You are on page 1of 6

Resumo da materia

Avaliación de Programas Sociais

Facultade de Educación e Traballo Social


Optativa 4º Grao Traballo Social
Prof: Rafael Rodríguez Villarino
Paula Figueroa Otero
2021-2022
TEMA I
Introducción
Dende a antigüidade os grandes pensadores soñaban ca idea dun mundo mellor para o conxunto da
sociedade, plasmandoo así en utopias como as de Kallipolis de Platón, o luterano Juan Vlaentín
Andrae no 1619 ou a cidade “comunista” do amor: a cidade do sol, de Francis Bacon (1627), entre
outros. Tras a idea dun mundo mellor, chegaba a da experimentación social, dándose casos como os
de James Lind (Edimburgo 1716-Gosport 1794), quen descubriu a cura do escorbuto, experimentando
entre mariñeiros.

Concepto de avaliación de programas (unha primeira aproximación)


A avaliación de programas consiste no uso de procedementos de investigación social para investigar
sistematicamente a efectividade de programas de intervención social. (Instrumento de xestión para a
intervención social) .

Existen preguntas para coñecer a efectividade dos programas como por exemplo:
Se existe algunha intervención concreta, ou canto custaría o programa? entre outras moitas…

Exemplos de programas sociais:


-Policía comunitaria Houston e Newark con roldas locais de patrulla policial, grupos de dispersión de
vagabundos e inspeccións aleatorias de vehículos de motor. En ambas cidades, as probas de veciñanza
ensaiadas amosaron, aumento da confianza cidadán na policía e leve redución da delincuencia
-Centros de saúde comunitaria por unha fundación privada en diversas cidades dos EEUU en areas de
baixos ingresos, sendo úns destes centros máis efectivos en custes ó comparalos cos hospitais clínicos.

Contexto Histórico
Os inicios do S.XX, (Antes da I Guerra Mundial) foron dispersos e ninguén cría nas ciencias sociais
fielmente como nas ciencias de laboratorio. Stephan (1935) que defendeu o uso experimental das
campañas de Alfabetización, dicía que ninguén podía negar o progreso nas ciencias sociais. Esta
investigación deu pe a que se creasen esquemas de planificación polas axencias estatais que non fora
simplemente complementaria. Outro exemplo sería as campañas de saúde publica co estudo de Dodd.
A partir da IIGM: Stouffer (1949) e a monitorización da moral das tropas, nos anos 50 chegou o boom
da Avaliación de P.P.S.S nunha perspectiva funcionalista psicosocial, a través da prevención da
delincuencia, os tratamentos psicoterapéuticos e psicofarmacolóxicos, os programas de vivenda
pública, e a extensión de distintos programas en Asia, Latinoamérica e África. Así nos anos 60
aumentaron as investigacións sociais e nos anos 70, apareceu o campo especializado como tal,
formándose así a revista Evaluation Review (1976), aínda que sería a primeira de outras moitas
revistas (ao igual que comezarían a crearse diversas organizacións no campo das ciencias sociais).
Dos anos 80 ate a actualidade, podemos destacar que o interese das investigacións vai máis alá da
propia investigación social, pois é de vital interese a perspectiva do consumidor, as esferas políticas e
o papel das distintas administracións públicas.

Política Social e Administración pública


O paradigma privado-publico co Estado, cambiando a responsabilidade deste, muda conforme os
grandes relatos se van perdendo ca modernidade no paso do S.XX. Tanto en materia de política social
e das administracións públicas, teñen a obriga de desenvolver especialistas nestas materias, para as
grandes ideoloxias que van enfrentar problemas estructurais aos que encamiñaran grandes programas
sociais, Nos anos 70 sen embargo hai unha resistencia a expansión destes programas, pola
inefectividade dos mesmos, polo que nos 80 entra en declive os investiventos e nos 90 os distintos
1
cambios mundiais, e ca chegada da importancia da internacionalización da sociedade, incluindo as
diversas problemáticas, sen entender de fronteiras, sexos, etnias, incluindo a indíxenas…etc, Se
incidirá pois, na avaliación dos programas, e non tanto na súa expansión.

Visión Xeral da Avaliación de Programas


A avaliación é un producto de vital relevancoa, asuminda como producto do mérito, importancia e
valor. Os Informes do Consumidor taxan no ranking do custe-beneficio.

Procedementos Estándares ou criterios de calidade Importante destacar

Observación Sistemática, Técnicas de Datos Precisos, Fiables e Válidos da datos prácticos, cribles, defendibles e
Medida, Muestreo, Deseños da conduta social adaptados as circunstancias da
Investigación e Análise de Datos. avaliación.

Para a avaliación, debe darse a implicación nos dominios de distintos programas dandose así as
avaliacións comprehensivas. Para adaptalas ao contexto político e organizativo débese:
- Organizar o plan de avaliación(Independente/Participatico/Colaborativo)
- Patrocinadores (De vital relevancia)
- Atender aos cambios sobre a marcha

As políticas de avaliación establécense en tres formas: Propostas de programas, evidencias avaliativas


e posición política. Debemos informar sobre a acción social, indagando, profundamente sobre os
propósitos e motivacións dos patrocinadores de cara os usuarios.

Avaliacións de Investigacións na práctica


Hai diversos conflictos ou tensións que son inherentes á practica da avaliación, por iso precisamos de
guías de avaliación, e da unión dos coñecementos da teoría á práctica, a través da familiarización co
repertorio dos métodos e dos coñecementos a estudar.

TEMA II A LÓXICA DA INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS SOCIAIS


1.A necesudade de saber e a importancia do coñecemento científico
Non só a ciencia aporta coñecemento, senón distintos tipos de saberes ancestrais, o fan. Mais a ciencia
é o que o fai da forma máis proveitosa, universal, e recente.

2.Coñecemento científico vs sentido común


SENTIDO COMÚN VS CIENCIA / CAUSA-EFECTO /SABERES VS ACADEMICISMO /INCOHERENCIA
VS VARIABLES SISTEMÁTICAS / COÑECEMENTO LEGO VS NON DETERMINISMO

3.A caracterización da ciencia a través dos seus obxectivos e características


Lóxica, determinista, xeral, específica, parsimoniosa, contrastrable (empiricamente), intersubxectiva,
aberta á revisión

4.O Método científico como elemento central do concepto de ciencia


Tres piares da ciencia:
1-Características da actividade científica
2-Método científico
3-Obxectivos da actividade científica

2
Aristóteles(384 a de C. a 322 a de C.) xa utilizaba a palabra método, Galileo Galilei (1564-1642)
dicia ca medición era o xeito máis exacto de aproximación á realidade e Francis
Bacon(1561-1626)defendía o método indutivo como forma máis idónea de aproximación á realidade.
Por outra banda aparecía o método dedutivo, empregado nas ciencias formais(1637). Con esta base
anterior podemos dicir que o método hipotetico-dedutivo é a base do método científico e consiste en:
-Seleccionar uN problema. Hipótese (cuantitavemente a poder ser) Consecuencias. Cambios nas
condicións. Aceptar ou rexeitar a hipótese. Todo isto é observar os feitos significativos. Pasos do
ciclo do método científico: Problema. Hipótese, Consecuencia, técnica, evidencia, estimación de
hipótese e novo coñecemento (Bunge, 1989)

5.Ciencias Sociais son unha ciencia? É unha resposta complexa, maís en síntese
Si atendemos os obxectivos SI comprende e controla a realidade
Si nos fixamos nos medios. Non pola contradiccoón na constitución como ciencia independiente de
mundo subxectivo. Esta polémica continúa ate a actualidade, sendo unha parte importante a parte
filosófica da que radica, en xeral o científico social non cre necesario basearse en filosofía, mais
acentúa a importancia das circunstancias nas causas do comportamento. É dicir, o sistema contextual
de cada individuo.

TEMA III ARREDOR DAS ORIXES FILOSÓFICAS DA INVESTIGACIÓN PSICOSOCIAL:


AS VERTENTES CUANTITATIVAS E CUALITATIVAS
1. Un paso máis aló das teorías: Kunh e os paradigmas científicos
Aristóteles foi o alumno máis destacado de Platón, facendo así que a escola, a corrente e método do
segundo se transmitise ao discípulo a través das ciencias sociais, que por aquel entón non se entendían
como tal. Tomas Kunhn ca Estructura das recolucións científicas asegura ca evolución científica non
provén da mera acumulación de feitos, senón dun grupo de circunstancias e posibilidades intelectuais
suxeitas ao cambio. No teórico as ciencias sociais engade: preparadigmática, multiparadigmática.

2.Paradigmas, métodos e técnicas de investigación psicosocial


Cada procedemento ou instrumento está suxeito a interpretacións particulares do mundo ao igual que
a situación dos marcos de referencia (emirismo vs humanismo, obxectivismo vs subxectivismo, etc),
sendo así que se crea o marco POSITIVISTA-NEOPOSITIVISTA-POSTPOSITIVISTA (Paradigma
positivista primixenio) Tipico das ciencias naturais.

Lei dos 3 estratos:


Positivista (Punto final teolóxico e metafisico), primeiro nas ciencias da natureza inorganica, logo nas
orgánicas e na sociedade. De acordo con isto o método científico é unico. Auguste Comte. Durkheim
cas reglas do método sociolóxico (feito social como cousas en si mesmo. O corpo social. Realidade
social fora do individuo.) Positivismo: enfoque inxenuo.

Neopositivismo: Linguaxe cientifica, cirvulo de Viena. Problemas metodoloxicos, sintaxe, validación


empírica. Linguaxe das variables. Investigación social despersonalízase:
- Medición de conceptos. Variables dependentes vs independentes. Cuantificación das súas
interrelacións e a formulación de modelos causais.

Postpositivista: Salto do paradigma newtoniano ó da mecánica cuántica. De coñecer a formular


hipóteses. Falsabilidade como protagonista na validación empírica. Leis probabilisticas. Teoricidade
das observacións empíricas. Valor nuclear do método científico.

3
Interpretativismo/subxectivismo : Ciencias da natureza/do espiritu, ciencias nomotéticas/idiográficas,
orientación interpretativista, neutralidade valorativa, aspiración de xeneralización, orientación cara o
individuo mediante o método de comprensión racional das accións, tipos de ideais (abstraccións
teóricas, weberianos), antideterminismo, weber traballou no macrosocial, nos 60 no micro, vida cotiá,
tecnicas propias de observación de tipo cualitativo

3.Críticas, perspectivas radicais e novas tendencias

Radicalización
do positivismo: Empirismo antiespeculatvo (mito do método e do dato, os datos falan por si mesmos
en lugar de formular teorías) Fases (Reducción dos límites de exploración teórica, desprazamento de
atención dad teoría ó metodo: Resultado, montón de datos rexistrados, medidos e clasificados pero
que non producen coñecemento.

do interpretativismo: Acentuación do subxectivismo webveriano e desprazaron a atención do mundo


cotiá, dando paso ao chamado Postmodernismo, que aproba a formulación de linguaxes teóricas
múltiples fragmentadas, exaltando as diferenzas, rompendo así os grandes relatos e resaltando o outro.

Conclusión: As novas tendencias en ciencias sociais non levaron a grandes revolucións no plano
investigativo pero na súa aportación deu maior lexitimidade e aportación a nivel cualitativo.

TEMA IV DESEÑO DE AVALIACIÓNS


1. Qué aspectos da avaliación deben deseñarse?
Cuestións tipo: Necesidades da poboación, funcionamento do programa, impacto e eficiencia.
Método: Practicidade, capacidade, avaliación
Natureza: Identificación e claridade

2. Que características da situación ou do contexto deben terse en conta na avaliación?


Propósitos da avaliación: Axudar a clarificar na melloría do programa, responsabilidade, xeración de
coñecemento, e axendas ocultas.
- Mellora do programa : Avaliación Formativa (para configurar o programa para o mellor
funcionamento)
- Xeración de coñecemento : Avaliación descriptiva da natureza e os efectos dunha intervención
- Responsabilidade: Avaliación sumativa
- Axendas ocultas: Avaliacións por razóns diferentes

Estructura do programa e circunstancias: Non hai dous programas iguais. Desenvolvemento. Contexto
político-administrativo. Conceptuación e estructura organizacional do programa.
a) Natureza relación avaliador-promotor (stakeholder) : principais promotores (creadores de políticas e
tomas de decisións, patrocinadores do programa, da avaliación, diana , directores do programa, persoal,
competidores, promotores contextuais, avaliación e comunidade investigadora)
b) Principais formas de relación : Avaliación independente/participativa ou colaborativa/empoderamento

3. Cuestións e Métodos de avaliación


Tipos: Necesidades da avalición, Avaliación da teoría do programa, do proceso do programa, do
impacto do programa, da eficiencia do programa.

4
TEMA V A TRADUCIÓN DA TEORÍA Ó EMPIRISMO NAS CIENCIAS SOCIAIS
“A historia da ciencia é a historia da medida” Raymond Bernard Cattell (Hilltop, Inglaterra, 1905 –
Honolulu, EEUU, 1998) pero

1.É necesario medir as ciencias sociais?


Como investigadores precisamos das variables para avaliar e intervir. Os psicologos e educadores
apoianse na medición. Isto axuda tanto na vida cotiá como na viencia. Pódese medir o non
observable? As CCSS fixan certas condicións para que unha determinada magnitude sexa susceptible
de medición. Campbell(1920) distingue: Medición fundamental ou directa vs derivada ou indirecta.
Ideas del: Fructiferas para a ciencia, non tanto para a psicoloxia.

Stevens facía a teoría das escalas(Distinción que/como se mide).

Escala nominal: Nivel máis baixo de medida. Transformación un a un. Ex 1= home, 2= muller
Escala ordinal :Numeros deciden, obxecto é igual ou non a outro 1= primeiro, 2= segundo
Escala de intervalo: Números asignados diferentes funcións (igual/diferente, maior/menor grao,
sumarse/restarse)
Escala de razón:...etc

Medir é cuantificar observacións empíricas, o conxnto de número e valores establecendo a regra


corresspondente que introduce unha complexidade nun eido bastante complexo per se.

Medición —--Condicións de representación


Plano teórico —Plano matemático
—-Plano empírico —-plano matemático

Constructos psicolóxicos a través de respostas observables. Medir a través da relación dos conceptos
abstractos inobservables(conservadurismo)

Dificultades
Indirectas: Constructos (Variables non directablente observables)
Relativa: Unidadees arbitrarias de medidas
Probabilística

Mídese por: Test, Inventario, Escalas, probas e cuestionarios.

You might also like