You are on page 1of 27

MÓDULO III:" DIFICULTADES

DE APRENDIZAXE
ASOCIADAS"

Neste módulo afondaremos noutro tipo de dificultades que presenta o TDAH


a nivel educativo e nas pautas para mellorar o rendemento académico e a
autoestima do alumnado.
MÓDULO III:" DIFICULTADES DE
APRENDIZAXE ASOCIADAS"

Neste módulo afondaremos noutro tipo de dificultades que presenta o TDAH a nivel educativo e
nas pautas para mellorar o rendemento académico e a autoestima do alumnado.

1. DISLEXIA

2. DISGRAFÍA

3. DISCALCULIA

4. DISORTOGRAFÍA

5. ACTUACIÓNS IMPORTANTES QUE PODE LEVAR A


CABO O PROFESORADO NA AULA CON
ALUMNADO TDAH.

6. PAUTAS PARA TRABALLAR A EXPRESIÓN ORAL,


A LECTURA E A ESCRITURA

7. BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 1


As dificultades ou trastornos específicos no desenvolvemento
da aprendizaxe do alumnado constitúen un conxunto de problemas que
interfiren significativamente no rendemento escolar, dificultando o
adecuado progreso da nena ou do neno afectado e a consecución das
metas marcadas nos distintos plans educativos.

Estes trastornos, que son moito máis


frecuentes nos nenos que nas nenas, xorden de
alteracións nos procesos cognoscitivos e a súa
principal característica é que o déficit ten lugar
nunha área moi concreta. Os máis habituais son
os relacionados con problemas na lectura, a
escritura ou o cálculo.

En ocasións, estas dificultades pasan desapercibidas durante


algún tempo xa que, ao afectar a un único ámbito da aprendizaxe, no
resto de competencias, o neno ou nena mantén un nivel parecido ó do
resto da clase e en ocasións, mesmo superior á media.

1. DISLEXIA: A CIE-10 (OMS,1992) entende a dislexia como “un


déficit específico que non se explica por problemas de agudeza visual ou
auditiva ou por unha escolarización inadecuada”. É un trastorno de
carácter persistente e específico, e a súa orixe parece derivar dunha
alteración do neuro-desenvolvemento, aparecendo como trastorno
neurobiolóxico que se presenta principalmente durante a etapa educativa
escolar e que persiste na idade adulta.

Neste punto, é importante recalcar que este trastorno non ten


nada que ver coa intelixencia, malia que o seu rendemento escolar vaise
ver afectado debido á baixa comprensión lectora asociada. É
conveniente que se descarte, á hora de realizar o diagnóstico, calquera
outro tipo de problema, ben físico ou psíquico, que poida explicar esta
dificultade na lectura e a escritura (como por exemplo déficits visuais).

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 2


A dislexia é unha dificultade para descifrar o que hai escrito,
que afecta á velocidade de lectura e á comprensión do que se está a ler.
Ás persoas con dislexia non identificar adecuadamente as palabras e
frases e por tanto resúltalles moi complicado comprender o que len. Con
todo, se alguén lles le o texto, non presentan ningún problema na
comprensión do mesmo.

A dislexia é a dificultade da aprendizaxe máis frecuente, cunha


prevalencia estimada entre o 5-17% (Artigas Pallarés, 2009)
converténdoa nunha das causas máis importantes de fracaso escolar
entre nenos e nenas por igual.

Existen tres grandes tipos de dislexia:

A chamada dislexia fonolóxica ou indirecta, que consiste nun


mal funcionamento da ruta fonolóxica de desencriptación da linguaxe
(estratexia que aplicamos ante palabras difíciles ou complicadas e que
lévanos a silabar ou descompoñer as palabras en fragmentos para tratar
de recoñecela). Este tipo de dislexia provoca dificultades na lectura de
palabras largas, pouco frecuentes ou pseudo-palabras, provocando erros
visuais e lexicalicalizacións (“abrido” por abrigo). Noutros casos
atopamos erros morfolóxicos ou derivativos, nos que presérvase
soamente a raíz da palabra. Obsérvase tamén no alumnado con este tipo
de dislexia maior número de erros na lectura das palabras-función que
nas de contido, e que presentan mellores resultados na lectura de
palabras familiares, sexan estas regulares ou irregulares.

A chamada dislexia superficial ou indirecta, que consiste no


mal funcionamento da ruta léxica (aquela que empregamos ante as
palabras coñecidas, que deberían almacenarse correctamente no noso
almacén de memoria e que por tanto son recoñecidas global e
rapidamente sen necesidade de descompoñer a palabra en anacos). Por
tanto, este tipo de dislexia provoca erros ante as palabras familiares.
Estes nenos e nenas tenden a ler foneticamente e cometen erros de
sobre-regularización (por exemplo nas linguas estranxeiras como o
Inglés) e con isto, caen en erros de omisión, substitución ou adición de
letras. Len e recoñecen mellor que os disléxicos fonolóxicos as pseudo-
palabras e adoitan ter mais problemas ca estes ca ortografía arbitraria
(confusión entre b-v ou g-j en castelán e outras linguas) e as palabras
homófonas (dado que estanse a guiar unicamente por información
auditiva).

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 3


A dislexia mixta ou profunda, que supón unha mixtura dos
dous tipos anteriores e por tanto déficits en ambas rutas (léxica e
fonolóxica), a comisión de erros semánticos, dificultades cas pseudo-
palabras, palabras-función, verbos e termos pouco frecuentes. Estes
nenos e nenas cometen numerosos erros visuais e derivativos a hora de
ler e presentan dificultades para acceder ó significado das palabras lidas.

QUE ÁREAS DO CEREBRO ESTÁN INVOLUCRADAS NA DISLEXIA?

Principalmente vense afectadas as seguintes rexións cerebrais:

 Área da linguaxe de Broca: encargada da produción da


fala, do procesamento da linguaxe e da comprensión.

 Área de Wernicke: onde se xestiona a decodificación e a


comprensión da linguaxe.

 Lóbulo occipital: é a rexión cerebral encargada do


procesamento das imaxes.

ÁREA DE BROCA
ÁREA DE WERNICKE
Producción da fala LÓBULO OCCIPITAL
Decodificación
Procesamento da linguaxe Procesamento de imaxes
Comprensión da linguaxe
Comprensión

O principal problema da dislexia é a súa incompatibilidade cas


aprendizaxes realizadas a través do código escrito. Os nenos e nenas
disléxicos atoparán problemas para asimilar contidos de calquera materia
(non unicamente na aprendizaxe das linguas) sempre que se lle
presenten por escrito. O/a neno/a disléxico debe poñer tanto esforzo nas
tarefas de lecto-escritura que tende a fatigarse, a perder a concentración,
a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 4


Con frecuencia, a isto os pais, profesores e profesoras
reaccionan interpretándoo como desinterese por parte dos nenos e
nenas, de xeito que tenden a presionar para conseguir mais esforzo, sen
comprender que ese esforzo é xa inxente, ademais de improdutivo.

Na dislexia aparecen con frecuencia outros trastornos da


aprendizaxe como a discalculia, a disortografía e a disgrafía (que mais
adiante explicaranse), trastornos emocionais como trastorno por
ansiedade (reactivo á presión sufrida na escola), insomnio, etc., así como
sintomatoloxía asociada como poden ser os déficits na memoria a curto
prazo, problemas de lateralidade e nocións espazo-temporais, e
problemas de comprensión e acceso ó léxico. Na presenza destes
síntomas e os nucleares da dislexia existe unha ampla variabilidade inter-
individual.

EXISTE RELACIÓN ENTRE TDAH E DISLEXIA?

O trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade é o que se


asocia con máis frecuencia á dislexia. Pódese asociar en calquera das
súas formas:

 TDAH de presentación predominante con déficit de atención

 TDAH de presentación predominante hiperactiva -impulsiva

 TDAH de presentación combinada

O TDAH con presentación predominante con déficit de


atención, sen manifestacións graves de hiperactividade, é o que se
atopa con máis frecuencia asociado á dislexia, ademais de ser o que
pasa máis desapercibido por ser menos disruptivo o comportamento do
neno ou a nena. Segundo a meta-revisión de Sexton, Gelhorn, Bell e
Classi (2015) os diferentes estudos analizados confirmaban que entre un
15 e un 45% dos nenos e nenas con TDAH presentan tamén dislexia.
Por tanto, é fundamental descartar un TDAH en todo neno disléxico e
viceversa.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 5


O alumno ou alumna que sofre dislexia debe poñer tanto
esforzo nas tarefas de lecto-escritura que tende a fatigarse, a perder a
concentración, a distraerse e evitar este tipo de tarefas. Debido a isto, en
moitas ocasións poden confundirse ambos trastornos, dislexia e déficit de
atención.

Son moitas as ocasións nas que estes nenos e nenas poden


ser cualificados como “lacazáns”, “pasotas”, e en xeral, desentendidos do
seu proceso de aprendizaxe “todas estas etiquetas” afectan á autoestima
do neno ou a nena e poden dar lugar a secuelas emocionais nun
futuro se non se intervén precozmente.

DIAGNÓSTICO DA DISLEXIA

A valoración polo equipo psicopedagóxico escolar permitirá un


diagnóstico adecuado, tanto da dislexia illada como da asociada á falta
de atención e/ou outras alteracións da aprendizaxe, permitindo así iniciar
as intervencións tanto no ámbito escolar como familiar.

A dislexia preséntase en moitos graos, desde pequenos


problemas que supéranse nun período curto de tempo, ata unha
dificultade que persiste toda a vida.

Tras o diagnóstico, iniciarase tratamento cun especialista en


reeducación da aprendizaxe e, se fose necesario, cun psicólogo para
afrontar os aspectos emocionais implicados.

No caso de asociarse a un déficit de atención,


xunto ás medidas psicopedagóxicas poderase aplicar
un tratamento farmacolóxico, cas mesmas condicións
que se explicaron no Módulo I.

Na escola poñerase en marcha unha


adaptación curricular non significativa adaptada ás
necesidades concretas do alumno ou alumna, e será importante traballar
a normalización para concienciar ao alumnado e previr o acoso escolar
que algúns destes nenos e nenas sofren. A efectividade das medidas
aplicadas dependerá de moitos factores, por exemplo: do nivel de
motivación, do grao de implicación do profesorado e da familia, e da
duración e seguimento do tratamento.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 6


Así, un diagnóstico e tratamento precoces, tanto da dislexia
illada como da asociada a TDAH, derivará nunha melloría do rendemento
escolar e da calidade de vida do alumno/a.

COMO SE MANIFESTA A DISLEXIA?

Principalmente atoparemos este tipo de dificultades:

INVERSIÓNS

 Inversión de letras en espello: a/e, p/d, b/q, m/w, o u/n

 Inversión de cifras: 15/51, 48/84

 Inversión de toda unha palabra:


gato/toga ou caro/roca/orca

 Inversión de palabras dentro dunha frase:


aprender a ler/ler a aprender

SUBSTITUCIÓNS

 Substitución de palabras por outras de similar


pronunciación: por exemplo os xeados están fríos/ os
pelados están críos.

OMISIÓNS

 Elimínanse sílabas ou letras dentro dunha mesma


palabra camisa/casa, elimínanse palabras-función
(artigos e conexións).

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 7


OUTROS

 Falta de ritmo e lentitude na lectura.

 Repetición de sílabas, palabras e mesmo frases cando


están a ler.

CALES SON OS PROBLEMAS ASOCIADOS Á DISLEXIA?

É moi frecuente que os pacientes que sofren dislexia conten con máis
problemas asociados. Entre eles podemos destacar:

2. A DISGRAFÍA: é un trastorno da aprendizaxe consistente en certas


dificultades de coordinación dos músculos da man e o brazo, que
impiden ós nenos e nenas afectados dominar e dirixir o instrumento de
escritura (lapis, bolígrafo) da forma adecuada para escribir de forma
lexible e ordenada. Por tanto, pode definirse como un trastorno
específico da escritura que impide o acto motor de escribir
correctamente.

A principal característica da disgrafía é a inexistencia de


trastorno neurolóxico ou intelectual que sexa o suficiente importante
como para xustificar o trastorno. No caso de que existise algún problema
deste tipo, entón trataríase dalgún tipo de discapacidade física ou
intelectual, pero non se lle consideraría disgrafía.

Outras das características que definen este trastorno son:

 Maniféstase a través dunha serie de síntomas que


aparecen desde o inicio da escolarización e van en
aumento a medida que avanza a escolarización inicial.

 Desde o inicio da etapa escolar ós nenos e nenas con


disgrafía cústalles moito esforzo escribir e fano máis
amodo que a media da clase.

 Percíbese nos nenos e nenas afectados unha notable


rixidez motora ou, pola contra, excesiva laxitude.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 8


 Os trazos non se manteñen uniformes, senón que varían
constantemente.

 Distinto tamaño en palabras e letras, incluso no mesmo


parágrafo.

 Os movementos para escribir adoitan ser lentos, tensos e


ríxidos.

 Dificultades para organizar as letras dentro da palabra ou


frase.

 Falta de control na presión do lapis, bolígrafo ou outro


instrumento de escritura.

 Posturas incorrectas. O neno mantén o tronco moi preto


da mesa ou inclínase en exceso.

TIPOS DE DISGRAFÍA:
Existen dous grandes tipos de disgrafía:

DISGRAFÍA MOTRIZ.
Trátase de trastornos psicomotores. O neno ou nena
comprende a relación entre os sons escoitados e a representación
gráfica. Con todo, atopa dificultades na escritura como consecuencia
dunha motricidade deficiente.

DISGRAFÍA ESPECÍFICA.
Consiste nunha mala percepción das formas e, en ocasións,
unha desorientación espacial e temporal, xunto a trastornos do ritmo. Os
problemas na escritura destes nenos e nenas prodúcense por un exceso
de rixidez ou de impulsividade, falta de habilidade, lentitude ou extrema
meticulosidade.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 9


Como ocorre cá lectura, a escritura é unha competencia básica,
polo que, ó non poder realizala correctamente, estes alumnado pode
sufrir un descenso significativo no ritmo de aprendizaxe respecto da
media da clase. Ademais, a súa capacidade de comunicación cos
profesores e profesoras e de resolución dos exercicios e actividades
académicas diarias queda seriamente minguada ao non poder
expresarse adecuadamente a nivel escrito.

Doutra banda, o neno ou nena fatígase moito máis que o resto


da clase, posto que escribir supón un gran sobre esforzo para el, o que
lle conduce a unha redución do seu nivel atencional e á imposibilidade de
seguir o ritmo escolar.

O cansazo e a frustración por non poder controlar o tamaño


das letras, algo que resulta moi sinxelo para a maioría dos seus
compañeiros, adoita provocar neste alumnado unha consecuencia aínda
máis negativa: a aparición de emocións de signo negativo, por non poder
seguir os requirimentos da clase no ámbito da escritura, o que pode
desembocar nun crecente desinterese e rexeitamento polos estudos.

Para corrixir a disgrafía non é convinte facer que o alumno


practique moito a escritura, senón que o tratamento debe ir enfocado a
que o neno ou nena vaia vencendo progresivamente as dificultades que
lle impiden a produción dunha boa escritura. Pódense realizar
actividades amenas e mesmo lúdicas, ca fin de recuperar a coordinación
global e manual, e de corrixir as posturas corporais e os movementos de
mans e dedos

Cunha detección temperá e coa intervención adecuada de


mestres, mestras e especialistas, co apoio das familias, o alumnado con
este problema adoita superar as súas dificultades de forma progresiva
ata conseguir un estilo de escritura totalmente normal.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 10


3. A DISCALCULIA: É o equivalente matemático da dislexia. Refírese
á dificultade para comprender e realizar cálculos matemáticos. É unha
discapacidade relativamente pouco coñecida. Quen padece discalculia
polo xeral ten un cociente intelectual normal ou superior, mais manifesta
problemas cás matemáticas, acenos e direccións. Do mesmo xeito que a
dislexia, a discalculia pode ser causada por un déficit de percepción
visual ou problemas en canto á orientación, a percepción do esquema
corporal, da figura e lonxitude, distancia e tamaño…

Non existe unha única forma de trastorno da aprendizaxe das


matemáticas, e as dificultades que se presentan varían inter-
individualmente, e afectan ademais de modo diferente en cada momento
do ciclo vital. Atoparemos:

 Dificultades frecuentes cos números, confusión dos signos: +, -, / e


×, reversión ou transposición de números, etc.

 Dificultades con táboas de itinerarios, cálculo mental, acenos e


direccións, etc.

 Boa capacidade en materias como ciencias e xeometría ata que se


require un nivel máis alto que esixe usar as matemáticas en
operacións.

 Dificultade cos conceptos abstractos do tempo e a dirección.

 Incapacidade para realizar planificación financeira ou orzamentos.

 Incapacidade para comprender e lembrar conceptos, regras,


fórmulas, secuencias matemáticas (orde de operacións).

 Dificultade para levar a puntuación durante os xogos.

Esta alteración hérdase na maioría dos casos e, de feito,


investigacións en xemelgos e poboacións especiais confirmaron un factor
xenético que inflúe no desenvolvemento da discalculia ou incapacidade
para entender as matemáticas, malia que na actualidade descoñécense
aínda os xenes implicados.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 11


QUE SUCEDE CÁS APRENDIZAXES CANDO O NENO OU A
NENA TEN TDAH E DISCALCULIA?

Malia que os problemas de cálculo mental son bastante


universais nos nenos e nenas con TDAH, moitos deles ademais poden
presentar dificultades específicas na área global das matemáticas. É o
que se coñece co nome de discalculia.

Como xa se dixo, o alumnado con este tipo de problemas ten


dificultades importantes á hora de clasificar os tamaños relativos, de
entender o concepto de número e o proceso subxacente ás operacións
matemáticas. É dicir, que teñen marcadas dificultades para realizar
procedementos de cálculo e para crear estratexias de resolución de
problemas matemáticos.

Agora ben, para dominar as matemáticas é condición


indispensable saber organizarse e ter unha boa memoria de traballo.
Compre por tanto reter a información indispensable para resolver o
problema, manter o foco de atención durante todo o proceso, detectar e
corrixir os erros para finalmente resolver con éxito o exercicio
presentado.

Por tanto cando ó TDAH súmaselle unha discalculia, ademais


de todas estas dificultades, existirán as propias de entender o tamaño
relativo das figuras, aprender as táboas de multiplicar, lembrar as
secuencias de díxitos, comprender o significado dos signos matemáticos,
dominar as fraccións e entender os conceptos das matemáticas
avanzadas.

Con todo isto non é de estrañar que as matemáticas sexan un


óso duro de roer para estes mozos e mozas.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 12


COMO SE PODE AXUDAR ÓS NENOS E NENAS CON TDAH
QUE ADEMAIS PRESENTAN TRASTORNOS DA APRENDIZAXE
ESCOLAR ASOCIADOS?

Como norma xeral o primeiro paso para axudar a unha persoa


para superar unha dificultade é ter moi claro onde está o problema, crear
unha estratexia e actuar en consecuencia.

A abordaxe terapéutica dependerá en gran medida do tipo de


trastorno da aprendizaxe que presente o alumno ou alumna. A grandes
trazos, a intervención debería incluír unha serie de adecuacións
curriculares e metodolóxicas, un traballo de reeducación específica, e en
caso necesario, unha intervención psicolóxica que permita un correcto
manexo das condutas inadecuadas propias do TDAH, así como a baixa
autoestima e os problemas emocionais secundarios que poidan coexistir.

A información referente ó trastorno do neno ou nena


proporcionada pola súa contorna (pais e profesores) é de fundamental
importancia, posto que permitiralles comprender que as súas dificultades
non son froito dunha falta de esforzo, de motivación ou de intelixencia;
diminuíndo así o sentimento de culpabilidade do neno ou nena e da súa
familia.

A abordaxe farmacolóxica do propio TDAH vólvese


indispensable en moitos casos, posto que malia que o ambiente pode
influír no seu curso, porén non deixa de ser un problema médico cunha
causa que reside nunha disfunción da química cerebral.

Por tanto, como xa foi dito, o tratamento farmacolóxico


axudará ó alumno ou alumna a estar en mellor disposición para
achegarse ás distintas aprendizaxes.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 13


4. A DISORTOGRAFIA: Está relacionada coas perturbacións da
utilización escrita da lingua; frecuentemente vai unida ós atrasos da
linguaxe oral. Pode aparecer como sintomatoloxía dunha dislexia non
apreciada, ou como resultado dunha aprendizaxe defectuosa ou dun
medio cultural desfavorable, como falla nos mecanismos de control da
atención ou de lectura comprensiva. Existen dous grandes tipos de erros
ortográficos:

1. Os referidos á ortografía natural, que conteñen os erros de


correspondencia grafema-fonema e na secuencia dos grafemas
(omisións e alteracións da orde) e erros na segmentación da
cadea da fala (segmentacións indebidas ou unións anti-
naturais).

2. Os referidos á ortografía arbitraria, na que a correspondencia


entre fonema e grafema pode ou non depender de regras e do
contexto da fala.

Entre os factores causais das dificultades ortográficas atopamos :

 Hábitos defectuosos de estudo (moitos nenos e nenas


proceden de xeito pouco efectivo no seu estudo das palabras
de ortografía dubidosa, debido a un ensino inadecuado)

 Falta de interese e actitudes favorables cara á expresión escrita

 Limitacións en coñecementos básicos sobre a fonética e


estrutura da palabra

 Linguaxe deficiente, especialmente anomalías de pronuncia

 Escritura lenta e ilexible

 Defectos visuais

 Discriminación auditiva insuficiente

 Baixo rendemento intelectual

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 14


5. ACTUACIÓNS IMPORTANTES QUE PODE LEVAR A CABO O
PROFESORADO NA AULA CON ALUMNADO TDAH.

Os mestres e mestras que contan con alumnado TDAH na aula


deben adaptar a súa ensinanza ás necesidades que presenta, sen
esquecer que o resto de estudantes tamén teñen as súas propias
necesidades educativas persoais, que igualmente deberán ser atendidas.
A diversidade sempre debe ser tomada como elemento enriquecedor na
clase, do que poder aprender e compartir.

Resulta imprescindible identificar o estilo cognitivo de cada


alumno e alumna e ofrecerlles recursos que respondan ás distintas
intelixencias múltiples, como poden ser as seguintes actuacións:

 Dividir as tarefas en pasos menores, de modo que se facilite


o seguimento por parte do alumnado inatento.

 Usar mapas conceptuais que resuman de forma visual a


información ou contidos máis importantes que se traballaron
durante a sesión.

 Proporcionarlles unha zona da aula tranquila para traballar


(sen que iso signifique segregalos ou sentalos sos), libre de
distraccións ou posibles interrupcións (lonxe de xanelas, portas);

 Determinar o estilo cognitivo do neno ou nena e traballar as


intelixencias múltiples na aula, empregando recursos de distinto
tipo que apoien o ensino.

 Realizar actividades que concreten o aprendido e tomar


como referencia temáticas que sexan do seu interese, para
motivarlle e captar a súa atención.

 Supervisar o seu proceso de aprendizaxe para comprobar


que entendeu as explicacións e está a realizar os exercicios de
forma correcta.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 15


 Crear un clima de confianza en clase onde se poidan
preguntar todas as dúbidas, onde exista unha pedagoxía do erro
en lugar do éxito (onde os erros cometidos non se penalicen,
senón que sirvan de punto de partida para o traballo posterior), e
onde se favoreza a axuda mutua e a colaboración entre
compañeiros.

 Fomentar metodoloxías activas e participativas que


involucren ós estudantes na súa propia aprendizaxe;

 Apostar por un sistema de avaliación continua que


verdadeiramente teña en conta o traballo, o esforzo e os resultados
de aprendizaxe que o alumnado vai adquirindo progresivamente,
procurando utilizar instrumentos de avaliación que, de forma
combinada, proporcionen a información necesaria para avaliar
adecuadamente as competencias: sistemas de observación
sistemática, listas de control, diarios de campo, rexistros
anecdóticos, escalas de estimación.

 Animar ós nenos e nenas a terminar as súas tarefas, a obter


boas notas, a comprender as explicacións, transmitíndolles unha
mensaxe positiva sobre si mesmos que eleve a súa autoestima.

 Poñer en marcha estratexias de control de impulsos e de


extinción de condutas.

 Practicar uns minutos de relaxación na aula tras actividades


que requiriran un maior movemento ou interacción (por exemplo,
tralas clases de educación física, despois do recreo, á entrada a
clase pola mañá e pola tarde), etc.

Soamente aprendéndolles que todos somos diferentes pódese


crear un clima de respecto e confianza que comprometa ó alumnado co
seu propio proceso de aprendizaxe e có dos seus compañeiros.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 16


6. POR QUE DEBEMOS DE ADESTRAR Ó ALUMNADO CON
DIFICULTADES NA EXPRESIÓN ORAL, LINGUAXE E
MATEMÁTICAS?

Os estudos indícannos que existe unha relación entre TDAH e


deterioro académico: en concreto na lectura, na escritura e nas
matemáticas. Estas dificultades atópanse relacionadas cós déficits nas
funcións executivas. Son actividades mentais complexas, necesarias
para planificar, organizar, guiar, revisar, regularizar e avaliar o
comportamento preciso para alcanzar metas. Son por tanto, como se
explicou en módulos anteriores, funcións executivas, que atópanse
alteradas nas persoas con TDAH, supoñendo unha dificultade engadida
para as aprendizaxes académicas. Atópanse alteradas a:

 Función de memoria do traballo

 Función da voz privada da mente.

 Función da habilidade para auto regular as emocións e a


motivación.

 Función da habilidade para solucionar problemas.

COMO ADESTRAR A EXPRESIÓN ORAL:

Ao comezo do desenvolvemento da linguaxe xa se atopan


diferenzas entre o alumnado TDAH e aquel que non padece este
trastorno. Aproximadamente un 20% dos nenos con TDAH teñen
problemas na linguaxe oral.

Ademais:

 Os nenos e nenas con TDAH teñen con máis frecuencia


trastornos no procesamento da fala.

 Presentan dificultades nas habilidades implicadas en


percibir e producir a fala.

 Poden ter un grao de severidade variable.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 17


Erros frecuentes na linguaxe oral:

 Discurso desorganizado.

 Uso de muletillas /eee/.

 Moitos nenos e nenas con TDAH falan nun ton moi alto e
cunha rapidez excesiva.

 Presentan pouco uso de nexos, ou repetición do mesmo


concepto (tamén se observa en escritura) (/e logo/).

 Pasan dunha idea a outra rapidamente e sen terminar de


concretalas.

 Omiten detalles.

 Presentan erros de dicción e entoación.

Que podemos facer na aula, para mellorar a súa problemática


coa linguaxe:

 Debates, onde o alumnado teña que reflexionar e


despois expoñer as súas ideas ou pensamentos.

 Interpretar diferentes papeis, para así ter que adoitar


diferentes personaxes (role playing).

 Gravar ou buscar un noticiario de televisión e describir e


comentar como é a súa entoación, volume, dicción,
vocabulario e así facer una análise da oratoria.

 Clases impartidas por eles e elas, onde teñan que


explicar a lección tras estudala individual ou
grupalmente.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 18


Tamén se poden empregar:

 Actividades de expresión corporal e facial.

 Exercicios de respiración e relaxación, que axuden a


recoñecer e empregar adecuadamente os órganos
fonatorios e a caixa de resonancia.

 Adestramento na linguaxe non verbal (aprender a


empregar xestos apropiados e acordes ao que dicimos).

QUE IMPLICA ESCRIBIR?

Destreza moi complexa que esixe planificación e organización,


dado que implica os seguintes pasos:

 Pensar a mensaxe que se quere transmitir.

 Elixir palabras adecuadas para expresalo.

 Seleccionar as oracións e signos de puntuación


adecuados.

 Ruta fonolóxica.

 Ruta léxica.

 Procesos motores destinados a converter as palabras en


signos gráficos visuais.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 19


DIFICULTADES NA ESCRITURA DOS NENOS E NENAS
CON TDAH

Ímonos atopar cunha serie de problemas na escritura que van


limitar o seu avance académico, e influír negativamente na súa
cualificación.

Problemas relacionados coa ortografía

O alumno ou alumna TDAH adoita ter numerosos erros


ortográficos: tanto de ortografía natura, como arbitraria.

O problema pode agravarse significativamente, se existen


Trastornos Específicos de Aprendizaxe.

Problemas relacionados coa calidade gráfica:

1. Baixo nivel na súa produción escrita.

2. Adoita custarlles escribir con coidado e esmero, así como


respectar as marxes.

3. A súa letra adoita ser torpe, descoidada. Normalmente os


seus traballos escritos aparecen sucios, ca folla deteriorada logo de
borrar ou corrixir moitas veces, isto fálanos da súa inmadurez.

4. Resúltalles difícil copiar do encerado ou do libro.

5. Tenden a non suxeitar a folla de papel mentres escriben e a


adoptar posturas inadecuadas para o acto de escribir.

Problemas relacionados coa capacidade do alumno/a con


TDAH, para expresarse por escrito.

Moitos alumnos/as non saben sobre que escribir nunha


redacción libre, nin organizar e envorcar as súas ideas adecuadamente
sobre o papel, nin empregar un vocabulario descritivo interesante.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 20


QUE ERROS COMENTEN

 Unións de letras: "Fun aver" (a ver).

 Fragmentacións: "Deas pois"(despois).

 Adición de letras, sílabas e palabras: "Vol-e-verei".

 Omisión de letras, sílabas e palabras: "Semana-s".

 Substitución de letras, sílabas e palabras:"Aguelos".

 Caligrafía pobre e desorganizada. Excesivamente grande


ou pequena, en liñas que non respectan a pauta
horizontal.

 Maior número de faltas de ortografía por dificultade na


memorización e automatización das normas ortográficas.

 As letras adoitan ser bastante irregulares, é dicir, unhas


son máis grandes que outras.

 Nin letras, nin marxes nin páxinas gardan ningún tipo de


orde.

 A escritura é moi irregular, presentando tachóns,


soldaduras, interlineado e marxes ondulantes.

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A ESCRITURA

1. Proporcionar corrección inmediata dos erros.

2. Traballar diariamente as palabras de uso frecuente nas que


máis erros se adoitan cometer.

3. Evitar actividades pouco valiosas como son a copia reiterada


das mesmas palabras ou frases.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 21


Que podemos facer na aula?

 Utilizar técnicas de instrución multisensorial (metodoloxía


que involucra máis dun sentido á vez), con especial
importancia das sensacións táctiles.

 Aprenderlle ós alumnos/as como débese de realizar un


traballo escrito para que sexa adecuado e presentable.

 Se o neno ou nena ten dificultades de organización


espacial, marcar as marxes en cores distintas, debuxar a
lapis unha regra ou empregar post-its para axudalo/a de
xeito intuitivo.

Pódense empregar as seguintes actividades:

 Redacción de textos xornalísticos ou folletos publicitarios.

 “Imos inventar historias”: dados a trama, o personaxe, o


conflito o tema e o escenario, incluíndo o presentado.

 Cubos de historias.

 Concurso de poesía.

 Carta desde o futuro.

 Xuntamos personaxes.

 Xogar a través de dinámicas de “competencias grupais”.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 22


QUE IMPLICA LER?

Cando lemos unha palabra, seguimos una serie de pasos para


entender o seu significado, a saber:

 lemos a palabra.

 aténdese ao estimulo.

 cotéxase esa información co almacenado.

 intégrase esa información ortográfica cos seus patróns


fonolóxicos.

 actívase e intégrase a información semántica.

 se a lectura non é silenciosa, póñense en funcionamento


os patróns articulatorios.

Problemas frecuentes no alumnado TDAH perante a lectura:

 Problemas inhibitorios.

 Problemas na memoria de traballo.

 Dificultades na atención sostida da lectura.

 Adoitan presentar máis dificultades para a primeira das


fases da lectura.

 Identificación das letras.

 Dificultades na lectura.

 Dificultades na lectura de palabras concretas (pouco


familiares por exemplo).

 Dificultade para extraer o significado global do texto.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 23


 Cústalle comprender o que len (déficit en procesos de
alto nivel).

 Substitución dunha palabra por outra que non encaixa no


contexto da lectura .

 Omisións: “teño tres can_”.

 Adicións: “A casa dos seu amigo”.

 Substitucións: "Achegueime ó can con certo tambor"(en


lugar de temor).

 Dificultades ante grupos consonánticos.

 Comprensión lectora deficiente.

 Lectura monótona e falta de ritmo.

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A LECTURA

 Consolidar o coñecemento das letras do alfabeto e os


seus sons correspondentes.

 Desenvolver habilidades de síntese e segmentación


fonémica.

 Desenvolver a habilidade de illar fonemas dentro das


palabras.

 Desenvolver a habilidade de omitir fonemas dentro das


palabras.

 Desenvolver a aplicación das regras de conversión


grafema-fonema.

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 24


QUE PODEMOS FACER NA AULA:

 Lese un texto, ou se lle presenta, e por equipos deben de


colocar os signos de puntuación. Despois, cada equipo le
o seu texto.

 Ler, interpretar e emitir mensaxes en diferentes contextos


mediante o uso de medios, códigos e ferramentas
diferentes.

 Lectura de diferentes textos (xornalístico, cómics) e o


resto de alumnos e alumnas deben facer un debuxo
sobre o que se vai lendo.

 Un alumno ou alumna le unhas instrucións, e o resto


debe ir cumprindo o que di.

 Uso do teatro (lectura e expresión oral).

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 25


BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:

Niños hiperactivos. Cómo comprender y atender sus


necesidades especiales. Barkley, R.A. (2011). Ed.: Espasa.
Madrid.

Orjales Villar, I. (2011) Claves para afrontar la vida con un hijo


con TDAH. Mi cabeza… es como si tuviera mil pies. Ed.:
Pirámide. Madrid.

Szerman, N. (2008) ¿TDAH en la adolescencia? 50 preguntas


orientativas para reconocer y tratar el TDAH. Ed.: Draft Editores,
Madrid.

Sexton, C.C; Gelhorn, H. L.; Bell, J. A.; Classi, P. M. (2012) The


Co-occurrence of Reading Disorder and ADHD: Epidemiology,
Treatment, Psychosocial Impact, and Economic Burden. Journal of
Learning Disabilities 45 issue: (6) 538-564 DOI:
10.1177/0022219411407772

Alemany Panadero, C. (2019) Las consecuencias sociales de las


dificultades de aprendizaje en niños y adolescentes. Ehquidad (11),
91-122.
https://revistas.proeditio.com/ehquidad/article/view/2602/pdf

Castelló Corbacho, N. (2017) Eficacia de un Programa de


Intervención Neuropsicológica en un caso de TDAH y Dislexia.
Revista de Discapacidad, Clínica y Neurociencias: (RDCN), 4 (1),
84-95 https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5830404

MÓDULO III: “DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS” 26

You might also like