You are on page 1of 49

4.

Relacionámonos
e
reproducímonos

1
A nosa
A nosa reprodución
en cifras

Nesta unidade veremos, de xeito pormenorizado, como se producen as funcións de


relación e de reprodución no ser humano. Mais agora, o noso reto será reparar na
función de reprodución.

O inicio dunha nova vida é un fenómeno cargado de datos curiosos e cifras


asombrosas. Ao longo da unidade analizaremos algunhas destas cifras para
coñecérmonos máis e mellor.

Sabías, por exemplo, que o útero dunha muller ten o tamaño dunha pera cando
comeza o embarazo? Porén, cando este chega ao seu fin o tamaño é moito maior: nin
máis nin menos ca o dunha sandía! Lóxico, xa que no seu interior habita un feto duns
3 quilogramos!

2
Ademais, sabías que o corazón dese feto latexa moito máis rápido que o teu? O seu
ritmo oscila entre 120 e 160 latexos por minuto! Palpita tan rápido que, ao escoitalo,
semella o galope dun cabalo.

3
Os órg
Os órganos dos
sentidos

Mediante a función de relación adaptámonos ás condicións cambiantes do medio que


nos rodea e do noso propio corpo. Permítenos facer cousas como recoñecer e evitar
perigos, procurar alimento, atopar lugares para acubillármonos ou xogar cos amigos.

Asemade, con esta función conseguimos que o noso organismo funcione de modo
coordinado.

Para realizala implícanse varios órganos e sistemas que veremos con pormenor ao
longo da unidade:

Os órganos sensoriais que captan estímulos e transmiten esta información


cara o sistema nervioso.

O sistema nervioso.

Os órganos efectores que executan a resposta elaborada polo sistema


nervioso.

A función de relación pode esquematizarse así:

4
1. Os órganos receptores reciben estímulos internos ou
externos.
2. Transmiten información ao sistema nervioso, que
elabora unha resposta axeitada (motora ou secretora).
3. O sistema nervioso envía a información precisa para a
execución da reposta aos órganos efectores que
correspondan.

Función dos órganos dos sentidos


Os órganos dos sentidos están especializados en recibir sinais do medio que nos
rodea ou do interior do noso propio corpo. Cada órgano dos sentidos está
especializado en recibir un tipo de sinais. Hai receptores moi simples, mentres que
outros forman órganos moi especializados.

5
Estas imaxes mostran unha idea de como interpretamos o
mundo. Facémolo grazas aos sentidos da vista, do oído, do
gusto, do olfacto e do tacto. Pero ademais temos outros
sentidos, non menos importantes, como o do equilibrio e o
da propiocepción.

A vista
O órgano do sentido da vista é o ollo. Recibe estímulos luminosos.

Cada ollo está formado polo globo ocular e unha serie de órganos accesorios.

O globo ocular está formado por:

Córnea: unha capa dura e transparente.

Pupila: punto polo que entra a luz.

Iris: é a parte colorida do ollo. Controla o diámetro da pupila.

Cristalino: é unha lente.

Retina: é un tecido sensible á luz.

Podes ver con máis detalle como é o globo ocular premendona seguinte animación.

6
Os órganos accesorios son as órbitas, que aloxan o ollo, as glándulas lacrimais, que
producen bágoas que o
humectan; e as pálpebras,
cellas e pestanas, que o
protexen. Tamén contamos
con músculos que moven o
ollo cara onde queremos
mirar.

Sabías que...?
Ao pestanexar humedecemos os ollos con bágoas e substancias lubricantes que eles mesmos
producen. Isto permítenos movelos correctamente.

Pestanexamos, de media, unha vez cada cinco segundos. Calcula cantas veces pestanexas ao
día. Sorprenderaste!

Como vemos?
A luz entra pola córnea e a pupila, atravesa o cristalino e proxéctase sobre a retina. A
retina transforma os estímulos que recibe en información. Esta información viaxa polo
nervio óptico ata o cerebro. No cerebro é onde se analiza para obter unha imaxe
mental do que nos circunda.

7
O oído
O sentido do oído localízase no oído. Estimúlase polos sons que viaxan polo ar.

O oído está formado por


tres partes:

Oído externo,
composto pola
orella e polo
conduto auditivo
externo.

Oído medio,
formado polo
tímpano e a cadea
de ósos finos.

Oído interno,
contén o caracol e o
nervio auditivo.

Podes ver con máis detalle como é o oído na seguinte animación.

Como oímos?
Os sons chegan á orella e atravesan o conduto auditivo facendo vibrar o tímpano.
Estas vibracións pasan a través do oído medio e interno e chegan finalmente ao nervio
auditivo, que conduce a información ata o cerebro. Será aquí onde se interprete o que
estamos a oír.

O olfacto
O sentido do olfacto localízase no nariz. Estimúlase mediante substancias químicas
que están disoltas no aire.

Os receptores dos olores están situados na pituitaria amarela, unha zona localizada
no interior das fosas nasais.

8
Como ulimos?
As células da pituitaria amarela estimúlanse coa presenza de substancias químicas
disoltas no aire. Envían esta información cara o cerebro onde é interpretada.

O sentido do olfacto pode detectar substancias disoltas no


aire que inhalamos e tamén as liberadas polos alimentos
ao seren mastigados.

O gusto
O sentido do gusto localízase na lingua. Estimúlase mediante substancias químicas
disoltas na saliva.

Na lingua localízanse as papilas gustativas. Son proxeccións nas que se atopan células
especializadas en detectar os sabores.

As papilas poden detectar combinacións de cinco sabores básicos: doce, amargo,


salgado, umami (saboroso, en xaponés) e acedo.

Como saboreamos?
A partir das papilas gustativas parten nervios que levan información cara o cerebro.

9
Será aquí onde se
interpreten os sabores que
percibimos.

Sabías que...?
Mentres comemos, seica o olfacto e o gusto son indiscernibles. Porén, non existe conexión entre
eles ata que as sensacións chegan ao cerebro.

A maioría do que percibimos como sabores son combinacións de sabor e olor. De feito, tapando
o nariz, a comida non nos sabe igual.

O tacto
O tacto localízase na pel. É un sentido complexo xa que non só detecta o contacto
físico, senón que tamén achega outras informacións como presión, temperatura,
textura ou movemento.

10
A pel é un órgano complexo
dividido en tres capas:

Epiderme, capa
máis externa con
función protectora.

Derme, nesta capa


localízanse
diferentes
estruturas entre as
que podemos
atopar os
receptores do tacto.
Son de diferentes
tipos e cada un
deles está
especializado na
recepción dun
estímulo.

Hipoderme, é a capa máis interna. Ten graxa que nos protexe do frío e dos
golpes.

Como funciona o tacto?


Cada un dos receptores do tacto enviará información ao cerebro. Será este quen
procese a información.

Outros sentidos
Ademais dos xa vistos, o ser humano posúe outros sentidos. Entre eles, destacan:

O equilibrio. Permítelle ao noso corpo manter e modificar a postura.

A dor. Permite detectar danos que afectan o organismo, tamén temperaturas


extremas, substancias químicas agresivas... Hai receptores da dor por todo o
corpo, aínda que son moi abundantes na pel.

A propiocepción. Sen necesidade de ver ou tocar sabemos se nos estamos


movendo ou non, se estamos deitados ou erguidos ou onde temos os brazos e
11
as pernas. A este sentido chámaselle propiocepción. Depende duns receptores
internos que se localizan por todo o corpo.

Enfermidades dos órganos dos


sentidos
Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar aos órganos dos sentidos:

Cataratas: dáse cando o cristalino se altera e faise opaco perdendo a súa


transparencia.

Otite: trátase dunha inflamación do oído medio causada por bacterias.

Rinite: é unha inflamación da musosa nasal. Causa secreción abundante de


moco e dificultade para respirar polo nariz.

Pérdida do sentido do gusto: prodúcese cando non se perciben


correctamente os sabores ou, menos frecuentemente, cando se deixan de
percibir.

Dermatite: caracterízase pola inflamación da pel que se manifesta con


avermellamento, picor...

Estes hábitos saudables poden axudarche a manter sans os teus órganos dos
sentidos.

12
O siste
O sistema nervioso

O sistema nervioso ten un papel clave dentro da función de relación: recibe a


información sobre os estímulos que captan os órganos dos sentidos, procésaa e
envíaa cara os órganos efectores sobre a resposta máis axeitada.

A neurona: unidade básica


O sistema nervioso recibe información de todo o corpo e responde con instrucións.
Pero, como?

A resposta temos que buscala no principal tipo de células que forma o sistema
nervioso: as neuronas. O sistema nervioso contén miles de millóns deste tipo de
células.

As neuronas atópanse exclusivamente no sistema nervioso. Son especialistas en


transmitir información.

Teñen unha forma característica. Nelas poden distinguirse tres partes:

O corpo celular, ou soma, que contén o núcleo e os orgánulos celulares.

As dendritas, que son proxeccións delgadas e fortes.

Un axón, que constitúe a proxección máis longa de todas.

As neuronas colócanse unhas a continuación das outras formando circuítos polos que
se transmite a información en forma de pequenos pulos eléctricos. Nestes circuítos

13
cada neurona recibe
información doutras
neuronas a través das
dendritas e transmítea a
través do seu axón.

Sabías que...?
As neuronas son as pezas básicas coas que se constrúe o sistema nervioso. No cerebro existen
neuronas con axóns dun milímetro de lonxitude, mentres que os dalgunhas neuronas que
conectan a medula coas extremidades poden medir sobre un metro.

Porén, as neuronas non son as únicas pezas do sistema nervioso. Hai outros tipos de células
gliais que apoian, nutren e reparan as neuronas. Son axudantes sen os que as neuronas non
poderían realizar as súas funcións.

Partes do sistema nervioso


O sistema nervioso pode dividirse en sistema nervioso central e sistema nervioso
periférico.

14
Sistema nervioso central
Está formado por órganos capaces de recibir e coordinar información e de elaborar
respostas.

Divídese en encéfalo, aloxado no cranio, e medula espiñal, que se conecta con el e


discorre polo interior da columna vertebral. En ámbolos casos unhas membranas,
denominadas meninxes, ofrecen unha protección extra ao separaren o tecido
nervioso do tecido óseo que o recobre.

O encéfalo, protexido polo cranio e as meninxes. Formado por:

Tronco encefálico. Sitúase xusto a continuación da medula e serve de


ponte entre esta e o cerebro. Entre as súas funcións encóntrase a de regular
actividades de órganos internos como a respiración e o ritmo cardíaco.

15
Tamén se encarga de clasificar as mensaxes que se envían ao cerebro e ao
corpo.

Cerebelo. Sitúase baixo o cerebro. Coordina os movementos do noso corpo


e axúdanos a manter o equilibrio.

Cerebro. É a parte máis grande do encéfalo. Está formado por dous


hemisferios. Entre as súas funcións están: o control das accións voluntarias,
a análise da información dos órganos dos sentidos, os sentimentos, a
memoria ou a aprendizaxe.

A medula espiñal queda protexida pola columna vertebral e as meninxes. Os


orificios centrais que posúen todas as vértebras están aliñados, de modo que
forman un túnel no que se aloxa a medula. A medula constitúe unha vía de
comunicación entre o encéfalo e o corpo. Porén, non se trata dun simple
transmisor de información, senón que pode elaborar algunhas respostas,
como os actos reflexos nos que non participa o cerebro.

Sistema nervioso periférico


O sistema nervioso periférico é o encargado de conectar os órganos dos sentidos
(internos e externos) co sistema nervioso central, e este cos órganos efectores aos
que controla. Está formado polos nervios, que se poden clasificar en:

Nervios sensitivos. Transmiten información desde os órganos dos sentidos e


órganos internos cara o sistema nervioso central.

Nervios motores. Transmiten a resposta elaborada polo sistema nervioso


central cara os órganos efectores e músculos.

16
Os actos nerviosos
O sistema nervioso produce dous tipos de actos:

Actos voluntarios. Neste tipo de actos intervén o cerebro. Son actos


conscientes, máis variados e complexos que os reflexos. Como sensores,
interveñen os órganos dos sentidos; e como efectores, os músculos
esqueléticos, que producen o movemento. Por exemplo, se vemos que cae un
lapis ao chan podemos abaixarnos e collelo.

Actos reflexos. Son actos involuntarios. Trátase de actos rápidos e


automáticos nos que non participa o cerebro. Prodúcense cando se necesita
unha resposta rápida; por exemplo, cando apartamos a man por tocar un
obxecto moi quente, ao adiantar a man para apoiarnos, ao perder o
equilibrio...

Enfermidades do sistema nervioso


Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar ao sistema nervioso:

17
Cefalea: é unha enfermidade frecuente que se caracteriza por unha dor de
cabeza forte.

Meninxite: trátase dunha inflamación das meninxes, que envolven e protexen


o cerebro e a medula espiñal. Cáusana certos virus e bacterias.

Ictus: prodúcese cando vasos sanguíneos do cerebro rompen ou se taponan.


Factores como a hipertensión, a obesidade ou consumo de alcol ou tabaco fan
que o risco de sufrir un ictus sexa maior.

Estes hábitos saudables poden axudar a manter san o sistema nervioso.

Sabías que...?
May-Britt Moser Créditos: Wikipedia

É unha neurocientífica de
Noruega que foi galardoada
en 2014 co premio Nobel de
Fisioloxía ou Medicina,
compartindo este
recoñecemento con John
O'Keefe e Edvard Moser.

Adicouse ao estudio do
cerebro, onde atopou unha
serie de células que forman
un sistema de
posicionamento, como se
fosen un GPS interno.

18
O apar
O aparato locomotor

O sistema nervioso é o encargado de elaborar respostas adaptadas aos estímulos que


os nosos sentidos perciben. As respostas poden ser secretoras ou motoras.

O encargado de executar as respostas motoras é o aparato locomotor. Está formado


polo esqueleto e a musculatura.

O esqueleto
O esqueleto humano está fundamentalmente formado por ósos e algo de cartilaxe. As
unións entre ósos forman as articulacións.

Funcións
O esqueleto desempeña importantes funcións:

Dá forma ao corpo e aguanta o peso dos tecidos.

Proporciona fixación aos músculos e forma un sistema de pancas que estes


poden mover. Cada óso posúe uns puntos nos que os músculos se fixan a
través de tendóns. Os músculos contráense e tiran dos ósos para producir
movementos.

Protexe órganos e tecidos delicados como a medula na columna vertebral e os


pulmóns e corazón na caixa torácica.

No interior dalgúns ósos (medula ósea) fórmanse células sanguíneas.

19
Sabías que...?
O esqueleto forma un sistema de pancas que os músculos poden mover. Grazas ao esqueleto e
músculos podemos camiñar e, tamén, son os responsables de que un violista toque o seu
instrumento dun xeito preciso e case perfecto.

Se queres ver o teu esqueleto en acción preme aquí.

Ósos
Os ósos están formados principalmente por un tecido moi duro que lles dá grande
resistencia.

Non todos os ósos teñen a mesma forma. Distínguense:

Ósos longos como os das extremidades.

Ósos curtos como as vértebras.

Ósos planos como os do cranio.

Sabías que...?
Os ósos son estruturas vivas. Están alimentados por vasos sanguíneos que lles proporcionan
nutrientes e osíxeno. Tamén posúen nervios; por iso, se un óso se rompe, sangra e doe.

20
Os principais ósos do esqueleto son:

Cartilaxe
A cartilaxe está formada por un tecido máis flexible que os ósos.

Aparece recubrindo as articulacións, onde protexe os ósos do desgaste producido


polo movemento destas.

Tamén está presente, por exemplo, na caixa torácica, unindo as costelas ao esterno.
Deste modo a caixa torácica está dotada dunha certa flexibilidade.

As orellas, o nariz e os aneis traqueais tamén teñen cartilaxe.

21
Articulacións
Xa sabemos que o compoñente maioritario do esqueleto son os ósos. Agora ben, por
si sós non son útiles, xa que é preciso a existencia de estruturas que os manteñan
unidos e que lles permitan realizar as súas funcións.

A unión entre os ósos denomínase articulación. Nelas poden estar implicados dous
ou máis ósos. Tamén poden aparecer outras estruturas e tecidos que fan que a
articulación sexa funcional, como cartilaxe ou ligamentos.

Se nos fixamos na capacidade de movemento que teñen as articulacións podemos


diferenciar tres tipos:

Articulacións fixas
Nestas articulacións os ósos están soldados e non se poden mover. É o caso dos ósos
do cranio.

22
Articulacións móbiles
Permiten que os ósos da articulación se movan. É o caso do cóbado, o ombreiro ou a
cadeira.

Articulacións semimóbiles
Permiten só un lixeiro movemento dos ósos. É o caso das vértebras.

23
A musculatura
A musculatura é o conxunto de músculos do noso corpo. Están formados
principalmente por células musculares que teñen a capacidade de contraerse.

Os músculos
Os músculos teñen a capacidade de contraerse e exercer forza. Fano grazas á enerxía
que obteñen dos alimentos.

Ancóranse aos ósos grazas aos tendóns, uns cordóns fibrosos que se fixan
fortemente aos ósos e soportan a forza que exercen os músculos ao contraérense.
Grazas a esta forte unión cos ósos, cando os músculos se contraen e se relaxan,
movémonos.

Mover un esqueleto de 206 ósos non é tarefa doada. Por iso temos músculos de
diferentes formas e tamaños. Os alongados e delgados son capaces de contraerse
moito pero exercen unha forza moderada; en contraposición, os músculos
triangulares contráense menos pero exercen unha forza moito maior. Tamén hai
músculos circulares que ao se contraeren pechan aberturas como as da boca.

Sabías que...?
Moitos nomes de músculos proceden do grego ou do latín.

Os seus nomes poden referirse a características propias do músculo como a súa forma, o seu
tamaño, a súa acción, o número de cabezas que posúen, o óso no que se insertan...

O sufixo -oides significa con forma de. O músculo deltoides chámase así por ter forma de letra
delta.

Agora é a túa quenda: se o bíceps é un músculo que ten dúas cabezas, como cres que será o
tríceps?, e o cuadríceps?

24
Os principais músculos son:

Enfermidades do aparato
locomotor
Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar ao aparato locomotor:

Escoliose: trátase dunha deformación da columna vertebral cara a un dos


lados.

Artrite: é a inflamación dunha ou máis articulacións. Causa dor e dificultade de


movementos.

Osteoporose: esta enfermidade afecta aos ósos, que se fan menos densos e
teñen maior probabilidade de rompérense.

Raquitismo: prodúcese polo crecemento inadecuado dos ósos debido a unha


falta de vitamina D na dieta. Afecta a nenos que non se expoñen ao sol e que
non toman suficiente pescado, leite ou verduras.

Estes hábitos saudables poden axudarche a manter san o teu aparato locomotor.

25
26
O noso
O noso ciclo de vida

Como todos os seres vivos, os seres humanos temos un ciclo de vida ben definido.

As fases que o definen son: a infancia e a nenez, a puberdade, a mocidade, a adultez, a


madureza, a vellez e o final da vida.

O comezo dunha nova vida


27
Despois de que o espermatozoide fecunde o óvulo comeza o desenvolvemento dun
novo ser humano dentro do ventre da súa nai.

Tras corenta semanas de embarazo nacerá un novo individuo. Cando nacemos temos
xa desenvolvidos os órganos reprodutores, masculinos ou femininos. Estes órganos
constitúen os caracteres sexuais primarios.

A infancia e a nenez
Durante estes primeiros anos de vida adquirimos capacidades como a de camiñar e
falar cada vez con máis destreza.

O noso corpo vai mudando ao tempo que medramos.

A puberdade
Durante a puberdade comeza a maduración dos órganos sexuais, polo que os nenos
terán a súa primeira exaculación e as nenas a primeira menstruación. Comeza así a
nosa vida fértil, na que temos a capacidade para reproducírmonos.

Ao mesmo tempo comezan a manifestarse os caracteres sexuais secundarios.

Nos nenos aparece pelo na cara e no corpo, desenvólvese a musculatura e a


voz vólvese máis grave.

Nas nenas aparece pelo na pube e nas axilas, aumentan os peitos e


ensánchanse as cadeiras.

Durante a puberdade e a adolescencia acontecen importantes cambios físicos,


fisiolóxicos e psicolóxicos.

Estes cambios son normais e forman parte do noso desnvolvemento. Comprendelos e


aceptalos (os nosos e os dos demais) axudaranos a manter un bo estado de saúde.

28
Recorda que o noso organismo funciona como un todo integrado, a nosa saúde
depende do bo funcionamento do organismo incluíndo ter pensamentos positivos
sobre a nosa imaxe.

A mocidade
Nesta etapa acadamos a madurez física e emocional.

A adultez
É o periodo que vai desde a mocidade ata a madureza que se caracteriza por ser
longo, pero sen grandes cambios físicos.

A madureza
Durante a madureza o noso corpo comeza a perder masa muscular. O noso aspecto
físico vai mudando: o pelo vólvese gris, aparecen engurras...

A vellez
Nesta fase os cambios físicos aumentan. A nosa pel perde o seu ton e aparecen
manchas, o pelo cae, facémonos máis baixos pola dexeneración dos ósos e dos discos

29
que hai entre as vértebras...

30
A funci
A función de
reprodución

A función de reprodución permítelles aos seres vivos orixinar outros seres vivos
semellantes a eles.

O ser humano é un mamífero, polo que temos as seguintes características:

Temos sexos separados, é dicir, ou somos mulleres ou somos homes.

Somos vivíparos.

Temos reprodución sexual. Para que naza un novo individuo é necesario a


unión do gameto masculino, ou espermatozoide, e do gameto feminino, ou
óvulo.

31
Temos fecundación interna. A unión dos gametos prodúcese no interior do
corpo da muller.

Os bebés aliméntanse co leite das súas nais. As glándulas mamarias son as


encargadas de producilo.

Sabías que...?
O óvulo é unha das células máis grandes do corpo mentres que o espermatozoide é das máis
pequenas.

Mentres que un óvulo mide uns 0,15 milímetros de diámetro o espermatozoide mide 0,055
milímetros, incluíndo a súa longa cola.

Caracteres sexuais primarios


O aparato reprodutor está xa formado no momento do nacemento e permite
diferenciar os nenos das nenas. O conxunto dos órganos sexuais masculinos ou
femininos constitúen os caracteres sexuais primarios.

O aparato reprodutor é o encargado de producir os gametos, óvulos no caso das


mulleres e espermatozoides no caso dos homes.

O aparato reprodutor é diferente en homes e mulleres pero en ambos constan de:

gónadas, que son os órganos que producen os gametos e hormonas sexuais

vías reprodutoras, que son condutos polos que se desprazan os gametos.

32
Caracteres sexuais secundarios
Los caracteres sexuales secundarios son las características físicas no relacionadas con
la reproducción que diferencian a hombres y mujeres.

Ao mesmo tempo comezan a manifestarse os caracteres sexuais secundarios.

Nos nenos aparece a barba, a voz grave e a musculatura é mais desarrollada.

Nas nenas aparecen as mamas, a voz aguda, as cadeiras anchas e polo xeral
non crece o pelo corporal.

Un reto antes de seguir


Enhamed Enhamed é un deportista de elite español que ten no seu poder varias medallas
olímpicas e récords mundiais. Por exemplo, nos Xogos Paralímpicos de Pequín do ano 2008
gañou catro medallas de ouro. Unha delas, nos 100 metros libres; podes velo neste vídeo.

Como se relaciona co seu entorno Enhamed Enhamed mentres nada?


Coñeces algún outro deportista paralímpico? Que deporte practica? Como
adestra?

33
O apar
O aparato reprodutor
masculino

O aparato reproductor masculino ou aparato xenital masculino é o encargado de levar


a cabo a reproducción nos homes. As gónadas no aparato reprodutor masculino son
os testículos, e estos son os encargados de producir espermatozoides. O
espermatozoide é unha célula moi especializada que se pode mover grazas á súa cola
para poder chegar ao óvulo.

O pene permite introducir os espermatozoides na vaxina, dende aí viaxan polo útero e


polas trompas de Falopio ata chegar ao óvulo. O aparato reprodutor masculino está
formado por:

Órganos xenitais externos: inclúe o escroto, que é a pel que recubre aos
testículos, e o pene.

Órganos xenitais internos: inclúe dous testículos, diferentes vías


reprodutoras que se encargan de conducir os espermatozoides ao exterior, e
glándulas que segregan líquidos que xunto cos espermatozoides formarán o
seme.

34
Aparato reprodutor masculino

Hábitos saudables

Estas son algunhas recomendacións para manter san o aparato reprodutor, tanto de
homes como de mulleres:

Mantén unha hixiene adecuada dos xenitais mediante un aseo diario.

As vías reprodutoras comunican co exterior polo que é importante ter unha


correcta hixiene da roupa que está en contacto con elas e tamén usar inodoros
limpos para evitar infeccións.

Visita o teu médico con regularidade.

O espermatozoide
O espermatozoide é o gameto masculino. É unha célula que pode desprazarse grazas
ao movemento da súa cola ou flaxelo.

35
Órganos internos
Os testículos
Son as gónadas que producen os gametos masculinos, é dicir, os espermatozoides.
Ademais crean hormonas sexuais masculinas.

Os testículos sitúanse fóra da cavidade abdominal, protexidos por unha bolsa de pel
denominada escroto.

Sabías que...?
Desde a puberdade ata a vellez, cada día os testículos producen centos de millóns de
espermatozoides.

36
As vías reprodutoras
Dos testículos parten os condutos deferentes que desembocan na uretra. Por estas
vías condúcense os espermatozoides cara o exterior.

Lembra que a uretra tamén pertence ao aparato urinario, polo que ten funcións
relacionadas coa reprodución e coa excreción.

Glándulas anexas
Asociadas ás vías reprodutoras, sitúanse unhas glándulas que liberan cara a elas
substancias que contribúen á formación do seme.

O seme é un líquido branco que contén espermatozoides. Pero este líquido produce
moito máis que gametos, está cargado de nutrientes e substancias que protexerán os
espermatozoides na súa viaxe cara o óvulo.

As glándulas anexas máis destacadas son:

Próstata: produce un líquido que protexerá os espermatozoides.

Vesícula seminal: produce un líquido que servirá de alimento aos


espermatozoides.

Órganos externos
O pene é o órgano copulador masculino. Durante o coito introdúcese na vaxina
para expulsar o seme dentro dela, cerca do útero. O proceso de expulsión do
seme denomínase exaculación.

O escroto é un dobramento de pel que recobre os testículos.

37
O apar
O aparato reprodutor
feminino

O aparato reprodutor feminino está formado polos ovarios e as vías reprodutoras.


Encárgase de producir os gametos femininos, é dicir, os óvulos. Nel tamén se produce
a fecundación e o desenvolvemento do novo individuo nun proceso denominado
embarazo que remata co parto.

O óvulo
É o gameto feminino. É unha célula esférica que ten un tamaño moito maior que o do
espermatozoide.

38
Sistema de reprodución
As gónadas do aparato reprodutor feminino son os ovarios. Cada 28 días,
aproximadamente, madura un óvulo nun ovario e libérase a unha das trompas de
Falopio. Neste momento, se un espermatozoide chega ao óvulo pode ter lugar a
fecundación; e dicir, a unión dos dous gametos. A fecundación é o comezo do
desenvolvemento dun novo individuo que medrará no útero durante o embarazo, que
dura uns nove meses. O nacemento do novo individuo é a finalidade da función de
reprodución.

A vaxina é a parte do aparato reprodutor feminino encargada de recibir ao pene


durante o coito. O aparato reprodutor feminino está formado por:

Órganos xenitais externos: denomínase vulva.

Órganos xenitais internos: son os ovarios, as trompas de Falopio, o útero e a


vaxina.

39
Aparato reprodutor feminino

Hábitos saudables

Estas son algunhas recomendacións para manter san o aparato reprodutor, tanto de
homes como de mulleres:

Mantén unha hixiene adecuada dos xenitais mediante un aseo diario.

As vías reprodutoras comunican co exterior polo que é importante ter unha


correcta hixiene da roupa que está en contacto con elas e tamén usar inodoros
limpos para evitar infeccións.

Visita o teu médico con regularidade.

Órganos internos
Os ovarios
Son as gónadas que producen os gametos femininos; é dicir, os óvulos. Ademais,
producen hormonas sexuais femininas.

Os ovarios sitúanse no interior do abdome. Teñen forma de améndoa e son das

40
seguintes dimensións: 1 cm × 2cm × 3 cm.

Cando nace unha nena xa ten formados no interior dos seus ovarios óvulos
inmaduros. Estes óvulos van madurando pouco a pouco desde que se acada a
madureza sexual.

O ciclo ovárico é un proceso que acontece cada mes nos ovarios e culmina coa
maduración dun óvulo. Ese óvulo maduro expúlsase do ovario cara á trompa de
Falopio nun proceso denominado ovulación.

As vías reprodutoras
Son condutos polos que se desprazan os gametos. Tamén interveñen na fecundación,
no embarazo e no parto.

Trompas de Falopio

Son dous pequenos tubos cunha abertura en forma de funil no extremo máis próximo
aos ovarios. Recollen os óvulos producidos nos ovarios e condúcenos cara ao útero.

Útero

É un órgano en forma de pera aplanada. É o encargado de acubillar o


desenvolvemento do novo individuo, de se producir unha fecundación.

Do mesmo xeito que nos ovarios, no útero tamén teñen lugar cambios cíclicos. Estes
cambios denomínase ciclo menstrual, que dura entre 28 e 32 días (a primeira vez que
aparece o ciclo menstrual chámase menarquia). Durante este ciclo o útero engrósase e
prepárase para un posible embarazo. Comeza no primeiro día da menstruación ou
regra. Cando se produza a ovulación, aproximadamente no día 14 do ciclo menstrual,
o útero estará en condicións óptimas para aloxar un óvulo fecundado.

Se non se produce fecundación, a capa que recobre as paredes internas do útero


despréndese en forma de sangue menstrual e comeza un novo ciclo.

41
Vaxina

É un conduto elástico que acolle ao pene durante o coito e que serve de vía de
expulsión do feto no parto.

Órganos externos
A vulva é o órgano xenital externo da muller. Presenta uns dobramentos de pel
chamados labios.

O inicio dunha nova vida:


fecundación, embarazo e parto

42
A fecundación
A unión dun óvulo e un espermatozoide chámase fecundación. É o inicio dunha nova
vida. Preme aquí para comprobares como acontece.

O embarazo, inicio e desenvolvemento


Durante o coito o home
deposita o seme na vaxina
da muller mediante a
exaculación.

Os espermatozoides
comezan a ascender polo
útero e as trompas de
Falopio.

De se producir unha
ovulación, os gametos
encontraranse neste punto
ao final das trompas de
Falopio e pode orixinarse a
fecundación; é dicir, a
unión de gametos: dun As frechas marcan o camiño
espermatozoide e un percorrido polos gametos.
óvulo. 1. Ovulación.
2. Fecundación e formación do cigoto.
Da unión de gametos nace
unha nova célula chamada
3. División do cigoto.
cigoto. Máis tarde, este 4. Implantación.
cigoto dará lugar a un embrión, e este a un feto.

O cigoto continúa baixando polas trompas de Falopio cara ao útero, ao tempo que se
vai dividindo.

Ao chegar ao útero implántase nas súas paredes.

Nas primeiras etapas do embarazo, ao tempo que o embrión se vai desenvolvendo,


fórmanse unha serie de estruturas que nutren e protexen o embrión:

A placenta é un órgano que se forma no lugar da implantación. Nutre ao


embrión proporcionándolle nutrientes obtidos do sangue da nai e eliminando
substancias de refugallo cara ao torrente sanguíneo materno. A placenta

43
comunícase co embrión a través do cordón umbilical.

A bolsa amniótica. É unha bolsa chea dun líquido que protexe ao embrión.

Nas primeiras fases do embarazo fórmanse os órganos, mentres que nas últimas
predomina o crecemento.

O parto
A partir do oitavo mes de embarazo, o feto colócase coa cabeza cara a abaixo e
prepárase para o momento do parto; é dicir, para a súa saída ao exterior.

O parto prodúcese en tres fases:

Dilatación: a base do útero ensánchase para permitir o paso do feto.

Expulsión do feto: o feto avanza cara ao exterior grazas ás contraccións do


útero e aos empurróns da nai.

Expulsión da placenta: despois da expulsión do bebé o útero segue a


contraerse e tamén saen ao exterior a placenta e o cordón umbilical.

44
Enfermidades do aparato
reprodutor masculino e feminino
Son, maioritariamente, as enfermidades de transmisión sexual, un grupo de
enfermidades que se adquiren por ter relacións sexuais cunha persoa
infectada. Estas enfermidades están causadas por bacterias, parasitos ou virus.
Algunhas destas enfermidades son a gonorrea, a sífile ou a SIDA.

Gonorrea: enfermidade causada por unha bacteria que se aloxa nos


órganos xenitais e nas vías urinarias. Produce síntomas como picor ao
ouriñar e dor.

Sífile: enfermidade provocada por unha bacteria que causa, entre outros
síntomas, iagas. Pode tratarse con antibióticos, pero se non se trata pode
complicarse.

SIDA: enferminade causada polo VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana)


que ataca ao sistema inmunitario aumentando o risco de padecer outras
enfermidades.

Cancro de próstata: trátase dun cancro que afecta a próstata. Afecta, por
norma xeral, a varóns de máis de 50 anos. Un diagnóstico precoz favorece a
curación.

Amenorrea: ausencia de menstruación.

Cancro de útero: en xeral afecta a mulleres entre 35 e 55 anos. Pode estar

45
causado polo virus do papiloma humano, que se pode transmitir a través de
relacións sexuais. Na actualidade existen varias vacunas para este tipo de
virus.

Recorda os hábitos saudables para manter san o aparato reprodutor.

Glosario

Actos reflexos
Son actos involuntarios. Trátase de actos rápidos e automáticos nos que non participa
o cerebro. Prodúcense cando se necesita unha resposta rápida.

Caixa torácica
Conxunto de ósos formados polas vértebras, o esterno e as costelas, que se unen para
dar protección aos órganos do tórax.

Centro
Zona do sistema nervioso na que se interpreta información e se elaboran respostas.

Columna vertebral
Estrutura ósea que vai desde a base do tronco ata a pelve recorrendo o pescozo e as
costas. Está formada por varios ósos, denominados vértebras.

Embrión
Etapa inicial do desenvolvemento dun ser humano que vai desde a etapa de cigoto ata
que os órganos internos se encontran xa diferenciados.

46
Espermatozoide
Gameto masculino producido polos testículos. Ten a capacidade de desprazarse
grazas aos movementos do seu flaxelo.

Estímulo
Sinais que recibimos do medio que nos rodea e tamén do interior do noso propio
corpo, a través de órganos receptores.

Flaxelo
Apéndice móbil, longo e delgado, que posúen algúns organismos unicelulares ou
certas células de organismos pluricelulares.

Feto
Etapa do desenvolvemento do ser humano que comprende desde a oitava semana de
embarazo, cando os órganos internos xa están diferenciados, ata o nacemento.

Coito
El coito es la cópula o unión sexual entre dos individuos de distinto sexo.

Fisiolóxicos
Relativos ao funcionamento do corpo. A fisioloxía é a ciencia que estuda o
funcionamento do organismo.

Gameto
Es una célula reproductiva de un animal o planta.

Resposta
Acción que se realiza despois de que o sistema nervioso analice un estímulo. Poden
ser motoras, se implican movemento, ou secretoras, se se liberan substancias.

Panca
47
Máquina simple formada basicamente por unha barra ríxida e un punto de apoio que
serve para levantar obxectos ou transmitir forzas.

Seme
Líquido segregado polo aparato reprodutor masculino que contén aos
espermatozoides.

Lente
Disco de vidro ou de outro material transparente limitado por superficies curvas que
ten a capacidade de desviar os raios de luz.

Ligamento
Estrutura formada por tecidos moi resistentes que actúa como un cordón que une os
ósos dunha articulación ou que axuda a manter a posición dun órgano no corpo.

Menarquia
Aparición da primeira menstruación.

Menopausa
Cesamento definitivo da menstruación, que implica a perda da capacidade de ter fillos.

Nervio
Estrutura en forma de cordón formada por neuronas a través da que se transmite
información do corpo ao sistema nervioso central e viceversa.

Óvulo
Gameto feminino producido polos ovarios.

Vida fértil
Etapa da vida das persoas na que se ten a capacidade de producir gametos e, por
tanto, de ter descendencia.

48
Vivíparos
Los animales vivíparos son aquellos que se reproducen a través de fecundación
interna y sus embriones se desarrollan en órganos especializados dentro del vientre
de la madre.

Hormonas sexuais
Tipo de hormona que participa en la pubertad, la fertilidad y la sexualidad. Las
hormonas sexuales por lo general se producen en los ovarios (en las mujeres) y en los
testículos (en los varones).

Exaculación
Emisión de semen a través del pene durante el orgasmo.

Menstruación
Es el sangrado vaginal normal que ocurre como parte del ciclo mensual de la mujer.

Fecundación
Es la unión del óvulo y el espermatozoide para que se produzca un embarazo.

49

You might also like