You are on page 1of 6

Psicoloxía Social

ACTIVIDADE PRÁCTICA: Nº1


PROFESOR: Agustín Godas Otero

Grupo interactivo nº: 2B


Pilar Martínez Pereira
Paula Martínez Collazo
Paula Meijide Doldán
Oriol Palomo Fernández
Alejandro Pérez Ferradás

1
Actividade Nº 1

Falamos dunha correlación cando existe unha relación entre dúas variables ou sucesos. A súa vez
esta relación pode ser positiva ou negativa; a positiva ocorre cando as dúas variables aumentan,
e no caso da negativa, cando unha variable aumenta, a outra diminúe, por exemplo unha
correlación positiva sería:
Cantos máis boletos de lotería merques, máis posibilidades terás de que che toque o premio. Por
outra banda sería negativa: cando menos estudes, máis probabilidades tes de suspender.
Atendendo a esta explicación procedemos a analizar as seguinte frases a modo de exemplo:

“O éxito académico non depende do esforzo e da capacidade persoal.”

Aplicando o anteriormente explicado ó campo educativo, atopámonos cunha afirmación na que


existe unha certa correlación entre as variables expostas. Analizando esta frase atopamos por
unha parte as variables “esforzo” e “capacidade” e por outra “o éxito académico” alegando que a
última variable non depende das dúas primeiras
Desde o meu punto de vista esta afirmación non é do todo acertada, é dicir, éxito académico non
depende soamente da capacidade e o esforzo, senón que inflúen moitos outros factores;
rendemento, ámbito de estudo, capacidade de concentración…
Polo tanto non hai unha causa que leve directamente a ter éxito académico, por exemplo; unha
persoa que teña moita capacidade se non posúe un ambiente cómodo para estudar e carece de
responsabilidade é moi improbable que chegue a ter éxito académico.
Deste xeito podemos concluír que as dúas primeiras variables forman parte do necesario para
chegar a ter éxito académico aínda que dependa exclusivamente delas.

“Los perdedores/as (fracaso y/o abandono) pertenecen abrumadoramente a las familias de


rentas más bajas”.
Analicemos agora outro exemplo. Dásenos dúas variables: por unha banda, os chamados
perdedores, e pola outra, as familias con rendas baixas.

Pódese entender esta correlación de maneiras moi diversas. Podemos interpretar que o aumento
de perdedores leva consigo un aumento de rendas máis baixas, ou, ao contrario, que cantas máis
rendas baixas, máis perdedores hai.

Pero lembremos que esta forte correlación non implica que un aumento na cantidade de rendas
baixas cause un aumento do número de perdedores, e viceversa. Existen numerosas variables
que inflúen nesta situación, pois non só depende a económica, senón tamén o entorno do
individuo, sen contar con que o ter unha renda baixa non quere dicir que se vai a fracasar.

Ben é certo que os alumnos pertencentes a familias desfavorecidas económicamente teñen


menos posibilidades que aquelas cun poder adquisitivo maior, pero isto non é un factor causativo,

2
Actividade Nº 1

pois deberiamos de ter en conta a motivación, aptitudes, a relación coa familia, ou o clima escolar
para afirmar que é o nivel económico o que provoca un aumento de “perdedores”.

“A os que se inician na escola, a algúns se lles inculcou o amor pola lectura e o


coñecemento e a outros non”.

A lectura é importante xa que non só proporciona información, si non que tamén nos proporciona
a reflexión, o coñecemento e o divertimento.

A lectura vai correlacionada coa motivación e comprensión. A correlación é un principio


fundamental que se debe ter en conta a traballar cos rapaces da escola primaria, porque esta
permite establecer una relación cos diferentes contidos, tanto na propia disciplina, como noutras
importantes do currículum escolar. De tal forma, que esta habilidade se pode desenvolver
continuamente e exercitarse todos os días en múltiples momentos, por exemplo nas aulas
escolares ou na casa, o que permite aproveitar recursos e tempo.

Tamén, é importante, que nas escolas os maestros inculquen a os cativos a lectura como unha
forma divertida de aprender, poder crear personaxes imaxinarios e ter a capacidade de
transportarse a mundos diferentes ós da vida real. Esta situación equipara a sensación de
aburrimento que transmite a os rapaces esta acción.

Ademais, a lectura é una afición que máis ben se contaxia. Normalmente se aprende por
imitación, como os pasatempos, os deportes que nos atraen, etc. De ahí que, canto máis cedo
sexa a idade para iniciarse nesta práctica, terá máis facilidade de comprensión. Polo tanto, é
importantísimo que os nenos se familiaricen cos libros, que contemplen a os seus adultos máis
próximos lendo e que empecen a experimentar curiosidade e desexo de ler por sí solos.

Pero, por outra banda o amor e coñecemento pola la mesma non é igual en toda as persoas. Aquí
hai que facer fincapé na escola, onde os estudantes están obligados a ler libros que non gustan
ou que non presentan interese en lelos. O que proporciona un rexeitamento a esta actividade,
porque no ámbito académico están obrigados a lelos se queren superar o curso. Polo tanto,
deberían elaborar criterios que axuden a selección de recursos adecuados a cada circunstancia.

Asimesmo, a familia xoga un papel importante do amor cara a lectura, xa que actualmente coas
novas tecnoloxías viuse afectada a práctica desta e a supervivencia dos libros. Moitos pais danlle
a o seu rapaz a tablet, o móvil para que estes estén calados ou para que non os estén
incordiando. Pero esta non é una boa táctica, xa que o rapaz ou rapaza vai ir acostumada a estes
avances e non van saber ler nin comprender axeitadamente nun futuro próximo.

3
Actividade Nº 1

Para concluír, o infante antes de ir a escola necesita cercanía e cariño por parte dos seus titores
legais cara o amor a lectura. É boa idea que os rapaces leven esta pauta, deixándolles que
escollan libros e os lugares onde queiran lelos. Tamén, hai que darlles tempo para que observen
paulatinamente os debuxos e así non se aburran.

“Hai pais e nais que se implican nos estudos dos seus fillos e outros se inhiben.”

Nesta oración pódese ver a correlación entre dúas variables: pais preocupados e pais
despreocupados nos estudos dos fillos.

Nais e pais están cada vez máis involucrados na educación dos seus fillos para que alcancen
unhas metas que non teñen porque ser as que estes queren. A conquista da autonomía
adolescente pode levar consigo a ruptura familiar e a dependencia, pero tamén é posible alcanzar
a autonomía sen que se produza o conflito interxeneracional.

Gran parte dos proxenitores aseguran que implicándose nos estudos dos seus fillos, poderán
chegar a uns mellores resultados e un mellor futuro, olvidándose así que queren os seus nenos
polo orgullo de que estes teñan boas cualificacións ou procuren ser os mellores en todas as
materias do colexio. Normalmente estés pais, controlan todo o que fan os seus fillos para asegurar
que todo este sempre ben ou o mellor posible. Aínda así, en moitos casos os nenos cumpren as
metas que os pais puxéronlle, o que non quere dicir que sin eles non o conseguirían.

Os pais que se inhiben dos estudos dos seus fillos, por unha banda está ben que os nenos vaian
madurando e vólvanse autónomos xa que estes toman as súas propias decisións e aprenden dos
seus erros o que non queren dicir que non alcancen o éxito, pero sempre estando ahí para o que
precisen. Polo outro lado os nenos poden tomar malas decisións e será preciso axudalos e
aconsexalos para que aprendan.

Os proxenitores non deben controlar tanto o que fan os seus fillos, deben deixar que erren e que
aprendan, pero sempren deberán estar ahí para axudalos cando estes necesiten. Desta maneira
farán e cumplirán os soños que teñan sen ter en conta as metas pautadas polos pais.

Para rematar podemos entender a correlación de varias maneiras, sendo pais preocupados ou
que se inhiban dos estudos e que os seus fillos triunfen en algo que queren e sendo pais
preocupados ou que se inhiban nos estudios e que ríndansen o verse presionados a conseguir o
que estes queren deixando todo atrás.

4
Actividade Nº 1

“Os estudantes cuxa familia vive de traballos non cualificados teñen 4,5 menos
probabilidades de acceder á universidade”.

Podemos ver unha correlación entre ambas variables, xa que se unha familia ten traballos non
cualificados hai menos probabilidades de que esas persoas accedan á universidade. Isto non
quere dicir que a causa do descenso de probabilidades de acceder á universidade sexan os
traballos non cualificados.

Os traballadores non cualificados realizan tareas sinxelas e rutinarias que requiren principalmente
a utilización de ferramentas manuais e, a miudo, certo esforzo físico.

Seguindo esta definición si que hai unha relación entre as dúas variables, pois moitas veces os
traballos non cualificados non son tan ben pagados como os que si, polo que é máis difícil acceder
económicamente á universidade. Pero tamén pode ser todo o contrario, e xente que traballa neste
tipo de empleos poden permitirse este tipo de estudos.

Esta correlación sería positiva, pois canto menos cualificado sexa o empleo, menos
probabilidades hai de acceder á universidade, ambas variables móvense na mesma dirección.

¿É o nivel social a causa dun baixo rendemento escolar?

Tras debatir o tema entre os membros do grupo chegamos á conclusión de que o nivel social
inflúe nas posibilidades que ten unha persoa no eido académico. Non obstante, cabe destacar que
existen diversas variables que poden provocar que o rendemento do alumnado diminúa.

En primeiro lugar, o poder adquisitivo. Moitas persoas que carecen de poder adquisitivo non gozan
dos mesmos medios para poder estudar como os que si, creando así unha barreira divisoria entre
aqueles que teñen posibilidades e os que non, o que dende o noso punto de vista é inxusto.

Outro factor a ter en conta é a situación individual de cada quen para desenvolver as actividades
académicas. Por exemplo, un adolescente dun baixo nivel social que non pode permitirse uns bos
estudos, que en ocasións vese na obriga de buscar traballo e que ademais, vive nun mal ambiente
familiar debido a este problema, non vai conseguir un alto rendemento académico, provocando
problemas na saúde mental, que é imprescindible para a productividade.

Asimesmo, hai que ter en conta as relacións interpersoais, denominadas habilidades sociais, que
posibilitan as persoas a ser socialmente máis áxiles pola consecución dos seus obxectivos. De ahí

5
Actividade Nº 1

a necesidade de estudar a relación dos adolescentes para determinar a forma de relacionarse


como unha situación agradable ou unha forma de estrés no contexto onde pasan máis tempo.

Tamén é importante ter en conta o contexto escolar, onde se levan a cabo as actividades de
formación e estudo. Polo tanto, son importantes as formas de aprendizaxe que motiven ao
alumnado para acadar os resultados óptimos.

Pola contra, se contemplamos a liña do tempo podemos percibir novos avances. Actualmente hai
moitos recursos para desenvolver os nosos estudos como becas, bolsas e préstamos. Polo tanto,
poderiamos dicir que é máis fácil acceder a ensinanza se carecemos de recursos suficientes coma
fai dez anos.

Para rematar, o nivel social é causante dun baixo rendemento académico. Hai que centrarse no
comportamento dos individuos e a búsqueda de entender os motivos da conduta e o pensamento
social.

You might also like