You are on page 1of 2

TEORÍAS DO ESPECTÁCULO II INTERPRETACIÓN 2ºB

PROF. ROI VIDAL PONTE

Exercicios de avaliación continua: Ensaio II

OPCIÓNS

A
Desde o punto de vista dalgunhas das Teorías da Comunicación vistas en clase referidas aos medios
de comunicación, reflexiona sobre as funcións sociais dos medios a partir da análise da seguinte
noticia.
https://www.eldiario.es/tecnologia/youtube-censura-video-parodico-pantomima-full-negacionistas-
coronavirus_1_6263109.html

No texto que escribas, tes que utilizar polo menos unha vez cada un dos seguintes conceptos chave:

framing opinión pública agulla hipodérmica posverdade

B
Analiza o diálogo do seguinte video a partir dos 5 axiomas da comunicación da Escola de Palo Alto.
https://www.youtube.com/watch?v=91p7mpOSSpY&t=127s

DIRECTRICES PARA A REALIZACIÓN DOS TRABALLOS


Extensión orientativa: 3-5 páxinas.
Estrutura: Introdución-contextualización, Desenvolvemento, Conclusións, Bibliografía e/ou
Webgrafía
Formato: Letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12, espazo 1’5.

Non é necesario incluír unha portada. En todo caso, de habela non computará dentro da extensión. A
estrutura é completamente libre. Pero ollo coas faltas, por favor.
Ponderación: a cualificación deste Ensaio 1 representa un 30% da nota final. O Ensaio 2 conta un
30%, a Análise semiótica dun fragmento dun espectáculo un 30% e a asistencia e participación un
10%.
Criterios de avaliación:
-Comprensión e aplicación teórico-práctica dos contidos vistos en clase. (2 puntos) -
Contextualización do caso concreto e dos contidos teóricos relacionados feita a partir dunha mínima
investigación. (2 puntos)
-Desenvolvemento razoado e crítico das ideas e argumentos. (2 puntos)
-Corrección na presentación textual, nas citas e na bibliografía. (2 puntos)
-Orixinalidade, creatividade, enfoque e estilo. (2 puntos)

NOTA: Como excepcionalidade, contémplase a posibilidade de que alguén realice unha opción
propia (opción P) diferente das presentadas polo profesor, sempre e cando esta tamén implique a
realización dunha análise ben desde a socioloxía do espectáculo ou ben desde o concepto de
industria cultural. Esta opción P é perfectamente válida pero requirirá o aviso previo ao docente.

INDICACIÓNS

You might also like