You are on page 1of 8

FUNDAMENTOS DE PSICOLOXÍA XERAL

1. INTRODUCCIÓN
2. BASES BIOLÓXICAS
3. SENSACIÓN E PERCEPCIÓN
4. A CONCIENCIA
5. PROCESOS COGNITIVOS
6. AS EMOCIÓNS
7. A MOTIVACIÓN
8. ACTIVIDADES

1. INTRODUCCIÓN
Psicoloxía: “psique” mente e “logos” ciencia.
- Orixes do pensamento filosófico
- Método científico
Psicoloxía: estudio obxectivo, empregando o método científico, do
comportamento e das estruturas e procesos que o fan posible.

Psicoloxía da saúde: estudia o comportamento con relación á enf. e á saúde.


Psicoloxía evolutiva: estudia os cambios psíquicos que se producen ao longo
da vida.

2. BASES BIOLÓXICAS
Os procesos psíquicos e o comportamento teñen unha base biolóxica
Alta complexidade do S. Nervioso  gran adaptabilidade do ser humano
Sistema Nervioso

1
Sistema Endócrino
- Formado polas glándulas de secreción interna
- Producen hormonas
- Regulan o funcionamento orgánico e inflúen no comportamento
- Está intimamente ligado ao S. Nervioso mediante a hipófise.

- As principais glándulas de secreción interna son:


 Hipófise
 Tiroides
 Paratiroides
 Páncreas
 Suprarrenais
 Ovarios
 Testículos

3. SENSACIÓN E PERCEPCIÓN
- O SN permite detectar e responder a estímulos.
Estímulos:
 Externos: captados por distintos órganos
o Vista
o Oído
o Olfacto
o Gusto
o Tacto (presión, dolor e temperatura)
 Internos
o Cinestesia
o Cenestesia

Sensación: estimulación física que provoca o estímulo no órgano sensorial.


Percepción: organización que o noso SN fai desa información.
 Órganos dos sentidos  sensación.
 Cerebro  percepción.
Sensación e percepción están condicionadas por:
 Limiar e limiar diferencial.
 Factores individuais, situacionais ou predisposicións.

A percepción está influída por:


 Personalidade
 Autoestima

2
 Influencia do grupo
 Trastornos mentais: enfermidade, drogas

4. A CONCIENCIA
- Podemos definila como a capacidade do individuo para percibir a realidade e
recoñecerse nela.
Distintos estados de conciencia = distintos grados de activación do S. Nervioso
- As persoas non sempre mantemos o mesmo grao de atención, non sempre
estamos igual de “espertas”:
 Podemos estar alerta
 Podemos estar simplemente atentos
 Podemos estar medio espertos
 Podemos estar adurmiñados
 Podemos estar durmidos cun soño lixeiro
 Podemos estar profundamente durmidos
 Etc.

- O grado de atención depende de


 Estímulo (intensidade, novidade, rareza, etc)
 Persoa (idade, necesidade, cansazo, etc.)

- Ademais compre sinalar:


- Ritmos circadianos (lat. circa, día): alternan periodos de vixilia
(actividade) e períodos de sono (repouso).
Permite a recuperación do noso organismo (física e psíquica).
- Sono:
É necesario para manter as funcións vitais.
Varias fases con distintos graos de activación do SN cada unha delas.
A súa privación pode provocar irritabilidade, desorientación, etc.

Persoas con dificultade para conciliar o sono  temor a non durmir 


ansiedade  dificultade para conciliar o sono.

5. PROCESOS COGNITIVOS
- Son procesos psíquicos que teñen lugar no noso cerebro que determinan
como procesamos a información, adquirimos coñecementos, etc.
- Determinan a nosa conduta

3
- Son:
 Pensamento
 Linguaxe
 Intelixencia
 Aprendizaxe
 Memoria

Pensamento
- É o uso de ideas ou conceptos en lugar de obxectos.
- Temos p.ex. o concepto de “ roda” ou de “xustiza”, “color”, “alimento”, “saúde”,
etc., cunhas determinadas características.
- O pensamento relaciona uns conceptos con outros.

- Pode ser:
- Concreto: relaciona elementos físicos e presentes.
- Abstracto: traballa con ideas ou elementos abstractos.
- A capacidade de pensamento abstracto depende de:
 nivel de intelixencia
 idade
 instrución e cultura

- Hai dous aspectos moi importantes dentro do pensamento


 Resolución de problemas
 Creatividade: capacidade de atopar enfoques e solucións novas

Linguaxe
- Hai tres conceptos que non se deben confundir:
 Linguaxe: é a facultade que teñen os seres humanos para poder emitir
mensaxes.
 Lingua: código formado por un sistema de signos usado para
comunicarse (identifícase co idioma).
 Fala: uso que cada individuo fai da lingua.

- Aínda que temos unha capacidade innata de utilizar a linguaxe precisamos


dun modelo a quen imitar para desenvolver esta capacidade

4
Intelixencia
- Hai moitas outras definicións da intelixencia.
- Capacidade de adaptación ó medio, para aprender e para o pensamento
abstracto.
- Moitos psicólogos considérana como algo global e medible: cociente
intelectual (CI).
- Outros cren que non é posible unha valoración gobal senón que hai que
prestar atención ós distintos componentes da intelixencia: verbais, numéricos,
espaciais, memorísticos, etc.)
- A intelixencia pódese medir mediante o uso de probas (tests) que deben ter
unhas condicións de validez, fiabilidade e tipificación.
- Os tests:
 están influídos pola cultura
 deben aplicarse con certas condicións
 deben cumprir tres requisitos:
 Validez
 Fiabilidade
 Tipificación

Aprendizaxe
- É a adquisición de habilidades que permiten cambios máis ou menos
permanentes na conduta.
- Inclúense tódalas habilidades excepto aquelas de supervivencia (succión,
etc).
- Hai moitas teorías distintas sobre a aprendizaxe.

- Existen varios mecanismos de aprendizaxe (segundo a teoría conductista):


 Condicionamento clásico (Pavloviano): un estímulo neutro feito
coincidir con outro de valor para o suxeito chega a provocar resposta.
 Condicionamento operante (instrumental): tendemos a repetir as
conductas que teñen unha consecuencia positiva para nos. Podemos
modificar unha conducta se controlamos e programamos as
consecuencias que dela se derivan.
 Observación (aprendizaxe por modelos): moitas veces non é necesario
realizar unha conducta un mesmo para comprobar os resultados,
bástanos observar un modelo e ver os resultados que ten para el.

Memoria
- É a capacidade de rexistrar, reter e recuperar información.

5
- Non retemos todo o que percibimos.
- Non retemos todo con igual intensidade.

- Recuperación da memoria:
 Espontánea: recoñecemos algo que xa percibiramos no pasado.
 Forzada: tratamos de evocar algo que sabemos que percibimos no
pasado. Neste caso, ás veces non conseguimos lembrar.

- Existen dous tipos de memoria:


 A curto prazo
 A longo prazo

- A perda da memoria chámanse amnesia.


- Hai tres tipos principais de amnesias:
 Amnesia de fixación ou anterógrada: o que a padece non é capaz de
fixar novas informacións.
 Amnesia de evocación ou retrógrada: o que a padece non é quen de
lembrar informacións de tempo atrás.
 Amnesia global: padece as dúas anteriores

6. AS EMOCIÓNS
- Son reaccións internas de carácter subxectivo ante estímulos que poden
provir do exterior ou do interior do individuo.
- Pódense dividir en:
 Emocións de interrelación.
 Emocións cara o interior.

Emocións de interrelación:
 Afectividade: afectos e sentimentos xorden da relación do ser humano
cos seres vivos e obxectos do seu mundo.
Ex.: amor/odio, felicidade/tristeza, pracer/dispracer, ...
 Agresividade: pode ser a manifestación de desexos destructivos ou a
reacción fronte á frustración. A veces transformase en violencia e
conductas agresivas).
Ex.: rabia, ira, ...

6
Emocións cara o interior: aparecen cando a persoa sinte algún tipo de
ameaza, sexa esta real ou imaxinaria.
- Son a angustia, a ansiedade e o medo
- As emocións provocan cambios fisiolóxicos:
 aceleración do ritmo cardíaco e da respiración,
 dilatación pupilar,
 tensión muscular,
 poñerse colorado,
 etc.

- O rostro case sempre reflicte as emocións.


- Intelixencia emocional: capacidade de ser consciente das propias emocións e
de controlalas e dirixilas de forma adecuada.

7. A MOTIVACIÓN
- É a forza interna que nos impulsa a realizar un fin externo (un acto) buscando
unha satisfacción.
- Hai motivacións das que somos conscientes e outras das que somos
inconscientes.
- Clasificación das motivacións:
 Biolóxicas
 Psicolóxicas

Motivos biolóxicos
 Algúns son de supervivencia: respirar, comer ou beber, ...
 Outros como sexo, benestar físico, evitación da dor, ...
- Estas motivacións dan lugar a unha conducta pero pode haber variacións con
respecto ao mesmo feito.
Por exemplo: comer e beber son actos regulados polo hipotálamo pero
verse influenciados por outras motivacións ademais da supervivencia como
cultura, educación, relixión, etc.
- Podendo chegar a condutas extremas como:
 bulimia (intento de control da ansiedade)
 anorexia nerviosa (problemas de autoimaxe)
 alcoholismo (fuxida da realidade, adicción

7
Motivos psicolóxicos
 Exploración ou novidade: temos a necesidade de recibir estímulos
novidosos continuamente
 Logro e autorrealización: necesidade de conseguir metas que nos
fagan sentirnos a gusto con nos mesmos.
Estas metas poden ser:
o Materiais: obxectos, caprichos, ...
o Inmateriais: valoración, recoñecemento, prestixio, ...
 Contacto social: necesidade humana de se relacionar con outros a
distintos niveis

Teoría de Maslow
- Propón a xerarquización das motivacións. Para el, ata que non están
satisfeitas as necesidades máis básicas non xorden outras novas. Representou
mediante un esquema piramidal esta xerarquización.

AUTORR
EALIZAC
IÓN

APRECIO E
AUTOESTIMA

AFILIACIÓN E AMOR

SEGURIDADE

FISIOLÓXICAS

You might also like