You are on page 1of 2

A IMPORTANCIA DA REFLEXIÓN (10/02/2020)

No comezo desta interactiva o profesor amosounos dossiers de alumnos de cursos


anteriores para que así nós teñamos unha guía á hora de realizar os nosos durante
este curso. Dende o meu punto de vista, é unha medida axeitada posto que deste
modo despexamos dúbidas (cabe destacar que poucos docentes realizan isto).
Ademais puiden observar que eran bastante elaborados, que se lle adicou un tempo
considerado para a súa realización (resultoume chamativo), polo menos os que
analicei.

A continuación o profesor expresounos a idea de que na xuventude actual existe unha


importante falta de reflexión e curiosidade, a pesar do gran desenvolvemento das
fontes de información (Internet). Isto sí esta a pasar xa que eu, que me atopo entre
esta xuventude, percíboo na miña vida cotiá frecuentemente e decátome de que o
tema non semella que vaia a mellorar. O mestre argumentou este asunto explicando
que, por exemplo, a xuventude trata feitos dos anos 70 e 80 do século pasado como
se fosen prehistóricos debido a que posúen case un nulo coñecemento sobre eles e
unha clara falta de reflexión.

Así pois, tanto como para a vida cotiá como para estudar a Prehistoria, a nosa reflexión
xoga un papel fundamental. O profesor explicounos claramente este pensamento
mediante unha proba tipo test a cal fomos respondendo entre todos os presentes na
aula. Por exemplo, na pregunta 2 exponse: en que se basea a dendrocronoloxía? A
resposta é nos aneis das árbores e pódese saber simplemente tendo un pouco de
coñecemento de semántica porque ``dendro-´´ significa árbore. A medida que ibamos
avanzando na proba, dábame conta de que as respostas eran dedutivas posto que
empregando a reflexión e tendo un coñecemento xeral dalgúns temas que non
estivesen relacionados concretamente coa Prehistoria, respondíanse sen problema.

En conclusión, ao finalizar esta aula decateime de que ``a cabeza non está só para por
sombreiro´´, razoando sempre, a resposta é posible, aínda que non se empregue a
memorización ao 100% para obter o coñecemento sobre un determinado tema.

You might also like