You are on page 1of 3

Paula Figueroa Otero

ACTIVIDADE 1_ GRUPOS MEDIOS

COÑECEMENTO DE DIFERENTES REALIDADES SOCIAIS: INMIGRACIÓN

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:

-Acercarse ao coñecemento da realidade da inmigración en España a través da testemuña


dos seus protagonistas principais: as propias persoas inmigrantes

-Aprender a sistematizar información.

-Iniciar a analise de categorías de estudo.

CONTIDO:

1. Ver o documental fixando a atención nos diversos temas coa aportación das
vivencias de diferentes persoas inmigrantes
2. Identificar os principais temas que abordan (Establecer un posible guión con las
supuestas preguntas que les van formulando)
3. Relacionar os temas principais detectados coas diferentes fases polas que
atravesan as persoas inmigrantes, tendo en conta que a intervención social en cada
unha delas é diferente.
4. Propoñer posibles proxectos de intervención en función dos temas detectados e/ou
das diferentes fases polas que pasan as persoas inmigrantes.

1) Documental visto na aula do 15 de septembro

2) Expectativas, ilusións, metas, violencia, racismo, centros de internamento (cie),


abusos policiais, racismo institucional, discriminación por motivos relixiosos,
senofóbia, agresións verbais e físicas, problemas ecónomicos, problemas saúde
(mental e física), dereitos sanitarios, educación, empregabilidade, redes de apoio,
integración
3)
Fase 1: Lúa de mel → As diferenzas culturais non nos molestan, poden chegar a
resultar graciosas, curiosas e ata quedar fascinados con elas. Punto de vista
idealizado. A intriga e emoción, intensidade. Típico dos turistas ao pasar pouco no
país. Esta etapa para os inmigrantes remata nalgún momento, sen ser
predeterminado, depende da adaptación das persoas.

Expectativas, ilusións, metas

Fase 2: choque cultural → Ou fase hostil. Época crítica. Darse de conta da


realidade, acentuamos as diferencias co noso país de orixe, e esas diferencias
molestan. Estereotipos e prexuízos. Pénsase que a xente local é fría ou antipática.
Paula Figueroa Otero

Morriña. Falta de conexión co novo país. Fase dura e complicada. Algúns regresan a
casa e quedan estancados nesta fase. Outros permanecen durante anos nesta fase
loitando contracorrente.

violencia, racismo, centros de internamento (cie), abusos policiais, racismo


institucional, discriminación por motivos relixiosos, senofóbia, agresións verbais e
físicas, problemas ecónomicos, problemas saúde (mental e física)

Fase 3: aceptación e integración → Aceptamos as diferenzas culturais e


empezamos a ver o lado bo da nova contorna. Un lado bo que non está idealizado
como na primeira, senón que empeza a calar dentro de nós e prodúcenos
sensacións agradables. As emocións positivas e negativas vanse intercambiando,
pero, polo xeral, estamos moito máis abertos a todo o que nos rodea. Empezas a
comunicarche mellor coa xente, a entendelos e darche conta de que esas diferenzas
culturais non son tan abismais ou imposibles de salvar como pensaras. Dominio da
lingua.

dereitos sanitarios, educación, empregabilidade, redes de apoio

Fase 4: Adaptación → A nova cultura deixou de ser nova, mesmo adaptamos á nosa
vida cotiá algunhas dos costumes dese país ou cidade. Xa non hai choque cultural,
pois aínda que non coñecemos todas as tradicións, cando nos atopamos con algo
descoñecido non o vemos con malos ollos.

redes de apoio

integración

4) Proxecto integración: Gabinete de dereitos laborais e saúde mental.

● Introducción: A través dos distintos relatos, experiencias vividas e datos obxectivos


da realidade da poboación migrante en España, cabe destacar a necesidade de
amparo en materia de dereitos laborais, empregabilidade, saúde mental e redes de
apoio, destas persoas. A poboación migrante é un dos focos principais da
explotación laboral e da vulneración dos dereitos laborais deste país. Asemade, todo
isto vén dado por unha serie de prexuizos, estereotipos, conductas racistas, e
aproveitamento destas persoas, conlevando un deterioro da súa saúde mental.
Tendo en conta que España ten unha alta tasa de suicidios e falta de persoal
sanitario no campo desta materia, compre establecer redes de apoio veciñais, para
poder atender este tipo de necesidades no marco do asociacionismo, e co apoio dos
servizos sociais comunitarios.
● Planificación:
Persoas destinatarias:
- Toda a poboación migrante e a súa familia, da cidade de Ourente que
solicite os servizos.
Paula Figueroa Otero

Obxectivos:
- Favorecer coñecementos en materia de dereitos laborais e
empregabilidade á poboación migrante
- Promocionar a saúde mental entre a poboación migrante a través de
distintos mecanismos informativos, formativos e ca axuda dos
profesionais e da poboación en xeral.
Metodoloxía:
- Material e espazo: O Gabinete farase en colaboración cos servizos sociais da
comarca de Ourense e a Universidade de Vigo, en concreto a Facultade de
Educación e Traballo Social e a Facultade de Dereito. Usarase, de forma
rotativa e segundo disponibilidade, unha das aulas universitarias na Faculade
de Ferro, establecendo un horario adsequible para a poboación diana.
Recursos informáticos (Incluída a difusion por redes sociais=, material
bibliográfico, material informativo como trípticos e infografías. E difusión a
través de todos os puntos dos servizos sociais ourensanos. Recursos
humanos: alumnado en prácticas das facultades mencionadas, persoal
voluntario dos servizos sociais, voluntarios das asociacións de veciños de
cada barrio.

- Procedemento: A través da atención individualizada, grupal e comunitaria e


da atención continuada nos puntos establecidos, as persoas terán acceso a
asesoría e apoio, ante as súas demandas nesta materia. Tamén se
establecerán grupos de apoio semanalmente para establecer vínculos
afectivos a través do coñecemento en común da comunidade migrante.

- Datas do proxecto: De septembro a xullo descansando o mes de agosto de


forma continuada.
Avaliación:
- Reunións grupais dos equipos de traballo, semanalmente, para reunir
información e ir actualizando a situación das persoas usuarias, a través de
informes. Reunións mensuais agrupando profesionais e usuarios para a
valoración conxunta do proxecto, e reunir ideas de mellora dos servizos.

You might also like