You are on page 1of 1

Módulo profesional Procesamento citolóxico e tisular

Ano académico 2023-2024

Grupo de traballo 1, 2, 3 ou 4

Integrantes Apelido1 Apelido2, Nome; Apelido1 Apelido2, Nome… (por orde alfabética)

Nome da práctica 03_Recepción, rexistro, fixación, descalcificación e tallado da mostra

Data/s Día/s nos que se levou a cabo a práctica (ex: 17-25 de novembro de 2023)

Obxectivo/s Para que se realiza esta práctica (ex: aprender a cumprimentar rexistro de entrada/rexeita-
mento de mostras no lab AP, entender a trazabilidade no laboratorio de AP, distinguir
mostras que precisan de descalcificación, preparar/montar unha mesa de tallado…).

Materiais Documentos consultados para a realización da práctica (fichas técnicas, fichas de datos
de seguridade, manuais de instrucións...), EPIs empregados, reactivos empregados,
aparataxe empregada e outros materiais empregados

Procedemento Describir como se levou a cabo a práctica, indicando todos os pasos que se deron
(ordeados cronoloxicamente). Incluir fotografías (usar táboas). Se procede, incluir tamén
os cálculos (ex: na preparación dalgún reactivo).
Debe dar resposta ás seguintes cuestións:
• Que criterios se seguiron para aceptar/rexeitar as mostras? Que se fai coas
mostras rexeitadas? Poñer un exemplo de cada.
• Todos os botes estaban correctamente identificados? Por que? Poñer un exemplo
dun bote ben identificado (con foto) e outro dun mal identificado (con foto).
• Todas as follas de petición de estudo AP estaban correctamente cumprimentadas?
Poñer un exemplo dunha petición correcta e dunha incorrecta.
• A prefixación foi correcta en todos os casos? Por que? Se non, indicar o motivo.
• Foi necesario cambiar/engadir fixador nalgunha das mostras? Por que?
• Algunha mostra precisou de descalcificación? Por que? Para que? Como? Como
comprobamos que acadou o grao de descalcificación desexado?
• Fotografiar espécimes completos e en posición anatómica (identificación + regra).
• Dictáfono (un exemplo por cada integrante do grupo, elixindo cadaquén un órgano
diferente). Incluir foto de cada especime.
• Explicar como se realiza o tallado das mostras que o precisen (ollo! tinguir as
marxes cirúrxicas).
• Que se fai cos casetes con mostras? (identificación, almacenamento...)

Resultados Que se obtivo ao finalizar a práctica. Incluir fotografías (usar táboas).

Discusión dos Explicar que se obtivo (en contraste co que se esperaba), que dificultades se atoparon
resultados durante a realización da práctica, curiosidades…

Almacenamento Se procede, indicar que se almacenou, onde e en que condicións.

Xestión de residuos Explicar que residuos se xeraron, a que tipo pertencen segundo a normativa vixente e
como se eliminaron.

Entrega do informe Un informe por grupo. En Moodle. Documento en PDF.


Formato do arquivo: 03_informe R-R-F-D-T_grupoX.PDF

You might also like