You are on page 1of 36

TEMA 2 (continuación)- parte B

Iniciación á actividade científica


QUE SON AS CIENCIAS?
latín scientia: "saber“, “coñecemento"

Os coñecementos son adquiridos a través do estudo ou da práctica

A Ciencia é unha actividade


que xera coñecemento

Os coñecementos científicos xéranse


mediante procedementos científicos
Como se xera coñecemento Antecedentes
científico?: o método LEI, PRINCIPIO
científico
Problema, Dúbida, Pregunta

Hipótese TEORÍA
Reformulación

Revisión Deseño experimental

Xeralización
Experimentación,
observación, toma de datos

Repetición dos
Resultados experimentos:
Reproducibilidade

Análise dos resultados

Rexeitamento da hipótese Conclusións Hipótese aceptada


Refutación
Publicación, Informe
Imos a recordar: características do método científico (ver Tema 1)

1. Unha hipótese científica ten que ser:


• contrastable (hai que probala). Para isto a hipótese debe
expresarse en función de variables que poidan ser medidas e que se
poidan manexar.
• verosímil (con posibilidades de éxito). É preciso unha análise e
selección previa dos coñecementos relevantes que temos
dispoñibles.

2. A hipótese que se formula dirixe o proceso de investigación. A


hipótese e o deseño experimental que elaboremos deben ser
coherentes entre sí.
ACTIVIDADE: hipóteses e a caída libre de corpos

Imaxinade que lles pedides aos vosos


alumnos de Ed. Primaria que propoñan as
súas hipóteses cando lles preguntades
sobre a caída dos corpos.
Dacordo coa definición de HIPÓTESE, as
seguintes respostas poderíanse considerar
como hipóteses ou non? Por que?

1) Os corpos caen porque teñen vértigo.


2) Os corpos caen porque queren contactar coa
Terra e volver a reunirse con ela.
3) Os corpos caen debido a unha diferencia de
temperatura entre eles e a Terra.
ACTIVIDADE: coherencia entre Hipótese e Deseño experimental
María pregúntase que é o que inflúe no tempo que tardan os cubiños
de xeo en derretirse. Pensa que os factores que inflúen no tempo de
fusión son: a temperatura ambiente, o tamaño dos cubiños e a súa
forma. María decide comprobar a hipótese de que a forma afecta ao
tempo que tardan os cubiños en fundirse.
Que deseño, de entre os seguintes, debe seleccionar María para
comprobar dita hipótese? En todos os casos medirase o tempo que
tardan en derretirse e completaranse as táboas correspondentes.

a) Usar 4 cubiños con mesmo peso pero de forma diferente.


Usar 4 recipientes idénticos á mesma temperatura.
b) Usar 4 cubiños de forma e peso diferente. Usar 4
recipientes idénticos á mesma temperatura.
c) Usar 4 cubiños con mesma forma e con pesos diferentes.
Usar 4 recipientes idénticos á mesma temperatura.
d) Usar 4 cubiños idénticos, todos co mesmo peso. Usar 4
recipientes idénticos a distintas temperaturas.
Imos a recordar: características do método científico (ver Tema 1)

3. Deseño experimental: faise previamente á realización do


experimento. Requisitos:
➢ identificar as variables que queremos investigar (var.

independente e dependente), segundo a hipótese prantexada.


➢ seleccionar as variables control.

➢ especificar os experimentos e as condicións en que se van

realizar.
➢ Indicar as medidas e/ou observacións a realizar, os materiais e

os instrumentos que empregaremos.


4. Os resultados poden confirmar ou rexeitar a hipótese formulada,
ainda que ás veces isto non ocorre.
ACTIVIDADE: sobre variables
Xosé propúxose comprobar se a temperatura ten algún efecto sobre
a cristalización do sal mariño. Para iso colocou 9 recipientes iguais
que contiñan a mesma cantidade de auga de mar recollida no
mesmo lugar.
Mantivo 3 recipientes a 5 ºC, outros 3 recipientes a 90 ºC e outros 3 a
temperatura ambiente (20 ºC). Despois de cinco días examinou ditos
recipientes e tomou nota da formación de cristais de sal.

a) Que hipótese/s quería comprobar?


b) Que factor/es mantén constantes?
c) Cal é a variable dependente do
experimento? E a independente?
ACTIVIDADE: Confirmase ou rexeitase a hipótese?
Na clase propúxose un experimento para demostrar se a luz inflúe no crecemento
dunha semente de soja. Despois de realizar a investigación, os alumnos elaboran o
seguinte informe: “sabemos que a xerminación da soja favorécese cando a
deixamos en agua ao menos durante 12 horas. Despois de escurrila, debe manterse
nun ambiente húmido durante 36 horas, a unha temperatura igual ou superior a 20
ºC. Basándonos nisto levamos a cabo o seguinte experimento:
- Puxemos 8 sementes en auga durante 12 horas.
- En 2 bandexas colocamos papel secante impregnado de auga e en cada unha
delas depositamos 4 sementes.
- 1 bandexa colocouse nun lugar ben iluminado. A outra gardouse nun armario
totalmente a escuras.
- Durante un par de días contáronse cantas sementes xerminaban e observáronse
os seguintes resultados:
a) bandexa a escuras: xerminaron 3 sementes
b) bandexa exposta á luz: xerminaron 2 sementes.
Conclusión: a obscuridade favorece a xerminación.”

Parécevos que o experimento está completo e que é axeitado? De acordo co


experimento e os datos obtidos, estades de acordo coa conclusión?
Xustificade a resposta.
Repaso das etapas do método científico:
ver exemplo das diapositivas do Tema 1

Problema A temperatura da auga inflúe ou


non na velocidade coa que se
disolve unha pastilla efervescente?
Hipótese

Deseño experimental

Realización de experimentos, toma de


datos e anotación de observacións

Resultados O Deseño Experimental precisa:


• identificar as variables (I, D e
Control)
Análise dos resultados • especificar os experimentos e as
condicións nas que se realizarán
• indicar detalladamente as
Conclusións medidas/observacións a realizar
A ACTIVIDADE CIENTÍFICA IMPLICACIÓNS DIDÁCTICAS

• A Ciencia constrúese a partir • A Ciencia escolar debe


de problemas (necesidades, construírse a partir de
unha cuestión a resolver, … problemas interesantes e
etc). cercanos aos nenos.
• É un proceso intelectual e • A actividade escolar debe
creativo. promover o “pensar” e o
“facer“.

• A Ciencia é un traballo • Débese promover o traballo


colectivo. A comunicación é colectivo na aula (comparar
esencial para o avance da opinións, identificar erros, …,
ciencia. etc).
Como se crea o Como elaborar o
coñecemento científico? coñecemento escolar?
Os coñecementos A adquisición de coñecementos
elabóranse mediante debe asociarse a procesos de
procesos de investigación indagación
científica
Desenrolo de habilidades

➢ Investigativas:
- Planificar: propór hipóteses. Deseñar experiencias
- Recollida de datos: observar.
- Representar datos (táboas, gráficas), analizalos para
identificar probas ou feitos.
- Elaborar conclusións basadas nas probas/observacións
- Avaliar conclusións: discutir / contrastar.

➢ Manipulativas
- Usar instrumentos de observación / medida
- Usar técnicas. Construír maquetas, aparellos, …etc
Resumindo... as habilidades que se desenrolan coas materias de Ciencias:

➢ Cognitivas: ➢ Cognitivo-discursivas (que/ como/


Cognitivas:
✓ Buscar ou seleccionar información por que):
relevante.
✓ Identificar características ou ✓ Definir
situacións. ✓ Describir
• Establecer relaciones.
✓ Ordear, comparar, clasificar,Comparar. ✓ Explicar
Ordenar. Clasificar
establecer relacións. ✓ Xustificar
• Utilizar modelos
✓ Empregar explicativos.
modelos Interpretar.
explicativos. ✓ Argumentar
Predecir
Interpretar, predicir.

➢ Investigativas: ➢ Manipulativas
✓ Planificar: propor hipóteses. ✓ Manipulativas
Usar instrumentos de
Deseñar experiencias. • Usar
observación instrumentos
/ medida de
✓ Recollida de datos: observar. ✓ Usar
observación/medida
técnicas. Construír
• Representar datos (tablas/gráficas),
✓ Representar datos (táboas, • Utilizar técnicas.
maquetas, Construir
aparellos,
analizarlos para identificar
gráficas), analizalos para maquetas, aparatos…
…etc
hechos/pruebas.
identificar probas ou feitos.
• Elaborar conclusiones (basadas en las
✓ Elaborar conclusións basadas nas
pruebas)
probas/observacións
• Evaluar conclusiones:
✓ Evaluar conclusións: discutir /
Discutir/Contrastar.
contrastar.
Como se crea o Como elaborar o
coñecemento científico? coñecemento escolar?

Implica certa forma de pensar É importante desenrolar


e de traballar actitudes / valores…

curiosidade

obxectividade

E cales son as actitudes científicas? creatividade

rigurosidade

respeto polas probas


Selección de contidos en base ás Ciencias

Ciencias
Dimensión
aportan coñecementos social

RESPOSTA A
RETOS DA APLICACIÓNS
SOCIEDADE PRÁCTICAS

COÑECEMENTOS Interés /
PARA A ACCIÓN COÑECEMENTOS valoración
Responsabilidade/
PRÁCTICOS
tomar decisións

A ciencia desenrólase segundo as A ciencia e o desenrolo tecnolóxico


demandas da sociedade. Os teñen repercusión na sociedade
avances traen beneficios pero tamén tanto no ámbito ideolóxico como no
desvantaxes material (calidade de vida, medios
tecnolóxicos, …etc)
Como se crea o Como elaborar o
coñecemento científico? coñecemento escolar?

Implica certa forma de pensar É importante desenrolar


e de traballar actitudes / valores…

➢ Valoración do coñecemento científico e motivación para


o seu estudo
➢ Actitudes persoais e/ou sociais: hábitos
saudables, colaboración, espírito crítico, respeto polas
opinións dos demáis, …
➢ Actitudes / comportamentos relativos ao medio/entorno:
valoración, responsabilidade, …
As HABILIDADES e ACTITUDES

Deben formar parte dos CONTIDOS a ensinar

Deben presentarse e traballarse de forma


interrelacionada.
As Competencias Clave son aquelas fundamentais
para unha formación integral que implica estes 3
aspectos vitais:

✓ aspecto intelectual e cultural: realización e


desenrolo persoal ao longo da nosa vida

✓ aspecto social: inclusión nunha cidadanía activa

✓ aspecto humano: aptitude para o emprego


CÓMO CONTRIBÚEN AS CIENCIAS A ESTA
FORMACIÓN INTEGRAL?

ACTIVIDADE: Supoñede que sodes profesores de Ed.


Primaria e que as autoridades educativas están
estudando a redución das materias de ciencias na EP.
Con que argumentos defenderíades o importante que son
a nivel educativo ditas materias (ou aumentar o nº de
horas das mesmas) para desenrolar ou chegar a obter a
formación integral do alumnado?
Contribúen á formación do cidadán no ámbito social

➢ Adquírense coñecementos necesarios para


desenvolverse e poder intervir no mundo actual

➢ Comprensión das interrelacións C/T/S e


desenrolo da capacidade de análise,
participación na toma de decisións xustificadas…

➢ Desenrolo de hábitos saudables e de actitudes


conservacionistas, coidado da saúde.

➢ Valoración do coñecemento científico, da súa


repercusión no benestar das sociedades
DIMENSIÓN CULTURAL da Ciencia (formación persoal)

A ensinanza da Ciencia desde os niveis educativos iniciais:

➢ Axuda a que as ideas dos alumnos sobre o mundo se


desenvolvan correctamente.
➢ Axuda ao seu desenvolvemento intelectual, axudándolles a
pensar de xeito lóxico sobre os feitos do seu entorno (razoar),
analizalos, utilizar as probas, etc.
➢ Contribúe a desenvolver unha actitude indagadora cara ao
medio.
➢ Permite a alfabetización científica (coñecementos que nos
permiten responder a preguntas sobre feitos e fenómenos que
se producen ao noso ao redor).
➢ Facilita a adquisición de coñecementos / habilidades para
comprender os problemas do mundo actual e intervir nel dun
xeito responsable e razoable (formación como cidadáns).
RESUMINDO… Que aportan as CIENCIAS?

➢ Coñecemento/ comprensión. Alfabetización científica


➢ Habilidades intelectuais. Destrezas para a resolución de problemas
➢ Desenrolo de actitude indagadora
➢ Analizar e valorar a incidencia da Ciencia na sociedade e
comportarse con responsabilidade

A ciencia ensina a PENSAR, a FACER e a ACTUAR

Ámbito Ámbito das Ámbito afectivo


Cognitivo Habilidades e Actitudinal
Destrezas Comportamento
Posibilidades e limitacións do alumnado da etapa 6-12 anos
para aprender Ciencias
* A adquisición de novos coñecementos depende dos que xa
posúan: IDEAS PREVIAS
orixe

➢ SENSORIAL
- Experiencias/ observacións da vida diaria: Ciencia do “sentido
común”

➢ CULTURAL / SOCIAL
- O uso da linguaxe (linguaxe cotiá; medios de comunicación)
- O reforzo da cultura (crenzas, prácticas,...)

➢ ESCOLAR / ANALÓXICO
- Ensinanza inadecuada (linguaxe confusa)
- Concepcións escolares
ORIXE SENSORIAL
Experiencias e observacións da vida diaria (Ciencia do “sentido común”)

Ao longo da nosa vida vivimos unha serie de experiencias físicas


comúns, independentemente do medio social e cultural no que nos
desenvolvamos.
Estas experiencias son reiterativas e de carácter sensorial e directo,
polo que os estudantes consideran determinadas explicacións como
evidencias incuestionables, pois lles serven para predicir como actúa o
seu entorno.

“O Sol móvese. A Terra non”

Exemplo: un cambio químico é «cando


cambia a cor, explota ou sae fume».
É dicir, un acontecemento que lles chama a
atención e que poden ver
O alumnado aprecia a realidade subxectiva que adquiriron
sensorialmente.

O tamaño das estrelas que observan no ceo é pequeno en


comparación co da lúa; o tamaño do sol é parecido ó da lúa,
etc.
ORIXE CULTURAL/ SOCIAL
O uso da linguaxe: facemos referencia á linguaxe cotiá, á televisión…
emprego de palabras que tamén se usan no contexto científico, pero que
teñen significados diferentes.

A palabra “vivo” pódese empregar para un ser


(ciencia), unha cor (linguaxe cotiá)…

Mito: a manipulación de alimentos é mala frente ao


“natural”.

Reforzo da cultura: Hai crenzas culturais e sociais que están moi extendidas
e inflúen no alumnado

Exemplo: É malo durmir coas plantas na


habitación.
PELÍCULAS/ CÓMICS

Todos os metais son igualmente atraídos por un imán?

Algúns metais presentan efectos magnéticos fortes; por


exemplo, o ferro, o níquel (materiais ferromagnéticos). Isto
non sucede co ouro.
REFORZO DA CULTURA

"Hai máis partos os


días de lúa chea"

A Lúa inflúe nos


partos?

Non hai atración gravitatoria da Lúa sobre o líquido


amniótico.
Quizáis cando hai lúa chea fíxaste máis no número de
partos e iso che fai crer máis no mito.
ORIXE ESCOLAR / ANALÓXICO
ENSINANZA INADECUADA

Ao non presentarse o coñecemento


científico como un saber diferente ó
que xa teñen, os/as alumnos/as
tenden a asimilalo de forma analóxica
ás súas outras fontes de coñecemento
sobre o mundo.

Libros de texto: nos esquemas faltan


algúns órganos que forman o sistema
dixestivo ou non existe conexión entre
órganos.
Mestres/as: equiparan alimentación e
nutrición
CARACTERÍSTICAS DAS CONCEPCIÓNS DOS ALUMNOS

➢ Son pouco precisas pero “coherentes” para o


alumno: COHERENCIA

➢ Están amplamente extendidas: UNIVERSALIDADE

➢ Son resistentes ao cambio: PERSISTENCIA


Coherencia / dependencia do contexto

Coherente: que non presenta contradicións internas

As concepcións gardan entre sí unha certa coherencia


interna que as reforza. Tamén se fala de mini-teorías que o
estudante xera para interactuar con éxito con cada tipo de
escenario.

Exemplo: “O Sol se move. A Terra non”

A Terra está quieta?


CAMBIO QUÍMICO?

O alumnado considera que un cambio químico é «cando


cambia a cor, explota ou sae fume», é dicir, un acontecemento
que lles chama a atención e que observaron.
En realidade é a interacción entre unha ou varias sustancias
para formar outra u outras diferentes das que tiñan
inicialmente.
UNIVERSALIDADE
Ainda que as concepcións son persoais, teñen un carácter xeral.
Estudantes de diferentes medios, capacidades, xéneros e incluso
culturas posúen ideas similares sobre un mesmo fenómeno.

Exemplo: Individuos de diferentes culturas pensan que a dixestión


quedaría prácticamente finalizada no estómago

Exemplo: Para os nenos a forza da gravidade aumenta coa altura


PERSISTENCIA
Como as concepcións alternativas teñen sentido para os/as
alumnos/as e son útiles porque xustifican as súas explicacións sobre
determinados feitos, en xeral, están firmemente arraigadas na estrutura
cognitiva dos alumnos/as e, por isto, son tan resistentes ao cambio,
permanecendo inalteradas incluso despois de longos períodos de
instrución.
Exemplo: Non coñecen a situación dos órganos no tubo
dixestivo, xa que sitúan ao intestino groso entre o estómago e
o intestino delgado. Esta idea mantense en alumnos/as que
están na ESO e Bacharelato.

Exemplo: a idea de dixestión como proceso de


almacenamento dos alimentos no estómago disminúe coa
idade, pero é unha idea que persiste ao longo da
escolaridade.
IMPLICACIÓNS DIDÁCTICAS
As ideas do alumnado son o seu “marco teórico“, desde o que
abordan os contidos escolares. Estas ideas deben tomarse como
punto de partida das novas aprendizaxes.

As actividades deben facilitar a evolución das súas ideas:


- É importante dar ocasión a que: expliciten as súas ideas, as poñan
a proba, as cuestionen, ... Para que sexan conscientes que as súas
explicacións non son suficientes e comproben que as novas son
mellores.
- É necesario suministrar novas probas/ ideas para que os nenos
observen desde outro punto de vista e entendan a utilidade das
novas ideas.
- Debe favorecerse a ampliación do seu campo de experiencias,
dando oportunidades para que observen novas situacións e se
convenzan da necesidade de revisar/ modificar as súas ideas
iniciais.

You might also like