You are on page 1of 17

Grao en Mestre/a de Educación Infantil - USC

Observación e Analise: Suxeitos e Procesos Educativos


Tema 5. Principais estratexias e instrumentos de observación en
Educación Infantil

1. Como observar? Con que vou observar?


A práctica da observación no eido educativo require a existencia e uso de estratexias e
instrumentos que a posibiliten

Por qué é importante rexistrar a información? É importante rexistrar a información porque


o non se rexistra, pérdese. Debemos conservar aqueles datos que resulten interesantes para
mellorar a práctica docente, axudar a un alumno, etc.

2. Instrumentos de observación
Os instrumentos de observación clasifícanse en diferentes modalidades de rexistro. As
modalidades permítenos clasificar os instrumentos, e decidir cal se adecúa mellor a cada
situación. É importante coñecer, diferenciar e distinguir as tres modalidades de rexistro.

Modalidades de observación
Non sistemático ou Sistemáticos Mecánicos
narrativos

Nun proceso de observación empregamos varios instrumentos de observación. Cantos


máis instrumentos empreguemos, máis información recadaremos. Todo o que sexa enriquecer
a observación debe ser benvido.

Cada modalidade de rexistro ten varios instrumentos:

Rexistros narrativos ou non Rexistros sistemáticos Rexistros mecánicos


sistemáticos
(Elaborados por nos, ímolos (Instrumentos elaborados, Son os máis mecánicos. Rexistrase
construíndo a base de narracións) empregamos listas de control ou a través dun soporte
escalas xa construídos por un grupo
de investigación; outro autor; polo
proceso de avaliación que
proporciona a consellería, etc.)
Estas ferramentas soen vir dadas
Diarios Listas de control Fotografía
Rexistros anecdóticos Escalas de observación Gravacións en vídeo
Notas de campo Sistema de categorías Gravacións en son

🗣 Cando falamos de modalidades de rexistro, falamos de como rexistramos a información. En


consecuencia podemos falar de modalidades de rexistro sistemáticas, onde as conductas a
observar veñen previamente pautadas e debemos axustarnos a elas, e non sistemáticas 🗣

🚨 Exame🚨 As modalidades de rexistro non teñen que ver con que o proceso de observación
sexa ou non sistemático: o proceso de observación pode ser sistemático e empregar
modalidades de rexistro sistemática. É totalmente viable empregar métodos non
sistemáticos dentro dun sistema planificado

1
Rexistros narrativos ou non sistematicos
3. Que son os rexistros narrativos ou non sistemáticos?
Os rexistros narrativos ou sistemáticos 📝 baséanse nun texto que nos vamos elaborando
paso a paso e no que se vai informando do ocorrido, de forma semellante ao traballo dun
reporteiro 📝📰.
Hai claves que temos que ter en conta á hora de elaborar o diario, pero a elaboración é libre;
en consecuencia, todos os diarios van a ser diferentes.
🚨 Importante: canto maior sexa o lapso de tempo entre o acontecemento observado e o
seu rexistro, maior é a probabilidade de distorsión e de que nos resulte imposible reconstruír a
🚨
secuencia de acción e de conduta con total precisión.

Dentro dos rexistros narrativos ou non sistemáticos


Diarios
Notas de campo
Rexistros anecdóticos

3.1 Diario
O diario é ❌“unha técnica narrativa que reúne sentimentos e crenzas capturados no
momento no que ocorren ou xusto despois. Como rexistro é un compendio de datos que poden
axudar ao docente a desenvolver o seu pensamento e mellorar a súa práctica. O diario forza ao
docente a asumir unha actitude reflexiva” ❌
Un diario sempre sitúa ao docente como actor 🎭, narrador 🗣 e investigador 🕵: cando
un docente toma notas de algo que sucede na aula, a modo diario, a parte de ser narrador (conta
a historia) é actor (o persoal docente xera estímulos e respostas: se o alumnado se aburre, o
profesor ten que ver; se o alumnado non ve a diapositiva e ao profesor non lle importa, está
intervindo,...). Simultaneamente a todo isto, o mestre actúa como investigador.


Ademais, todos os diarios deberían xerar interrogantes ➡ notei que hoxe o alumnado
estaba moi canso, de feito, cando cheguei á sétima diapositiva os nenos estaban cansos: como
podería facer para evitar que isto pase na diapositiva oito? Propoñer unha actividade práctica
melloraría a situación? O diario ademais de ser unha ferramenta de rexistro, debe entenderse
como unha ferramenta de mellora.

Aspecto claves dun diario: Que aspectos debo contemplar nun diario?
• Contido. Calquera cousa que, en opinión de quen escribe resulte destacable. Pode
conter observacións, sentimentos, reaccións, reflexións, pensamentos, hipóteses e
explicacións do acontecemento 🗣🗣 Nos diarios débese rexistrar o que realmente
pasou (un altercado) acompañado dunha interpretación. Hoxe paula volvelu a facerse
pis, eu penso que foi porque houbo tres nenos aos que lle tamén se pasou. Hoxe Paulsa
volver a facerse pis, pasoulle porque houbo teres nenos aos que tamén lle pasou.

2
Debemos distinguir, claramente, entre feitos e interpretación pero, ambas cousas deben
constar 🗣🗣
• Require regularidade de tempo
• Sistematicamente das observacións recollidas
• Permite facer un seguimento dos acontecementos
• Ten unha dobre perspectiva: diacrónica e sincrónica. Na perspectiva sincrónica
rexístranse os acontecementos no momento no que ocorre, na perspectiva diacrónica
recolle a forma na que van evolucionado os feitos narrados e a nosa propia visión ou
experiencia.
Non hai un único modelo único de diario pero, si hai unha estrutura habitual:
• Data/s que abarcan as observacións
• Suxeitos e situacións observadas
• Breve resumo do observado. Facemos un breve resumo do observado que,
posteriormente se completa.
• Reflexión e valoración

3.2 Rexistro anecdótico


O rexistro anecdótico habitualmente era unha libreta que poñía por fora “Rexistro
anecdótico”.
O rexistro de anecdótico 🤣 é un rexistro de incidentes/anécdotas que manifestan unha
actitude ou comportamento representativo, significativo ou novo. Recolle acontecementos que
chaman especialmente a atención do observador.

Nos mesmos debemos decidir que é ou non é unha anécdota.


Este instrumento permite rexistrar incidentes ou sucesos que poderían pasar
desapercibidos. Recollen acontecementos que non estaban no noso obxectivo de
observación. Exemplo: que alguén estraño entre pola porta.
Pode darse o caso de que un mesmo feito se rexistre tanto no diario como no rexistro
anecdótico. Recollo o que pasou nun dos dous formatos e fago referencia ao mesmo no
outro.

O rexistro anecdótico permite


Estas ferramentas permiten recoller observacións que, de non rexistralas con este
procedemento, pasarían desapercibidas ou se deformarían no recordo por descontextualización
ou esquecemento 💭 e recoller períodos de observación non fixados con anterioridade ⬅.

Anécdotas que deben ser rexistradas


• Comportamento inusual ou inesperado
• Incidentes positivos e negativos que teñen lugar na aula ou noutros espazos
• Feitos que se repiten a miúdo, aínda que non é o habitual

Datos que deben constar no anecdotario


• Anverso
o Datos de identificación (nome do alumno)

3
o Descrición obxectiva do incidente e do contexto no que ocorre (que, cando e
baixo que circunstancias)
• Reverso
o Interpretación persoal
o Recomendacións
A quen observar
A todo o alumnado

Quen debe rexistrar


O titor e o profesorado

Cando rexistrar
No momento que acontece ou con posterioridade

Como rexistrar
• Obxectividade
• Brevidade, claridade e precisión
• Engadir interpretación persoal do feito e recomendación
• Anotar os datos da situación observada, a duración e datos do observador
• De ser necesario, os acontecementos suscitados acompañaranse dun marco de
referencia
• Utilizar citas directas
• Describir todo o que acompaña a linguaxe oral

Cada ficha ou cada folla debe recoller tan só unha anécdota. O conxunto de fichas realizadas
ao longo dun período de tempo formará o anecdotario sobre unha persoa.

3.3 Notas de campo


As notas de campo 🏡 son rexistros que conteñen información rexistrada en vivo polo
investigador e que conteñen descricións e reflexións percibidas no contexto natural. O obxectivo
desta técnica é dispoñer das narracións que se producen no contexto da forma máis exacta e
completa posible, así como das accións e interaccións entre as persoas.

No diario tomamos notas de campo


Unha nota de campo é unha folla en branco na que eu rexistro todo o que considero
necesario
Exemplo: notas de campo sobre o momento da merenda, para saber como están resultando
as merendas saudables.

A nivel introdutorio: recomendacións para a súa elaboración:


• Título alusivo ao contido da sesión e as persoas observadas
• Facer unha decepción que conteña: o tema ou sub-tema (a actitude dos nenos ante a
comida, como actuei eu nos momentos conflitivos no que as crianzas non querían
comer), a data, hora e lugar da observación e o/a responsable

4
• Descrición detallada da estrutura do escenario e da posición que ocupan as persoas
nel (diagrama ou mapa de situación). En educación infantil os espazos cóntanos moito,
moitas veces as notas de campo esíxenos que fagamos unha pequeno croquis do espazo.
A nivel de contido
1. Descrición das persoas observadas
2. Descrición da secuencia e duración dos acontecementos e conversacións
3. Rexistro de todo tipo de comentarios e conversacións
4. Descrición da conduta do observador, de ser o caso. Esta conduta non foi a máis porque
eu interviñen así...
5. Rexistro de interpretacións, intuicións, preconceptos,... do observador.
A nivel de estrutura
1. Deixar marxes amplas para comentarios ou observacións
2. Empregar o punto e aparte para diferenciar ideas principais, acontecementos, temas,
informantes
3. Empregar comiñas cando se transcriben expresións textuais
4. Empregar pseudónimos ou códigos para lugares e persoas co fin de gardar o
anonimato e a confidencialidade
5. Escribir por un só lado e con letra flexible

✏🏁 Ata aquí o que son os rexistros narrativos 🏁✏

Rexistros narrativos ou non sistematicos


4 Rexistros sistemáticos
Os rexistros sistemáticos expresan, de forma estruturada, a información contida nos
sucesos observados. Dentro dos rexistros sistemáticos destacan: as listas de control, os sistemas
de categorías e as escalas de observación. Compre dicir que, de entre estes tres sistemas, os
dous primeiros son os máis empregados, ademais, son ámbolos dous son bastante semellantes.
4.1 Listas de control
As listas de control ✅ consisten nun listado de trazos, operacións ou secuencias de accións
que o observador emprega para rexistrar a súa presenza ou ausencia como resultado dunha
atenta observación.

🗣 Nas listas de control, o persoal docente, so ten a opción de responder dicotómicamente (é


dicir, de responder si, non, correcto, incorrecto,...). Dicimos que as listas de control son
sistemáticas porque nelas, non temos a liberdade de explicar libremente o que observamos
pero, si nos axudan a focalizar a observación. Isto último é importante posto que nos facilita a
avaliación e observación dun gran número de alumnos 🗣

Recomendacións:
Recomendase empregar a lista de control para verificar a presenza ou ausencia de trazos
ou características determinadas previamente.

5
🗣 Non sempre vamos a poder empregar listas de control previamente construídas,
porque non sempre vamos a atopar listas de control que se adapten ao que nos queremos: as
veces é preciso que nos constrúamos os nosos propios instrumentos 🗣

A ter en consideración:
• Preparar a lista de control antes de comezar a observación
• Nas listas de control observación soe ser individual
• Débese verificar que a lista teña os trazos ou características que se queren observar
4.2 Escalas de observación
As escalas de observación serven para rexistrar o grao de intensidade con que a persoa que
observa percibe a presenza dun determinada trazo de comportamento.

Para valorar o grado de intensidade cómpre que a escala teña cando menos tres categorías de
resposta. Exemplo: adquirido, en proceso, non adquirido

Tipos de escala de observación


Numéricas
Gráficas
Descritivas
Habitualmente, empréganse as escalas numéricas e complétanse cunha descrición, de tal
xeito que a escala a parte de cuantificar tamén describe. Exemplo:

7-8 (notable )/ 9-10 (sobresaínte)


1 (moi mal) / 2 /mal)

As escalas gráficas practicamente non se empregan.

🚨🚨 Pregunta de exame 🚨🚨: diferenza entre lista de control e escala de observación


As listas de control son limitadas: so permiten ver a ausencia ou presenza dun trazo non
permiten “opcións intermedias” importantes na etapa de educación infantil, como poden
ser o “en proceso ou o “sí, pero con matices”. Fronte a isto, as escalas de observación
permiten coñecer o grado ou intensidade no que se adquiriu o trazo.

4.2.1 Numéricas
Nas escalas numéricas a intensidade en que se aprecia o trazo/conduta observada
represéntase por números, aos cales se lles asigna unha equivalencia de xuízos de valor.

Exemplo: Escala de observación sobre o comportamento de clase


Marcar dun X onde se corresponda ( 1 = en menor grado, 7 = grao máximo)

6
4.2.2 Gráficas
Nas escalas gráficas a persoa observada sinala a categoría de resposta que mellor responde
ao trazo de conduta ou característica observada. Establécese un continuo a modo que o
observador pode indicar puntos intermedios no seu rexistro.
4.2.3 Descritivas
A descrición do trazo ou característica é maior que nas escalas anteriores. Este tipo de escala
recorre as fases descritivas para identificar cada un dos puntos ou categoría da escala.

🗣 Nas escalas descritivas o máis habitual é que os trazos máis negativos aparezan á esquerda
e os positivos á dereita máis, en moitas das escalas de tradición anglosaxona que
empregamos, os trazos aparecen á inversa. 🗣

4.2.4 Recomendacións
• Especificar con claridade os obxectivos: moitas veces, cando non sabemos que avaliar,
decidimos realizar unha chuvia de ideas para atopar a resposta. Esta idea vai a dar lugar
a unha serie de items que non van a avaliar o que realmente queremos avaliar. Á hora
de realizar unha escala de observación debemos ter claro o obxectivo e, unha vez
definido o mesmo, realizar os indicadores (como represento os items que quero
avaliar?; que dimensións debo ter en conta para avaliar os items?,...)
• Seleccionar as características máis representativas do que se vai a observar
• Os trazos ou características seleccionadas serán independentes entre si
• Establecer unidades de observación claramente observables
• As categorías de resposta da escala deberían oscilar entre 3 e 7

4.2.5 Vantaxes e limitacións das listas de control e escalas de observación

Vantaxes Limitacións
Facilita a labor do/a observador/a: concreta A súa utilidade depende moito da forma de
os trazos a observar enunciar os trazos a observar
Rapidez na recollida de datos No caso das listas de control:
• Permite rexistrar a presenza ou
ausencia de condutas,
manifestacións ou secuencias de
accións pero non a súa calidade.
• Categorizar dicotomicante a
conducta observable é en moitos
casos difícil e reducionista
Require pouco adestramento

4.3 Sistemas de categorías

O sistema de categorías non é un sistema categorizado. Os sistemas de categorías son diícles


de entender, porque o único que facemos nos cos sistema de categorías

7
Permite establecer sistemas de categorías que axudan a que a información este ordenada.
Temos unhas categorías e, en base a esas categorías, imos a introducir a información.
Permitenos ordenar a información e que non se nos escape nada.

É máis un sistema de clasificación de información.

Para que serven:


Os sistemas de categorías permítenos enfrontarnos á tarefa de rexistro tendo
seleccionadas e definidas ou descritas as condutas relevantes para o noso estudo e nas que o
observador/a deberá focalizar a súa atención.

⬇⬇⬇
Unha categoría é unha conceptualización realizada a partir da conxunción de elementos
concretos que teñen características comúns.

⬇⬇⬇

💁 Neste “Estudo das relacións de dominancia e equidade dos nenos” a información


categorízase en tres categorías: agresión física, agresión verbal e pelexas físicas. En torno a estas
categorías agrúpanse pequenas condutas observables (golpear, insultar, agresións mútuas con
contacto físico entre dous relatores pola posesión dun obxecto,...) 💁

🗣 As categorías son como unhas dimensións en torno as cales se agrupan pequenas condutas
observables. 🗣

🗣 🚀 Cando se nos pide que tomemos notas de campo sobre un determinado tema non é o
mesmo realizar a observación libremente, interpretando libremente que ter unhas categorías
nas que fixarse. No caso do “Estudo das relacións de dominancia e equidade dos nenos” non é
o mesmo observar libremente que fixarse en tres condutas determinadas: agresión física,
agresión verbal e pelexas físicas. 🗣 🚀

8
🗣 Este sistema emprégase para categorizar ou ordenar a información ben antes de realizar a
observación ben despois. Neste sentido, esta estratexia é importante porque si, por exemplo,
se unha persoa realiza soa unha observación, nesa observación so se rexistra unha perspectiva.
Pero, no caso de que sexan dúas persoas observando, e non hai un sistema de categorías previo,
pode haber problemas: nun determinado momento un dos suxeitos pode considerar un
determinado acontecemento como unha agresión física e o outro como unha pelexa física. 🗣

4.3.1 Proceso de categorización

Seleccionar as condutas obxecto de observación: categorías


Identificar ⤵
Significado da categoría e trazos que a compoñen

Nos procesos de categorización as categorías deben ser excluíntes. Por exemplo, no caso do
“Estudo das relacións de dominancia e equidade dos nenos” se algo se categoriza como agresión
física non pode ser categorizado como pelexa física.

Cando fago un proceso de categorización teño que ter claro que as categorías deben ser
excluíntes, se algo se categoriza como agresión física non é unha agresión verbal. É moi
importante identificar os trazos ou condutas que compoñen cada categoría: debemos rexistrar
a que nos referimos cando dicimos cada cousa.

💁 Segundo exemplo 💁

9
4.3.2 Regras a ter en conta á hora de establecer un sistema de categorías
• Que a definición das categorías sexa clara e precisa
• Congruencia
• Elixir un número de categorias... podo empregar as categorías que queira, dependendo
da complexidade do proceso de observación. Empregar entre 5/10 categorías, para mais
facer unha lista de control e facer un item.
4.3.3 Posibles vías para iniciar o proceso de categorización:

Posibles vías para iniciar o proceso de categorización


Proceso dedutivo. A bibliografía existente sobre o tema permite identificar categorías
Proceso indutivo: a partir do material rexistrado da observación elabóranse as categorías
Proceso dedutivo-indutivo: combinación de ambas. Pártese dun marco teórico para realizar
as categorías e a partir de observacións realízase a lista de trazos a observar

Proceso dedutivo: Identifico as categorías antes de realizar o proceso de observación. Penso as


categorías antes de empezar o proceso de observación. Por exemplo: para min unha agresión
verbal é insultar, unha agresión física é golpear,... Para elaborar estas categorías baséome na
miña experiencia e coñecemento fundamentado.

Proceso indutivo. Teño moitos rexistros, moita información coa que debo elaborar un informe.
Neste caso, elaboro as categorías en base ao material que teño. Nos procesos indutivos todo
está moi pre-fixado: teño pensado o que pode e non pode pasar. Este proceso pódese
considerara unha análise da situación

Proceso dedutivo-indutivo. Este proceso combina os procesos dedutivos e indutivos: parte dun
acto teórico a través dos cales se establecen as categorías.

Non hai un método mellor que outro: débese empregar o que a lóxica do proceso esixa.
Podemos considerar que a combinación de ambos métodos pode ser a mellor.

Rexistros mecanicos
5 Rexistros mecánicos

Rexistros mecánicos
Fotografía
Vídeo
Audio

Os rexistros mecánicos actúan como complemento das outras estratexias ou técnicas. Os


rexistros visuais apoian as descricións e serven para avivar a memoria situacional. Para rexistrar

10
detalles de acción complicada ou rápida é mellor facer uso da gravación en vídeo que da
fotografía.

🚨 Pregunta de exame 🚨

Poderíamos empregar só un rexistro mecánico? É aconsellable? Non se debe empregar so


un rexistro mecánico, este tipo de rexistros débense empregar para complementar a
información.

Vantaxes do uso de recursos audiovisuais


• Consérvanse os feitos e permite examinalos con posterioridade
• A gravación de imaxes e sons permite que os propios suxeitos poidan verse e oírse e así
reflexionar sobre os acontecementos
• Permite a auto-observación
• Permite revisar o gravado todas as veces que se queira e deterse en segmentos
específicos da gravación.

Inconvenientes do uso de recursos audiovisuais


• O manexo dos medios audiovisuais require un dominio técnico que non sempre posúe
a persoa que observa
• A análise das imaxes e vídeos é moi laboriosa
• As fotografías sen algunha nota soen ser difíciles de interpretar
• Pode producirse un influxo no comportamento das persoas observadas 🚨. Non se
debe enganar nunca ás persoas, debemos avisar de que vamos a gravar imaxes: as
persoas teñen dereito a saber que van a ser gravadas aínda que isto modifique a súa
conduta. Podemos solucionar este problema “adestrando aos suxeitos”: antes de filmar
a actividade “máis importante” podemos gravar outros momentos para que, cando
chegue o momento relevante, os suxeitos xa estean acostumados.
• A través da selección e a montaxe coidadosa pódese disfrazar a información ou defender
posturas interesadas.

11
Grao en Mestre/a de Educación Infantil - USC

Observación e Analise: Suxeitos e Procesos Educativos


Tema 6. Erros na observación e os seus tipos.

1. Calidade dos datos da observación

Calidade dos datos de observación


Fiabilidade Validez Prexuízos

2. Prexuízos
Os prexuízos son “erros de medida que se deben ao observador/a ou ao instrumento de
observación rexistro ou medición”

Tipos de prexuízos
Do observador/a Da observación
Mecánicos de rexistro Reactividade
De interpretación do sistema de categorías
Perceptivos
Biográficos, psicosociais e situacionais
Expectativa

3. Prexuízos do observador

Prexuízos do observador
Mecánicos de rexistro. Son xeralmente debidos á complexidade da tarefa a realizar durante
o rexistro da información. Exemplo: escala moi longa na que nos confundimos á hora de
cumprimentala por diferentes motivos.
De interpretación do sistema de categorías. Xeralmente motivados pola complexidade do
sistema de categorías. A maior complexidade do sistema de categorías, menor precisión da
observación.
Perceptivos. Erros relativos á percepción do/a observador/a. Por exemplo o efecto halo, que
transforma a percepción presente en función da avaliación antecedente.
Biográficos, psicosociais e situacionais. Influencia sobre os rexistros debido á historia persoal
do/a observador/a, da súa situación familiar e social, a súa ideoloxía ou os seus rasgos
psicolóxicos que lle fan percibir a realidade desde o seu prisma persoal.
Expectancia. Tendencia do/a observador/a a obter informacións que se axustan ás
expectativas iniciais.

3.1 Control dos prexuízos do observador


• Definición de categorías especificadas clara e detalladamente.
• Elaborar manual de instrucións que proporcione rigor e homoxeneidade ás
observacións.
• Entrenamentodo/aobservador/a.
4. Prexuízos da observación

Prexuízos da observación
Reactividade. A conducta dos suxeitos observados é cualitativa e cuantitativamente distinta
á que se produciría se o/a observador/a non estivera presente ou o suxeito non se sentira

1
observado. O feito de sentirse observados pode levar aos suxeitos a modificar a súa conducta,
de forma consciente e voluntaria ou de forma involuntaria, diferindo do que houbese sido o
seu comportamento espontáneo.

4.1 Control da reactividade


• Que o/a observador/a permaneza oculto ou sexa capaz de inspirar confianza aos
suxeitos observados (ollo ao conflicto ético).
• Que as persoas observadas descoñezan o obxectivo real da observación (ollo ao
conflicto ético).
• Habituar ás persoas observadas á presencia do/a observador/a

You might also like