You are on page 1of 3

XEOGRAFÍA -2º de Bacharelato

Estrutura das probas da ABAU:

PARTE DESCRICIÓN VALOR


DEFINICIÓNS Definición de 4 termos (a escoller entre 6) 2 puntos
PRÁCTICA 4 preguntas sobre un ou varios documentos (gráficos, mapas, 5 puntos
fotografías)
TEMA Desenvolvemento guiado do tema teórico 3 puntos

Consellos para o exame.


DEFINICIÓNS
Prepara as definicións e os exemplos de cada unha, non improvises no exame. Hai unha lista
pechada de termos a definir en cada tema.
Cínguete ás pautas dadas:
• Elixir catro das seis propostas.
• Non superar a extensión máxima (5 liñas).
• Citar un exemplo claro e representativo en relación con España ou Galicia.

A definición ten que ser concreta e precisa (que corresponda ao concepto), cunha linguaxe
adecuada, sintética, e empregando, no posible, terminoloxía xeográfica

Exemplo ABAU Xuño 2018:


1.- Defina nun máximo de cinco liñas, unicamente catro dos seguintes termos
xeográficos, indicando algún exemplo en relación con España ou Galicia: tectónica de
placas, agricultura ecolóxica, isohieta, área metropolitana, aridez, Política Pesqueira
Comunitaria (puntuación máxima 2 puntos; 0,5 por termo ben definido).

1.- Defina, en un máximo de cinco líneas, únicamente cuatro de los siguientes


términos geográficos, indicando algún ejemplo en relación con España o Galicia: tectónica
de placas, agricultura ecológica, isoyeta, área metropolitana, aridez, Política Pesquera
Comunitaria (puntuación máxima 2 puntos; 0,5 por término bien definido).
PRÁCTICA

Le con calma as preguntas e contesta exclusivamente ao que se pide. Non é unha pregunta
teórica, son cuestións de compresión e interpretación dos documentos.
As preguntas fan referencia a:
• Localización: elementos físicos (relevo, augas...) e políticos (provincias, comunidades,
capitais...) 1 punto.
• Identificación: 1 punto.
• Análise e explicación: 3 puntos.

A identificación ten que seguir un esquema e comprender todos os puntos (tipo de gráfico,
fenómeno que se representa, como se representan os datos, fonte e data).
Evita quedar na descrición e trata de analizar causas e consecuencias.
As respostas deben facer referencia aos datos do documento. Non se trata dunha
pregunta teórica, é unha análise.
Valórase facer unha achega crítica do fenómeno na actualidade.

Exemplo ABAU setembro 2018:


TEMA
Responde as cuestións seguindo as orientacións propostas.
Organiza o tema cunha estrutura clara (introdución, corpo do tema e conclusión).
Intenta usar vocabulario xeográfico, establecer comparacións, poñer exemplos
representativos e mencionar cuestións de actualidade.

Exemplo ABAU setembro 2018:


3.- Desenvolva o tema guiado polos seguintes apartados (puntuación máxima
3 puntos): Tema “Transformacións recentes na estrutura das cidades”. a) Cidade
difusa. b) Os cambios no centro urbano (degradación vs rehabilitación). c) Cambios
de uso no solo urbano.
3.- Desarrolle el tema a partir del siguiente guion (puntuación máxima 3 puntos):
Tema “Transformaciones recientes en la estructura de las ciudades”. a) Ciudad difusa.
b) Los cambios en el centro urbano (degradación vs rehabilitación). c) Cambios de uso
en el suelo urbano.

EN TODA A PROBA e ata un punto da nota final, considéranse elementos de ponderación a


calidade da redacción, a corrección gramatical e ortográfica.
Coida a presentación: letra, limpeza e marxes. Se é necesario , emprega un borrador para
organizar as túas ideas.
Xestiona ben o tempo. Planifica un tempo orientativo para cada pregunta antes de comezar a
escribir.

CONSELLOS PARA O ESTUDO


Estuda sempre con mapas, gráficos e imaxes.
A localización de elementos físicos e políticos é fundamental e necesaria durante todo o
curso.
Fai esquemas dos temas e dos contidos principais.
Emprega os teus propios apuntamentos e completa o que sexa necesario co libro.
Non acumules moita materia para o estudo, os resultados serán peores. Se aínda así estás
nesa situación, prioriza (definicións, localización e identificación do gráfico suman 4 puntos do
exame e son cuestións pechadas)

You might also like