You are on page 1of 2

EXAME 1ª CONVOCATORIA- Xaneiro

Profesora: Elisa Zamora Santiago de Compostela a 25 de xaneiro de 2021

Apelidos e Nome

O exame consta de 20 preguntas tipo test de opción múltiple ou multiresposta. Cada pregunta ten tres
respostas posibles ou tres opcións de resposta, sendo correcta ou válida so unha delas. O criterio de
corrección que se utiliza na proba obxectiva será o seguinte: Puntuación=A–E/N–n, onde A=Acertos;
E=Erros; N=Número de alternativas; n=número de alternativas válidas.
O TEMPO PARA REALIZAR DITA PROBA É DE 30 MINUTOS.
1. A avaliación .................. céntrase non so nos resultados senón tamén nos procesos
a) diagnóstica
b) formativa
c) sumativa
2. Que significa que a linguaxe empregue signos arbitrarios
a) Que estes son compartidos
b) Que estes non están suxeitos a regras
c) Que estes son contruídos culturalmente
3. Se nas composicións escritas, ditados e copias un rapaz escribe, por exemplo: “patel por pastel”. Que
tipo de dificultade ou problema podería presentar?
a) Falta de automatización lingüística
b) Falta de exactitude ortográfica básica
c) Falta de conciencia fonémica
4. O almacén de palabras que posúe un individuo, correspóndese co nivel de análise ou compoñente
lingüístico denominado
a) semántico
b) léxico
c) sintáctico
6. O signo lingüístico está formado por
a) Símbolos e regras
b) Signos verbais e símbolos
c) Significante e significado
6. A falta de habilidades sociais en nenos/as con dificultades de linguaxe soe estar asociada con
a) retraemento social e desinterese académico
b) sentimentos de ansiedade e temor ao fracaso
c) condutas disruptivas e fobia escolar
7. A función expresiva da linguaxe permite
a) transmitir contidos de forma obxectiva
b) prolongar, establecer ou interrumpir a comunicación
c) expresar sentimentos, opinións, desexos…
8. A disfemia é
a) un trastorno a nivel articulatorio
b) un trastorno na fluidez verbal
c) unha alteración da linguaxe

9. Se un neno/a cando le substitúe unha palabra por outra palabra que pertence ao mesmo campo
semántico (Ex. pera por mazá). Isto denomínase
a) Substitución
b) Inserción
c) Parafasia
10. A prevención secundaria vai dirixida
a) á poboación xeral
b) aos grupos de risco
c) aos suxeitos con problemas
11. As emocións son
a) reaccións rápidas, intuitivas e impulsivas que experimentamos sin darnos conta.
b) accións e reaccións do suxeito ante o medio observables e cuantificables.
c) condutas específicas e observables aprendidas de forma natural.
12. Cando un alumno/a ten boa fluidez na produción dos fonemas pero a articulación está distorsionada
e a comprensión é normal ou case normal estamos ante
a) un trastorno específico da linguaxe na vertente expresiva
b) un trastorno específico da linguaxe na comprensión e expresión
c) un trastorno específico da linguaxe no procesamento central
13. O test TALE pódese empregar para a avaliación ou diagnóstico
a) da fluidez lectora
b) da automátización lectora
c) da exactitude lectora
14. A dislalia é
a) o que presenta un alumno/a que ten afectado o sistema fonolóxico
b) o que presenta un alumno/a que ten afectado o sistema léxico
c) o que presenta un alumno/a que ten afectado o sistema fonético
15. A linguaxe inclúe segundo a APA (2014)
a) Forma, función e uso
b) Significado, normas e regras
c) Contido, función e significado
16. Os procesos mentais que interveñen no proceso de lectura son: o procesamento léxico, textual,
sintáctico, semántico, de símbolos gráficos, e
a) da mensaxe
b) motor
c) referencial
17. A vergoña é
a) emoción negativa
b) emoción primaria
c) emoción moral
18. O procesamento de símbolos gráficos está relacionado
a) coa elaboración da información que se pretende transmitir, a quen vai dirixido e para que.
b) coa integración das proposicións nunha representación coherente segundo o seu tópico ou
temática.
c) co recoñecemento das palabras que implica un procesamento perceptivo e un recoñecemento
léxico das mesmas.
19. O termo alternativo ao trastorno específico da aprendizaxe na lectura é
a) Disgrafía
b) Disortografía
c) Dislexia
20. A afasia é
a) un retraso grave da linguaxe
b) un retraso moderado da linguaxe
c) un retraso simple da linguaxe

You might also like