You are on page 1of 42

Facultade de Formación do Profesorado

Campus de Lugo

Guía Docente - Practicum I


G3131329 / G6091301
Grao en Mestra/Mestre de Educación Infantil
Dobre Grao en Mestra/e de Educación Infantil e de Educación
Primaria
Ano académico
2021/2022

Profesorado supervisor:
Carmen Denébola Álvarez Seoane
Susana Cid Fernández
Miriam Fernández Barreiros
Xesús Ferreiro Núñez
Marta Poncet Souto
Carmen Sarceda Gorgoso
Montserrat Souto Gómez
Milena Villar Varela
Type text here

1. Datos descritivos da materia


G3131329 / G6091301
Código

Nome Prácticum I

Carácter Obrigatorio. Prácticas externas

Módulo Prácticum e Traballo Fin de Grao

Curso e 3º curso. 1º Semestre


Semestre

Créditos 18
ECTS

Ademais das sesións programadas polo profesorado supervisor,


o alumnado poderá facer uso das titorías de despacho sempre
Titorías que o considere necesario para o mellor desenvolvemento da
materia. Na web da Facultade pode consultarse o horario de
titorías de cada docente.

Carmen D. Álvarez Seoane carmen.alvarez.seoane@usc.es

Susana Cid Fernández susana.cid@usc.es

Miriam Fernández Barreiros miriam.fernandez@usc.es

Xesús Ferreiro Núñez xesus.ferreiro.nunez@usc.es


Profesorado
Supervisor Marta Poncet Souto martamaria.poncet@usc.es

Carmen Sarceda Gorgoso carmen.sarceda@usc.es

Montserrat Souto Gómez montserrat.souto@usc.es

Milena Villar Varela milena.villar@usc.es

Esta guía recolle os elementos esenciais e comúns que deben traballarse. Cabe a
posibilidade de que os distintos supervisores/as maticen algúns dos aspectos da
mesma co alumnado que particularmente supervisen.

2. Sentido do Prácticum I na titulación


A materia Prácticum I está situada no terceiro curso do Grao en
Mestre de Educación Infantil e do Dobre Grao en Mestre de
Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria. Supón o
inicio dun dos compoñentes fundamentais da formación dos
mestres/as: o Prácticum. Esta aproximación ao que é o traballo real
nas escolas continuarase no Prácticum II.
Os momentos de prácticas en centros escolares, cada un deles cos
seus propios obxectivos, constitúen unha secuencia que debe
proporcionar un coñecemento cada vez máis profundo sobre a escola
e as súas dinámicas. Digamos, por tanto, que o Prácticum I está
estreitamente vinculado co Prácticum II e debe constituír unha
unidade formativa coherente e progresiva, orientada sempre a
propiciar unha correcta integración entre as aprendizaxes
académicas obtidas na Facultade e a experiencia máis práctica e
profesional obtida nas escolas.
O Prácticum I abre ese ciclo cunha primeira achega ás escolas que
permita comprender mellor como son as/os profesionais da
Educación Infantil e as escolas nas que traballan; como son os nenos
e nenas e como se desenvolven na vida cotiá das aulas; como
funciona, en xeral, o sistema de atención aos nenos e nenas e ás súas
familias. Cabe destacar a relación horizontal entre cada Prácticum e
as materias que o rodean, as cales ofrecen as bases para saber ler e
comprender o que ides ver nas escolas.
A gran finalidade do Prácticum é permitir o establecemento dese
proceso de enriquecemento mutuo entre o que se aprende nas clases
universitarias (que axudará a comprender mellor o que acontece nas
escolas) e o que se vive e experimenta nos centros de prácticas (que
vos axudará a entender mellor o que as/os profesores universitarios
explicamos nas clases). Por ese motivo queremos recalcar o
importante que resulta que nos vosos Informes Finais dos
Prácticums vinculedes o que vedes e facedes nas prácticas co que
estudades nas diferentes materias da carreira.
Polo tanto, esta materia pretende, ademais, ser un nexo vertebrador
entre a formación do alumnado do Grao, a través de materias
cursadas ao longo dos tres primeiros cursos da titulación, coa
realidade docente nas aulas de Educación Infantil.
3. Obxectivos e competencias
Os obxectivos que se pretenden conseguir nesta materia para o
alumnado son os seguintes:
Obxectivos conceptuais (saber):
- Coñecer de xeito vivenciado a vida da aula, as tarefas do
profesorado e as dinámicas de funcionamento dun centro
escolar.
- Empezar a comprobar, na práctica, a complexidade da profesión
de mestre ou mestra de Educación Infantil, identificando as
tarefas que realiza e os problemas prácticos que se lle presentan
no desenvolvemento da profesión, así como as estratexias que
debe empregar para resolvelos.
- Identificar o estilo docente da mestra ou mestre, observar como
ese estilo se reflicte na práctica diaria e relacionalo cos distintos
modelos didácticos existentes.
- Coñecer o grupo-clase e identificar as características, nos
distintos ámbitos de desenvolvemento evolutivo, dos nenos e
nenas de Educación Infantil, podendo establecer a adecuación do
seu nivel evolutivo.
- Recoñecer as estratexias de intervención e de atención á
diversidade que se desenvolven na aula.
- Identificar os elementos do contorno social que inflúen na vida
dunha aula e dun centro de Educación Infantil.
- Coñecer as áreas de traballo da Educación Infantil e a relación
que hai entre elas.

Obxectivos procedimentais (saber facer):


- Analizar os documentos que empregan as/os docentes para a
planificación curricular (programacións de aula, unidades
didácticas, proxectos, obradoiros, adaptacións curriculares, etc.)
e os recursos didácticos utilizados para desenvolver as tarefas na
aula (material propio, fichas, experimentos, etc.), así como a
relación daqueles documentos co currículo oficial de Educación
Infantil da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Analizar, respecto do centro, os documentos de organización e
xestión, a participación das familias, e outros aspectos do seu
funcionamento.
- Observar de xeito sistemático e analizar a organización do
ambiente de aprendizaxe da aula tendo en conta a distribución
do espazo e dos materiais, a organización temporal e a secuencia
de actividades en relación cos recursos didácticos que se
empregan, aplicando os diferentes instrumentos e pautas de
observación que se traballaron nas materias dos cursos pasados.
- Observar o nivel de implicación dos nenos e nenas nas distintas
actividades, así como os diferentes estilos de interacción da
mestra ou mestre.
- Comezar a saber como levar unha clase, iniciándose
gradualmente nas facetas do quefacer diario,
responsabilizándose dalgunhas tarefas sinxelas, ben por encargo
do titor/a, ben por iniciativa do alumnado.
- Empregar estratexias para a resolución de conflitos nas aulas.
- Participar (e no seu caso, colaborar na organización) daquelas
actividades que se desenvolvan dentro e fóra do centro, por
iniciativa deste: conmemoracións, visitas didácticas, excursións,
etc.
- Elaborar unha primeira proposta ou propostas de intervención
educativa segundo as necesidades e pautas que estableza o
titor/a do centro de prácticas
- Ser capaz de elaborar un informe académico.

Obxectivos actitudinais (saber ser):


- Ofrecer unha actitude colaborativa coa titora ou titor actuando
en beneficio da dinámica da aula, sendo respectuoso/a cos nenos
e nenas, e comprometéndose en todo momento a favorecer un
clima de confianza que posibilite un óptimo traballo en equipo.
- Identificar as propias crenzas e teorías implícitas incorporadas a
partir das experiencias escolares vividas (e analizadas desde a
biografía escolar persoal), reflexionando sobre a influencia que
aquelas exercen nas accións docentes, na visión da profesión, e
na interpretación da realidade observada.
- Valorar as vivencias e os sentimentos que suscita a estadía no
centro educativo, reflexionando acerca do papel como aprendiz
de mestre/a e observando o propio proceso de socialización
profesional ao longo do período de prácticas.
- Observar as características, habilidades e destrezas que amosan
os mestres e mestras: autocontrol, paciencia, motivación,
curiosidade intelectual, etc.
- Tomar conciencia da dimensión ética da profesión docente e do
compromiso e responsabilidade que a un/unha profesional da
educación se lle esixe co alumnado, co profesorado, coas familias
e con calquera outro axente que interveña no centro escolar, e
mesmo coa sociedade no seu conxunto, desde unha perspectiva
sensible á diversidade e a equidade.
- Ser capaz de percibir e sentir os problemas sociais e educativos
que afectan á escola, comprometéndose cun desempeño
profesional que aposte por unha educación crítica,
transformadora, democrática, innovadora, e que dea resposta ás
necesidades formativas do noso tempo.

Esta materia debe contribuír, en maior ou menor medida, ao


desenvolvemento de todas as competencias asociadas á titulación,
tal como se indica na memoria para a verificación do título, aínda
que algunhas delas posúen unha especial relevancia para este
Prácticum I. As diferentes competencias cítanse a continuación.

Competencias Xerais
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Infantil, a relación
interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de
coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e
aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe,
tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e
profesionais do centro.
G3. Tratar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en
contextos multiculturais e plurilingües.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de
diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao
respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da
formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas
de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos.
Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nas
e os estudantes.
G6. Coñecer a organización dos colexios de Educación Infantil e a
diversidade de accións que comprende o seu funcionamento.
Desempeñar as funcións de titoría e de orientación coas e os
estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades
educativas das e dos estudantes. Asumir que o exercicio da función
docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios
científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da
contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente
e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes,
os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G9. Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución
dun futuro sustentable.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o
labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe
autónoma e cooperativa e promovelo entre as e os estudantes.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da
comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual
que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza
cultural.
G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da
educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que
afectan os colexios de Educación Infantil e aos seus profesionais.
Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros
educativos.

Competencias Básicas
B1. Que as e os estudantes teñan demostrado posuír e comprender
coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación
secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se
apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que
implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de
estudo.
B2. Que as e os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao
seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e
defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa
área de estudo.
B3. Que as e os estudantes teñan a capacidade de reunir e
interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de
estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas
relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que as e os estudantes poidan transmitir información, ideas,
problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
B5. Que as e os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades
de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun
alto grao de autonomía.

Competencias Transversais
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da
comunicación.
T4. Competencia informacional.
Competencias Específicas
E59. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da
mesma.
E60. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na
aula, así como desenvolver as destrezas e habilidades sociais
necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a
convivencia.
E61. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en
particular, de ensinanza e aprendizaxe mediante o emprego de
técnicas e estratexias necesarias.
E62. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da
mesma.
E63. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na
aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para
fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E64. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en
particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas
e estratexias necesarias.
E65. Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
E66. Participar na actividade docente e aprender a saber facer,
actuando e reflexionando desde a práctica.

4. Contidos
Os contidos de traballo intentarán cubrir catro dimensións
relacionadas entre si (o centro no seu contexto, a aula, as
características do alumnado da etapa de Educación Infantil e as
tarefas do mestre/a desta etapa), que se continuarán e
complementarán cos contidos a desenvolver no curso seguinte na
materia Prácticum II. En virtude destes presupostos, e a partir dos
obxectivos sinalados, os contidos concretos que se pretenden tratar
neste Prácticum I agrúpanse nos tres bloques seguintes.

BLOQUE 1. A ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO CENTRO


- A estrutura organizativa do centro e os seus mecanismos de
funcionamento (espazos, xornada e tempos, órganos de
funcionamento).
- A organización e xestión do centro en situacións educativas
excepcionais.
- As relacións do centro coa contorna física e sociocultural
(entorno físico e os seus recursos, as institucións socioculturais e
os recursos que ofrecen ao centro, etc.).
- Documentación do centro (proxectos de centro, etapa e ciclo;
normativa; documentos institucionais; plans específicos, etc.).
- As relacións formais e informais (clima e cultura de centro,
convivencia e conflitos no centro, relacións internas, relación
coas familias, relacións coa administración educativa, etc.).
- Calidade e escolas de Educación Infantil.

BLOQUE 2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA AULA:


ACTIVIDADES, TAREFAS E GRUPO – CLASE
- Tarefas e vivencias do profesorado de Educación Infantil e
documentos de planificación docente na aula (programacións
curriculares, proxectos, plans específicos, etc.).
- A organización e xestión da aula: espazo, tempo e materiais
(recantos/ambientes de aprendizaxe, materiais e recursos —
tipoloxía, elaboración...—, diferenciación de tempos en aula,
rutinas, actividades e tarefas de aula en Educación Infantil).
- Procesos e dinámicas de ensino-aprendizaxe (rutinas, recantos de
aprendizaxe, traballo por proxectos, traballo por talleres, etc.).
- As relacións dentro da aula (clima de aula, convivencia e
conflitos, relacións coas familias, etc.)
- A organización e xestión de aula en situacións educativas
excepcionais.

BLOQUE 3. CARACTERÍSTICAS DOS NENOS E NENAS DE


EDUCACIÓN INFANTIL
- O alumno ou a alumna de Educación Infantil (características
psicoevolutivas, psicoafectivas, cognitivas, lingüísticas, etc.).
- Estrutura, funcionamento e convivencia do grupo – clase.
- Necesidades do alumnado de Educación Infantil segundo as súas
características evolutivas.
- O alumnado de Educación Infantil en situacións educativas
excepcionais (necesidades, dificultades, actuacións, etc.).

BLOQUE 4. AS TAREFAS DO MESTRE E MESTRA DE


EDUCACIÓN INFANTIL
- Modelos didácticos e estilos docentes do profesorado de
Educación Infantil e o seu reflexo na práctica cotiá.
- Coñecemento profesional e resolución de problemas prácticos do
profesorado de Educación Infantil.
- A función/s do mestre/a e o ensino na sociedade actual (desafíos
da Educación Infantil, novos escenarios educativos, sociedade
dixital, cambios sociais, etc.).
- O mestre/a de Educación Infantil e o ensino ante situacións
educativas excepcionais.

5. Actividades
Tendo en conta a natureza especial da materia, as actividades que se
desenvolvan na Facultade irán orientadas nun primeiro momento a
preparar ao alumnado para o período de estadía nos centros, e a
posteriori orientaranse a reflexionar sobre as experiencias vividas
(paralelamente ao desenvolvemento da propia estadía) e as tarefas
realizadas. A metodoloxía docente será, polo tanto, interactiva e
participativa.
Concretamente o desenvolvemento da materia integra 5 fases ─non
necesariamente consecutivas─ de asistencia obrigatoria para o
alumnado, nas que se realizarán actividades diversificadas e
pertinentes a cada momento, podendo distinguir entre actividades
presenciais no centro universitario, que serán dirixidas pola
supervisora ou supervisor, e actividades presenciais no centro
escolar, que serán orientadas pola titora ou titor de aula. Podemos,
así, falar de diferentes fases:
FASE DE ORGANIZACIÓN
Previamente a outras fases desenvolverase a fase organizativa. Antes
da incorporación do alumnado aos centros de prácticas, a
Coordinación Xeral de Prácticum informará ao alumnado sobre os
aspectos seguintes, entre outros:
• O calendario do Prácticum
• Os centros colaboradores estables (ofertados dende a Facultade)
• A posibilidade de escoller para a estadía un centro colaborador
temporal (non ofertados pola Facultade) e os pasos a seguir
• Normas básicas de actuación durante a fase de estadía nos
centros educativos de prácticas
O espazo habitual de celebración das sesións de organización será o
Salón de Actos da Facultade, en datas que serán comunicadas coa
suficiente antelación ao alumnado.
O alumno ou alumna que non asista a estas xuntanzas ou non
cumpra con rigor cos prazos e trámites a realizar nesta fase, decaerá
do seu dereito a continuar na materia.
Táboa 1. Sesións da Fase de Organización do Prácticum I

Sesión organizativa Pre- Celebración no mes de maio do curso académico


Prácticum anterior ao 3º curso do Grao/Dobre Grao (sesión de 2 h.
aproximadamente)
Explicación da características da materia de Prácticum (I):
normativa, axentes implicados, procedementos e trámites
precisos, documentación, etc.
Pode haber conferencias e relatorios a cargo de profesorado
/ expertos

1ª Sesión Organizativa Semana do 27 de setembro de 2021


Recompilación de centros colaboradores temporais (non
ofertados pola Coordinación Xeral de Prácticum); elección
de prazas en centros colaboradores estables; resolución de
dúbidas; etc.

2ª Sesión Organizativa Semana do 18 de outubro de 2021


Entrega de documentación ao alumnado destinada aos
centros educativos (dirección, titor/a...); presentación das
normas xerais a ter en conta durante o período de estadía;
resolución de dúbidas; tratamento de casos particulares; etc
FASE DE PREPARACIÓN
Constará de unha ou dúas sesións presenciais na Facultade coas
supervisoras ou supervisores (dependendo do alumnado asignado)
durante as semana do 18 de outubro, isto é, antes da
incorporación do alumnado aos centros de prácticas.
As sesións poderán ser individuais ou grupais para o alumnado que
comparte supervisor/a, quen convocará a esas/eses estudantes para
os días, horas e aulas que máis lles conveñan ás dúas partes. Cada
unha terá unha duración de unha hora e media aproximadamente.
Igualmente, algunhas desas sesións poden ser conxuntas para todo o
alumnado para ofrecer indicacións xerais sobre a materia ou
conferencias impartidas por profesionais externos á Facultade.
Na fase de preparación, cada docente anunciaralle ao alumnado que
supervisa como vai realizar o seguimento e a orientación da
actividade que cada estudante desenvolva no seu centro de prácticas:
asistencia a titorías presenciais individuais ou grupais na Facultade,
contacto telefónico ou por correo electrónico, participación en foros
virtuais ou blogs, videoconferencias vía Skype ou Microsoft Teams,
visita da/do docente ao alumnado nos centros de prácticas, envío de
informes, etc., en función do que se xulgue pertinente a cada caso
(fase de estadía e seguimento).
Igualmente, nesta fase se desenvolverá traballo presencial e
autónomo, presentando de maneira detallada os contidos e
ofrecendo pautas, exemplos, instrumentos e orientacións concretas
para o desenvolvemento das actividades. Así, por exemplo, poderían
realizarse tanto actividades expositivas como estudo de casos e
incidentes críticos, debate, práctica guiada, etc. nas horas
presenciais, acompañadas de actividades de traballo autónomo
(lectura e análise de documentos, práctica independente, etc.).
Para facilitar estas tarefas, o alumnado lerá previamente a estas
sesións a Guía Docente da materia.

FASE DE ESTADÍA E FASE DE SEGUIMENTO


Trátase de dúas fases que se producen de maneira conxunta. O
período de estadía nos centros de prácticas abranguerá dende o
martes 25 de outubro ata o venres 17 de novembro de 2021,
ambos incluídos.
Salvo aqueles casos que teñan oficialmente concedida outra
distribución do período temporal de duración da estadía, a presenza
do alumnado nos centros de prácticas non será inferior a 5 horas por
día durante 5 días á semana, o que representa no seu conxunto
unhas 7 semanas continuadas de práctica pre-profesional en réxime
intensivo neste Prácticum I.
A actividade práctica nos centros educativos ─dirixida pola titora
ou titor de centro─, será acompañada polo seguimento que dende
a propia Facultade realiza o profesorado supervisor, quen non
perderá contacto co seu alumnado supervisado e manterá a
comunicación oportuna co titor/a do centro. Tratarase, pois, de
potenciar que o alumnado sexa capaz de “relacionar teoría e práctica
coa realidade da aula” e favorecer a reflexión e as primeiras
intervencións educativas na etapa, a través de actividades en grupo
ou de titorías individualizadas, segundo o que o docente determine
en cada momento, pero adecuándose ás necesidades do estudantado
durante esta fase.
Será na fase de preparación cando a supervisora ou supervisor dará
as indicacións oportunas ao seu alumnado sobre o proceso de
seguimento. En todo caso, realizarase, a mediados da fase de estadía,
polo menos, unha sesión de seguimento co alumnado
supervisado (programado para a semana do 22 de novembro;
un luns e/ou un venres, para interferir o menos posible coa estadía
do alumnado). A data concreta e horarios decidiranse entre o
profesorado supervisor e o alumnado correspondente.
A duración das sesión de seguimento será de hora e media
aproximadamente, dependendo da dinámica de traballo e do
número de alumnos/as asignados. Igualmente, nesta fase de
seguimento, a supervisora ou o supervisor desempeña tarefas de
comunicación e seguimento non necesariamente presenciais
(contacto telefónico e por correo-e, resolución de dúbidas,
corrección de borradores, etc.) que cubren ou mesmo amplían as
horas de dedicación do supervisor/a a cada alumno/a.
Por outro lado, o profesorado supervisor contactará, como
mínimo, dúas veces co titor/a de prácticas: unha ao inicio da
fase de estadía e outra cara ao final. A forma de contacto será aquela
acordada por ambas partes. Na medida do posible, os/as
supervisores/as realizarán unha visita aos centros colaboradores de
Lugo no Prácticum.
As elaboracións (textos, reflexións, etc.) destas fases deberían
quedar reflectidos no Informe Final do alumnado, xa que a través do
proceso de reflexión-acción que esixe, constrúese unha importante
parte da estratexia de ensino-aprendizaxe desta materia.

FASE DE REFLEXIÓN
Esta fase integra sesións de apoio para a elaboración e concreción do
documento ou Informe Final, discusións e reflexións sobre as
aprendizaxes realizadas nas prácticas en centros educativos.
As sesións de reflexión terán lugar nos días 20, 21 e 22 de
decembro. As datas concretas, horarios e aula de realización da
sesión (ou sesións) da fase de reflexión serán fixados de mutuo
acordo (na fase de preparación/seguimento) por cada supervisor/a
co seu grupo particular de estudantado supervisado.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DOS INFORMES DE PRÁCTICUM


As datas de entrega do Informe Final de Prácticum (que se
concreta en apartados posteriores desta Guía Docente) son as
seguintes, segundo o calendario oficial de exames da USC:
• 1ª oportunidade: 14 de xaneiro de 2022
• 2ª oportunidade: 21 de xuño de 2022
Considéranse a data límite para a entrega do traballo, tanto na
primeira como na segunda oportunidade. Por tanto, é posible
entregar o Informe Final con anterioridade a estas datas, sempre e
cando o alumno/a considere que cumpre cos requisitos solicitados
no Programa/Guía Docente e previo aviso ao supervisor
correspondente.
A entrega do Informe farase obrigatoriamente ─sen prexuízo
doutras formas de entrega que poida solicitar o profesorado
supervisor (impreso, p. e.)─ a través da Aula Virtual (en formato
dixital) nun espazo habilitado ao respecto, para a súa custodia.

6. Indicacións metodolóxicas e carga ECTS


Os tres grandes eidos nos que se concreta este Prácticum I refírense
á observación participante ao redor da vida da aula, á análise das
características dun centro educativo en relación ao seu contexto e,
finalmente, á aprendizaxe e reflexión respecto de todas as
dimensións do quefacer profesional docente. Ante as circunstancias
educativas actuais e os desafíos aos que se enfronta o ensino na
etapa de Educación Infantil, adquire especial importancia a
intervención activa do alumnado para dar resposta ás posibles
necesidades que poidan xurdir nas aulas e nos propios centros
educativos.
Así pois, nesta materia, o papel do alumnado en prácticas irá máis
aló da necesaria observación e reflexión da práctica docente,
para intervir, apoiar e colaborar no desenvolvemento da
actividade cotiá. Neste Prácticum búscase unha boa reflexión acerca
do que significa ensinar e ser mestre/a de Educación Infantil no
século XXI, atendendo aos principais desafíos aos que se enfronta
esta etapa na época actual: revolución dixital e tecnolóxica, cambio
climático, sustentabilidade, novos modelos de interacción social, etc.
Igualmente, búscase que o alumno/a en prácticas realice os seus
primeiros deseños e intervencións educativas nun contexto real, con
necesidades e características propias.
Por estas razóns, este é o momento do período de formación inicial
que o alumnado vivencia como máis determinante na súa
aprendizaxe, porque sente que por fin toma contacto real co
ambiente no que desenvolverá a súa futura actividade profesional.
Como recurso informativo esencial debemos mencionar a páxina
web de Prácticum da propia Facultade de Formación do
Profesorado.
Como ferramenta fundamental de seguimento, contacto e traballo, a
materia posúe unha Aula Virtual na que se colgarán os principais
avisos, se ofrecerá toda a información e documentación pertinente, e
se realizará a entrega de tarefas solicitadas ao alumnado.
En canto á celebración das sesións (datas e horarios), tanto a
Coordinación Xeral de Prácticum como o profesorado supervisor
deberá reservar coa antelación suficiente os espazos/aulas que vaian
empregar, sempre que desexen realizar unha sesión de traballo co
alumnado da materia.
En relación á carga horaria do alumnado, o tempo de estudo e de
traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala é o
seguinte en función das actividades xa formuladas:
• Horas de presencialidade na Facultade (sesións de
organización, preparación, seguimento e reflexión): 25 horas.
o 5 horas coa Coordinación Xeral de Prácticum
o 20 horas coa Supervisión (10 h. de actividades en grupo
mediano e 10 h. de actividades en pequeno
grupo/individuais).
• Horas de estadía no centro de prácticas adscrito: 250 horas.
• Horas de traballo autónomo da/do estudante: 175 horas.
• Horas totais de dedicación á materia: 450.

*NOTA ACLARATORIA: infórmase ao alumnado que o tempo que se recoñece


aos/as supervisores/as por cada alumno/a supervisado é de 2 horas

7. Indicacións sobre a avaliación da materia


PUNTUACIÓN
Seguindo os criterios establecidos na ficha da materia Prácticum I
que se recolle no plan de estudos do grao no que respecta á
puntuación da materia, os 10 puntos de cualificación máxima
distribuiranse da seguinte maneira:
- Valoración da participación e implicación do/da estudante
nas sesións presenciais na Facultade (organización,
preparación, seguimento e reflexión): ata un máximo de 1 puntos
(10%).
- Valoración das comunicacións remitidas pola titora ou
titor de prácticas respecto da avaliación do labor
desenvolvido pola/polo estudante durante o período de
estadía no centro correspondente: ata un máximo de 4 puntos
(40%). O supervisor ou supervisora disporá desta información a
través dos contactos directos que estableza co titor ou titora do
centro, e tamén a partir do informe escrito (ficha de avaliación) que
este/esta lle remitirá unha vez remate o período de estadía.
- Valoración do Informe Final de Prácticum I da/do
estudante: ata un máximo de 5 puntos (50%).

O INFORME FINAL DE PRÁCTICUM


Todo o material escrito que elabore o/a estudante para esta materia
quedará reflectido/recollido neste documento, do que se ofrecerá a
debida concreción na guía docente da materia. Será un documento
único, individual e orixinal, que integrará os seguintes elementos:
1. Portada completa cos datos correspondentes ao autor ou autora e
ao centro no que realizou a fase de estadía.
2. Índice, ben detallado, numerado e paxinado.
3. Resposta reflexionada aos diferentes apartados da Guía de
Observación, que se lle facilitará ao alumnado na fase de
preparación.
4. Detalle das accións desenvolvidas pola alumna ou alumno na
aula e no centro durante a fase de estadía.
5. Conclusións, como resultado da observación, análise, reflexión e
intervención en todo o proceso.
6. Referencias, que integrará a indicación de todos os materiais
empregados para a elaboración do Informe.
7. Anexos (documentos que poidan resultar de interese para
clarificar algún aspecto do informe final. Un dos anexos será
obrigatoriamente o que inclúa o deseño, e eventualmente o
desenvolvemento e a avaliación, da proposta de intervención
realizada pola/o estudante no centro colaborador, seguindo a
pauta indicada na guía docente da materia).
Os apartados 3 a 6 non superarán no seu conxunto as 30
páxinas de extensión (letra tipo Arial, tamaño 12; aliñación
xustificada; entreliñado 1,15).
A elaboración do Informe Final de Prácticum I pode adoptar a
modalidade de Diario ou outra modalidade que especifique o
supervisor/a correspondente.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA


- Asistencia obrigatoria e participación activa en todas as
actividades desenvolvidas durante as fases de organización,
preparación, seguimento e reflexión.
- Obtención dunha valoración positiva por parte da supervisora ou
supervisor da Facultade, sobre as actividades realizadas nas fases
de organización, preparación, seguimento e reflexión.
- Entrega en tempo e forma do Informe Final de Prácticum I e/ou
calquera outro traballo que se solicite por parte do ou da
supervisora da Facultade, e obter unha valoración positiva nos
citados traballos.
- Asistencia ao centro de prácticas de xeito continuado, sen faltas,
segundo o establecido no calendario de Prácticum I.
- Participar activamente en todas as actividades propostas polo
titor ou titora do centro de prácticas.
- Obter unha valoración positiva por parte da titora ou titor
respecto do labor desenvolvido ao longo da fase de estadía no
centro de prácticas.

ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA DE PRÁCTICUM I


O alumnado que non supere a materia na oportunidade de xaneiro
por non acadar a asistencia mínima ás sesións presenciais na
Facultade ou por non obter unha valoración positiva no referente á
súa implicación nas fases de preparación, seguimento e reflexión,
para superar a materia na oportunidade de xuño-xullo deberá
realizar os traballos que lle indique a súa supervisora ou supervisor.
A alumna ou o alumno que non supere a materia na oportunidade de
xaneiro por ter avaliación negativa no Informe de Prácticum, poderá
presentalo novamente na segunda oportunidade (xuño), segundo a
data, horario e aula que se indica no calendario oficial de exames,
manténdoselle a cualificación obtida na avaliación do titor/a de
prácticas. Se volvese a obter avaliación negativa no Informe, deberá
matricularse novamente na materia o curso seguinte para superala.
Con carácter xeral recoméndaselle a calquera estudante que non
supere a materia, que acuda presencialmente os días de revisión de
cualificacións que ofreza o/a docente supervisor/a, para coñecer
directamente as cuestións que debe mellorar na seguinte
oportunidade.
Por outra banda, o alumnado que non supere a materia por
avaliación negativa da titora ou titor do centro ou por malas
prácticas no centro durante a fase de estadía, non terá segunda
oportunidade no curso académico para a recuperación da materia,
pois non será posible a repetición da estadía ata o curso seguinte.
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores (repetidor)
deberá realizar novamente todas as actividades da materia, incluída
a estadía nun centro, da mesma maneira que o resto de novos/as
estudantes matriculados/as.
Nesta materia non se considera a exención de docencia.

OUTRAS OBSERVACIÓNS RESPECTO DA AVALIACIÓN


- Os traballos que elabore o alumnado deberán ser inéditos,
individuais e orixinais e non conterán plaxio. Para os casos de
realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos
traballos e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas)
será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do
rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións”.
- O informe de prácticas debe seguir expresamente os criterios
establecidos para a súa elaboración nesta Guía Docente ou no
programa, tanto en contido como en forma.
- As datas de entrega deben respectarse, ou informar con
antelación ao supervisor/a de calquera dificultade que impida a
entrega puntual dos traballos.
- A data límite para a entrega do Informe Final de Prácticum I
coincide coa data sinalada para o “exame” desta materia dentro
do calendario oficial de exames da Facultade. Poderá entregarse
con antelación a esta data, previo aviso do profesorado
supervisor correspondente. Será habilitado un espazo de entrega
obrigatoria dos Informes para todo o alumnado na Aula Virtual,
independentemente de que a supervisora ou o supervisor poidan
solicitar a súa entrega noutro formato ou mediante outras vías.

MATRÍCULAS DE HONRA
Poderá optar á mención “Matrícula de Honra” (MH) o alumnado
que obteña a máxima puntuación global na materia e sexa proposto
polo seu supervisor/a. O profesorado supervisor comunicará
á Coordinadora da Materia aquel alumnado candidato á
mención Matrícula de Honra ata as 14:00 horas do mércores 26
de xaneiro de 2022.
No caso de que o número de alumnas/os candidatos sexa igual ou
menor ao número de matrículas dispoñibles, a concesión desta
mención recaerá sen máis trámites nas persoas propostas e
comunicadas á Coordinación da Materia.
De existir máis candidatos/as que Matrículas de Honra
dispoñibles, a concesión desta distinción recaerá naquel
alumnado que obteña unha maior puntuación na presentación
e defensa oral do seu traballo ante unha Comisión nomeada
especificamente para tal fin.
A Comisión Avaliadora de Matrícula de Honra estará
integrada por un supervisora seleccionado/a de entre aqueles/as
que candidaten ao seu alumnado á mención de MH, ademais da
persoa que exerza a Coordinación da Materia e daquela
persoa que exerza a Coordinación Xeral de Prácticum da
Facultade (quen asumirá o cargo de Secretario/a da Comisión).
En relación co punto anterior, tanto o supervisor/a elixido como os
Coordinadores/as formarán parte da Comisión de xeito
obrigatorio, salvo causas debidamente xustificadas e certificadas.
Se non puidesen formar parte desta, e non existise causa
xustificada, o seu alumnado candidatado, de habelo, decaerá
do seu dereito de defensa e, por tanto, non poderá optar á
Matrícula de Honra.
No caso de que exista causa xustificada de ausencia na
Comisión, será substituído/a por outro/a supervisor/a que
presentase candidatos e, de non haber, sortearase entre aqueles que
non presentasen alumnado á mención de MH.

*NOTA ACLARATORIA: O alumnado candidatado a Matrícula de Honra non só


debe destacar no Informe de Prácticum (aínda que é a referencia fundamental
neste proceso), senón tamén no resto das fases do Prácticum I

PROCEDEMENTO PARA A ACTUACIÓN DA COMISIÓN


AVALIACIÓN E DO
DE
ALUMNADO NO PROCEDEMENTO DE DEFENSA E CONCESIÓN DE MATRÍCULAS
DE HONRA

1) Comunicación á persoa Coordinadora da Materia, por


parte do profesorado supervisor, dos datos do alumnado
candidato á mención Matrícula de Honra: ata as 14:00 horas do
mércores 26 de xaneiro de 2022.
Nesta mesma data, a Coordinación da Materia notificaralle ao
alumnado a súa candidatura á mención de Matrícula de Honra.
2) Configuración da Comisión que valorará ao alumnado
proposto polos/as supervisores/as: xoves, 27 de xaneiro de 2022.
A Comisión terá acceso aos Informes Finais de Prácticum do
alumnado proposto a Matrícula de Honra na Aula Virtual da
materia.
3) Publicación da data de defensa do traballo/informe
vinculado co Prácticum do Grao/Dobre Grao por parte dos
candidatos/as á Matrícula de Honra: venres, 28 de xaneiro de
2022. Esta publicación farase na Aula Virtual da materia.
4) Proceso de defensa (previsiblemente, o 1 de febreiro de
2022): o alumnado disporá de 15 minutos para a presentación do
seu traballo, utilizando os medios que considere precisos. A
continuación, durante 15 minutos, os distintos membros da
comisión expoñerán as súas preguntas e observacións ao/a
alumno/a de xeito ininterrompido para que, a continuación, estes
contesten e maticen aquelas cuestións que se consideren
pertinentes.
5) A Comisión acordará que candidatos/as merecen as
Matrículas de Honra dispoñibles, de ser o caso, unha vez
transcorridas todas as defensas dos traballos por parte do alumnado,
xerándose unha Acta de Avaliación ao respecto (en formato
físico/papel ou dixital) que será custodiada na Coordinación Xeral
de Prácticum.
6) A listaxe do alumnado que reciba a MH (resultado final do
proceso) será establecida na Aula Virtual da materia, estando
dispoñible para todo o profesorado e alumnado implicado. Así
mesmo, a persoa Coordinadora da Materia establecerá as
cualificacións na Secretaría Virtual da materia antes do
peche de actas oficial.

8. Recomendacións para o estudo da materia


• Ler esta Guía Docente, na cal se detallan máis en profundidade
numerosos aspectos referentes ao desenvolvemento da materia,
nomeadamente os relativos a actividades de aprendizaxe e
instrumentos e criterios de avaliación.
• Visita e consulta da Aula Virtual da materia, na que se
establecerán as novas, informacións, documentación e outras
cuestións pertinentes para a materia.
• Utilizar a conta de correo institucional como medio de
comunicación entre o profesorado supervisor, o profesorado titor,
as coordinacións, etc.
• Participar activamente en todas as sesións presenciais da materia
na Facultade, así como asistir con boa disposición ao centro de
prácticas todos os días da fase de estadía.
• Recoméndase (aínda que non é obrigatorio), ler como mínimo un
dos libros referenciados na bibliografía.
• Realizar os rexistros diarios que se indiquen no programa e/ou
nesta guía docente (observacións, reflexións, traballos e/ou
material da aula, ou calquera outra achega que o alumnado en
prácticas considere de interese para a súa posterior análise) e, en
xeral, realización do conxunto dos traballos e actividades
programadas.
• É importante lembrar que non se poden realizar fotografías do
alumnado sen previo permiso do centro. Ademais está totalmente
prohibido publicar información en calquera soporte dos nenos ou
do colexios máis alá do Informe de Prácticas (por exemplo, en
redes sociais).
• Tocante ao Informe Final de Prácticum deberanse respectar as
seguintes condicións:
o Normas de estilo e formato: ver a sección de
Asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística
da USC, especialmente o apartado “Criterios
lingüísticos”. É tamén importante ter en conta o
traballado nas sesións de competencias xenéricas de
primeiro curso respecto da comunicación escrita.
o Aforro enerxético: cada traballo será entregado na Aula
Virtual, en formato dixital, nun espazo habilitado ao
respecto. No caso de que se solicite un traballo en
formato papel, este será presentado nun só volume, con
folios tamaño DIN A4, grampados (ou encadernados en
espiral se o documento contén máis de 50 follas); non
incluirá follas en branco no interior nin plásticos ou
outros envoltorios innecesarios no exterior; na
impresión utilícese calidade “aforro de tinta” ou
“borrador”; sempre que sexa posible, empréguese papel
escrito polas dúas caras, e mellor, reciclado; evítese
abusar das negras, das maiúsculas, das cores, e de
anexos que non teñan relación cos temas desenvolvidos.
o Valoración: á marxe da calidade dos contidos en si (en
relación coa materia), na valoración final de cada
traballo tamén se terá en conta a gramaticalidade, a
cohesión, a coherencia, a adecuación e o formato. O
plaxio implicará a desestimación do traballo.
9. Observacións
- Conforme se sinala no plan de estudos da titulación, será requisito
indispensable para poder matricularse na materia ter superado
cando menos 48 créditos do segundo curso do Grao en Mestre ou
Mestra de Educación Infantil.
- Nesta materia non se considera a exención de docencia. Todas as
actividades desenvolvidas no Prácticum son de asistencia
obrigatoria, polo que esta materia non se verá afectada pola
“Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa
de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Por
conseguinte, todo o alumnado matriculado debe desenvolver
integramente todas as fases do Prácticum.
- O alumnado da materia que precise dalgún tipo de adaptación ou
apoio específico por características de NEAE (Necesidades
Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado,
pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que tiveran
sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e
Integración Universitaria), servizo da USC competente a estes
efectos.
- Calquera traballo escrito que presente o alumnado para esta
materia no actual ano académico poderá ser recollido polo seu autor
ou autora (no despacho do/da docente correspondente, e no seu
horario de titorías en cada momento) ao longo do mes de setembro
posterior ao vindeiro ano académico (é dicir, o/a docente custodia os
traballos dous anos académicos completos). A partir do 1 de outubro
seguinte os documentos non recollidos serán destruídos.
ANEXO I

PLAN DE CONTINXENCIA
O tratado na Guía Docente ata o de agora correspóndese co
Escenario 1, isto é, docencia presencial sen ningún tipo de
restricións, como se viña facendo ata o de agora.
Non obstante, dadas as circuntancias actuais, a docencia na materia
pódese ver alterada e restrinxida en certos aspectos. É por iso que, a
continuación, realizamos a adaptación dos apartados de
metodoloxía, sistema de avaliación e recomendacións para o
estudo da materia segundo o “Protocolo para o desenvolvemento
dunha docencia presencial segura 2021-2022”.

 ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO (restricións parciais


á presencialidade física)
Metodoloxía da ensinanza
A metodoloxía de ensino establecida para esta materia, de situarnos
no escenario 2, afectaría ao desenvolvemento das sesións na
Facultade naquelas fases nas que se realicen, sen interferir, en
ningún caso, no calendario de celebración das mesmas.
Como ferramenta fundamental de seguimento, contacto e traballo, a
materia posúe unha Aula Virtual na que se colgarán os principais
avisos, se ofrecerá toda a información e documentación pertinente, e
se realizará a entrega de tarefas solicitadas ao alumnado.
A adaptación e desenvolvemento de cada fase, proponse, neste caso,
do seguinte xeito:
FASE DE ORGANIZACIÓN: as sesións organizativas coa
Coordinación Xeral de Prácticum celebraríanse por quendas de
alumnado (pequenos grupos) en espazos amplos (Salón de Actos, p.
e.) para evitar aglomeracións e poder manter as medidas hixiénico –
sanitarias establecidas polas autoridades (distancia de seguridade,
número máximo de persoas en espazos pechados, etc.). Neste caso,
manteranse todas as condicións previstas en canto á obrigatoriedade
de asistencia, informacións destinadas ao alumnado, etc.
FASE DE PREPARACIÓN: as sesións presenciais na Facultade cos
supervisores/as asignados poderán ser individuais ou grupais,
sempre e cando se poidan manter as medidas hixiénico – sanitarias
e de control establecidas polas autoridades (distancia de seguridade,
número máximo de persoas en espazos pechados, etc.). Neste caso,
manteranse todas as condicións previstas en canto á obrigatoriedade
de asistencia, informacións destinadas ao alumnado por parte dos
supervisores/as, etc. Evitaranse, en todo caso, a celebración de
sesións conxuntas (conferencias e experiencias impartidas por
profesionais externos).
FASE DE ESTADÍA: soamente se verá afectada se houbese outro
decreto de “estado de alarma” e suspensión das actividades
educativas na nosa comunidade autónoma ou centro educativo.
FASE DE SEGUIMENTO: durante o desenvolvemento da fase de
estadía, a supervisora ou supervisor non perderá contacto co seu
alumnado supervisado e manterá a comunicación oportuna co
titor/a do centro. Favorecerase, neste caso, que o contacto sexa
esencialmente telemático, empregando as ferramentas de traballo e
comunicacións que a USC pon a disposición da comunidade
universitaria.
FASE DE REFLEXIÓN: as sesións presenciais de reflexión na
Facultade cos supervisores/as asignados poderán ser individuais ou
grupais, sempre e cando se poidan manter as medidas hixiénico –
sanitarias e de control establecidas polas autoridades (distancia de
seguridade, número máximo de persoas en espazos pechados, etc.).
Neste caso, manteranse todas as condicións previstas en canto á
obrigatoriedade de asistencia, actividades de debate e reflexión,
informacións destinadas ao alumnado por parte dos
supervisores/as, etc. Evitaranse, en todo caso, a celebración de
sesións conxuntas (conferencias e experiencias impartidas por
profesionais externos).
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación (evidencias e instrumentos de avaliación)
será o mesmo que no escenario de docencia presencial (escenario 1),
manténdose os criterios en canto á distribución de porcentaxes entre
as distintas partes da avaliación e cualificación mínima e máxima a
acadar polos estudantes.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistencia obrigatoria e participación activa en todas as
actividades.
- Avaliación positiva por parte da/do supervisor da Facultade.
- Entrega en tempo e forma do Informe Final de Prácticum ou
calquera outro traballo que se solicite por parte do ou da supervisora
da Facultade, e obter unha valoración positiva nos citados traballos.
- Asistencia ao centro de prácticas de xeito continuado, sen faltas,
segundo o establecido no calendario de Prácticum I.
- Participar activamente en todas as actividades propostas polo titor
ou titora do centro de prácticas.
- Avaliación positiva por parte da titora ou titor respecto do labor
desenvolvido ao longo da fase de estadía no centro de prácticas.

O INFORME FINAL DE PRÁCTICUM: todo o material escrito que


elabore o/a estudante para esta materia quedará reflectido/recollido
nun Informe Final de Prácticum, do que se ofrece a debida
concreción nesta Guía Docente.

OUTRAS OBSERVACIÓNS RESPECTO DA AVALIACIÓN:


- Os traballos que elabore o alumnado deberán ser inéditos,
individuais e orixinais, e non conterán plaxio. Naqueles casos de
realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos
e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de
aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento
académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- O informe de prácticas debe seguir expresamente os criterios
establecidos para a súa elaboración neste programa e/ou na guía
docente da materia, tanto en contido como en forma.
- As datas de entrega deben respectarse, ou informar con antelación
ao supervisor/a de calquera dificultade que impida a entrega
puntual dos traballos.
- A data límite para a entrega do Informe Final de Prácticum será
aquela que conste como data oficial do exame (tanto en primeira
como en segunda oportunidade). De todos os xeitos, poderá ser
entregado con antelación a esa data. O lugar/espazo de entrega será
especificado por cada docente na fase de preparación, non obstante,
habilitarase un espazo de entrega na Aula Virtual da materia para a
súa entrega virtual, independentemente das pautas de entrega
sinaladas polo docente supervisor/a.
- No apartado “alumnado que non supera a materia de Prácticum I”
nesta Guía Docente, especifícanse con detalle as opcións que ten á
súa disposición o alumnado que non supere a materia na primeira
oportunidade ou na primeira convocatoria, en canto aos apartados
con cualificación negativa:
- O alumnado con avaliación negativa por parte do titor/a do
centro, non terá oportunidade no curso académico para a
recuperación da materia.
- O alumnado con avaliación negativa na memoria poderá
presentala novamente na segunda oportunidade (xuño/xullo).

MATRÍCULAS DE HONRA: manterase o mesmo procedemento


establecido para o escenario de docencia presencial.

 ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS


(imposibilidade de impartir docencia con
presencialidade física)
Metodoloxía da ensinanza
No caso suspensión da actividade educativa nos centros de prácticas
por mor da COVID-19 durante a fase de estadía do alumnado, a
materia desenvolveríase de xeito telemático. Isto supón que tanto a
titorización como a supervisión do alumnado en prácticas
realizaríase de xeito virtual, sempre e cando o titor/a do centro así o
considere. As tarefas a desenvolver polo alumnado adaptaranse á
situación de ensino virtual en base ás pautas dos titores/as de
prácticas e terán o seu reflexo na Memoria, nos apartados
correspondentes.
Por conseguinte, a metodoloxía de ensino establecida para esta
materia, en caso de suspensión da actividade educativa, suporía un
cambio de “escenario” en canto á presencialidade do noso alumnado
na Facultade e nos centros. Por un lado, a supervisión levaríase a
cabo de xeito virtual e no que respecta aos centros de prácticas,
os/as alumnos/as continuarían coa súa labor de observación,
reflexión, intervención e apoio pero nun contexto de ensino virtual,
na medida das posibilidades de cada titor/a e centro de ensino.
Como ferramenta fundamental de seguimento, contacto e traballo, a
materia posúe unha Aula Virtual na que se colgarán os principais
avisos, se ofrecerá toda a información e documentación pertinente, e
se realizará a entrega de tarefas solicitadas ao alumnado. Así mesmo,
debemos contar cos restantes recursos e ferramentas de traballo e
comunicación que a USC pon ao servizo da comunidade
universitaria (Skype empresarial, correo-e, M. Teams, Forms, etc.)
que facilitarán en maior medida o desenvolvemento das tarefas
desta materia de Prácticum I.
A adaptación e desenvolvemento de cada fase, proponse, neste
escenario, do seguinte xeito:
FASE DE ORGANIZACIÓN: as sesións organizativas coa
Coordinación Xeral de Prácticum celebraríanse empregando
ferramentas virtuais (M. Teams). Tendo en conta o número de
alumnos/as, podería formularse a realización das sesións por
quendas de alumnado (pequenos grupos). Así mesmo, manteranse
todas as condicións previstas en canto á obrigatoriedade de
asistencia, informacións destinadas ao alumnado, etc. A entrega da
documentación pertinente (que será dixitalizada para unha mellor
xestión) realizaríase a través da Aula Virtual.
FASE DE PREPARACIÓN: as sesións cos supervisores/as asignados
levaranse a cabo de xeito virtual, empregando as ferramentas que
pon á disposición do alumnado e docentes a USC. Igualmente,
poderán ser individuais ou grupais, tendo en conta as preferencias
do supervisor/a. Neste caso, manteranse todas as condicións
previstas en canto á obrigatoriedade de celebración de sesións,
asistencia e contacto co supervisor/a; informacións pertinentes a
ofrecer; etc. A entrega da documentación pertinente (que será
dixitalizada para unha mellor xestión) realizaríase a través da Aula
Virtual.
FASE DE ESTADÍA: levarase a cabo de xeito virtual, atendendo ás
necesidades e posibilidades do centro e/ou titor/a de prácticas.
FASE DE SEGUIMENTO: durante o desenvolvemento da fase de
estadía, a supervisora ou supervisor non perderá contacto co seu
alumnado supervisado e manterá a comunicación oportuna co
titor/a do centro. O contacto, neste escenario será esencialmente
telemático, empregando as ferramentas de traballo e comunicacións
que a USC pon a disposición da comunidade universitaria.
FASE DE REFLEXIÓN: as sesións de reflexión na Facultade cos
supervisores/as asignados levaranse a cabo empregando as
ferramentas que a USC pon á disposición do alumnado e
profesorado. Igualmente, poderán ser individuais ou grupais, tendo
en conta as preferencias do supervisor/a. Manteranse todas as
condicións previstas en canto á obrigatoriedade de celebración de
sesións, asistencia e contacto co supervisor/a; actividades de
reflexión a realizar; etc.
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación (evidencias e instrumentos de avaliación)
será o mesmo que no escenario de docencia presencial (escenario 1),
manténdose os criterios en canto á distribución de porcentaxes entre
as distintas partes da avaliación e cualificación mínima e máxima a
acadar polos estudantes.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistencia obrigatoria ás sesións telemáticas e, de ser o caso,
mantemento de contactos periódicos co supervisor/a.
- Avaliación positiva por parte da/do supervisor da Facultade.
- Entrega en tempo e forma do Informe Final de Prácticum ou
calquera outro traballo que se solicite por parte do ou da supervisora
da Facultade, e obter unha valoración positiva nos citados traballos.
- Participación activa e apoio en todas as actividades propostas polo
titor ou titora de prácticas.
- Avaliación positiva por parte da titora ou titor respecto do labor
desenvolvido ao longo da fase de estadía no centro de prácticas.
O INFORME FINAL DE PRÁCTICUM: todo o material escrito que
elabore o/a estudante para esta materia quedará reflectido/recollido
nun Informe Final de Prácticum, do que se ofrece a debida
concreción nesta Guía Docente.

OUTRAS OBSERVACIÓNS RESPECTO DA AVALIACIÓN:


- Os traballos que elabore o alumnado deberán ser inéditos,
individuais e orixinais, e non conterán plaxio. Naqueles casos de
realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos
e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de
aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento
académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- O informe de prácticas debe seguir expresamente os criterios
establecidos para a súa elaboración neste programa e/ou nesta Guía
Docente da materia, tanto en contido como en forma.
- As datas de entrega deben respectarse, ou informar con antelación
ao supervisor/a de calquera dificultade que impida a entrega
puntual dos traballos.
- A data límite para a entrega do Informe Final de Prácticum será
aquela que conste como data oficial do exame (tanto en primeira
como en segunda oportunidade). De todos os xeitos, poderá ser
entregado con antelación a esa data. O lugar/espazo de entrega será
especificado por cada docente na fase de preparación, non obstante,
habilitarase un espazo de entrega na Aula Virtual da materia para a
súa entrega virtual, independentemente das pautas de entrega
sinaladas polo docente supervisor/a.
- No apartado “alumnado que non supera a materia de Prácticum I”
nesta Guía Docente, especifícanse con detalle as opcións que ten á
súa disposición o alumnado que non supere a materia na primeira
oportunidade ou na primeira convocatoria, en canto aos apartados
con cualificación negativa:
- O alumnado con avaliación negativa por parte do titor/a do
centro, non terá oportunidade no curso académico para a
recuperación da materia.
- O alumnado con avaliación negativa na memoria poderá
presentala novamente na segunda oportunidade (xuño/xullo).

MATRÍCULAS DE HONRA: manterase o mesmo procedemento


establecido para o escenario de docencia presencial coa excepción de
que a defensa oral do traballo ante unha Comisión, de existir máis
candidatos/as que Matrículas de Honra dispoñibles, podería levarse
a cabo de maneira virtual, empregando para iso a ferramenta
Microsoft Teams.
As condicións e requisitos serán os mesmos tanto para o alumnado
como para o profesorado supervisor.
ANEXO II
Facultade de Formación do Profesorado
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PRÁCTICUM I
GUÍA DE OBSERVACIÓN
Grao de Mestre/a de Educación Infantil
Dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e de
Educación Primaria
Ano académico – 2021/2022

Profesorado supervisor:
Carmen Denébola Álvarez Seoane
Susana Cid Fernández
Miriam Fernández Barreiros
Xesús Ferreiro Núñez
Marta Poncet Souto
Carmen Sarceda Gorgoso
Montserrat Souto Gómez
Milena Villar Varela
GUÍA DE OBSERVACIÓN
O obxectivo desta guía de observación é axudarche a recoller información dun
xeito máis sistemático sobre distintos aspectos do ambiente de aprendizaxe da
aula e das tarefas docentes, do centro educativo, da súa contorna escolar e da
dinámica das aulas, ao longo do teu período de estadía.
A guía é só unha ferramenta de axuda pois non se trata de que te limites a
recoller información sen máis. O importante é que, a partir da
información obtida realices unha reflexión crítica das implicacións que
teñen as características observadas no ambiente de aprendizaxe da aula, no
desenvolvemento da profesión docente e, especialmente, no proceso educativo
dos nenos e das nenas. As reflexións deben ser fundamentadas no marco
teórico aportado polas distintas materias que cursaches, polas fontes
bibliográficas consultadas e mesmo polos coñecementos específicos que os
distintos profesores/as supervisores/as che poidan proporcionar.

As observacións realizadas, fixéronche pensar en aspectos da aula e da actuación docente nos que
non pensaras antes? Que conclusións extraes dos datos que recolliches? Cales foron as principais
dificultades coas que te atopaches para realizar a observación? Que dificultades, dúbidas,
curiosidades... che xurdiron? A que cuestións (preocupacións, dúbidas, etc) che gustaría que
désemos resposta nas sesións de reflexión?

A continuación recóllense os aspectos fundamentais que podes observar en cada


unha das dimensións do ambiente. Para ampliar a información desta Guía e
realizar a observación poderías tomar como referencia algúns dos materiais e
documentos aportados na materia de Organización e xestión de aula.

1. CONTORNO SOCIOCULTURAL DA ESCOLA E A PROPIA ESCOLA


Os nenos e nenas que van á escola pertencen a un determinado territorio que
lles dá forma e os envolve. Son fillos dos seus pais pero tamén son fillos do
territorio e do contexto no que viven: pola alimentación, polas pautas de
crianza, pola linguaxe, polos hábitos, polas formas de relación, polos recursos
de que dispoñen os seus pais, etc. Resulta difícil pensar que podemos entender
como son os nenos e nenas se non comezamos a análise polo contexto onde
naceron. Algunhas preguntas importantes neste apartado poderían ser:

- Cales son as características básicas do contorno no que se ubica a escola?


- Que o caracteriza e, ao mesmo tempo, o diferenza dos outros contextos?
- Que necesidades básicas cabería salientar?
- Que recursos do entorno poderían ser empregados dende a escola?
- Como cres que condicionan as características dese contorno a organización do ambiente
de aprendizaxe da aula?
Para respondelas fixádevos como é o territorio de onde veñen os nenos, as
características socioculturais e económicas das familias, os sistemas de
produción, os recursos, etc. Lembrade, tamén, o estudado na materia de
Socioloxía da educación no primeiro curso.

2. OS NENOS E AS NENAS E AS SÚAS FAMILIAS


Coñecer como son os nenos e as nenas e as súas familias son elementos básicos
a considerar neste primeiro período do Prácticum. Trátase de ver aspectos
xenéricos que vos permitirán confrontar a teoría estudada o curso pasado en
materias como Psicoloxía do desenvolvemento, Infancia, familia e escola ou
Socioloxía da educación. De xeito xeral, ao rematar o período de prácticas
deberiades estar en condicións de responder cuestións como as seguintes:

• Datos xerais do alumnado da clase: número, idade, sexo, cohesión do grupo,


procedencia familiar, casos de integración, etc. Trátase de facer unha radiografía
xeral da clase. Se forman parte do grupo nenos/as con características especiais sería
interesante que fixeras unha mención especial a eles/as e ao nivel de
inclusión/integración na aula deses nenos/as.

• Características psicoevolutivas: observar o nivel de desenvolvemento perceptivo,


psicomotor, lingüístico, cognitivo e afectivo social. Facer unha radiografía xeral do
nivel de desenvolvemento do conxunto do alumnado. Para esta observación
debedes tomar como referencia os contidos da materia de Psicoloxía do
desenvolvemento impartida no primeiro curso.
• Implicacións destas características no ambiente de aprendizaxe da aula e no
proceso educativo dos nenos e nenas. En xeral, cal é o nivel de implicación dos
nenos e nenas nas tarefas que se desenvolven na aula?
• Características das familias. Como son as familias que levan os seus fillos/as á túa
escola de prácticas (nivel socioeconómico e cultural, modelo educativo e pautas de
crianza que aplican aos seus fillos, participación na escola, etc.)?

3. A AULA: O AMBIENTE DE APRENDIZAXE


Despois de coñecer o contorno e aos nenos e nenas e ás súas familias, centramos
a mirada na aula e no ambiente de aprendizaxe que se xera. Todo o que
analizamos anteriormente tamén nos vai axudar a entender o que acontece na
aula.
A aula é o espazo onde os nenos e nenas pasan a meirande parte do seu tempo.
Xusto por ese motivo debería ser un lugar agarimoso e funcional. Para realizar a
observación do ambiente de aprendizaxe da aula debemos atender a catro
dimensións do ambiente: a física, a funcional, a temporal e a relacional.
Dimensión física. Como é a infraestrutura da aula? Trátase de facer unha descrición da
organización espacial da aula e da distribución do mobiliario e os materiais. Estaría ben realizar un
plano da aula e indicar as dimensións do espazo, como está distribuído o mobiliario e os materiais,
etc. Que opina a mestra/e sobre o ambiente de a aprendizaxe da súa aula? Por que a organizou
deste xeito? É importante que preguntes explicitamente á mestra sobre a organización da aula e
que che explique as razóns da súa organización. Tamén podes, tendo en conta o que sabes sobre
como organizar unha aula, se che parece que podería haber outras maneiras. En calquera caso é
importante que fagas unha reflexión sobre este aspecto.

Dimensión funcional (actividades e metodoloxía): Descrición de como se utilizan os distintos


espazos, polivalencia e tipo de actividades que se desenvolven neles, a metodoloxía predominante
(unidades didácticas elaboradas polo equipo docente, método de fichas dunha editorial, método
de pequenos proxectos, recantos, obradoiros, etc.) , o modelo de avaliación (que, como e cando
se avalía). Analiza dun xeito detallado:

o Tipo de actividades centrais da xornada (aquelas que a mestra planifica en torno a un


proxecto, unidade didáctica ou centro de interese). Que tipo de actividades son:
reprodución, experimentación...? Que tipo de aprendizaxes desenvolven os nenos
realizando esas actividades? Que fan os nenos e nenas nos distintos espazos da aula?
Hai recantos? Como se utilizan? Se observas as áreas do deseño curricular, que
actividades se desenvolven de cada área? Cales son as actividades que se levan a cabo
todos os días? Houbo actividades especiais como saídas, festas, obradoiros...? Estaban
integradas na programación da aula?

o Cales son e que din os documentos programáticos da aula. A mestra ten algún tipo de
programación? Que di? Como é esa programación? Fai unha comparación co que
estudaches nas materias de Deseño e desenvolvemento curricular e Proxectos e
innovación na aula.

o Anécdotas ou incidentes críticos. Houbo algún incidente crítico ou anécdota que che
chamara especialmente a atención? Nese caso, podes recoller ese incidente ou
anécdota e facer unha reflexión en torno a esa situación.

Dimensión temporal 1 (organización do tempo). Como se organiza a xornada escolar un día


normal? Cales son os distintos “momentos” de actividade? Que actividades, espazos e recursos se
empregan nos distintos momentos da xornada? Cal dirías ti que é o “ritmo” da aula (relaxado,
calmo ou estresante) ? Cales che parece que son os factores que inflúen no mesmo

Dimensión relacional (relacións e interaccións). Describe de forma xeral que tipo de relacións se
establecen na aula. Cales son os distintos modos de acceder aos espazos nos diferentes momentos
da xornada (libremente, por orde da mestra, etc.)? Que tipo de agrupamentos predominan
segundo os momentos da xornada e os distintos tipos de actividades? Que tipo de clima relacional
se crea na aula? A este respecto, podes analizar máis detalladamente:

1A dimensión física, funcional e temporal podes unilas nunha única descrición de tal xeito que
deixes claro: que se fai (dimensión funcional), cando se fai (dimensión temporal) e onde se fai
(dimensión física). Neste caso, despois de facer esta descrición máis obxectiva do que acontece
na aula, podes dar resposta aos outros aspectos de maneira conxunta.
o A disciplina. Cales son as normas da aula e como se establecen? Que estratexias utiliza
a mestra/e para controlar a disciplina? Cres que son efectivas? Os nenos e nenas teñen
interiorizadas as normas da clase? Respéctanas? Utilízanse os premios e os castigos?
Que tipo de premios e castigos? Son efectivos?

o Os conflitos na aula. Cales son os principais conflitos que xorden na aula? Que os
provoca? Como se resolven? Podes facer un pequeno anecdotario ou rexistro de
incidentes críticos sobre aspectos vencellados con este tema e reflexionar sobre cales
son os factores que inciden neste aspecto. Para isto debes recoller claramente os datos
do contexto ou situación no que ten lugar a conduta, fixándote na conduta en si
(descrita de maneira obxectiva) e a resposta da mestra/e ante esa situación. Por último,
podes facer a túa valoración persoal reflexionando sobre as causas que puideron
provocar esa situación, a efectividade da resposta da mestra/a, as consecuencias de dita
conduta, outras posibilidades de reacción, etc.

Toda esta parte referida á observación e análise do ambiente de aprendizaxe


onde se describe como é a aula e o que acontece nela, constitúe a parte
substantiva da materia Prácticum I. Interesa non só o que din os documentos,
tamén o que poidades observar no día a día deste período de prácticas.
En relación cos aspectos que se abordan nestes apartados da guía de
observación xa tendes estudado moita teoría en materias de cursos pasados, por
iso é importante non só describir o que sucede, senón tamén reflexionar sobre
iso, contrastalo coa vosa visión e co que xa sabedes ao respecto.

4. AS MESTRAS E MESTRES DE EDUCACIÓN INFANTIL


Como é lóxico, as mestras e mestres que vos van titorizar durante este período,
desempeñan un papel da máxima relevancia no Prácticum. É moi importante
para vós aprender delas/es e do seu xeito de actuar. Para isto é fundamental
tomar en consideración tanto as cousas que fan ou deixan de facer como os
motivos e razóns que teñen para actuar dese xeito. Neste senso, é crucial que
poidas establecer un vínculo coa mestra/e que che permita conversar e
preguntar con confianza por todo aquilo que acontece na aula. Algunhas
cuestións sobre as que debes recoller información e reflexionar poden ser as
seguintes:

· Datos de identificación da mestra/e: idade, anos de experiencia como mestra, anos de


experiencia en infantil, tempo de permanencia no centro, formación inicial, etc. Se o desexas e
ela/el cho permite, poderías incluír unha fotografía da mestra.

· A súa metodoloxía de traballo. Como adoita planificar as actividades cotiás (improvisa, ten todo
por escrito, segue unha programación ríxida, emprega materiais comerciais, etc.). Cal é o seu xeito
de planificar e organizar o traballo diario? A que cousas dá máis importancia durante o
desenvolvemento da xornada diaria? Por que? Que cabería salientar do seu trato cos nenos e
nenas e coas familias? Que foi o que máis che chamou a atención do traballo da mestra/e durante
o período de prácticas?

· Historia de vida profesional. Se a mestra ou mestre se amosa dispoñible pode ser interesante
que che fale da súa historia de vida profesional. Recoller esta información pode ser moi valioso e
interesante para ti pero non é doado facelo nin é obrigatorio que o fagas. Vai depender da
relación que establezas coa túa titora ou titor e o nivel de confianza ao que cheguedes. Pero se tes
ocasión e a mestra/e colabora de bo grado, pode ser moi enriquecedor para ti coñecer de primeira
man a súa experiencia e “as luces e as sombras” da súa traxectoria profesional: a súa motivación
para ser mestra/e, como foi a súa formación cando fixo Maxisterio, como foron os seus primeiros
pasos na profesión, as dificultades que pasou, as aprendizaxes que adquiriu, os seus principios
educativos, a súa visión da escola e da educación infantil, etc. Repito que isto NON É OBRIGATORIO
facelo, posto que non é correcto forzar a unha persoa a que nos fale da súa vida profesional se non
desexa facelo.

Este pode ser o voso primeiro contacto cunha escola real e cunha profesional,
polo menos, na profundidade que se lle confiren a unhas prácticas académicas.
O exercicio da profesión apréndese na Facultade, pero, sobre todo, á beira de
bos profesionais, observando o que fan e facendo moitas preguntas sobre o por
que do seu proceder.
Nesta parte da guía, referida ás mestras e mestres de Educación Infantil hai
cousas que poderás ver e observar por ti mesma/o, pero hai outras que non se
ven porque pertencen ás motivacións, percepcións e propósitos polos que as e os
docentes fan o que fan. Sobre todo isto poderás falar coa túa titora ou titor.

5. AS TITORÍAS E A RELACIÓN COAS FAMILIAS


No tocante ás titorías en Educación Infantil, debemos diferenciar entre a acción
titorial que a docente realiza co seu alumnado (individualmente, por pequenos
grupos ou co gran grupo) e a que desenvolve coas familias.
No que atinxe á titoría co alumnado, xa sabedes que esta tarefa (a diferenza
do que ocorre nas seguintes etapas do sistema educativo, nas que a acción
titorial adoita estar marcada no horario de cada curso e posúe unhas actividades
moi concretas) en Educación Infantil é tan relevante que non se diferenza
demasiado do traballo diario que realiza a docente, sendo, por tanto, a acción
titorial unha función indisolublemente vencellada coas outras que tamén
configuran o exercicio profesional da mestra desta especialidade.
Como núcleos de actividade da acción titorial co alumnado na etapa de
Educación Infantil, poderiamos citar (González e Dorio, 1992):
• A acollida e integración do alumno/a no centro escolar.
• O desenvolvemento e a adaptación persoal do neno/a.
• A adquisición de hábitos tanto de hixiene como de traballo, de
comunicación e de convivencia por parte do neno/a.
• As relacións interpersoais da nena/o.
• Os aspectos vencellados coa organización e o funcionamento do grupo-clase.
• A interiorización das aprendizaxes básicas da etapa por parte da nena/o.
• As tarefas de avaliación.
• Etc.
Varias destas actividades xa se recollen noutros apartados desta Guía, así que
non é pertinente repetilas nesta sección. Daquela imos centrarnos na
observación sistemática da acción titorial exercida coas familias.
Aínda que poderiamos propoñervos unha interminable listaxe de situacións
para observar e analizar ─todas elas moi relevantes dentro do rol profesional
docente─, imos empregar unha pauta que seguramente xa tratáchedes na
materia Infancia, familia e escola (Vaello, 2007) para identificar o perfil
colaborativo da familia coa docente e conseguir que colaboren as máis reticentes
e que participen as ausentes.
Daquela pedímosvos que ao longo do período de estadía intentedes observar,
identificar e analizar aquelas cuestións do día a día do traballo da vosa titora
que poderían entenderse como estratexias de acción titorial cara ás familias
das nenas e nenos que acoden á vosa aula, conforme o estudado no documento
antes mencionado.
En definitiva, queremos que reflexiones por escrito sobre como responde ou
entendes que debería responder a túa titora ás seguintes indicacións:

- Detectar a actitude e nivel de implicación das familias (lembra que hai catro niveis:
colaboradoras, ausentes, hostís e impotentes), e a labor da titora para conseguir aumentar a
implicación de todas elas.

- Conseguir teléfonos de contacto fiables.

- Carta-presentación da titora.

- Citación ás xuntanzas SI ou SI.

- Xuntanzas grupais coas familias.

- Entrevistas individuais coas familias (con obxectivos claros). Entrevistas semi-informais cando
as familias traen ou recollen os nenos/as ao centro.

- Deixar constancia por escrito dos contactos realizados.

- Medidas conxuntas centro-familias.

- Promover a atribución interna.

- “Axúdeme a axudarlle”.

- Combater estereotipos de presión.

- Uso do plural.

- Combater estilos de crianza contraproducentes: indiferente, autoritario ou permisivo.

- Pedir solucións.

- Agradecer a presenza e o interese por colaborar.

- “Queda pouco tempo para colaborar”.


- Guía de seguimento da titoría coas familias.

- Outras que queiras engadir.

6. VÓS MESMOS COMO MESTRES E MESTRAS


O Prácticum é un momento excelente para darnos conta de como somos,
pensamos e reaccionamos cada un de nós en situacións especiais. No caso do
Prácticum I todo é moi novo para nós: a relación cos mestres, cos nenos e as
súas familias, coas tarefas docentes, cos conflitos que van xurdindo... As
prácticas son toda unha experiencia de autocoñecemento. É importante que vos
paredes a reflexionar sobre como estades vivindo ese proceso e que estades
aprendendo.

- Que recordos tes da túa historia escolar persoal? Como cres que te marcou?

- Como te sentiches durante o Prácticum?

- Que foi o que máis che agradou e o que che custou máis?

- Como valoras as túas relacións cos nenos e nenas? E coa profesora? E cos pais/nais?

- O Prácticum fíxoche sentir que vales realmente para ser mestra/e de Educación Infantil?

- Cales cres que son as túas fortalezas? De todo o que tiveches que facer nas prácticas qué
foi o que mellor che saíu?

- Que foi o que aprendiches durante este período de prácticas?

- En qué cres que precisas mellorar para o seguinte Prácticum?

Neste caso o obxecto de observación e análise serás ti mesma. No Prácticum


non se trata só de facer, facer, facer. O que se pretende é que a cada pouco pares
a pensar no que estas facendo e en como te estás sentindo. Forma parte dun
obxectivo fundamental do Prácticum I (e de toda a carreira): chegar a coñecerse
mellor a si mesmo e os propios puntos fortes e débiles.
ANEXO III
ESTRUTURA DO DESEÑO DA/S PROPOSTA/S DE INTERVENCIÓN
EDUCATIVA – PRÁCTICUM I GMEI

Contextualización, que inclúa unha xustificación das necesidades que fan


precisa o deseño e implementación da proposta, grupo/s cos que se levará a
cabo, temas que se traballan, etc.

Obxectivos que o alumnado acadará coa proposta.

Contidos / competencias clave do currículo que se traballarán.

Actividades / estratexias que se desenvolverán para a implementación da


proposta.

Recursos (materiais, tecnolóxicos, humanos...) necesarios para a


implementación da proposta.

Avaliación, respondendo ás seguintes preguntas: Que se avaliará? Quen


avaliará? Como se avaliará? Cando se avaliará?

You might also like