You are on page 1of 1

Descrición da tarefa

O obxectivo desta actividade é facer un traballo escrito, investigando en internet, sobre a cuestión de se a
intelixencia é unha capacidade herdada ou se, pola contra, é unha capacidade adquirida. É dicir, se é algo
determinado polos xenes que nos transmiten os nosos pais ou, pola contra, unha característica que se
desenvolve ao longo da vida do individuo e que depende das experiencias vitais que este teña. Ides ter que
investigar primeiro, e logo escoller unha tese e defendela con argumentos.

Partes do traballo

O traballo ten que constar das seguintes partes:

0. Introdución. Trátase dunha breve introdución do que ides a dicir no traballo (escríbese ao final).
1. Definición (ou definicións) de intelixencia. Trátase de explicar que é a intelixencia. Hai que ter en conta que hai varias
definicións, polo que quizás o mellor sexa seleccionar algunhas e expoñelas. Se non, escoller unha e xustificar por que é a mellor
definición.
2. Como se mide a intelixencia: as probas de CI. Trátase de explicar en que consisten as probas de CI e cales son as súas
limitacións.
3. O efecto Flynn. Trátase de explicar en que consiste o efecto Flynn.
4. Os estudos con xemelgos e a herdanza da intelixencia. Trátase de explicar en que consisten os estudos con
xemelgos e que nos poden dicir sobre a herdanza da intelixencia.
5. Discusión: a intelixencia hérdase ou é adquirida? Esta parte é a máis importante do traballo. Aquí tedes que razoar e
argumentar a favor dunha tese. Tedes varias opcións: dicir que é completamente herdada, que é completamente adquirida, ou que
é parcialmente herdada e parcialmente adquirida (en proporcións variables). Para realizar esta parte, é importante que teñades en
conta o que fixestes nos puntos 1, 2, 3 e 4; e, sobre todo, os puntos 3 e 4.
6. Conclusións. Trátase de facer un breve repaso do que comentastes nos puntos anteriores.

Reparto das tarefas entre os membros do grupo

Para realizar o traballo, ídesvos repartir as tarefas da seguinte maneira:

Persoa 1: Definición (ou definicións) de intelixencia.


Persoa 2: Como se mide a intelixencia: as probas de CI.
Persoa 3: O efecto Flynn.
Persoa 4: Os estudos con xemelgos e a herdanza da intelixencia.
Todo o grupo: Discusión: a intelixencia hérdase ou é adquirida?; Introdución: Conclusións.

Cousas a ter en conta

1. Copiar ou plaxiar non está permitido. Enténdese por copiar reproducir de forma exacta ou case exacta o
texto de calquera outro compañeiro ou que figure nun libro, unha páxina web ou similar. Enténdese por
plaxiar coller ideas doutras persoas sen especificar de onde se obtivo a información. Apuntade as páxinas
das que sacastes información nunha nota a pé de páxina. Copiar e/ou plaxiar pode supoñer suspender o
traballo.
2. É importante coidar a redacción e a ortografía, sobre todo a redacción.
3. É moi recomendable xustificar o texto.
4. Aínda que a realización de certas partes é individual, é importante que cada persoa explique ao resto
do grupo o contido da parte que fixo. Na parte 5 ten que aparecer unha reflexión de todo o grupo na que
teñades en conta e fagades referencia aos apartados anteriores.

You might also like