You are on page 1of 38

CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

TEMA 8 – A INTERVENCIÓN NOS CENTROS DE MENORES

1. OS CENTROS DE MENORES

Introdución

Nesta unidade imos facer un achegamento á realidade dos centros de menores, comezaremos
analizando a súa evolución ao longo do tempo até os nosos días, coñeceremos os diferentes tipos
de centros que coexisten na actualidade na nosa comunidade e para finalizar profundaremos sobre
a súa estrutura organizativa e funcional, insistindo na importancia do traballo en equipo e da
colaboración con outro persoal profesional.

Centros de Menores

Os centros de menores defínense como equipamentos destinados á atención de menores de idade


que, de acordo coa normativa en vigor, estean en situación de risco, desamparo ou conflito social,
e nos que se desenvolven con regularidade programas e actividades dirixidos a este sector da
poboación.
Como veremos, na actualidade existen diferentes tipos de centros de menores, que proporcionan
tamén diversos tipos de atención aos menores en función das súas necesidades. Deste modo
existen centros de carácter diúrno que proporcionan unha atención complementaria de soporte e
apoio ás familias durante o día e centros de carácter residencial destinados a menores que por cir-
cunstancias sociofamiliares necesitan ser separados do seu núcleo familiar.
Pero non sempre foi así, a continuación veremos como foi a evolución destes centros ao longo da
historia.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 1
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Evolución histórica

Nas institucións específicas para a infancia xorden a partir do século XVI, coas casas de expósitos
ou inclusas, onde se recollían menores abandonados, e coa implantación dos hospicios a finais do
hospicios
século XVIII, que tiñan a mesma finalidade. Esas institucións ou macro-residencias, carentes dunha
visión integral das necesidades dos menores, serán as encargadas da atención da infancia
desprotexida até principios dos anos 80, no século pasado. Vixencia:principios dos anos 80
Xa, na década dos 80 do século XX, prodúcese un cambio radical na filosofía que sustenta o trata-
mento aos menores en situación de desamparo, que coincide coa asunción de competencias por
parte das comunidades autónomas en materia de servizos sociais. concepto físico-espacial
Esta reestruturación non se produce de xeito casual, senón como consecuencia da aparición de
tendencias e principios teóricos e normativos, nacionais e internacionais, que consagran o dereito
do menor á protección integral: os nenos e nenas pasan de ser obxecto de protección a ser suxei-
tos de dereitos. motivos: asunción competencias s.s CCAA
Principios teóricos e normativos
En virtude destas novas tendencias e principios, foise producindo no noso país un tránsito paulati-
no das macro-residencias a residencias moito máis pequenas e a fogares normalizados. Con isto
preténdese que os nenos e nenas se desenvolvan nun clima familiar e que utilicen os servizos co-
munitarios (sanitarios, educativos, de ocio...), e, en definitiva, a normalización dos mesmos. Por esta
razón, as macro-residencias tiveron que reconverterse e redistribuír os seus espazos en diferentes
unidades de convivencia autónomas para reproducir ese clima de fogar tan necesario para o
IMPLICAN :atención integral
desenvolvemento dos menores.
De obxecto de protección a suxeito de dereitos
Ademais desta evolución no concepto físico-espacial das residencias de menores tamén se produ-
ce un importante cambio a nivel funcional.
A función que as grandes institucións desempeñaron no pasado consistía en recoller a un grande
número de nenos para cubrir as súas necesidades máis elementais. Dende esta perspectiva, o
traballo a desenvolver centrábase no aloxamento, a alimentación, a hixiene e a escolaridade ou
aprendizaxe dun oficio. Non se contemplaba o concepto de educación integral nin se analizaban as
necesidades dos nenos/as dende un marco teórico máis amplo e máis real.
É importante destacar a uniformidade do concepto de “necesidade infantil” que entón se manexa-
ba. As necesidades eran comúns para todos os nenos, independentemente da súa idade, orixe,
causa de ingreso,... Os ritmos, actividades, e normas eran de aplicación xeral, e realmente era moi
difícil tratar de axustar o traballo a cada un dos casos e as súas particularidades.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 2
atención integral máis que as necesidades básicas: aloxamento, alimentación,
máis que uniformidade do concepto necesidades infantiles : ritmos, actividades,
máis que traballo grupal: momento evolutivo
cambia filosofia .....

CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Debido ao elevado número de nenos, á propia filosofía de beneficencia, á escasez de persoal (en
ocasións traballaba un coidador para 50 nenos ou máis) e a falta de formación específica, o traballo
que se realizaba nas institucións era fundamentalmente grupal.
Hoxe en día se considera a cada neno como un caso individual, cunhas necesidades diferentes en
función do seu momento evolutivo, as súas experiencias pasadas, o seu contorno familiar, social,...
Responder ás necesidades de cada caso require unha análise individual minuciosa reali- zada por
persoas con coñecementos sobre o desenvolvemento e educación infantil.

Os centros de menores na actualidade

En Galiza os centros de menores están regulados polo Decreto 329/2005, do 28 de xullo.


Neste decreto defínense os centros de menores como aqueles equipamentos destinados á aten-
ción de menores de idade que, de acordo coa normativa en vigor, estean en situación de risco, de-
samparo ou conflito social, e nos que se desenvolven con regularidade programas e actividades
dirixidos a este sector da poboación.
Estes centros poden ser públicos ou privados (concertados). Os centros privados deben ser au-
torizados e acreditados pola administración pública e se constitúen como entidades sen ánimo de
lucro que subscriben un acordo de colaboración coa administración. En calquera caso a adminis-
tración é a responsable e debe garantir unha atención de calidade aos menores.

Podemos clasificar os centros de menores atendendo a diversos criterios:

➔ Centros de menores residenciais e centros de atención de día.

• Os centros de atención de día son aqueles equipamentos de carácter diúrno que lle
proporcionan aos menores diversas atencións durante o día, prestando servizos
complementarios de soporte e apoio ás familias e contribuíndo a paliar as súas carencias e
a mellorar o seu proceso de normalización socio-familiar
• Os centros residenciais son aqueles creados para facilitar unha atención especializada aos
menores que, por distintas circunstancias sociofamiliares, non teñen familia, ou necesitan
ser separados temporalmente do seu núcleo familiar ou internados baixo a aplicación de
medidas xudiciais. Estes centros deben reproducir as condicións de vida do menor da forma
máis próxima á dunha familia normalizada, dende o formato da vivenda ata a súa atención
integral e compensadora das súas deficiencias.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 3
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

➔ Unha segunda clasificación atende ao criterio de idade dos usuarios:


• Centros infantís: atenden preferentemente a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
• Centros xuvenís: a atención diríxese principalmente a xoves de entre os 14 e os 18 anos.
• Centros infanto-xuvenís: atenden preferentemente a rapaces e rapazas de idades
comprendidas entre os 3 e os 18 anos.

➔ Outra clasificación, en función do tipo de centro é a seguinte: (Xa traballado en temas


anteriores)
• Centros de atención de día
• Casas de primeira acollida
• Casas de familia
• Minirresidencias
• Residencias
• Centros con fogares
• Centros de reeducación
• Centros de atención específica
• Vivendas tuteladas
• Vivendas de transición á vida autónoma
• Centros con obradoiros formativos

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 4
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Organización dos centros de menores


A organización do centro de menores vai estar en función do tipo de centro e do seu carácter público
ou privado. Polo tanto, poden existir diferentes estruturas organizativas á que imos ver neste
apartado do tema.

➔ Dirección: o director ou directora

En todos os centros de menores existe unha persoa que exerce a dirección do centro. É a persoa
que representa ao centro e a responsable do seu correcto funcionamento. Entre as súas funcións
están:

• Responsabilizarse da xestión económica, administrativa e do mantemento do centro

• Exercer a xefatura de todo o persoal do centro

• Dirixir, coordinar e supervisar a atención aos menores

• Fomentar e facilitar a planificación e a avaliación das actividades que se realicen

• Supervisar, coordinar e velar polo correcto desenvolvemento das actividades programadas

• Coordinar as actuacións do equipo educativo

No caso de que o centro sexa de carácter residencial, ademais destas funcións, a persoa que exerce
a dirección do centro tamén asume a garda dos menores residentes por delegación da Consellería.
Nalgúns centros pode existir tamén a figura da subdirección, que asume as funcións da dirección
en ausencia da mesma.

➔ O consello de centro

É o órgano que determina as directrices xerais de actuación e coordina o funcionamento do centro


de menores. Trátase dun órgano colexiado, constituído por:

• O director ou directora
• O subdirector ou subdirectora (se o houbese)
• Unha representación do persoal educativo
• Unha representación do persoal de servizos
• Unha representación da administración competente
• Nalgúns casos unha representación dos menores elixida entre os maiores de 12 anos

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 5
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

As funcións que ten o consello de centro son as seguintes:

• Elaborar o proxecto de Regulamento de Réxime Interior e envialo á administración


correspondente para a súa aprobación

• Elaborar e avaliar a memoria anual de actividade

• Aprobar o Proxecto Educativo e a Programación Anual de Actividades elaborados pola


Comisión Educativa

• Proporlle á administración correspondente as medidas que se consideren necesarias para


mellorar o funcionamento do centro

• Supervisar que o funcionamento do centro e os documentos do centro se axustan aos


principios e obxectivos previstos pola administración

➔ A comisión educativa

Esta comisión está formada pola persoa que exerce a dirección do centro e todos os educadores e
educadoras que traballan nel.

A Comisión Educativa é un órgano de carácter fundamentalmente técnico que adoita ter reguladas
as súas funcións pola lexislación de cada Comunidade Autónoma. É habitual que entre as súas
funcións se atopen as seguintes:

• Elaborar o proxecto educativo de centro

• Elaborar a programación anual de actividades

• Facer o seguimento do proceso educativo grupal e individual

• Presentar propostas ao Consello de Centro para a elaboración do regulamento de réxime


interior

• Supervisar a aplicación dos Proxectos Educativos Individualizados e a súa adecuación ao


proxecto educativo de centro

Ademais destas funcións de carácter máis administrativo, a comisión educativa tamén deberá:
Establecer criterios para asignar educadores ou educadores a cada grupo de menores

• Apoiar ao educador no seu traballo co grupo de menores

• Preparación do contexto para a acollida dos menores

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 6
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

• Analizar os resultados da avaliación inicial

• Intervir en situacións de conflito para reconvertelos en situacións educativas

• Promover iniciativas de actualización profesional permanente

• Establecer criterios comúns de actuación no traballo coas familias

• Realizar o seguimento das visitas e as saídas dos menores coas familias


• Planificar actividades conxuntas encamiñadas á saída do menor do centro.

➔ O equipo educativo: educadores e educadoras *

As persoas que interveñen directamente cos menores nos centros residenciais son os
educadores/as. Maioritariamente teñen titulación en educación social. Xunto a eles, nalgúns
centros, convive a figura do educador infantil, que ten como principal función a de apoiar e reforzar
ao educador social na súa tarefa.
Cada neno ou nena ten asignado un educador-titor que será o seu referente no centro.

As funcións do educador-titor son, entre outras:

• Entrevistarse co menor cando chega ao centro e tantas veces como sexa necesario,
recollendo toda a información de utilidade

• Acompañalo durante todo o proceso de internamento no centro

• Mostrarlle as instalacións e presentarlle ao grupo de compañeiros

• Explicarlle as normas de convivencia e o funcionamento do centro, informarlle sobre os


seus dereitos e deberes datos relevantes dese informe e a partir diso imos pondo a evolución
• Elaborar o PEI e o Rexistro Acumulativo, realizar os informes de seguimento

• Promover o desenvolvemento das actividades incluídas no PEI

• Actualización do Rexistro Acumulativo e do Expediente do menor

• Seguimento escolar do menor

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 7
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Centrándonos na figura do/a educador/a infantil, podemos dicir que estará dedicada á atención
directa dos nenos e nenas máis pequenos (de 0 a 6 anos), reforzando na súa tarefa ao educador
social.

Aínda que en principio non se lle asignan titorías, entre as súas funcións inclúense:

• Coidar a correcta alimentación dos menores e fomentar uns bos hábitos alimentarios.

• Traballar os hábitos de hixiene. Ensinar aos nenos e nenas a vestirse, espirse, ducharse,
etc., e interiorizar uns hábitos hixiénicos que lles permitan integrarse na sociedade de
maneira eficaz.

• Axudar ao menor a ser cada vez máis autónomo na súa vida diaria.

• Acompañar aos pequenos ao médico, á escola ou a actividades extraescolares.

• Corrixir ao neno ou nena cando mostren un comportamento inapropiado e premialo cando


sexa oportuno.

• Axudar aos educadores sociais nas actividades programadas. Participar na medida do


posible nas programacións e involucrarse no seu cumprimento.

• Aportar información sobre a evolución do menor así como das incidencias que considere
de interese.

• Participar nas reunións do equipo educativo.

➔ Outros profesionais

Nos centros de menores existen outros perfís profesionais que desempeñan traballos diversos:
cociña, limpeza, administración, mantemento, etc. É importante que estes profesionais, aínda que
non participen directamente na intervención socioeducativa do menor, sexan conscientes do
contexto educativo en que cumpren a súa función, polo que deberán coñecer os principios de
funcionamento da institución.
Non se pode esquecer o papel importante que exerce o voluntariado, en xeral en todos os recur-
sos vinculados a servizos sociais. No que respecta aos centros de protección de menores, os vo-
luntarios e voluntarias terán a consideración de persoal colaborador e a súa participación estará
delimitada polo programa de voluntariado ao que este adscrito e, en ningún caso, realizarán fun-
cións que correspondan ao persoal do centro nin asumirán as súas responsabilidades.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 8
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

O traballo en rede con outros profesionais

Na intervención socioeducativa cun menor en protección actúan diferentes profesionais para


abordar os distintos ámbitos de cada caso: traballador/a social, psicólogo/a, pedagogo/a,
abogado/da, xuíz/a, médico/a, profesorado, educador/a infantil, integrador/a social,...
É importante a coordinación cos profesionais da educación, da saúde, dos servizos sociais e de
calquera outro tipo que, por algunha razón, resulte útil para axudar ao menor a acadar os seus ob-
xectivos. Entre esa rede de colaboración e coordinación destaca a relación entre os educadores e
os profesionais dos equipos técnicos do menor, xa que son eles os responsables de tomar as de-
cisións máis trascendentais do futuro dos menores.

• Colaboración cos servizos sociais de familia e infancia. Trátase dun eixe fundamental
no traballo residencial, xa que os casos chegan derivados destes servizos cun plan de traballo, uns
obxectivos e unha temporalización. Os menores acollidos na residencia, ou a súa familia, poden ser
suxeitos doutras intervencións por parte dos servizos de protección á infancia, como pode ser o
caso de programas de intervención familiar, ou de preparación para o acollemento ou a adopción.
A coordinación nestes casos resulta fundamental.

• Colaboración cos centros escolares. Os educadores/as do centro de menores


integraranse na vida escolar como calquera outra familia a través da participación en actividades
dende as que se poida servir mellor aos intereses do neno/a.

• Colaboración con outros profesionais. É frecuente que os menores precisen de


tratamentos médicos, psicolóxicos ou de calquera outro tipo nos que a colaboración dos
educadores/as (como no resto dos nenos/as ocorre cos seus pais/nais) faise imprescindible. O
seguimento das medicacións, a observación diaria, os rexistros e outras tarefas soen ser necesarias
para o éxito do tratamento.

• Inserción na comunidade. É conveniente que o equipo educativo manteña contactos con


persoas clave da comunidade para dar a coñecer o traballo do centro e os seus obxectivos.

A captación de posibilidades de integración laboral, de asociacións onde poidan integrarse os


menores, así como o intercambio frecuente de información coa comunidade, permite ofrecer novas
posibilidades aos nenos/as e desfacer posibles prexuízos e reticencias.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 9
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Documentos dos centros de menores


O proceso de intervención socioeducativa que se desenvolve nos centros de menores conleva a
elaboración dunha serie de documentos que podemos clasificar en dous tipos:
Documentos de centro

• O Proxecto Educativo de Centro (PEC).


• O Regulamento de Réxime Interno (RRI).
• A programación anual de centro.
• A memoria anual.

Documentos relativos ao menor


• Proxecto educativo individualizado
• Rexistro acumulativo
• Diario ou libreta diaria de incidencias
• Informe de seguimento
• Informe final

Os documentos deben ser flexibles e abertos ás modificacións, tanto na súa elaboración como na
súa aplicación. A súa elaboración deberá ser participativa, a cargo de todo o equipo educativo. To-
dos os profesionais que traballan no centro deberán coñecer os documentos que regulan o funcio-
namento do centro. Os documentos relativos aos menores son confidenciais. Deberán establecer-
se criterios claros sobre a información a rexistrar, cando, como, onde e quen debe facelo.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 10
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Documentos de centro

➔ O Proxecto Educativo de Centro (PEC)

Cada centro debe elaborar o seu propio proxecto educativo coa finalidade de explicitar o traballo
que vai desenvolver.
O Proxecto Educativo de centro é o documento que vai estruturar a vida cotiá do centro, estable-
cendo os obxectivos da intervención educativa que se vai a realizar nel, as áreas de actuación nas
que se concretan eses obxectivos e os recursos, tanto humanos como materiais, necesarios para o
seu desenvolvemento.
É elaborado pola Comisión Educativa, e debe ser enviado á administración correspondente para a
súa aprobación. No caso de centros que non son propios da administración e que pertencen a en-
tidades colaboradoras é necesario telo aprobado para poder iniciar as actividades.
Este documento, unha vez aprobado, debe revisarse ao pasar 4 ou 5 anos e sempre que se pro-
duzan cambios no centro que impliquen esa revisión.

Estrutura do Proxecto Educativo

Este documento debe incluír os seguintes apartados:

• Descrición do centro. Neste apartado débese facer constar os datos que identifiquen ao
centro, situación xeográfica, tipo de centro, recursos principais en infraestruturas, dotación
de persoal, recursos materiais e financieiros, así como recursos do contorno.

• Características da poboación atendida. Debe incluír unha descrición das características


xerais do colectivo de menores que se atenden no centro, débese facer constar se existe
algunha característica específica da poboación á que se atende, por exemplo inmigrantes,
persoas con discapacidade, conflitividade, etc. Tamén se inclúe neste apartado a indicación
das idades e sexos aos que se admite e atende.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 11
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

• Organización educativa. Neste apartado farase referencia á estrutura organizativa a nivel


educativo, indicando os equipos de traballo que se constituíron así como as súas funcións.
Será tamén contido deste apartado a definición dos procedementos de relación coas familias dos
menores, así como con outras institucións e profesionais.

• Obxectivos da acción educativa. Os obxectivos xerais do centro, que deben servir de


referencia para os que despois se concreten en cada unha das áreas e nos Proxectos
Educativos Individualizados. Tamén se proporán os obxectivos específicos referidos a cada
unha das áreas de intervención educativa.

• Áreas de desenvolvemento da acción educativa. A determinación das áreas nas que se


estrutura o Proxecto Educativo varía en función da Comunidade Autónoma, do tipo de centro
e poderiamos indicar que ata da problemática específica de cada centro. Aínda que, como
dicimos, existen diferencias segundo os centros, polo xeral as áreas que se traballan nos
centros son:

– Área persoal.

– Área familiar

– Área escolar

– Área social

• Metodoloxía da intervención educativa. Deberán definirse os principios que rexerán a


intervención educativa así como as liñas de intervención nos principais momentos
socioeducativos: a chegada dos menores, a intervención educativa no centro, a
intervención social e o seguimento da inserción social no momento do abandono do centro.

• Avaliación do proxecto educativo. Será preciso definir o sistema de seguimento e


avaliación da intervención educativa que se vai a desenvolver no centro.

O PEC é un documento dinámico e aberto aos cambios para adaptarse á realidade do centro,
responder ás características da poboación atendida, ás directrices da Administración da que
depende e á normativa vixente.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 12
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

➔ Regulamento de Réxime Interior (RRI)

O regulamento de réxime interior é o documento que regula a organización da vida cotiá dos centros
de menores, é dicir, concreta e desenvolve todo o relativo ao funcionamento e a organización da
convivencia no centro.

Estrutura do Regulamento de Réxime Interior

O Regulamento de Réxime Interior estrutúrase nos seguintes apartados:

• Estrutura organizativa. Define a estrutura do centro: tipo de centro, unidades que a


compoñen, relación entre as unidades,… Tamén recolle os órganos de dirección do centro,
tanto unipersoais como colexiados así como as funcións de cada un deles.

• Organización interna. É preciso definir a documentación que se empregará para realizar o


seguimento dos menores, tanto os libros de rexistro de altas e baixas de usuarios como os
expedientes.

• Dereitos e obrigas dos menores. Os menores usuarios dun centro teñen os mesmos
dereitos que calquera outro menor, pero é evidente que o feito de convivir nunha institución
implica que os dereitos e as consecuentes obrigas deben estar formalizados.

• Dereitos e obrigas do persoal. Os centros de menores non só deben ter regulados os seus
dereitos e obrigas os menores que están ingresados, tamén deben estar recollidos os
dereitos e obrigas de todas as persoas que desenvolven a súa actividade no centro

• Réxime disciplinario. O RRI debe recoller as normas de conduta e as consecuencias do


non cumprimento: as condutas consideradas contrarias á convivencia e as medidas
correctoras desas condutas.

➔ A Programación Anual

A programación anual ten por obxecto facer unha previsión de todas as actividades que e van
realizar ao longo do ano: planificación das actividades, orzamento para a súa realización, persoal e
recursos necesarios,…

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 20
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Estrutura da Programación Anual. Contempla:

• Descrición das actividades que se van desenvolver. Deben concretar as propostas


realizadas para cada unha das áreas de intervención sinaladas no Proxecto Educativo.
Deben incluír os obxectivos que se pretende, recursos necesarios, persoas que interveñen,
localización, temporalización e asignación de responsabilidades.

• Programación de reunións educativas. A metodoloxía de traballo dos equipos educativos


debe incluír as reunións nas que se planifica e avalía o traballo que se vai realizando no
centro, na Programación Anual débese incluír o calendario de reunións.

• Sistema de avaliación continua. A Programación Anual dá indicacións concretas para a


realización do traballo diario no centro de menores, por este motivo é preciso prever un
sistema que permita realizar a avaliación permanente desa programación.
• Plan de corrección en función da avaliación continua. O motivo de realizar unha
avaliación é permitir realizar os cambios necesarios cando os resultados que se obteñen
non son os esperados.

➔ A Memoria Anual

A memoria anual é o documento no que se describen todas as actuacións que se realizaron no


centro durante o ano inmediatamente anterior, incluíndo a avaliación correspondente.

Estrutura da Memoria Anual

A memoria anual de centro está estruturada nos seguintes apartados:

• Actuacións desenvolvidas durante o ano. Facendo referencia ás propostas para cada


unha das áreas na Programación Anual, indicando as realmente realizadas, as que se
realizaron parcialmente e as que non se realizaron.

• Resultados obtidos. Este apartado estará condicionado polos obxectivos propostos na


Programación Anual e o seu nivel de consecución.

• Avaliación dos resultados. A análise dos resultados pode facerse mediante a presentación
de estatísticas e gráficas que permitan visualizar más claramente os resultados obtidos.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 21
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
• Conclusións xerais. É necesario ter en conta que a memoria anual é un dos documentos
que analizaremos para realizar a nova proposta de Programación Anual, por este motivo é
importante sinalar nestas conclusións xerais as orientacións realizadas para o curso
seguinte: que cambios se deben introducir, que elementos deben ser potenciados, que
actividades deben manterse e cales deberían cambiarse ou eliminar.

Outros documentos do centro importante

➔ Manual de procedementos xerais. É o documento que recolle os protocolos de actuación


nas diferentes situacións que se poden presentar nun centro de menores. Cal é o
procedemento a seguir no ingreso dun menor, o procedemento cando temos unha sospeita
de malos tratos despois dunha saída, o procedemento en caso de enfermidade dun menor,
etc.

➔ Rexistro de persoas usuarias. Libro de rexistro de altas e baixas que se producen no centro.

Documentos relativos ao menor ou á menor

Exceptuando o Proxecto Educativo Individualizado, de uso xeneralizado nos centros de menores,


pódese afirmar que non existe un consenso sobre os modelos de informes e documentos relativos
aos menores. En cada centro utilizan diversos instrumentos, protocolos e documentos,
normalmente elaborados polo propio equipo educativo que responden as súas necesidades.

➔Rexistro acumulativo

Trátase dun documento deseñado para rexistrar a información máis importante do menor, tanto no
que respecta aos seus antecedentes como ás incidencias que vaian ocurrindo ao longo do
acollemento residencial. Permite reunir a información de cada neno/a nun único documento, de
modo que sexa máis accesible, máis sistematizada e se facilite a súa consulta e a súa transmisión.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 22
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Estrutúrase en varios bloques de información, que coinciden cos principais contextos de interac-
ción do menor:

• Familia: o contexto familiar ten unha enorme importancia. O contacto e a vinculación coa
familia son esenciais, a non ser que os intereses do neno/a aconsellen outra cousa, tanto
polo papel afectivo desa relación como pola necesidade da cooperación familiar no proceso.

• Escola: o contexto escolar é relevante para calquera neno/a. No caso das residencias, os
nenos/as teñen numerosos problemas que poden obstaculizar a súa integración e o seu
rendemento escolar. Por isto, este contexto debe ser supervisado, apoiado e avaliado
continuamente.

• Residencial: a propia residencia supón un contexto de interacción onde se aprende e se


poñen en xogo normas, experiencias de convivencia, relacións afectivas, tarefas e
responsabilidades.

• Comunitario: entendido como as relacións veciñais, cos grupos de iguais, as asociacións


culturais, deportivas ou relixiosas. O fomento deste tipo de interaccións é unha das materias
pendentes das residencias, eliminando a tendencia anterior a estruturar e programar as
actividades sociais co propio grupo da residencia dun xeito interno.

• Laboral: no caso de rapaces e rapazas en idade laboral ou prelaboral.

De cada un destes contextos recóllense dous tipos de datos:


• Datos do contexto: Unha primeira tarefa é recoller os datos que describen estes contextos
e as súas posibles variacións, con independencia do comportamento do neno/a en cada un
deles. No caso da familia recollerase información sobre os pais, a composición familiar, as
condicións que motivaron o ingreso, etc. No caso da escola anotarase o centro educativo, o
nivel escolar, a situación académica, o profesor-titor responsable, etc. Todos estes datos
actualizaranse permanentemente coas variacións que se poidan producir no paso do tempo.
• Rexistro de actividades e incidencias: En cada un dos contextos recóllese información
que poida ser relevante para valorar a evolución do neno/a e tomar decisións posteriores.
Por exemplo, no caso das familias rexistraranse as visitas e contactos tanto da familia co
neno como da familia cos educadores ou responsables da residencia.

apartado sobre saúde

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 23
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Ou no caso do colexio, anótanse os comentarios dos profesores, as calificacións académicas e


calquera tipo de incidencia destacable.

Dentro deste rexistro acumulativo engádese un apartado destinado a recoller todas as incidencias
e intervencións relacionadas coa saúde dos nenos e nenas. É un aspecto moi importante, xa que
as condicións dos ambientes familiares de procedencia, con moita frecuencia, producen trastornos
e enfermidades que é necesario tratar. Ao mesmo tempo rexístranse todos os coidados preventivos
e as revisións que ao longo da infancia e adolescencia deben levarse a cabo con toda a poboación.

➔ Diario ou libreta diaria de incidencias

É un documento onde se rexistra todo o que acontece no centro día a día. Desta maneira todo o
equipo educativo (turnos de día e noite) está informado do que sucede no centro.
Cada centro deseña o seu propio modelo para recoller aqueles aspectos que considere máis opor-
tunos. Como norma xeral recóllense os seguintes apartados:

• Actividades realizadas ese día (deportes, saídas, etc.)

• Aspectos sanitarios (se algún menor tivo que ir ao médico, urxencias, enfermidades,..)

• Incidencias ocurridas ese día

➔ Informe de seguimento

Unha das maiores dificultades detectadas no traballo nos centros de protección é lograr unha
adecuada comunicación e coordinación entre os profesionais implicados nun mesmo caso.

Contidos do informe de seguimento


O tipo de contidos que se deben incluír nun informe de seguimento son:
• Informativos: no informe de seguimento deberían aparecer todos aqueles cambios xurdidos
en cada contexto no que se desenvolve o menor e que poden ser importantes na súa
evolución.

• Valorativos: no informe de seguimento recollerase a valoración do educador/a acerca da


evolución do menor, dun xeito sintetizado, recollendo os niveis acadados, as áreas de maior
dificultade e o tipo de estratexias educativas que se están a levar a cabo. O rexistro
acumulativo e o PEI permite ao educador/a ter unha información exhaustiva da evolución do
neno /a.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 24
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

• Propostas: tamén se inclúen neste documento as prioridades pendentes de maneira que


se facilite a toma de decisións.

• Conclusións: normalmente este documento estrutúrase en áreas, presentando unha visión


fragmentada do menor. Neste apartado de conclusións débese reflectir unha perspectiva
global do menor, enfatizando aquelas cuestións que non teñen cabida nos anteriores
apartados.

➔ Proxecto Educativo Individualizado (PEI)

O PEI é o programa que debe dar resposta ás necesidades educativas individuais de cada menor
atendido no centro.
O PEI debe elaborarse tendo en conta o proxecto educativo de centro e será un documento flexi-
ble, en revisión continua e aberto ás modificacións que sexan necesarias.
Outro elemento a ter en conta na elaboración do PEI é o plan de traballo establecido para cada
menor, sobre todo a situación con respecto ao seu futuro: é diferente abordar a intervención edu-
cativa cun menor que vai volver coa súa familia de orixe, que afrontar a intervención como prepa-
ración para un acollemento familiar ou unha adopción. A área familiar (coa familia de orixe, familia
acolledora ou adoptiva) estará presente no PEI como un factor determinante na resolución do caso
e no externamento do menor.

O PEI sempre debe incluir:


➢ Datos de identificación do menor:
- Nome
- Sexo
- Data de ingreso
- Motivo do ingreso
➢ Antedecentes relevantes:
Indicarase a información de importancia que levaron á/ao menor ao centro de menores.
➢ Áreas de intervención

As áreas de intervención son definidas por cada centro e explicitadas no seu Proxecto educativo.
A determinación das áreas nas que se estrutura o Proxecto Educativo varía en función da
Comunidade Autónoma, do tipo de centro e incluso da problemática específica de cada centro.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 25
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

Aínda que, como vemos, existen diferencias segundo os centros, polo xeral as áreas que se
traballan nos centros son: importante
• Área persoal
• Área familiar
• Área escolar
• Área social

• Área persoal
No funcionamento dunha estrutura familiar normalizada os hábitos de autonomía persoal, de
expresión da afectividade, de construción da propia identidade, etc. vanse realizando de xeito
informal durante a interacción dos diferentes membros da familia, pero os menores que ingresan
nun centro proveñen de familias que moi probablemente fosen neglixentes nas súas tarefas
familiares. Por este motivo unha das áreas nas que será preciso realizar unha tarefa educativa máis
importante é a que está referida ao propio individuo.
Algúns aspectos a traballar dentro desta área poden ser:

• Cognitivo-intelectual.
• Afectivo emocional: Autonomía nas obrigacións / Expresión e vinculación afectiva.
• Habilidades instrumentais: Autonomía no manexo de recursos e independencia.
• Físico e da saúde: Autonomía en coidados persoais.
• Valores e actitudes.

• Área familiar
As situacións que deron orixe ao ingreso dun menor nun centro poden ser múltiples, polo que a
relación que manteñan coa súa familia pode ser tamén moi variada.
A permanencia dun menor nun centro debe ser unha situación excepcional, debendo procurar a
reinserción do menor na súa familia de orixe ou en caso de non ser posible tratar de buscar medi-
das como o acollemento familiar ou a adopción.

No Proxecto Educativo Individualizado poderemos establecer un programa de intervención que faga


referencia a dous aspectos fundamentais:
• Vinculación do menor coa familia, con respecto ao que se poden sinalar obxectivos como os
seguintes: Manifestar interese pola visita da súa familia / Recibir a visita dos seus familiares cunha
actitude positiva / Asumir con tranquilidade a despedida.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 26
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

• Cooperación familiar, aspecto sobre o que se poden propor, entre outros, os seguintes
obxectivos: Mostrar interese por recibir información do menor / Achegar información do
comportamento do menor durante a saída / Establecer propostas de intervención conxuntas.

• Área escolar

Dentro da situación extraordinaria que vive un menor dentro dun centro residencial a súa
incorporación á escola é a incorporación á vida ordinaria. Será un espazo e un tempo que comparte
co resto de nenos e nenas da súa idade que viven nunha situación familiar normalizada.
A súa relación co mundo escolar é unha oportunidade importante para valorar a súa incorporación
dos valores sociais, do seu nivel de autonomía para enfrontarse cos novos retos que lle irá pre-
sentando a vida.

Na área escolar o Proxecto Educativo Individualizado pode facer referencia aos seguintes ámbitos:
• Comportamento social na escola
• Interese por aprender na escola
• Disposición para a aprendizaxe
• Autonomía no traballo escolar

• Área social

Como xa se comentou en apartados anteriores, os menores que están ingresados nos centros, moi
posiblemente tiveron modelos familiares pouco apropiados, polo que será necesario establecer un
programa de intervención organizado e estruturado no que se actúe para nas diferentes áreas que
inciden no desenvolvemento da persoa para conseguir o pleno desenvolvemento da personalidade
do menor.
Unha destas áreas é a que fai referencia ao ámbito social programando obxectivos que permitan
conseguir melloras na:
• Integración social no centro

• Relacións sociais externas

• Contexto de lecer e tempo libre

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 27
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
Será tamén necesario programar actividades para favorecer tanto a integración social no centro
como no exterior, participando nas actividades do barrio ou do contexto próximo, así mesmo dentro
desta área será un ámbito fundamental a organización de actividades de lecer e tempo libre.

Dentro de cada área recollense os seguintes elementos:


• Obxectivos. Establecen os resultados a acadar coa intervención do equipo educativo do
centro.

Trata de describir a situación futura desexable, o cambio que se desexa conseguir no menor.

O enunciado dos objetivos debe permitir comprobar o seu logro, utilizando expresións que se refiran
a cambios “visibles” e medibles do modo máis obxectivo posible, evitando obxectivos ambiguos,
con conceptos dificilmente avaliables (ex.: lograr equilibrio persoal, madurez, etc.)

Os obxectivos deben reunir as seguintes características básicas:


– Deben desprenderse directamente da avaliación individual de necesidades.
– Deben deseñarse marcando prioridades de urxencia segundo cada situación e cada caso.
– Deben ter unha orde evolutiva lóxica (non se poden plantexar obxectivos que requiran ter
adquirido outros previamente, mentres o menor non os acade).
– Deben ter un enunciado concreto e operativo, expresando comportamentos ou habilidades
que podan ser avaliados mediante indicadores claros.
– Deben establecerse en número e proporción razonable. Un programa individual non poderá,
nalgúns casos, abordar dunha soa vez todas as carencias e necesidades do neno ou nena. Nestes
casos é importante elixir os obxectivos prioritarios e na orde evolutiva máis conveniente.
– Deben ser flexibles, no sentido de poder ser revisados segundo vaia evoluíndo a situación,
introducindo os cambios necesarios
– Deben ser realistas, tendo en conta as potencialidades de cada caso e as posibilidades da
intervención educativa en función do contexto, os recursos, o persoal, etc.

• Actividades. Detalla o tipo de intervención a desenvolver para acadar cada obxectivo. Pode
tratarse de técnicas concretas (dinámicas de grupo, xogo de roles, dramatización, etc.), deseños de
modificación de conduta (establecendo sistemas de reforzo ou incentivo, aprendizaxe por modelos,
etc.), entrenamento con determinados programas (de habilidades sociais, de independencia, de
autocontrol, etc.) ou calquera outro deseño de experiencia educativa.

As actividades deben axustarse ás idades, capacidades e características evolutivas dos menores.


Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social
Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 28
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
As actividades deberán detallar aspectos temporais como a frecuencia e a duración que se estime
necesaria para o seu desenvolvemento.

• Recursos. Recolle o tipo de recursos tanto humanos como materiais e contextuais que son
necesarios para desenvolver as actividades propostas. Trátase de respostar á cuestión de quen o
vai facer, con que e onde se vai facer.
Nalgúns casos as actividades serán realizadas polo equipo educativo cos nenos e nenas, pero
noutros casos pode requirirse o uso de recursos externos (por exemplo: para activida- des de ocio)
e a coordinación entre varias persoas, contextos ou institucións.
Na intervención será preciso planificar previamente os recursos necesarios para a realización de
cada actividade. Cando falamos de recursos referímonos aos espazos, os tempos, materiais, o
persoal e os recursos económicos.
o Espazos. Lugar onde se vai desenvolver a actividade. Pode ser dentro do centro,
nalgunha das súas dependencias, fóra (patio, xardín) ou nalgún equipamento
comunitario (piscina, cine, parque, horta,…)
o Materiais. Consiste nunha lista do que precisamos para facer a actividade: material
funxible, inventariable,… Tamén é importante indicar o número de unidades
necesarias de cada recurso.
o Recursos persoais. Refírese ao número de persoas adultas necesarias para a
realización da actividade. É importante deixar claro quen vai participar e cales son as
responsabilidades de cada un. Dependendo do caso, as familias poden ser un recurso
importante á hora de planificar actividades.
o Recursos económicos. Para algunhas actividades pode ser necesario prever un
orzamento, por exemplo algunha saída que precise transporte, pagar as entradas para
ver algún espectáculo...

• Avaliación: Indicarase a técnica de avaliación a empregar, sendo a máis habitual, a


observación. A continuación indicaranse os aspectos a observar e os indicadores para avaliar ditos
aspectos.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 29
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
➔ Informe final

Cando un menor finaliza a súa estancia no centro, xa sexa de maneira temporal ou definitiva,
elabórase un informe final no que se detalla a súa evolución durante a estancia no centro: a súa
situación cando chegou, os progresos ou atrasos observados nese período, así como as
perspectivas de futuro. Este documento é elaborado polo educador-titor, coa colaboración dos
diferentes profesionais que participaron na intervención co menor.

2. A INTERVENCIÓN NOS CENTROS DE MENORES

Antes de comezar a falar da intervención convén lembrar o perfil de usuario dos centros de menores,
é dicir, con que tipo de nenos e nenas imos traballar.
Segundo a lexislación os usuarios destes centros son menores de ambos sexos e de diferentes
idades que se atopen en situación de risco, desamparo ou conflito social.

➔ A intervención nos centros de atención de día

Nos centros de atención de día a intervención céntrase en proporcionar aos menores unha serie de
servizos de apoio socioeducativo e de apoio ás familias co obxectivo de favorecer o seu proceso de
normalización.
Como o seu propio nome indica, os nenos e nenas permanecen neles durante o día, compatibili-
zando o horario coa escola e con outras actividades ás que o neno/a poida asistir. Os menores
dormen na súa casa familiar.

Como xa sabes, existen centros de atención de día básica e centros de atención de día integral.

As prestacións dos centros de atención de día básica son:


• aloxamento diúrno en instalacións adecuadas
• atención durante o curso lectivo
• horario de atención flexible dependendo das necesidades dos menores
• alimentación: xantar e merenda e, en casos puntuais que así o requira, o almorzo
• apoio e seguimento escolar, incluíndo materiais funxibles
• transporte de proximidade, de ida e volta ao domicilio familiar

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 30
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
• participación nas actividades extraescolares organizadas pola propia institución ou polo
centro escolar ao que acuda o menor
• colaboración na normalización da dinámica familiar.

E nos centros de atención de día integral, ademais das anteriores, son:


• atención durante todo o ano, incluíndo fins de semana e vacacións
• horario de atención mínimo de 8 da mañá a 8 da tarde
• alimentación: almorzos, xantares, merendas e ceas
• hixiene e educación nos hábitos de saúde, incluíndo materiais educativos e didácticos
• animación planificada do tempo libre e os materiais necesarios para o desenvolvemento das
actividades
• transporte de proximidades de ida e volta ao domicilio familiar
• roupa e calzado
• servizo de titorías: orientación psicoeducativa.

➔ A intervención nos centros residenciais

Nos centros de carácter residencial a intervención consiste na atención especializada a aqueles


menores que, por distintas circunstancias socio-familiares, necesitan ser separados temporalmente
do seu núcleo familiar ou internados baixo a aplicación de medidas xudiciais.
Polo tanto, o obxectivo da intervención será proporcionar aos menores unha atención, educación e
formación axeitadas que, polo menos temporalmente, non lle pode ofrecer a súa propia familia.

A intervención nos centros residenciais debera centrarse en proporcionar aos menores as seguintes
prestacións:
• aloxamento e mantenza
• apoio psicosocial e educativo, con particular atención á promoción da igualdade e á
eliminación das discriminacións entre os mozos e mozas
• seguimento escolar
• promoción da saúde
• animación planificada do tempo libre
• formación nas habilidades sociais básicas
• colaboración, apoio e orientación ás familias dos menores, se procede.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 31
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
Fases ou momentos clave na intervención

➔ Procedemento de ingreso dun menor nun centro

Para valorar e decidir o recurso a aplicar, o Equipo Técnico do Menor deberá realizar un estudo da
situación socio-familiar, psicolóxica e pedagóxica do/a menor e elaborar os correspondentes
informes.
Se os Servizos Sociais Comunitarios teñen coñecemento da situación familiar, remitirán toda a in-
formación que coñezan ou da que dispoñan no expediente, onde conste se fixeron visita a domici-
lio e se solicitaron información actualizada doutros servizos (pediátricos, centros escolares, saúde
mental…). No suposto de non ter coñecemento do caso, abriráselle o correspondente expediente,
remitindo a información que se recolla ao Equipo Técnico do Menor (E.T.M.).
Unha vez feito este estudo da situación do menor, o Equipo Técnico elevará unha proposta de ac-
tuación ao Delegado Provincial, baseándose nas necesidades do menor e as circunstancias que
concorran no caso.

A proposta recollerá a seguinte información:

• Datos identificativos do menor.

• Motivo da actuación: deberá facerse unha descrición da situación que motiva a proposta e
actuación.
• Valoración da problemática: figurará unha descrición valorativa da problemática específica
que presenta o menor obxecto da actuación (situación persoal, familiar, social, etc.).
• Xustificación do recurso a aplicar: especificarase o nome da institución e os motivos polos
que se propón ese centro concreto. Previamente o Equipo Técnico do Menor se porá en contacto
co director/a do centro co fin de constatar a súa adecuación ás circunstancias persoais do menor.
En todo caso, existindo dispoñibilidade de prazas, o director non poderá rexeitar a admisión do
ingreso.
• Duración da medida: constará a duración da medida de internamento que non poderá superar
un ano, prorrogable tacitamente se non hai resolución en contra. Rematado este período,
procederase á valoración da situación do menor e á revisión do plan de traballo.
• Plan de traballo: especificarase o tipo de intervencións a realizar co menor e a súa familia
mentres dure a medida. O traballo coa familia será obxecto dun estreito seguimento.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 32
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
En base a esta proposta o Delegado Provincial, no exercicio das súas competencias, dictamina
unha resolución sobre a medida a tomar.
Esta resolución deberá ser comunicada ao Ministerio Fiscal e ao director do centro onde se inter-
ne.

Tamén será notificada aos pais ou titores do menor.


Así mesmo, a resolución se comunicará aos Servizos Sociais Comunitarios do concello onde resi-
da a familia do menor, co obxectivo de que se interveña coa familia, cara a súa futura reintegra-
ción familiar (se procede).

Previamente ao ingreso do menor na institución, remitirase ao centro a resolución de internamen-


to, acompañada, no caso de ingresos ordinarios, dun informe do menor. No prazo non superior a
15 días, enviaráselle ademais a seguinte documentación:
• fotocopia da partida de nacemento ou do libro de familia,
• tarxeta sanitaria ou cartilla da seguridade social,
• cartilla da sanidade infantil,
• documentación escolar,
• fotocopia do D.N.I.,no seu caso,
• relación de recursos socio-educativos do lugar de residencia do menor, cara ao traballo en
rede e aproveitamento dos recursos existentes.
• calquera outro documento ou informe complementario, de carácter relevante, sobre o menor,
co obxecto de optimizar a operatividade do labor dos educadores dos centros cos menores.
No caso de que o internamento do menor teña carácter de urxencia e se produza cando os Equipos
Técnicos do Menor non estean operativos (fins de semana ou fóra do seu horario de actividade),
farase a través do Xulgado, Fiscalía de Menores ou do Teléfono do Menor. Todos os centros de
menores con unidade de primeira acollida teñen a obriga de atender os ingresos urxentes (as 24
horas do día), posteriormente o centro comunicará esta situación á delegación provincial e esta
adoptará a solución definitiva que corresponda. A permanencia do menor nesta unidade non
excederá de 15 días.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 33
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
➔ O ingreso do menor no centro.

O responsable do centro, unha vez ingresado o menor no mesmo, procederá no prazo máis breve
posible:
• A tramitar o Documento Nacional de Identidade, ante a Xefatura Provincial de Policía que lle
corresponda, independentemente da idade do menor e sempre que este non o teña.
• A solicitar do médico de atención primaria do centro de saúde do SERGAS que lle
corresponda, unha revisión integral do menor e un informe deste facultativo sobre o seu estado de
saúde.
De ser necesario, derivarase aos especialistas e comezará os tratamentos pertinentes (odontoloxía,
psiquiatría, oftalmoloxía,...).

Acollida

Unha vez chegado o menor ao centro, os educadores son os responsables da súa acollida,
intentando en todo momento mitigar o trauma que supón esa situación.
Ten en conta que, por moi dramática que fose a situación na familia, os nenos/as que son separa-
dos dela sofren unha perda importante, tanto dos vínculos afectivos como do ambiente de referen-
cia: o seu cuarto, o cheiros, os sons, os espazos…todo é novo e descoñecido.

Normalmente os centros contan cun protocolo de acollida (no que se teñen en conta tanto as ne-
cesidades físicas como as emocionais) que serve para guiar ao educador nesta función. Polo xe-
ral, cando se recibe ao menor se lle ensina a que será por un tempo a súa nova casa, se lle expli -
can as normas de convivencia e se lle asigna unha habitación e un armario para que garde as súas
pertenzas.

Asignación dun educador-titor

Canto antes, asígnase ao menor unha persoa que exercerá a función de educadora-titora e que
será o seu referente.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 34
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
Funcións do/a educador/a no momento do ingreso

• Recibir ao menor e á familia.


• Axudar ao menor a superar os sentimentos negativos producidos pola separación da súa
familia.
• Explicarlle o motivo polo que está no centro.
• Intentar paliar o sentimento de indefensión e reducir a incerteza.
• Axudarlle a facer fronte aos sentimentos de inseguridade provocados pola falta de
estabilidade da familia.
• Encargarse de que sexan cubertas as primeiras necesidades do menor: Atención sanitaria,
hixiénica, vestimenta, alimentación.
• Orientación e apoio persoal.
• Establecer una boa relación co menor procurando unha certa vinculación, pero coa suficiente
toma de distancia.
• Ser o punto de referencia no novo contexto, presentándolle aos compañeiros e compañeiras
do centro, explicándolle as normas, indicándolle as principais rutinas diarias.

➔ A estancia do menor no centro

No prazo non superior a 30 días, deberá fixarse entre o educador-titor e o E.T.M. o réxime de visitas,
comunicacións e saídas do menor.
Así mesmo procederase á elaboración do Proxecto Educativo Individualizado, comezando por rea-
lizar unha avaliación inicial do/a menor.
O educador-titor do menor, elaborará o Proxecto Educativo Individualizado (P.E.I.), tendo en conta
a valoración e o plan de traballo propostos polo E.T.M así como a súa propia valoración do menor.
O PEI deberá ser aprobado polo Equipo Educativo do centro e remitido á Delegación Provincial.
Se como resultado da convivencia diaria do menor no centro, os educadores detectaran, en cal-
quera momento, un comportamento no menor que lles fixera pensar nunha anomalía de tipo
psíquico, de conduta, etc. inmediatamente será posto en coñecemento do director do centro e do
E.T.M. da súa Delegación Provincial, para que no prazo máis breve posible poida ser atendido polo
psicólogo pertencente á dita Delegación.
Periodicamente avaliarase a situación de cada caso a través de reunións nas que participan todos
os profesionais implicados na atención do menor.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 35
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
Nestas reunións fálase do progreso do neno/a na consecución dos obxectivos marcados no seu
PEI, a súa adaptación ao centro, a convivencia, etc. De ser o caso, tamén se fala dos progresos no
plan de traballo coa familia de orixe. De ser necesario se reformulan os obxectivos e actuacións a
levar a tanto no centro como na familia.

Funcións do/a educador/a durante a estancia do menor no centro

• Durante o primeiro mes:


– Analizar os informes do menor.
– Realizar a avaliación inicial do menor.
– Realizar os informes que fosen necesarios.
– Recoller información doutros profesionais relacionados co caso.
– Recoller información da familia.
– Realizar o Proxecto Educativo Individualizado.

• Durante a estancia do menor:


- Axudar ao menor a integrarse na vida cotiá do centro, nas actividades, na relación cos outros
menores, etc.
- Favorecer o desenvolvemento da autonomía do menor.
- Intervir cando se producen conflitos con outros menores.
- Reunirse con outros profesionais externos que traballan co menor
- Coordinar a actualización do Proxecto Educativo individualizado.
- Valorar os resultados dos contactos do menor coa súa familia: Saídas de fin de semana, visitas,
vacacións...
- Traballar coa familia, procurando corresponsabilizala do coidado do menor.

• Funcións do/a educador/a na preparación da saída do menor para acollemento,


adopción ou reingreso na familia de orixe

• Preparar a saída do centro como un acontecemento positivo para o menor, tanto na ado-
pción, o acollemento ou o regreso á súa familia.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 36
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
• Garantir que o centro vai seguir sendo un punto de seguridade se o necesita.

• Explicarlle ao menor onde vai ir e por canto tempo.

• Observar e avaliar como se vai realizando a fase de axuste coa familia de acollida, de
adopción ou coa propia.

• Facer ao menor partícipe do proceso elixindo os días e lugares en que terán lugar os
contactos coas familias.

➔ O Externamento
A resolución de externamento fundamentarase na superación ou desaparición das causas que
motivaron o ingreso.
Son causas de externamento:
• Cumprimento do período establecido na resolución de internamento, cando se teñen
conseguidos os obxectivos propostos.
• Emancipación do menor ou cumprimento da maioría de idade, sempre que este rexeitase
continuar nun programa de inserción socio-laboral, agás circunstancias excepcionais que
xustifiquen a súa continuidade.
• A petición dos pais ou titores, cando o internamento fora solicitado por eles.
• Cando por calquera circunstancia o menor poida ser obxecto doutra medida máis beneficiosa
para el.

• Desaparición das causas que motivaron o mesmo, aínda cando non se teña chegado á
finalización do período de internamento proposto.
• Apertura de expediente de reforma que implique internamento noutro centro.

Dar a alta a un menor dun centro de acollida supón elaborar un informe final no que se detalla a súa
evolución no centro e as súas perspectivas de futuro.
Correspóndelle ao Delegado/a Provincial dictar a resolución de externamento ou de continuidade
da medida de internamento. Esta decisión será comunicada aos pais ou titores, ao Ministerio Fis-
cal, ao centro de menores e aos Servizos Sociais.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 37
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
3. DESEÑO DAS ACTIVIDADES GRUPAIS NOS CENTROS DE MENORES
A dialéctica grupo/individuo é unha constante na intervención educativa que obriga a compaxinar a
atención ao grupo cos ritmos individuais de cada neno/a.
O grupo é un elemento enriquecedor para o desenvolvemento individual de cada neno/a, tendo en
conta isto é importante planificar actividades de grupo nos centros de menores.
Para programar a intervención grupal, o educador/a debe ter en conta as fases que imos ver a
continuación.

➔ Avaliación inicial, análise de necesidades

O primeiro paso para deseñar a intervención é identificar as necesidades e características do grupo


de nenos/as en xeral e de cada un dos menores en particular.
Nesta avaliación inicial, o educador/a deberá:
• Identificar o número de menores, o seu sexo e idade e relacionalo cos seus coñecementos
sobre o desenvolvemento evolutivo da etapa ou etapas correspondentes. Hai que ter en conta que
nos centros de menores conviven grupos de nenos/as de diferentes idades (por exemplo nas
unidades de convivencia, casas de familia,…), sexos e capacidades.
• Identificar a situación legal de cada menor, da súa previsión de futuro e dos permisos de
saídas e visitas familiares e relacionalo coa normativa legal e o regulamento do centro.
• Recoñecer a dinámica do grupo, momento en que se foi incorporando cada menor, posibles
conflitos, etc. e relacionalo coa información que poidan achegar outros educadores e a súa
formación sobre habilidades sociais.

➔Deseño de actividades

En función da información recollida no apartado anterior, unha vez coñecidas as necesidades e


características, o educador/a deberá deseñar as actividades de intervención co grupo.

Establecemento de obxectivos
Os obxectivos deben cumprir os seguintes requisitos:

• Claridade. Os obxectivos han de ser claros na súa redacción.


• Precisión. Deben expresar aquelo que se quere expresar, evitando posibles interpretacións
erróneas.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 38
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
• Realismo. Han de ser realistas coa situación de partida. Non é conveniente propoñer
obxectivos demasiado amplos e difíciles de acadar, tampouco demasiado sinxelos. A súa
consecución ha de ser un reto tanto para o educador como para o menor.
• Suficiencia. Os obxectivos han de ser suficientes para a satisfacción as necesidades
detectadas, en relación cos recursos dispoñibles.
Os obxectivos deben ser avaliables, medibles, e deben adecuarse ás características dos menores
e ao modelo socioeducativo do centro.

Tipos de actividades

As actividades propostas nun centro de menores han de ser variadas, tendo en conta os gustos,
preferencias e necesidades de cada menor. Poden ser de varios tipos:
• Actividades dentro ou fóra do centro.
• Actividades para todo o grupo ou para sub-grupos máis reducidos.
• Actividades habituais que marcan a rutina do centro realizadas grupalmente. Por exemplo:
preparación do comedor, orden e limpeza das zonas comúns, facer compra,…
• Actividades de lecer e tempo libre en grupo. Por exemplo: saída ao campo, cine, piscina,
• Actividades de apoio ao estudo. Dirixidas a nenos/as en idade escolar: apoio nas tarefas,
titoría entre iguais, estudo dirixido,…

Organización dos recursos

Na intervención será preciso planificar previamente os recursos necesarios para a realización de


cada actividade. Cando falamos de recursos referímonos aos espazos, os tempos, materiais, o
persoal e os recursos económicos.
• Espazos. Lugar onde se vai desenvolver a actividade. Pode ser dentro do centro, nalgunha
das súas dependencias, fóra (patio, xardín) ou nalgún equipamento comunitario (piscina, cine,
parque, horta,…)
• Tempos. Debemos planificar o tempo que vai durar a actividade, compaxinando esta co resto
das actividades e rutinas do centro. Tamén é importante planificar o día e hora en que se vai levar
a cabo.
• Materiais. Consiste nunha lista do que precisamos para facer a actividade: material funxible,
inventariable,… Tamén é importante indicar o número de unidades necesarias de cada recurso.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 39
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
• Recursos persoais. Refírese ao número de persoas adultas necesarias para a realización da
actividade. É importante deixar claro quen vai participar e cales son as responsabilidades de cada
un. Dependendo do caso, as familias poden ser un recurso importante á hora de planificar
actividades.
• Recursos económicos. Para algunhas actividades pode ser necesario prever un orzamento,
por exemplo algunha saída que precise transporte, pagar as entradas para ver algún espectáculo,

Avaliación

Unha vez realizadas, é preciso avaliar cada unha das actividades co fin de comprobar a consecución
dos obxectivos e tamén para detectar aspectos mellorables da propia actividade e telos en conta a
próxima vez que se propoña.

No deseño das actividades planificaremos a avaliación. Na Unidade Didáctica 6 desenvolveremos


este apartado.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 40
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL
ANEXO 1: EXEMPLO PEI
PROXECTO EDUCATIVO INDIVIDUALIZADO
Datos de identificación do menor
Nome: Manuel
Sexo: Varón
Data de Ingreso: 06/02/2020
Motivo do ingreso: O neno foi atopado só na rúa
Antecedentes relevantes
Manuel é un neno de 4 anos. A policía autonómica atopou a Manuel só na rúa ás oito da mañá. Menuel contouller
aos axentes que a súa nai e a súa irmá, de 15 anos de idade, estaban pelexando no piso (situación que se repite
moi a miúdo).
Recollendo información da contorna, a veciñanza comentou que dende os tres anos que llevaban residindo na
zona houbo contínuos enfrontamentos entre os membros da familia, ademáis aputnaron que os menores soen
estar desatendidos, sendo frecuente que queden sós polas noites, amis cando se producían as pelexas entre eles,
a parella sacaba ao neno da casa para que non estivera presente.
Cando chegou ao centro o neno atopábase moi nerviosos, asustado, ansioso, mostrando a través da expresión do
seu rostro unha grande falta de cariño e de protección por parte da súa familia.
Ademais de manifestar un gran medo ás persoas que se lle achegaban.
Tanto a nai coma o pai do pequeño, teñen antecedentes penais. Así mesmo, foron arrestados por un suposto delito
de tráfico de estupefacientes.
Área de desenvolvemento persoal
Tendo en conta a situación na que se atopa Manuel, parece mais relevante darle importancia dentro desta área
persoal aos apartados referidos ao desenvolvemento afectivo emocional, ás habilidades instrumentais e aos
valores e actitudes.
➢ Afectivo emocional
• Obxectivos
o Incrementar o seu nivel de autoestima
o Expresar os seus sentimentos libre e espontáneamente
o Posuir equilibrio emocional
o Controlar os seus impulsos
• Actividades:
o Aproveitarse de calquera momento de relación social, xogo ou mesmo conflit, para
poner nome ás emocións: Mira como chora Carlota, acábase de caer e dóelle moito.
o Diante dun espello imitaremos co neno diferentes estados emocionais, tristeza, alegría,
enfado…

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 41
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

o Pintar con él, caras de persoas que expresen, alegría, tristeza ou enfado. E
posteriormente colocalos nun lugar no que el as poida ver, de tal xeito que cando o
propio neno manifeste unha emoción, levalo a ese lugar para que intente sinalar e
expresar o que lle acontece a el.
o Eloxiarase todo tipo de progresos no neno, por pequenos que sexan. Fixéchelo moi
ben, xenial, encantoume…
• Recursos:

Fundamentalmente vanse empregar:


o Recursos humanos: compostos polo titor ou titora de referencia do menor en
colaboración co equipo educativo.
o Recursos materiais: compostos por todos os materiais que fagan falta día a día:
cartolina, cores, pegamento…
• Avaliación:

O método máis acaido para avaliar ás crianzar destas idades, é a observación diaria, recollendo diariamente a
súa conduta nunha follar de rexistro.
o Autoestima: Observarase se confía en si mesmo, se se valora, se se sinte seguro de si
mesmo, se valora os seus logros, se pensa que todo lle sae mal, se pensa que ninguén o
quere…
o Libre expresión: Neste caso observarase se é capaz de comunicar o que lle para
cando se atopa mal, se ten facilidade de palabra, se é un neno retraído…
o Equilibrio emocional: Recollendo información sobre o seu estado de ánimo e en que
situación está triste, nervioso, hiperactivo, contento, aburrido, distante, falador,
pensativo, agresivo…
o Autocontrol: Observarase se é conflitovo, se lle cursta facer amizades, se lle custa
controlar os seus impulsos, se respecta as quedas de palabra, se fala a berros…

➢ Habilidades da vida diaria:

Ao estar desatendido pola familia, será necesario traballar estas cuestión, fundamentais para establecer uns
hábitos de hixiene, limpeza, sono… que lle permitirán desenvolverase na vida cotiá e asentar a súa identidade
persoal
• Obxectivos:
o Adquirir habilidades de hixiene persoal
o Normalizar as rutinas do sono

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 42
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

o Posuír hábitos de orde e limpeza


• Actividades

Aproveitar todas as actividades da vida cotiá para establecer e reforzar hábitos:


o Con respecto á hixiene persoal: lavar as mans, ducharse, lavar a cara polas mañás…
o Con respecto ao sono: deitarse a unha determinada hora todos os días.
o Con respecto á orde e limpeza: recoller os xoguetes ao rematar de xogar, deizar a
ropa no sitio indicado, identificar os útiles de limpeza e hixiene.
• Recursos:

Os recursos que se empregarán serán os das actividades que se desenvolvan diariamente, se


requirir ningún recursos específico.
• Avaliación:

A observación neste apartado debería dirixirse especialmente aos seguintes:


o Hixiene persoal: Observando a evolución dos diferentes hábitos de lavarse as
mans, os dentes, cambiar a ropa cando se mancha, etc.
o Sono: Anotando os problemas relacionados co sono e durante a noito en xeral, se
desperta, se se vai a deitar, etc.
o Orde e limpeza: Observando se cuida as súa cousas, se ten ordenada a súa ropa, se
deixa os xeoguetes recollidos, se mostra desagrado ante as cousas desordeadas…
➢ Valores e actitudes:

Tendo en conta o ambiente social no que se criou Manuel, será necesario que aprenda a establecer relacións
positivas, mostrando alternativas ás pelexas ás que estaba afeito a ver diariamente.
• Obxectivos:
o Establecer relacións persoais positivas cos iguais e cos adultos
o Confiar nos adultos responsables da súa educación
o Adquirir estratexias de comunicación
o Facer amizades
o Traballar e vivir en grupo
• Actividades
o Aproveitar as situación habituais para mostrar situación de relación interpersoal
positivas, tanto nos contos que veza no centro, nas situación que aparezan na
televisión o unas da vida diaria do centro,
o Utilizar a dramatización como técnica para resolver conflitos que poida ter cos seus
iguais.
Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social
Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 43
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

o Empregar os momentos da vida cotiá como por exemplo: poner a mesa, recoller os
pratos… para que aprenda a traballar en grupo, a ter en conta as decisión cos
demais (mañá tócame a min recoller a mesa, hoxe tócale a Xoán…) Desta maneira
ensinaráselle o importante que é a cooperación para que o traballo en grupo saia
ben, ademáis tamén estarase a traballar a construcción da confianza nos demais…
• Recursos:

Agás os que se empreguen puntualmente para alguna actividade, como por exemplo os contos,
os disfraces, ou os monicreques, o restos dos recursos serán os utilizados para as actividades da
vida cotiá.
• Avaliación:

Observarase diariamente a conduta do neno en cuestión como:


o Relacións interpersoais: Reflectindo especialmente non rexistros se se illa dos
demais, se busca e acepta o cariño, se busca a relación tanto cos seus iguais coma
cos adultos, pero tamén se se defende de posibles agresións por parte dos iguais.
o Confianza: Estando especialmente atentos a se lle conta os seus problemas aos
adultos cos que se relaciona.
o Habilidades de comunicación: Observando se se comunica cos demais, se polo
contrario se mostra reservado, se respecta a opinión dos demais.
o Amizade: Se a valora, se lle gusta ter amigos ou polo contrario prefire estar dolo, se
fai amigos e intenta mantelos…
o Traballo en grupo: Vendo se participa no grupo, se se comunica cos compañeiros e
compañeiras, se respecta a opinión dos outros menores…

Área de integración social


➢ Familiar:

Dos diferentes aspectos que se poden considerar dentro da área de integración social traballarase de maneira
especial o ámbito familiar.
• Obxectivos:
o Establecer contactos periódicos positivos coa súa familia
o Adquirir unha visión realista da súa situación familiar e das perspectivas de futuro.
• Actividades:
o Provocar situacións nas que estea tranquilo e falarlle e que fale da súa familia.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 44
CF GS EDUCACIÓN INFANTIL

o Establecer espazos relevantes para gardar e mostrar elementos propios do seu


ámbito familiar: obxectivos transicionais, imaxes dos membros da familia,
xoguetes, ropa, etc.
o Incentivar o contacto coa súa irmá.
• Recursos:

Non se requiren recursos especiais


• Avaliación:

Observaranse fundamentalmente os seguintes:


o Contacto familiar: Por unha banda a súa actitude cando se marcha do centro para ir
visitar á súa familia, e como reacciona cando volve e cal é o seu aspecto físico, e
por outra a relación coa súa irmá.
o Visión realista da situación familiar: Observando se acepta a problemática familiar,
se entende o problema que hain a súa casa, se se sinte ben no centro ou non se afai.

Módulo Intervención con familias e atención a menores en risco social


Materiais licencia Manuel Otero López, Marcos Pérez Cardoso, Mónica Pérez Mouriño
© 2013 Xunta de Galicia.
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 45

You might also like