventre), rodeada por unha cuberta de células
estériles (células do opérculo e célula da canle = estilidio).

Conceptáculo: estrutura que contén estruturas reprodutoras,


como por exemplo, os das algas pardas que conteñen
gametocistes xunto paráfisis.

Paráfisis: estrutura estéril filamentosa, situada entre estruturas


reprodutoras.
GAMIA
Anisogamia: fecundación con gametos masculinos e femininos
semellantes, pero de talla distinta.
Cariogamia: fusión de núcleos.
Conxugación: tipo de gamia realizada entre filamentos, na que o
núcleo celular funciona como gameto, propio de zignematáceas
(clorófitas).
Gamia: fusión de gametos.
Isogamia: fecundación con gametos idénticos.
Oogamia: unión sexual dunha ovocélula grande e inmóbil, cun
espermatozoide pequeno e móbil.
Tricogamia: semellante á oogamia, pero o gameto masculino carece
de flaxelos e chega ao oogonio mediante unha tricóxina (filamento,
pelo). Rhodophyta
GAMIA (I)
Gamia: fecundación = fusión de gametos.

Isogamia: fecundación con gametos idénticos.

Anisogamia: fecundación con gametos masculinos e femininos


semellantes, pero de talla distinta.

Oogamia: unión sexual dunha ovocélula grande e inmóbil, cun


espermatozoide pequeno e móbil.
GAMIA (II)
Tricogamia: semellante á oogamia, pero o gameto masculino carece
de flaxelos e chega ao oogonio mediante unha tricóxina
(filamento, pelo). Rhodophyta

Cariogamia: fusión de núcleos.

Conxugación: tipo de gamia realizada entre filamentos, na que o


núcleo celular funciona como gameto, propio de
zignematáceas (clorófitas).
ESPORÓFITO (I)

Esporófito: organismo vexetal diploide, portador de esporanxios


e produtor de tetrasporas ou meiosporas.

Tetrasporófito: planta diploide que ten tetrasporanxios que


producen tetrasporas.

Espora: célula illada e libre, que é capaz de desenvolver


directamente un novo ser, sen ter en conta a súa xénese,
nin homoloxía: sexual ou asexual.
ESPORÓFITO (I)

Carposporófito: estrutura portadora de carposporanxios, que


producen carposporas.

Cistocarpo: estrutura formada polos carposporanxios e pola cuberta


de células estériles asociada a eles, propio das algas vermellas.
ESPORAS SEXUAIS ou ASEXUAIS (I)
Acineto: célula procedente dun filamento algal que adquire parede
grosa e que se separa formando unha espora ou espora de
resistencia, de orixe asexual, propia de algas eucariotas.

Aplanospora: espora sen flaxelos.

Zoospora: espora con flaxelos.

Heterociste: célula hialina, con parede grosa, propio de Cyanophyta.

Histricosferas: esporas fósiles, propias de dinoflaxelados.

Hormogonio: anaco dun filamento que pode desenvolverse e formar


outro novo. Obsérvase nas Cyanophyta.
ESPORAS SEXUAIS ou ASEXUAIS (II)

Auxospora: cigoto de Diatomeas ou esporas cigóticas en


zignematáceas.

Hipnospora: cigoto libre, normalmente de parede reforzada,


despois dunha conxugación gamética, por exemplo,
zignematáceas.

Microciste: célula pequena que se enquista.

Macrociste: célula de gran tamaño ou grupo de células que se


enquista

You might also like