You are on page 1of 9

INICIATIVAS EUROPEAS

Díaz Carpente, Iria


Ferro Lozano, Adrián
Figueroa Otero, Paula
Política Social Europea
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grado en Trabajo Social
Ourense, noviembre 2021
1. Introducción.

As iniciativas de financiación europeas están máis presentes na nosa vida do que pensamos.
Por isto e pola sua importancia a nivel social, ao longo deste traballo falaremos de tres
iniciativas que foron cofinanciadas con Fondos Europeos e daremos unha proposta grupal
ceñida a unha orde aprobada pola Xunta para poder ser financiada.

As iniciativas xa existentes das que falaremos son: programa Ponte en Marcha levado a cabo
na Comunidade Autónoma de Galiza na cidade de Santiago de Compostela no periodo
2017-2018, programa Cali levado a cabo a nivel nacional dende o ano 2016 e o programa
Emprende na cidade de Ourense, Galiza.

E por último presentaremos a nosa proposta chamada “Albergue Xuntiños” con ubicación na
cidade de Ourense, orientada as persoas sen fogar que teñan un animal de compañía.

2. Análise das dúas iniciativas aportadas pola docente.

_ PROGRAMA PONTE EN MARCHA!


Este se trata dun programa levado a cabo no periodo 2017-2018, foi cofinanciado polo
Fondo Social Europeo a través da iniciativa de Emprego Xuvenil e levada polo
Concello de Santiago, concretamente pola Concellaría de Igualdade,
Desenvolvemento Económico e Turismo.
O seu obxectivo foi mellorar a empregabilidade da mocidade de Santiago, por elo se
enfocou as mozas e mozos entre os 16 e os 29 anos, desempregadas/os, e que non
estiveran integradas/os nos sistemas de educación ou formación.
As Políticas Sociais Europeas presentes neste programa son a política de Emprego e
Política Social, xa que ten como obxectivo axudar aos rapaces residentes en zonas
cunha taxa de desemprego xuvenil superior ao 25% en 2012, e a política de
Xuventude, porque o programa está pensando para persoas de entre 16 e 29 anos .
Polo xeral, os fondos da IEJ financian: formacións de aprendices, períodos de
prácticas, colocacións e formación orientada a conseguir unha cualificación

Nesta iniciativa está presente o FONDO SOCIAL EUROPEO os seus obxectivos son:
-Aumentar o emprendemento das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos
sistemas de educación ou formación como vía de acceso ao mercado laboral a través
da creación de empresas.
-Aumentar a contratación de carácter indefinido das persoas mozas non ocupadas e
non integradas nos sistemas de educación ou formación, a través da súa
intermediación e dos incentivos económicos.
-Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non
ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
-Alcanzar unha xestión e control de calidade que permita a consecución dos
obxectivos do Programa Operativo asegurando unhas taxas de erro mínimas.
(PROGRAMA OPERATIVO FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) 2014-2020
GALICIA)

_ PROGRAMA CALÍ
O programa Calí é unha iniciativa do terceiro sector que nace no ano 2016 da man da
Fundación Secretariado Gitano e que está presente na actualidade en máis de 20
puntos de España, en Galiza concretamente se atopa na cidade de Santiago de
Compostela e en Lugo.
Esta está financiada polo Fondo Social Europeo, o Ministerio de Sanidade Consumo e
Benestar Social, o Ministerio de Traballo Migracións e Seguridade Social e a Obra
Social a Caixa.
Os seus obxectivos son abordar as necesidades específicas das mulleres xitanas dende
o coñecemento da súa realidade, impulsando o seu desenrolo persoal para o exercicio
pleno da cidadanía, así como as súas habilidades e competencias prelaborales para
favorecer o acceso a un emprego e lograr o empoderamento e a emancipación que elas
desexan. As persoas beneficiarias polo tanto son mulleres xitanas, españolas ou
inmigrantes (romanís), con dificultades de acceso a un emprego, escasas
competencias personais para a ciudadanía activa, nivel educativo ou formativo baixo ,
situación socioeconómica precaria e/ou con responsabilidades familiares, para elo
conta cun equipo de 32 técnicas de igualdade, mulleres e na maioria dos casos,
xitanas.
As políticas sociais presentes son as de Emprego e Política Social e a de Inclusión
Social e Igualdade, xa que o Programa Calí ten o obxectivo de proporcionar
oportunidades laborais especialmente ás mulleres de etnia xitana.

Está tamén presente o FONDO SOCIAL EUROPEO, con obxectivos xerais como:
➔ Reducir as taxas de pobreza e exclusión social a través do fomento de
mercados laborais inclusivos.
➔ Abordar as necesidades dos grupos máis vulnerables para facilitar a súa
participación no mercado laboral en condicións de igualdade.
➔ Mellorar e fortalecer as políticas de inclusión activa con estratexias de
intervención integrais.
➔ Aproveitar o potencial da economía social en aras da recuperación económica.

Na páxina web do programa aparecen os resultados dende que este comezou ata abril do
presente año, 2021.
2856 mulleres participaron en itinerarios de insercción sociolaboral, 315 encontraron un
emprego, 293 foron atendidas ante situacions de violencia de xénero, 685 foron acompañadas
e asesoradas ante situacions de discriminación.
Levaronse a cabo 1058 actividades de sensibilización grupais e comunitarias sobre igualdade
de xénero prevención da violencia de xénero desenrroladas coa comunidade xitana nas que
participaron un total de 8424 personas, sendo 3178 homes xitanos, 5246 mulleres xitanas e
todas as idades.

3. Procura dunha iniciativa similar.

Emprende é un proxecto levado a cabo por Cimo, Entidade Prestadora de Servicios en


Ourense, entidade do terceiro sector. Os seus obxectivos son mellorar a empregabilidade e
a inserción profesional das persoas rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil,
proporcionándolle unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción
laboral. Sendo beneficiarias as persoas participantes do sistema nacional de garantía
xuvenil. É dicir, as demandantes de emprego, e mozos/as, menores de 30. É un proxecto
subvencionado pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria e cofinanciada pola
Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Está presente o FONDO
SOCIAL EUROPEO para garantir o emprego á xuventude europea, e para todo iso,
realizaranse distintos obradoiros e itinerarios para alentar aos usuarios, e alentar a unha
parte da poboación, feminina para levar a cabo os seus proxectos de emprendemento para
conseguir un benestar profesional, económico e social. Para a consecución destes
obxectivos.
A política social europea presente nesta iniciativa é a de Emprego e Política Social,
debido a que o obxectivo désta é o de mellorar a empregabilidade e a inserción
profesional dos xóves. Por outro lado está presente tamén a política social europea de
Xunventude, xa que os beneficiarios de esta iniciativa son as persoas demandantes de
emprego menores de 30 anos.

4. A nosa proposta
Albergue Xuntiños

O proxecto do Albergue Xuntiños, procura mellorar o normal funcionamento dos albergues


para persoas sen fogar, que por circunstancias da vida, teñen que acudir a estes servicios. A
traves da inclusión das súas mascotas e de rexeitar o duro paso da escolla entre un refuxio e o
seu compañeiro animal, dende Xuntiños, buscamos potenciar os lazos de apego mutuo e
mellorar o funcionamento social e emocional das persoas a través das súas mascotas.
Sabemos que acudir aos servizos sociais pode ser un dos momentos máis cruciais para
calquera das persoas, e máis cando ese proceso en moitas ocasións, faise en soídade. Se
podemos asegurar, un espazo seguro onde poidamos acoller a persoas e aos seus animais de
compañía, hai altas probabilidades de que a inserción social poida avanzar para eles, que de
ter decidido previamente, abandonar aos seus compañeiros, ou durmir un día máis na rúa.

A día de hoxe hai terapias asistidas con cans e outros animais, avaladas científicamente para a
inclusión social, de certos colectivos. Tamén hai campañas de distintas organizacións para
permitir a inclusión de estos animais no día a día das persoas sen fogar como a desta
organización catalana “ A Fundación para o Asesoramiento e Acción na Defensa dos
Animais. FAADA está traballando en combatir este fenómeno mediante acampaña
#MillorsAmics”

O Albergue estaría na cidade de Ourense. Segundo fontes da Cruz Vermella. En Ourense hai
35 persoas en situación de senfogarismo. Pero esta situación nunca é estanca, pode mellorar,
e esperemos que mellore, pero dada a crise xerada pola pandemia da covid, podería empeorar.
Por iso, e grazas a que contamos cos Fondos Europeos, e ca axuda da nosa CCAA, o noso é
un proxecto ambicioso:

Situaríase nun terreno edificable na Avenida Otero Pedrayo. O solar constaría de 3 plantas,
distribuídas nos espazos de comedor, espazos de hixiene, espazos de formación, espazos, de
ocio, espazos administrativos, e dormitorios, Constaría de 38 dormitorios individuales unisex,
onde poderían entrar calquera persoa, indiferentemente do seu xénero ca súa mascota.
Previamente despois de rexistrarse tanto a él como a súa mascota na entrada. Habería unha
serie de horarios, rutinas e cursos formativos, de igual manera que noutros albergues, máis ca
novidade da integración dos animais, nas terapias e obradoiros.

O albergue estaría composto por un equipo multidisciplinar de 2 traballadorxs sociais, 2


educadorxs sociais, 1 psicologx, 1 avogadx, 1 sanitarix, 1 orientadorx laboral, e equipos de
seguridade, 1 veterinarix.

Faríanse avaliacións semanais dos obxectivos a acadar, e mensuais, dos acadados.

O Albergue Xuntiños colaboraría activamente ca protectora PROGAPE (Protectora de gatos


y perros de Ourense), así como nas campañas que se realicen en favor dos animais da
contorna, para a integración das persoas do albergue na comunidade. Potenciando así os
valores de participación social comunitaria e de inclusión social.

Sabemos que este é un proxecto ambicioso e que moita xente non entendería, pois, ata non fai
moito, os animáis estaban catalogados como unha extensión da propiedade privada das
persoas, imposibilitando así que se crease ningún tipo de vínculo emocional; e que a día de
hoxe, aínda hai xente que o pensa así. Que pouco a pouco, imos avanzando, cos proxectos de
lei, a favor das mascotas, que amparan tanto a donos e animais, pero a xente non o entende.
Pero aínda estamos lonxe, de garantir este dereito, ás persoas máis vulnerables, que son
aquelas que o perderon todo, e so lles queda o apego emocional con aqueles que non xulgan a
súa situación social, os seus mellores amigos animais.

Por iso apostamos polo Albergue Xuntiños, e cremos que baixo os valores sociais e
integradores de Europa, podemos contemplar este proxecto. Somos un continente
caracterizadao pola modernidade, polos avanzos e pola diversidade. Baixo a protección
económica e social de Europa e os Fondos de Garantia Social Europeos podemos lograr
grandes avanzos.

As ordes da Xunta de Galicia son:


● ORDE do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión
de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de
servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020,
2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE
Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

A problemática: “Perda da rede de apoio que é unha mascota ao quedar sin fogar”

A forma e abordar dita problemática segundo o proxecto:


Causa 1: “Falta de albergues nos que permitan ás persoas sin fogar levar ás mascotas”
Obxectivo xenérico 1: “Apertura dun albergue que permita mascotas”
Obxectivo concreto 1: “Facilitar ás persoas sen fogar á posibilidade de manter ás súas
mascotas á hora de entrar nun albergue”
Medida de acción 1: “Albergues creados coas mascotas da xente en mente, onda se permita
entrar cos animais”
Causa 2: “Problemas de saúde das mascotas e os problemas ecónomicos de mantelos”
Obxectivo xenérico 2: “Coidar das mascotas que non poidan ser atendidas en centros
veterinarios de pago”
Obxectivo concreto 2: “Ofrecer servicios sanitarios para mascotas no albergue”
Medida de acción 2: “Ter persoal sanitario especializado en veterinaria no albergue”

REFERENCIAS:

(Proyecto “GUAU”: trabajando para la inclusión de personas sin hogar mediante


la intervención asistida con animales - RES. Revista de Educación Social,
2021)
Gos, I. T. U. (2018, 9 octubre). La campaña de FAADA para ayudar a aquellas

personas sin hogar que tienen un vínculo real con sus animales.

Orde do DOG no 90 do 2020/5/11 - Xunta de Galicia. (2020). XUNTA DE

GALICIA.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200511/AnuncioG0425-040

520-0001_gl.html

Gos, I. T. U. (2018, 9 octubre). La campaña de FAADA para ayudar a aquellas

personas sin hogar que tienen un vínculo real con sus animales.

Animalados.

http://www.animalados.com/es/la-campana-de-faada-para-ayudar-a-aquellas

-personas-sin-hogar-con-animales/

Axencia Local de Colocación, Concello de Santiago. (2018, 30 octubre). Inicio.

Ponte en marcha! https://www.ponteenmarcha.gal/


Progape Ourense. (2021, 17 febrero). Decotas.

https://decotas.com/protectoras/progape-ourense/

You might also like