You are on page 1of 6

INFORME DE LECTURA:

CARTA A UN PROFESOR MOZO

Profesor: ​Antón Costa Rico


Alumno: ​David Cancelas Bermúdez
Asignatura: ​Educación en Contextos Rurais
Curso: ​2018-2019
Datos do libro:

• AUTOR: ​MEIRIEU, Philippe.


• TÍTULO DO LIBRO: ​CARTA A UN PROFESOR MOZO.
• TÍTULO ORIXINAL: ​LETTRE À UN JEUNE PROFESSEUR.
• LUGAR DE LA PUBLICACIÓN: ​Pontevedra.
• EDITORIAL: ​S.L. KALANDRAKA EDITORA.
• ANO DA EDICIÓN ORIXINAL: ​(2005)
• ANO DESTA EDICIÓN: ​(2017)
• NÚMERO DE PÁGINAS: ​143 páginas.
• TRADUCTOR: ​HENRIQUE HARGUINDEY BENET.
• ISBN:​ 978-84-8464-327-2
1.Por que escollín este libro? Cales son as miñas expectativas?
A escolla deste libro de lectura pola miña parte viuse favorecida polo título, posto que
inicialmente non tiña información acerca o que se ía tratar, pero a través do título imaxinei
que podería ser interesante recoller información a cerca da labor como mestre, posto que está
dirixida a un “profesor mozo” como nun futuro teño pensado ser eu. Unha vez aclarada a
miña escolla, gustaríame destacar que as miñas expectativas cara o contido que o libro ía
tratar eran bastante boas, posto que se presentaba como unha pequena guía ou libro de
consellos dirixida os mestres e mestras que se iniciaban na labor da educación, dos cales
podería tomar nota para ter en conta nun futuro non moi afastado, cando me inicie no labor
como educador infantil.

2. Que obxetivos pretende o autor?


A través deste libro, o autor e pedagogo Philippe Meirieu, trata de aclarar unhas cuestións
básicas dirixidas os futuros mestres ou mestras que para cando comecen a súa andaina no
mundo da educación, co fin de que estes poidan reflexionar sobre como van a levar a cabo a
súa práctica docente e a que aspectos teñen que prestarlle especial importancia. Ditas cuestión
van a ir sendo abordadas dentro dos 7 capítulos, todos eles en forma de carta, que conforman
en si o libro xunto cunha pequena reflexión final que fai o autor.

3. Como está estructurado e que temas trata?


Para comezar, o libro trata de indagar sobre o que autor chama “ A dimensión agochada”, a
cal define como a pedra angular da nosa identidade profesional, a que se da mediante o “acto
pedagóxico” da transmisión de saberes o alumno e a recepción por parte destes. Partindo
desta idea da “dimensión agochada” o autor aclara que non hai ningunha diferenza entre ser
un profesor de infantil, primaria, secundaria ou noutros niveis, posto que todos eles presenta
de igual maneira interese ou amor polo alumno e pola transmisión do saber. É dicir,
independentemente do nivel nos que se leve a cabo a profesión docente, todos compartimos
eses dous intereses esenciais, por iso nos decantamos por exercer como docentes. Ensinamos
para que os nosos alumnos vivan a ledicia das nosas propias descubertas, ao igual que nos
aconteceu a nós cando eramos estudantes nun centro escolar.
Unha vez finalizado o tratamento deste primeiro tema, o autor fai unha crítica sobre a
maquinaria burocrática a que estamos sometidos os profesionais da educación co fin de que
reflexionemos, pero recalcando que a responsabilidade última sempre recae no profesorado.
Aquí aconsella que nos afastemos da tendencia dos proxectos de aula os cales non están
centrados no alumno, procurando unha ensinanza máis cercana o alumnado e a contorna que
o rodea.

Aborda por outro lado tamén, a súa opinión con respecto a demanda de “eficacia” por parte
dos centros educativos aos alumnos, a través das avaliacións internacionais e estadísticas,
como os informes PISA, os cales condicionan os actos pedagóxicos nos centros co único fin
de conseguir mellores resultados esquecendo a calidade da ensinanza. Posto que non se pode
considerar se a educación é de calidade ou nun a través duns simples métodos estadísticos.
"Enseñamos haciendo lo mejor que podemos, en el seno de los dispositivos institucionales
que se nos proponen (...) Pero el acto pedagógico no puede estar programado por nadie".

En canto o papel que debe xogar o alumno na educación, el cree que este debe ser “o centro
do sistema educativo” deixando a un lado a idea de que este centro é o saber, posto que o
esforzo da ensinanza consiste en facer xurdir a motivación do alumno de cara o traballo que
se propón. Esta motivación só a podemos conseguir a través da esixencia, pero non unha
esixencia entendida como a idea de conseguir a máxima nota, se non como o desexo de
mellorar os resultados dun determinado traballo.

Xa case no remate do libro, Meirieu falanos acerca de cómo abordar á disciplina en clase.
Unha disciplina que nos mesmos debemos traballar día a día para que esta sexa efectiva,
preparando minuciosamente o traballo que imos realizar, coidar o entorno de traballo,
manterse firme coas consignas establecidas e evitar caer nas contraposicións, e por último
tratar de que todos teñan o seu sitio e a súa propia función dentro da “empresa colectiva” que
supón o centro escolar.

Por último, o libro achéganos unha reflexión sobre o concepto de escola como institución, a
cal no só transmite coñecementos, tamén forma os alumnos como bos cidadás. Tratando de
forma un individuo social, que saiba argumentar as súas posturas, a procurar a verdade e por
último e máis importante, que saiban respectarse os uns os outros.

4. Cuestións de interese para min neste libro:

- Unha das cuestións que aborda o autor, e a min fíxome reflexionar profundamente, foi
o tema que aborda a necesidade por parte dos docentes de posuír paixón polos
alumnos e pola transmisión dos saberes. Esta cuestión para min é moi importante
posto que un bo docente caracterízase pola súa vocación, é dicir, que ten claro que os
alumnos son tan importantes como os saberes que un quere transmitir, ten que
preocuparse por facer que os alumnos adquiran os coñecementos de forma
satisfactoria e non limitarse a exercer o seu oficio co único fin de dar a materia. Ten
que sentir o mesmo amor polo alumno como polos seus propios coñecementos ou
áreas nas que se desenvolve. E incido nesta importancia posto que, o largo da miña
educación, puiden observar a algúns mestres de escola os cales só sentían devoción
polos coñecementos que el sabía e non se preocupaban por tentar de que estes
coñecementos fosen adquiridos satisfactoriamente polo alumno, é dicir, so lles
importaba o produto e isto para min é algo moi triste, posto que se te dedicas a
educación o teu maior desexo é conseguir que os alumnos desenvolvan todas as súas
capacidades ó máximo, que adquiran coñecementos e sobre todo que sexan felices
nesta transición.

- Tamén me gustaría resaltar a cuestión que fai referencia as “esixencias” por parte dos
centros educativos e dos sistemas de educación da maioría dos países. Cando estas
esixencias se levan a cabo para tratar de ser os mellores nas estadísticas e nos
resultados das avaliacións sen ter en conta a calidade do aprendizaxe do alumno, só
conseguimos saturar de traballo o alumnado e agobiamolo por forzalos a ter sempre as
mellores notas, sen ter en conta o seu benestar nin si están adquirindo os
coñecementos de forma satisfactoria. Só lles importa que o alumnado absorba toda a
información posible e que logo a vomite nunha proba, sen importar se entende ese
información o se están a facer un aprendizaxe significativo con toda esa información.
En definitiva, importa só destacar nas estadísticas e un olvidase da importancia real da
educación, que e desenvolver ao individuo plenamente. Eu creo que sería moitísimo
máis produtivo tentar animar ao alumno a mellorar un traballo que asignarlle unha
nota e non aportarlle solucións de mellora, que é un erro que cometen moitos
profesores.

- A última cuestión que me gustaría abordar, é a de crear na escola unha boa disciplina,
co fin de formar ao alumno como cidadá pleno, e dicir, unha persoa que participe
socialmente, que trate de encontrar sempre a verdade e que amose uns valores
positivos de respeto pola xente que o rodea e tamén un respecto coa natureza e o
ambiente que o rodea. Penso que formar os alumnos en valores é moi importante, para
tentar de crear unha sociedade plenamente cívica onde haxa un respecto polos demais
de cara as súas diferenzas, crezas e opinión, unha sociedade que sepa valorar o
entorno no que vive e que sepa coidar a natureza co fin de asegurar un bo futuro para
o resto de xeracións.

En suma, estamos diante dun texto que aborda unhas cuestión moi interesantes para a
reflexión tanto como educadores ou futuros educadores, cuestión que podemos levar a cabo
durante os anos que esteamos exercendo como educadores e educadoras, co fin de levar a
cabo unha boa labor na ensinanza dos nosos alumnos.

5. Valoración persoal

A lectura deste libro de carácter pedagóxico pareceume bastante interesante e disfrutei moito
da súa lectura, posto que estou en acordo co autor na maioría das cuestións que tratou, entre
elas a de sentir amor tanto polo traballo como polos nosos alumnos, así como de tentar de
motivar o alumno deixando de lado as cualificación numéricas. Con todo isto o libro tamén
me guiou para poder reflexionar que camiños deberei tomar para tentar sacar o máximo dos
meus alumnos, e que e moi importante que sexan felices no proceso de aprendizaxe ao igual
que debemos ser nós, os docentes. É unha lectura que lle recomendaría a calquer mestre ou
mestra en formación ou xa exercendo o oficio, nunca está de mais reflexionar sobre como
mellorar a educación.

You might also like