You are on page 1of 7

Psicoloxía da Educación: procesos de aprendizaxe infantil.

Tema1.

A aprendizaxe escolar na educación primaria


Aprendizaxe Humano:
A aprendizaxe ocorre cando a experiencia produce un cambio relativamente
permanente no coñecemento ou no comportamento dun individuo.

Contidos: habilidades, conceptos, procedementos, actitudes…


Formas: práctica, repetición, descubrimento, mediación.
Contextos: familia, escola mass media.

Ensinanza:
Ensinar é deseñar actividades sociais co fin deliberado de que alguén aprenda
algo.

֍ Presentación en Moovi.

Compoñentes da aprendizaxe: (Pozo, 1999)


Que: Resultados
Como: Procesos
Cando, canto, onde..: condicións

֍ Capítulo Pozo (1999, pp.86-100) en Faitic.

Principais modelos de aprendizaxe

Adaptación de Oscar Castillero Mimenza

A continuación, amósanse algúns dos principais modelos de aprendizaxe que


existiron ao longo da historia e que posuíran gran influencia nalgún momento da
historia. A maior parte deles aplicáranse ao mundo da ensinanza formal ou
derívanse directamente da observación de como se aprende en dito entorno.
Agruparémolos en tres grandes modelos seguindo a metáfora da aprendizaxe e
a ensinanza de Mayer, (1992):

1
Psicoloxía da Educación: procesos de aprendizaxe infantil.

APRENDIZAXE ENSINANZA MODELOS

Aprendizaxe como adquisición O profesor ofrece CONDUTISTAS


de respostas retroacción

Aprendizaxe como adquisición O profesor transmite COGNITIVISTAS


de coñecemento información

Aprendizaxe como construción O profesor guía o CONSTRUTIVISTAS


de significados procesamento
cognitivo

1. Modelos condutuais ou condutistas

A nivel científico, algúns dos primeiros modelos de aprendizaxe que existiron


parten do paradigma teórico do condutismo (o cal á súa vez deriva en gran
medida do positivismo lóxico). Este tipo de modelos propón que a aprendizaxe
se consegue a través da asociación entre estímulos, se ben tamén contempla
procesos de aprendizaxe non asociativa tais como a habituación a un
estímulo ou a sensibilización a este.
O condutismo como paradigma non contempla nun primeiro momento a
existencia da mente, ou mellor dito non considera que se poida coñecer esta ao
non poder observala empiricamente. Incluso nalgúns casos, considérase a
mente como produto da acción e a asociación, ou directamente como un
concepto referido a algo que non existe. Dentro dos modelos condutistas
podemos encontrar tres modelos especialmente destacables. De feito, o propio
ser non é máis que un receptor pasivo da información.

1.1. Condicionamento clásico de Iván Paulov (1849-1939)

O primeiro deles é o condicionamento clásico, que propón que aprendemos a


través da asociación entre estímulos que nos xeran unha reacción ou resposta
e estímulos neutros. Pavlov e Watson son dous dos principais autores desta
teoría, na que aprender equivale a asociar a presenza dun estímulo apetitoso ou
aversivo a un elemento neutro que termina por xerar a mesma
resposta, condicionándose esta con base na exposición ao estímulo que si
nos xera unha reacción per se.

1.2. Condicionamento instrumental de Edward Thorndike (1874-1949)

Un segundo modelo é o condicionamento instrumental de Thorndike, o cal


propón que aprendemos baseándonos na asociación de diferentes estímulos e
respostas, debilitándose ou reforzándose a asociación con base na práctica e se

2
Psicoloxía da Educación: procesos de aprendizaxe infantil.

as consecuencias son ou non positivas. Aprendemos que determinado estímulo


require de determinada resposta e que esta ten as súas consecuencias.
O que chamou Lei do efecto: as respostas que sexan seguidas (contigüidade)
de consecuencias reforzantes serán asociadas ao estímulo e terán maior
probabilidade de ocorrencia cando o estímulo volva a aparecer. Posteriormente
Skinner baseouse nesta teoría para desenvolver as teorías do reforzamento
tanto positivo como negativo.

1.3. Condicionamento operante de Frederik Skinner (1904-1990)

O terceiro gran modelo é o de Skinner, o chamado condicionamento operante.


No seu caso, as nosas accións e aprendizaxes derivan da asociación entre as
accións que levamos a cabo e as súas consecuencias, xurdindo o concepto
de reforzadores (consecuencias que favorecen a repetición da acción) e castigos
(que a dificultan) e son ditas consecuencias o que determina si e o que imos
aprender. Este modelo é entre todos os condutistas o que máis aplicación tivera
a nivel escolar.

Vídeo: Teoría de Skinner (TBBT).


https://www.youtube.com/watch?v=HQVxoQZppRI

1.4. A aprendizaxe observacional de Albert Bandura (1929- )

Albert Bandura consideraba que os procesos mentais e o ambiente interactúan


de tal forma que se produce unha aprendizaxe a partir de dita vinculación. A
aprendizaxe é para este autor, ao menos no ser humano, eminentemente social:
grazas á interacción con outros observamos e adquirimos as diferentes condutas
e informacións que acabamos integrando nos nosos esquemas. Introduce
o concepto de aprendizaxe observacional, así como a idea do modelado ou
mesmo a aprendizaxe vicaria como maneira de aprender. Esta teoría recolle
ideas dos modelos condutistas e cognitivos por iso algúns autores clasifícanna
dentro do modelo cognitivista.
Vídeo: “Bandura y el aprendizaje de agresión”
https://www.youtube.com/watch?v=gF9ZTLLr094

O experimento de Bandura amosa como se aprende o comportamento agresivo


mediante a exposición a modelos. Isto non quere dicir que todo o que ve
condutas agresivas vaia cometelas, pois non todos realizamos todo o que
aprendemos. Son as variables situacionais as que determinarán se o
comportamento aprendido se expresa ou non.
Debate: A influencia da televisión nos nenos.

3
Psicoloxía da Educación: procesos de aprendizaxe infantil.

2. Modelos cognitivistas

Os modelos condutistas padecían dunha gran dificultade á hora de intentar


explicar a aprendizaxe: non tiñan en conta a actividade mental máis aló da
capacidade asociativa, non explicando gran parte dos elementos que permiten o
feito de aprender. Esta dificultade pretendería solucionarse a partir do modelo
cognitivista, que explora a cognición humana como un feito evidenciable a
través de diferentes métodos e valora as diferentes capacidades e procesos
mentais. O ser humano é un ente activo na aprendizaxe.
Dentro do cognitivismo tamén podemos encontrar diferentes grandes modelos,
entre os que destacan os de Bandura, os modelos do procesamento da
información e os da aprendizaxe acumulativa de Gagné.

2.1. Procesamento da información

Este conxunto de modelos expón que a nosa mente capta, opera e produce a
información procedente do medio, traballando con ela a través de diferentes
niveis de procesamento ou incluso en función de diferentes procesos de
memoria.
Teoría PASS, Planificación-Atención-Simultáneo-Sucesivo de J.P. Das (1931- )

2.2. Aprendizaxe acumulativa de Robert Gagné (1916-2002)

Considerada a teoría xeral da instrución, esta teoría propón que aprendemos a


través dunha secuenciación de asociacións propias do condicionamento clásico.
Robert Gagné propón que realizamos diferentes tipos de aprendizaxe, os cales
se ordenan xerarquicamente de tal maneira que para poder realizar un deben
realizarse os anteriores. Primeiro aprendemos sinais, para despois facelo con
estímulos e respostas, cadeas das anteriores, asociacións verbais, maneiras de
diferenciar entre as diferentes cadeas e, con base a todo isto, logramos realizar
asociacións e adquirir conceptos e principios que por último aprendemos a usar
para resolver problemas.

3. Modelos construtivistas

Aínda valorando os modelos cognitivistas a presenza de diferentes habilidades


e procesos mentais dentro da aprendizaxe, nese tipo de modelo a miúdo deixan
de lado outro tipo de procesos tais como a capacidade de vincular o novo co
previamente aprendido, o papel da motivación e a propia vontade do suxeito
por aprender. É por isto que xurdiu o construtivismo, centrado no que é a
actitude do aprendiz e a capacidade de facer que o que se vai aprender sexa
significativo para este elementos fundamentais.

4
Psicoloxía da Educación: procesos de aprendizaxe infantil.

No construtivismo é o propio aprendiz quen constrúe o coñecemento que


aprende, con base na información exterior, as súas propias capacidades e as
axudas que proporcione o ambiente.
É o tipo de modelo de aprendizaxe que máis prevalencia tivera nos últimos
tempos, sendo aínda a día de hoxe o preponderante. Dentro dos modelos
construtivistas podemos destacar estes modelos, de novo, tamén encontramos
as achegas de diversos autores como Piaget, Vygotsky, Brunner ou Ausubel.

3.1. Teoría Sociocultural de Lev Vygotsky (1896-1934)

Outra das máis citadas e renomeadas teorías sobre a aprendizaxe e a educación


é a de Vygostky. Neste caso, a teoría sociocultural caracterízase por valorar a
importancia de outorgar un apoio axustado e adaptado ao menor co fin de
que poidan aprender.
Nesta teoría podemos ver como hai unha serie de aprendizaxes que un suxeito
pode chegar a alcanzar por si só, outra que non será capaz de alcanzar de
ningunha maneira, e unha terceira que se ben non pode conseguir alcanzar polo
momento si é posible que o faga se conta con suficiente axuda. Sería na
diferenza entre o que o suxeito pode facer e o que podería facer con suficiente
axuda, a chamada Zona de Desenvolvemento Próximo, o punto no que a
educación formal debería centrarse.
Este modelo considera fundamental a idea de andaime, na que o apoio temporal
de docentes, familiares ou compañeiros vainos permitir construír o noso
coñecemento dun modo que non lograríamos por nós mesmos malia ter
potencial para alcanzalos.

3.2. A teoría da aprendizaxe de Jean Piaget (1896-1980)

Piaget é un nome altamente coñecido no mundo da educación.


Concretamente, destacan os seus estudos sobre o desenvolvemento
humano nos que teorizou sobre diferentes estadios de maduración mental, e as
investigacións sobre a adquisición de diferentes habilidades cognitivas. Tamén
xerou unha teoría ao respecto de como aprendemos.
Dentro da súa teoría, aprender algo supón que o ser humano leve a cabo algún
tipo de operación no que se altere dalgún modo o conxunto de esquemas
cognitivos que o suxeito tiña previamente. Os nosos esquemas mentais forman
unha estrutura básica de pensamento que foramos adquirindo ao longo da vida
e aprender implica a chegada de nova información ao noso sistema. Ante a
chegada de novidades, os nosos esquemas van ter que adaptarse, ou ben
ampliándose para incorporar ao esquema previo a nova información (proceso
coñecido como asimilación) ou ben modificarse no caso de que dita información
contradiga os esquemas pasados (permitindo a acomodación dos novos datos).

3.3. A aprendizaxe significativa de David Ausubel (1918-2008)

5
Psicoloxía da Educación: procesos de aprendizaxe infantil.

Outra das principais teorías e modelos de aprendizaxe e a última que imos tratar
neste artigo é a teoría da asimilación da aprendizaxe significativa de Ausubel.
Esta teoría valora a existencia da aprendizaxe por recepción, na que o aprendiz
adquire información porque lle é dada, e de aprendizaxe por descubrimento, na
que o propio suxeito investiga e aprende en función dos seus intereses. En
relación a isto tamén distingue entre aprendizaxe mecánica e repetitiva e
aprendizaxe significativa.
É esta última a que máis interesa de cara a obter unha aprendizaxe de calidade,
na que se vincula o novo ao xa existente e se da un sentido tanto ao aprendido
como ao feito de aprender. Grazas a isto podemos aprender e dar sentido a
elementos representacionais, conceptuais e proposicionais, existindo certa
xerarquía ao ser necesario aprender os primeiros para ir avanzando na
aprendizaxe dos seguintes.

3.4. A aprendizaxe de Jerome Bruner (1915-2016)

Segundo Bruner, no proceso de coñecer e aprender o ser humano intenta


categorizar os sucesos e elementos da realidade en conxuntos de ítems
equivalentes. Así, experimentamos as vivencias e a realidade percibida creando
conceptos a partir da discriminación dos diferentes estímulos.
Neste proceso, denominado categorización, a información recibida do exterior é
traballada de forma activa, sendo codificada e clasificada cunha serie de
etiquetas ou categorías co fin de posibilitar a comprensión da realidade. Esta
categorización permite a formación de conceptos e a capacidade de facer
predicións e tomar decisións. É un modelo explicativo moi influído polas
ciencias da computación, que se baseaba no funcionamento dos ordenadores
da época.
Desde a perspectiva cognitiva de Bruner, a partir da categorización somos
capaces de xerar coñecemento. Estas categorizacións non permanecerán
sempre estables e cerradas, senón que irán variando a partir da experiencia vital,
modificándose e expandíndose.
Implicacións educativas de Bruner:
As seguintes son as implicacións da teoría de Bruner na educación

 Aprendizaxe por descubrimento: o instrutor debe motivar aos estudantes a


que eles mesmos descubran relacións entre conceptos e constrúan
proposicións.
 Diálogo activo: o instrutor e o estudante deben involucrarse nun diálogo
activo (p. ex., aprendizaxe socrática).

 Formato adecuado da información: o instrutor debe encargarse de que a


información coa que o estudante interactúa estea nun formato apropiado para
a súa estrutura cognitiva.

 Currículo espiral: o currículo debe organizarse de forma espiral, é dicir,


traballando periodicamente os mesmos contidos, cada vez con maior

6
Psicoloxía da Educación: procesos de aprendizaxe infantil.

profundidade. Isto para que o estudante continuamente modifique as


representacións mentais que fora construíndo.

 Extrapolación e enchedura de vacíos: a instrución debe deseñarse para facer


énfase nas habilidades de extrapolación e enchedura de vacíos nos temas
por parte do estudante.

 Primeiro a estrutura: ensinarlle aos estudantes primeiro a estrutura ou


patróns do que están aprendendo, e despois concentrarse nos feitos e figura.

Outros moitos modelos

Ademais dos anteriores son moitos os outros modelos referentes á aprendizaxe


que existen. Por exemplo, os modelos de Bruner, Carroll e Bloom, ou o Programa
de Enriquecemento Instrumental de Feuerstein, son outros dos múltiples
exemplos de autores e propostas sobre o funcionamento dun ou varios
diferentes tipos de aprendizaxe que se deben ter en conta, aínda que non
resulten tan recoñecidos como os mencionados.

You might also like