You are on page 1of 14

AUTONOMÍA PERSOAL E SAÚDE INFANTIL

Ciclo Superior de Educación Infantil

Graciela Collado Fernández

UD 1 - No comezo todo é

escuridade
Tabla de contenido
Escriba el nivel del capítulo (nivel 1)
Escriba el nivel del capítulo (nivel 2)
Escriba el título del capítulo (nivel 3)
Escriba el nivel del capítulo (nivel 1)
Escriba el nivel del capítulo (nivel 2)
Escriba el título del capítulo (nivel 3)
CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

INTRODUCCIÓN
O proceso de crecemento do ser humano empeza coa concepción e dura
aproximadamente ata os dezaoito anos. A partir desta idade empeza una etapa
de maduración e envellecemento.

A primeira infancia constitúe a etapa máis crítica no desenvolvemento da


persoa, na que é máis vulnerable. É durante os primeiros anos da vida cando
se constrúe a estrutura sobre a que se producirá o desenrolo intelectual,
emocional e moral que permitirá ás nenas e nenos chegar a ser persoas
autónomas.

A maduración e as aprendizaxes que esta estrutura fai posible condicionan o


comezo da autonomía, é dicir, a capacidade de satisfacer por un mesmo as
propias necesidades materiais e afectivas na medida en que isto sexa posible.
En todo caso, a autonomía é unha necesidade e unha conquista da persoa.

As necesidades do desenvolvemento infantil son fisiolóxicas por un lado e


psicosociais polo outro. A crianza depende das persoas adultas para satisfacer
unhas necesidades que, tal como ocorre coas das persoas adultas, abarcan
todos os aspectos da actividade humana: necesidades materiais, afectivas,
morais, intelectuais, culturais, técnicas, etc.

A IMPORTANCIA DOS PRIMEIROS ANOS


A conquista da autonomía durante os primeiros anos de vida consiste nunha
liberación progresiva da situación de dependencia cara as persoas adultas, e
se manifesta en cambios no comportamento da crianza. Este proceso de
autonomía é lento na especie humana, dado que nacemos prematuros e com-
pletamente dependentes.

Para dar unha resposta educativa adecuada ás necesidades das nenas e


nenos debemos partir do coñecemento das súas características
evolutivas, especialmente nunha etapa como a da educación infantil,
caracterizada pola rapidez dos cambios e pola súa importancia no conxunto do
desenvolvemento. 

Nesta etapa educativa é fundamental ter en conta todos aqueles aspectos


relativos á saúde así como coñecer as características principais do
desenvolvemento infantil normal e as posibles alteracións que poden
presentarse. A escola infantil constitúe un marco privilexiado para a
observación e seguimento grazas ao contacto directo e continuado de crianzas
e persoas educadoras.

1. CRECEMENTO, MADURACIÓN, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

Os cambios que se producen na primeira infancia teñen que ver con catro
procesos diferentes pero interrelacionados: crecemento, maduración,
desenvolvemento e aprendizaxe.
- O crecemento físico é un proceso cuantitativo producido polo aumento
e multiplicación das células do corpo. O crecemento inclúe, entre outros, o
alongamento dos ósos e o aumento do peso corporal, e condiciona o proceso
de maduración das persoas.
- A maduración é o conxunto de cambios que teñen lugar ao longo da
evolución dos individuos, cambios que se fundamentan na variación da
estrutura e a función das células. Por exemplo, a maduración do sistema
nervioso permite que se creen máis e mellores conexións nerviosas, que á vez
permiten respostas que se adaptan mellor ás necesidades da persoa.
- O desenvolvemento é a formación progresiva das funcións
propiamente humanas, de modo que se activan as potencialidades das
persoas: linguaxe, razoamento, memoria, afecto, etc. O proceso de
desenvolvemento comporta saltos cualitativos importantes vinculados a
momentos chave, que permiten pasar dun estado de menos capacidade a
outro de máis capacidade.
- A aprendizaxe é o conxunto de procesos psicolóxicos a través dos que
as persoas incorporan novos coñecementos, valores e habilidades propios da
cultura e da sociedade na que viven. As aprendizaxes implican cambios de
conduta, de maneiras de obrar, de maneiras de responder, etc.
O crecemento e a maduración están estreitamente ligados, e fan posible o
desenvolvemento a través do que a persoa aprende ao longo da vida. Tamén
hai unha estreita relación entre a alimentación, o crecemento e o
desenvolvemento. O cerebro dos seres humanos depende en grande medida
das experiencias externas que teñamos na infancia, mediadas polos adultos
que nos coidan, pero tamén de que nesa etapa recibiramos unha boa
alimentación.

1. 1 Os períodos críticos

O noso desenvolvemento ao longo da infancia está marcado por unha serie de


períodos críticos ou sensibles nos que o crecemento e a maduración das
estruturas biolóxicas sucédense con máis velocidade. Estes períodos coinciden
coa etapa prenatal, o primeiro ano de vida e a adolescencia.
Nos outros períodos, os logros acadados aséntanse e poténcianse, de forma
que prevalece a adquisición e a mellora de capacidades sobre o crecemento e
a maduración.

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

2. CARACTERÍSTICAS DO CRECEMENTO

No momento de nacer, a/o bebé debe afrontar unha nova realidade, deixa de
vivir nun entorno protexido para pasar ao mundo exterior. Neste novo entorno
comeza un proceso intenso de crecemento e desenvolvemento que terá unha
importancia esencial para o seu futuro. Por este motivo, o primeiro ano de vida
considerase un dos períodos críticos do desenvolvemento humano.

Os anos seguintes tamén terán unha grande importancia, posto que é cando o
crecemento e a maduración se completan e imos adquirindo as capacidades
necesarias para chegar a obrar con independencia no seu medio. Dada a
inmadurez humana nos primeiros anos, é responsabilidade das persoas
adultas asegurarse de que este período transcorra nas mellores condicións.

2.1 Como se produce o crecemento?

O crecemento non é uniforme no tempo, e tampouco na maneira na que se


produce. O crecemento e o desenrolo fan que se dea un cambio importante
nas proporcións corporais e incluso, na composición do organismo. Por
exemplo, a graxa corporal supón un 12% da masa corporal no momento do
nacemento, e está ao redor do 18% na idade adulta.

En canto ás proporcións corporais, podemos observar que son moi diferentes


con respecto a persoas adultas:
- Cabeza: proporcionalmente é moi grande no nacemento e representa
máis ou menos a cuarta parte do corpo, mentres que en persoas adultas
representa unha sétima parte.
- Pescozo: é practicamente inexistente en crianzas recentemente nadas,
en comparación coa extensión que alcanza nas persoas adultas.
- Abdome: tamén é proporcionalmente máis grande ca en persoas
adultas.
- Brazos: proporcionalmente son máis curtos.
- Pernas: proporcionalmente son máis cortas e tamén son máis grosas.
Ademais están lixeiramente arqueadas.

Rapidamente, no proceso de crecemento, estas proporcións entre as diferentes


partes do corpo vanse modificando e tenden cara as proporcións propias da
idade adulta, basicamente como resultado do crecemento do esqueleto e en
especial, do dos ósos longos. Durante os primeiros anos é cando a
modificación nas proporcións é máis importante. A partires dos cinco anos, as
proporcións vanse achegando máis ás das persoas adultas, sobre todo na
cabeza e nas pernas

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

2.2. Que FACTORES condicionan o crecemento?

O crecemento non se produce de igual maneira en todas as persoas nin acada


os mesmos niveis; así como tampouco o desenvolvemento se produce sempre
igual. A que se deben as diferenzas? En xeral, podemos identificar tres
categorías de factores que inflúen no crecemento e desenrolo do ser humano:
os factores prenatais, os factores perinatais e los factores posnatais. Tamén
podemos diferenciar entre factores endóxenos (aqueles que dependen do noso
propio corpo) e exóxenos (aqueles dependentes de causas externas).

2.2.1. Factores prenatais

Son aqueles que se producen antes do nacemento. Pódense clasificar en


xenéticos, hormonais e ambientais.
- Factores xenéticos. Os xenes se transmiten de xeración en xeración e
determinan aspectos do crecemento como a talla, o peso ou a cor do cabelo.
Pero tamén determinan aspectos do desenvolvemento e da capacidade de
aprendizaxe.
- Factores hormonais. A insulina e o lactóxeno placentario inflúen
especialmente no crecemento fetal. As alteracións que poda haber na
produción destas hormonas ocasionarán trastornos de crecemento.
- Factores ambientais. Dentro deste grupo incluímos os hábitos de vida e
saúde da familia, principalmente da nai, durante a etapa prenatal. O consumo
de alcol, de drogas ou de tabaco, a falla dunha dieta equilibrada, as
enfermidades transmisibles ou as actividades físicas perigosas durante a
xestación poden producir deficiencias ou trastornos no desenvolvemento do
feto.

2.2.2. Factores perinatais

Son os que se producen no momento do parto. O parto prodúcese ao redor das


40 semanas de xestación (entre as 38 e as 42 semanas), e se denomina parto
a término. Pero a miúdo, e por varias circunstancias, o parto ocorre antes deste
período; nestes casos falamos de:
- Parto prematuro, se ten lugar entre as 28 e as 37 semanas de xestación.
- Parto inmaturo, se ten lugar entre las 20 e as 28 semanas de xestación.
Os partos que non chegan a término afectarán en maior ou menor grado ao
crecemento e desenvolvemento da crianza en función do tempo de xestación,
4

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

das causas que ocasionaron o parto antes de tempo, de como foi o parto, etc.
Pero tamén os partos a término poden ter consecuencias sobre a crianza se
hai complicacións. Por exemplo, se é instrumental ou se produce compresión
ao baixar polo canal do parto.

2.2.3. Factores posnatais

Os factores posnatais son aqueles que teñen lugar despois do nacemento.


Inflúen no crecemento e no desenvolvemento, e son consecuencia da relación
e da interacción constante co medio, polo cal están directamente relacionados
co nivel económico, social, cultural e medioambiental da familia. Os factores
posnatais son múltiples, pero pódense destacar como máis importantes: a ali-
mentación, a educación, os ciclos de actividade e descanso, a hixiene, as
relacións afectivas, as enfermidades e accidentes. En xeral, as crianzas que
creceron en ambientes pouco estimulantes amosan tallas e pesos inferiores
aos promedios da súa idade.

2.3. Que FASES podemos identificar?

Na etapa prenatal (período que vai dende a concepción ata o parto),


podemos distinguir 3 fases:
- CIGÓTICA: Se corresponde coas dúas primeiras semanas do
embarazo. O cigoto é unha célula que comeza a subdividirse noutras e
vai aumentando de tamaño ata converterse en Embrión.
- EMBRIONARIA: Vai dende a terceira semana ata o final do
segundo mes de embarazo. O embrión vaise desenvolvendo e vanse
formando os sistemas e aparellos corporais.
- FETAL: Dende o terceiro mes ata o parto. Neste momento ten
forma humana definida.
A etapa posnatal vai dende o nacemento ata a idade adulta. Abarca as
seguintes fases:
- NEONATAL: Dende o nacemento aso 28 días de vida. É un
período de adaptación á vida no exterior, no que se poden descubrir
alteracións conxénitas ou xenéticas.
- LACTANCIA: Dos 28 días a 1 ano.
- INFANTIL: De 1 a 3 anos. Adquisición da linguaxe e da marcha e
de hábitos de autonomía persoal.
- ESCOLAR: De 3 a 6 anos. Apertura social.

2.4. Como se mide o crecemento?


5

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

Os cambios no crecemento son cuantitativos e por lo tanto, pódense medir. A


partires de parámetros medibles pódense facer táboas cos valores medios que
corresponden a estes parámetros para cada idade. Así, por exemplo,
encontraremos táboas onde localizar, en función da idade, a altura media para
nenos e para nenas ou o perímetro cranial medio que lles corresponde. Estes
estudos estatísticos son útis para valorar os datos que obtemos e comparalos
cos promedios da poboación, pero nunca podemos esquecer que:
- Todo ser humano pasa polos mesmos períodos de crecemento e
desenvolvemento, pero estes non sempre ocorren no mesmo momento da vida
nin teñen a mesma duración nin se producen co mesmo grao.
- Os estudos estatísticos establecen fases para simplificar e sistematizar a
descrición dos cambios; estas fases responden a criterios arbitrarios e, polo
tanto, o número de fases e o inicio e o final de cada unha delas dependen a
miúdo de quen as estudiou en cada momento.
Tendo isto en conta, veremos agora os parámetros máis usuais para medir o
crecemento: o peso, a talla e o índice de masa corporal.

2.4.1. O peso

O peso é a medida da masa corporal. Emprégase sobre todo como parámetro


nutricional, porque como indicador de crecemento non é tan preciso como a
talla. O peso non é moi útil como dato illado e sóese usar en relación con
outros parámetros.
A medición deste parámetro faise cunha báscula. Para os menores de dous
anos empréganse básculas que permiten colocarse sentada ou deitada, e para
os máis grandes, básculas de plataforma onde se poñen de pe.
Como datos promedio e tendo en conta que haberá variabilidade individual, es
interesante saber que:
- Nacemento. O promedio de peso neonatal é duns 3,3 kg nos nenos e
duns 3,2 kg nas nenas, cunha oscilación normal entre os 2,5 e os 4 kg ou máis.
- Primeira semana. Durante os primeiros días sófrese unha perda de
peso, que non tería que superar o 10% do peso ao nacemento, debido á
expulsión do meconio (restos da alimentación uterina) e do tempo de xaxún ata
que a nai ten a subida da leite. Esta perda recuperase aproximadamente nunha
semana.
- Semanas 2 a 24. Aumenta uns 20 g/ día durante os primeiros seis
meses.
- Semanas 24 a 48. Entre os seis e os doce meses o bebé aumenta o seu
peso uns 15 g/día.
- A partir do ano. O aumento prodúcese a ritmo máis lento,
aproximadamente 2 kg/ano.

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

A OMS proporciona diferentes táboas de crecemento, de altura e peso


relacionándoas coa idade, nas que se mostran os valores medios para cada
idade e a marxe que se considera dentro do habitual. Dáselle unha
ponderación do 3 ao 98, que é o que denominamos comunmente percentil.

2.4.2 A talla

A talla é a lonxitude que hai entre os pes e a cabeza. A medición se fai de


diferente maneira segundo a idade da crianza.
- Ata os dous anos. A medición faise coa crianza estirada, cuns aparatos
que teñen unha táboa horizontal graduada e dous apoios perpendiculares, un
fixo para marcar a posición da cabeza e outro móbil para axustalo á medida
dos pes. Neste caso, o parámetro denomínase lonxitude.
- A partir dos dous anos. A medición faise co neno en pe, cuns
instrumentos que soen ter unha táboa vertical graduada e un apoio horizontal
móbil, que baixa para axustalo a nivel da cabeza. O parámetro se denomina
talla ou estatura.

Respecto da evolución media da talla atopamos que:


- Ao nacer. A lonxitude media neonatal é de 49 cms nas nenas e de 50
cms nos nenos, fluctuando entre os 45 e os 53 cms.
- Primeiro ano. Durante o primeiro ano a talla inicial aumenta nun 50%. O
ritmo de crecemento é moi alto durante os tres primeiros meses (equivalente a
uns 40 cms/ano), e baixa a partires do cuarto (ata el equivalente a uns 14
cms/ano).
- Segundo año. A media de crecemento queda nuns 8-12 cms/ano.
- Terceiro a sexto anos. O promedio de crecemento baixa a uns 6-8
cms/ano.

2.4.3. Índice de masa corporal (IMC)

Tradicionalmente valorouse o peso relacionándoo coa talla. Actualmente o


indicador máis empregado para establecer se o peso é o adecuado é o índice
de masa corporal. O índice de masa corporal (IMC) é un valor que relaciona el
peso y la talla. O cálculo se fai mediante a fórmula seguente:
IMC = peso (kg) / talla2 (m)
O IMC proporciona a medida máis útil para establecer se hai sobrepeso ou
obesidade, posto que se pode calcular de forma sinxela a partires do peso e da
talla, sen necesidade de ter en conta outros parámetros.
A OMS establece que:
- Un IMC igual ou superior a 25, determina sobrepeso.
- Un IMC igual ou superior a 30, determina obesidade.
7

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

Estes valores son válidos para as persoas adultas. No caso das crianzas é
necesario ter en conta a idade.

2.4.4. Perímetro Cranial

É a medida do contorno da cabeza. Mídese cunha cinta métrica flexible. Nunha


persoa recén nada mide entre 34 e 36 cms. Ao ano alcanza os 48 cms. Para
que este crecemento e o paso polo canal do parto sexa posible, os ósos do
cranio non están soldados. Entre as placas óseas temos as fontanelas e as
suturas, que pouco a pouco irán soldándose.

3. AVALIACIÓN DO DESENVOLVEMENTO INFANTIL


O desenvolvemento é un proceso de cambios psicolóxicos de carácter
cualitativo como resultado da interacción co ambiente e que afectan a nosa
forma de sentir, pensar e tamén a forma de comportarnos e actuar. Comporta
saltos cualitativos importantes vinculados a momentos chave, que permiten
pasar dun estado de menos capacidade a un de máis capacidade.
Podemos dicir que o desenvolvemento está relacionado co crecemento na
medida en que o desenrolo funcional só será posible sobre unha base física
que a sosteña. Así pois,

3.1. Ámbitos nos que se produce o desenvolvemento


Son os seguintes:
 Desenvolvemento motor. É moi rápido e importante na etapa infantil,
supón a base do resto das adquisicións humanas. Algún dos aspectos máis
significativos do desenrolo motor son: 
o Adquisición da marcha.
o Control postural.
o A coordinación.
 Desenvolvemento cognitivo. É un aspecto fundamental. A
característica máis destacada é que a crianza, partindo de si mesma, se
relaciona co entorno e cos demais. Algún dos aspectos máis importantes son: 
o A construción da permanencia do obxecto.
o A adquisición da linguaxe.
 Desenvolvemento socio-afectivo. Prodúcese a partir das emocións e
ten unha función de satisfacción das necesidades básicas e o establecemento
progresivo das relacións sociais. Algún dos aspectos máis importantes son: 
o A autoestima.
o O autoconcepto.
8

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

o As relacións co entorno social


Aínda que son conceptos diferentes, teñen algunhas características comúns:
 O crecemento e o desenvolvemento ocorren en direccións regulares,
que reflexan o desenrolo físico e a maduración das funcións neuromusculares.
 En todas as dimensións do crecemento e o desenvolvemento hai
unha secuencia definida e previsible. É ordeada e continua, e todas as
crianzas pasan por esta etapa. Ex/ Arrástranse antes de gabexar, gabexan
antes de erguerse, etc.
 Aínda que hai unha orde específica no proceso do desenvolvemento e
crecemento, este non progresa ao mesmo ritmo en todas as persoas.
O crecemento e o desenvolvemento se producen en direccións regulares.
Pero, en que dirección se producen? 

3.2 Leis reguladoras do crecemento e o desenvolvemento:


 Lei céfalo-caudal: O extremo superior do organismo, desenrolase antes
e é de maior complexidade que o extremo inferior. Así, por exemplo, será
anterior o desenrolo das partes da cabeza que dos pés. Isto é especialmente
evidente no período prenatal.
 Lei próximo-distal: O crecemento e o desenrolo se producen dende o
centro do organismo á periferia. Por exemplo, o desenrolo dos ombros será
anterior aos da man.
 Lei do xeral ao específico: no desenrolo xeralizado o global precede
sempre ao específico ou especializado, é dicir, dende as operacións simples
avanzase a operacións máis complexas e especializadas. Isto se observa de
forma clara no control dos movementos, que va avanzando progresivamente
ata o dominio da motricidade fina.
 Lei de flexores a extensores: Acádase antes a capacidade de flexionar
que a de estirar.

4. MADURACIÓN ÓSEA

Comeza no período fetal co endurecemento progresivo do tecido


cartilaxinoso. Ao nacer temos moitos máis ósos que no período adulto, debido
a que van soldándose.
Como a medimos?
Mediante unha radiografía da man, boneca e dedos da man non dominante.
Tamén se ten en conta a idade de aparición da primeira dentición.

4.1. O desenvolvemento da dentición

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

A aparición dos dentes é unha das primeiras manifestacións externas da


maduración ósea. O recentemente nado non ten dentes cando nace.
Normalmente aparecen aos 6-8 meses. Se a saída dos dentes se atrasa e non
se observan problemas de crecemento óseo, pode ser un trazo xenético
familiar.
Os dentes completos do neno están formados por 20 pezas que sairán
gradualmente. Esta chamada dentición de leite é temporal e co paso do tempo
substituirase pola dentición permanente, que consta de 32 dentes (8 incisivos,
8 premolares, 4 caninos e 12 molares).

A táboa 1.1 mostra a cronoloxía do aspecto da primeira dentición. Estas idades


son aproximadas, pode haber unha diferenza entre 3 e 6 meses dependendo
da persoa.

Táboa 1.1. Primeira dentición ou dentes de leite


Idade Total Dentes
6 a 12 meses 8 incisivos 8
12 a 18 meses 4 primeiros premolares 12
18 a 24 meses 4 caninos 16
24 a 30 meses 4 segundos premolares 20

A orde de aparición da dentición é da mandíbula inferior á superior e do centro


aos lados. O primeiro dente que aparece é un incisivo e normalmente sae ao
redor do quinto ou sexto mes.

10

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

Durante o primeiro ano, completará os incisivos superior e inferior, superior e


lateral, despois os primeiros premolares superior e inferior, os caninos superior
e inferior e máis tarde o segundo premolar inferior e superior. A primeira
dentición completarase ao redor dos dous ou dous anos e medio. Isto permitirá
ao neno ampliar a variedade de alimentos, xa que grazas aos dentes poderá
mastigar case todo.
Os dentes inferiores adoitan saír un pouco antes que os mesmos dentes
superiores (os seus homólogos) (por exemplo, os incisivos centrais inferiores
saen antes que os incisivos centrais superiores).
O proceso de dentición é doloroso. Durante este período, a crianza dará
mostras do seu malestar. Pode ter menos fame do normal, o seu ritmo de sono
pode estar alterado, pode estar máis inquedo e a temperatura corporal pode
aumentar de cando en vez. O que temos que facer é darlle obxectos que poida
morder, alimentos máis duros ou obxectos que estean fríos para aliviar a dor.
Nuns cinco ou seis anos comezará o cambio de dentición dos chamados
dentes de leite por dentición permanente. Neste momento, a comida pode ser a
mesma que a dun adulto. Non todos as persoas son iguais e non todos os
dentes aparecen á mesma idade.
Se a crianza ten máis de 6 meses de atraso na aparición dos dentes de leite,
débese avaliar se sofre hipopituitarismo, hipotiroidismo ou síndrome de Down.
Se ten máis de dous anos de retraso na súa dentición permanente, o caso
debería ser analizado.

5. MADURACIÓN DOS PRINCIPAIS SISTEMAS

A característica xeral dos órganos neonatais é a súa inmadurez funcional.


Durante os primeiros días, semanas e meses acelérase o proceso madurativo
dos diferentes órganos e sistemas para responder de maneira satisfactoria ás
novas exixencias vitais. Por exemplo, as frecuencias cardíaca e respiratoria
neonatais son máis altas que as das persoas adultas, e se van reducindo coa
idade.
Os principais procesos de maduración que hai que ter en conta son:
- Sistema inmunolóxico. Ata os catro ou cinco meses, emprega os
antíxenos da nai, transmitidos a través da placenta. A partir dos oito meses
comeza a sintetizar os seus propios anticorpos.
- Aparato dixestivo. O recén nado aliméntase exclusivamente de leite e co
tempo irá introducindo novos alimentos na súa dieta. O aparato dixestivo irá
madurando e crecendo de acordo coas novas necesidades que se irán
producindo. Acadará a súa madurez aos 2 anos. Momento no que será 5 veces
máis grande.
- Sistema renal. A maduración dos riles non se completa ata os dous
anos.
- Sentidos. Vanse desenrolando pouco a pouco, algúns máis rápido que
outros. A agudeza auditiva é case igual á das persoas adultas, mentres que a
agudeza visual tarda máis en desenrolarse. Entre os catro e os seis meses se
11

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA


CS EDUCACIÓN INFANTIL Autonomía Persoal e Saúde

Infantil

establece de forma definitiva a visión binocular; a percepción de profundidade


non se alcanza ata os 7-9 meses.
Nos diferentes centros de atención á infancia, as e os profesionais, teñen
que efectuar un seguimento do crecemento e desenvolvemento que
permita detectar de forma precoz posibles alteracións, intercambiar
información coas familias e establecer acordos de atención orientados ao
fomento do peso adecuado e de hábitos e estilos de vida saudables que
contribúan a un desenvolvemento óptimo.

12

UD 1 - CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO FÍSICO NA PRIMEIRA INFANCIA

You might also like