You are on page 1of 10

PROPOSTA PEDAGÓXICA

PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL


CONTEXTUALIZACIÓN

A participación da familia na proposta educativa dun centro é garantía de eficacia da


acción educativa. Un dos nosos principios pedagóxicos é a escola aberta á comunidade,
onde as familias participan activamente no centro para un maior coñecemento da
infancia.

Podemos falar de dous momentos fundamentais que son a base dunha boa relación coas
familias: o período de adaptación e os contactos diarios. Intentaremos neste
documento recoller a nosa idea á hora de establecer estes dous momentos que forman
parte do proceso de familiarización á escola infantil.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Que é o período de adaptación?


O período de adaptación é o intervalo de tempo que as nenas e os nenos precisan para
asimilar os cambios que se producen na súa vida cando se incorporan á escola.
En moitos dos casos vai supor tamén a primeira separación das figuras de apego.

Para evitar que esta separación produza anguria, convidamos ás familias a que
acompañen ás súas fillas e aos seus fillos para que se sintan máis seguras e favorecer
a súa curiosidade e interese innato pola exploración, ampliando así os seus
coñecementos e relacións sociais.

Cando remata o período de adaptación?


Cando a nena ou neno acepta á súa mestra como interlocutora dos seus xogos, cando
aceptan a súa axuda e a fan cómplice das súas emocións.

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553
Cal é o noso obxectivo para o período de adaptación?

Planificar o período de xeito que permita á nena e ao neno vivir a incorporación á


escola como unha conquista e non como unha separación imposta.

Como imos facer para conseguilo?

• Incorporación progresiva.

• Presenza da persoa de referencia na aula.

• Organización do espazo que permita a visibilidade por parte da crianza do


adulto de referencia.

• O rol do adulto de referencia como facilitador da transición entra a casa e a


escola.

• O rol do educador como adulto que agarda pacientemente ás propias iniciativas


da nena e do neno.

Incorporación progresiva

Os primeiros días de escola as nenas e nenos veñen acompañados por un familiar de


referencia (nai, pai, avó,..) que permanecerá na aula con el durante un pequeno período
de tempo, entre media hora e unha hora os primeiros días. Este tempo irá aumentando
progresivamente segundo vaiamos valorando as interaccións da nena ou neno.

Rol do adulto de referencia

A nai, pai ou familiar que acompañe


á nena ou neno estes primeiros días
debe manter unha actitude tranquila
e relaxada, sen forzar situacións que
a crianza non demande.

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553
Rol da educadora.

Permanecerá dispoñible e receptiva ás


necesidades e intereses da nena e do neno.
Unha actitude de espera e observación,
evitando invadir os espazos e as accións
da pequena ou pequeno.

Que nos axuda a facilitar o período de adaptación?

• Levantalo con tempo para non andar ás carreiras e chegar relaxados á escola.

• Trasladar mensaxes positivas e realistas da escola.

• Respectar os horarios de entrada e de saída.

• Á hora de deixar á nena e ao neno na aula despedirse afectiva e brevemente,


con consignas que se vaian cumprir (p.e: Vou traballar, despois de comer volvo).

• Dar información ao profesorado que facilite o coñecemento da nena ou neno.

• Agardar aos momento máis axeitados para o intercambio de información para


non rachar a dinámica da aula.

Entendemos o período de adaptación como un proceso con distintos momentos, con


paradas e con avances, xa que é certo que o ser humano se adapta, é capaz de facer
súa calquera situación.

É a maneira de vivir os cambios o que marca a diferenza hai tantas maneiras de


familiarizarnos coa nova situación como nenas e nenos, familias e educadoras
convivimos na escola.

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553
ENTREVISTA INICIAL

Os obxectivos das entrevistas iniciais coas familias de nova incorporación son:

• Coñecer á nova nena ou neno en todos os aspectos do seu desenvolvemento, así


como o seu contexto familiar.

Xunto coas familias cúbrese un pequeno cuestionario onde se recolle a información que
nos permite coñecer á nova nena ou neno.

Nesa entrevista é importante acordar a forma de proceder na entrada e na recollida,


que esperamos deles e que poden esperar de nós (desenvolvido neste mesmo
documento noutro apartado).

O noso rol no transcurso da entrevista: escoitar e informar. Evitarase en todo


momento xulgar as actuacións e información que as familias nos faciliten xa que a
educación debe ser unha tarefa compartida entre a casa e a escola.

ACOLLIDA E RECOLLIDA. O CONTACTO DIARIO.

Aspectos que inflúen no contacto diario:

COLO Nas nenas e nenos que non camiñan No caso das nenas e Facilitar a despedida, a
a indicación será que a persoa de nenos maiores a incorporación da crianza
referencia deixa directamente na indicación será que ao xogo. Deste xeito a
zona de xogo. entren na aula polo seu nena e o neno poden
propio pe. escoller cara onde ir.
AXENDA É unha ferramenta de información Pola nosa banda en Información específica
por iso é importante que as situacións específicas da nena e do neno.
familias teñan o hábito de debemos atender á
consultala. demanda das familias de
Non é viable informar nos información sobre
contacto diarios como comeu, calquera aspecto do
durmiu, xogou cada neno,... as desenvolvemento da nena
familias deben saber cales son as e do neno.
outras canles (axenda, correo
electrónico, taboleiro, titorías,...).

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553
XOGUETES O obxecto de transición é No caso doutros Seguridade afectiva.
TRANSCIÓN necesario traelo á escola. xoguetes é preferible
* definir que non os traian para
obxecto de Outros obxectos ou materiais evitar conflitos
transción poden ser de utilidade para innecesarios.
favorecer o vínculo entre a escola
e a casa (un conto, fotos,...)
CHUPETE No caso dos chupetes atenderase Evitaremos dar o Seguridade afectiva.
nos primeiros días á necesidade chupete por sistema,
individual de cada nena e neno e cambio de xogo,
procurarase unha vez adaptado o xoguetes ou material
neno á escola que esa necesidade será a nosa primeira
sexa cada vez menor. resposta á demanda do
chupete en nenas e nenos
maiores.
No caso dos bebés
haberá que valorar se
realmente é esa a
necesidade (fame,
sono,..)

O SAÚDO

O momento da entrada da nena ou neno coa súa familia ou cando a familia chega a
recoller á nena ou neno é de especial importancia para establecer unha boa relación de
confianza, cordialidade e empatía, polo que, ao noso xuízo valoramos que as
características deste saúdo sexan:

Individualizado. Cada nena e neno debe ser saudado. É o xeito de axudarlle a que se
identifique como persoa.

Personalizado. Saudar polo nome, ter datos das súas preferencias, das súas
vivencias,...isto axudaranos a establecer o vínculo de confianza necesario.

Outras das características que deben acompañar ao saúdo é que sexa afectuoso,
alegre e tranquilo. Todo dentro dun hábito de normalidade e sen caer na esaxeración
(expresións verbais moi esaxeradas, elevación do ton de voz,...)

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553
Comúns á entrada e á saída:

.- Información concreta do neno é un momento individual, polo que se evitará dar


información diante doutras familias que poida ser sensible e persoal( comportamento,
saúde,...)

.- No momento de maior afluencia na chegada e na despedida debemos coa parella


planificar actividades que nos dean certa liberdade de movemento para atender a
demanda da familia.

.- A coordinación e planificación destes momentos coa parella educativa é de vital


importancia para desenvolver os roles necesarios que nos permitan que a entrada e a
saída sexa un momento tranquilo e relaxado e non supoña unha ruptura da actividade
das nenas e nenos que xa están no centro ou continúan.

SITUACIÓN ESTRATEXIA
Dúas educadoras – Unha familia Unha educadora recibe e atende as
necesidades da nena e neno que chega a outra
educadora atende ao resto de nenas e nenos.

Dúas educadoras - Dúas familias Unha educadora recibe e atende as


necesidades da nena e neno que chega a outra
educadora atende ao resto de nenas e nenos.
A outra familia agarda.

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha educadora -Unha familia A educadora atende á familia sen perder o
campo de visión das nenas e nenos. As
familias teñen que aprender a recoñecer a
situación e axudar na incorporación da súas
fillas e fillos á actividade sen romper a
dinámica.
A planificación das actividades dos tempos
de maior acollida e recollida será flexible e
permitirá que a educadora poida saír do xogo
(non sería conveniente por exemplo, contar
contos, cantar, pintar con pintura de
dedos,...).
Unha educadora – Varias familias A educadora atende á familia sen perder o
campo de visión das nenas e nenos. As
familias teñen que aprender a recoñecer a
situación e axudar na incorporación da súas
fillas e fillos á actividade sen romper a
dinámica.
A planificación das actividades dos tempos
de maior acollida e recollida será flexible e
permitirá que a educadora poida saír do xogo
(non sería conveniente por exemplo, contar
contos, cantar, pintar con pintura de
dedos,...).

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553
PLAN DE COMUNICACIÓN COA FAMILIA. CANLES DE COMUNICACIÓN

Para desenvolver estes aspectos apoiámonos nun plan de comunicación coas familias
que queda recollido na Programación Xeral Anual.

“3.2.1. Canles de comunicación.

As canles de comunicación establecidas na escola para unha óptima relación e


comunicación coas familias son as recollidas no RRI no Capítulo VII no seu
artigo 30. Participación da familias. A maiores foméntase a comunicación,
participación e colaboración das familias a través de:
• Representantes das familias para o Consello Escolar..
• Todas as recollidas no RRI no seu artigo 30. Participación das familias.

Por parte da escola as ferramentas de comunicación empregadas son as


seguintes:

• Taboleiros de información xeral nas entradas das aulas


• Axenda diaria con información individual relativa a cada crianza
• Correo electrónico : envío de circulares informativas sobre avisos de
interese ou relativa ás actividades que se van desenvolver na escola.
• Contactos diarios: fundamentais para coñecer información de interese
para ambas partes, familia e escola, sobre cada crianza.
• Teléfono: avisos puntuais por ambas partes.
• Charlas informativas sobre algún aspecto do desenvolvemento da
crianza.”

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553
Taboleiros de información Na entrada de cada aula a escola dispón
dun panel onde as familias atopan
información puntual das actividades do
día e outros relacionados cos avisos
administrativos.
Axenda diaria Recollen datos máis persoais da nena e do
neno e temos como obxectivo recoller os
datos máis significativos do
desenvolvemento xeral da nena e do neno.
aínda que resulta moi complexo polo
número de nenas e nenos de cada aula.
Correo electrónico Envío de circulares e notas informativas
relacionadas coas propostas de actividade
ou avisos administrativos.
Contactos diarios: Dada a importancia deste momento faise
unha proposta específica para este punto.
Teléfono Avisos puntuais.
Charlas informativas Recollidas as propostas na PXA
Titorías A demanda da familia ou da propia escola
sempre que se considere necesario.
Xuntanzas Tres reunións ao ano para falar de
aspectos xerais do desenvolvemento das
nenas e dos nenos. Con temáticas
específicas segundo o grupo de idade.

Escola Infantil Tui


R/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.org
tlf: 986 60 71 49 /638299553

You might also like