You are on page 1of 14

1.

O crecemento físico dos tres aos seis anos


1.1 A curva do crecemento despois dos dous anos
Durante os anos pre-escolares, os nenos e nenas non deixan de aumentar regularmente a
súa talla e o seu peso, aínda que a velocidade de crecemento é máis lenta que nos primeiros
anos. De media, a partir dos 3 anos, os nenos e nenas crecen entre cinco e seis centímetros por
ano e van aumento o seu peso en dous ou tres quilos por ano, de forma regular e estable. Coa
chegada da pubertade, a velocidade de crecemento increméntase algo, lentificándose a partir
de aí ata o seu estancamento definitivo pouco despois.
Neste momento, hai que facer especial fincapé no dimorfismo sexual, é dicir, o diverso perfil
que teñen as curvas de crecemento no caso das nenas e os nenos. Ata os sete anos,
aproximadamente, os nenos presentan unha lixeira vantaxe sobre as nenas, ao igual que nos
primeiros anos. A altura e o peso medio dos nenos e as nenas iguálanse aos sete anos, sen
embargo, a partir dos nove anos a media das nenas é superior á dos nenos tanto en altura como
en peso; así, aos once anos, elas van por diante deles nos dous aspectos. Sen embargo, aos trece
anos, a altura media volve a ser a mesma, aínda que as nenas conservan unha lixeira vantaxe de
peso. Aos quince anos os nenos empezan a tomar unha vantaxe como media definitiva.
En resumo, partindo dunha lixeira vantaxe estaturo-corporal por parte dos nenos, en estas
idades observamos que as nenas toman a dianteira durante un ou dous anos para ser,
posteriormente, claramente superadas polos nenos, pois eles seguen aumentando o seu
tamaño e o seu peso cando elas xa apenas teñen cambios.
Para concluír, débese ter presente que é importante que os valores de crecemento se
manteñan dentro da normalidade; controlar o crecemento para que este non se estanque e
asegurarse que a curva de crecemento sexa coherente consigo mesma.

O crecemento, a nivel de peso e talla, soe estar predeterminado por cuestións xenéticas e
madurativas. Así pois, é bastante frecuente que os nenos e nenas, cuxos pais teñen unha
constitución forte, sexan forte.

1.2 Proporcións
Dende os dous ata os seis anos de idade, progresivamente, os nenos e nenas deixan de ser
regordetes e vólvense máis delgados. Neste momento, os brazos e as pernas alónganse e a
relación entre o tamaño da cabeza e o resto do corpo parécese máis ao dun adulto.
Nesta etapa tamén se producen cambios físicos internos: os nenos e nenas vólvense máis
fortes 💪 conforme o tamaño dos seus músculos 🫀 crece e os osos 🦴 se
fortalecen e a súa capacidade pulmonar 🫁 aumenta ⬆. Isto último permite que
con cada ano que pasa os cativos e cativas poidan correr 🏃 máis rápido e facer
exercicio 🏋 durante máis tempo 🕒 que antes.
Maduración ósea
A medida que os nenos e nenas se desenvolven, os seus osos vanse desenvolvendo.
Como mestres/as de infantil debemos ter este dato presente para considerar, no noso día a día,
factores como a postura na que se sentan os cativos e as cativas (os pequenos e pequenas deben
sentarse en forma de indio); a altura das mesas e as cadeiras (a esta idade hai diferenzas
individuais en altura, polo que non todos os pequenos e pequenas poden usar o mesmo modelo
de mesa) ou o peso das mochilas ( o peso da mochila non debe superar o 10% do peso do
pequeno ou pequena)

1
Desenvolvemento do cerebro e do sistema nervioso
Aos tres anos o cerebro mide e pesa cerca de ¾ partes dun cerebro adulto, sen embargo,
tan só dous anos despois (aos cinco) o cerebro pesa xa o 90% dun cerebro adulto medio. Fronte
a isto, o corpo medio dun neno de cinco anos pesa tan só un 30% do peso do corpo dun adulto
medio.
En relación ao desenvolvemento do cerebro, é importante mencionar que a parte pre-
forntal (a relacionada co razoamento, o control dos impulsos, a procura de solucións; etc.) é a
última en desenvolverse. Así mesmo, cabe destacar que a medida que o cerebro
crece, a nivel funcional, cada vez hai máis sinapses entre as neuronas. Isto favorece,
entre outros, á atención dos pequenos e pequenas que cada vez é maior así, por
exemplo, un cativo ou cativa de cinco anos aguanta máis ca mesma actividade que
un de tres.
Sinapsis
Ata os dez/doce anos ten lugar un incremento do número de conexións entre as células e a
materia gris. Isto ten 🚨 relación cos 🚨 procesos de atención ⚠, planificación 📝 e control
cognitivo 👮. En relación a este tema, cabe destacar que grazas a este proceso a atención é cada
vez máis sostida 😰, voluntaria 😊, consciente 👀 e selectiva ✅.
Milenización
Neste período a cantidade de mielina increméntase, o que axiliza a transmisión de impulsos
neurais, permitindo ao cerebro comunicarse máis eficientemente con varias partes do corpo.
1.3 Control do corpo e actividade psicomotriz
Aínda que unha parte importante do crecemento do cerebro tivo lugar na etapa pre-natal e
nos primeiros anos de vida, en idades posteriores continúan producíndose cambios no cerebro,
algúns dos cales teñen importantes repercusións para a psicomotricidade e para outras funcións
psicolóxicas, como os procesos cognitivos.
Así mesmo, nos primeiros anos, a parte motora e xenética dos cativos e cativas ten especial
relevancia no control motor dos mesmos. Sen embargo, a medida que vamos crecendo, o
aprendizaxe vai a ter cada vez un maior peso nesta área do noso corpo. En relación con isto, é
importante mencionar que nos primeiros anos os nenos e nenas van aprendendo en base a
reflexos, ao seu propio corpo e a cousas do seu arredor e, en idades posteriores, en base á
experimentación co seu propio corpo.
1.3.1 O camiño cara o domino psicomotor
No tócante ao control da actividade, podemos dicir que algúns dos cambios máis
importantes destas idades afectan ao que podemos denominar “psicomotricidade invisible”.
A “psicomotricidade invisible” 👻 fai referencia a un conxunto de aspectos non facilmente
observables a primeira vista na maior parte dos casos, pero que afectan a aspectos cruciais do
desenvolvemento psicomotor (control do ton, control do equilibrio, control respiratorio e
estruturación do espazo e o tempo) e que se consideran básicos para a realización de actividades
visibles. 🚨EXAMEN 🚨
a) Control do ton muscular
O concepto de “ton muscular” fai referencia ao grado de tensión ou relaxación que en cada
momento hai no interior dos nosos músculos. Parte do control tónico é voluntario e ten que ver
coa actividade intramuscular espontánea e o seu control neurolóxico; pero outra parte de esa
tonicidade é susceptible do control voluntario, proba disto é o feito de que podemos relaxar ou
tensar os músculos voluntariamente. A través das súas experiencias cos obxectos que se

2
relacionan os nenos e nenas van aprendendo a axustar o ton muscular ás esixencias de cada
situación.
En relación cos grandes grupos musculares, o ton repercute no control postural e na maior
ou menor extensabilidade das extremidades. O control da tonicidade muscular tamén é
importante porque, a través de complexos mecanismos neurolóxicos o ton ten relación, por un
lado, co mantemento da atención (a hipertonía dificulta a atención mentres que a hipotonía a
facilita) e, por outro, co mundo das emocións e da personalidade (as tensións emocionais
tradúcense en tensións musculares).
Para concluír con este apartado, cabe mencionar algunhas actividades coas que podemos
fortalecer a musculatura dos brazos e das pernas así como mellorar o ton. Así, por exemplo,
podemos conseguir estes obxectivos empuxando obxectos pesados, como unha pelota grande;
facendo carreiras de obstáculos ou camiñando levantando moito as pernas case
sen movelas. ↕ De igual modo, resulta interesante coñecer algunhas
actividades coas que conseguir unha correcta tensión e relaxación muscular.
Podemos acadar estes obxectivos a través de masaxes nas pernas e nos brazos
ou facendo exercicios de subir e baixas os ombreiros diante dun espello.
b) Equilibrio
O equilibrio é condición necesaria para o noso movemento e as nosas accións. Grazas ao
feito de que somos capaces de manter o noso corpo en equilibrio, podemos liberar para a acción
partes do corpo que doutra maneira se verían continuamente comprometidas no mantemento
dunha postura estable. Imaxinemos, simplemente, o incómodo que sería ter que escribir e ao
mesmo tempo ter que investir enerxía e atención no mantemento do equilibrio, ao ter que
camiñar e ao mesmo tempo esforzarse por recuperar o equilibrio tras cada cambio de posición.
A nosa autonomía funcional e a nosa independencia motora dependen do mantemento dun
equilibrio que está baixo o control de mecanismos neurolóxicos, sen que isto implique a
imposibilidade de control consciente.

Podemos distinguir entre...


Equilibrio estático Equilibrio dinámico
Aos dous anos e medio os nenos e nenas son O equilibrio dinámico progresa lentamente
capaces de manter o equilibrio con unha soa dende que o neno comeza a camiñar.
perna
Aos seis/sete anos poden manter o equilibrio Aos catro anos os nenos son capaces de
cos ollos pechados camiñar sobre líneas curvas. Posteriormente,
os cativos e cativas teñen unha serie de
períodos sensibles nos que poden mellorar o
seu equilibrio. Estes períodos teñen lugar
entre os catro e os sete anos, e entre os nove
e os trece anos.

c) Control respiratorio
O control respiratorio é unha importante función corporal suxeita, en parte, a un control
automático por parte do sistema nervioso e, en parte, a un control voluntario. Dito control é
importante porque a respiración se relaciona cos procesos de atención e as emocións. O control

3
respiratorio implica coñecer como se respira e control conscientemente (ata onde sexa posible)
o ritmo e a profundidade da respiración
d) Estruturación do espazo
A estruturación do espazo relaciónase coa consciencia das coordenadas nas que o noso
corpo se move e nas que transcorre a nosa acción. Dende os planos espaciais máis elementais
(arriba-abaixo, diante-detrás) ata os máis complexos de aprender (dereita-esquerda), nenos e
nenas teñen que ir representando o seu corpo no contexto do escenario espacial no que
transcorre a súa vida, sendo capaces de organizar a súa acción en función de
parámetros como cerca-lonxe, dentro-fora, corto-largo, etc. Cando son capaces
de servirse destas nocións na acción, están en condicións de iniciar a súa
aprendizaxe de nocións espaciais, o que significa que o espazo se domina antes
a nivel de acción que de representación.

A maioría dos nenos e nenas aos seis anos dominan conceptos básicos
De orientación: 🧭 dereita-abaixo, arriba-abaixo, diante-detrás
De situación: 🏠 dentro-fora, interior-exterior
De dirección: 🚶cara esquerda-dereita, dende aquí-dende alí
De distancia: 🚙 lonxe-cerca, xunto-separado

e) Estruturación do tempo
Os nenos e nenas sitúan a súa acción e as súas rutinas nuns ciclos de sono-vixilancia, de
antes-despois, mañá-tarde-noite, onte-hoxe-mañá, días da semana-días do fin de
semana, e é capaz de facelo na súa actividade moito antes que de representar estas
nocións. Por outro lado, as nocións temporais son máis difíciles de dominar que as
espaciais, pois mentres que as relacións espaciais son preceptivamente evidentes, as
relacións temporais so existen polas conexións mentalmente entre elas, polo que o
desenvolvemento dos conceptos temporais é máis tardío que o dos espaciais.

A evolución da compresión da orde e duración ten lugar nos períodos pre-operatorio (2/6
anos) e operatorio concreto (6/11 anos)

2. Eixes do desenvolvemento motor

Eixes complementarios do dominio psicomotor


Independencia ou segmentación
Coordinación
Automatismos

a) Independencia ou segmentación 🆓
A independencia ou segmentación é a capacidade para controlar segmentos corporais por
separado (mover unha man sen mover a outra; suxeitar un lapis entre índice, polgar e medio,
mentres que os outros se adaptan ao papel; etc.). A independencia ou segmentación non se
logra de todo ata os 7/8 anos.

4
b) Coordinación 🙏
A coordinación son os patróns motores aparentemente independentes que se integran para
formar movementos máis complexos.
c) Automatismos ⚙
As secuencias automatízanse, o que permite que os nenos e nenas non teñan que inverter
recursos atencionais en realizar determinadas accións. Este proceso iníciase sobre os tes anos,
pero non se logra ata os 6/7 anos.

A coordinación e os automatismos están relacionados entre sí.


É importante que os nenos e nenas coordinen e automaticen as accións para que poidan
utilizar a súa capacidade en facer outras cousas.

2.1 Psicomotricidade visible 🚨EXAMEN 🚨


O concepto de psicomotricidade visible fai referencia aos logros psicomotores que
observamos na actividade motriz, que implican as accións mesmas e a súa correcta realización.
Nas destrezas descritas poden observarse os avances que se van dando tanto na adquisición
de destrezas motrices globais, que afectan á motricidade grosa e ao control postural (como por
exemplo, os progresos na carreira e o seu control), como na adquisición de destrezas
segmentarias, que afectan á motricidade fina e ao control óculo-manual (por exemplo, o
progreso no uso de instrumentos).
Estes aspectos están relacionados tanto co desenvolvemento cerebral e a mielinización das
neuronas nas áreas do cerebro asociadas co equilibrio e a coordinación como coa experiencia
posto que os nenos e nenas pasan boa parte do seu tempo practicándoas, sobre todo na etapa
pre-escolar.

2.2 Habilidades motoras grosas

Da marcha á carreira
Habilidade motora grosa Idade
Correr 2-3 anos
Camiñar cara atrás en liña recta 3-4 anos
Maior control para comezar a correr, pararse 4-5 anos
e xirar
Bo control da carreira (arrancar, pararse e 5-6 anos
irar). Boas coordinacións entre brazos e
pernas. Marcha ao ritmo do son.

Estabilidade
Habilidade motora grosa Idade
Manterse un par de segundo sobre un só pe. 2-3 anos
Tirar a pelota coa man sen mover os pes do
sitio.
Andar uns pasos á pata coxa 3-4 anos

5
Correr á pata coxa 4-5 anos
Camiñar sobre unha barra de equilibrio. 5-6 anos
Lanzar e coller pelotas con dirección e
precisión.

Salto
Habilidade motora grosa Idade
Saltar entre 40 e 60 cm de lonxitude 3-4 anos
Saltar entre 60 e 80 cm de lonxitude 4-5 anos
Saltar 30 cm de altura e ata 1 m de lonxitude 5-6 anos

Escaleiras
Habilidade motora grosa Idade
Subir escaleiras sen axuda 2-3 anos
Subir escaleiras sen apoio e con alternancia 3.4 anos
dos pes
Baixar escaleiras sen apoio e con alternancia 4-5 anos
dos pes

Desprazamentos complexos: do trinciclo á bicicleta


Habilidade motora grosa Idade
Triciclo 3-4 anos
Bicicleta 4-5 anos

2.3 Habilidades motoras finas


As habilidades motoras finas implican a realización de movementos máis precisos e
delicados (brazos, mans, dedos). Estas habilidades son máis difíciles de dominar porque esixen
a coordinación de grupos musculares complexos 💪 e a coordinación ósculo-manual 👀👍.
Na 👶 etapa de pre-escolar 🍼 ten lugar un refinamento da pinza superior e o relaxamento
do pulso. Paralelamente ao dominio destas habilidades, os nenos e nenas van progresando no
uso de instrumentos (xoguetes, pinturas, etc.) e acceden a diversas actividades, como quitar as
prendas. 🚨 Cabe destacar que estas habilidades melloran notablemente aos cinco anos 🚨
Na 🧒 etapa escolar 🏫, entre os seis e os oito anos, prodúcese un avance importante debido
ao aumento de mielinización. Neste momento, os nenos e nenas van a poder utilizar as mans de
forma máis hábil; atar os cordóns dos zapatos; etc.
2.4 Esquema corporal: desenvolvemento e compoñentes 🚨 EXAMEN 🚨
A somatognosia ou imaxe de “si mesmo” é a representación que temos do noso corpo, dos
diferentes segmentos que o compoñen, das súas posibilidades de movemento e de acción e dos
seus límites.
A somatognosia ou imaxe de “si mesmo” trátase dun proceso gradual no que interactúan as
experiencias da contorna e a maduración e no que interveñen diferentes elementos
(perceptivos, motores, cognitivos, lingüísticos e a experiencia social). É importante mencionar
que a somatognosia permite formar unha representación axustada das relacións corpo-medio.

6
Os nenos, nas etapa de infantil, ten que aprender as partes do seu corpo, as limitacións
destas, etc. Podemos traballar o coñecemento do esquema corporal a través de cancións,
contos, etc.
El aprendizaxe del esquema corporal se ve plasmado en la representación de la figura
humana.
Os nenos e nenas deben ter construído o seu esquema corporal ao finalizar a etapa de
educación infantil.

Evolución do esquema corporal no debuxo


Idade Evolución da representación corporal no
debuxo
2-3 anos Representa os ollos, as orellas, a boca, o
nariz, as mans, os pes, os brazos, as pernas e
o pene ou vulva propios
3-6 anos Toman consciencia do propio corpo e das
súas posibilidades e limitacións
4-5 anos Representan a frente, as rodillas, os codos, o
peito, o pene/vulva do outro. Toma
consciencia da existencia de partes dobres e
únicas así como das partes non visibles
5-6 anos Xa ten un bo esquema corporal. Debuxa
cellas, párpados e pestanas.

2.5 Signos de alerta na construción do esquema corporal


Unha vez descartadas causas neurolóxicas que poidan producir un retraso na construción do
esquema corporal, debemos prestar especial atención a estes sinais.

Idade Sinal de alarma (non se traballou ben o


esquema corporal/hai un problema)
3 anos Non identifica os elementos da súa cara,
sinalándoas ou mostrándoos.
6 anos Non recoñece en sí mesmo os elementos
que compoñen o seu corpo

2.6 Dominancia lateral e especialización hemisférica


O corpo humano é anatomicamente simétrico, pero funcionalmente asimétrico, xa que
existe un hemisferio cerebral dominante ou que adquire unha maior especialización no
desenvolvemento de certas funcións. As preferencias laterais ás que nos estamos referindo
poden ser homoxéneas (se se é destro de ollo, brazo e perna ou zurdo de ollo, brazo e perna)
ou cruzadas (si, por exemplo, se é zurdo de ollo e destro de brazo e perna). Cando se da a
lateralidade cruzada, o máis frecuente é que o brazo e a perna estean homoxeneamente
lateralizados (destros ou zurdos), e que o ollo este cruzado respecto a eles.

7
No caso de algúns nenos, a preferencia lateral aparece claramente diferenciada xa dende a
primeira infancia. Outros cativos, sen embargo, continúan con un certo nivel de indefinición
durante os anos pre-escolares.
En xeral, a lateralización prodúcese entre os 3 e os 6 anos. Se espontaneamente non se
produciu unha definición, convén lateralizar ao neno a un ou outro lado en torno aos cinco
anos, e dende logos antes de que se vexa inmerso na aprendizaxe da escritura. Para isto, o mellor
é partir dun diagnostico que oriente cara que lado hai que lateralizar. No caso de que pareza dar
igual, porque o neno ten boas posibilidades con un e outro lado, tal vez sexa o máis aconsellable
lateralizar cara a dereita, pois hai moitos aspectos instrumentais na nosa cultura están
organizados en función dos destros. Debe quedar claro, no obstante, que ser zurdo non está
asociado a ningún problema e non hai ningunha razón pola que ser zurdo deba ser evitado.
Como normal xeral en relación coa lateralidade, se o neno non presenta ningún problema,
o mellor é non intervir. Cando haxa que facelo, esa intervención debe ser coidadosa, estar
guiada polo coñecemento das características do neno, e non situarse, a ser posible, nin antes
dos catro anos nin despois dos cinco anos e medio.

Entre os tres e os seis anos ten lugar a consolidación da lateralidade manual e a definición
nos demais segmentos corporais.
A lateralización non debe confundirse coa adquisición do concepto esquerda-dereita

2.6.1 Dominancia lateral e especialización hemisférica: conceptos


• Destro: homoxeneamente lateralizado á dereita
• Zurdo: homoxeneamente lateralizado á esquerda
• Mixta: a dominancia varía en relación ao tipo de tarefa realizada
• Ambidextro: a execución coa man dereita é tan elevada como coa esquerda
• Ambilateral: se a execución con unha man é tan reducida como coa outra
• Cruzada: diverxencias na lateralización de diferentes partes do corpo (man-pé, man-
ollo, etc.). Cando se da en man-ollo pode dificultar a aprendizaxe lecto-escritor.
2.6.2 Só debe plantexarse un cambio de dominancia manual cando se cumpra...

Só debe plantexarse un cambio de dominancia manual cando...


O neno teña menos de 6 anos
O neno empregue as súas mans indistintamente con un índice que ambidextría elevado
O neno acepte o cambio
O período de adaptación non provoque a aparición de trastornos secundarios
O nivel de intelixencia sexa normal ou elevado

3. Desenvolvemento do xesto gráfico e grafomotricidade


Dende o punto de vista psicomotor, o dominio progresivo do xesto gráfico obedece á dobre
influencia de factores madurativos e sociais. En efecto, a grafomotricidade é unha das
habilidades cuxo control se vai afinando ao longo dos anos ao fio dos avances madurativos que
permiten gañar destrezas tanto globais (o control muscular, por exemplo), como segmentarias
(motricidade fina, coordinación óculo-manual.) Pero, por outra parte, dende o momento en que
os nenos e nenas son capaces de realizar as primeiras producións gráficas, a contorna social

8
exerce unha gran influencia no moldeamento e modelado das destrazas grafomotoras: dando
ou on oportunidades para practicalas, alentando máis ou menos á produción ou reprodución de
debuxos ou letras, adestrando o manexo dos instrumentos de debuxo e escritura, interpretando
o significado das producións gráficas, etc. Como resultado desa instrución máis ou menos
explícita, nenos e nenas van adquirindo un amplo repertorio de destrezas especializadas,
inequivocamente culturais, de alto valor instrumental polo seu carácter representacional. Será
no exercicio desas destrezas como aprenderán a distinguir as súas producións como “debuxo”
ou “escritura”.

Factores madurativos que inflúen no desenvolvemento do xesto gráfico e da


grafomotricidade
Prensión (capacidade para tomar obxectos coa man)
Control tónico
Coordinación viso-manual
Independencia segmentaria
Dominio espazo-temporal

Factores sociais que inflúen no desenvolvemento do xesto gráfico e da grafomotricidade


Antes de ir á escola os nenos e nenas queren ler, escribir, pintan as paredes, etc.: imitan aos
adultos
A lectura de libros de contos xoga un papel moi importante no desenvolvemento da
alfabetización (aos nenos que se lles lee antes da escolarización conseguen maiores logros na
lectura)
60% dos nenos de 3 anos e o 80% dos de 4 y 5 anos leen "á súa maneira" impresiones
familiares (e. g., Dora, coca-cola, colacao).

3.1 O debuxo
Aínda que é difícil precisar límites temporais, é normalmente a partir dos 18 meses cando
os nenos e nenas descobren que poden trazar “pegadas” sobre superficies empregando
instrumentos como lapis. Tan pronto como descobren a relación causa-efecto existente entre
os seus xestos e os trazos que quedan, mostran tendencia a pintar polo pracer de mover os seus
brazos e as súas mans, e de observar o resultado da súa actividade. Estes primeiros trazos son
liñas rectas feitas con todo o brazo en movemento, sendo a articulación do ombreiro o punto
de partida. Como un bo exemplo do progreso próximo-distal, aparecerán a
continuación trazos “en barrido”, unha especie de zigzag que mostra xa a
intervención da articulación do codo, pero coa moneca e os dedos aínda
ríxidos. Un pouco antes dos dous anos empezarán a aparecer formas
circulares que implican xa a articulación da moneca. Estes primeiros
trazos ⚠ carecen de intención representativa e non obedecen a unha
planificación previa, son, fundamentalmente, un acto motor ⚠
Cara os dous anos e medio, os nenos e nenas comezan a relacionar as súas producións
gráficas con obxectos e persoas: son os garabatos ✍. Aínda que en ocasións os nenos poden

9
anunciar que van a debuxar algo determinado, frecuentemente non ❌ existe un planeamento
🗺 previo á realización do debuxo. Máis ben, interprétanos 💭 unha vez rematado 🏁 o debuxo
e nun contexto no que os adultos 👨 se interesan por eles 😱. Nesta época, os cativos e cativas
interpretan os debuxos con gran flexibilidade 🤸, ocasións cambian a interpretación ↩ do
mesmo no curso da elaboración e poden chegar a atribuírlle diferentes significados.
En torno aos tres anos, os progresos do control óculo-manual 👀👋, no uso da articulación
da moneca e no control algo maior dos movementos dos dedos, o que se vai a traducir en un
mellor control do trazo; nenos e nenas de entre tres e catro anos, en efecto, xa son capaces de
controlar o punto de partida e de chegada do trazo e de combinar diversos trazos para obter
unha figura ou producir un obxecto (combinar círculo e rectas para debuxar un sol, por
exemplo). Ademais, aparece a conciencia de estar debuxando e o garabato comeza a adquirir
unha función intencionadamente representativa, razóns polas cales corresponde xa falar de
debuxos incluso se se o número de trazos aínda é limitado e a repetición e superposición das
formas son frecuentes. Xorden agora as primeiras representacións da figura humana, chamadas
⚠ “renacuajos” ⚠representacións constituídas por un círculo 🔵 do que sen unhas liñas 〰,
aínda que o círculo adquire os trazos da cara polo esbozo dos ollos, nariz e boca que se debuxan
no seu interior, vale tamén polo corpo enteiro, xa que de el sae as liñas que representan brazos
e pernas. Esta figura progresa obténdose, tras un tempo, formas cada vez mellor resoltas en
orientación, tamaño, amplitude e curvatura.

Posteriormente, entre os catro os cinco anos o renacuajo inicial vaise diferenciando: no


debuxo aparece outro círculo ou outra figura que fará ás veces de corpo. Posteriormente
diferenciaranse os brazos das mans e as pernas dos pes.

10
No desenvolvemento do debuxo entre os cinco e os oito anos, nenos e nenas deberán
resolver outros retos como son a elaboración dun maior número de detalles ➕ , a coordinación
de distintas partes ou compoñentes dos debuxos 🙏 e o desenvolvemento de imaxes
progresivamente máis realistas 👩🦳 (o denominado realismo visual) e con un maior grado de
complexidade 😩. Progresivamente, ao longo desta evolución, os debuxos irán incorporando
máis detalles relativos ao rostro 😜 (cellas, orellas, pestanas), como o resto de corpo e a roupa
👚 , así como de outros complementos 🧳. Neste momento as figuras tamén estarán máis
contextualizadas, xeralmente realizando algunha acción ou acompañadas de obxectos e
presentaranse abatidas.

Abatemento. O principio de abatemento caracterízase porque os elementos eminentemente


verticais (persoas, casas, etc.) se debuxan frontalmente e os elementos eminentemente
horizontais (campos cultivados, piscinas, mesas, estradas, etc.) aparecen “a vista de paxaro”,
de tal maneira que sempre se presenta ao espectador a superficie máis externa do obxecto.

O realismo visual relacionase cos chamados debuxos de raios X. Por este principio debuxase
todo o que sexa preciso describir explicitamente na imaxe. Deste modo, poden contemplarse
tanto o interior como o exterior dos edificios e os vehículos. Este trazo presentase entre os 6
e os 8 anos

Renacuajos cun maior número de detalles que na etapa anterior e con liñas paralelas a modo
de extremidade

Representación de figuras abatida

11
Finalmente, entre os sete e os once anos, ten lugar a aparición dun maior número de
detalles; desenvolvésense representacións progresivamente máis dinámicas e cun maior grado
de complexidade e os nenos e nenas xa son capaces de realizar representacións tridimensionais.

3.1.1 Os debuxos dos nenos e nenas non se limitan á figura humana


Os debuxos dos nenos e nenas non se limitan á figura humana. En primeiro lugar, porque a
partir dos 4/5 anos a figura humana non aparece soa, senón acompañada de obxectos, de
animais ou de outras persoas; posteriormente, as cousas debuxadas deixarán de ser estáticas
e serán representadas levando a cabo accións 🤸 ou interaccións 👩👨. Ademais,
as figuras sitúanse nunha paisaxe 🌁, marcado primeiro por unha liña que
representa o chan 🕳 e algo que indica o ceo 🌨 (nubes, sol, etc.). Esta paisaxe, co
paso do tempo, vai ir enchéndose de elementos e converténdose nun verdadeiro
fondo sobre o que destacan as figuras centrais.
En segundo lugar, porque nenos e nenas tamén debuxan obxectos e situacións que para
eles son familiares 👪 e que se prestan ás capacidades representativas das que dispoñen en
cada momento. Estas figuran, nun primeiro momento, caracterízanse polo seu esquematismo
; realismo intelectual 🧠 e visual 👀 Posteriormente, van evolucionando e representan accións
e interaccións.
Ademais das consideracións evolutivas anteriores, debe engadirse que a 🆕 información
que aparece representada no debuxo 🆕 depende tanto do coñecemento e dos sentimentos
que teñen os cativos sobre un tema determinado, como da interpretacións e da selección que
fan de que aspectos que aparecen nos debuxos, así como das súas capacidades para realizar
unha representación na que se mostra unha visión determinada. Esta é a razón pola cal os
debuxos infantís son considerados importantes polo seu valor como indicadores de
desenvolvemento intelectual e evolutivo dos nenos, e como elementos para a evolución da
personalidade e do estado emocional.
Finalmente, non se pode deixar de mencionar as 🆕 posibilidades educativas que o debuxo
ten 🆕, dado o seu papel como manifestación das capacidades creativas de nenos e nenas. De
cara a sacar do debuxo partido educativo, debe aproveitarse ao máximo a etapa de educación
infantil, pois a partir dos 6/7 anos nenos e nena comezan a ser menos
produtivos e os seus debuxos estarán altamente dominados por un afán
realista, o que por outra parte non impedirá seguir facendo posible de
desexable a educación artística a partir desa idade.

4. A escritura: aspectos evolutivos


4.1 Aspectos grafomotrices da escritura
Distínguense tres etapas no desenvolvemento da escritura manuscrita: a etapa
precaligráfica; a etapa caligráfica infantil e a etapa postcaligráfica.

12
A etapa precaligráfica
A etapa precaligráfica abarca todo o período de adquisición das destrezas gráficas
especializadas, dende que o garabato intenta ser unha letra, ata o dominio da caligrafía; con
frecuencia o trazo é temoroso e inseguro 👻 , falta regularidade no tamaño e na inclinación 🌋,
os renglóns presentan ondulacións 🐬 e o ligado das letras é impreciso 👎.
No inicio da etapa precaligráfica as primeiras letras que tipicamente os nenos intentan
debuxar soen ser de tipo “círculo” (A,C) 🔵 , “pau” (I,L) 🏑, ou “peite” (E,F,T) 💇, formas que tan
só vagamente remiten aos modelos que poden haber visto, pero que revelan que o neno
examinou a forma das letras e extraeu un dos seus principais trazos: que as letras se constrúen
combinando trazos cortos, sexan unha liña recta e un círculo, sexan varias rectas.
Neste garabateo inicial que “xoga a ser como” escritura inflúe o tipo de experiencia que os
nenos teñan cos modelos de escritura; aqueles que teñan oportunidade de observar a escritura
manual dos adultos tamén terán un ✍ garabato lineal, un trazo máis ou menos ondulado,
quizás con algún bucle ou algún ángulo ✍, mentres que aqueles que se familiarizaron coa letra
impresa ou aqueles a quen os adultos lle mostraron a escritura con maiúsculas, comezaran
debuxando 👩💻 letras soltas, ao principio non alineadas e logo xuntas, como formando palabras
👩💻. 🚨 As oportunidades de práctica e a acción dos adultos determina o rito no que os trazos
iniciais evolucionan cara formas máis convencionais de escritura 🚨
O progresivo dominio no control, coordinación e precisión dos movementos implicados no
trazo das diferentes letras, axuda ao aprendiz a diferenciar, a memorizar e a automatizar o
patrón motor correspondente a cada unha delas. Este patrón, recibe o nome de ⚠ “alógrafo”
⚠, inclúe a secuencia de movementos, a dirección deses movementos, o tamaño proporcional
dos diversos elementos e a súa posición no resultado final.
O alógrafo contén información sobre as características esenciais do trazado de cada letra e
as súas posibles variacións (maiúscula-minúscula). Ademais, cada alógrafo, adaptase as
condicións físicas da escritura e do soporte; os movementos non son os
mesmos , por exemplo, se escribimos con lapis nun papel, cun pau na
area ou cun rotulador nunha superficie curva. O repertorio de alógrafos
permítenos desenvolver dunha maneira continuada, fluída e automática
os grafos (os movementos da escritura que dan como resultado o trazo,
permitindo ao escritor centrar a súa atención na composición do texto e
nos movementos que debe executar).
Cando as letras comezan a ser formas estables, diferenciadas e recoñecibles, o repertorio
de alógrafos do neno soe ser moi limitado, con apenas unhas poucas letras que se repiten sobre
o papel. Esas primeiras letras frecuentemente proveñen do seu nome, xa que tivo moitas
oportunidades de ver a súa forma escrita e puideron, tamén, ver como un adulto a escribía para
eles. A medida que se acerca a idade escolar, os adultos van poñendo máis énfase na precisión
e na calidade dos trazos, e os nenos van sendo capaces de responder a esas esixencias.

Alógrafo: patrón motor diferenciado y automatizado correspondente a cada letra, e que se


almacena na memoria como totalidade.

13
A etapa caligráfica
Na etapa caligráfica, entre os 6 e os 12 anos, acádase o dominio das destrezas motrices
para producir unha escritura ordenada, clara e convencional. Neste momento a letra non é
personalizada. Algún dos indicadores para avaliar a calidade da escritura neste período son: a
regularidade do tamaño, a horizontalidade nas liñas e a regularidade entre liñas e as letras
redondeadas e cerradas coidadosamente.
A etapa post-caligráfica
A etapa post-caligráfica ten lugar dende os finais da escolaridade primaria 10/12 anos)
e durante a adolescencia.
Esta, é considerada unha etapa de transición na que pode chegar a haber unha crise da
escritura: a escritura caligráfica infantil pode resultar demasiado lenta para traducir un
pensamento que se fai rápido e enriquécese, maior dominio da lingua escrita, maiores
coñecementos e necesidade de transcender a escritura de oracións simples.
Neste momento hai unha definición dun estimulo caligráfico persoal: a letra simplifícase
no sentido de modificar os seus trazos, o suxeito independizase das esixencias caligráficas e a
escritura tórnase idiosincrásica.

14

You might also like