You are on page 1of 12

GUÍA DO CURSO

ENSINO SEMIPRESENCIAL.
CONECTAR DOUS MUNDOS A
TRAVÉS DA AULA VIRTUAL
Índice

1. Descrición do curso 3

2. Obxectivos 3
2.1 Global 3
2.2 Específicos 3

3. Persoas titoras 4

4. Competencias profesionais do profesorado 4

5. Contidos 4

6. Metodoloxía 6

7. Seguimento e desenvolvemento do curso 6

8. Comunicación coas persoas titoras e outras persoas participantes 7

9. Avaliación 8

10. A ter en conta 9

11. Transferencia e impacto nas clases 9

12. Protocolo para participar en cursos Platega 10

2
​1. Descrición do curso

A situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola Covid-19 e todas
as experiencias docentes que se orixinaron como consecuencia da pandemia esixiron
facer modificacións de calado profundo na práctica educativa. Se a esta situación
excepcional engadimos tamén o ritmo de vida acelerado da sociedade actual,
entenderemos a necesidade dunha modalidade de ensino que facilite a conciliación
laboral e familiar, adaptándose aos ritmos de aprendizaxe de cada persoa. Poida que a
solución estea na creación dun escenario pedagóxico híbrido ou semipresencial, que
permita reducir o tempo de aprendizaxe síncrono e favoreza a planificación asincrónica
da aprendizaxe por parte do alumnado.

Neste curso presentamos estratexias e instrumentos de orientación para o


profesorado que se enfronta a esta nova modalidade, dotándoo dun marco
teórico-práctico no que desenvolver este tipo de ensino.

A lo longo dos 5 módulos que conforman este curso daremos a coñecer


diferentes aspectos que son básicos nas entornas virtuais de aprendizaxe, así como os
principios clave de acompañamento ao proceso nunha entorna semipresencial, onde
os espazos e tempos se xustapoñen duhna forma moi distintiva.

Este é o primeiro curso dun itinerario de catro que teñen sido deseñados para
fornecer ao profesorado das ferramentas necesarias para abordar a modalidade
semipresencial: conectar dous mundos a través da aula virtual, acompañar ao
alumnado a través da súa aprendizaxe, fomentar a autonomía e convertir a avaliación
no motor da aprendizaxe.

​2. Obxectivos

2.1 Global

Identificar os principios básicos de deseño e uso dunha plataforma virtual,


seleccionando boas prácticas para a creación de experiencias de aprendizaxe
significativas na modalidade semipresencial.

2.2 Específicos

● Analizar os elementos estruturais dunha entorna virtual de aprendizaxe.


● Integrar aspectos metodolóxicos da aprendizaxe sincrónica e asincrónica.
● Facilitar a interacción e cohesión grupal.
● Promover a autonomía do alumnado no ámbito do ensino semipresencial.
● Favorecer a autoavaliación e a coavaliación.

3
3. Persoas titoras

As persoas titoras deste curso serán:

María Fernández González Paula Cernadas Gómez


Profesora de Inglés Profesora de Inglés
EOI Pontevedra EOI Pontevedra

A túa persoa titora será quen de acompañarte e guiarte no teu proceso de


aprendizaxe, proporcionando retroalimentación e avaliando o teu traballo. Tamén
estará á tua disposición para resolver as dúbidas que poidan xurdir.

4. Competencias profesionais do profesorado

Segundo o modelo de competencias profesionais docentes da Rede de


Formación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a
través deste curso formaraste prioritariamente nas seguintes competencias e
subcompetencias:

Competencia 1: Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e


desenvolvemento do/a alumno/a.

● Subcompetencia 4: Xestión dos espazos, recursos e mateirais de aprendizaxe.

Competencia 3.7: Competente en TIC.

● Subcompetencia 24: Software.

Aprenderás a poñer en marcha unha entorna virtual de aprendizaxe amigable,


eficaz e colaborativa adaptada á modalidade semipresencial tendo en conta as
estratexias pedagóxicas que conectan o traballo asíncrono realizado na plataforma coa
aula física e a sincronía.

O modelo das competencias profesionais docentes pode ser consultado no


seguinte vídeo ou premendo nesta ligazón.

5. Contidos

A duración do curso é de 20h, que se organizan nos seguintes módulos:

● Módulo 0. Presentación. Descrición do curso e presentación das persoas


participantes. Valoración dos coñecementos previos dos/as participantes a

4
través dunha enquisa. Presentación das normas de netiqueta seguidas dun
breve cuestionario. Participación voluntaria nunha titoría presencial en liña.
● Módulo 1. O paradigma da semipresencialidade. Análise dos principios que
subxacen á modalidade semipresencial e presentación do portafolios dixital
como ferramenta de evidencia da aprendizaxe. Creación dun portafolios por
participante.
● Módulo 2. Plataformas e entornas virtuais. Breve percorrido polas
plataformas de teleformación máis comúns e análise dos elementos básicos que
as conforman. Reflexión sobre os beneficios, retos e desafíos que presenta
unha plataforma virtual a través da participación en tres recursos colaborativos
de Moodle: mindmap, escolla e foro de debate.
● Módulo 3. Estruturar a aprendizaxe. Presentación do modelo construtivista de
Gilly Salmon de e-moderación para a aprendizaxe en liña. Elaboración dun
texto-resumo das cinco etapas que constitúen este modelo. Evidencia do
desempeño no portafolios dixital.
● Módulo 4. Presentar o contido. Presentación das catro dimensións
pedagóxicas das entornas virtuais definidas por Jordi Adell e Manuel Area.
Elaboración dunha infografía con recomendacións de deseño para unha entorna
virtual. Evidencia do desempeño no portafolios dixital.
● Módulo 5. Conectar os espazos de aprendizaxe. Presentación das estratexias
pedagóxicas que permiten conectar tempos e espazos na modalidade
semipresencial. Activación dos coñecementos adquiridos nos módulos
anteriores para o deseño duhna secuencia didáctica integradora que se
compartirá co resto das persoas participantes no curso, dinamizando a
comunidade de aprendizaxe. Evidencia do desempeño no portafolios dixital.

En cada un dos módulos mencionados, os contidos están agrupados baixo as


seguintes categorías:

Contén os foros de participación nos que deberás contribuír segundo as


instrucións que se detallan en cada un deles.

Contén o contido instrucional de cada módulo. A súa lectura será


imprescindible para poder realizar cada unha das tarefas.

Contén as tarefas e actividades que realizarás para que poidamos comprobar


o teu desempeño e avaliar os coñecementos adquiridos en cada módulo. Poderás
consultar os resultados no libro de cualificacións. Ten sempre en conta os criterios de
avaliación que se detallan en cada tarefa para poder superalas.

5
​6. Metodoloxía

Os contidos do curso están andamiados en función dos obxectivos do
#ItinerarioSEMI completo composto polos catro cursos que abordan o paradigma do
ensino semipresencial. Convidámoste a que os teñas en conta, xa que cada un dos
módulos che irá proporcionando pezas de cara á construción dos dous produtos finais:
unha secuencia didáctica integradora e un portafolios dixital moi variado onde irás
incorporando aprendizaxes, reflexións e recursos de interese, ao que poderás seguir
contribuíndo se continúas co resto dos cursos deste itinerario.

O enfoque construtivista baseado no lema “aprender facendo” subxace en cada


unha das tarefas. Están deseñadas para que te motives, practiques, comentes co resto
das persoas participantes e transfiras os coñecementos adquiridos, concretándoos no
deseño dos teus produtos finais.

Cal é o papel das persoas titoras no proceso? Guiarte a lo longo da túa


experiencia de aprendizaxe. As súas contribucións nos foros, o feedback personalizado
que che ofrecerán na avaliación das tarefas ou as posibles comunicacións que
manteñades a través das mensaxes privadas, darán atención ás túas necesidades;
acompañarante nun proceso cada vez máis autónomo e terás a oportunidade de poñer
en práctica estratexias de autorregulación e metacognición, piares fundamentais da
modalidade semipresencial.

7. Seguimento e desenvolvemento do curso

En cada un dos módulos proponse unha o varias actividades prácticas que


deberás entregar nos prazos indicados a continuación para superar o curso:

Cadro de temporalización do curso


Módulo 0: Presentación (2 horas)
Nº Actividade Datas
1 Lectura da guía do curso.
2 Lectura sobre netiqueta e presentación no foro de participantes segundo as
normas de conduta no ciberespacio. Podes realizar o cuestionario sobre 4 ao 10
netiqueta. Participación voluntaria nunha titoría presencial en liña. outubro
3 Actualización do perfil persoal na aula virtual e realización da enquisa para
determinar o teu punto de partida.
Módulo 1. O paradigma da semipresencialidade (2 horas)
Nº Actividade Datas
4 Lectura do libro interactivo que analiza o paradigma da
semipresencialidade e presenta o portafolios dixital. 4 ao 10
5 TAREFA 1.1: Deseño do teu propio portafolios dixital empezando pola outubro
redacción do teu perfil docente. (15%)
Módulo 2. Plataformas e entornas virtuais (3 horas)

6
Nº Actividade Datas
6 Lectura do libro interactivo que presenta un percorrido polas plataformas de
teleformación máis populares e analiza os elementos que as conforman.
11 ao 17
7 TAREFA 2.1: Contribución ao foro de debate: Desafíos das plataformas de outubro
aprendizaxe. Participación nos recursos mindmap, escolla e foro de debate.
(15%)
Módulo 3. Estruturar a aprendizaxe (4 horas)
Nº Actividade Datas
8 Lectura do libro interactivo que presenta o modelo construtivista de Gilly
Salmon para a e-moderación nas entornas virtuais. 15 ao 24
9 TAREFA 3.1: Redacción dun texto-resumo do modelo. Copia do texto no outubro
teu portafolios dixital. (20%)
Módulo 4. Presentar o contido (4 horas)
Nº Actividade Datas
10 Lectura do libro interactivo que presenta as catro dimensións pedagóxicas
das entornas virtuais.
11 TAREFA 4.1: Elaboración dunha infografía que recolle cinco consellos a ter 22 ao 31
en conta no deseño e presentación de contidos nunha entorna virtual. outubro
Comprobación do desempeño coa rúbrica proporcionada. Copia da
infografía no teu portafolios dixital. (20%)
Módulo 5. Conectar os espazos de aprendizaxe (5 horas)
Nº Actividade Datas
12 Lectura do libro interactivo que describe a sucesión de tempos e espazos
para a xustaposición da aprendizaxe síncrona e asíncrona.
13 TAREFA 5.1: Deseño duhna secuencia didáctica a través duhna base de 29 de outubro
ao 7
datos. Comentario a unha entrada doutra persoa participante.
novembro
Comprobación do desempeño coa rúbrica proporcionada. Copia da
secuencia no portafolios dixital. (30%)

8. Comunicación coas persoas titoras e outras persoas participantes

Unha das primeiras cousas que farás ao comezo deste curso de formación é
presentarte á comunidade de aprendizaxe. Para isto atoparás no primeiro módulo un
Foro de presentación de participantes que se activará automáticamente no
momento en que accedas e leas a Guía do Curso, para asegurar que coñeces os
obxectivos e a metodoloxía presentados. Esta primera mensaxe servirache de
presentación tanto ao resto da comunidade de aprendizaxe, como ás persoas titoras
do curso.

Existen varias opcións de comunicación coa persoa titora e todas elas poden
resultar efectivas:

➔ A través dos foros existentes, por exemplo, o foro de noticias, avisos e anuncios
ou foro de consultas de cada módulo. A comunicación que se realiza no foros é
pública, é dicir, calquera persoa participante no curso poderá ler as túas

7
intervencións.

➔ A través do sistema de mensaxería interna da plataforma. As mensaxes


enviadas por este medio son privadas entre ti e o/a teu/túa comunicante, xa
sexa a persoa titora ou cualquera outra persoa participante. É o sistema idóneo
para as consultas de carácter máis individual.

​9. Avaliación

En cada módulo haberá unha ou varias tarefas que se deberán realizar nos
prazos previstos. Os criterios de valoración e o seu peso dentro da cualificación global
están indicados nas propias instrucións de cada unha delas. No caso de obter un
resultado desfavorable, poderás repetir as tarefas dentro dos prazos establecidos e
segundo as indicacións da persoa titora. Nas actividades de formación na Rede será
indispensable para obter a certificación a avaliación positiva do 80 % do peso das
tarefas propostas, así como a asistencia á totalidade das sesións presenciais, no caso
de que as houbese. Na seguinte táboa podes ver todas as tarefas puntuables do curso,
o seu peso no módulo e no curso e a escala de valoración que utilizaremos en cada
unha:

PESO DAS TAREFAS


Módulo 1. O paradigma da semipresencialidade
PESO NO PESO NO ESCALA
Nº DESCRICIÓN DA TAREFA MÓDULO CURSO EMPREGADA
5 TAREFA 1.1: Deseño do teu propio portafolios dixital completa/
100% 15%
empezando pola redacción do teu perfil docente. incompleta
Módulo 2. Plataformas e entornas virtuais
PESO NO PESO NO ESCALA
Nº DESCRICIÓN DA TAREFA MÓDULO CURSO EMPREGADA
7 TAREFA 2.1: Contribución ao foro de debate:
completa/
Desafíos das plataformas de aprendizaxe. 100% 15%
incompleta
Participación nos recursos mindmap e escolla.
Módulo 3. Estruturar a aprendizaxe
PESO NO PESO NO ESCALA
Nº DESCRICIÓN DA TAREFA MÓDULO CURSO EMPREGADA
9 TAREFA 3.1: Redacción dun texto-resumo do modelo
completa/
e -moderación. Copia do texto no teu portafolios 100% 20%
incompleta
dixital.
Módulo 4. Presentar o contido
PESO NO PESO NO ESCALA
Nº DESCRICIÓN DA TAREFA MÓDULO CURSO EMPREGADA
11 TAREFA 4.1: Elaboración dunha infografía que
recolle cinco consellos a ter en conta no deseño e
Rúbrica
presentación de contidos nunha entorna virtual. 100% 20%
(Puntos: 10)
Comprobación do desempeño coa rúbrica
proporcionada. Copia da infografía no teu portafolios

8
dixital.
Módulo 5. Conectar os espazos de aprendizaxe
PESO NO PESO NO ESCALA
Nº DESCRICIÓN DA TAREFA MÓDULO CURSO EMPREGADA
13 TAREFA 5.1: Deseño duhna secuencia didáctica a
través duhna base de datos. Comentario a unha
Rúbrica
entrada doutra persoa participante. Comprobación do 100% 30%
(Puntos: 10)
desempeño coa rúbrica proporcionada. Copia da
secuencia no portafolios dixital.

​10. A ter en conta



Este curso intenta conxugar as condicións para o deseño efectivo dun espazo
virtual como o que presenta a través dos seguintes elementos:

● Claridade na presentación do contido e coherencia na identidade visual. Os


contidos e as tarefas están deseñados para facilitar a navegabilidade e convidar
á reflexión tanto dentro do curso (foros) coma fóra deste (portafolios, redes
sociais: #ItinerarioSEMI).
● Foco centrado no uso dos recursos que ofrece a plataforma Moodle — a
utilización de diferentes recursos de Moodle para a realización das tarefas
(enquisa, cuestionario, foro de debate, mindmap, escolla, base de datos…) no é
arbitraria e contribúe, mediante o propio proceso de aprendizaxe, ao
coñecemento e familiarización coa plataforma por parte das persoas
participantes.
● Acceso a ferramentas que crean unha interface amigable. Os bloques laterais
do curso integran varios elementos necesarios para a súa realización: glosario
do curso, ferramentas dixitais imprescindibles, modelo editable dun portafolios
dixital, exemplo dun portafolios dixital e panal de portafolios. Convidámoste a ter
este deseño a recado durante a posta en marcha dun curso semipresencial.
● Estrutura de apoio á aprendizaxe asíncrona que inclúe: pasos a seguir, follas de
ruta, netiqueta e acompañamento virtual por parte das persoas titoras ao longo
de todos os módulos.
● Os desafíos inherentes ao emprego dunha aula virtual. A tecnoloxía pode xogar
malas pasadas en ocasións e non estaremos exentos/as de problemas técnicos
que haberá que solucionar segundo vaia evolucionando o curso. Poida que
certo grao de improvisación axude a superar obstáculos no camiño. Porén, o
mesmo que poden constituír un reto tamén poden levar a unha experiencia de
aprendizaxe proveitosa dende un punto de vista no só didáctico senon tamén
técnico.

​11. Transferencia e impacto nas clases

Neste curso poderás experimentar de primeira man diferentes actividades


relativas á necesidade de conexión entre tempos e espazos no ensino semipresencial,
tales como a elaboración dun portafolios dixital de aprendizaxe, as titorías síncronas ou

9
o uso dos foros como elementos facilitadores na creación do sentido de comunidade,
tan necesario nesta modalidade.

Sería recomendable aplicar as estratexias aprendidas a longo dos cinco


módulos á práctica docente semipresencial para poder sacar o meirande proveito das
infinitas posibilidades que ofrece unha aula virtual.

​11. Protocolo para participar en cursos Platega



Os cursos ofertados en Platega contribuirán ao desenvolvemento das competencias
profesionais docentes establecidas pola Rede de Formación do profesorado galego. Os
participantes nestes cursos guiaranse polo seguinte Protocolo:

1. As persoas participantes en cursos Platega deben empregar a súa conta de correo


institucional (++++++++@edu.xunta.gal) para a inscrición en Fprofe e realización dun
curso na Rede. A vía oficial de comunicación é esta conta de correo sendo
responsabilidade do ou da participante consultala coa frecuencia necesaria e mantela
sempre operativa (contrasinal actualizado, cota de almacenamento non excedida…).

2. A normativa que regula as actividades formativas na Rede atópase na Orde do 14 de


Maio de 2013 e mais no plan anual de formación do profesorado. Calquera dúbida ao
respecto debe consultarse coa persoa coordinadora do curso.

3. A coordinación do curso é a encargada das cuestións administrativas do curso tales


como a súa apertura e peche, baixas de participantes, atender en segunda instancia as
solicitudes de revisión das cualificacións emitidas mentres o curso estea aberto e
calquera outra de índole organizativo ou de certificación.

4. A titoría encárgase de dinamizar os foros, resolver as dúbidas e consultas feitas nos


foros do curso ou por mensaxaría interna, revisar e cualificar as tarefas, atender en
primeira instancia as solicitudes de revisión das cualificacións emitidas.

5. No momento da selección as persoas inscritas recibirán un correo no que serán


informadas da súa situación:
a. Seleccionado/a: deberán confirmar ou renunciar á súa participación no prazo
indicado no correo electrónico. Despois dese prazo enténdese que a persoa
renuncia á súa participación e o propio sistema (Fprofe) xestionará a renuncia.
En caso de ter dificultades que impidan confirmar dentro do prazo será preciso
poñerse en contacto coa persoa coordinadora do curso por correo electrónico.
b. Non admitido/a: non poderán participar por ter xa superado o mesmo curso,
non ter destino asignado, atoparse en situación de incapacidade temporal ou
estar realizando outra actividade en Platega nas mesmas datas.
c. Reserva: formarán parte da lista de reservas e poderán resultar seleccionadas
nos días posteriores, polo que é importante consultar o correo de maneira
frecuente.

10
6. O día da apertura do curso recibirá a mensaxe de apertura da persoa coordinadora do
curso na que atopará a ligazón ao curso. Recibirá tamén a mensaxe de benvida da
persoa titora coas primeiras instrucións para comezar o curso.

7. En Platega (https://www.edu.xunta.gal/platega/) deben entrar no curso canto antes e


consultar a información, tarefas, contidos… así como a Guía do curso no módulo de
presentacións pois cabe a posibilidade de que fose actualizada.

8. É imprescindible iniciar o curso presentándose no Foro de presentacións do curso


durante os primeiros días do curso. De non facelo causará baixa e perderá o dereito a
participar en actividades formativas durante o resto do curso escolar en aplicación do
artigo 7.8 da Orde do 14 de Maio de 2013.

9. Unha vez iniciado o curso os abandonos comunicados á titoría ou á coordinación e non


xustificados debidamente provocarán a exclusión da actividade e a perda do dereito a
participar en actividades formativas durante ese curso escolar.

10. As comunicacións dos participantes coa coordinación ou coa titoría do curso


realizarase a través dos foros de consultas e dúbidas do curso. En caso de necesitar
algunha comunicación que non se considere que se deba compartir en tales espazos
públicos, cando fale de situacións persoais ou privadas, utilizarase a mensaxaría
interna do curso: Bloque lateral “Mensaxes”

11. Cando xurdan dúbidas ou problemas consultaranse os foros de consultas e dúbidas


do tema correspondente. No caso de non atopar resposta ou solución engadirase un fío
novo poñendo un título significativo, evitando títulos xenéricos, describindo a dúbida ou
o problema con todos os datos necesarios. A titoría responderá por ese mesmo medio
nun prazo máximo de 48 horas, salvo en fins de semana, festivos, vacacións. Os
participantes poden, e deben, axudarse entre eles polo que calquera participante
poderá responder as dúbidas ou problemas formulados polos compañeiros e
compañeiras.

12. As intervencións en foros, e en xeral no curso, deben ser respectuosas co resto dos
participantes. As comunicacións nos espazos públicos da aula virtual deberán ser
orientadas á formación nas competencias obxecto do curso, e non se empregarán
como medio de difusión de cuestións persoais, alleas á materia do curso.

13. Envío, avaliación e cualificación das tarefas


a. As tarefas cualificables deben entregarse nos prazos establecidos na Guía do
curso.
b. Se despois da primeira avaliación e cualificación pola titoría non se acadase a
máxima puntuación, poderase reenviar ata en dúas ocasións máis para revisala,
mellorala, completala … seguindo as indicacións da titoría. Estes tres envíos
realizaranse dentro do prazo asignado ao módulo correspondente; para facilitar
isto evitarase o envío de tarefas nos últimos días dos prazos dos módulos e
posibilitar, se procedese, o seu reenvío dentro do seu prazo.

11
c. Unha vez rematado o prazo e se non se tivesen esgotados os tres envíos,
poderase enviar unha vez durante a seguinte semana ao remate do módulo
correspondente, sen posibilidade de novos reenvíos, salvo que a titoría o
permita por non ter podido revisala no seu prazo debido á acumulación de
tarefas para revisar coincidindo co final do módulo.
d. Chegados ao final do curso a titoría poderá permitir o reenvío excepcional de
tarefas que sumen un 10 % de puntuación total aos participantes que acumulen
o 70 % sen chegar ao 80 % do total das puntuacións e deste xeito poder chegar
á puntuación mínima para certificar a formación.

14. Se no curso se realizasen tarefas, actividades, traballos... en grupos colaborativos


atenderase aos prazos sinalados e colaborarase cos participantes do grupo para non
prexudicar a ninguén.

15. As tarefas e actividades presentadas deberán ser orixinais. Se se detectasen


tarefas plaxiadas anularanse e perderase a súa puntuación correspondente a elas. No
caso de que dúas ou máis persoas presentasen a mesma tarefa a sanción aplicarase a
todas elas.

16. Se no curso se realizasen “Talleres” de auto e coavaliación prestarase especial atención


ás datas das súas fases de envíos e de avaliación, pois non respectar os seus prazos
demora e prexudica a todo o grupo. Quen non entregase o seu traballo ou non realizase
as coavaliacións nos prazos establecidos no calendario do taller perderá a puntuación
desa Tarefa.

17. Reclamación das cualificacións das tarefas


a. Cando un participante estime que unha cualificación recibida nunha das tarefas
avaliables do curso ou no proxecto final non se axusta ao establecido nas
especificacións do curso poderá solicitar a súa revisión mediante un correo
electrónico dirixido á persoa titora no que xustificará o motivo.
b. Se a titoría non respondese nun prazo de 48 horas, o participante poderá
solicitar a revisión de cualificacións obtidas nas tarefas perante a coordinación
do curso mediante correo electrónico.
c. Recibirá a resolución da revisión mediante correo electrónico da titoría. No caso
de que a titoría ratifique a súa cualificación, o participante recibirá un correo
electrónico coa súa xustificación. A coordinación do curso recibirá copia deste
correo electrónico co cal queda presentada perante a coordinación.
d. Se a coordinación ratifica a cualificación e persiste a desconformidade, poderá
presentala ante o director do CAFI en cafi@edu.xunta.gal

18. Ao rematar o curso debería responder a enquisa en Fprofe, da que recibirá aviso no
correo electrónico.

19. O curso, tras o seu remate, permanecerá accesible aos participantes durante o curso
escolar de celebración.

12

You might also like