You are on page 1of 3

MODELO EXAMEN NATURAIS TEMA 4

MODELO 1

1.- Son as unidades mais pequenas que forman os seres vivos? Células

2.- Que funcións vitais realizan as células? Nutrición – Relación – Reprodución.

3.- Os seres pluricelulares son? Os seres vivos compostos por moitas células.

4.- E os unicelulares? Os seres vivos compostos por unha célula.

5.- Son todas as células iguais? Non, teñen diferentes tamaños e distintas formas.

6.- Di algunha forma que poden ter as células? Prismática, esférica, estrelada

7.- Cales son as partes das células? Membrana – citoplasma – Núcleo – Orgánulos.

8.- Que parte da célula controla o seu correcto funcionamento? Núcleo

9.- Os orgánulos están no … Citoplasma.

10.- A cuberta que rodea a célula e a separa do exterior chámase … Membrana

11.- Constitúe a maior parte da célula … O citoplasma. (Formado por auga con moitas
substancias disoltas)

12.- Di dúas diferenzas entre unha célula animal e unha vexetal? (As células vexetais posúen
unha parede ríxida e cloroplastos.

13.- Que células adotian ser máis grandes e ter unha forma máis regular? As células vexetais.

14.- Que forma teñen, normalmente, as células vexetais? Prismática.


15.- Os orgánulos de cor verde onde se realiza a fotosíntese son … Os cloroplatos.

16.- Nos seres pluricelulares as células que son do mesmo tipo agrúpanse en … Tecidos.

17.- Pon dous exemplos de tecidos. Tecido muscular e tecido óseo.

18.- A unión de varios tecidos que se organizan para funcionar conxuntamente da lugar a un
… órgano.

19.- Cita algún exemplo de órganos. Lingua, corazón,…

20.- Que é un sistema? Exemplos. Son varios órganos do mesmo tipo que realizan a mesma
función. Sistema muscular, óseo, nervioso

21. Que é un aparello? Exemplos. Está formado por órganos diferentes ou varios sistemas que
funcionan de xeito coordinado para realizar un traballo. Aparello reproductor, locomotor,
circulatorio,…

22.- A unión de todos os aparellos e sistemas, que forman un ser vivo completo é … Un
organismo.

23.- Cales son os tecidos animais? Óseo – muscular – sanguíneo – nervioso – adiposo - epitelial

24.- E os vexetais? Epidérmico – parénquima – súber – conductores

25.- Indica a que tecido corresponde en cada caso:

 Da lugar a pel e ten función protectora. Epitelial.


 Forma os ósos e ten función de soporte. Óseo
 Ten a función de protexer as follas e os talos novos. Epidérmico
 A súa función e levar información ao cerebro e respostas ao resto do corpo.
Nervioso.
 É a casca que se atopa nos talos e nas raíces vellas, ten función protectora. Súber.
 Encargase de transportar substancias. Sanguíneo.
 Ten dúas funcións realiza a fotosíntese e tamén almacena substancias. Parénquima.
 Está especializado en acumular graxas. Adiposo.
 Atópanse no interior dos troncos, dos talos e dos nervios das follas. A súa función é
transportar substancias.
 Encárgase do movemento. Muscular.

26.- Cales son os niveis de organización nun ser vivos pluricelular?

Célula – Tecido – Órgano – Sistemas e aparellos – Organismo

27.- E nun organismo unicelular?

Célula (debe realizar todas as funcións vitais.)

You might also like